SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 7
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Catalogo de recursos        O comentario dunha pirámide de
                                                                               Xeografia
   procedementais                     poboación.

Introducción.
        A pirámide de poboación é unha representación gráfica, mediante a técnica de “gráficas
de barras enfrontadas”, que reflicte a estructura da poboación por sexo e idade nun momento
determiñado. A partir dela pódense analizar tamén os acontecementos que tiveron repercusións
demográficas nos cen anos anteriores ó momento ó que se refire a pirámide. A súa utilidade é
transcendental para facer proxeccións demográficas de futuro e planificar politicas de acción
social.

Comentario.

       a)     Lectura: Comenzaremos por unha lectura atenta do gráfico. Onde descubriremos:
              - Territorio ou espacio ó que se refire e ano de representación.
              - Tipode poboación representada (rural, urbana, centro do país, periferia...)
              - Intervalos de representación.
              - Forma de representar os gráficos: porcentaxe (absoluta ou por sexo), tantos por
              mil, datos absolutos...
              - Outros datos: poboación activa, poboación por sectores, paro...

       b)     Comentario da estructura por sexo:
              - Sempre nacen máis homes ca mulleres (a sex-ratio aproximadamente e a nivel
              planetario é de105 ou 106 nenos por cada 100 nenas). Débese calcular a Taxa de
              Masculinidade ou constatar a maior lonxitude da barra ou cohorte inferior da
              pirámide (grupo de 0 a 4 anos) do lado dos homes.
              - Tamén hai que indicar o momento no que a maior mortalidade masculina leva
              a equiparación dos efectivos de ambolos dous sexos e sinalar a disparidade entre
              efectivos de anciáns e ancianas.
              - Hai que explicar a maior esperanza de vida das mulleres e as causas da maior
              mortalidade masculina (gerras, estilo de vida...)

       c)     Comentario da estructura por idade:
              Determiñar e comentar a estructura por idade a partir das porcentaxes de
              xóvenes-inactivos (0-14 anos), adultos-activos (15-64 anos) ou anciáns-
              inactivos (65 e máis anos), é a partir da forma da pirámide, que pode ser dos
              tipos seguintes:
              <       A forma triangular, de parasol ou pagoda (España en 1900) indica
                      poboación xoven (os xóvenes supoñen máis do 35 % da poboación e os
                      anciáns menos do 5 %). A base é ancha polas altas taxas de natalidade, e
                      a poboación disminúe rapidamente cara o cumio polas taxas de
                      mortalidade elevadas e esperanza de vida baixa. É preciso sinalar as causas
                      da alta natalidade e da alta mortalidade, así como as consecuencias da alta
                      porcentaxe de xóvenes.
              <       A forma de oxiva ou campá (España en 1970) indica poboación adulta
                      ou estacionaria (hai unha acumulación de efectivos adultos: 53-70 %,

                                              1
unha porcentaxe non moi elevada de xóvenes: 25-35 %, e tampouco
            moitos anciáns: 5-12 %. A base da pirámide é menos ancha ca no caso
            anterior porque a natalidade se foi recortando, pero de forma suave, de
            xeito que aínda permite o relevo xeneracional. A poboación disminúe
            lentamente cara o cumio debido ás taxas de mortalidade baixas. Tamén
            aquí é preciso indicar as causas do progresivo recorte da natalidade e da
            baixa mortalidade, así mesmo as co nsecuencias do predominio dunha
            poboación adulta.
     <      A forma de furna (España en 1997) indica poboación avellentada (hai
            unha alta porcentaxe de anciáns: máis do 12 %, porcentaxes inferiores ó
            25 % para os xóvenes, e valores entre o 50-60 % para os adultos. A base
            da pirámide estréitase, o que indica unha natalidade baixa e en descenso,
            o cumio faise ancho, o que indica unha esperanza de vida
            incrementándose. Debemos explicar as causas do avellentamento (caída
            da natalidade e alta esperanza de vida) e as súas consecuencias (problemas
            relacionados coas pensións, a saúde e a asistencia social.

d)   Comentario dos acontecementos demográficos máis significativos:
     Os acontecementos demográficos máis significativos dedúcense dos entrantes ou
     entalladuras e saíntes ou ensanchamentos do perfil da pirámide. Analizaremos
     sempre o perfil empezando pola parte superior da pirámide.
     !      Os entrantes ou entalladuras indican perda de poboación. Débense á
            subnatalidade, ó aumento da mortalidade por guerras (afecta máis á
            poboación masculina), fames ou epidemias (afecta por igual a ámbolos
            dous sexos). Tamén poden atribuírse á emigración.
            Hai que ter en conta que os entrantes producidos polos mortos dunha
            guerra non coinciden nunca cos anos da guerra, senón que están entre 20
            e 30 anos antes (4-5-6 barras ou cohortes máis arriba da pirámide)
            afectando sobre todo á poboación masculina que no momento da guerra
            estaba en idade de combater (entre 20 e 30 anos). Os entrantes que
            coinciden cos anos da guerra débense á subnatalidade producida pola
            mesma e afectan case por igual á homes e mulleres.
            Os entrantes dunha pirámide constitúen unha xeneración oca ou
            pequena, que se reflicte 20 ou 30 anos máis abaixo, creando un novo
            entrante ou unha reducción de efectivos, cando os membros desa
            xeneración chegan á idade de casarse e ter fillos (20-30 anos): debido a
            que son unha xeneración menos numerosa, o total dos seus fillos é tamén
            menor.
     !      Os saíntes ou ensanchamentos indican incremento de poboación.
            Débense a diversas causas: baby boom postbélico, desenvolvemento
            económico, inmigración, etc. Provocan unha xeneración abultada ou
            ensanchamento 20-30 anos máis abaixo (4-5-6 cohortes máis abaixo),
            cando chegan á idade de casarse e ter fillos: como son máis, o número
            total dos seus fillos tamén é maior.
     Para analizar os entrantes e saíntes dunha pirámide, hai que relacionalos cos feitos
     históricos que tiveron unha incidencia demográfica.


                                      2
Tipos de pirámides de idades.




             3
Práctica.




            4
Comentario.

a) Lectura:
        O gráfico obxecto de comentario é a pirámide de po boación de España
correspondente ó ano 1.991. As pirámides representan a estructura da poboación por
idade e sexo e permiten visualizar a evolución da mesma, así como a influencia dos
distintos factores que inciden na dinámica demográfica (natalidade, mortalidade,
avellentamento, movementos migratorios...).
        Está elaborada a partir dos datos do censo de 1.991 para todo o Estado español
e representa as distintintas cohortes en tramos quinquenais por medio de histogramas
de barras enfrontadas en función da porcentaxe de cada grupo de idade sobre o total
da poboación.

b) Comentario da estructura por sexo:
        Podemos constatar o maior número de nenos fronte ás nenas no tramo 0-14 anos,
para comenzar a equipararse a partires dos 15-25 anos. A maior mortalidade masculina
explicaría esta equiparación que se concretaría na cohorte dos 30-34 anos.
        A partir deste momento prodúcese o desequilibrio a favor dos efectivos femininos.
Este desequilibrio viría explicado polo estilo de vida máis arriscado, por parte dos homes,
que incrementaría a súa mortalidade: accidentes de tráfico, laborais, strés, consumo de
alcohol e tabaco; ou pola estructura biolóxica máis feble ca das mulleres. Por estas razóns
é maior a esperanza de vida feminina.

c) Comentario da estructura por idade:
        Nesta pirámide a poboación xove representa un 18,5 % (lonxe do 30 % que
adoitan ter os países de poboación expansiva, xove e dinámica). A poboación vella supón
un 13,8 % (moi por riba do 10 % das poboacións xoves). Estamos, polo tanto, diante do
caso dunha poboación avellentada, cunhas taxas de mortalidade e natalidade baixas e
un crecemento vexetativo reducido.
        A gráfica debuxa un perfil tipo bulbo ou furna: cunha base que se está estreitando
(natalidade reducíndose), un forte ensanchamento na parte media correspondente á
poboación adulta (reflicte a alta natalidade dos anos 1955-75) e un cumio ancho (mostra
do aumento da esperanza de vida).
        A poboación representada podería calificarse como estancada, con tendencias
regresivas, na que o relevo xeneracional non está garantido (o número de fillos por muller
está moi lonxe dos 2,1 necesarios). Característica típica dos paises desenvo lvidos de
Europa entre os que nos atopamos.
        As causas desta situación son dous axentes demográficos: a disminución da
natalidade e o aumento da esperanza de vida durante a década de 1980.
        A natalidade foise reducindo paulatinamente ata a década de 1970, caéndo
vertixino samente a partir de 1975 por mor da crise económica derivada da crise do
petróleo. Pero outros factores foron máis efectivos na cída: xeneralización do uso de
métodos anticonceptivos, retraso na idade de contraer matrimonio, retraso na
aparición do primeiro fillo, incorporación masiva da muller ó traballo, falla de
axudas sociais á infancia: subvencións por fillo, guarderías públicas, escaso apoio
ás familias numerosas, perspectivas negativas de atopar emprego...
        A esperanza de vida foi aumentando gracias a desaparición da mortalidade

                                        5
catastrófica, aumento do nivel de vida, mellora nas condicións hixiénicas e
alimentarias, avances médicos e xeneralización da atención médica á meirande parte
da poboación.

d) Comentario dos acontecementos histórico-demográficos máis significativos:
        Na cohorte de 70-74 anos, correspondente ós nacidos entre 1916-20, podemos
observar un entrante ou entalladura que reflicte o déficit de nacementos que supuxo a
epidemia de gripe española de 1918 e os mortos provocados, directa ou indirectamente,
pola Guerra Civil de 1936 e que ademáis coincide coa xeneración pequena que se orixina
na Guerra de Cuba. Nas cohortes correspondentes ós 60-70 anos (nacidos entre 1.921 e
1.930) pódese apreciar un lixeiro que se corresponde co mantemento de altas taxas de
natalidade nos felices vinte e que, en parte, vese disminuído pola emigración a América
por xoves en idade de procrear.
        Nas cohortes entre 45 e 55 anos (nacidos entre 1.936 e 1.945) pódese apreciar un
profundo entrante que se corresponde coa xeneración pequena, comentada no párrafo
anterior e que, ademáis, pódese atribuír ó déficit de nacementos provocados pola Guerra
Civil e as penurias económicas da postguerra (anos da fame). Dende aquí ata o grupo de
35-40 anos hai un incremento sostido, aínda que non moi grande, debido á emigración á
América. Nesta última cohorte podemos apreciar as consecuencias da xeneración pequena
que provocan un pequeno entrante na pirámide agravado pola emigración á Europa,
consecuencia do paro xerado polo Plano de Estabilización de 1.959 e polo inicio da
mecanización a gran escala do campo español.
        As cohortes que representan a poboación entre 15-20 anos (nacidos ata o
quinquenio 1.971-75) representan unha alta natalidade consecuencia do baby-boom. A
partir de aquí as taxas de natalidade caen de forma espectacular por razóns xa explicadas.

e) Conclusións:
         Esta pirámide representa unha poboación avellentada, que podería ser no futuro
regresiva (reducirse o numero total de habitantes). O avellentamento provocaría
dificultades o sistema de pensións, ó reducirse o número de activos en relación ó
aumento de pasivos; obrigaría a unha maior inversión pública en asistencia social á
Terceira Idade e, ademáis reduciríase o consumo privado ó ser menor a capacidade de
consumo das clases pasivas.




                                        6
Partes dunha pirámide de idades




               7

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (13)

A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
A poboación mundial
A poboación mundialA poboación mundial
A poboación mundial
 
UD 10 A poboación
UD 10 A poboaciónUD 10 A poboación
UD 10 A poboación
 
A poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de GaliciaA poboación de España e de Galicia
A poboación de España e de Galicia
 
Tema 15 Os fenómenos migratorios
Tema 15 Os fenómenos migratoriosTema 15 Os fenómenos migratorios
Tema 15 Os fenómenos migratorios
 
A poboación mundial
A poboación mundialA poboación mundial
A poboación mundial
 
A crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galiciaA crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galicia
 
Comentario piramide
Comentario piramideComentario piramide
Comentario piramide
 
Poboación
PoboaciónPoboación
Poboación
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
Exercicios ar 1º bach demografía
Exercicios ar 1º bach demografíaExercicios ar 1º bach demografía
Exercicios ar 1º bach demografía
 
PreseXeografía humana de galicia poboación
PreseXeografía humana de galicia   poboaciónPreseXeografía humana de galicia   poboación
PreseXeografía humana de galicia poboación
 
XEO2. Poboación española
XEO2. Poboación españolaXEO2. Poboación española
XEO2. Poboación española
 

Andere mochten auch

1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
Ismael Vide González
 

Andere mochten auch (18)

ColeccióN 15
ColeccióN 15ColeccióN 15
ColeccióN 15
 
ColeccióN 7
ColeccióN 7ColeccióN 7
ColeccióN 7
 
ColeccióN 4
ColeccióN 4ColeccióN 4
ColeccióN 4
 
13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.
 
ColeccióN 10
ColeccióN 10ColeccióN 10
ColeccióN 10
 
ColeccióN 14
ColeccióN 14ColeccióN 14
ColeccióN 14
 
Tech At Bam Jan 14
Tech At Bam Jan 14Tech At Bam Jan 14
Tech At Bam Jan 14
 
R. sacra
R. sacraR. sacra
R. sacra
 
ColeccióN 9
ColeccióN 9ColeccióN 9
ColeccióN 9
 
14. capitalismo e socialismo
14. capitalismo e socialismo14. capitalismo e socialismo
14. capitalismo e socialismo
 
2. O Antigo Réxime.
2. O Antigo Réxime.2. O Antigo Réxime.
2. O Antigo Réxime.
 
O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.
 
14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
ColeccióN 6
ColeccióN 6ColeccióN 6
ColeccióN 6
 
6. Europa A Finais Do SéCulo Xix
6. Europa A Finais Do SéCulo Xix6. Europa A Finais Do SéCulo Xix
6. Europa A Finais Do SéCulo Xix
 
6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix6. europa a finais do século xix
6. europa a finais do século xix
 
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas1. fontes, métodos e correntes historiográficas
1. fontes, métodos e correntes historiográficas
 

Ähnlich wie Análise e comentario de pirámides de poboación.

Comentario dunha pirámide de poboación
Comentario dunha pirámide de poboaciónComentario dunha pirámide de poboación
Comentario dunha pirámide de poboación
santiago
 
Unidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN MacUnidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN Mac
camposseijo
 
A poboación
A poboaciónA poboación
A poboación
ecocabe
 
Os habitantes da terra
Os habitantes da terraOs habitantes da terra
Os habitantes da terra
icoico1
 

Ähnlich wie Análise e comentario de pirámides de poboación. (20)

Unidade 7 Poboación
Unidade 7 PoboaciónUnidade 7 Poboación
Unidade 7 Poboación
 
Comentario dunha pirámide de poboación
Comentario dunha pirámide de poboaciónComentario dunha pirámide de poboación
Comentario dunha pirámide de poboación
 
Comentario dunha pirámide de poboación
Comentario dunha pirámide de poboaciónComentario dunha pirámide de poboación
Comentario dunha pirámide de poboación
 
6. A poboación.
6. A poboación.6. A poboación.
6. A poboación.
 
O movemento natural da poboación en España e en Galicia
O movemento natural da poboación en España e en GaliciaO movemento natural da poboación en España e en Galicia
O movemento natural da poboación en España e en Galicia
 
Tema 10 a poboación española
Tema 10   a poboación españolaTema 10   a poboación española
Tema 10 a poboación española
 
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
 
Unidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN MacUnidade 8 PoboacióN Mac
Unidade 8 PoboacióN Mac
 
Tema 8 A poboación
Tema 8 A poboaciónTema 8 A poboación
Tema 8 A poboación
 
A estrutura da poboación en España e en Galicia
A estrutura da poboación en España e en GaliciaA estrutura da poboación en España e en Galicia
A estrutura da poboación en España e en Galicia
 
R5 sociais 6
R5 sociais 6R5 sociais 6
R5 sociais 6
 
A Poboación
A PoboaciónA Poboación
A Poboación
 
A poboación
A poboaciónA poboación
A poboación
 
Transicion demográfica
Transicion demográficaTransicion demográfica
Transicion demográfica
 
8.4.os réximes demográficos.
8.4.os réximes demográficos.8.4.os réximes demográficos.
8.4.os réximes demográficos.
 
A evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en GaliciaA evolución da poboación en España e en Galicia
A evolución da poboación en España e en Galicia
 
Perfil estatistico das persoas maiores
Perfil estatistico das persoas maioresPerfil estatistico das persoas maiores
Perfil estatistico das persoas maiores
 
rSociais resumo tema6
rSociais resumo tema6rSociais resumo tema6
rSociais resumo tema6
 
Poboacion EspañOla
Poboacion EspañOlaPoboacion EspañOla
Poboacion EspañOla
 
Os habitantes da terra
Os habitantes da terraOs habitantes da terra
Os habitantes da terra
 

Mehr von Ismael Vide González

Mehr von Ismael Vide González (20)

17. a nova orde mundial.
17. a nova orde mundial.17. a nova orde mundial.
17. a nova orde mundial.
 
16. un mundo en crise
16. un mundo en crise16. un mundo en crise
16. un mundo en crise
 
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
15. os contrastes territoriais e as políticas de cohesión
 
4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.
 
10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.
 
8. O sistema urbano
8. O sistema urbano8. O sistema urbano
8. O sistema urbano
 
7. O poboamento
7. O poboamento7. O poboamento
7. O poboamento
 
5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.
 
2. O clima.
2. O clima.2. O clima.
2. O clima.
 
1. O relevo.
1. O relevo.1. O relevo.
1. O relevo.
 
3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.
 
15. a descolonización
15. a descolonización15. a descolonización
15. a descolonización
 
Ud. 1 Xeo
Ud. 1 XeoUd. 1 Xeo
Ud. 1 Xeo
 
7. O Imperialismo
7. O Imperialismo7. O Imperialismo
7. O Imperialismo
 
13. Unha Paz Ficticia
13. Unha Paz Ficticia13. Unha Paz Ficticia
13. Unha Paz Ficticia
 
12. A Segunda Guerra Mundial
12. A Segunda Guerra Mundial12. A Segunda Guerra Mundial
12. A Segunda Guerra Mundial
 
11. P. De Entreguerras
11. P. De Entreguerras11. P. De Entreguerras
11. P. De Entreguerras
 
10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa10. A RevolucióN Rusa
10. A RevolucióN Rusa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Análise e comentario de pirámides de poboación.

  • 1. Catalogo de recursos O comentario dunha pirámide de Xeografia procedementais poboación. Introducción. A pirámide de poboación é unha representación gráfica, mediante a técnica de “gráficas de barras enfrontadas”, que reflicte a estructura da poboación por sexo e idade nun momento determiñado. A partir dela pódense analizar tamén os acontecementos que tiveron repercusións demográficas nos cen anos anteriores ó momento ó que se refire a pirámide. A súa utilidade é transcendental para facer proxeccións demográficas de futuro e planificar politicas de acción social. Comentario. a) Lectura: Comenzaremos por unha lectura atenta do gráfico. Onde descubriremos: - Territorio ou espacio ó que se refire e ano de representación. - Tipode poboación representada (rural, urbana, centro do país, periferia...) - Intervalos de representación. - Forma de representar os gráficos: porcentaxe (absoluta ou por sexo), tantos por mil, datos absolutos... - Outros datos: poboación activa, poboación por sectores, paro... b) Comentario da estructura por sexo: - Sempre nacen máis homes ca mulleres (a sex-ratio aproximadamente e a nivel planetario é de105 ou 106 nenos por cada 100 nenas). Débese calcular a Taxa de Masculinidade ou constatar a maior lonxitude da barra ou cohorte inferior da pirámide (grupo de 0 a 4 anos) do lado dos homes. - Tamén hai que indicar o momento no que a maior mortalidade masculina leva a equiparación dos efectivos de ambolos dous sexos e sinalar a disparidade entre efectivos de anciáns e ancianas. - Hai que explicar a maior esperanza de vida das mulleres e as causas da maior mortalidade masculina (gerras, estilo de vida...) c) Comentario da estructura por idade: Determiñar e comentar a estructura por idade a partir das porcentaxes de xóvenes-inactivos (0-14 anos), adultos-activos (15-64 anos) ou anciáns- inactivos (65 e máis anos), é a partir da forma da pirámide, que pode ser dos tipos seguintes: < A forma triangular, de parasol ou pagoda (España en 1900) indica poboación xoven (os xóvenes supoñen máis do 35 % da poboación e os anciáns menos do 5 %). A base é ancha polas altas taxas de natalidade, e a poboación disminúe rapidamente cara o cumio polas taxas de mortalidade elevadas e esperanza de vida baixa. É preciso sinalar as causas da alta natalidade e da alta mortalidade, así como as consecuencias da alta porcentaxe de xóvenes. < A forma de oxiva ou campá (España en 1970) indica poboación adulta ou estacionaria (hai unha acumulación de efectivos adultos: 53-70 %, 1
  • 2. unha porcentaxe non moi elevada de xóvenes: 25-35 %, e tampouco moitos anciáns: 5-12 %. A base da pirámide é menos ancha ca no caso anterior porque a natalidade se foi recortando, pero de forma suave, de xeito que aínda permite o relevo xeneracional. A poboación disminúe lentamente cara o cumio debido ás taxas de mortalidade baixas. Tamén aquí é preciso indicar as causas do progresivo recorte da natalidade e da baixa mortalidade, así mesmo as co nsecuencias do predominio dunha poboación adulta. < A forma de furna (España en 1997) indica poboación avellentada (hai unha alta porcentaxe de anciáns: máis do 12 %, porcentaxes inferiores ó 25 % para os xóvenes, e valores entre o 50-60 % para os adultos. A base da pirámide estréitase, o que indica unha natalidade baixa e en descenso, o cumio faise ancho, o que indica unha esperanza de vida incrementándose. Debemos explicar as causas do avellentamento (caída da natalidade e alta esperanza de vida) e as súas consecuencias (problemas relacionados coas pensións, a saúde e a asistencia social. d) Comentario dos acontecementos demográficos máis significativos: Os acontecementos demográficos máis significativos dedúcense dos entrantes ou entalladuras e saíntes ou ensanchamentos do perfil da pirámide. Analizaremos sempre o perfil empezando pola parte superior da pirámide. ! Os entrantes ou entalladuras indican perda de poboación. Débense á subnatalidade, ó aumento da mortalidade por guerras (afecta máis á poboación masculina), fames ou epidemias (afecta por igual a ámbolos dous sexos). Tamén poden atribuírse á emigración. Hai que ter en conta que os entrantes producidos polos mortos dunha guerra non coinciden nunca cos anos da guerra, senón que están entre 20 e 30 anos antes (4-5-6 barras ou cohortes máis arriba da pirámide) afectando sobre todo á poboación masculina que no momento da guerra estaba en idade de combater (entre 20 e 30 anos). Os entrantes que coinciden cos anos da guerra débense á subnatalidade producida pola mesma e afectan case por igual á homes e mulleres. Os entrantes dunha pirámide constitúen unha xeneración oca ou pequena, que se reflicte 20 ou 30 anos máis abaixo, creando un novo entrante ou unha reducción de efectivos, cando os membros desa xeneración chegan á idade de casarse e ter fillos (20-30 anos): debido a que son unha xeneración menos numerosa, o total dos seus fillos é tamén menor. ! Os saíntes ou ensanchamentos indican incremento de poboación. Débense a diversas causas: baby boom postbélico, desenvolvemento económico, inmigración, etc. Provocan unha xeneración abultada ou ensanchamento 20-30 anos máis abaixo (4-5-6 cohortes máis abaixo), cando chegan á idade de casarse e ter fillos: como son máis, o número total dos seus fillos tamén é maior. Para analizar os entrantes e saíntes dunha pirámide, hai que relacionalos cos feitos históricos que tiveron unha incidencia demográfica. 2
  • 3. Tipos de pirámides de idades. 3
  • 5. Comentario. a) Lectura: O gráfico obxecto de comentario é a pirámide de po boación de España correspondente ó ano 1.991. As pirámides representan a estructura da poboación por idade e sexo e permiten visualizar a evolución da mesma, así como a influencia dos distintos factores que inciden na dinámica demográfica (natalidade, mortalidade, avellentamento, movementos migratorios...). Está elaborada a partir dos datos do censo de 1.991 para todo o Estado español e representa as distintintas cohortes en tramos quinquenais por medio de histogramas de barras enfrontadas en función da porcentaxe de cada grupo de idade sobre o total da poboación. b) Comentario da estructura por sexo: Podemos constatar o maior número de nenos fronte ás nenas no tramo 0-14 anos, para comenzar a equipararse a partires dos 15-25 anos. A maior mortalidade masculina explicaría esta equiparación que se concretaría na cohorte dos 30-34 anos. A partir deste momento prodúcese o desequilibrio a favor dos efectivos femininos. Este desequilibrio viría explicado polo estilo de vida máis arriscado, por parte dos homes, que incrementaría a súa mortalidade: accidentes de tráfico, laborais, strés, consumo de alcohol e tabaco; ou pola estructura biolóxica máis feble ca das mulleres. Por estas razóns é maior a esperanza de vida feminina. c) Comentario da estructura por idade: Nesta pirámide a poboación xove representa un 18,5 % (lonxe do 30 % que adoitan ter os países de poboación expansiva, xove e dinámica). A poboación vella supón un 13,8 % (moi por riba do 10 % das poboacións xoves). Estamos, polo tanto, diante do caso dunha poboación avellentada, cunhas taxas de mortalidade e natalidade baixas e un crecemento vexetativo reducido. A gráfica debuxa un perfil tipo bulbo ou furna: cunha base que se está estreitando (natalidade reducíndose), un forte ensanchamento na parte media correspondente á poboación adulta (reflicte a alta natalidade dos anos 1955-75) e un cumio ancho (mostra do aumento da esperanza de vida). A poboación representada podería calificarse como estancada, con tendencias regresivas, na que o relevo xeneracional non está garantido (o número de fillos por muller está moi lonxe dos 2,1 necesarios). Característica típica dos paises desenvo lvidos de Europa entre os que nos atopamos. As causas desta situación son dous axentes demográficos: a disminución da natalidade e o aumento da esperanza de vida durante a década de 1980. A natalidade foise reducindo paulatinamente ata a década de 1970, caéndo vertixino samente a partir de 1975 por mor da crise económica derivada da crise do petróleo. Pero outros factores foron máis efectivos na cída: xeneralización do uso de métodos anticonceptivos, retraso na idade de contraer matrimonio, retraso na aparición do primeiro fillo, incorporación masiva da muller ó traballo, falla de axudas sociais á infancia: subvencións por fillo, guarderías públicas, escaso apoio ás familias numerosas, perspectivas negativas de atopar emprego... A esperanza de vida foi aumentando gracias a desaparición da mortalidade 5
  • 6. catastrófica, aumento do nivel de vida, mellora nas condicións hixiénicas e alimentarias, avances médicos e xeneralización da atención médica á meirande parte da poboación. d) Comentario dos acontecementos histórico-demográficos máis significativos: Na cohorte de 70-74 anos, correspondente ós nacidos entre 1916-20, podemos observar un entrante ou entalladura que reflicte o déficit de nacementos que supuxo a epidemia de gripe española de 1918 e os mortos provocados, directa ou indirectamente, pola Guerra Civil de 1936 e que ademáis coincide coa xeneración pequena que se orixina na Guerra de Cuba. Nas cohortes correspondentes ós 60-70 anos (nacidos entre 1.921 e 1.930) pódese apreciar un lixeiro que se corresponde co mantemento de altas taxas de natalidade nos felices vinte e que, en parte, vese disminuído pola emigración a América por xoves en idade de procrear. Nas cohortes entre 45 e 55 anos (nacidos entre 1.936 e 1.945) pódese apreciar un profundo entrante que se corresponde coa xeneración pequena, comentada no párrafo anterior e que, ademáis, pódese atribuír ó déficit de nacementos provocados pola Guerra Civil e as penurias económicas da postguerra (anos da fame). Dende aquí ata o grupo de 35-40 anos hai un incremento sostido, aínda que non moi grande, debido á emigración á América. Nesta última cohorte podemos apreciar as consecuencias da xeneración pequena que provocan un pequeno entrante na pirámide agravado pola emigración á Europa, consecuencia do paro xerado polo Plano de Estabilización de 1.959 e polo inicio da mecanización a gran escala do campo español. As cohortes que representan a poboación entre 15-20 anos (nacidos ata o quinquenio 1.971-75) representan unha alta natalidade consecuencia do baby-boom. A partir de aquí as taxas de natalidade caen de forma espectacular por razóns xa explicadas. e) Conclusións: Esta pirámide representa unha poboación avellentada, que podería ser no futuro regresiva (reducirse o numero total de habitantes). O avellentamento provocaría dificultades o sistema de pensións, ó reducirse o número de activos en relación ó aumento de pasivos; obrigaría a unha maior inversión pública en asistencia social á Terceira Idade e, ademáis reduciríase o consumo privado ó ser menor a capacidade de consumo das clases pasivas. 6