SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 20
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Colección doc umental .                              Capítulo XI                                     1º de Bacharelato.



                          O período de entreguerras. (1919-1939)


As consecuencias da Gran Guerra.                                     Desequelibrios na estructura ec onómica.
A. O endebedamento europeo cos E.U.


                                       Débedas europeas no ano 1919
                                                   (en millóns de dólares)

                          Países:                                                    Cantidades:

 Inglaterra                                                                             4.600
 Fran cia                                                                               4.025
 Italia                                                                                 2.040
 Bélxica                                                                                 420
 Polonia                                                                                 180
 Chec oslova quia                                                                        115
 Iugo slavia                                                                             65
 Rom anía                                                                                45
 TOTAL                                                                                  11.490


B. O control das reservas de ouro.


                                  Reservas de ouro dos bancos centrais
                                                   (En millóns de dólares)

 Paises                1913                1918            1923              1928             1933           1938

 Alemania               279                 539             111               650           92                 17
 E.U.A.                1.290               2.658           3.834             3.746         4.012             8.609
 Francia                679                 664             710              1.254         3.022             1.529
 Reino Unido            165                 521             746               748           928              1.587


C. A caída dos prezos agrarios.
            “Os traballadores dos campos, os propietarios das pequenas granxas, vixían e calculan. O ano será bó.
Están orgullosos porque a colleita é abundante gracias a eles. O seu xeito de facer transformou o mundo; así,
o trigo curto e ruín convértese en longo e productivo (...). As súas cresixas maduran antes. Un centavo centavo
e medio a libra. Non se poden coller a ese precio (...). Despois tócalles ás am eixas vermellas alcanzar o sabor
doce. Bo sangue; non se poden coller, porque non hai medio de pagar os salarios, por baixos que sexan. As
ameixas vermellas tapizan o chan.
         Os pequenos granxeiros vían medrar as débedas e, tralas débedas, o espectro da creba. Coidan os
frutais, máis non vendían a colleita; podábanos e enxertábanos, e non podían rrecoller os froitos (...). Ó ano
seguinte, a pequena granxa era absorbida por unha Grande Compañía, porque o granxeiro, afogado polas
débedas, tería que abandonala. Este viñedo pertencía a un banco. Só poden spbrevivir os grandes propietarios
porque posúen ó mesmo tempo as fábricas de conservas e, catro peras, peladas, cortadas ó medio, cocidas e
embotelladas, sempre custan 15 centavos. E as peras en conserva non se derraman. Duran anos.”
(STEIN BECK , John: Las uvas de la ira.)




                                                             1 81
D. O aumento das taxas de paro.


  Gráfico A




  Gráfico B




                                  1 82
E. Cambios nas relacións económ icas entre Europa e América.
         “Antes da guerra, o hábito do aforro era a condición necesaria do factor exterior máis impo rtant e para
o equilibrio de Europa.
        Unha parte importante dos capitais acu mulados por Europa era exportada a países distantes. Tales
investimentos contribuían ó desenvolvem ento dos novos recursos de productos alimentic ios, de materias primas
e de transportes. Ó vello mundo permití nalle tamén reclamar unha parte das riquezas naturais e das forzas
ocultas e intactas do novo...
         Pesie a isto, o equilibrio entre as civilizacións antigas e os novos recursos es taba ameazado desde
antes da guerra. En efecto a prosperidade de Europa baseábase nos feitos seguintes: en primeiro lugar, en
razón do grande excedente de materias alimenticias americanas obxecto de exportación, Europa podía
abastecerse a baixo prezo... En segundo lugar, como consecuencia dos investimentos anteriores tiña dereito
a unha suma importante, sen ter que pagar nada a cambio. O segundo destes factores parecía fora de perigo,
pero o primeiro víase ameazado polo crecemento da poboación de ultramar, e principalmente dos Estados
Unidos....”
( K E Y N E S , J.M.: Les conséquences économiques de la paix, Ed. NRF, Pa rís, 1920, paxs . 29-32. En: VILL ARE S, R. e outro s. Obra
citada. Paxs. 174-175)



F. Problemas de inflacc ión monetaria.


                                                    Evolución do cambio do dólar en marcos alemáns

  Xaneiro de 1922                                                                                      191,8

  Xaneiro de 1923                                                                                      17.792

  Xullo de 1923                                                                                        353.410

  Agosto de 1923                                                                                       4.620.455

  Setembro de 1923                                                                                     98.860.000

  Outubro de 1923                                                                                      25.260.208.000

  Novembro de 1923                                                                                     4.200.000.000.000
Fonte: elaboración pr opia con datos de: Historia do mundocontemporaneo. E d . R o d e ir a - e de b e . A C or u ñ a , 2 0 0 2 . P a x . 1 8 8 .



G. Desequi librio comercial entre Os Estados Unidos e Europa



           Déficit comercial de Europa cos Estados Unidos,
                              1901-1929
                                                                                (Millóns de dólares)

                                        1901-1905                                                                                                553

                                        1910-1914                                                                                                514

                                        1921-1925                                                                                               1268

                                       1926-1929                                                                                                4195
Fonte: FAL KUS, M.E.: U n i t e d S t a t e s E co n ó m i c P o l ic y a n d th e D o l la r G a p . En: E c o n om i c H is t o r y R e v i ew .




Os anos de prosperidade. (1924-1929)                                                                                  Unha prosperidade relativa e ilusoria.

                                                                                                1 83
H. A venda a prazos e a capacidade de consumo.



     Porcentaxe de bens comprados a prazos no 1929 en EE.UU.
                                              (Billóns de dólares)

         % das ventas                                   Obxectos comprados a prazos

               90                     Das máquinas de coser e lavar

               80                     Dos aparellos de radio e neveiras

               70                     De todo o mobiliario caseiro

               60                     Dos automóbiles

I. A venda a prazos estimula o consumismo.
        Ademáis dos métodos de producc ión en masa, adoptados c ada vez máis nas fábricas, mo itos bens de
consumo estandarizados en calidade, prezo e presentación, enchían os múltiples grnads almacens e, sobre todo,
os da cadea Woolworth. Mediante compras en masa, pequenas marxes de beneficio e rápida venda, Wolworth
puido convencer á ama de casa obreira das vantaxes económicas da producción masiva barata. A introducción
do sistema da venda a prazos fixo posible que os modestos asalariados mercasen bens máis custosos coma
mobles, máquinas de coser, bicicletas, aspiradoras, neveiras...”
(GRUPO LLAVORS: Hª do Mundo Contemporáneo, Mestral, Valencia, 1987, pax. 422)



J. O “American way of life”




      Ilustración titulada “A hora do golf”



                                                       1 84
K. A racionalización e o aumento da producción nos EE.UU.
       “En 1922, Henry Ford vendía trece millóns tresc entas vinte mil duas centas nove latas de sardiñas; era
o home máis rico do mundo...
          Cheg ara a gran properidade do automóbil. Na Ford, a producción mellorábase cada día: menos perdas,
máis vixiante s (quince m inutos para co mer, tres para ir aos labavos); Por todas partes a aceleración taylorista:
agáchese, axuste a barra, enrosque a rosca, meta a variña,Agáchese -axuste-a-barra-enrosque-a-rosca-meta-a-
variña Agáchese, axuste a barra, enrosque a rosca, meta a variña, ata que a derradeira parcela da vida sexa
aspirada pola producción e os obreiros regresen ás súas casas pola tarde, trementes, lívidos e completamente
valeiros.
         Ford era o dono de todo desde o minuto en que se extraía o mineral dos outeiros ata o instante en que
o coche chegab a ao final da cadea e se poñía en marcha polos seus propios medios; as súas fábricas foron
racionalizadas ata o milímetro... En 1926 o ciclo da producción desde a extracción do mineral ata que o
automóbil deixaba a cadea, disposto para a venda, foi reducido a 81 horas.”
(DOS PASS OS, J.: O gran diñeiro. 1936. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax. 238)


L. A publicidade e a estensión do consumo.




                                                       1 85
LL. A exportación de formas de oc io americano como modelo a adoptar en Europa.




M. A aparición da moda como industria rendible económicamente.




                                          A moda feminina nun cartel publicitario de 1920.




                                                  1 86
A crise das democracias.                                               Estados liberais e Estados totalit arios.

N. A crise ideolóxic a.
        “Non foi senón des pois da guerra cando as dictaduras irrumpiron en Europa, dictaduras que diferían
nas orixes e nos propósitos reais ou xactanciosos, pero que tiñan en común e a necisad e de i mpoñ er o
despotismo máis absoluto sobre todas as formas da vida nacional (...)
         Catro anos de guerra ensinaron ós supervivíntes -ou polo menos a moitos deles- que a violencia era un
deber, incluso no campo moral, que a máis cega obediencia era unha virtude naci onal, incluso nas m aneiras do
espíritu. A disc iplina militar, pasiva e inmediata, non foi máis ca un xogo en comparación c oa sumisión , brutal
e ebria ó mesmo tempo, que se lle esixiu con relación ás teorías máis falsas e artificiais, que causaron estragos
en todos os países belixerantes, e que o patriotismo consagrou como verdades de evanxeo (...)
        Realmente, debaixo da pomposa solemnidade da divinización do Estado non era dificil descubrir
algunhas pasións e egoís mos que certam ente, es tiveran existindo durante séculos, pero que nunca se
combinaron cinicamente coma agora (...). Estas pasións son:
        - A revancha ofensiva das autocracias contra as democracias, debaixo dunha forma violenta que é o
efecto dos hábit os da guerra.
         - A loita incitada polos industriais e grandes terratenientes aparentemente contra o perigo bolxevique,
en realidade contra toda forma de movemento socialista (...).
        - E, finalme nte, aínd a que de me nor importanci a, polo menos fora de Alemania, o movemento
antisemita, do que se ten albiscado a súa aparición, por tras da dictadura, incluso en países (...) sempre exentos
del, como Italia (...).
         Estivo máis o menos de moda estes derradeiros anos (...) falar da democracia co mo unha forma de
goberno das máis vulgares e mediocres, m entras que as dictaduras serían o réxime onde os mellores ob tiveran
a súa fortuna ó abrigo da cega sorte das furnas. Cando os dictadores apelan ás pasi óns populares, é case s empre
ás pasións máis perigosas ás que eles recorren, aínda que só sexa por que se atopan obrigados a espertar os
sentimentos de guerra, de nacionalismo furioso. En efecto, as dictaduras non poden permanecer e prosperar
máis que nunh a atmósfera de guerra.
        Poderíase case dicir que esta excitación das pasións nacionalistas entre as masas constitúe a
característica esencial e común das dictaduras de postguerra, Stalin incluído a pesar do seu evanxeo
internacionalista.”
(Conde CA RLO S FORZ A: Dictateurs et dictatures d’ après guerre. París, Gallimard. 1931)



O. As preocupacións da burguesía e as crases medias.
         “A economía precisa dun desenvolvement o sano e progresivo. Os nume rosos partidos politicos loi taban
entre eles no medio da anarquía (.. .). Nós, os da firma Krupp, non somos idealistas, senón realistas. Tiñamos a
impresión de que Hitler nos daría a posibilidade dun desenvolvemento sano. Polo demáis, fíxoo.
         Nos comenzos, votaramos polo partido populista, pero os conservadores non podían gobernar o país:
eran demasiado fébles. Nesta loita implac able pola subsistencia e o poder, precisabamos ser conducidos por
unha mán forte e dura. A de Hitler érao. Despois dos anos pasados baixo a súa conducción, sentiámonos moi
a gusto. Queriamos un sistema que funcionara ben e que nos dera os medios para traballar tranquilamente.
        Xa teño dito que iñoraba todo sobre o exterminio dos xudeos, e teño engadido: “Cando se merca un
bó cabalo, non se rrepara nalgúns defectos.”
(A. KRUPP : Deposición perante o tribunal de Nuremberg (1945-46)



P. Os problemas das democracias occidentais. Crise de identidade.
        “É natural que se faga responsable ó réxime das miserias e das inquietudes crecentes da época. Non
importa, houbo un pouco de todo isto. Pero todos estes elementos combinados non abondarían. Fixo falla unha
campaña de prensa metódica e tenaz, da que fomos testemuñas, para sobreexcitar todos eses sentimentos
confusos. Fixo falla un plano premeditado para explotar e dirixir cara un obxectivo que desco ñecen estas



                                                           1 87
pasións populares. É iso, señores, o que se fixo. Lanzóuse a unha multitude ó asalto das institucións
republicanas. A continuación arrastróuselles con algunhas seccións de asalto ben seleccionadas, que sabían ben
o que facían. Quíxose facer da multitude o instrumento e o cómplice sumiso, inconsciente, dun golpe de mán
fascista. Esta non era a vontade das masas. Era o desprestixio concertado das organizacións que a encadraban,
que a guiaban e que deran a orde de marcha.”
(BLUM, L.: “Le go uvern eme nt du b loc nat ional et le fasc isme .” Le Populaire, 16 de febreiro de 1934)



Q. Os problemas das democracias occidentais. Incapacidade e inestabilidade políticas.
          “Tanto no interior coma no exterior, o goberno non terá máis que un obxectivo: proporcionar a este
país, no traballo e co progreso, a paz que mereceu... Non permitiremos que se recorten as vantaxes adquiridas
polo mundo do trab allo. Manteremos a lei de oito horas... Pero o axente esencial da producción, obreiro ou
campesiño, ten dereito a estar protexido contra o desemprego e a enfermidade, a vellez e a invalidez.
Queremos levar adiante os seguros sociais... Non é posible concebir a liberación dos traballadores sen o
desenvolvemento da instrucción. Suprimiremos os decretos que tendan a privar da cultura ós nenos... Un réxime
democrático debe ofrecer o exemplo da orde a da boa administración.”
(HERRIOT, E.:Debats parlamentaires, Chambre des députés. Discurso presentado a politica do novo goberno, o 17 de xuño de
1924. Citado por: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ O TERO, A. Obra citada. Pax. 151)



R. Os problemas das dem ocracias occiden tais. Mal funcionament o do sistema.
         “Contrariamente a unha opinión moi es tendida, a crise da democracia parlamentaria non tivo a súa orixe
na guerra do 14. Certamente a guerra non foi favorable para o réxime, aínda que exteriormente contribuíse a
asegurar o seu triunfo sobre as monarquías de Europa central. Económica, política, militarmente, a dirección
dunha guerra esixe o adormecemento das institucións parlamenterias, incapaces de garantir as condicións
indispensables de rapidez, eficacia e segredo. Aínda máis profundamente, o concepto mesmo de guerra, que
leva consigo a sub misión do m áis feble por medios de imposición, oponse ós principio propios da democracia
parlamentaria, que garanten o respecto da minoría e a súa libre expresión...
          O funcionamento regular do sistema parlamenterio parece un elemento da “ante-guerra”, a crise da
democracia un elemento da “posguerra”; en realidade, acrise comezará dende o principio do século, segundo se
ía producindo a entrada das masas populares na vida política, que transformaba completamente a
infraestructura do réxime. Outros factores de crise engádense a este, xerais ou nacionais, pero respecto a
aquel, a importancia dos demáis aparece como secundaria.”
( D U V E R G E R, M.: La democracie parlamentaire. En: L’ Europe du XIX et du XX siècle. Problèmes et interprettións historiques.
Milan, 19 64. Cit ado p or: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍA Z OT ERO , A. Ob ra cit ada. Pa x. 151.)


O fascismo italiano.                                                            Unha alternativa á crise democ rática.
S. As orixes do fascis mo. Manifesto futurist a.
          “2. O coraxe, a audacia, a revolta, serán os elemen tos esenci ais da nosa poesía.
         3. A literatura exaltou, ata agora, a inmovilidade do pensamento. Nós queremos exaltar o movemento
agresivo, o insomnio febril, osalto mortal, o puñetazo.
         7. Nada hai máis fermoso ca loita. Ningunha obra é maxistral se está desprovista de agresividade. A
poesía debe estar concebida como un asalto violento contra as forzas coñecidas.
        9. Qu eremos glorifi car a guerra, auténtica hixiene do mundo, o militarismo, o patriotismo, o xesto
destructor dos lib ertari os, as fermos as id eas polas que s e morre e o despre zo da m uller.
        11. Nós cantaremos ás grandes multitudes axitadas polo traballo, polo pracer ou a revolta; cantaremos
ás marchas multicolores e polifónicas das revolucións nas capitais modernas; cantaremos ó vibrante fervor
nocturno dos arsenais, dos asteleiros incendiados (...).
          Dende Italia lanzamos ó mundo este manifesto noso de violencia arrolladora e incendiaria, co que
fundamos hoxe o futurismo, porque queremos liberar a este país da súa fétida gangrena de profesores, de
arqueólogos e de anticuarios.
(MARINETTI, F.T.: Manifiesto futurista, 20 de febreiro de 1909)



                                                                  1 88
T. A doutrina. O Estado to talitario fascista.
         “Sendo antiindividualista, o sistema de vida fascista pon de relevo a importancia do Estado e recoñece
ó individuo só na medida en que os seus intereses coíncidan cos do Estado. Oponse ó liberalismo clásico que
xurdíu como reacción ó absolutismo e esgotou a súa función histórica cando o Estado se converteu na expresión
da conciencia e da vontade do pobo. O liberalismo negou ó Estado en nome do individuo; o fascismo reafirma
os dereitos do Estado como expresión da verdadeira esencia do individual. A conc epción fascis ta do Estado
abárcao todo; fora del non poden existir, e menos aínda valer, valores humanos e espirituais. Entendido desta
maneira, o fascismo é totalitarismo, e o Es tado fascista, com o síntese e un idade que inclúe tódolos valores,
interpreta, desenvolve e outorga poder adicional á vida enteira dun pobo(...).
         O fascismo, en suma, non é só un lexislador e fundador de institucións, senón un educador e un
promotor da vida espiritu al. Non intenta simplemente remodelar as formas de vida, senón tamén o seu contido,
o seu caracter e a súa fe. Para lograr ese propósito impón a disciplin a e fai uso da súa autoridade, impregnando
a mente e rexendo con imperio indiscutible(...)”
(MUSSOLINI, B.: A doutrina do fascismo. 1932)



U. A doutrina. A violenc ia fascista.
        “A expedición de castigo parte, pois, case sempre, dun centro urbano e difúndese polo campo
circundante. Montados en camións e armados, (...) os cami sas negras diríxense ó lugar fixado como m eta da súa
expedición.
        Unha vez alí, empezan golpeando con bastóns a todos os que atopan polas rúas e que non se descub ran
ó paso dos bandeiríns ou que leven unha garabata, un pañuelo ou unha blusa de cor vermella (...).
         Diríxense logo (...) ó Sindicato, á Cooperativa ou á Casa do Pobo; derruban as portas, arroxan á rúa
mobiliario, libros, mercadurías e rocíano todo con gasolina, minutos despois todo está ardendo. A todos aqueles
que atopan no local, golpéanos salvaxemente ou asasínanos.”
(TASC A, A.:O nace mento d o fascism o. Ed. Ariel. Barce lona. 1969)



V. A doutrina. Rexei tamento do liberalism o e a democracia.
         “O fascismo rexeita as ideoloxías democ ráticas, tanto nas súas premisas teóricas com a nas súas
aplicacións prácticas. O fascismo nega que o número, polo único feito de ser número, poida dirixir a sociedade
humana; nega que este núm ero poida gobernar, por medio dunha consulta períodic a; afirma a desigualdade
irremediable, fecunda e benéfica dos homes, que non poden nivelarse, por un feito mecánico e extrínseco como
sufraxio universal... O fascismo rexeita, n a democracia, a absurda mentira convencio nal da igualdade política,
o espírito de irresponsabilidade colectiva e o mito da felicidade e do progreso indefinido. Pero, se a democracia
pode ser interpretada de xeito diferente, é dicir, se a democracia signific a non colocar ao poboa á marxe do
Estado, o fascismo pode s er definido por quen escribe es tas liñas como un ha “democracia organizada,
centralizada, autoritaria.”
(MUSSOLINI, B.: A doutrina do fascismo. 1932.. E n : A L F E I R A N RO D R I G U E Z , X . e R O ME R O M A S I Á , A . Obra citada. Pax. 261)



W. O fascismo. O sistema corporativo.
        ”¡Camisas negras de Milán, camaradas obreiros!. Hai cinco anos as columnas dun templo que parecía
desafiar ós séculos viñéronse abaixo. ¿Que había baixo as súas ruínas? O final dun período da historia
contemporánea, a fin da eco nomía liberal e capitalista.
        ... Ante este ocas o constatado e irrevocable, aparecen dúas solucións. A primeira sería estatificar toda
a economía da Nación. Nós rexeitámola porque non queremos multiplicar por dez o número de empregados do
Estado. Por lóxica imponse outra, es ta é o corporativismo, englobando ós elementos productores da Nación,
e cando digo productores refírome non só ós industriais, senón tamén ós obreiros. O fascismo estableceu a
igualdade de todos diante do traballo. A diferenci a, únicamente existe na escala das diferentes
responsabilidades.
         Xa dixen que o obx ectivo do réxi me c orporativo era a realización dunha máis alta xu stiza social para
o pobo italiano... ¿Que significa “a máis alta xustiza social”? Significa: traballo garantido, salarios adecuados,


                                                                     1 89
nivel de vida conveniente...
        As masas obreiras italianas, den de 1929, achegaronse á revolución fascista... Se o século pasado foi
o do dominio total do capital, este é o século do dominio e gloria do traballo...”
(MUSS OLINI ,B. : Discurso en Milán. 1934. En:ALFEIRAN RODRIGUEZ, X. e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax.154)


A crise de 1929.                                                              Crise global do capitalismo.
X. A evolución dos índices macroeconómicos.
        Gráfico A.


                        Gráfico da crise industrial mundial. 1929-39




        Gráfico B.

                               Evolución do comercio mundial. 1915-38




                                                      1 90
Gráfico C.


                                               O paro mundial. 1925-39




      ( Fonte dos gráficos da série: BA LBOA LÓ PEZ, X. e outr os: Historia do mundo contemporáneo. Síntese e docume ntos. Ed. Xerais, Vigo,
      1 9 9 4 . P x s . 11 6 - 11 7 )


Y. O crac de Wall Street.
        Gráfico A.


                                                       A febre bolsista




                                                                   1 91
Gráfico B.



                                                     O crac de 1929




       Fonte: Historia do mundo contemporáneo. Ed. Santillana.


Z. A especulación como un dos factores da crise.
         “Jones tiña en 1921 2.000 dólares aforrados. Como non sabía que facer con eles, mercou accións da
RCA e da Goodyear a prezos de entre dous e cinco dólares a acción. No 1924 felicitouse do seu enxeño. As
accións sub iran e valían dez mil $. Mult iplicara por ci nco o seu capi tal. Animado , dec idiu non vende r e tratar
de comprar outro paquete de accións . Non tiña cartos, máis depositando as súas accións como garantía, puido
obter un crédito de 6.000 dólares e así volvía mercar accións en bolsa. No 1927 os títulos valían 36.000$.
Confiado no devir, decide non vender máis que o imprescindible para pagar os intereses do crédito. Tampouco
aforra nin un dólar, xa que as subas da bolsa enriquéc eno día a día.
         Decide mercar un coche e unha casa boa, a prazos ambos e cunha hipoteca sobre a casa. Tamén segue
cos investimentos, sempre a crédito. Acepta cantas ampliacións se lle ofrecen. No 1928 posúe un capital en
accións de 136.000$, pero como dan pouco beneficio, ten que botar man do soldo para amortizar as cargas
financeiras que cada vez soben máis. Impón unha drástica reducción de gastos. ¿Vender accións? Só como
último recurso. Son un valor seguro e en alza. Ó comezar 1929 posúe xa 285.000, pero precisa diñeiro en
efectivo urxentemente. As letras do coche, os prazos da hipotece e os intereses dos préstamos comen os
ingresos. Hai que vender accións. Máis tódolos Jones do país fan o mesmo.
         Os grandes especuladores hai tempo que se puxeron a salvo. Nun mes, as accións de Jones valen só
39.000. O seu capital en títulos non cobre o que debe, e innumerables Jones vense apremados polos vendedores
de coches, prestamistas e banqueiros. Hai que vender o coche, a casa e parte das accións. Perde diñeiro en
tódalas vendas, máis confia en que o resto das accións volvan subir. En 1930 non valen nada. No mesmo ano
perde o emprego por efectos da crise.


                                                                 1 92
Esta é a historia de Jones; de feito , a do pobo americano. Nela ilustranse tódolos compoñentes dunha
crise. A especulación en bolsa -o índice de cotización pasou de 79, en 1921, a 448, 1929-. Os préstamos para
a especulación, de 77 millóns de dólares, a 6.800 no m esm o perí odo. As compras de Jones representan o
desenfreo consumista, atizado pola necesidade de dar saída ó exceso de producción. É a prosperidade baseada
no crédito e non na solidez económica.”
( L E Z C A N O , J.: Artigo no El País , sábado 16 de abr il de 198 3. E n: BALB OA LÓ PEZ, X. e ou tros: Historia do mundo
contemporáneo. Síntese e documentos. Ed. Xerais, Vigo, 1994.Paxs. 115-116)


Z. 1. As consecuencias da crise. O paro.
         “Había milleiros de persoas sen traballo en Oklaho ma City. Íanse poñe ndo á fila da sopa gratuita, e a
comida era limpa e deliciosa. Eran moitisimos, brancos e negros, porque había tantos parados negros coma
brancos que perderon todo o que deran acumulado des de a súa mocidade. Is o foi unha realidade. Lembro avarias
familias que se viron na ob riga de marchar en carromatos, coido que a California.
         Decátese: 1929 foi o ano do auxe do petróleo e a xente viña de todas partes. Un par de anos despois,
aquelas persoas estaban vivindo en tendas de campaña ou en casas feitas de cartón e vellos anacos metálicos,
ou de calquera cousa que pui desen atopar para dar feito unha parede. Coñecín a unha familia aquí, en Oklahoma
City, un hom e, unha m uller e máis sete raparigos, que vivían nun buraco no chan. Vostede abraiaríase do ben
apañado que o tiñan todo.
        O meu home es taba moi enfadado, por dicilo dun xeito suave. Era un home intelixente e non podía
entender porque nun país rico coma este podía haber tanta xente morrendo de fame, cando tantas cousas, trigo
e tantas máis, se guindaban ó mar. Hai moitas escusas, pero el buscaba unha razón.
(Mary OWSLEY, residente en Oklahoma City entre 1929 e 1936. En: ARÓSTE GUI SÁNCH EZ, J. e outros: Obra citada. Pax.161)



Z. 2. As consecuencias da crise. A fame




 Cola de parados en espera dun reparto de alimentos en Cleveland, EE.UU. En 1929.



As solucións á crise.                                                            F. D. Roosevelt e o New Deal.


                                                            1 93
Z. 3. Os protagonistas das medidas para a solución.




O presidente Franklin Delano Roosevelt (1882-1945)              O economista John Maynard Keynes (1883-1946)


Z. 4. O New Deal americano.
          “(...) A nos a tarefa prioritaria é facer que a xente volva a traballar. Isto pódese conseguir mediante
un recrutame nto directo por parte do goberno. (...) Nós podem os facilita-la realización deste obxec tivo
aumentando o prezo dos productos agrícolas, e con estes a capacidade adquisitiva dos agricultores. Podemos
facilitalo insistindo para que o goberno federal, o dos Estados e mailos dos gobernos locais se poñan a traballar
de contado para reducir dunha forma draconiana os seus custos de funcionamento. Podemos facilitalo
unificando as axudas ás vic timas da crise. (. ..) Podemos facilitalo planificando e supe rvisando a nivel nacional
tódalas formas de transporte, de comunicacións e de servicios que teñen claramente un carácter de interese
público (...).
         Finalmente, no no so camiñ o cara a plena ocupación, precisaremo s levar a cabo tres medidas des tinadas
a previr un rretorno ós malos tempos pasados: terá que haber unha estricta vixilancia de todas as actividades
bancarias, financeiras e de investimentos; haberá que limita-las actividades dos que especulan cos cartos dos
demáis; haberá que asegurarse de que a nosa divisa sexa a un tempo axeitada e saneada. (...)
       As nosas relacións comerciais internacionais, aínda que teñan moita importancia, son, hoxe,
secundarias respecto da necesidade de establecer unha politica nacional saneada (...)”
(ROOSEVELT. F.D.: Primeiro discurso de inauguración. 4 de marzo de 1933)



Z. 5. A opos ición ó Ne w Deal.
         “Os dirixentes empresariais crían sinceramente que o goberno estaba en mans do diaño. Que estaba
en mans dunha mafia organizada que fomentaba o conflicto de clases, favorecendo ós pobres, e preparando o
camiño cara ó socialismo, ó c omunismo ou a calquera outra variedade de antiamericanismo... Chamando a
aten ción sob re os demos da burocracia e das forzas do odio que estaban destruíndo o sistema americano, os
dirixentes empresariais a miudo recorreron a hipérboles melodramáticas que deixaban ós oíntes confundidos
e molestos. As opinións qu e vían o final da civilización en cada acto do New Deal non foron tan infrecuentes
como deberían ter sido. Un dos que o viron con alarma sinalou: “debemos remontarnos moitos séculos, ata os
días dos autócratas absolutos, para atopar tanto poder en mans dun ser humano falible”. Para outro, o New Deal



                                                         1 94
“seméllase máis a unha dictadura fascista ou comunista dos Estados de Europa que ó sistema americano”.
Comentando a Social Security Act, a publicación dunha organización de comerciantes pontificou que “a caída
do Imperio Romano” se iniciou con leis coma esa.”
( K R O S S , H. E.: Executive opinión. What Business leaders said and thought, 1920-1960. 1970. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.
e outros. Obra citada. Pax. 165)


Z. 6. As solucións keynesianas.




A Alemaña nazi                                                                                Hitler sube ó poder.
Z. 7. O antiparlamentarismo.
         “Somos un partido antiparlamentario, que rexeitamos con bos fundame ntos a Constitu ción de Weimar
e as institucións republicanas por ela creadas; somos inimigo s dunha democracia falsifi cada, que inclúe nas
mesmas listas os intelixentes e os pailáns, os aplicados e os preguiceiros; vemos no actual sistema de maioría
de votos e na organizada irresponsabilidade, a cau sa principal da nosa crecente ruína.
          ¿Que imos facer, daquela, no Reichstag?
         Imos ó Reichstag para procurarnos armas no mesmo arsenal da demo cracia. F acém onos deputados para
enfe blec er e eliminar a teoría de Weimar, mesmo co seu apoio. Se a democracia é tan parva que nos facilita
dietas e pases de libre circulación para este traballo, é cousa súa... Tamén Mussolini foi ó Parlamento. E aínda
así, non tardou moito en avanzar coas súas camisas negras sobre Roma.”
(GOE BBE LS, J .: Artig o no xor nal De r Ang riff, 1 928.)



Z. 8. O xefe único.
        “Non debe haber decisión da maioría, senón únicamente persoas responsables (... ). Dende logo, todo
home terá conselleiros ó seu lado, pero a decisión será tomada por un só home (... ) só e l pode posu ír a
autoridade e o dereito para mandar (...). Non será posible pasar sen o Parlamento. Pero os seus conselleiros
darán verdadeiramente consellos (. ..). En ningu nha cámara debe levarse a cabo votación ningunha. Son


                                                              1 95
institucións de traballo e non máquinas de votar.”
(HITLER, A.: Citado por William Shirer, Auge y caída del Tercer Reich, Barcelona, Luís de Caralt, 1967)



Z. 9. A concepc ión racista.
         “Se dividimos a raza humana en tres categorías -fundadores, conservadores e destructores da cultura-,
só a estir`pe aria podería ser considerada como representante da primeira categoría (...).
          Para que se de senvolvese unha c ultura superior, foi necesario que existisen individuos de inferior
civilización, pois ninguén, senón es tes podían su bst ituí r o ins trumento técnico sen o cal o prog reso era
inconcebible (...)
        Non foi senón des pois de que as razas conq uistadas quedaron reducidas á escravitude, cando o mu ndo
animal correu idéntica sorte; o contrario non foi nunca o caso, c omo moitos poderían desexar crer. Porque o
primeiro en tirar do arado foi o escravo e despois veu o cabaleiro. Ninguen que non sexa un necio pacifista
podería contemplar este feito como unha proba máis da humana depravación; os demáis deben comprender
claramente que este proceso t ivo lugar para que chegásemos a unha situación que permite a semellantes
apóstolos difundir a súa estúpida charla polo mundo.
(HITLER, A.: Mein Kampf. En Bustinza-Ribas, pax. 305)



Z. 10. A organización económica do nazismo.

O 26 de novembro de 1.936, a Administraci0ón do III Reich decretou a conxelación no nivel existente o 17
de outubro dese mesmo ano, de todos os prezos "administrados" ou libres, existe ntes en Alemaña. Dita medida
non era máis que o colofón do proceso de "domesti cación de prezos" que viña s ufrindo Alemaña desde a cheg ada
ao poder dos nazis case catro anos antes.

A Zwangswirtschaft ou economía de compulsión nazi acabaría pasando á historia pola súa sist emática e
elaborada natureza, así como polas draconianas medidas que acompañaron a súa aplicación. Nunca antes e
quizais tampouco nunca despois, vira o mundo algo similar. A explicación seguramente se atopa no feito de que
para os nacionalsocialistas o control dos prezos non tiña a consideración dunha medida coyuntural, senón que
estaba enraizada no seu proxecto político totalitario e belicista. Como confesaba Herman Goering, o principal
administrador da Zwangswirtschaft xunto a Hjalmar Schacht e Walter Funk, en 1946 a un correspondente
ameri cano : "Controlar os prezos e salarios , im plic a non só contro lar o traballo da xente, senón tam én as súas
propias vidas. Ningún país pode conformarse só con facer parte do traballo."

En efecto, Hitler valeuse da economía de compulsión para construír a economía de guerra que constituía o
núcleo central do seu programa. A enorme cantidade de recursos q ue os nazis nece sitaban vampirizar da
economía alemna, ía ser obtida mediante o vellísimo procedemento de imprimir papel moeda para o goberno en
grandes cantidades. Ata a xente pouco versada en economí a sabe que ditas práctic as producen a subida
xeneralizada dos prezos, polo desaxuste entre unha demanda incrementada e unha oferta constreñida por
limitacións de natureza máis poderosa que a dispoñibilidade de tinta papel e selo.

Os nazis tiñan abofé que trala experiencia da hiperinflaci ón alemana do 23, coa xente especialmente
sensibilizada aos incrementos de prezos, estas prácticas inflacionistas podían significar unha crecente
impopularidade. É por iso que Schacht comeza a establecer sucesivamente prezos máximos sobre aqueles
artigos que van véndose afectados pola inflación. Unha vez que o goberno embárcase en controlar prezos, o
proceso de compulsión xa non se detén. A combinació n de m áis d iñeiro nas mans do goberno e do púúblico, cos
prezos invariables tipificados para algúns produtos, fai que a oferta xa non poida satisfacer a todos aqueles
que están dispostos a pagar o prezo que se pide. Aparecen así sucesivame nte as colas, os desabastecimientos,
a acumulación por parte dos consumidores de calquera produto que teñen a sorte de atopar nas tendas, téñase
ou non necesidade perentoria del e finalmente o racionamiento. O economista francés Jacques Rueff relataba
cunha anécdota como funcionaba a política económica alemana: "Durante a miña visita a Schacht comuni cáronlle
que xa non era posib le atopar bañeiras en ningunha tenda. Ben, dixo Schacht, mañá publicaremos no Boletín
Oficial o seu racionamiento."
(DEL CASTILLO, J. I. : La economía de compulsión de la Alemania nazi. En: www.liberalismo.org. 1-III-2006)



                                                           1 96
Z. 11. O holocausto. Os campos de exterminio nazis




Fonte: es.wikipedia.org.




Z. 12. A suspensión das garantías constitucionales.

        “Sob re a base do artículo 48, párrafo 2, da Constitución do Reich, decre tamo s para a defensa c ontra
os actos de violencia perigosos para o Estado, o que sigue:

         1º. Os artículos 114, 115, 117, 118, 123, 124, e 153 da Constitución do Reich quedan suspendidos ata
nova orde. Por consiguiente, están autorizadas, incluso máis aló dos límites habitualmente fixados pola lei, as
restriccións á liberdade indi vidual, o dereito da libre expresión das opinións , así como a libe rdade de prensa,
o dereito de reunión e de manifestación, as violacións do segredo de co rrespondencia, do telegrafo e do
teléfono; as ordes de rexistro e requisa, asi como as restriccións á propiedade.

        2º. Se nun land, as medidas necesari as para restablecer a seguridade e a orde pública non son tomadas,
o Goberno do Reich pode encargarse a título provisional dos poderes da autoridade suprema do land.

         3º. As autoridades dos Länder e das comunas deben levar a efecto, no marco das súas atribucións, as
disposicións adoptadas polo goberno do Reich.

        4º. ... Calquera que contraveña o párrafo 1, poña en perigo vidas humanas, será merecente de traballos
forzados -con circunstancias atenuantes a un mínimo de seis meses de detención- . Se a infracción provocou



                                                       1 97
a morte dun h ome , se rá me recent e da morte -c on circunstancias atenuantes a un mí nimo de dous anos de
traballos forzados-, ademais pode procederse igualmente á confiscación dos bens...

        5º. Serán merecentes da pena de morte os delitos que o Código Penal cas tiga a traballos forzados nos
párrafos 81 (alta traición ), 229 (ten tativa de enve lenamento ), 307 (inc endio voluntario), 311 (destrucción
mediante explosivos..., 315 (sabotaxes á vía férrea)...”

(Decreto para a protección do Pobo e do Estado do 28 de feb reiro de 1933 .En: La documentatión Photogrphique. Dossier nº
5.325, París, maio de 1972)



Z.13. O expansionismo nazi.


                     Anexións territoriais alemanas entre 1936 e 1939




      FONTE: FERNANDEZ, A. Obra citada, pax. 373.


Z. 14. A de nuncia c ontra o réxime de Hitler.




                                                                    Fotogram a da pelicula: La cara del Führer. 1 9 4 1




                                                          1 98
Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática.

1. As uvas da ira. EE. UU. 1940. Dir. John Ford. Xénero: drama social. Duración: 129 m.
2. Caballero sen espada. EE. UU. 1939. Dir. Frank Capra. Xénero: Drama. Duración: 129 m.
3. Esplendor na herba. EE. UU. 1961. Dir. Elia Kazan. Xénero: drama romántico. Duración: 124 m.
4. Furia. EE. UU. 1936. Dir. Fritz Lang. Xénero: drama. Duración: 94 m.
5. Mata r un reiseñor. EE. UU. 1962. Dir. Robert Mulligan. Xénero: drama racial. Duración: 129 m.
6. O gran salto. EE. UU. 1994. Dir. Joel Cohen. Xénero: comedia. Duración: 111 m.
7. O gran Gatsby. EE. UU. 1974. Dir. Jack Clayton. Xénero: drama. Duración: 144 m.
8. Tempos modernos. EE.UU. 1935. Dir. Charles Chaplin. Xénero: comedia. Duración: 89 m.
9. A idade de ouro. Francia. 1930. Dir. Luís Buñuel. Xénero: drama surrealista. Duración: 60 m.
10 O pan noso de cada día. EE. UU. 1934. Dir. King Vidor. Sin datos nos demais apartados.
11. O triunfo da vontade. Alem aña. 1935. Dir. Leni Riefensthal. Xénero: documental nazismo. Duración: 110
m.
12. Xoán Ningén. EE. UU. 1941. Dir. Frank Capra. Xénero: drama. Duración: 132 m.
13. Cayo largo. EE. UU. 1948. Dir. John Huston. Xénero: drama. Duración: 101 m.
14. Novecento. Italia. 1976. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: drama. Duración: 240 m.
15. Michael Collins. EE. UU. 1996. Dir. Neil Jordan. Xénero: drama biográfico. Duración: 132 m.
16. E o mundo marcha. EE. UU. 1928. Dir. Kin g Vidor. Xénero: drama social. Duración: 90 m . Película muda.
17 Scarface, o terror da hampa. EE. UU. 1932. Dir. Howard Hawks. Xénero: drama. Duración: 93 m.
18. Primeira plana. EE. UU. 1974. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 105 m.
19. De ratos a homes. EE. UU. 1992. Dir. Gary Sinise. Xénero: drama social. Duración: 110 m.
20. Nun lugar do corazón. EE. UU. 1984. Dir. Robert Benton. Xénero: drama social. Duración: 110 m.
21. Cabaret. EE. UU. 1972. Dir. Bob Fosse. Xénero: musical. Duración: 128 m.
22. O gran dicta dor. EE. UU. 1940. Dir. Charles Chaplin. Xénero: comedia. Duración: 128 m.
23. Ser ou non ser. EE. UU. 1942. Dir. Ernst Lubitsch. Xénero: comedia. Duración: 99 m.
24. A caída dos deuses. Italia. 1969. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 164 m.
25. A condición humana. 1961. Dir. Masaki Kobayashi. Sin datos nos demais apartados.
26. A lista de Sc hindler. EE. UU. 1993. Dir. Steven Spielberg. Xénero: drama nazismo. Duración: 185 m.
27. A vida é bela. Italia. 1998. Dir. Roberto Benigni. Xénero: comedia/drama. Duración: 117 m.
28. Berlín Alexande rplatz. Alemaña. 1980. Dir. Rainer Wender Fassbinder. Sin datos nos demais apartados.
29. O conformista. Italia. 1970. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: drama. Duración: 108 m.
30. O delicto de Matteotti. Italia. 1973. Dir. Florestano Vancini. Xénero: drama político. Duración: 113 m.
31. O xardín dos Finzi-C ontini. Italia. 1971. Dir. Vittorio de Sica. Xénero: drama. Duración: 92 m.
32. Olimpiada. Alemaña. 1938. Dir. Leni Riefensthal. Xénero: documental. Duración: 225 m.
33. Sopa de ganso. EE. UU. 1933. Dir. Leo McCarey. Xénero: comedia. Duración: 70 m.
34. Carros de lume. Reino Unido. 1981. Dir. Hugh Hudson. Xénero: drama/deporte. Duración: 123 m.
35. O prado. Irlanda. 1990. Dir. Jim Sheridan. Xénero: drama. Duración: 110 m.
36. Sombras e néboa. EE. UU. 1991. Dir. Woody Allen. Xénero: comedia. Duración: 86 m.




                                                    1 99
200

Weitere ähnliche Inhalte

Mehr von Ismael Vide González (20)

R. sacra
R. sacraR. sacra
R. sacra
 
14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.14. os espazos turísticos.
14. os espazos turísticos.
 
4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais4. Paisaxes naturais
4. Paisaxes naturais
 
13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.13. transportes e comunicacións.
13. transportes e comunicacións.
 
12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.12. A terciarización da economía.
12. A terciarización da economía.
 
11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.11. os espazos industriais.
11. os espazos industriais.
 
10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
8. O sistema urbano
8. O sistema urbano8. O sistema urbano
8. O sistema urbano
 
7. O poboamento
7. O poboamento7. O poboamento
7. O poboamento
 
6. A poboación.
6. A poboación.6. A poboación.
6. A poboación.
 
5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.5. Os riscos naturais e ambientais.
5. Os riscos naturais e ambientais.
 
2. O clima.
2. O clima.2. O clima.
2. O clima.
 
1. O relevo.
1. O relevo.1. O relevo.
1. O relevo.
 
3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.3. A auga. Recursos hídricos.
3. A auga. Recursos hídricos.
 
O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.
 
15. a descolonización
15. a descolonización15. a descolonización
15. a descolonización
 
14. capitalismo e socialismo
14. capitalismo e socialismo14. capitalismo e socialismo
14. capitalismo e socialismo
 
Ud. 1 Xeo
Ud. 1 XeoUd. 1 Xeo
Ud. 1 Xeo
 
Análise e comentario de pirámides de poboación.
Análise e comentario de pirámides de poboación.Análise e comentario de pirámides de poboación.
Análise e comentario de pirámides de poboación.
 

ColeccióN 11

  • 1. Colección doc umental . Capítulo XI 1º de Bacharelato. O período de entreguerras. (1919-1939) As consecuencias da Gran Guerra. Desequelibrios na estructura ec onómica. A. O endebedamento europeo cos E.U. Débedas europeas no ano 1919 (en millóns de dólares) Países: Cantidades: Inglaterra 4.600 Fran cia 4.025 Italia 2.040 Bélxica 420 Polonia 180 Chec oslova quia 115 Iugo slavia 65 Rom anía 45 TOTAL 11.490 B. O control das reservas de ouro. Reservas de ouro dos bancos centrais (En millóns de dólares) Paises 1913 1918 1923 1928 1933 1938 Alemania 279 539 111 650 92 17 E.U.A. 1.290 2.658 3.834 3.746 4.012 8.609 Francia 679 664 710 1.254 3.022 1.529 Reino Unido 165 521 746 748 928 1.587 C. A caída dos prezos agrarios. “Os traballadores dos campos, os propietarios das pequenas granxas, vixían e calculan. O ano será bó. Están orgullosos porque a colleita é abundante gracias a eles. O seu xeito de facer transformou o mundo; así, o trigo curto e ruín convértese en longo e productivo (...). As súas cresixas maduran antes. Un centavo centavo e medio a libra. Non se poden coller a ese precio (...). Despois tócalles ás am eixas vermellas alcanzar o sabor doce. Bo sangue; non se poden coller, porque non hai medio de pagar os salarios, por baixos que sexan. As ameixas vermellas tapizan o chan. Os pequenos granxeiros vían medrar as débedas e, tralas débedas, o espectro da creba. Coidan os frutais, máis non vendían a colleita; podábanos e enxertábanos, e non podían rrecoller os froitos (...). Ó ano seguinte, a pequena granxa era absorbida por unha Grande Compañía, porque o granxeiro, afogado polas débedas, tería que abandonala. Este viñedo pertencía a un banco. Só poden spbrevivir os grandes propietarios porque posúen ó mesmo tempo as fábricas de conservas e, catro peras, peladas, cortadas ó medio, cocidas e embotelladas, sempre custan 15 centavos. E as peras en conserva non se derraman. Duran anos.” (STEIN BECK , John: Las uvas de la ira.) 1 81
  • 2. D. O aumento das taxas de paro. Gráfico A Gráfico B 1 82
  • 3. E. Cambios nas relacións económ icas entre Europa e América. “Antes da guerra, o hábito do aforro era a condición necesaria do factor exterior máis impo rtant e para o equilibrio de Europa. Unha parte importante dos capitais acu mulados por Europa era exportada a países distantes. Tales investimentos contribuían ó desenvolvem ento dos novos recursos de productos alimentic ios, de materias primas e de transportes. Ó vello mundo permití nalle tamén reclamar unha parte das riquezas naturais e das forzas ocultas e intactas do novo... Pesie a isto, o equilibrio entre as civilizacións antigas e os novos recursos es taba ameazado desde antes da guerra. En efecto a prosperidade de Europa baseábase nos feitos seguintes: en primeiro lugar, en razón do grande excedente de materias alimenticias americanas obxecto de exportación, Europa podía abastecerse a baixo prezo... En segundo lugar, como consecuencia dos investimentos anteriores tiña dereito a unha suma importante, sen ter que pagar nada a cambio. O segundo destes factores parecía fora de perigo, pero o primeiro víase ameazado polo crecemento da poboación de ultramar, e principalmente dos Estados Unidos....” ( K E Y N E S , J.M.: Les conséquences économiques de la paix, Ed. NRF, Pa rís, 1920, paxs . 29-32. En: VILL ARE S, R. e outro s. Obra citada. Paxs. 174-175) F. Problemas de inflacc ión monetaria. Evolución do cambio do dólar en marcos alemáns Xaneiro de 1922 191,8 Xaneiro de 1923 17.792 Xullo de 1923 353.410 Agosto de 1923 4.620.455 Setembro de 1923 98.860.000 Outubro de 1923 25.260.208.000 Novembro de 1923 4.200.000.000.000 Fonte: elaboración pr opia con datos de: Historia do mundocontemporaneo. E d . R o d e ir a - e de b e . A C or u ñ a , 2 0 0 2 . P a x . 1 8 8 . G. Desequi librio comercial entre Os Estados Unidos e Europa Déficit comercial de Europa cos Estados Unidos, 1901-1929 (Millóns de dólares) 1901-1905 553 1910-1914 514 1921-1925 1268 1926-1929 4195 Fonte: FAL KUS, M.E.: U n i t e d S t a t e s E co n ó m i c P o l ic y a n d th e D o l la r G a p . En: E c o n om i c H is t o r y R e v i ew . Os anos de prosperidade. (1924-1929) Unha prosperidade relativa e ilusoria. 1 83
  • 4. H. A venda a prazos e a capacidade de consumo. Porcentaxe de bens comprados a prazos no 1929 en EE.UU. (Billóns de dólares) % das ventas Obxectos comprados a prazos 90 Das máquinas de coser e lavar 80 Dos aparellos de radio e neveiras 70 De todo o mobiliario caseiro 60 Dos automóbiles I. A venda a prazos estimula o consumismo. Ademáis dos métodos de producc ión en masa, adoptados c ada vez máis nas fábricas, mo itos bens de consumo estandarizados en calidade, prezo e presentación, enchían os múltiples grnads almacens e, sobre todo, os da cadea Woolworth. Mediante compras en masa, pequenas marxes de beneficio e rápida venda, Wolworth puido convencer á ama de casa obreira das vantaxes económicas da producción masiva barata. A introducción do sistema da venda a prazos fixo posible que os modestos asalariados mercasen bens máis custosos coma mobles, máquinas de coser, bicicletas, aspiradoras, neveiras...” (GRUPO LLAVORS: Hª do Mundo Contemporáneo, Mestral, Valencia, 1987, pax. 422) J. O “American way of life” Ilustración titulada “A hora do golf” 1 84
  • 5. K. A racionalización e o aumento da producción nos EE.UU. “En 1922, Henry Ford vendía trece millóns tresc entas vinte mil duas centas nove latas de sardiñas; era o home máis rico do mundo... Cheg ara a gran properidade do automóbil. Na Ford, a producción mellorábase cada día: menos perdas, máis vixiante s (quince m inutos para co mer, tres para ir aos labavos); Por todas partes a aceleración taylorista: agáchese, axuste a barra, enrosque a rosca, meta a variña,Agáchese -axuste-a-barra-enrosque-a-rosca-meta-a- variña Agáchese, axuste a barra, enrosque a rosca, meta a variña, ata que a derradeira parcela da vida sexa aspirada pola producción e os obreiros regresen ás súas casas pola tarde, trementes, lívidos e completamente valeiros. Ford era o dono de todo desde o minuto en que se extraía o mineral dos outeiros ata o instante en que o coche chegab a ao final da cadea e se poñía en marcha polos seus propios medios; as súas fábricas foron racionalizadas ata o milímetro... En 1926 o ciclo da producción desde a extracción do mineral ata que o automóbil deixaba a cadea, disposto para a venda, foi reducido a 81 horas.” (DOS PASS OS, J.: O gran diñeiro. 1936. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax. 238) L. A publicidade e a estensión do consumo. 1 85
  • 6. LL. A exportación de formas de oc io americano como modelo a adoptar en Europa. M. A aparición da moda como industria rendible económicamente. A moda feminina nun cartel publicitario de 1920. 1 86
  • 7. A crise das democracias. Estados liberais e Estados totalit arios. N. A crise ideolóxic a. “Non foi senón des pois da guerra cando as dictaduras irrumpiron en Europa, dictaduras que diferían nas orixes e nos propósitos reais ou xactanciosos, pero que tiñan en común e a necisad e de i mpoñ er o despotismo máis absoluto sobre todas as formas da vida nacional (...) Catro anos de guerra ensinaron ós supervivíntes -ou polo menos a moitos deles- que a violencia era un deber, incluso no campo moral, que a máis cega obediencia era unha virtude naci onal, incluso nas m aneiras do espíritu. A disc iplina militar, pasiva e inmediata, non foi máis ca un xogo en comparación c oa sumisión , brutal e ebria ó mesmo tempo, que se lle esixiu con relación ás teorías máis falsas e artificiais, que causaron estragos en todos os países belixerantes, e que o patriotismo consagrou como verdades de evanxeo (...) Realmente, debaixo da pomposa solemnidade da divinización do Estado non era dificil descubrir algunhas pasións e egoís mos que certam ente, es tiveran existindo durante séculos, pero que nunca se combinaron cinicamente coma agora (...). Estas pasións son: - A revancha ofensiva das autocracias contra as democracias, debaixo dunha forma violenta que é o efecto dos hábit os da guerra. - A loita incitada polos industriais e grandes terratenientes aparentemente contra o perigo bolxevique, en realidade contra toda forma de movemento socialista (...). - E, finalme nte, aínd a que de me nor importanci a, polo menos fora de Alemania, o movemento antisemita, do que se ten albiscado a súa aparición, por tras da dictadura, incluso en países (...) sempre exentos del, como Italia (...). Estivo máis o menos de moda estes derradeiros anos (...) falar da democracia co mo unha forma de goberno das máis vulgares e mediocres, m entras que as dictaduras serían o réxime onde os mellores ob tiveran a súa fortuna ó abrigo da cega sorte das furnas. Cando os dictadores apelan ás pasi óns populares, é case s empre ás pasións máis perigosas ás que eles recorren, aínda que só sexa por que se atopan obrigados a espertar os sentimentos de guerra, de nacionalismo furioso. En efecto, as dictaduras non poden permanecer e prosperar máis que nunh a atmósfera de guerra. Poderíase case dicir que esta excitación das pasións nacionalistas entre as masas constitúe a característica esencial e común das dictaduras de postguerra, Stalin incluído a pesar do seu evanxeo internacionalista.” (Conde CA RLO S FORZ A: Dictateurs et dictatures d’ après guerre. París, Gallimard. 1931) O. As preocupacións da burguesía e as crases medias. “A economía precisa dun desenvolvement o sano e progresivo. Os nume rosos partidos politicos loi taban entre eles no medio da anarquía (.. .). Nós, os da firma Krupp, non somos idealistas, senón realistas. Tiñamos a impresión de que Hitler nos daría a posibilidade dun desenvolvemento sano. Polo demáis, fíxoo. Nos comenzos, votaramos polo partido populista, pero os conservadores non podían gobernar o país: eran demasiado fébles. Nesta loita implac able pola subsistencia e o poder, precisabamos ser conducidos por unha mán forte e dura. A de Hitler érao. Despois dos anos pasados baixo a súa conducción, sentiámonos moi a gusto. Queriamos un sistema que funcionara ben e que nos dera os medios para traballar tranquilamente. Xa teño dito que iñoraba todo sobre o exterminio dos xudeos, e teño engadido: “Cando se merca un bó cabalo, non se rrepara nalgúns defectos.” (A. KRUPP : Deposición perante o tribunal de Nuremberg (1945-46) P. Os problemas das democracias occidentais. Crise de identidade. “É natural que se faga responsable ó réxime das miserias e das inquietudes crecentes da época. Non importa, houbo un pouco de todo isto. Pero todos estes elementos combinados non abondarían. Fixo falla unha campaña de prensa metódica e tenaz, da que fomos testemuñas, para sobreexcitar todos eses sentimentos confusos. Fixo falla un plano premeditado para explotar e dirixir cara un obxectivo que desco ñecen estas 1 87
  • 8. pasións populares. É iso, señores, o que se fixo. Lanzóuse a unha multitude ó asalto das institucións republicanas. A continuación arrastróuselles con algunhas seccións de asalto ben seleccionadas, que sabían ben o que facían. Quíxose facer da multitude o instrumento e o cómplice sumiso, inconsciente, dun golpe de mán fascista. Esta non era a vontade das masas. Era o desprestixio concertado das organizacións que a encadraban, que a guiaban e que deran a orde de marcha.” (BLUM, L.: “Le go uvern eme nt du b loc nat ional et le fasc isme .” Le Populaire, 16 de febreiro de 1934) Q. Os problemas das democracias occidentais. Incapacidade e inestabilidade políticas. “Tanto no interior coma no exterior, o goberno non terá máis que un obxectivo: proporcionar a este país, no traballo e co progreso, a paz que mereceu... Non permitiremos que se recorten as vantaxes adquiridas polo mundo do trab allo. Manteremos a lei de oito horas... Pero o axente esencial da producción, obreiro ou campesiño, ten dereito a estar protexido contra o desemprego e a enfermidade, a vellez e a invalidez. Queremos levar adiante os seguros sociais... Non é posible concebir a liberación dos traballadores sen o desenvolvemento da instrucción. Suprimiremos os decretos que tendan a privar da cultura ós nenos... Un réxime democrático debe ofrecer o exemplo da orde a da boa administración.” (HERRIOT, E.:Debats parlamentaires, Chambre des députés. Discurso presentado a politica do novo goberno, o 17 de xuño de 1924. Citado por: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ O TERO, A. Obra citada. Pax. 151) R. Os problemas das dem ocracias occiden tais. Mal funcionament o do sistema. “Contrariamente a unha opinión moi es tendida, a crise da democracia parlamentaria non tivo a súa orixe na guerra do 14. Certamente a guerra non foi favorable para o réxime, aínda que exteriormente contribuíse a asegurar o seu triunfo sobre as monarquías de Europa central. Económica, política, militarmente, a dirección dunha guerra esixe o adormecemento das institucións parlamenterias, incapaces de garantir as condicións indispensables de rapidez, eficacia e segredo. Aínda máis profundamente, o concepto mesmo de guerra, que leva consigo a sub misión do m áis feble por medios de imposición, oponse ós principio propios da democracia parlamentaria, que garanten o respecto da minoría e a súa libre expresión... O funcionamento regular do sistema parlamenterio parece un elemento da “ante-guerra”, a crise da democracia un elemento da “posguerra”; en realidade, acrise comezará dende o principio do século, segundo se ía producindo a entrada das masas populares na vida política, que transformaba completamente a infraestructura do réxime. Outros factores de crise engádense a este, xerais ou nacionais, pero respecto a aquel, a importancia dos demáis aparece como secundaria.” ( D U V E R G E R, M.: La democracie parlamentaire. En: L’ Europe du XIX et du XX siècle. Problèmes et interprettións historiques. Milan, 19 64. Cit ado p or: LÓ PEZ FAC AL, R . e DÍA Z OT ERO , A. Ob ra cit ada. Pa x. 151.) O fascismo italiano. Unha alternativa á crise democ rática. S. As orixes do fascis mo. Manifesto futurist a. “2. O coraxe, a audacia, a revolta, serán os elemen tos esenci ais da nosa poesía. 3. A literatura exaltou, ata agora, a inmovilidade do pensamento. Nós queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio febril, osalto mortal, o puñetazo. 7. Nada hai máis fermoso ca loita. Ningunha obra é maxistral se está desprovista de agresividade. A poesía debe estar concebida como un asalto violento contra as forzas coñecidas. 9. Qu eremos glorifi car a guerra, auténtica hixiene do mundo, o militarismo, o patriotismo, o xesto destructor dos lib ertari os, as fermos as id eas polas que s e morre e o despre zo da m uller. 11. Nós cantaremos ás grandes multitudes axitadas polo traballo, polo pracer ou a revolta; cantaremos ás marchas multicolores e polifónicas das revolucións nas capitais modernas; cantaremos ó vibrante fervor nocturno dos arsenais, dos asteleiros incendiados (...). Dende Italia lanzamos ó mundo este manifesto noso de violencia arrolladora e incendiaria, co que fundamos hoxe o futurismo, porque queremos liberar a este país da súa fétida gangrena de profesores, de arqueólogos e de anticuarios. (MARINETTI, F.T.: Manifiesto futurista, 20 de febreiro de 1909) 1 88
  • 9. T. A doutrina. O Estado to talitario fascista. “Sendo antiindividualista, o sistema de vida fascista pon de relevo a importancia do Estado e recoñece ó individuo só na medida en que os seus intereses coíncidan cos do Estado. Oponse ó liberalismo clásico que xurdíu como reacción ó absolutismo e esgotou a súa función histórica cando o Estado se converteu na expresión da conciencia e da vontade do pobo. O liberalismo negou ó Estado en nome do individuo; o fascismo reafirma os dereitos do Estado como expresión da verdadeira esencia do individual. A conc epción fascis ta do Estado abárcao todo; fora del non poden existir, e menos aínda valer, valores humanos e espirituais. Entendido desta maneira, o fascismo é totalitarismo, e o Es tado fascista, com o síntese e un idade que inclúe tódolos valores, interpreta, desenvolve e outorga poder adicional á vida enteira dun pobo(...). O fascismo, en suma, non é só un lexislador e fundador de institucións, senón un educador e un promotor da vida espiritu al. Non intenta simplemente remodelar as formas de vida, senón tamén o seu contido, o seu caracter e a súa fe. Para lograr ese propósito impón a disciplin a e fai uso da súa autoridade, impregnando a mente e rexendo con imperio indiscutible(...)” (MUSSOLINI, B.: A doutrina do fascismo. 1932) U. A doutrina. A violenc ia fascista. “A expedición de castigo parte, pois, case sempre, dun centro urbano e difúndese polo campo circundante. Montados en camións e armados, (...) os cami sas negras diríxense ó lugar fixado como m eta da súa expedición. Unha vez alí, empezan golpeando con bastóns a todos os que atopan polas rúas e que non se descub ran ó paso dos bandeiríns ou que leven unha garabata, un pañuelo ou unha blusa de cor vermella (...). Diríxense logo (...) ó Sindicato, á Cooperativa ou á Casa do Pobo; derruban as portas, arroxan á rúa mobiliario, libros, mercadurías e rocíano todo con gasolina, minutos despois todo está ardendo. A todos aqueles que atopan no local, golpéanos salvaxemente ou asasínanos.” (TASC A, A.:O nace mento d o fascism o. Ed. Ariel. Barce lona. 1969) V. A doutrina. Rexei tamento do liberalism o e a democracia. “O fascismo rexeita as ideoloxías democ ráticas, tanto nas súas premisas teóricas com a nas súas aplicacións prácticas. O fascismo nega que o número, polo único feito de ser número, poida dirixir a sociedade humana; nega que este núm ero poida gobernar, por medio dunha consulta períodic a; afirma a desigualdade irremediable, fecunda e benéfica dos homes, que non poden nivelarse, por un feito mecánico e extrínseco como sufraxio universal... O fascismo rexeita, n a democracia, a absurda mentira convencio nal da igualdade política, o espírito de irresponsabilidade colectiva e o mito da felicidade e do progreso indefinido. Pero, se a democracia pode ser interpretada de xeito diferente, é dicir, se a democracia signific a non colocar ao poboa á marxe do Estado, o fascismo pode s er definido por quen escribe es tas liñas como un ha “democracia organizada, centralizada, autoritaria.” (MUSSOLINI, B.: A doutrina do fascismo. 1932.. E n : A L F E I R A N RO D R I G U E Z , X . e R O ME R O M A S I Á , A . Obra citada. Pax. 261) W. O fascismo. O sistema corporativo. ”¡Camisas negras de Milán, camaradas obreiros!. Hai cinco anos as columnas dun templo que parecía desafiar ós séculos viñéronse abaixo. ¿Que había baixo as súas ruínas? O final dun período da historia contemporánea, a fin da eco nomía liberal e capitalista. ... Ante este ocas o constatado e irrevocable, aparecen dúas solucións. A primeira sería estatificar toda a economía da Nación. Nós rexeitámola porque non queremos multiplicar por dez o número de empregados do Estado. Por lóxica imponse outra, es ta é o corporativismo, englobando ós elementos productores da Nación, e cando digo productores refírome non só ós industriais, senón tamén ós obreiros. O fascismo estableceu a igualdade de todos diante do traballo. A diferenci a, únicamente existe na escala das diferentes responsabilidades. Xa dixen que o obx ectivo do réxi me c orporativo era a realización dunha máis alta xu stiza social para o pobo italiano... ¿Que significa “a máis alta xustiza social”? Significa: traballo garantido, salarios adecuados, 1 89
  • 10. nivel de vida conveniente... As masas obreiras italianas, den de 1929, achegaronse á revolución fascista... Se o século pasado foi o do dominio total do capital, este é o século do dominio e gloria do traballo...” (MUSS OLINI ,B. : Discurso en Milán. 1934. En:ALFEIRAN RODRIGUEZ, X. e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax.154) A crise de 1929. Crise global do capitalismo. X. A evolución dos índices macroeconómicos. Gráfico A. Gráfico da crise industrial mundial. 1929-39 Gráfico B. Evolución do comercio mundial. 1915-38 1 90
  • 11. Gráfico C. O paro mundial. 1925-39 ( Fonte dos gráficos da série: BA LBOA LÓ PEZ, X. e outr os: Historia do mundo contemporáneo. Síntese e docume ntos. Ed. Xerais, Vigo, 1 9 9 4 . P x s . 11 6 - 11 7 ) Y. O crac de Wall Street. Gráfico A. A febre bolsista 1 91
  • 12. Gráfico B. O crac de 1929 Fonte: Historia do mundo contemporáneo. Ed. Santillana. Z. A especulación como un dos factores da crise. “Jones tiña en 1921 2.000 dólares aforrados. Como non sabía que facer con eles, mercou accións da RCA e da Goodyear a prezos de entre dous e cinco dólares a acción. No 1924 felicitouse do seu enxeño. As accións sub iran e valían dez mil $. Mult iplicara por ci nco o seu capi tal. Animado , dec idiu non vende r e tratar de comprar outro paquete de accións . Non tiña cartos, máis depositando as súas accións como garantía, puido obter un crédito de 6.000 dólares e así volvía mercar accións en bolsa. No 1927 os títulos valían 36.000$. Confiado no devir, decide non vender máis que o imprescindible para pagar os intereses do crédito. Tampouco aforra nin un dólar, xa que as subas da bolsa enriquéc eno día a día. Decide mercar un coche e unha casa boa, a prazos ambos e cunha hipoteca sobre a casa. Tamén segue cos investimentos, sempre a crédito. Acepta cantas ampliacións se lle ofrecen. No 1928 posúe un capital en accións de 136.000$, pero como dan pouco beneficio, ten que botar man do soldo para amortizar as cargas financeiras que cada vez soben máis. Impón unha drástica reducción de gastos. ¿Vender accións? Só como último recurso. Son un valor seguro e en alza. Ó comezar 1929 posúe xa 285.000, pero precisa diñeiro en efectivo urxentemente. As letras do coche, os prazos da hipotece e os intereses dos préstamos comen os ingresos. Hai que vender accións. Máis tódolos Jones do país fan o mesmo. Os grandes especuladores hai tempo que se puxeron a salvo. Nun mes, as accións de Jones valen só 39.000. O seu capital en títulos non cobre o que debe, e innumerables Jones vense apremados polos vendedores de coches, prestamistas e banqueiros. Hai que vender o coche, a casa e parte das accións. Perde diñeiro en tódalas vendas, máis confia en que o resto das accións volvan subir. En 1930 non valen nada. No mesmo ano perde o emprego por efectos da crise. 1 92
  • 13. Esta é a historia de Jones; de feito , a do pobo americano. Nela ilustranse tódolos compoñentes dunha crise. A especulación en bolsa -o índice de cotización pasou de 79, en 1921, a 448, 1929-. Os préstamos para a especulación, de 77 millóns de dólares, a 6.800 no m esm o perí odo. As compras de Jones representan o desenfreo consumista, atizado pola necesidade de dar saída ó exceso de producción. É a prosperidade baseada no crédito e non na solidez económica.” ( L E Z C A N O , J.: Artigo no El País , sábado 16 de abr il de 198 3. E n: BALB OA LÓ PEZ, X. e ou tros: Historia do mundo contemporáneo. Síntese e documentos. Ed. Xerais, Vigo, 1994.Paxs. 115-116) Z. 1. As consecuencias da crise. O paro. “Había milleiros de persoas sen traballo en Oklaho ma City. Íanse poñe ndo á fila da sopa gratuita, e a comida era limpa e deliciosa. Eran moitisimos, brancos e negros, porque había tantos parados negros coma brancos que perderon todo o que deran acumulado des de a súa mocidade. Is o foi unha realidade. Lembro avarias familias que se viron na ob riga de marchar en carromatos, coido que a California. Decátese: 1929 foi o ano do auxe do petróleo e a xente viña de todas partes. Un par de anos despois, aquelas persoas estaban vivindo en tendas de campaña ou en casas feitas de cartón e vellos anacos metálicos, ou de calquera cousa que pui desen atopar para dar feito unha parede. Coñecín a unha familia aquí, en Oklahoma City, un hom e, unha m uller e máis sete raparigos, que vivían nun buraco no chan. Vostede abraiaríase do ben apañado que o tiñan todo. O meu home es taba moi enfadado, por dicilo dun xeito suave. Era un home intelixente e non podía entender porque nun país rico coma este podía haber tanta xente morrendo de fame, cando tantas cousas, trigo e tantas máis, se guindaban ó mar. Hai moitas escusas, pero el buscaba unha razón. (Mary OWSLEY, residente en Oklahoma City entre 1929 e 1936. En: ARÓSTE GUI SÁNCH EZ, J. e outros: Obra citada. Pax.161) Z. 2. As consecuencias da crise. A fame Cola de parados en espera dun reparto de alimentos en Cleveland, EE.UU. En 1929. As solucións á crise. F. D. Roosevelt e o New Deal. 1 93
  • 14. Z. 3. Os protagonistas das medidas para a solución. O presidente Franklin Delano Roosevelt (1882-1945) O economista John Maynard Keynes (1883-1946) Z. 4. O New Deal americano. “(...) A nos a tarefa prioritaria é facer que a xente volva a traballar. Isto pódese conseguir mediante un recrutame nto directo por parte do goberno. (...) Nós podem os facilita-la realización deste obxec tivo aumentando o prezo dos productos agrícolas, e con estes a capacidade adquisitiva dos agricultores. Podemos facilitalo insistindo para que o goberno federal, o dos Estados e mailos dos gobernos locais se poñan a traballar de contado para reducir dunha forma draconiana os seus custos de funcionamento. Podemos facilitalo unificando as axudas ás vic timas da crise. (. ..) Podemos facilitalo planificando e supe rvisando a nivel nacional tódalas formas de transporte, de comunicacións e de servicios que teñen claramente un carácter de interese público (...). Finalmente, no no so camiñ o cara a plena ocupación, precisaremo s levar a cabo tres medidas des tinadas a previr un rretorno ós malos tempos pasados: terá que haber unha estricta vixilancia de todas as actividades bancarias, financeiras e de investimentos; haberá que limita-las actividades dos que especulan cos cartos dos demáis; haberá que asegurarse de que a nosa divisa sexa a un tempo axeitada e saneada. (...) As nosas relacións comerciais internacionais, aínda que teñan moita importancia, son, hoxe, secundarias respecto da necesidade de establecer unha politica nacional saneada (...)” (ROOSEVELT. F.D.: Primeiro discurso de inauguración. 4 de marzo de 1933) Z. 5. A opos ición ó Ne w Deal. “Os dirixentes empresariais crían sinceramente que o goberno estaba en mans do diaño. Que estaba en mans dunha mafia organizada que fomentaba o conflicto de clases, favorecendo ós pobres, e preparando o camiño cara ó socialismo, ó c omunismo ou a calquera outra variedade de antiamericanismo... Chamando a aten ción sob re os demos da burocracia e das forzas do odio que estaban destruíndo o sistema americano, os dirixentes empresariais a miudo recorreron a hipérboles melodramáticas que deixaban ós oíntes confundidos e molestos. As opinións qu e vían o final da civilización en cada acto do New Deal non foron tan infrecuentes como deberían ter sido. Un dos que o viron con alarma sinalou: “debemos remontarnos moitos séculos, ata os días dos autócratas absolutos, para atopar tanto poder en mans dun ser humano falible”. Para outro, o New Deal 1 94
  • 15. “seméllase máis a unha dictadura fascista ou comunista dos Estados de Europa que ó sistema americano”. Comentando a Social Security Act, a publicación dunha organización de comerciantes pontificou que “a caída do Imperio Romano” se iniciou con leis coma esa.” ( K R O S S , H. E.: Executive opinión. What Business leaders said and thought, 1920-1960. 1970. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J. e outros. Obra citada. Pax. 165) Z. 6. As solucións keynesianas. A Alemaña nazi Hitler sube ó poder. Z. 7. O antiparlamentarismo. “Somos un partido antiparlamentario, que rexeitamos con bos fundame ntos a Constitu ción de Weimar e as institucións republicanas por ela creadas; somos inimigo s dunha democracia falsifi cada, que inclúe nas mesmas listas os intelixentes e os pailáns, os aplicados e os preguiceiros; vemos no actual sistema de maioría de votos e na organizada irresponsabilidade, a cau sa principal da nosa crecente ruína. ¿Que imos facer, daquela, no Reichstag? Imos ó Reichstag para procurarnos armas no mesmo arsenal da demo cracia. F acém onos deputados para enfe blec er e eliminar a teoría de Weimar, mesmo co seu apoio. Se a democracia é tan parva que nos facilita dietas e pases de libre circulación para este traballo, é cousa súa... Tamén Mussolini foi ó Parlamento. E aínda así, non tardou moito en avanzar coas súas camisas negras sobre Roma.” (GOE BBE LS, J .: Artig o no xor nal De r Ang riff, 1 928.) Z. 8. O xefe único. “Non debe haber decisión da maioría, senón únicamente persoas responsables (... ). Dende logo, todo home terá conselleiros ó seu lado, pero a decisión será tomada por un só home (... ) só e l pode posu ír a autoridade e o dereito para mandar (...). Non será posible pasar sen o Parlamento. Pero os seus conselleiros darán verdadeiramente consellos (. ..). En ningu nha cámara debe levarse a cabo votación ningunha. Son 1 95
  • 16. institucións de traballo e non máquinas de votar.” (HITLER, A.: Citado por William Shirer, Auge y caída del Tercer Reich, Barcelona, Luís de Caralt, 1967) Z. 9. A concepc ión racista. “Se dividimos a raza humana en tres categorías -fundadores, conservadores e destructores da cultura-, só a estir`pe aria podería ser considerada como representante da primeira categoría (...). Para que se de senvolvese unha c ultura superior, foi necesario que existisen individuos de inferior civilización, pois ninguén, senón es tes podían su bst ituí r o ins trumento técnico sen o cal o prog reso era inconcebible (...) Non foi senón des pois de que as razas conq uistadas quedaron reducidas á escravitude, cando o mu ndo animal correu idéntica sorte; o contrario non foi nunca o caso, c omo moitos poderían desexar crer. Porque o primeiro en tirar do arado foi o escravo e despois veu o cabaleiro. Ninguen que non sexa un necio pacifista podería contemplar este feito como unha proba máis da humana depravación; os demáis deben comprender claramente que este proceso t ivo lugar para que chegásemos a unha situación que permite a semellantes apóstolos difundir a súa estúpida charla polo mundo. (HITLER, A.: Mein Kampf. En Bustinza-Ribas, pax. 305) Z. 10. A organización económica do nazismo. O 26 de novembro de 1.936, a Administraci0ón do III Reich decretou a conxelación no nivel existente o 17 de outubro dese mesmo ano, de todos os prezos "administrados" ou libres, existe ntes en Alemaña. Dita medida non era máis que o colofón do proceso de "domesti cación de prezos" que viña s ufrindo Alemaña desde a cheg ada ao poder dos nazis case catro anos antes. A Zwangswirtschaft ou economía de compulsión nazi acabaría pasando á historia pola súa sist emática e elaborada natureza, así como polas draconianas medidas que acompañaron a súa aplicación. Nunca antes e quizais tampouco nunca despois, vira o mundo algo similar. A explicación seguramente se atopa no feito de que para os nacionalsocialistas o control dos prezos non tiña a consideración dunha medida coyuntural, senón que estaba enraizada no seu proxecto político totalitario e belicista. Como confesaba Herman Goering, o principal administrador da Zwangswirtschaft xunto a Hjalmar Schacht e Walter Funk, en 1946 a un correspondente ameri cano : "Controlar os prezos e salarios , im plic a non só contro lar o traballo da xente, senón tam én as súas propias vidas. Ningún país pode conformarse só con facer parte do traballo." En efecto, Hitler valeuse da economía de compulsión para construír a economía de guerra que constituía o núcleo central do seu programa. A enorme cantidade de recursos q ue os nazis nece sitaban vampirizar da economía alemna, ía ser obtida mediante o vellísimo procedemento de imprimir papel moeda para o goberno en grandes cantidades. Ata a xente pouco versada en economí a sabe que ditas práctic as producen a subida xeneralizada dos prezos, polo desaxuste entre unha demanda incrementada e unha oferta constreñida por limitacións de natureza máis poderosa que a dispoñibilidade de tinta papel e selo. Os nazis tiñan abofé que trala experiencia da hiperinflaci ón alemana do 23, coa xente especialmente sensibilizada aos incrementos de prezos, estas prácticas inflacionistas podían significar unha crecente impopularidade. É por iso que Schacht comeza a establecer sucesivamente prezos máximos sobre aqueles artigos que van véndose afectados pola inflación. Unha vez que o goberno embárcase en controlar prezos, o proceso de compulsión xa non se detén. A combinació n de m áis d iñeiro nas mans do goberno e do púúblico, cos prezos invariables tipificados para algúns produtos, fai que a oferta xa non poida satisfacer a todos aqueles que están dispostos a pagar o prezo que se pide. Aparecen así sucesivame nte as colas, os desabastecimientos, a acumulación por parte dos consumidores de calquera produto que teñen a sorte de atopar nas tendas, téñase ou non necesidade perentoria del e finalmente o racionamiento. O economista francés Jacques Rueff relataba cunha anécdota como funcionaba a política económica alemana: "Durante a miña visita a Schacht comuni cáronlle que xa non era posib le atopar bañeiras en ningunha tenda. Ben, dixo Schacht, mañá publicaremos no Boletín Oficial o seu racionamiento." (DEL CASTILLO, J. I. : La economía de compulsión de la Alemania nazi. En: www.liberalismo.org. 1-III-2006) 1 96
  • 17. Z. 11. O holocausto. Os campos de exterminio nazis Fonte: es.wikipedia.org. Z. 12. A suspensión das garantías constitucionales. “Sob re a base do artículo 48, párrafo 2, da Constitución do Reich, decre tamo s para a defensa c ontra os actos de violencia perigosos para o Estado, o que sigue: 1º. Os artículos 114, 115, 117, 118, 123, 124, e 153 da Constitución do Reich quedan suspendidos ata nova orde. Por consiguiente, están autorizadas, incluso máis aló dos límites habitualmente fixados pola lei, as restriccións á liberdade indi vidual, o dereito da libre expresión das opinións , así como a libe rdade de prensa, o dereito de reunión e de manifestación, as violacións do segredo de co rrespondencia, do telegrafo e do teléfono; as ordes de rexistro e requisa, asi como as restriccións á propiedade. 2º. Se nun land, as medidas necesari as para restablecer a seguridade e a orde pública non son tomadas, o Goberno do Reich pode encargarse a título provisional dos poderes da autoridade suprema do land. 3º. As autoridades dos Länder e das comunas deben levar a efecto, no marco das súas atribucións, as disposicións adoptadas polo goberno do Reich. 4º. ... Calquera que contraveña o párrafo 1, poña en perigo vidas humanas, será merecente de traballos forzados -con circunstancias atenuantes a un mínimo de seis meses de detención- . Se a infracción provocou 1 97
  • 18. a morte dun h ome , se rá me recent e da morte -c on circunstancias atenuantes a un mí nimo de dous anos de traballos forzados-, ademais pode procederse igualmente á confiscación dos bens... 5º. Serán merecentes da pena de morte os delitos que o Código Penal cas tiga a traballos forzados nos párrafos 81 (alta traición ), 229 (ten tativa de enve lenamento ), 307 (inc endio voluntario), 311 (destrucción mediante explosivos..., 315 (sabotaxes á vía férrea)...” (Decreto para a protección do Pobo e do Estado do 28 de feb reiro de 1933 .En: La documentatión Photogrphique. Dossier nº 5.325, París, maio de 1972) Z.13. O expansionismo nazi. Anexións territoriais alemanas entre 1936 e 1939 FONTE: FERNANDEZ, A. Obra citada, pax. 373. Z. 14. A de nuncia c ontra o réxime de Hitler. Fotogram a da pelicula: La cara del Führer. 1 9 4 1 1 98
  • 19. Documentos fílm icos relacionados co a unidade temática. 1. As uvas da ira. EE. UU. 1940. Dir. John Ford. Xénero: drama social. Duración: 129 m. 2. Caballero sen espada. EE. UU. 1939. Dir. Frank Capra. Xénero: Drama. Duración: 129 m. 3. Esplendor na herba. EE. UU. 1961. Dir. Elia Kazan. Xénero: drama romántico. Duración: 124 m. 4. Furia. EE. UU. 1936. Dir. Fritz Lang. Xénero: drama. Duración: 94 m. 5. Mata r un reiseñor. EE. UU. 1962. Dir. Robert Mulligan. Xénero: drama racial. Duración: 129 m. 6. O gran salto. EE. UU. 1994. Dir. Joel Cohen. Xénero: comedia. Duración: 111 m. 7. O gran Gatsby. EE. UU. 1974. Dir. Jack Clayton. Xénero: drama. Duración: 144 m. 8. Tempos modernos. EE.UU. 1935. Dir. Charles Chaplin. Xénero: comedia. Duración: 89 m. 9. A idade de ouro. Francia. 1930. Dir. Luís Buñuel. Xénero: drama surrealista. Duración: 60 m. 10 O pan noso de cada día. EE. UU. 1934. Dir. King Vidor. Sin datos nos demais apartados. 11. O triunfo da vontade. Alem aña. 1935. Dir. Leni Riefensthal. Xénero: documental nazismo. Duración: 110 m. 12. Xoán Ningén. EE. UU. 1941. Dir. Frank Capra. Xénero: drama. Duración: 132 m. 13. Cayo largo. EE. UU. 1948. Dir. John Huston. Xénero: drama. Duración: 101 m. 14. Novecento. Italia. 1976. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: drama. Duración: 240 m. 15. Michael Collins. EE. UU. 1996. Dir. Neil Jordan. Xénero: drama biográfico. Duración: 132 m. 16. E o mundo marcha. EE. UU. 1928. Dir. Kin g Vidor. Xénero: drama social. Duración: 90 m . Película muda. 17 Scarface, o terror da hampa. EE. UU. 1932. Dir. Howard Hawks. Xénero: drama. Duración: 93 m. 18. Primeira plana. EE. UU. 1974. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 105 m. 19. De ratos a homes. EE. UU. 1992. Dir. Gary Sinise. Xénero: drama social. Duración: 110 m. 20. Nun lugar do corazón. EE. UU. 1984. Dir. Robert Benton. Xénero: drama social. Duración: 110 m. 21. Cabaret. EE. UU. 1972. Dir. Bob Fosse. Xénero: musical. Duración: 128 m. 22. O gran dicta dor. EE. UU. 1940. Dir. Charles Chaplin. Xénero: comedia. Duración: 128 m. 23. Ser ou non ser. EE. UU. 1942. Dir. Ernst Lubitsch. Xénero: comedia. Duración: 99 m. 24. A caída dos deuses. Italia. 1969. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 164 m. 25. A condición humana. 1961. Dir. Masaki Kobayashi. Sin datos nos demais apartados. 26. A lista de Sc hindler. EE. UU. 1993. Dir. Steven Spielberg. Xénero: drama nazismo. Duración: 185 m. 27. A vida é bela. Italia. 1998. Dir. Roberto Benigni. Xénero: comedia/drama. Duración: 117 m. 28. Berlín Alexande rplatz. Alemaña. 1980. Dir. Rainer Wender Fassbinder. Sin datos nos demais apartados. 29. O conformista. Italia. 1970. Dir. Bernardo Bertolucci. Xénero: drama. Duración: 108 m. 30. O delicto de Matteotti. Italia. 1973. Dir. Florestano Vancini. Xénero: drama político. Duración: 113 m. 31. O xardín dos Finzi-C ontini. Italia. 1971. Dir. Vittorio de Sica. Xénero: drama. Duración: 92 m. 32. Olimpiada. Alemaña. 1938. Dir. Leni Riefensthal. Xénero: documental. Duración: 225 m. 33. Sopa de ganso. EE. UU. 1933. Dir. Leo McCarey. Xénero: comedia. Duración: 70 m. 34. Carros de lume. Reino Unido. 1981. Dir. Hugh Hudson. Xénero: drama/deporte. Duración: 123 m. 35. O prado. Irlanda. 1990. Dir. Jim Sheridan. Xénero: drama. Duración: 110 m. 36. Sombras e néboa. EE. UU. 1991. Dir. Woody Allen. Xénero: comedia. Duración: 86 m. 1 99
  • 20. 200