ALEGACIÓNS realizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ó proxecto sectorial da plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol -
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuaria De Ferrol Sghn
1. ALEGACIÓNS
DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Ó Proxecto sectorial da Plataforma
Loxística, Empresarial e Portuaria de
Ferrol e o seu informe
de sustentabilidade ambiental,
DOG nº 19, de 28 de xaneiro de 2009.
Calquera utilización que se faga deste texto
deberá citar a procedencia.
Juan Ignacio Díaz da Silva, Delegado da Sociedade Ga-
lega de Historia Natural de Ferrol, con enderezo, para
os efectos de notificación, no Apartado de Correos nº 356,
CP 15480, actuando en representación da citada asocia-
ción, comparece e como mellor proceda en dereito,
2. EXPÓN:
1.Que por medio do presente escrito a SGHN - Ferrol for-
mula alegacións ao Proxecto sectorial da plataforma
loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe
de sustentabilidade ambiental, DOG nº 19, de 28 de
xaneiro de 2009, co obxecto de que se modifique nos seus
actuais termos para axustalo segundo criterios de
sustentabilidade ambiental, económica e social .
2. A construción desta Plataforma loxística, empresarial e
portuaria suporía unha ameaza para a viabilidade do
ecosistema do Río Sardiña, último curso fluvial en bo
estado de conservación que, dentro do Concello de Ferrol,
verte na Ría. Neste senso, a Lei 9/2001, de conservación
da natureza, indica no artigo 2, a necesidade de conservar:
3. “la biodiversidad a través del mantenimiento de los proce-
sos ecológicos esenciales, garantizando la conexión de las
poblaciones de fauna y flora silvestres y preservando la
diversidad genética.
La prevención y planificación para impedir el deterioro am-
biental. Las políticas sectoriales integrarán las conside-
raciones medioambientales en su planificación y pondrán
en marcha los mecanismos necesarios para evitar los
daños al medio ambiente”.
A existencia, na súa desembocadura, dun espazo natural
protexido de interese ambiental (humidal recollido no
Inventario de Humidais de Galicia coa denominación “Río
Sardiñeira”, Código IHG 1110187, superficie 5,41ha e
cadrícula UTM X fuso 29T(m) 561575), o Inventario de
Humidais de Galicia forma parte do Plano Estratéxico
4. español para a conservación e uso sostíbel dos humidais;
o feito de que o río actúe como parte dun corredor ecoló-
xico, conectando a través da rede hidrográfica os ecosis-
temas costeiros de mar aberto cos ecosistemas de ría, fan
que se tome en consideración a lexislación vixente no que
atinxe á ordenación do territorio e á conservación da natu-
reza, toda vez que a alternativa elixida para elaborar o
proxecto que se presenta produciría graves perturbacións
ao espazo natural protexido (perda de caudal, contami-
nación das augas, efecto barreira, etc.)
O feito de carecer dos instrumentos básicos de ordenación
do territorio impide analizar con claridade á hora da toma
de decisións tan transcendentais como, neste caso, deter-
minar a ubicación dunha plataforma loxística. A este res-
pecto, a Lei 9/2001, no artigo 4, sinala como obxectivos
5. dos planos de ordenación dos recursos naturais:
a) Definir y señalar el estado de conservación de los recur-
sos naturales y ecosistemas dentro de su ámbito.
b) Establecer la regulación que, en su caso, proceda apli-
car en las distintas áreas del espacio.
c) Fijar el marco para la ordenación de los espacios natu-
rales protegidos incluidos en su ámbito.
f) Formular los criterios orientadores de las políticas sec-
toriales y ordenadoras de las actividades económicas y
sociales, públicas y privadas, para que sean compatibles
con los objetivos de los planes de ordenación de los
recursos naturales.
Artículo 6.Efectos.
2. Los planes de ordenación de los recursos naturales
serán obligatorios y ejecutivos en todo lo que afecte a la
6. conservación, protección o mejora de la flora, la fauna, la
gea, los ecosistemas, el paisaje y los recursos naturales.
3. Los planes de ordenación de los recursos naturales a
que se refiere la presente ley prevalecerán sobre
cualesquiera otros instrumentos de ordenación territorial
o física, constituyendo sus disposiciones un límite para
éstos, cuyas determinaciones no podrán alterar o
modificar aquéllas y se aplicarán, en todo caso,
prevaleciendo sobre los instrumentos de ordenación
preexistentes.
4. Las previsiones de los planes de ordenación de los re-
cursos naturales tendrán carácter vinculante para cuales-
quiera otras actuaciones, planes o programas sectoriales
en todo lo relativo a las materias a que se refiere el apar-
tado 2 del presente artículo y revestirán carácter indica-
tivo en todo lo demás.
7. 3. Este proxecto, de carácter supramunicipal, como tantos
outros da mesma entidade, e dentro do contexto da
Comunidade Autónoma de Galicia, non se pode realizar
sen ter en conta unha planificación a nivel global do
territorio galego, pero no caso que nos ocupa os danos
serían graves e de carácter irreversíbel, perdéndose no
Concello de Ferrol e na súa contorna un ecosistema de alto
interese, non valorado dabondo ata o momento presente.
Despois da lectura da Lei 10/1995, de Ordenación do
Territorio, a SGHN interpreta que, sen estar formuladas as
Directrices de Ordenación do Territorio, non se pode levar
adiante a aprobación de Planos Sectoriais e demais ins-
trumentos de ordenación territorial. Partindo de que é
preciso agardar a definitiva aprobación das directrices de
ordenación do territorio, ou cando menos o remate da
8. elaboración do avance das directrices, e tendo en conta,
non obstante, os criterios indicados no devandito avance
de directrices elaborado polo actual goberno en funcións,
consideramos que o proxecto obxecto destas alegacións
non cumpren os condicionantes mínimos esixibeis a unha
actuación destas características.
A este respecto, a Lei 10/1995, de ordenación do territorio,
sinala, no artigo 6:
Con la finalidad de establecer las pautas espaciales de
asentamiento de las actividades, de acuerdo con las po-
líticas sociales, económicas y culturales demandadas de la
Comunidad, corresponden a las directrices de ordenación
del territorio las siguientes funciones:
9. b) Construir un marco general de referencia para la for-
mulación de los restantes instrumentos de ordenación
territorial, así como de los planes de ordenación previstos
en la legislación urbanística, y para la formulación y eje-
cución de las distintas políticas sectoriales de la Comu-
nidad, al que habrán de acomodarse los planes, programas
y acciones con incidencia en el territorio que puedan desa-
rrollar las administraciones públicas de carácter autonó-
mico o local, a fin de garantizar una adecuada coordinación
y compatibilización de todas ellas.
4. A meirande parte dos terreos que se verán afectados
pola implantación da Plataforma Loxística no val de Mandiá
cualifícanse no PXOM de Ferrol como rústicos, con dife-
rentes categorías: de interese pasaxístico, de protección
agropecuaria, de protección forestal, de protección das
10. augas. O val de Mandiá considérase ademais un dos bens
naturais do concello polo seu sistema hidrográfico e o
interese paisaxístico do entorno. É preciso lembrar o que
ao respecto do solo rústico observa a Lei Lei 9/2002
ordenación urbanística e protección do medio rural de
Galicia:
Artigo 32º.-Categorías. No solo rústico distinguiranse as
seguintes categorías:
2. Solo rústico especialmente protexido, constituído polos
terreos que polos seus valores agrícolas, gandeiros, fores-
tais, ambientais, científicos, naturais, paisaxísticos, cultu-
rais, suxeitos a limitacións ou servidumes para a protec-
ción do dominio público ou doutra índole deban estar
sometidos a algún réxime especial de protección incom-
patible coa súa transformación, de acordo co disposto
neste apartado.
11. Dentro deste tipo de solo rústico especialmente protexido
distinguiranse as seguintes categorías:
a) Solo rústico de protección agropecuaria, constituído
polos terreos de alta productividade agrícola ou gan-
deira, posta de manifesto pola existencia de explotacións
que a avalen ou polas propias características ou poten-
cialidade dos terreos ou das zonas onde se enclaven,
así como polos que sexan obxecto de concentración
parcelaria a partir da entrada en vigor desta lei ou o
fosen nos dez anos anteriores a esta data, agás que
deban ser merecedores doutra protección.
Consideraranse tamén solo rústico de protección
agropecuaria as áreas de cultivo libres de edificación de
extensión maior de 10 hectáreas.
12. b) Solo rústico de protección forestal, constituído polos
terreos destinados a explotacións forestais e os que sus-
tenten masas arbóreas que deban ser protexidas por
cumprir funcións ecolóxicas, productivas, paisaxísticas,
recreativas ou de protección do solo, e igualmente por
aqueles terreos de monte que, aínda cando non
sustenten masas arbóreas, deban ser protexidos por
cumpri-las ditas funcións e, en todo caso, polas áreas
arbóreas formadas por especies autóctonas.
d) Solo rústico de protección das augas, constituído polos
terreos, situados fóra dos núcleos rurais e do solo
urbano, definidos na lexislación reguladora das augas
continentais como leitos naturais, ribeiras e marxes das
correntes continuas ou descontinuas de auga e como
leito ou fondo das lagoas e encoros, terreos inundados e
13. zonas húmidas e a zona de servidume. Así mesmo,
incluiranse nesta categoría as zonas de protección que
para tal efecto delimiten os instrumentos de planeamento
urbanístico e de ordenación do territorio que se esten-
derán, como mínimo, á zona de policía definida pola
lexislación de augas, agás que o plan xustifique suficien-
temente a reducción. Igualmente terán a dita conside-
ración os terreos situados fóra dos núcleos rurais e do
solo urbano, con risco de inundación, e aqueles baixo os
cales existan augas subterráneas que deban ser
protexidas.
g) Solo rústico de protección de interese paisaxístico,
constituído polos terreos lindantes coas estradas e
demais vías públicas, exteriores ós núcleos rurais e ó
solo urbano, que ofrezan vistas panorámicas do
14. territorio, do mar, do curso dos ríos ou dos vales, dos
monumentos ou edificacións de singular valor, así como
os accesos a fitos paisaxísticos significativos e os
propios fitos.
Artigo 34º.-Usos en solo rústico.
1.c) Usos prohibidos: os incompatibles coa protección de
cada categoría de solo ou que impliquen un risco
relevante de deterioración dos valores protexidos.
Artigo 95º.-Modificación dos plans en solo rústico.
1. Prohíbese toda modificación do planeamento urbanístico
que implique a conversión ou inclusión directa de solo
rústico na clase de solo urbano.
2. Só será admisible o cambio de clasificación do solo
rústico en urbanizable cando se xustifique de modo
15. fidedigno e manifesto a perda dos valores rurais,
tradicionais, paisaxísticos, etnográficos, culturais e, en
xeral, as razóns determinantes da súa inclusión no solo
rústico.
As características do val de Mandiá adáptanse totalmente
ao especificado na clasificación de solo rústico expresada
na devandita Lei. Polo tanto, non é posible cuestionar os
valores do contorno, expresados igualmente no Informe de
Sustentabilidade. Así pois, non se sustenta a observación,
á hora de analizar as diferentes alternativas, de que non
existen afeccións significativas sobre o medio. Moi pola
contra, e toda vez que se baralla unha alternativa con
menores afeccións, é imposible xustificar a declaración de
interese público para esta actuación.
16. O PXOM de Ferrol, adáptandose á lexislación en materia
de ordenación do territorio, fixa as bases para a protección
dos núcleos rurais e do solo rústico nestes termos:
Normas e ordenanzas reguladoras do solo rústico.
Art. 143. Concepto e clases.
3. A consideración de inadecuación para o desenvolve-
mento urbano dos terreos incluídos nesta clase de solo,
coas excepcións mencionadas, realízase en atención ó
modelo de asentamentos determinado polo Plan a partir do
estudio do medio rural, en función da capacidade definida
neste planeamento do solo susceptible de acoller desen-
volvementos urbanísticos dado o carácter prioritario do seu
desenvolvemento pola súa vinculación co modelo territorial
establecido no Plan Xeral e coa resolución de problemas
estructurais do mesmo.
17. Art. 147. Ordenanza 19 do solo rústico común
7. Nas áreas de solo rústico común incluídas en ámbitos de
Concentración Parcelaria estarase ás limitacións
establecidas na Lei 10/1985 do 14 de agosto en función da
súa potencialidade productiva agropecuaria. Nelas só se
autorizará a construcción de explotacións agrarias ou
casais nos termos establecidos no artigo 18 de dita Lei.
Art. 151. Ordenanza 20 de protección do monte e da
paisaxe forestal
En particular os sistemas vencellados ó bosque atlántico
estarán suxeitos á tutela definida pola Lei 4/1989 de 27 de
marzo de conservación das especies naturais e da flora e
fauna silvestre, coas determinacións establecidas no
Decreto 82/1989 de 11 de maio da Consellería de
Agricultura polo que se regula a figura de espacio natural
18. en réxime de protección xeral.
Quedan prohibida-las nivelacións do terreo que modifiquen
as características naturais do solo e alteren a paisaxe,
salvo nos casos excepcionais de actividades extractivas
coa condición previa de garantía que asegure a adecuación
final dos terreos explotados á paisaxe.
3. Prohíbense en xeral tódolos usos que supoñan edifica-
ción, coa excepción das instalacións vencelladas á Defen-
sa, construccións e instalacións vencelladas á execución,
entretemento e servicios das obras públicas, as relacio-
nadas coa gardería do monte e as instalacións propias da
explotación forestal ou pecuaria que garden relación coa
natureza da finca ...
5. Existe unha peculiar figura de protección para o solo de
Galiza: o núcleo rural. O deterioro destes núcleos, por
19. malas prácticas urbanísticas, así como o importante
número destes núcleos, fana particularmente necesaria en
Galiza, con respecto a outros territorios peninsulares. Con
ela preténdese protexer os núcleos rurais, potenciando os
seus valores culturais, naturais e paisaxísticos. Segundo o
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol, na parroquia
de Mandiá existen sete núcleos rurais (Bustelo-Casas
Barrascosas, Confurco-Fontela, Cha de Mandiá, Fontá,
Rilo, Taboada e Vilela) situados no ámbito da proxectada
plataforma loxística, incumprindo polo tanto, a lexislación,
ao non observarse ningún dos criterios presentes no arti-
culado: non se respetan as distancias, agrédese o medio
circundante (paisaxe, función agraria, calidade biolóxica,
pureza das augas) características que fixeron posible a
cualificación de núcleo rural para estas concentracións
poboacionais.
20. A Lei 9/2002 ordenación urbanística e protección do medio
rural de Galicia, indica:
Artigo 13º.-Solo de núcleo rural.
1. Constitúen o solo de núcleo rural os terreos que serven
de soporte a un asentamento de poboación singularizado
en función das súas características morfolóxicas, tipoloxía
tradicional das edificacións, vinculación coa explotación
racional dos recursos naturais ou de circunstancias doutra
índole que manifesten a imbricación racional do núcleo co
medio físico onde se sitúa e que figuren diferenciados
administrativamente nos censos e padróns oficiais, así
como as áreas de expansión ou crecemento destes
asentamentos.
3. O planeamento delimitará o ámbito dos núcleos rurais
atendendo a proximidade das edificacións, os lazos de
21. relación e coherencia entre lugares dun mesmo asenta-
mento con topónimo diferenciado, a morfoloxía e tipoloxías
propias dos ditos asentamentos e da área xeográfica en
que se atopan (casal, lugar, aldea, rueiro ou outro), de
modo que o ámbito delimitado presente unha consolidación
pola edificación de, como mínimo, o 50 %, de acordo coa
ordenación proposta e trazando unha liña perimetral que
encerre as edificacións tradicionais do asentamento
seguindo o parcelario e as pegadas físicas existentes
(camiños, ríos, regatos, cómaros e outros) e, como máxi-
mo, a 50 metros das ditas edificacións tradicionais.
Igualmente delimitará a área de expansión dos ditos nú-
cleos, de acordo cos criterios de crecemento que o planea-
mento urbanístico prevexa. A dita área estará comprendida
polos terreos delimitados por unha liña poligonal paralela á
de circunscrición do núcleo existente e como máximo a 200
22. metros lineais dela sen que, en ningún caso, poida afectar
a solo rústico especialmente protexido.
Sección 3ª Núcleos rurais Subsección 1ª Dereitos e
deberes
Artigo 24º.-Réxime.
1. Os terreos que os plans xerais inclúan nas áreas
delimitadas como núcleos rurais de poboación serán
destinados ós usos relacionados coas actividades propias
do medio rural e coas necesidades da poboación residente
nos ditos núcleos.
Os propietarios desta clase de solo teñen dereito ó seu uso
e edificación nas condicións establecidas nesta sección.
Artigo 27º.-Usos permitidos nos núcleos rurais.
O uso característico das edificacións nos núcleos rurais
23. será o residencial. Así mesmo, poderanse permitir usos
comerciais, productivos, turísticos e tradicionais ligados á
vida rural, así como pequenos talleres, sempre que non se
altere a estructura morfolóxica do asentamento e o novo
uso contribúa a revitaliza-la vida rural e mellora-lo nivel de
vida dos seus moradores e que, en todo caso, resulten
compatibles co uso residencial.
Artigo 28º.-Actuacións prohibidas.
Dentro do núcleo rural non se permitirán:
c) Naves industriais de calquera tipo.
d) Aqueles movementos de terras que supoñan unha
agresión ó medio natural ou que varíen a morfoloxía da
paisaxe do lugar.
h) Aqueles usos que, xa sexa polo tamaño das
construccións, pola natureza dos procesos de producción,
24. polas actividades que se van desenvolver ou por outras
condicións, aínda cumprindo cos requisitos da lexislación
medioambiental, non sexan propios do asentamento rural.
6. Non hai posibilidade de paliar os efectos sobre o medio
(perda de valores paisaxísticos e naturais) a partir de
medidas correctoras, cando menos no que se refire ao
fondo do val, xa que a maior parte da superficie corres-
póndese con zonas asolagadas cunha porcentaxe alta de
asolagamento permanente, circunstancia que non queda
reflitida dabondo no Informe de Sustentabilidade Ambiental
do Proxecto.
Cómpre ter en conta, ademais, as parcelas, enumeradas
no Proxecto, con recheos recentes, a maior parte deles con
materiais procedentes das obras realizadas nas
inmediacións de Mandiá para a construción dos accesos ao
25. Porto Exterior. Trátase de recheos feitos sen as autoriza-
cións pertinentes e algunhas delas xa denunciadas no seu
momento por esta asociación. A obriga de restaurar o solo
ao estado anterior aos recheos, no caso de que as nosas
denuncias fosen atendidas, daría como resultado unha
superficie maior de zonas asolagadas.
A perda destes espazos conlevaría a desaparición de
biótopos imprescindibeis para as diferentes especies de
interese presentes na zona, moitas delas declaradas como
vulnerabeis pola Directiva Hábitats da Unión Europea,
sobre todo no que atinxe a anfibios, e, polo tanto, para as
aves e demais elementos da cadea trófica. Non é difícil
establecer a interrelación e influenza deste espazo sobre
os demais espazos de interese do contorno: franxa litoral,
montes que contornean a costa, Ría de Ferrol, etc.
Neste senso, a xa citada Lei 9/2001, establece:
26. Artículo 49.Catálogo gallego de especies amenazadas.
Las especies, subespecies o núcleos poblacionales que se
incluyan en el Catálogo gallego de especies amenazadas
habrán de ser catalogados en alguna de las siguientes
categorías:
a) En peligro de extinción, reservada para aquellas cuya
supervivencia es poco probable si los factores causantes
de su actual situación siguen actuando.
b) Sensibles a la alteración de su hábitat, referida a
aquéllas cuyo hábitat característico está particularmente
amenazado, en grave regresión, fraccionado o muy
limitado.
c) Vulnerables, destinada a aquellas que corren el peligro
de pasar a las categorías anteriores en un futuro inmediato
si los factores adversos que actúan sobre ellas non son
corregidos.
27. d) De interés especial, aquellas otras merecedoras de
catalogación y cuyo grado de amenaza sea
insuficientemente conocido.
Artículo 53.Régimen general de protección.
1. Queda prohibido dar muerte, dañar, molestar o inquietar
intencionadamente a las especies animales objeto de la
presente ley, con especial atención a las especies
autóctonas, así como capturarlas vivas y recoger sus
huevos o crías.
3. Excepcionalmente, y siempre que ello no suponga
perjudicar el mantenimiento, en un estado de conservación
favorable, de las poblaciones de la especie de que se trate
en un área de distribución natural, podrán quedar sin efecto
estas prohibiciones, previa autorización expresa de la
Consellería de Medio Ambiente, cuando concurra alguna
28. de las siguientes circunstancias:
f) Por razones imperativas de interés público de primer
orden.
Artículo 64.Infracciones graves.
Serán infracciones graves:
2) La destrucción o degradación severa del hábitat de
especies vulnerables o de interés especial, en especial de
los lugares de reproducción, invernada, reposo o
alimentación incluidos en los espacios naturales
protegidos.
Vólvese indicar que non hai razóns imperativas de interese
público, dado que existe unha alternativa con menos
afeccións.
29. 7. A zona arborada do fondo do val, na súa maior parte
ameneirais, considerados hábitat prioritario co Código 91E0
e a denominación “Bosques aluviais de Alnus glutinosa e
Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion
albae)” no Anexo I (“Tipos de hábitats naturais de interese
comunitario cuxa conservación require a designación de
zonas de especial conservación”) da Directiva 97/62/CE do
Consello, de 27 de outubro de 1997, pola que se adapta ao
progreso científico e técnico a Directiva 92/43/CEE, relativa
á conservación dos hábitats naturais de fauna e flora
silvestres.
A utilización xeralizada, para este tipo de proxectos, de
espazos coas características antes descritas, está dando
lugar á desaparición sistemática dos ameneirais asociados
a chairas de asolagamento, facendo caso omiso das
continuas recomendacións feitas por parte de organismos,
30. asociacións, etc., nin ter en conta as funcións ecolóxicas de
primeria orde que estes espazos desenvolven.
O Decreto 1/2001, polo que se aproba o texto da Lei de
Augas con respecto ás zonas húmidas, no seu artigo tres
indica:
“Os organismos de Cunca e a Administración ambiental
competente coordinarán as súas actuacións para a
conservación, a protección eficaz, a xestión sostíbel e a
recuperación das zonas húmidas, especialmente aquelas
que posúan un interese natural ou paisaxístico.”
Entendemos, polo tanto, que é necesario e obrigado
protexer o val de Mandiá, pois a prescrición do devandito
artigo faise con carácter xeral, extensíbel a todos os
humidais.
31. 8. O espazo ameazado sustenta unha rede hidrográfica
sulcada por varios regos que verten as súas augas á ría. A
confluencia do Rego dos Corgos co Rego Citula e o Rego
de Aneiros dá orixe ao Río da Sardiña, que desemboca na
Enseada da Malata, na Ría de Ferrol. Representa un anaco
de natureza que atesoura importantes valores ecolóxicos
ás portas do núcleo urbano do concello de Ferrol. En
contraste con el, atópanse os ecosistemas de ría, moi
degradados polas diferentes actividades relacionadas coa
cidade de Ferrol e a súa contorna. Cómpre salientar a
necesidade de recuperar estas zonas. O río da Sardiña
serve ata o momento como modelo de ecosistema fluvial.
Do nacemento á desembocadura transcorre, por diferentes
áreas de alto interese ecolóxico. Na cabeceira aséntase
nunha zona asolagada, que coincidiría co ámbito de
actuación deste proxecto. Son doadas de atopar no mapa
32. catastral un mínimo de oito fontes ou mananciais, que
xeran unha mesta rede de fíos de auga que entrecruzan un
mosaico de predios utilizados maiormente para pastos,
acadando un alto valor ecolóxico.
Desta riqueza patrimonial, tanto no eido natural coma no
eido cultural dá boa mostra a seguinte listaxe referida ao
Val de Mandiá: Furado de Bustelo, Río da Fonte Vella, Río
da Fonte dos Caños, Río da Fonte Rabascosas, Río da
Fonte de Pociñas (Vilela), Río da Fonte de Ameneiros. Río
da Fonte de Outeiro, Río da Fonte de Vilela, Río da Fonte
da Ponte, Fonte da Pedra e Fonte de Taboada.
As técnicas empregadas para o labradío en hortas e
pasteiros son de tipo tradicional, presentando un alto valor
produtivo, coas emendas pertinentes, engadindo un
elevado indice de respecto polo medio ambiente.
No fondo do val as tenzas plantadas con especies
33. alóctonas son escasas, presentado varias formacións de
especies autóctonas, coincidindo coas canles polas que
discorren os regos e as zonas asolagadas.
Todo isto procura ao espazo un gran valor paisaxístico.
O impulso construtor desenfreado tenta rematar con esta
situación. Conservar o Val de Mandiá significaría deixar
constancia dos valores paisaxísticos e culturais dos
espazos lindantes coa cidade de Ferrol.
9. Tomando en consideración a listaxe de especies, que
para ser conservadas necesitan a protección do seu
hábitat, habería motivo máis que xustificado para evitar as
actuacións que se pretende levar a cabo neste val, polo
menos nas zonas máis sensíbeis.
34. INVENTARIOS
DE VERTEBRADOS PRESENTES
O listado que aparece a continuación é o que figura no
Apéndice nº 1: INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de
sostenibilidade ambiental. Sobre ese listado destacamos
aquelas especies que están incluídas no Anexo II ou no
Anexo III do Convenio de Berna, co que o inventario de
especies con algún tipo de protección aumenta ata case a
totalidade das especies citadas.
Anexo II do Convenio de Berna: As especies de fauna silvestre que figuran
no anexo II deben ser obxecto asimesmo de disposicións legais ou
regulamentarias adecuadas a fin de garantir a súa conservación. Quedan
prohibidos:
todo tipo de captura, posesión ou morte intencionadas;
o deterioro ou a destrucción intencionados dos lugares de reproducción ou das
zonas de repouso;
35. a perturbación intencionada da fauna silvestre, especialmente durante o
período de reproducción, crianza e hibernación;
a destrucción ou la recolección intencionadas de ovos no seu entorno natural
ou a súa posesión;
a posesión e ol comercio interior dos animais enumerados, vivos ou mortos,
incluídos os disecados, e de calquera parte ou de calquera producto obtido a
partir do animal.
Anexo III do Convenio de Berna: as especies da fauna silvestre, cuxa lista se
enumera no anexo III, deben ser obxecto de regulamentación a fin de manter a
existencia desas poboacións fóra de perigo (prohibición temporal ou local de
explotación, normativa para o seu transporte ou venta, etc.). As partes
prohibirán a utilización de medios non selectivos de captura ou morte que
poidan ocasionar a desaparición ou perturbar a tranquilidade da especie.
Sobre este listado, destacamos algunhas especies de
anfibios incluídas no Catálogo Galego de Especies Amea-
zadas como vulnerables e que non estaban catalogadas
como tal no Listado do Apéndice nº 1: INVENTARIO
FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade ambiental.
36. Ó remate deste listado, citamos outras especies que non
están incluídas non inventario de vertebrados presente
elaborado para o informe de sostenibilidade ambiental e
das que temos constatado a súa presenza na zona onde se
proxecta a actuación.
LISTADO (Informe de sostenibilidade ambiental)
ANFIBIOS: Triturus helveticus Tritón palmado
Alytes obstetricans Sapo partero común Triturus marmoratus Tritón jaspeado
Bufo bufo Sapo común
AVES:
Bufo calamita Sapo de cañaverales
Acanthis cannabina Pardillo común
Chioglossa lusitanica Salamandra rabilarga
Accipiter gentilis Azor común
Discoglossus galganoi Sapo rajado
Acipiter nisus Gavilán común
Hyla arbórea Rana de San Antonio
Acrocephalus arundinaceus Carricero tordal
Rana ibérica Rana ibérica
Acrocephallus stirpaceus Carricero común
Rana perezi Rana verde
Aegithalos caudatus Mito
Rana temporaria Rana bermeja
Alauda arvensis Alondra común
Salamandra salamandra Salamandra jaspeada
Alcedo athis Martín Pescador
Triturus boscai Lagartija de agua
37. Alectoris rufa Perdiz Roja Emberiza schoenidus Escribano palustre
Anas patyrhynchos Anade azulón Erithacus rubecula Petirrojo
Anas querquedula Cerceta carretona Falco peregrinus Halcón peregrino
Anas strepaera Anade friso Falco tinnunculus Cernícalo vulgar
Apus apus Vencejo común Fringilla coelebs Pinzón vulgar
Athene noctua Mochuelo europeo Fulica atra Focha común
Botarus stellaris Avetoro común
Gallinula chloropus Gallineta común
Buteo buteo Busardo ratonero
Garrulus glandarius Arrendajo
Carduelis carduelis Jilguero
Hippolais polyglota Zarcero común
Cardulelis chloris Verderolo común
Hirundo rustica Golondrina común
Certhia brachydactyla Agateador común
Ixobrychus minutus Avetorillo común
Cettia cetti Ruiseñor bastardo
Lanius collurio Alcaudón dorsirrojo
Charadrius alexandrinus Chorlitejo patinegro
Larus argentatus Gaviota argéntea
Cisticola juncides Buitrón
Larus michaellis Gaviota patiamarilla
Colulmba livia Paloma bravía
Lullula arborea Totovia
Columba palumbus Paloma torcaz
Monticola solitarius Roquero solitario
Corvus corone Corneja
Motacilla alba Lavandera blanca
Cuculus canorus Cuco común
Delichon urbica Avión común Motacilla cinerea Lavandera cascadeña
Dentrocopus major Pico picapinos Motacilla flava Lavandera boyera
Emberiza cia Escribano montesino Muscicapa striata Papamoscas gris
Emberiza cirlus Escribano soteño Oriolus oriolus Oropéndola
Emberiza citrinella Escribano cerillo Parus ater Carbonero garrapinos
38. Parus caeruleus Herrerillo común Troglodytes troglodytes Chochín
Parus major Carbonero común Turdus merula Mirlo común
Passer domesticus Gorrión común Turdus phylomelos Zorzal común
Passer montanus Gorrión molinero Turdus viscivorus Zorzal charlo
Phalacrocorax aristotelis Cormorán moñudo Tyto alba Lechuza común
Phoenicurus ochruros Colirrojo tizón MAMÍFEROS
Phylloscopus collybita Mosquitero común Apodemus sylvaticus Ratón de campo
Pica pica Urraca Arvicola sapidus Rata de agua
Crocidura russula Musaraña gris
Picus viridis Pito real
Crocidura suaveolens Musaraña de campo
Prunella modularis Acentor común
Eliomys quercinus Lirón careto
Pyrrhula pyrrhula Camachuelo común
Erinaceus europaeus Erizo
Rallus aquaticus Rascón europeo
Genetta genetta Gineta
Regulus ignicapillus Reyezuelo listado
Lepus capensis Liebre
Saxicola torquata Tarabilla común
Lutra lutra Nutria
Serinus serinus Verdecillo
Meles meles Tejón
Streptopelia decaocto Tórtola turca
Microtus agrestis Topillo agreste
Streptopelia turtur Tórtola europea Mus musculus Ratón doméstico
Sturnus unicolor Estornino negro Mustela erminea Armiño
Sylvia atricapilla Curruca capirotada Mustela nivalis Comadreja
Sylvia melanocephala Curruca cabecinegra Mustela putorius Turón
Sylvia undata Curruca rabilarga Myotis Myotis Murciélago ratonero grande
Tachybaptus ruficollis Zampullín chico Neomys anomalus Musgaño de Cabrera
39. Oryctolagus cuniculus Conejo del monte PECES:
Pipistrellus pipistrellus Murciélago común Anguilla anguilla Anguila
Pitymys lusitanicus Topillo portugués Chondrostoma duriense Boga del Duero
Rattus norvegicus Rata común Cobitis calderoni Colmilleja
Rattus rattus Rata negra Salmo trutta fario* Trucha común
Rhinolopus ferrumequinum Murciélago Grande de Herradura Salmo trutta trutta* Reo
Rhinolopus hippossideros Murciélago pequeño de herradura
Sciurus vulgaris Ardilla
REPTILES:
Sorex coronatus Musaraña tricolor
Anguis fragilis Lución
Sorex granarius Musaraña ibérica
Chalcides striatus Eslizón tridáctilo ibérico
Sorex minutus Musaraña enana
Coronella austríaca Culebra lisa europea
Sus scrofa Jabalí
Lacerta schreiberi Lagarto verdinegro
Talpa occidentalis Topo
Podarcis bocagei Lagartija de Bocagef
Vulpes vulpes Zorro
Timon lepidus Lagarto ocelado
Vipera seoanei Vívora de Seoane
NOTA: Las especies marcadas con un asterisco (*) no se tiene constancia
actualmente de que aún estén presentes en los cursos de agua que discurren por
la zona donde se proyecta la actuación, según conversaciones mantenidas con
vecinos de la zona.
40. Listado de especies non incluídas do Apéndice nº 1:
INVENTARIO FAUNÍSTICO do informe de sostenibilidade
ambiental e das que hai constancia da súa presenza na
zona onde se proxecta a actuación.
AVES:
Scolopacidae
Arcea (Scolopax rusticola); Anexo III da Directiva
79/409/CEE, “Vulnerable” (Decreto 88/2007). Anexo III
Convenio de Berna.
Stringidae
Avelaiona (Strix aluco); especie de quot;Interese Especial quot;
(R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Anexo II Convenio de
Berna.
Caprimulgidae
Avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus); Anexo I
41. da Directiva 79/409/CEE quot;Avesquot;; especie de quot;Interese
Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo); Anexo IV da
Lei 42/2007, 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da
Biodiversidade. Anexo II Convenio Berna
Motacillidae
Pica dos prados (Anthus pratensis); especie de quot;Interese
Especial quot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo). Anexo II
Convenio Berna.
Corvidae
Corvo carnazal (Corvus corax).
Fringillidae
Liñaceiro común (Carduelis cannabina). Anexo II
Convenio Berna.
42. MAMÍFEROS:
Quirópteros
Morcego das ribeiras (Myotis daubentonii); Anexo IV da
Directiva 92/43/CEE quot;Hábitatsquot;; Anexo II do Convenio de
Berna; Anexo II do Convenio de Bonn; especie quot;Sensibel á
alteración do seu hábitatquot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo).
Morcego orelludo común (Plecotus auritus) Anexo IV da
Directiva 92/43/CEE quot;Hábitatsquot;; Anexo II do Convenio de
Berna; Anexo II do Convenio de Bonn; especie quot;Sensibel á
alteración do seu hábitatquot; (R.D. 439/1990, do 30 de marzo).
Carnívoros
Visón americano (Mustela vison).
Garduña (Martes foina); Anexo III do Convenio de Berna.
Artiodáctilos
Corzo (Capreolus capreolus).
Roedores
Corta dos prados (Microtus lusitanicus).
43. RÉPTILES:
Natricidae
Natrix natrix Cobra de colar / Preocupación menor LC.
Anexo III Convenio de Berna.
10. O Concello de Ferrol vén de publicar o seguinte
EDICTO no DOG nº 57 de 24 de marzo de 2009:
“O Concello Pleno, con data do 27 de novembro de 2008,
acordou aprobar a proposta de suspensión do
procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación
de terreos, edificación e demolición durante o prazo dun
ano para o ámbito do eixe verde, seguindo os ríos que
desembocan na Malata, segundo o artigo 77 da Lei 9/2002,
do 30 de decembro, de ordenación e protección do medio
rural de Galicia, así como o estudo do dito ámbito para a
44. elaboración da documentación de reforma do PXOM. Así
mesmo, acordouse a contratación dos traballos de estudo
do ámbito delimitado, a publicación dos acordos de estudo
e a suspensión de licenzas no DOG, BOP e nun dos
xornais de maior circulación da provincia, con notificación
persoal aos peticionarios de solicitude de licenzas con
anterioridade á data do acordo de suspensión de licenzas,
e nos supostos previstos no artigo 93 da Lei 9/2002, do 30
de decembro, a remisión do resultado do estudo que
constitúe o expediente de modificación do PXOM ao
conselleiro competente en materia de urbanismo antes de
proceder á súa aprobación inicial”.
Con este edicto, o Concello de Ferrol recoñece o interés
que pode ter a conservación deste espazo e atendendo ó
artigo 57 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime
45. Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común:
“Artículo 57. Efectos.
1. Los actos de las Administraciones Públicas sujetos al
Derecho Administrativo se presumirán válidos y producirán
efectos desde la fecha en que se dicten, salvo que en ellos
se disponga otra cosa.
2. La eficacia quedará demorada cuando así lo exija el
contenido del acto o esté supeditada a su notificación,
publicación o aprobación superior”.
Enténdese que antes de tomar disposicións sobre os te-
rreos potencialmente afectados polo proxecto presentado,
deberá terse en conta o prazo de finalización do estudo de
ámbito delimitado citado no edicto.
46. A pesar de que sexa un organismo da Administración do
Estado Español o promotor do Proxecto sectorial da plata-
forma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol, en base ó
artigo 18.2 da mesma lei:
“Artículo 18. Coordinación de competencias.
2. Las normas y actos dictados por los órganos de las
Administraciones Públicas en el ejercicio de su propia
competencia deberán ser observadas por el resto de los
órganos administrativos, aunque no dependan jerárqui-
camente entre sí o pertenezcan a otra Administración”.
Hai obrigación de observar o edicto publicado polo
Concello de Ferrol.
47. 11. A conexión dos ecosistemas de ría e os ecosistemas
de litoral, a través das canles fluviais, permite a elaboración
dun plano turístico, educativo e ambiental de alto valor
engadido. A comarca de Ferrolterra é rica en espazos natu-
rais de interese, pero é necesario potenciar eses valores,
dalos a coñecer por medio dunha promoción eficaz, así
como conectar a cidade con estas zonas por medio de vías
naturais e culturais atractivas, potenciándose así mesmo o
turismo rural (casas rurais, restauración, etc.). Unha destas
vías está en estudo, e mesmo o Concello de Ferrol promo-
ve a conservación de varios dos seus puntos. Un roteiro
encargado polo propio Concello recoñece os valores
ambientais, educativos, recreativos e científicos desta
zona, propoñendo un percorrido que, partindo da desem-
bocadura do Río da Sardiña na Malata, discorrería augas
arriba na procura do nacemento do río. Así, irían apare-
48. cendo as distintas fases evolutivas do río, a súa paisaxe e
a súa fauna e flora, así como toda a riqueza patrimonial
que atesoura: Esteiro e Humidal da Malata, curso baixo do
río, lavadoiros, muíños, bosques de galería, Carballeira de
Menáncaro, Castro de Mandiá, Fraga do Castro, mostras
do bosque potencial que de xeito natural ocuparia esta
parte do territorio galego, representantes do bosque
atlántico húmido, dominado pola especie Quercus robur
(carballo), acompañado doutras especies arbóreas e
herbáceas, destacando un felgo macaronésico, (Dryopteris
guanchica), relito da Era Terciaria, incluído no apartado de
VULNERABEIS no Catálogo Galego de Especies Amea-
zadas e, por tanto, de moi escasa distribución (só está
presente en certas localizacións de Galiza, Asturias,
Algeciras, Sintra (Portugal) e Macaronesia e outras
especies botánicas de interese como o Narcissus triandrus
49. e o Narcissus bulbocodium, así como un xunco (Juncus
foliosus), citado no concello de Ferrol como única
localización provincial, pasteiros húmidos da beira do río,
fontes e mananciais, pontes, canles de rego, modos de
poboamenteo rural (núcleos rurais), ameneiral da cabeceira
do val, nacemento dos distintos tributarios do Río Sardiña...
Pola proximidade das súas cabeceiras, resulta doado
enlazar, mediante o devandito roteiro, o Río da Sardiña co
Rego de San Xurxo, que, nacendo nos Montes da Lagoa,
percorre o Val de Papoi, e desemboca na Praia de San
Xurxo, non sen antes recibir as augas do Rego de Esmelle,
o que permitiría conectar doadamente con este val e os
seus valores, moi potenciados nun traballo colectivo pola
súa veciñanza a través do recoñecido “Proxecto Esmelle”.
12. Con este proxecto, a afección ás zonas de interese
natural, como o xa citado humidal protexido da Malata, será
50. segura. Non hai posibilidade de evitar a contaminación das
augas, aínda cando non se instalasen empresas xeradoras
de contaminación. Calquera actividade industrial xera
vertidos residuais dabondo como para contaminar un río de
pouco caudal como é a cunca do Río Sardiña, sobre todo
en época estival. A contaminación dos acuíferos está
tamén asegurada, o que impedirá que moitas vivendas da
zona se poidan abastecer das saudabeis augas das que
agora se benefician. Simplemente coa construción do
polígono e a realización das obras imprescindibeis para
poñelo en funcionamento vanse cegar fontes e desviar
cursos de augas freáticas.
Así mesmo, a variación dos caudais de auga dos ríos van
sufrir modificacións considerabeis. Unha vez que desapa-
rezan os humidais, que actúan como reguladores dos
caudais, absorbendo auga durante as enchentes (evitando
51. ou reducindo as crecidas de caudal e os asolagamentos), e
liberándoa pouco a pouco en tempo seco, durante a estia-
xe, esta regulación natural quedará anulada. Como conse-
cuencia disto, haberá que regular artificialmente o caudal,
eliminándoo en parte, o que afectará ó humidal protexido
da desembocadura do río.
Cómpre ter en conta o establecido na Lei 29/1985, de
augas, modificada:
De las zonas húmedas
ARTICULO 103.
4. Los Organismos de cuenca y la Administración
ambiental competente coordinarán sus actuaciones para la
conservación, la protección eficaz, la gestión sostenible y la
recuperación de las zonas húmedas, especialmente de
aquellas que posean un interés natural o paisajístico.
52. 13. As condicións climatolóxicas do Golfo Ártabro son
diferenciadas con respecto dos espazos xeográficos cir-
cundantes, tendo un carácter de certa mediterraneización,
o que dá lugar a peculiaridades na climatoloxía, e tamén
nos ecosistemas. Unha das consecuencias é a aparición
dunha estación veraniega máis seca. A existencia de zonas
húmidas axuda a paliar os efectos da seca estival, pero a
desparición progresiva e sistemática destes espazos, con
diferentes motivacións (entre outras, procesos urbanísticos
e industrializadores), impiden que se desencadeen os
mecanismos benefactores para o medio natural e urbano
que no pasado actuaban, aparecendo, como consecuenca
desta situación, unha atmosfera máis seca e as secuelas
aparelladas en forma de afeccións sobre o medio e as
persoas.
A destrución de acuíferos, debido ás mesmas causas
conleva maiores dificultades no suministro de auga para a
53. poboación. Se a isto se engade as enormes cantidades de
aporte de auga para as actividades industriais, podémonos
atopar nun futuro próximo con situacións críticas.
14. Expostas as anteriores alegacións, semella evidente
que non foi esta a alternativa máis axeitada. Se ben é certo
que non o son tampouco as alternativas estudadas en
Leixa e máis en Pedroso. A primeira, que constitúe un eco-
sistema de características moi similares ás do Val de Man-
diá, está gravemente afectada xa pola proxectada cons-
trución dun polígono industrial. En canto ao Val de Pedro-
so, a cercanía do Lugar de Importancia Comunitaria
“Xubia-Castro”, incluído na Rede Natura 2000, da Unión
Europea, faino merecedor dun grao de protección que non
permite a execución de preoxectos como o que nos ocupa.
A primeira das alternativas avaliadas, a da Boieira, non
54. presenta tantos inconvintes coma as outras tres, polo que
resulta sorprendente a elección de Mandiá como futuro
enclave da Plataforma Loxística. Conclúese desa elección
que se deixou de lado o carácter supramunicipal da actua-
ción, véndose o concello de Ferrol como unha unidade,
cando debera englobarse nunha contorna cando menos
metropolitana. Hai que salientar a necesidade de elaborar
un plano territorial integrador e un proxecto sectorial e un
plano de ordenación do medio físico.
A lei 10/1995, que regula a ordenación do territorio,
establece:
Artículo 13.Contenido.
Los planes territoriales integrados contendrán los
documentos gráficos y escritos que sean necesarios para
55. reflejar las siguientes determinaciones:
a) Diagnóstico territorial del área, en especial en lo
referente a los recursos naturales, población, planeamiento
vigente y situación socioeconómica.
Artículo 22.Finalidad de los planes y proyectos sectoriales
1. Los planes y proyectos sectoriales de incidencia
supramunicipal tienen por objeto regular la implantación
territorial de las infraestructuras, dotaciones e instalaciones
de interés público o utilidad social cuando su incidencia
trascienda del término municipal en que se ubiquen, por su
magnitud, importancia o especiales características, o que
se asienten sobre varios términos.
Enténdese que a alternativa Mandiá-Leixa non é a elixida,
polo que non precisa de ningún tipo de alegación especí-
56. fica. De todos os xeitos, os termos nos que se describe
esta alternativa son ambiguos, dando a entender que esta
é a alternativa escollida, cando se dá a circunstancia de
que no Proxecto presentado non hai ningunha referencia a
Leixa, e limitándose en todo momento a referirse á super-
ficie de Mandiá. Quede clara, non obstante, a negativa
absoluta da nosa asociación a aceptar esta alternativa, que
redundaría nun desastre ecolóxico de maiores dimensións.
15. A superficie proposta para realizar o proxecto excede
en moito as intencións iniciais, nas que se sinalaba unica-
mente a dotación de superficie para unha plataforma
loxística asociada ao Porto Exterior de Ferrol. Polo que se
ve no Proxecto presentado, únese a esa Plataforma Loxís-
tica un Polígono Industrial. A cercanía de zonas densa-
mente poboadas, aínda que dispersas, fan inapropiada a
ubicación de tal desenvolvemento. A concentración de tres
57. polígonos industriais, ubicados sen case solución de
continuidade entre Narón e Ferrol, crearía a longo e medio
prazo problemas de contaminación difíciles de solucionar,
con consecuencias para a saúde das persoas e do medio
natural que se sumarán aos non desdeñables efectos de
industrias xa instaladas, como son as dúas cementeiras do
Polígono do Pozo e MEGASA en Xubia, aos que hai que
engadir os derivados do considerábel aumento do trans-
porte de materiais e mercadorías por estrada (contamina-
ción atmosférica e acústica). Por outra banda, cómpre ter
en conta a contaminación xerada polas centrais térmicas
de As Pontes (a de carbón e a de ciclo combinado), así
como o continuo tráfico de camións a transportar carbón
dende o Porto Exterior.
Calculando as emisións de CO2, SO2 e NOX acadaríanse
uns valores que exceden en moito as concentracións
58. permitidas para estes contaminantes, sen que no Proxecto
aparezan estimacións sobre estas cuestións.
A este respecto, cómpre ter en conta as prescricións da Lei
34/2007, de calidade do aire e protección da atmosfera,
que no seu articulado establece:
Artículo 4. Principios rectores.
1. La aplicación de esta ley se basará en los principios de
cautela y acción preventiva, de corrección de la
contaminación en la fuente misma ...
3. … se promoverá la integración de las consideraciones
relativas a la protección de la atmósfera en las distintas
políticas sectoriales como una variable clave para
conseguir un desarrollo sostenible.
Artículo 5. Competencias de las Administraciones públicas.
Las entidades locales, en el ámbito de sus competencias,
59. deberán adaptar las ordenanzas existentes y el
planeamiento urbanístico a las previsiones de esta ley y de
sus normas de desarrollo.
Non hai que esquecer as perdas por chuvia áceda nos
ecosistemas da comarca, os danos no arborado, nos culti-
vos e na saúde das persoas, o aumento de enfermidades
respiratorias infantís e en maiores, como consecuencia da
contaminación atmosférica. Durante as tres últimas déca-
das, por esta causa, perdéronse variedades froiteiras e a
posibilidade de emprender con éxito cultivos de horta que
supoñian un recurso importante para a poboación rural da
zona, ademais de abastecer os mercados de Ferrol e
Narón. Perdas que nunca se cuestionan por parte das
administracións públicas, polo que non se esixiron respon-
sabilidades ás empresas contaminadoras.
60. Coa presente actuación non se conseguiría outra cousa
que aumentar o problema en termos de custes econó-
micos. A situación, obxectivamente analizada,
saldaríase moi negativamente.
Tendo en conta o exposto nestas alegacións, as valora-
cións feitas no estudo de sostibilidade son insuficientes,
non recolléndose todos os parámetros precisos.
16. A xeito de conclusión, consideramos preciso atender
ás seguintes cuestións:
a) Volver estudar alternativas para a
plataforma loxística tendo en conta un plano
supramunicipal.
b) Valorar e prever a contaminación a curto e
longo prazo, sumando as fontes de conta-
minación existentes.
61. c) Asegurar a protección absoluta das zonas
húmidas e, polo tanto, excluilas do proxecto.
d) Realizar un estudo obxectivo de medio
económico e social, reflitindo as
características reais do lugar de ubicación.
e) Agardar as prescricións do Avance das
Directrices de Ordenación do Territorio.
Por todo o exposto
SOLICITA:
1.- Que se teñan por formuladas alegacións ao Proxecto
sectorial da plataforma loxística, empresarial e
portua-
62. ria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambien-
tal (D.O.G. nº 19, de 28 de xaneiro de 2009) por parte da
Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Histo-
ria Natural, e se dea por persoada esta entidade no
expediente de referencia.
2. Que se modifique o proxecto nos termos expostos nas
presentes alegacións, manexando axeitadamente a elección
das alternativas (incluíndo a alternativa cero), para melloralo
ambientalmente conforme a criterios de sustentabilidade
ambiental, económica e social.
Ferrol, a 26 de marzo do 2009
O Delegado da SGHN - Ferrol
Asdo.: Juan Ignacio Díaz da Silva
SR . DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO GALEGO DA
VIVENDA E SOLO.