SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
inspiraTICs
Viñagrande 4.0
CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO
Contidos
01
O CENTRO
03REALIDADE VIRTUAL
IMPRESIÓN 3D
02
ORGANIZACIÓN
REALIDADE AUMENTADA
ROBÓTICA
PROXECTO
O CENTRO
CEIP Viñagrande-Deiro
Dende fai tres anos o CEIP de Viñagrande Deiro está inmerso nun proceso de transformación continuado. Uns
primeiro anos de fomentar o dinamismo trouxeron un terceiro ano moi ilusionante coa posta en marcha de
determinadas estratexias que configuran un novo proxecto educativo no que atendemos á globalidade do individuo:
emocional, académico, motriz, persoal, social... etc.
Tal e como describe o noso PE, os centros educativos deben estar en continua evolución, transformación e adecuación
á sociedade que os integra. Nesa adaptación estamos e despois de ter configurado os novos espacios educativos (o
último deles o INFORMADEIRO, proxecto co que se participou o pasado curso), é momento de continuar introducindo
no centro o que está sucendendo  na sociedade máis próxima.
Unha sociedade que esixe, entre outros, a atención ao desenvolvemento emocional,  a configuración de novos axente
formativos dentro da escola, a ecoloxía, os valores universais, os procedementos de investigación, a posibilidade de
que o alumnado participe da xestión e organización dos centros, e como non, as novas ferramentas tecnolóxicas.
No CEIP de Viñagrande Deiro queremos ser abandeirados á hora de dar resposta dende a escola a todas estas
esixencias. É por iso polo que, un ano máis, nos atrevemos a participar de novo nesta convocatoria de premios.
ORGANIZACIÓN
O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados) desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á
seguinte actuación pedagóxica, organizativa e didáctica: Os contextos de aprendizaxe. En cada contexto traballa un
docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º convertiranse nos seguintes contextos de aprendizaxe:
LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as competencias clave dun xeito integral e con
naturalidade, e nos que se traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e os de
outras competencias (lingüística, tecnoloxica, lóxica e matemática, social…etc.).
CALCULADEIRO: Proxectos Matemáticos nos que é moi  importante acercar os conceptos matemáticos á vida e á
posibilidade de vivencialos dun xeito práctico e manipulativo. Neste contexto hai distintos espazos (recantos) que,
dun xeito global, nos permitirán comprender  a  utilidade das matemáticas na vida real.
VERBADEIRO: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal
contidos variados e de distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os temas
transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe oral e a linguaxe escrita a través do
establecemento de recantos que permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e actividades.
HUMANIDEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a realidade social e cultural onde vive e se
desenvolve o alumnado, este contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos onde se
tratará o que sucede ou sucedeu ao noso redor. Só así poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos
máis amplos e descoñecidos.
INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas, e outras
veces na saída que teñen cara ao exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, redes
sociais, etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación fan que medre o
interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as actividades determinará a planificación, a responsabilidade do
alumnado e o uso de recursos. 
O proxecto que queremos desenvolver pretende axudar a aquel alumnado que por diferentes motivos está en
réximen hospitalario ou de atención domiciliaria.
Coñecedores da realidade que vive o profesorado e o alumnado que está en esta situaición, temos a obriga de darlle
respostas ás necesidades que manifestan para que, na medida do posible, poidan educarse en igualdade de
condicións que o alumando que se forma dun xeito presencial:
- Contacto físico co alumnado do centro.
- Relación social con outros nenos e nenas da sua mesma idade.
- Igualdade de condicións para o acceso aos contidos curriculares.
- Necesidade dun ensino moito máis conectado coas novas propostas metodoloxicas centradas na creación
(creatividade + acción) de contido por parte do alumnado.
- Xerar motiviación, ilusión e gañas por aprender e por compartir experiencias para os demáis.
- Sentir que as súas aportacións van ter efectos no proceso de ensino e aprendizaxe do noso alumnado.
- Desenvolver proxectos didácticos coordinados entre o profesor de atención hospitalaria e  o profesorado do noso
centro.
O alumnado participante neste proxecto será quen de mellorar, por medio da utilización de ferramentas
tecnolóxicas, a asimilación dos contidos escolares. O alumnado do CEIP Viñagrande e o alumnado hospitalizado
terán que planificar, deseñar, crear, produtos didácticos dun xeito atractivo, plantexando retos e todo isto cunha
motivación extra ofrecendo novas oportunidades ao alumnado onde o mestre deixa de ser a fonte dos aprendizaxes
e o alumnadon é quen de crear contidos moi relevantes cos que se enriquecerán mutuamente. Este traballo conleva
a creación de grupos de traballo e algo que para nós é moi importante, a búsqueda do feedback entre ese alumno/a
hospitalizado ou de atención domiciliaria e o alumnado do noso centro escolar.
Partindo desta premisa e centrándonos na mellora da aprendizaxe coas aportacións dos diferentes contextos, e cun
aprendizaxe baseada en servizos. Este proxecto poderase extrapolar a outras realidades sociais ou outros centros
educativos.
  
PROXECTO
No Contexto Científico o alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro
traballará deseñando e imprimindo material manipulativo que lle permita
ao alumnado hospitalizado comprender mellor determinados contidos
relacionados coas máquinas simples, os seres vivos, o corpo humano,
elementos arquitectónicos, arte, historia...etc.
O obxectivo é enviar este material ao alumnado hospitalizado
acompañado de plans de traballo ideados polo alumnado e profesorado
que dito alumno nos deberá facer chegar a través de diferentes medios
electrónicos.
No Contexto Lingüístico o alumnado do noso centro preparará contido en
Realidade Virtual para que o alumnado hospitalizado poida acceder a ese
contido a través dunhas gafas de RV. Os contidos que lle poderiamos
preparar serían: contos virtualizados, roteiros, vida e obra dun autor da
contorna, historia, gastronomía, modos de vida, museos da contorna...etc.
Ademais lle pediriamos que nos facilitara toda aquela información que
precisamos para virtualizar algunha realidade que a él/ela lle gustaría
trasladarnos: o seu barrio, a súa casa, a súa familia...etc.
No Contexto Humanístico o alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro creará
imaxes "aumentadas" (a modo bits de intelixencia) para que os nenos
hospitalizados comprendan mellor, accedan ao contido de maneiras
diferentes (cómics, videos, textos, audios, personaxes virtuais...etc). Ao
enviarlle eses traballos o alumnado hospitalizado creará imaxes
aumentadas sobre a súa vida, familia, mascota, soños...etc
IMPRESIÓN 3D
No Contexto Matemático do noso centro o alumnado aprendería como
programar o ROBOBO para axudar a nenos hospitalizados a comprender,
repasar ou interiorizar contidos matemáticos como: números naturais,
ángulos, figuras xeométricas, tipos de rectas, perímetros, planos
cartesianos, medidas,...
Facilitarase un Robobo para que o alumnado hospitalizado puidera traballar
eses mesmos contidos que traballou o alumnado do centro.
REALIDADE VIRTUAL
REALIDADE AUMENTADA
ROBÓTICA
A nosa inteción é integrar a tecnoloxía de última xeración coa finalidade de que o alumnado
poida crear productos que aseguren a aprendizaxe dos contidos curriculares no alumnado
hospitalizado, de atención domiciliaria e ao propio alumnado do CEIP Viñagrande.
Necesidades:
- Impresora 3D + formación
- Robobos+ Smartphones + formación en Robótica
- Gafas RV + Cámara 360 + suscrición anual Thinglink
- Suscrición anual apps de Realidad Aumentada
CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO
O FUTURO

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Inspira ti cs

O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
María Valbuena
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
satelite1
 
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
María Valbuena
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
xoserivas
 

Ähnlich wie Inspira ti cs (20)

POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Proxectotic
ProxectoticProxectotic
Proxectotic
 
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
Innovación
InnovaciónInnovación
Innovación
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 

Mehr von Javier García (7)

La ilustración narrativa
La ilustración narrativaLa ilustración narrativa
La ilustración narrativa
 
Plan de traballo procesando textos
Plan de traballo procesando textosPlan de traballo procesando textos
Plan de traballo procesando textos
 
Plan de traballo pasatempos
Plan de traballo pasatemposPlan de traballo pasatempos
Plan de traballo pasatempos
 
Plan de traballo literatura creativa
Plan de traballo literatura creativaPlan de traballo literatura creativa
Plan de traballo literatura creativa
 
Plan de traballo conferencias
Plan de traballo conferenciasPlan de traballo conferencias
Plan de traballo conferencias
 
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
 
Dependencias do CEIP de Viñagrande Deiro
Dependencias do CEIP de Viñagrande DeiroDependencias do CEIP de Viñagrande Deiro
Dependencias do CEIP de Viñagrande Deiro
 

Kürzlich hochgeladen (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Inspira ti cs

  • 2. Contidos 01 O CENTRO 03REALIDADE VIRTUAL IMPRESIÓN 3D 02 ORGANIZACIÓN REALIDADE AUMENTADA ROBÓTICA PROXECTO
  • 3. O CENTRO CEIP Viñagrande-Deiro Dende fai tres anos o CEIP de Viñagrande Deiro está inmerso nun proceso de transformación continuado. Uns primeiro anos de fomentar o dinamismo trouxeron un terceiro ano moi ilusionante coa posta en marcha de determinadas estratexias que configuran un novo proxecto educativo no que atendemos á globalidade do individuo: emocional, académico, motriz, persoal, social... etc. Tal e como describe o noso PE, os centros educativos deben estar en continua evolución, transformación e adecuación á sociedade que os integra. Nesa adaptación estamos e despois de ter configurado os novos espacios educativos (o último deles o INFORMADEIRO, proxecto co que se participou o pasado curso), é momento de continuar introducindo no centro o que está sucendendo  na sociedade máis próxima. Unha sociedade que esixe, entre outros, a atención ao desenvolvemento emocional,  a configuración de novos axente formativos dentro da escola, a ecoloxía, os valores universais, os procedementos de investigación, a posibilidade de que o alumnado participe da xestión e organización dos centros, e como non, as novas ferramentas tecnolóxicas. No CEIP de Viñagrande Deiro queremos ser abandeirados á hora de dar resposta dende a escola a todas estas esixencias. É por iso polo que, un ano máis, nos atrevemos a participar de novo nesta convocatoria de premios. ORGANIZACIÓN O alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados) desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica, organizativa e didáctica: Os contextos de aprendizaxe. En cada contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º convertiranse nos seguintes contextos de aprendizaxe: LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se traballan establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e os de outras competencias (lingüística, tecnoloxica, lóxica e matemática, social…etc.). CALCULADEIRO: Proxectos Matemáticos nos que é moi  importante acercar os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun xeito práctico e manipulativo. Neste contexto hai distintos espazos (recantos) que, dun xeito global, nos permitirán comprender  a  utilidade das matemáticas na vida real. VERBADEIRO: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se desenvolverán dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de distintas disciplinas: ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os temas transversais…etc. Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe oral e a linguaxe escrita a través do establecemento de recantos que permitirán traballar con diferentes tipoloxías de textos e actividades. HUMANIDEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a realidade social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este contexto vai ser vital para comprender o que nos rodea. Serán proxectos onde se tratará o que sucede ou sucedeu ao noso redor. Só así poderemos entender o que sucede ou sucedeu en contextos máis amplos e descoñecidos. INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas, unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, redes sociais, etc. Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de comunicación fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan as actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o uso de recursos. 
  • 4. O proxecto que queremos desenvolver pretende axudar a aquel alumnado que por diferentes motivos está en réximen hospitalario ou de atención domiciliaria. Coñecedores da realidade que vive o profesorado e o alumnado que está en esta situaición, temos a obriga de darlle respostas ás necesidades que manifestan para que, na medida do posible, poidan educarse en igualdade de condicións que o alumando que se forma dun xeito presencial: - Contacto físico co alumnado do centro. - Relación social con outros nenos e nenas da sua mesma idade. - Igualdade de condicións para o acceso aos contidos curriculares. - Necesidade dun ensino moito máis conectado coas novas propostas metodoloxicas centradas na creación (creatividade + acción) de contido por parte do alumnado. - Xerar motiviación, ilusión e gañas por aprender e por compartir experiencias para os demáis. - Sentir que as súas aportacións van ter efectos no proceso de ensino e aprendizaxe do noso alumnado. - Desenvolver proxectos didácticos coordinados entre o profesor de atención hospitalaria e  o profesorado do noso centro. O alumnado participante neste proxecto será quen de mellorar, por medio da utilización de ferramentas tecnolóxicas, a asimilación dos contidos escolares. O alumnado do CEIP Viñagrande e o alumnado hospitalizado terán que planificar, deseñar, crear, produtos didácticos dun xeito atractivo, plantexando retos e todo isto cunha motivación extra ofrecendo novas oportunidades ao alumnado onde o mestre deixa de ser a fonte dos aprendizaxes e o alumnadon é quen de crear contidos moi relevantes cos que se enriquecerán mutuamente. Este traballo conleva a creación de grupos de traballo e algo que para nós é moi importante, a búsqueda do feedback entre ese alumno/a hospitalizado ou de atención domiciliaria e o alumnado do noso centro escolar. Partindo desta premisa e centrándonos na mellora da aprendizaxe coas aportacións dos diferentes contextos, e cun aprendizaxe baseada en servizos. Este proxecto poderase extrapolar a outras realidades sociais ou outros centros educativos.    PROXECTO
  • 5. No Contexto Científico o alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro traballará deseñando e imprimindo material manipulativo que lle permita ao alumnado hospitalizado comprender mellor determinados contidos relacionados coas máquinas simples, os seres vivos, o corpo humano, elementos arquitectónicos, arte, historia...etc. O obxectivo é enviar este material ao alumnado hospitalizado acompañado de plans de traballo ideados polo alumnado e profesorado que dito alumno nos deberá facer chegar a través de diferentes medios electrónicos. No Contexto Lingüístico o alumnado do noso centro preparará contido en Realidade Virtual para que o alumnado hospitalizado poida acceder a ese contido a través dunhas gafas de RV. Os contidos que lle poderiamos preparar serían: contos virtualizados, roteiros, vida e obra dun autor da contorna, historia, gastronomía, modos de vida, museos da contorna...etc. Ademais lle pediriamos que nos facilitara toda aquela información que precisamos para virtualizar algunha realidade que a él/ela lle gustaría trasladarnos: o seu barrio, a súa casa, a súa familia...etc. No Contexto Humanístico o alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro creará imaxes "aumentadas" (a modo bits de intelixencia) para que os nenos hospitalizados comprendan mellor, accedan ao contido de maneiras diferentes (cómics, videos, textos, audios, personaxes virtuais...etc). Ao enviarlle eses traballos o alumnado hospitalizado creará imaxes aumentadas sobre a súa vida, familia, mascota, soños...etc IMPRESIÓN 3D No Contexto Matemático do noso centro o alumnado aprendería como programar o ROBOBO para axudar a nenos hospitalizados a comprender, repasar ou interiorizar contidos matemáticos como: números naturais, ángulos, figuras xeométricas, tipos de rectas, perímetros, planos cartesianos, medidas,... Facilitarase un Robobo para que o alumnado hospitalizado puidera traballar eses mesmos contidos que traballou o alumnado do centro. REALIDADE VIRTUAL REALIDADE AUMENTADA ROBÓTICA
  • 6. A nosa inteción é integrar a tecnoloxía de última xeración coa finalidade de que o alumnado poida crear productos que aseguren a aprendizaxe dos contidos curriculares no alumnado hospitalizado, de atención domiciliaria e ao propio alumnado do CEIP Viñagrande. Necesidades: - Impresora 3D + formación - Robobos+ Smartphones + formación en Robótica - Gafas RV + Cámara 360 + suscrición anual Thinglink - Suscrición anual apps de Realidad Aumentada CEIP VIÑAGRANDE-DEIRO O FUTURO