Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
1. Mitos e lendas
Oiches falar da Santa Compaña?, ou a expresión: "Estás máis perdido que o barco do arroz"?
Algunha vez te preguntache que lle pasou ao "barco do arroz" para que se perdese?
Cada un deles forma parte dos mitos e lendas de España. Hai miles de lendas, como a de
Pegaso o cabalo alado, ou a Atlántida, ambas son lendas universais, seguro que tamén oiches
falar delas.
Lendas e mitos
Álvaro:
- Susana, que les con tanto entusiasmo?
Susana:
- Un libro que me regalou o meu avó. Está cheo de historias fantásticas que o meu avó xa me
contaba de pequena. Os seus pais contáronllas a el cando tiña a nosa idade. Pasaron de
xeración en xeración. Son moi divertidas, algunhas dan até un pouquiño de medo. Narran todo
tipo de historias, de amor, de misterio, de conflitos, aventuras incribles.
Álvaro:
- Ah, son lendas! Gústanme ese tipo de historias, podes lerme algunha?
_____________________
Os mitos e lendas son historias fantásticas, ás veces baseadas en feitos reais, e que
co tempo forma parte da historia colectiva. Seguro que coñeces algún mito ou lenda.
Neste enlace podes realizar búsquedas de algúns mitos ou lendas:
http://www.galiciaencantada.com/
Participa xunto co resto da clase nun debate e comenta os mitos e lendas que coñeces.
Coñeces a lenda
deste castelo?
Si, todos os verán o
meu avó traíanos aquí e
contabanos a historia.
2. A unidade está organizada en tres actividades:
Actividade 1. Que é un texto narrativo?
Actividade 2. Planificando e desenvolvendo.
Actividade 3. Publicamos e compartimos.
Actividade final. Representamos a lenda.
Actividade 1: nesta actividade coñecerás as características principais dos textos narrativos:
as lendas e os mitos.
Actividade 2: diferenciarás un mito dunha lenda, reescribirás unha lenda, e coñecerás as
diferentes culturas mitolóxicas.
Actividade 3: elaborarás un vídeo audiovisual sobre unha lenda, deberás recoñecer e
redactar cada unha das partes dunha lenda a través das súas imaxes.
Actividade final: por último, porás en práctica todo o aprendido e representarás xunto cos
teus compañeiros e compañeiras unha lenda. Para seguir esta unidade, atoparás diferentes
tipos de actividades, para traballar xunto coa túa clase ou de forma autónoma, para pensar,
para profundar máis se queres máis información, para avaliarte, etc.
Estas son algunhas das competencias que vas adquirir:
Coñecerás que é un texto narrativo, para iso:
• Identificarás as características dos textos narrativos.
• Comprenderás os textos narrativos.
• Elaborarás textos narrativos de forma adecuada.
• Coñecerás os principais textos narrativos do Romanticismo: mitos e lendas.
http://www.portaleducativo.net/movil/octavo-basico/779/Texto-narrativo
Aprenderás a traballar en equipo e a expor as túas ideas, en concreto:
• Desenvolverás actitudes reflexivas, de diálogo, mediante o traballo en grupo.
• Participarás nas actividades de grupo cumprindo os compromisos acordados.
• Valorarás críticamente o traballo dos teus compañeiros e compañeiras.
• Serás capaz de expor as túas ideas respectando as opinións dos demais.
Saberás como usar o teu equipo e conexión a Internet para axudarche co teu estudo:
• Utilizarás con fluidez o teu procesador de texto.
• Aprenderás a desenvolverte na contorna virtual de video
• Utilizarás Internet como fonte de consulta.
• Utilizarás o programa de edición de vídeo do teu ultraportatil para a creación dun
vídeo.
3. Debes escribir a lenda nun documento ODT, seguindo as seguintes pautas:
Título da lenda.
Síntese.
Personaxes e descrición dos mesmos.
Formulación.
Nó.
Desenlace.
É o momento de que analices e respondas nun documento de texto ás seguintes
preguntas:
– En que época ocorren os feitos que se recollen na lenda que elixiche?
– Onde se localiza? Coñecedes ese lugar? Estiveche algunha vez?
– Nesta lenda, descríbese algún monumento ou lugar que coñezas?
– Cal é o personaxe preferido? Por que?
– Que foi o que máis che sorprendeu da historia e por que?
– Gustouche o final? Cambiarias algo?
– Por último, define todos os datos reais e irreais que atopas no texto elixido. Cando
teñas toda a información recollida debes remitir o documento en formato pdf á
vosa mestra.
Practiquemos xuntos: Un, dous e tres Acción!
Volve a reunirte cos compañeiros/as con quen realizaches a tarefa “As Nosas lendas”.
Estades preparados/as para a seguinte tarefa?
Debedes gravar un vídeo mostrando a lenda que reescribistes e publicala. Cada grupo terá que
plasmar e escribir a súa historia a través dun vídeo. Repartide as seguintes tarefas para a
elaboración do vídeo:
Encargado/a de debuxar ou fotografar as escenas e os personaxes que aparecen na vosa
lenda. Tamén podedes facelo buscando imaxes en Internet e compondo cada escena.
Encargado/a de facer os textos que acompañarán as imaxes: utilizade para iso calquera
procesador de textos.
Encargado/a de gravar estes textos e incorporar música: buscade música para acompañar o
vídeo en Jamendo e gravade a voz co programa Audacity ou .
Encargado/a de editar o vídeo: reunide todos os elementos e xerade un vídeo. Unha vez
terminado o vídeo, publicadeo no entorno EVA e comentade todas as lendas que o resto de
grupos publicasen.