5. AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA O símbolo por antonomasia do entroido en Xinzo é a pantalla . A pantalla é o nome en si da carauta, mais esténdese ao conxunto do traxe. Corren polas rúas batendo con forza entre si dúas vexigas e facendo soar as campaíñas que levan cinguidas á cintura. A máscara ten cara de diaño, con xesto de burla. A vestimenta da pan-talla está formada por unha camisa e un calzón brancos, unhas polainas ne-gras e unha visto-sa capa vermella adornada por fitas de diversas cores