2. No ano 2009 cúmprense 150 anos da publicación “A orixe das especies” e 200 do nacemento de Darwin.
3. Charles Darwin naceu en 1809 en Shrewsbury (Inglaterra) e morreu en 1882, en Kent, aos 73 anos.
4. Darwin disfrutou de todas as vantaxes da educación, pero sempre culpou ao seu pai viúvo do seu rendemento académico pouco brillante. ” Do único que te preocupas é de andar berrando, dos cans e de cazar ratas e serás unha desgracia para ti e para toda a túa familia” escribía o vello Darwin. A súa casa en Down, Kent (Inglaterra)
5.
6. Adam Sedgwick John Stevens Henslow Estivo influenciado polo xeólogo Adam Sedgwick e o naturalista John Henslow . Despois de graduarse en Cambridge, foi este último quen lle brindou a oportunidade de embarcarse como naturalista co capitán Robert Fitzroy e acompañalo na viaxe ao redor do mundo a bordo do Beagle.
7. No ano 1832 o Beagle saiu ao mar. A viaxe, de case cinco anos de duración, levou a Darwin ó lango das costas de América do Sur.
8. O traballo de Darwin, que culminaría coa publicación da súa teoría da evolución no seu libro " Origin of species “ , arrinca das observacións e das coleccións de especímenes que recollera entre 1832 e 1836 durante a súa viaxe no "Beagle".
9. Na súa viaxe no Beagle, as observacións de máis sona fíxoas nas illas Galápagos.
10. Darwin estudou as augas costeiras, mediu profundidades e indicou as grandes correntes oceánicas. Realizou longas expedicións por terra, contemplou a diversidade de fauna e flora de distintos lugares e comprendeu que eran a separación xeográfica e as distintas condicións de vida as causantes de que as poboacións variaran independentemente unhas doutras.
11. Advertiu que nesas illas había unha serie de aves, os pinzóns, que a pesar de ter diferenzas tamén tiñan cousas en común. Chegou á conclusión de que proviñan dunha mesma especie chamada pinzón carnívoro ancestral e que, ó separarse as illas desde Sudamérica, estas aves se adaptaron a distintos medios dando lugar a sete novas especies.
12. Darwin non inventou a idea da evolución, como tampouco Abraham Lincoln, que cumpría anos o mesmo día,o 12 de Febreiro, inventou a idea de liberdade.
13. En 1836, o 2 de outubro, regresou a Inglaterra e instalouse en Londres. Nun caderno de 1837 Darwin bosquexou a súa idea favorita: a árbore da vida, cuxas polas representan as especies . Despois, convencido de que ninguén debía especular sobre as especies “sen describir moitas minuciosamente”, pasou oito anos clasificando percebes.
14. Darwin tiña medo a casar, pola dor que lle produciría a morte dun fillo, algo que ocorría, dependendo da clase social, nun de cada catro fillos nados na Inglaterra victoriana.
15. Finalmente, en 1838, Darwin casou coa sua curmá Emma Wedgwood. Os Os Darwin tiveron 10 fillos, 3 deles morreron na infancia . William Erasmus Darwin (27 de diciembre de 1839 - ? 1914) Anne Elizabeth Darwin (2 de marzo de 1841 - 22 de abril de 1851) Mary Eleanor Darwin (23 de septiembre de 1842 - 16 de octubre de 1842) Henrietta Emma “Etty” Darwin (25 de septiembre de 1843 - ? 1929) George Howard Darwin (9 de julio de 1845 - 7 de diciembre de 1912) Elizabeth “Bessy” Darwin 8 de julio de 1847 - ? 1926) Francis Darwin (16 de agosto de 1848 - 19 de septiembre de 1925) Leonard Darwin (15 de enuaro de 1850 - 26 de marzo de 1943) Horace Darwin (13 de mayo de 1851 - 29 de septiembre de 1928) Charles Waring Darwin (6 de diciembre de 1856 - 28 de junio de 1858)
16. . En 1838 Darwin leu o ensaio de Malthus sobre a poboación. […Considerando aceptados os meus postulados, afirmo que a capacidade de crecemento da poboación é infinitamente maior que a capacidade da terra para producir alimentos para o home…]
19. “ A ORIXE DAS ESPECIES” foi o primeiro traballo claro acerca da Teoría da Evolución e a Selección Natural. Está narrado nunha linguaxe accesible a calquera lector.
20. Neste cuarto traballou Darwin durante décadas. (Downe, sur de Londres) No libro “A orixe das especies” Darwin explicou de forma simple que as especies cambiaban como resultado dunha nova necesidade; que a loita pola supervivencia elimina as variacións desfavorables e permite a supervivencia das máis aptas.
21.
22. Darwin dicía: “ entre os individuos de calquera especie existen variacións ou diferenzas herdables” Pero, como se transmiten estes caracteres hereditarios de xeración en xeración? Darwin descoñecíao.
25. Darwin tratou a evolución humana e a Selección Natural na súa obra “A orixe do home e da selección en relación ao sexo” e posteriormente “Na expresión das emocións nos animais e no home”.
26. Nos anos inmediatamente posteriores á publicación da Orixe do Home, tanto a Evolución como a Selección Natural foron amplamente discutidas polas comunidades científicas e relixiosas.
27. Gran parte da comunidade relixiosa reaccionou con virulencia ante a defensa da evolución, considerándoa incompatible co relato da Creación das Escrituras e coa posición central que o home ocupaba nela. Así, en 1875 o teólogo Charles Hodge acusou a Darwin de negar a existencia de Deus. A súa muller criticoulle que polas súas ideas non puideran compartir a eternidade.
28.
29. A finais de 1881 comezou a padecer graves problemas cardíacos e faleceu por un ataque ó corazón no ano 1882.
30. Félix de Azara, pintado por Francisco de Goya. Darwin no seu “ Diario da viaxe dun naturalista ao redor do mundo ” cita a Félix de Azara unha quincena de veces. “ Na orixe das especies” , dúas. E “Na orixe do home ”, unha. Félix de Azara (1742-1821) foi un militar español destinado en Paraguai para demarcar as fronteiras dos territorios colonizados por España. Atafegado pola exuberante fauna de Suramérica, comezou a apuntar nun caderno as súas observacións, que culminaronn en numerosos libros de Historia Natural. Azara pensaba o mesmo que Darwin pero varios decenios antes. Puido un militar español inspirar a Darwin?
31. Moito tempo ten transcorrido dende a viaxe do Beagle polos océanos do mundo pero as ideas de Darwin, despois da súa revisión e dos avances na comprensión da natureza, mantéñense en esencia na corrente científica que veu a denominarse Neodarwinismo .
32. Este ano, no Museo de Historia Natural de Londres , realízase unha gran exposición sobre Darwin. Entre outros recordos da súa vida pódese ver a reconstrución do “Beagle", no que Darwin viaxou a Sudamérica, e os cadernos coas súas notas manuscritas.
33. Tamén é exhibida a primeira edición da súa obra revolucionaria "On The Origin of Species"