Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Plan de traballo conferencias
1. CONTEXTO LINGÜISTICO – LITERARIO PLAN DE TRABALLO
RECANTO DAS CONFERENCIAS
TÍTULO: AUDIOLIBROS DE CARLOS CASARES PARA A BIBLIOTECA
PASOS A SEGUIR:
Esta actividade consiste en gravarse lendo catro das principais obras da literatura
infantil de Carlos Casares. Unha vez rematados os audiolibros realizaremos un
PROGRAMA DE RADIO chamado “LENDO A CARLOS CASARES NA AULA” que todo o
mundo terá a oportunidade de escoitar.
1.- En primeiro lugar deberedes elexir un dos catro libros que o mestre vos
presentará: A galiña azul, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, Lolo anda
en bicicleta e O can Rin e o lobo Crispín.
2.- A continuación tedes que repartir o traballo atendendo ás personaxes que
aparecen nos libros. Cada alumno gravará unha parte do libro ou gravará a voz dun
determinado personaxe.
3.- Unha vez repartido o traballo, tedes que practicalo moito ata que vos saia ben.
Cando xa o teñades ben practicado, tedes que gravarvos utilizando unha aplicación
de GRAVADORA DE AUDIOS.
4.- E finalmente tedes que gravarvos e enviarlle ao mestre o audio por email. Unha
vez enviado, crearemos códigos QR para a exposición sobre CARLOS CASARES que
faremos na biblioteca.
EXEMPLO: