1. Así no Terceiro Reich
A persecución da poboación
xudía na alemania nazi
2. Entre 1925 e 1926 Hitler
publica a obra Mein Kampf, na
que mostra os seus principios
antisemitas.
3. -Antes de que os nazis cheguen ao poder, as SA, forzas
paramilitares nazis, empregan de forma cotiá a violencia e
o terror contra os inimigos do partido.
-Xudeus, comunistas e socialistas son os seus principais
obxectivos.
4. O 30 de xaneiro de 1933 Adolf Hitler é nomeado chanceler.
Case de inmediato, as SA comezan unha campaña de
violencia. As malleiras, os asasinatos, e o saqueo de
negocios xudeus póñense á orde do día
5. Dende abril de 1933 comezan as primeiras medidas oficiais:
-Promóvese o boicot aos negocios xudeus
-Decrétanse leis que apartan á poboación xudía dos
empregos relacionados coa administración, o exército, a
vida cultural e a información.
6. O 15 de Setembro
apróbanse as Leis de
Nuremberg. Nelas
arrebatábaselle a
cidadanía alemá á
poboación xudía e
prohibíanse os
matrimonios e relacións
sexuais entre alemáns e
xudeus.
7. Ao celebrarse os Xogos Olímpicos en 1936 en Berlín, o
goberno nazi limitou as súas accións durante un breve
espazo de tempo para tranquilizar á opinión pública
internacional.
8. En 1937 o Estado comezou a expropiar os negocios
xudeus de forma oficial.
9. En 1938 a violencia aumenta, chegando ao seu momento
máis álxido coa Kristallnacht:
-Destruíronse centos de sinagogas, negocios e
vivendas
-Máis de 90 persoas foron asasinadas e 30.000
arrestadas e deportadas a campos de concentración, como
o de Dachau.
10. O 1 de setembro de 1939, Alemaña invade Polonia
Comeza a II Guerra Mundial
11. O 29 de setembro de 1939, o oficial das
SS Reinhard Heydrich fala por primeira vez
da Solución Final, a eliminación física de
toda a poboación xudía.
12. -En novembro de 1939 obrígase a poboación xudía de
Polonia a levar no seu brazo un distintivo. Quen non o
levara podía ser multado, encarcerado ou executado.
-O mesmo proceso se estenderá despois ao resto do
territorio controlado por Alemaña
13. -En Abril de 1940
aparece o primeiro
gueto, o de Lodz,
segregando a
poboación xudía en
barrios. En outubro do
mesmo ano aparece o
de Varsovia.
-O mesmo proceso se
estenderá despois ao
resto do territorio
controlado por Alemaña
14. -A finais de 1940 construíronse xa máis de 50 campos de
concentración, case todos eles en Polonia
-En 1941 comezan no interior deses campos as execucións
masivas por gas letal: a Solución Final que citara Heydrich