2. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
INFORME
A representación da prostitución nos medios de comunicación
galegos
Autores:
Luís Álvarez Pousa,
Olga Castro Vázquez
Iván Cuevas Domínguez
Ana Belén Puñal Rama
COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Coa subvención de:
1
3. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Índice
CAPÍTULO 1: Introdución............................................................................3
Motivacións.........................................................................................4
Metodoloxía........................................................................................6
Contexto político e legal......................................................................15
CAPÍTULO 2: O tratamento da prostitución na axenda diaria dos medios
galegos. Análise de contido.......................................................................22
A presenza da prostitución, da explotación sexual e da trata e do tráfico de
persoas con tal fin na axenda dos medios galegos............................................23
As rutinas xornalísticas na cobertura da información...............................59
A relevancia concedida á información....................................................77
A linguaxe e o uso de estereotipos.......................................................94
CAPÍTULO 3: A cobertura extra-ordinaria. Análise do discurso...............105
A cobertura mediática da desarticulación dunha rede de tráfico de mulleres
na Coruña: A operación Cascabel.................................................................106
A cobertura mediática dos conflitos veciñais pola prostitución de rúa no
barrio barcelonés da Boquería......................................................................151
CAPÍTULO 4: Os anuncios de sexo de pago na prensa galega..................177
Os anuncios de sexo de pago. Unha ollada cuantitativa..........................178
A ollada cualitativa. Unha análise de discurso sobre os anuncios de sexo de
pago........................................................................................................205
CAPÍTULO 5: A modo de conclusión........................................................219
ANEXO: Síntese da xornada “Prostitución e medios de comunicación. O
debate pendente”...................................................................................228
BIBLIOGRAFÍA........................................................................................233
2
5. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
1. AS MOTIVACIÓNS
O obxecto desta investigación é a análise da representación da prostitución,
da explotación sexual e do tráfico e da trata de persoas con fins de explotación
sexual nos medios de comunicación galegos. Os motivos que están na base da súa
xestación responden a un triplo interese por parte das persoas que conformaron
este equipo de investigación a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia: social, profesional e académico. Social, canto que os medios son activos
construtores da realidade social e as representacións que da prostitución, da
explotación sexual e da trata e do tráfico de persoas se fai a cidadanía están
inevitabelmente condicionadas pola súa mediación. Profesional, na medida en que
é preciso provocar neles a reflexión sobre a cobertura que se está a realizar desta
realidade –marcada pola simplificación e a ausencia e a invisibilidade na axenda
informativa– e sobre o seu dobre papel en relación coa mesma (como soporte
informativo e como soporte publicitario). Académica, canto que, até o momento,
son escasos os estudos que analizaron polo miúdo a representación da prostitución,
da explotación sexual e do tráfico e da trata de persoas con tal fin nos medios de
comunicación.
Na sociedade da información, a realidade é, máis ca nunca, mediada. O que
non sae nos medios non existe para o gran público. Os medios marcan a axenda,
deciden aquilo sobre o que a sociedade ha pensar, e determinan os marcos de
referencia, ao construír a realidade sobre uns parámetros determinados que eles
mesmos configuran. Os medios son, por outra banda, activos transmisores de
ideoloxía (tamén de ideoloxía patriarcal) e adoitan ademais poñer o foco nos
núcleos de poder, deixando así na sombra toda esa ampla realidade que se agocha
nas marxes. Por iso, consideramos de interese analizar a imaxe que sobre
prostitución, explotación sexual, tráfico e trata de seres humanos ofrecen os
medios, para poder determinar a que lle dan luz e que deixan na escuridade, e
como constrúen as representacións que lles fan chegar á sociedade e que nela se
instauran adoito en visións estereotipadas. En efecto, como puidemos comprobar
nesta investigación, a prostitución, a explotación sexual, o tráfico e a trata de
persoas non forman parte da axenda habitual dos medios e, polo tanto, é unha
realidade en boa medida oculta. Sobre prostitución infórmase pouco e ademais de
maneira simplificada e dende a perspectiva do suceso. O que ten un dobre efecto.
As informacións céntranse nunha determinada faceta, a relacionada coas
redes de trata e tráfico obviando a complexidade do fenómeno e que non toda
prostitución é forzada. Ademais, o que é suceso non ofrece unha lectura máis aló
do episódico que permita discernir causas e consecuencias e relacionar o acontecido
cunha armazón estrutural de máis amplo calado. Óbviase así a análise desta
realidade dende as múltiples perspectivas ás que é preciso acudir para entender a
súa complexidade: dende a económica e a política, pasando pola social, a xurídica
ou a sempre necesaria perspectiva de xénero.
Dende o ámbito profesional, coidamos de interese proporcionarlles aos
medios datos sobre os seus propios contidos que lles permitan facelos conscientes e
reflexionar sobre as principais carencias na cobertura desta realidade, detectar os
porqués (dende aqueles que teñen que ver cos intereses de diverso tipo do medio
até os relacionados coa mellora na formación e especialización das e dos seus
xornalistas) e procurar así mesmo solucións. Porque a prostitución, como xa
dixemos, é unha temática sobre a que se investiga e traballa pouco nas redaccións
xornalísticas, o que contrasta cos importantes ingresos que a prensa obtén dela a
través dos anuncios de compra de sexo.
4
6. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Dende o campo académico, a investigación conta co interese, e tamén coas
dificultades engadidas, dun obxecto de investigación até o momento escasamente
abordado, mesmo dende os estudos sobre comunicación e xénero, nos que
encadramos esta investigación. As achegas até o momento foron puntuais,
incardinadas polo xeral en reflexións, estudos e investigacións de marco máis
amplo, a miúdo ao redor da situación da prostitución e das persoas que a exercen
no Estado, ou da representación das mulleres inmigrantes nos medios de
comunicación, como logo desenvolveremos no apartado dedicado ao estado da
cuestión. Mais non existe unha investigación en profundidade e en exclusiva
centrada na representación da prostitución, da explotación sexual e da trata e do
tráfico de mulleres con fins de explotación sexual nos medios de comunicación.
5
7. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
2. A METODOLOXÍA
O obxecto desta investigación, como foi dito, é a análise das representacións
da prostitución, a explotación sexual, o tráfico e a trata de persoas con tal fin nos
medios de comunicación galegos. Partimos da hipótese de que a prensa non está a
representar en toda a súa complexidade a realidade da prostitución, de modo que
só unha parte é a que emerxe na axenda dos medios, tinguida por patróns propios
da ideoloxía sexista e dos moldes da informacións de sucesos.
Para contrastar dita hipótese, botouse man dunha dobre metodoloxía: por
unha banda a análise de contido, baseada na compilación de datos cuantitativos a
partir da análise das pezas analizadas; pola outra, a análise do discurso, que
permite afondar máis polo miúdo nas mensaxes e no imaxinario que estas crean.
A análise de contido foi aplicada a todas as pezas que, sobre prostitución,
explotación sexual e trata e tráfico de persoas con tal fin foron publicadas en
decembro de 2009 polos xornais diarios galegos (La Voz de Galicia, El Correo
Gallego, Galicia Hoxe, Faro de Vigo, La Opinión, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol,
Diario de Bergantiños, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, Atlántico Diario, La
Región, El Progreso, Xornal de Galicia), así como polo principal medio audiovisual
de ámbito autonómico, a Televisión de Galicia. Coa escolla temporal –ao longo de
todo un mes– pretendiamos analizar a representación ordinaria da prostitución, da
explotación sexual e da trata e tráfico de persoas. Queriamos saber en que medida
este tema formaba parte ou non da axenda diaria dos medios e a que patróns se
cinguía a información publicada sobre o mesmo no día a día.
A análise do discurso foi empregada, pola contra, para a análise de dous
casos que irromperon con particular capacidade de impacto nos medios. Por unha
banda, a noticia sobre a desarticulación policial, a finais de marzo de 2009, dunha
rede de prostitución, tráfico de mulleres e explotación sexual na Coruña, que se
anunciaba nas páxinas de anuncios de sexo de pago dos medios galegos. Por outra,
o conflito no barrio barcelonés da Boquería a raíz das queixas da veciñanza contra a
prostitución de rúa. Queriamos así analizar tamén o tratamento daqueles casos que
son merecentes dunha cobertura máis aló da ordinaria por parte dos medios de
comunicación.
Ambas as dúas metodoloxías, a análise de contido e a análise do discurso,
foron empregadas así mesmo para o estudo dos anuncios de contactos. Neste caso,
escollemos para a elección da mostra unha data ao azar dentro do período
determinado previamente para a análise da cobertura ordinaria da información: o
sábado, 19 de decembro de 2009.
2.1. Os obxectivos
En relación co obxecto de análise e coa hipótese de partida, configuramos os
obxectivos da investigación, que concretamos en seis:
1. Analizar a presenza da prostitución, a explotación sexual, o tráfico e a
trata de persoas con tal fin na axenda dos medios, así como o grao de
visibilización e presenza das e dos diversos protagonistas, actores espazos
e tipoloxías no exercicio da prostitución.
6
8. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
A meta que nos marcamos foi tratar de determinar en que medida esta
realidade é visibilizada, e sobre que aspectos da mesma se botan luz e
sobre cales non. Foron finalidades concretas, dentro deste obxectivo,
analizar:
o grao de presenza nos medios das distintas realidades nas
que se materializa o exercicio da prostitución: prostitución de
rúa e de barrio, prostitución de club, prostitución de pisos,
prostitución de luxo…
a correspondencia da presenza mediática coa que, en
realidade, cada unha destas tipoloxías ten hoxe en día no
mundo da prostitución.
o grao de presenza daqueles axentes que os medios destacan
como protagonistas nas súas informacións: mulleres, que
exercen a prostitución, homes que compran servizos sexuais,
proxenetas, veciñanza, asociacións…, co obxectivo de
determinar sobre que axentes se bota luz e cales fican na
sombra no protagonismo da información.
o marco explicativo, contextual e interpretativo no que os
medios de comunicación lle dan senso á realidade da
prostitución, a explotación sexual e o tráfico e a trata de
persoas con tal fin.
o grao de asunción da abordaxe informativa da prostitución, a
explotación sexual e o tráfico e a trata de mulleres como
violencia de xénero, como vulneración dos dereitos humanos
e/ou e dende a perspectiva de xénero.
2. Analizar que rutinas xornalísticas aplican as informadoras e
informadores na cobertura da prostitución, o tráfico de mulleres e o
comercio sexual
3. Analizar a relevancia concedida á información sobre prostitución, tráfico
de mulleres e comercio sexual nos medios analizados.
4. Analizar a linguaxe empregada e o uso de estereotipos.
5. Comparar o tratamento ordinario que, no día a día, os medios de
comunicación galegos lle outorgan á información sobre prostitución, a
explotación sexual e á a trata o tráfico de mulleres fronte ao tratamento
conferido a aqueles casos aos que, pola súa capacidade de impacto ou
outros criterios de noticiabilidade, os medios outorgan unha abordaxe
extra-ordinaria, fóra do que é habitual nas súas rutinas.
6. Analizar a presenza dos anuncios de contactos na prensa galega.
2.2. Análise de contido. Ficha de análise
A ficha para a análise de contido aplicada á cobertura ordinaria dos medios
foi construída en base a unha serie de variábeis (V), ligadas a cada un dos
obxectivos que nos marcamos como metas para a investigación.
7
9. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Obxectivo 1. Analizar a presenza da prostitución, o tráfico de mulleres e a
explotación sexual na axenda dos medios, así como o grao de visibilización
e presenza das e dos diversos protagonistas, actores espazos e tipoloxías
no exercicio da prostitución.
• V1: Temática abordada na información
• V2: Actores protagonistas da información
• V3: Actores secundarios
• V4: Os escenarios e a tipoloxía da prostitución (rúa e barrio, de club,
piso)
• V5: A inclusión de elementos contextuais e explicativos
• V6: O grao de aplicación da perspectiva de xénero
• V7: A identificación do tráfico de mulleres, a prostitución e a
explotación sexual como violencia de xénero.
• V8: A identificación do tráfico de mulleres, a prostitución e a
explotación sexual como vulneración dos dereitos humanos
• V9: O grao de presenza dos discursos abolicionistas, regulacionistas
ou xustificadores da situación actual.
Obxectivo 2. Analizar que rutinas xornalísticas aplican as informadoras e
informadores na cobertura da prostitución, o tráfico de mulleres e o
comercio sexual
• V10: Fontes empregadas para a elaboración da información
• V11: Xéneros xornalísticos
• V12: Autoría do relato
• V13: Enfoque: como suceso, político, económico, social, xurídico,
humano, científico…
• V14: Orientación do relato ao acontecemento ou ao tema
• V15: Perspectiva dende a que se constrúe o relato: informativa,
interpretativa, de opinión
Obxectivo 3. Analizar a relevancia concedida á información sobre
prostitución, tráfico de mulleres e comercio sexual nos medios analizados.
• V16: A presenza en portada
• V17: As seccións nas que se publica a información
• V18: Espazo que ocupa a información
• V19: Situación en páxina
• V20: Presenza ou non de ilustración
Obxectivo 4. Analizar a linguaxe empregada e o uso de estereotipos.
• V21: Termos usados para denominar á muller ou home que se
prostitúe
• V22: Termos empregados para denominar a quen compra servizos
sexuais
• V23: Conceptos utilizados para denominar ao proxeneta
• V24: Descrición e caracterización das mulleres ou homes que se
prostitúen
• V25: Descrición e caracterización dos homes que compran servizos
sexuais
• V26: Descrición e caracterización do proxeneta
• V27: Descrición e caracterización dos espazos nos que se exerce a
prostitución.
8
10. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Obxectivo 5. Analizar a presenza dos anuncios de contactos na prensa
galega.
A ficha empregada para a análise de contido dos anuncios de sexo de pago
baseouse así mesmo nas seguintes variábeis:
• V1: Número de anuncios de contacto por medio
• V2: Sección na que se publicitan
• V3: Tamaño dos anuncios
• V4: Acompañamento gráfico
• V5: Inclusión de páxina web
• V6: Tipoloxía dos anuncios. V7: Xénero de quen oferta ou de quen se
ofrecen servizos sexuais
• V8: Xénero da persoa destinatario dos anuncios de sexo de pago
• V9: Xénero de quen demanda sexo
• V10: Con que fins se demanda sexo
• V11: Qué se demanda: Mulleres, homes, persoas transxénero
• V12: Xénero das persoas que publicitan os bordeis
• V13: Procedencia das persoas que protagonizan os anuncios de sexo
de pago
• V14: Que se ofrece nos anuncios de sexo de pago
• V15: Modelos de feminidade e masculinidade presentes nos anuncios
de sexo de pago.
2.3. O marco teórico e o estado da cuestión
Encadramos esta investigación nos estudos sobre comunicación e xénero por
dous motivos fundamentais. En primeiro lugar, por estar a prostitución fondamente
cruzada pola construción social do xénero e o papel que a mulleres e homes se lle
destina na sociedade actual en función de parámetros sexistas e patriarcais. A
maioría das persoas que exercen a prostitución son mulleres, nunha sociedade que
marca a quen se prostitúe co estigma dos tópicos, os estereotipos e a marxinación.
Somos conscientes de que a ollada de xénero non é a única que cómpre ter
en conta para analizar unha realidade que hoxe en día está atravesada tamén por
outros fenómenos como as desigualdades inherentes á globalización neoliberal –a
maioría das persoas que exercen a prostitución non só son mulleres senón tamén
inmigrantes procedentes de países empobrecidos– mais si é unha perspectiva de
análise indispensábel para entender en toda a súa complexidade as características
e condicións en que se exerce a prostitución na sociedade actual, marcada por
fenómenos como a feminización da pobreza e ou protagonismo cada vez maior das
mulleres nos movementos poboacionais, impulsadas por proxectos migratorios
propios.
Por outra banda, a análise dos medios de comunicación dende a perspectiva
de xénero ten desvelado o papel dos medios tanto na invisibilización das mulleres,
como no tratamento informativo asimétrico que se lle depara a mulleres e homes e
a construción de estereotipos que alimentan a discriminación e a desigualdade. Os
medios de comunicación actúan así como activos axentes na construción social do
xénero dende perspectivas que, de modo máis ou menos explícito, contribúen a
afianzar os piares sexistas e patriarcais que asentan a sociedade. E ademais, a
desigualdade tamén se afianza no control dos medios: os medios de comunicación
seguen estando dirixidos fundamentalmente, por homes, que ocupan na súa maior
parte os postos de responsabilidade (Menéndez 2007: 68-70). Como sinala Joana
Gallego,
9
11. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
“La información, aparentemente neutra, universal, está sesgada por la
cosmovisión de género dominante, que no es otra que aquellos valores,
creencias actitudes e ideas que han conformado la identidad masculina
frente a la femenina” (Gallego 2007: 9).
Consideramos, pois, de interese, analizar cal é o tratamento que a
institución mediática –mantedora, como acabamos de ver, de parámetros
discriminatorios para coas mulleres– fai daquelas que están entre as máis
socialmente estigmatizadas, as que exercen a prostitución. E partimos da bagaxe
dunha liña de investigación que, dende principios dos 80, se esforzou en analizar as
desigualdades de xénero na representación dos contidos mediáticos. Dende aquel
primeiro estudo de principios dos 80, Umbral de la presencia de las mujeres en la
prensa española, das profesoras Concha Fagoaga e Petra María Secanella, e as
contribucións de todas aquelas pioneiras que xa a mediados da mesma década
comezaron a abrir camiño neste eido (Natividad Abril, Joana Gallego ou Rosa
Franquet), pasando pola introducción nos 90 dos estudios de xénero (con Rosa
Franquet ou Pilar López Díez) que desprazan o foco de atención das mulleres como
suxeito de estudo ao propio concepto de xénero, é dicir, a construción diferenciada
dos roles e estereotipos que se lle atribúen a mulleres e homes, até o asentamento
dos estudos sobre comunicación e xénero na década dos 2000, co soporte que lle
outorgan o recoñecemento académico e universitario, o apoio oficial e o respaldo de
asociacións e colexios profesionais. Tal e como sinala Isabel Menéndez,
“Hoy en día la perspectiva de género ha logrado imponerse en multitud de
espacios y empieza a ser frecuente encontrarla en estudios e
investigaciones del ámbito académico, aunque todavía sea una línea de
trabajo minoritaria y juzgada, en demasiadas ocasiones, a través de los
prejuicios de una agencia que se resiste a cambiar” (Menéndez, 2007: 59)
2.3.1. Análises e estudos sobre a representación da prostitución nos
medios
Porén, como foi dito, apenas se abordou até o momento a análise das
representacións da prostitución, a explotación, e a trata e o tráfico de mulleres con
fins de explotación sexual na prensa. Unha das escasas achegas ao respecto parte
precisamente dunha das pioneiras no estudo da representación das mulleres nos
medios de comunicación, Concha Fagoaga. Na súa participación no Congreso
internacional “Derechos humanos y prostitución”, a autora poñía de relevo a
contradicción entre a escaseza de informacións sobre prostitución e o amplo espazo
ocupado a diario polos anuncios de sexo de pago e, ademais, tamén entre os
beneficios obtidos polos medios nesas páxinas publicitarias –que veñen
incrementando este tipo de anuncios dende finais dos 80– e o pouco investimento
realizado en informar sobre problemáticas asociadas á prostitución. Fagoaga facía
constar así mesmo o dobregamento da información sobre prostitución á nota
policial e á nota ou reportaxe sobre os conflitos veciñais (Fagoaga, 2007: 201-202).
A representación da prostitución nos contidos informativos dos medios é
posta en relación co carácter sexista da prensa de modo explícito na Guía de
buenas prácticas para periodistas y comunicador@s. Prostitución y tráfico de
mujeres con fines de explotación sexual en los medios de comunicación. Achácase
así a invisibilidade da prostitución a unha “solapada censura por parte de los
medios de comunicación, que son patriarcales” (Alba (ed), 2000: 29). Tal e como
explicita noutro artigo a súa editora, Yolanda Alba, os medios de comunicación caen
nun tratamento sensacionalista e banalizador da información que contribúe a
normalizar a prostitución:
10
12. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
“Aún cuando la información debe ser el motor principal de una política de
prevención y denuncia de las violencias, podemos constatar que los
medios de comunicación al uso sólo buscan el sensacionalismo y la
polémica que “venden”, fomentando así un discurso de propaganda que
refuerza esta violencia. Esta propaganda tiene efectos diferentes: por un
lado, legitima y banaliza comportamientos que ya no son considerados
como atentados contra la dignidad humna (ser prostituída es “normal”.
(Alba 2006: 52).
Alba detense así mesmo nas características das informacións sobre
prostitución: fontes fundamentalmente institucionais (policiais e en menor medida
xurídicas); escaso recurso ás propias prostitutas, a voces expertas ou de carácter
asociativo como fontes; emprazamento da información nas seccións de sucesos ou
de carácter local no canto doutras máis acordes coa relevancia do tema, como
internacional ou nacional, e desprazamento do protagonismo das mulleres que
exercen a prostitución a un segundo ou terceiro plano ─“más importante y
comercial puede ser la popularidad de su chulo o la identidad escabrosa de sus
clientes”, en verbas da autora” ─. (Alba 2006: 52-56). Unha figura, a do comprador
de sexo, que pasa só a primeiro plano cando a relevancia pública do persoeiro pode
ser aproveitada como gancho morboso. No estudo Una aproximación al perfil del
cliente de la prostitución femenina en la Comunidad de Madrid, baseado nunha
análise de contido de prensa do 2002, facíase constar a invisibilidade, na
información, da figura do comprador de sexo. O que ratifica o xornalista Hubert
Dubois, para quen informar sobre o demandante de comercio sexual non é
considerado nos medios politicamente correcto (Dubois, 154: 2006).
O tratamento da prostitución nos medios de comunicación tamén foi
abordado dende o grupo de investigación CIDACOM, da Universidade de Santiago
de Compostela. Nas dúas investigacións realizadas polo CIDACOM en 2007 e 2008
sobre o tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos,
facían constar a escasa presencia de informacións referidas á prostitución nas
informacións publicadas sobre violencia machista nos períodos analizados
(setembro de 2007 e xullo de 2008). As investigacións partían da concepción da
violencia de xénero como unha realidade multifacética, no sentido apuntado no
punto 2 da Declaración de Compostela (endecálogo aprobado en 2004 a iniciativa
do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que recolle un conxunto de
recomentacións para a mellora da violencia de xénero na cobertura mediática):
“Este tipo de violencia non só se manifesta nos malos tratos dentro do ámbito
doméstico, senón tamén nos abusos e agresións sexuais, no acoso laboral, na
prostitución, e na violencia específica e singular contra as nenas”.
Tamén dende o CIDACOM, unha das súas investigadoras, membra por outra
banda do equipo de investigación que asina o presente estudo, abordou de maneira
específica a análise da prostitución nos medios de comunicación galegos en varios
artigos. Neles, a parte de insistir en cuestións xa apuntadas (a invisibilidade na
axenda temática, o tratamento como suceso, o carácter inducido da información e a
ausencia de investigación xornalística), faise fincapé na visibilización de
determinados ámbitos (a prostitución de clube) fronte a outros (a prostitución de
rúa ou de piso); a ausencia, no que aos actores da información se refire, dos
compradores de sexo, así como a escasa elaboración da información
(fundamentalmente presentada como noticia, sen apenas presenza doutros xéneros
que permitan contextualizar mellor os feitos e adentrarse nos ámbitos do
xornalismo interpretativo) (Puñal 2007: 52-54).
11
13. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
2.3.2. Os anuncios de sexo de pago
Os anuncios de sexo de pago tamén foron obxecto de análise en achegas de
autoras como Ana MaríaVigara e María José Barahona. Vigara abonda, no traballo
que publica en Género, sexo, discurso (Ediciones del Laberinto, 2002), nas
prácticas discursivas dos anuncios de sexo de pago publicados na prensa española
de referencia incidindo nas asimetrías de xénero neles presentes. Barahona
constata, trala análise de máis de 17.000 anuncios de prensa, a preponderancia da
prostitución feminina neles (no 83,7% das pexas analizadas) fronte á prostitución
de mulleres transxénero (no 5,2% dos casos) e a masculina (no 11%), que se
dirixe fundamentalmente tamén a homes (Cortes Generales, 2007: 108). A
investigadora evidencia ademais, tal e como destaca na súa intervención para o
Informe de la Ponencia sobre la situación actual de la prostitución en nuestro país
Rosario Carracedo Bullido, que existe tras estes anuncios unha estrutura
organizativa, sometida ao proxenetismo, da que dan conta tanto a formulación do
anuncio, a variedade de mulleres ofrecidas por local e a repetición dos mesmos
teléfonos en diversos anuncios (Cortes Generales, 2007: 105). Belén Puñal, pola
súa banda, constata nos medios galegos o incremento dos anuncios de contactos
dende finais dos 80 do que xa tiña falado con anterioridade Concha Fagoaga e
demostra o seu auxe de modo parello ao da prostitución de piso, que foi a máis
tralo endurecemento do castigo ao proxenetismo na reforma de 2003 do Código
Penal e a consecuente procura nos pisos, por parte dos proxenetas, dun lugar máis
protexido da vixilancia policial.1
2.3.3. A prostitución nos estudos sobre a representación das mulleres
inmigrantes
Son varios os estudos que abordan o tratamento da prostitución nos medios
de maneira tanxencial á análise da presenza e representación das mulleres
inmigrantes nos mesmos. Neles adoita destacarse a invisibilidade deste colectivo –
moito máis oculto na prensa que os homes inmigrantes– e a sobrerrepresentación,
nos escasos contidos informativos que delas falan, da prostitución fronte a outras
facetas da inmigración feminina no Estado español (Giró 1999, Pérez Wolfram
2003, Aierbe 2008, Masanet e Ripoll 2008, Catagnani e Colorado 2009). Así, en
verbas de Peio Aierbe,
“Donde hay una mirada sostenida por parte de los medios es hacia las
vicisitudes relacionadas con la prostitución. Y aquí, el tratamiento es
significativo en cuanto al número y bastante unificado en la manera de
abordarlo, a saber, presentando un panorama de mujeres traficadas que
son liberadas de su situación por la policía y que son víctimas,
fundamentalmente, de mafias de sus propios compatriotas. A diferencia
de la invisibilidad de la que venimos hablando, nos encontramos aquí con
una sobrerepresentación, siendo hipervisibilizadas en relación con el
porcentaje que representan del colectivo de mujeres inmigrantes”
(Aierbe 2008: 17).
1
Parte da análise dos anuncios de sexo de pago publicados en varios dos principais xornais
galegos (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, El Progreso, e La Región) nas
xornadas do 2 de xuño dos anos 1987, 1997, 2002, 2007 e 2009.
12
14. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Coinciden estes estudos, polo xeral, en destacar a representación das
mulleres inmigrantes, non como axentes activos co seu propio proxecto migratorio,
senón nun rol pasivo, a miúdo en informacións negativas e como vítimas doutros
varóns (proxenetas, parellas…) tamén inmigrantes, sobre os que se fai recaer a
única responsabilidade do problema, obviando así o papel que poidan ter a propia
sociedade de acollida ou os mecanismos polos que se regula. Fronte á vitimización
das mulleres inmigrantes, as representacións dos homes están ligadas pois ao
mundo do delito e a inseguridade cidadá. A muller inmigrante pode aparecer
tamén, aínda que en menor medida, vinculada ao rol de delincuente, mais neste
caso adoita facelo tamén en relación co mundo da prostitución, como no caso, por
exemplo, das “madames” (Masanet e Ripoll 2008: 179-180) e das mulleres que
exercen a prostitución na rúa, cada vez máis perseguida polas regulacións locais,
como veremos máis adiante. Sobre o tratamento informativo das mulleres que
exercen a prostitución, Clara Pérez Wolfram aconsella, no conxunto de
recomendacións que propón para a mellora da abordaxe informativa das mulleres
inmigrantes,
“En las informaciones sobre desarticulación de redes y mafias de
prostitución, informar sobre el destino de las mujeres ´liberadas`, sobre
las consecuencias de una posible expulsión, procurando recoger su
testimonio” (Wolfram 2003)
A investigadora fai tal recomendación ao constatar que, na cobertura
informativa de redadas e detencións de mulleres que exercen a prostitución pola
súa situación irregular no país, adoito non se informa do destino destas mulleres,
se foron ou non expulsadas do Estado, malia isto supor a fin do seu proxecto
migratorio. A prensa pon pois o foco no suceso e na súa efectividade, mais non se
detén no contexto, na análise de causas e de consecuencias
2.3.4. Os medios de comunicación dende o abolicionismo e o
regulacionismo
A análise representación da prostitución nos medios de comunicación varía
de modo notábel no abolicionismo e no regulacionismo. Así, dende o abolicionismo
considérase aos medios cómplices e promotores da cultura da prostitución, así
como de transmitir unha visión da mesma como realidade inevitábel (Alecrín, 2006:
1). Denúnciase así mesmo o feito de os medios teren un papel fundamental na
socialización de xénero e na consecuente transmisión dun determinado imaxinario
relacionado coa compra de sexo de pago.
“A normalización nas canles de comunicación –que baixo a pátina de
ser informativos, están incitando e mostrando este tipo de servizos para o
consumo– fai aceptable, accesible e alcanzable a entrada neste mundo. A
televisión, a prensa e o “boca a boca” cos colegas favorece que circule a
información” (Gómez e Pérez, 111).
Dende o abolicionismo denúnciase á pornografía pola súa contribución á
configuración dun imaxinario sexual de fondo contido patriarcal e mesmo, como no
caso defende a autora Catherine Mackinnon, como unha rama máis da prostitución:
“Es una variante tecnológicamente sofisticada de trata de mujeres. Las mujeres son
las mismas, las actividades son las mismas, las relaciones de poder son las mismas,
la desigualdad es la misma”, afirmaba nunha entrevista realizada pola axencia
Ameco Press (Babiker, 2010). 2
2
A pornografía foi, por certo, centro dunha tensa polémica no feminismo nos anos 80, que en certo
modo lembra as tensións actuais sobre a prostitución. Entón, as feministas que a defendían ligaban a
13
15. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Tamén, e de acordo coa ligazón que dende o abolicionismo se fai entre
prostitución e trata e tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual
(insístese en que trata e o tráfico non existirían se non houbera demanda de sexo
de pago), se critica a incoherencia nos medios ao denunciar as mafias pero non a
prostitución.
Critícase ademais dende o abolicionismo o uso que se fai de conceptos como
autodeterminación, liberdade sexual ou liberdade de movementos para
promocionar a través deles sectores da industria do sexo (Alba, 2006: 52) e
acúsase o revisionismo semántico que se leva cabo dende os medios de
comunicación. “A desinformación, a banalización, a lexitimación da violencia, da
trata, da prostitución e da pornografía obtéñense a través dun “revisionismo
semántico”. Desta forma tranfórmanse as palabras, os conceptos e os principios
inherentes aos Dereitos Humanos das mulleres”, recolle M. Markovich en Guía de
buenas prácticas para periodistas y comunicadores (Alba, Y. (ed) 2000: 5).
Desde o regulacionismo insístese en que a visión dos medios, focalizada na
detención de redes de trata e tráfico de persoas con fins de explotación sexual,
constitúe en si un espello deformante, canto que obvia as múltiples facetas da
prostitución, e ignora a realidade das mulleres que exercen de modo voluntario.
Para Laura Oso, este discurso “non pon de relevo a complexidade desta realidade
social, subliñando case exclusivamente a súa vertente máis sensacionalista e
reducindo a figura da traballadora do sexo inmigrante ao papel pasivo da vítima
traficada e obrigada”. (Oso, 2004: 27 e 28).
Poñen de relevo, por outra banda, que a proliferación de informacións sobre
mafias ten como efecto perverso a criminalización do exercizo da prostitución e a
vitimización das persoas que nela traballan. En verbas de José Luís Riopedre,
“… os medios de comunicación de masas fan especial fincapé nalgunhas
formas moi determinadas de prostitución, que son as que crean gran
alarma social e terxiversan ao mesmo tempo a correcta interpretación do
fenómeno”, afirma José Luís Riopedre (Riopedre, 2004: p. 205).
E, cuestiónase ademais, a información dos medios sobre a magnitude do
engano propiciado polas mafias:
“También parece posible establecer que, contra la opinión comúnmente
extendida y difundida por los medios de comunicación, se da mucha mas
explotación que engaño. En la mayoría de los casos, las muchachas saben
a qué se van a dedicar, aunque ignoran en el momento de adquirir el
compromiso, la magnitud de la obligación económica que están
asumiendo.” (Juliano 2004: en liña)
As diferencias na perspectiva dende a que ambas as dúas posicións ollan os
medios trasládase tamén aos anuncios de contactos: dende a aposta pola súa
eliminación, dende o abolicionismo, até a súa defensa como “un buen instrumento
para la captación de clientela de todas aquellas trabajadoras sexuales que,
trabajando libremente y de manera autónoma, no quieren exponerse a hacerlo en
lugares públicos” (Garaizábal 2009: en liña). Mais sobre este aspecto, abondaremos
máis polo miúdo no apartado dedicado á análise dos anuncios de sexo de pago
(cifr. capítulo 4).
oposición á mesma a un moralismo de raíces cristiás, posición que latexa por detrás das críticas que se
fan dende o regulacionismo cando se acusa ás posturas partidarias da abolición da prostitución de
manteren perxuízos canto ao sexo.
14
16. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
3. O CONTEXTO POLÍTICO E LEGAL
Situamos neste apartado a prostitución no seu contexto político e legal, co
fin de situar mellor a realidade cuxa representación analizaremos nos contidos
mediáticos. Nese contexto incardinaremos as liñas que cruzan o debate actual
sobre prostitución medios, e políticas públicas.
A regulación da prostitución acometeuse no Estado español durante o
franquismo mediante o Decreto Lei de 3 de marzo de 1956, sobre abolición dos
centros de tolerancia, no cal se se declaraban clausuradas as “mancebías y casas
de tolerancia”. A regulación penal aparece coa reforma do Código Penal de 1963,
na que España daba cumprimento ao Convenio Internacional para a represión da
trata de persoas e da explotación da prostitución allea, de 21 de marzo de 1950,
ao que se adherira en 1962. A reforma consideraba puníbel calquera participación
na prostitución, ainda que optaba pola non incriminación desta. En 1970,
finalmente, coa Lei de Perigosidade e Rehabilitación Social, incluíronse como
“estados perigosos” os das persoas prostituidas, previndose como medidas de
seguridade internamentos de até tres anos de privación de liberdade.
Xa na etapa democrática, o Código Penal aprobado por LO 10/1995, de 23
de decembro, continuou con esta formulación: sanción exclusiva dos actos levados
a cabo por terceiras persoas. Porén, suprimiu dos comportamentos puníbeis o
“rufianismo” (vivir en todo o en parte a expensas das persoas prostituidas), o
proxenetismo locativo (arrendamento ou cesión de locais para o exercicio da
prostitución) e a corrupción de menores, que se reintroduciu nas reformas
ulteriores. As modificacións do Código Penal en 1999 e dúas veces no 2003
realizaron unha revisión dos tipos penais coa fin de protexer aos menores e
incapaces e consolidar e perfeccionar as normas para combater o tráfico ilegal de
persoas, así como impedir interpretacións que impediran penar determinadas
condutas de especial gravidade.
Unha última reforma, en novembro de 2009, instauraba por primeira vez
unha sanción penal para o cliente da prostitución cando a relación sexual se
practicar con menores ou con persoas que non poden decidir por si propias –El
Código Penal se endurece para la corrupción y los delitos sexuales, El País do 13 de
Novembro de 2005–.
Na lexislación estatal vixente, entre a que cabe destacar a Constitución
Española e o Código Penal é Civil, non se considera a prostitución como constitutiva
de delito, senón só as situacións relativas a esta que supoñen unha limitación da
liberdade sexual da vítima ou o aproveitamento da súa debilidade, ou que
favorecen a prostitución de menores ou persoas incapaces. Estas refírense
igualmente á prostitución femenina e á masculina, clasificándose os tipos delitivos
segundo recaian sobre menores de idade ou persoas incapaces ou sobre maiores de
idade.
A parte da lexislación estatal, cómpre ter en conta as regulacións locais. O
25 de xaneiro de 2006 entraba en vigor a Ordenanza Cívica do Concello de
Barcelona, na que se regulaba, entre outras moitas cuestións, sobre o exercicio da
prostitución na vía pública.
15
17. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
O alcalde de Barcelona, Joan Clos, explicaba co gallo da presentación do
anteproxecto que o goberno municipal non tiña competencias para prohibir a
prostitución, que non é ilegal no Estado español, mais si para actuar no caso de
esta tomar o espazo público e se converter nunha fonte de problemas de
convivencia –La ordenanza sobre civismo en Barcelona multará a clientes del 'top
manta' y de prostitutas con hasta 500 euros, Europa Press do 18 de Outubro de
2005–. As multas ás prostitutas que exercían a prostitución de rúa provocaron
críticas en numerosos colectivos, especialmente cando, ao aplicar a agravante de
reincidencia, as contías comezaron a pasar de infracción leve, multada con até 750
euros, a chegar até os 3.000 euros –Barcelona impone multas de hasta 3.000 euros
a las prostitutas, El País do 11 de Febreiro de 2006–. A acción contra a prostitución
de rúa, defendida dende a administración local como unha maneira máis de loitar
contra as redes, significou nos primeiros cinco meses 2.000 das 17.000 multas
impostas –2.000 de las 17.000 multas de la ordenanza de Barcelona son por
prostitución callejera, El País do 11 de Febreiro de 2006–, o que dá boa conta o
peso que esta cuestión tiña entre as moitas que regulaba a ordenanza.
Malia ás críticas, a Ordenanza Cívica non só segue vixente, senón que o
modelo foi imitado en boa parte por outras cidades do Estado, como Lleida,
Granada, Sevilla, Valencia, Castellón, Bilbao Calvià, El Ejido ou La Jonquera
(Girona). Ademais diso, algunhas cidades, como Sevilla –'¿Tan poco vales que
tienes que pagar?', carteles contra la prostitución en Sevilla, 20 Minutos do 28 de
Agosto de 2008– ou Valencia –Valencia lanza una campaña contra clientes de
prostitutas, El País do 25 de Novembro de 2008– realizaron campañas contra os
consumidores de sexo de pago, con lemas como “¿Tan poco vales que tienes que
pagar?” ou “Tu dinero hace mucho daño. Porque tú pagas existe la prostitución”.
Estas campañas terán continuación máis adiante noutras do Ministerio de
Igualdade, encadradas dentro do Plano Integral Contra a Trata de Seres Humanos
con Fins de Explotación Sexual.
En Galicia, presentouse a 19 de xuño de 2009 en Lugo o Borrador de
Ordenanza de Civismo. O capítulo 6, “Emprego do espazo público para o
ofrecemento e demanda de servizos sexuais”, recolle a prohibición de “ofrecer,
solicitar, negociar ou aceptar, directa ou indirectamente, servizos sexuais
retribuídos no espazo público cando estas prácticas exclúan ou limiten a
compatibilidade dos diferentes usos do espazo público”, e especialmente “cando
estas conductas se leven a cabo en espazos situados a menos de douscentos
metros de distancia de centros docentes ou educativos”, recolléndose a posibilidade
dunha sanción de até 750 euros. No caso de “manter relacións sexuais mediante
retribución por elas no espazo público”, a multa pode ascender até os 1.500. A día
de hoxe, esta ordenanza continúa sen aprobar.
O mesmo día de entrada en vigor da ordenanza barcelonesa, o Govern de la
Generalitat de Catalunya anunciaba un Plano de Regulación da Prostitución –La
Generalitat catalana regulará el ejercicio de la prostitución y lo limitará a los
burdeles, El País do 25 de xaneiro de 2006–, no que, ao tempo que se tiñan visións
regulacionistas, dábase apoio á ordenanza cívica ao pretender regular esta práctica
unicamente en locais con licenza legal. A iniciativa provocou a recollida de sinaturas
na súa contra de 15 organizacións feministas, de posición abolicionista, e o
Instituto da Muller acusou ao goberno catalán de invadir competencias que non lle
correspondían e marcar un retroceso ao regular "una práctica intrínsecamente
degradante, incompatible con los valores de una sociedad democrática" –El
laberinto de la prostitución, Sur do 13 de febreiro de 2006–.
16
18. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Ademais, no seo do propio tripartito tamén se produciron discrepancias
sobre como levar adiante o plano. Finalmente, considerando o asunto “demasiado
polémico” –El Gobierno catalán aplaza regular la prostitución, El País do 13 de
marzo de 2007–, o plano foi aprazado en marzo do ano seguinte, sen que se
retomara o proxecto até o momento.
O día 4 de abril de 2006. a Comisión Mixta dos Dereitos da Muller e da
Igualdade de Oportunidades das Cortes españolas, na súa decimoterceira sesión,
ratificaba o acordo que a Mesa e os Portavoces tomaran trece días antes. Dito
acordo instaba a crear unha ponencia, no seo da Comisión, para o estudo da
situación actual da prostitución no Estado e a concreción de orientacións e
propostas transversais, cumprindo así a moción aprobada polo Pleno do Congreso a
14 de febreiro daquel ano. Para a creación desta ponencia, “por deferencia ao
Senado”, aproveitábase a existencia nesta cámara dunha comisión xa creada, pero
non constituída, sobre este fenómeno (Comisión Especial de Estudo sobre a
realidade e problemática que no ámbito xurídico, económico, político e social
presenta o fenómeno da prostitución, núm. expte. 650/1). A Ponencia estaría
integrada por 3 ponentes de cada un dos grupos maioritarios e 1 por cada un dos
restantes grupos da Comisión.
Con data 19 de abril a ponencia quedou constituída, actuando como
membros María Escudero Sánchez, Lourdes Muñoz Santamaría e María Antonia
Martínez García polo Grupo Socialista, Susana Camarero Benitez, María Enriqueta
Seller Roca de Togores e Rosa María Romero Sánchez Grupo Popular, Rosa María
Bonàs Pahisa polo Grupo de Esquerra Republicana, Mercè Pigem Palmés polo Grupo
Catalán (Convergència i Unió), María Assumpta Baig i Torras polo Grupo
Parlamentario Entesa Catalana de Progrés, Carme García Suárez polo Grupo de
Izquierda Unida – Iniciativa per Catalunya Verds, Inmaculada Loroño Ormaechea
polo Grupo de Senadores Nacionalistas Vascos e Román Rodríguez Rodríguez e José
Ramón Urrutia Elorza polo Grupo Mixto .
As conclusións de dita ponencia destacaban a relación entre o fenómeno da
prostitución nos países ricos e a feminización da pobreza, considerando necesaria
contemplalo no marco do Convenio das Nacións Unidas para a Represión da Trata
de Persoas e da Explotación da Prostitución Allea, de 1948, así como coa Resolución
do Parlamento Europeo do 2 de febreiro de 2006 que insta a loitar contra a idea de
que a prostitución é equiparábel a un traballo. Deste xeito, considérase a
prostitución relacionada co tráfico e trata de mulleres, un atentado contra os
dereitos humanos “creciente en el ámbito europeo/ países occidentales ” que
move entre 5 e 7 billóns de dólares e afecta a 4 millóns de víctimas, segundo a
ONU. Así mesmo, advirte que nos países nos que a prostitución está regulada “se
ha incrementado tanto la actividad de la prostitución como el tráfico y la trata de
seres humanos”.
No que di respecto ás mulleres en situación de prostitución, afirmase que
son, na súa maior parte, inmigrantes en situación irregular, con especial dificultade
para saír da prostitución, maior aínda no caso de vítimas da trata. A grande maioría
están “en situaciones degradantes, con privación de su libertad, con fuerte grado
de dependencia de las organizaciones por las que están explotadas y sufriendo
vulneraciones de los derechos humanos”, polo que sofren secuelas, “tanto físicas
como psicológicas”.
17
19. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Neste sentido, ínstase a fomentar e facilitar denuncia das redes por parte
das vítimas e a mitigar as causas sociais que levan a moitas persoas á prostitución
contra a súa vontade, impulsando planos integrais de actuación de abordaxe da
explotación sexual e o tráfico e trata de mulleres, facilitando a integración
sociolaboral e incluíndo axudas económicas, atención psicolóxica e emocional e
recursos para mellorar o nivel de formación, cultural e educativo das mulleres en
situación de prostitución. Finalmente, chama a garantizar a existencia e o acceso a
unha rede de servizos de atención ás vítimas de explotación sexual.
No eido das medidas xurídicas e policiais, rexéitase a regulación da
prostitución como profesión, alegando que “tendría graves problemas de encaje
jurídico, tanto con el derecho laboral y derechos de los trabajadores, respecto de
las modalidades laborales como en relación a los derechos básicos y la legislación
en materia de derechos de las mujeres”, ao tempo que se apunta que este
fenómeno xera preocupación entre a ciudadanía. Por todo isto, considérase
necesario impulsar “la correcta aplicación de la legislación vigente en relación con la
persecución del trafico con fines de explotación sexual”, mellorando algúns
mecanismos e instrumentos para a recolección de probas e a coordinación
institucional nesta materia.
Por último, desde a Ponencia recoméndase coñecer en profundidade a
situación da prostitución con investigacións cuantitativas e cualitativas, desanvolver
políticas de prevención que lle transmitan á sociedade que a prostitución é unha
forma de violencia de xénero e unha práctica que atenta contra os dereitos
humanos, impulsar accións para que a cidadanía coñeza a situación das prostitutas
e facer especial fincapé na educación “para una sociedad de hombres y mujeres con
igualdad de derechos y oportunidades”.
Como resposta ás pretensións da Generalitat de regular a prostitución, e no
cadro previo ao comezo das sesións da Ponencia sobre la prostitución en nuestro
país (154/9), o Ministerio do Interior español xa anunciara que os seus propósitos
neste eido pasaban pola loita contra a trata de mulleres co obxectivo da explotación
sexual e non pola regularización –Interior ultima un plan contra la prostitución
forzada, El País do 30 de abril de 2006–, polo que xa traballaba nun plano contra a
prostitución forzada. O Plano Integral Contra a Trata de Seres Humanos con Fins de
Explotación Sexual, que en 2006 xa se presentaba como próximo a estar acabado,
tivo que esperar para ser aprobado até o 12 de decembro de 2008, e foi acollido
con moitas reservas por colectivos abolicionistas como polos regulacionistas –Las
abolicionistas ven el plan contra la trata de mujeres "insuficiente e inútil", El País do
12 de decembro de 2008–.
Este plano define a trata de seres humanos como “un fenómeno de
preocupantes dimensiones que constituye una de las más escandalosas y
sangrantes formas de reducción del ser humano a simple mercancía y representa
una de las violaciones más graves de los derechos humanos”, considerando aquela
que se realiza con fins sexuais “una de las vertientes más crueles de este ilícito
comercio” na que se reflicte a situación de desigualdade na que se encontran as
mulleres. Perante isto, presenta catro principios rectores nos que se basea o plano:
a perspectiva de xénero, a consideración da trata como una violación dos dereitos
humanos, a realidade transnacional do fenómeno e a definición como un delito no
que é imprescindíbel a actuación policial e xudicial.
18
20. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
A partir destes principios rectores, e cunha duración de tres anos (2009-
2012), o plano propón como obxectivos sensibilizar á sociedad para provocar
“tolerancia cero” contra a trata con fins de explotación sexual, combater as causas
da trata nos países de orixe, desenvolver medidas desde unha perspectiva integral,
asegurar a asistencia e protección ás vítimas e loitar decididamente contra a trata
de seres humanos con fins de explotación sexual, a través de medidas de
sensibilización, prevención e investigación, educación e formación, asistencia e
protección ás vítimas, lexislativas e procedimentais e de coordinación e
cooperación. Formúlase igualmente a creación dun grupo interministerial para o
seguimento e avaliación, que estea formado por representantes dos ministerios de
Asuntos Exteriores e Cooperación, Xustiza, Interior, Educación, Política Social e
Deporte, Sanidade e Consumo, Trabalo e Inmigración e Igualdade.
No marco deste Plano, o 18 de xaneiro de 2010, a Xunta de Galicia e o
Tribunal Superior de Xustiza asinaban un protocolo de actuación fronte a trata de
persoas con fins de explotación sexual –La Xunta y el TSXG firman un protocolo
para dar seguridad a las vítimas que denuncien, La Voz de Galicia do 18 de xaneiro
de 2009–. Neste, destaca a posibilidade de conceder o permiso de residencia ás
mulleres que se encontren no país de modo irregular, co obxectivo de favorecer o
testemuño das vítimas. Na sinatura do protocolo, o presidente Nuñez Feijoo indicou
que o goberno galego ten asinados convenios con ONG para a posta en
funcionamento de centros destinados á protección das mulleres que denunciaran os
explotadores.
En setembro de 2009, a prostitución saltaba de novo ao debate político,
nesta ocasión a raíz dunhas fotos nas rúas do centro de Barcelona, publicadas polo
diario El País a primeiro de mes –Sexo de pago en plena calle junto al mercado de
La Boqueria, El País do 1 de setembro de 2009–. O escándalo en Cataluña lembrou
a paralización do plano de regulación da prostitución e o alcalde de Barcelona,
Jordi Hereu, no medio do escándalo mediático, reclamaba aos gobernos catalán e
central a creación dunha lei que regulara a prostitución e ao tempo impedira a súa
presenza nas rúas –Barcelona pide una ley que prohíba la prostitución en la calle, El
País do 5 de setembro de 2009–, petición á que se sumaría dous días despois a
presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre –Aguirre: «Soy partidaria
de regular la prostitución; lo demás es hipocresía», ABC do 7 de setembro de
2009–. Outros partidos e políticos mostraron o seu rexeitamento á posibilidade da
regulación e no propio seo do Partit Socialista de Catalunya, no que milita Hereu,
iniciador do debate, as posturas estaban tremendamente enfrontadas –Hereu divide
a las mujeres del PSC al exigir que se regule la prostitución, El País do 15 de
setembro de 2009–.
Neste cadro político, o 18 de setembro, o deputado Joan Tardà, de Esquerra
Republicana de Catalunya, presenta unha moción no Congreso dos Deputados
español na que solicita ao Goberno a regulación da prostitución como oficio, así
como os impostos que deben pagar quen decida exercelo. A moción presentaba
puntos de encontro con algúns partidos, que pretendían debatela punto a punto,
mais ERC esixiu que a proposta fose votada en bloque –El Congreso rechaza
regular la prostitución, El País do 23 de setembro de 2009–. O resultado final foi de
unicamente cinco votos a favor (os tres parlamentarios de ERC, Joan Herrera de
Iniciativa per Catalunya/Verds, e Rosa Díez de Unión, Progreso y Democracia). Tres
centos vinte e nove parlamentarios mostraron o seu rexeitamento á moción
votando en contra, mentres que os seis restantes (os deputados do Bloque
Nacionalista Galego, Nafarroa Bai e Coalición Canaria) se abstiveron.
19
21. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
O último debate aberto no seo do goberno español é o da posíbel eliminación
dos anuncios de sexo de pago publicados nos xornais. A súa prohibición é unha
petición de vello dos grupos abolicionistas e no Estado xa saen sen estes anuncios
Público, 20 Minutos, La Gaceta e Qué! desde e a súa aparición e La Razón desde o
23 de decembro do ano pasado, debido a un acordo co xornal vaticano
L'Osservatore Romano. A ministra Bibiana Aído xa cualificara de “vergüenza” esta
publicidade con ocasión da votación da devandita proposta de Joan Tardá –Aído
considera que los anuncios de contactos son una «vergüenza» , La Voz de Galicia
do 16 de setembro de 2009–. O doce de maio deste mesmo ano, o Ministerio de
Igualdade solicitaba ao Consello de Estado que elaborara un relatorio sobre as
alternativas legais á súa prohibición –Igualdad busca vías contra los anuncios de
prostitución, El País do 14 de maio de 2010–. A medida encadrábase no Plano
Integral Contra a Trata de Seres Humanos con Fins de Explotación Sexual, e tiña
como antecedente máis inmediato a petición neste sentido do deputado de Unión
del Pueblo Navarro Carlos Salvador. Dous meses mais tarde, Salvador volvía a
insistir na petición no debate sobre o estado da nación –Rechazo a los anuncios de
prostitución, Público do 15 de xullo de 2010–, e nesta ocasión, o presidente José
Luis Rodríguez Zapatero amosaba o seu apoio á medida da ministra Bibiana Aído
afirmando que a existencia destes anuncios contribúe á normalización da
explotación das mulleres, polo que “deben eliminarse”. Ao pouco tempo, a
Asociación de Diarios Españoles manifestouse completamente en contra da
prohibición dos anuncios de sexo de pago, como de calquera outra actividade
considerada lícita: “Si el Gobierno entiende que deben suprimirse, debería adoptar
las medidas necesarias para prohibir la prostitución” –Los editores, contra Zapatero
por querer prohibir publicidad, Atlántico Diario do 17 de xullo de 2010–.
O debate sobre os anuncios de sexo de pago encirrouse aínda máis co
desmantelamento neste tempo dunha suposta rede de explotación de mulleres, que
os medios de comunicación relacionaron directamente con este tipo de publicidade:
–Cae red de prostitución que controlaba el 50 por ciento de anuncios en prensa,
ABC do 23 de xullo de 2010–. O colectivo Hetaira, desde unha perspectiva
regulacionista, denunciaba daquela, nunha nota de prensa, que os testemuños que
recolleran das prostitutas “nada tienen que ver con lo que ha salido en los medios
de comunicación ni en las noticias filtradas por la policía”, e acusaba ao goberno
español de estar máis interesado “en los 'golpes de efecto' para preparar las
condiciones para la eliminación de los anuncios de contacto que en defender los
derechos de las mujeres que trabajan en la prostitución”. A día de hoxe, a iniciativa
do Ministerio de Igualdade segue adiante3.
Dentro do debate institucional no ámbito galego, cómpre referirse ao
relatorio sobre a prostitución divulgado en marzo de 2009 polo Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia –El negocio de la prostitución crece en Galicia y extiende sus
redes de captación por el extranjero, La Voz de Galicia do 25 de marzo de 2009–.
Neste informe advertíase do aumento do consumo de sexo de pago na nosa
comunidade, especialmente nos clubs situados nas estradas que nalgúns casos
chegaron a converterse “en auténticos complexos hostaleiros”.
3
Despois de rematada a redacción de este estudo, o Congreso español aprobou a 21 de setembro una
proposición non de lei na que se insta ao Goberno a, una vez que o Consello de Estado emita un informe
sobre a cuestión, realizar una proposta sobre a desaparición dos anuncios de prostitución. Entrementres,
o Congreso apela a autorregulación dos medios. Así mesmo, a voceira do PP no Congreso, Soraya Sáenz
de Santamaría, anunciou que PP, PSOE e UPN traballan nun acordo para impulsar a supresión deste tipo
de publicidade. Por último, ao día seguinte de apoiarse esta proposición no Congreso, o Parlamento
navarro comezou a tramitar unha lei que propón que a Administración navarra non contrate publicidad
institucional cos medios que publiquen anuncios de sexo de pago, así como que estes medios non poidan
recibir axudas públicas.
20
22. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Ademais, alértase da presenza de redes destinadas a atraer a mozas cara a
prostitución, con vencellos especialmente en países latinoamericanos e da Europa
central e oriental. Segundo o informe, entre o 2005 e o 2008, a Policía Nacional
cuantificou en 234 o número de mulleres que declararon estar sometidas a redes
de traficantes. Delas, o 76% eran brasileiras, o 10% rumanas e o 14% restante
doutras procedencias como Colombia ou a República Dominicana. Os datos da
fiscalía foron duramente criticados pola organización Alecrín, que declarou que
“posiblemente la fiscalía no sepa contar”, dado que mentres o informe recollía 138
locais nos que se consume sexo de pago, Alecrín aseguraba que existían máis de
300, sen contar os pisos –Alecrín afirma que hay el doble de prostíbulos de lo que
dice el fiscal, El País do 27 de marzo de 2009–.
Mais polo xeral, os debates institucionais dados en Galicia nestes últimos
anos arredor da prostitución son de curto alcance e seguimento, a excepción da
Ordenanza de Civismo de Lugo, á que xa nos referimos. Para alén de referencias á
debates levados a cabo no Estado e a operacións policiais contra a trata de persoas,
en setembro de 2008, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dita unha sentenza
na que se considera a prostitución como un traballo por conta propia e non se
atopa relación laboral entre Pamifran, a entidade xestora do club Ciros de Vilaboa,
e as prostitutas sen permiso de traballo encontradas no local –O TSXG non ve
vínculo laboral entre o club Ciros e as mulleres que alternan nel, Diario de
Pontevedra do 11 de setembro de 2008–. A sentenza, con todo, non pareceu crear
especial polémica, ou cando menos desapareceu nun só día das páxinas dos xornais
.
Tampouco tivo demasiada repercusión a denuncia de Alecrín á Xunta, en
xaneiro de 2009, por “apoloxía da prostitución” por convidar á sexóloga e ex
prostituta de luxo Valerie Tasso ás xornadas Sexuando –Alecrín denuncia a la Xunta
por hacer «apología de la prostitución», 20 minutos do 26 de xaneiro de 2009–.
Durante un par de días, os medios fixéronse eco do debate, mais a información
desapareceu sen que parecera haber ningunha consecuencia.
Xa a un nivel máis local, no día contra a violencia de xénero de 2008, o BNG
denunciaba que o Concello de Lugo subvencionaba unha empresa dedicada, entre
outras cuestións, a manter unha web de anuncios de prostitución –Lugo financia
una web sobre prostitutas , La Voz de Galicia do 26 de novembro de 2008–. A
empresa respondeu afirmando que unicamente realizara o deseño da páxina web e
que non descartaba querelarse contra o BNG por esta información –Lugointernet
denunciará al BNG por «vincular» a la empresa con «la promoción de la
prostitución», La Voz de Galicia do 5 de decembro de 2008–.
21
23. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
O TRATAMENTO DA PROSTITUCIÓN NA AXENDA DIARIA DOS
MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS.
ANÁLISE DE CONTIDO
22
24. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
1. A PRESENZA DA PROSTITUCIÓN, DA EXPLOTACIÓN SEXUAL E DA TRATA
E DO TRÁFICO DE PERSOAS CON TAL FIN NA AXENDA DOS MEDIOS
GALEGOS
1.1. A PROSTITUCIÓN, NO FÓRA DE CAMPO
Entre as e os analistas dos medios de comunicación é habitual a referencia ao
fóra de campo como símbolo: o espazo ao que as luces mediáticas non chegan. O
escenario que a prensa fai visíbel está fundamentalmente protagonizado polos
espazos do poder (institucional, político e económico) e polos actores nos que este
recae, cortados, por un patrón similar, o que Amparo Moreno identifica como
arquetipo viril: varóns adultos dos grupos dominantes que representan papeis
sociais vinculados ao exercicio do poder (Moreno, 1998: 32). A realidade da
prostitución, da trata e do tráfico de seres humanos, e da explotación sexual adoito
queda na sombra, no backstage, ao igual que moitos outros espazos de
marxinación.
A prostitución é, no contexto no que vivimos, un espazo estigmatizado no que
conflúe unha triple discriminación. De xénero, canto que a gran maioría das persoas
que exercen a prostitución son mulleres e, se non o son, entran dentro do que a
sociedade desbota como realidades de-xeneradas, é dicir, aquelas que se saen fóra
dos modelos de masculinidade e feminidade socialmente aceptados (homosexuais,
transexuais, tranxénero). Social, canto que a prostitución non é un traballo
socialmente aceptado e, de feito, simboliza o patrón da “mala” muller, daquela que
se desvía da norma e dos imperativos de xénero estabelecidos, o que marca con
todo o peso do estigma a quen traballa como prostituta. Económica, pois a
prostitución é hoxe en día exercida fundamentalmente por mulleres inmigrantes
procedentes de países empobrecidos, en moitos casos en situación irregular no
país, que abandonan o seu lugar de orixe á procura dunha mellora das súas
condicións de vida e das da súa familia. E é que os fluxos migratorios, propiciados
polas desigualdades económicas derivadas da globalización neoliberal, están
protagonizados cada vez máis por mulleres (Reigada 2006; 135-140), malia que o
estereotipo ligado á persoa inmigrante o configure fundamentalmente como home.
Explicábao a investigadora en comunicación e xénero Isabel Menéndez na súa
intervención na xornada Linguaxe sexista e medios de comunicación, celebrado en
Ourense en xuño de 2005: Poida que para moitas e moitos de nós a imaxe que
representa a inmigración sexa a dun grupo de homes novos subsaharianos
tentando chegar a territorio español nunha patera. A realidade, porén, é ben
distinta á que asentaron no noso imaxinario as imaxes mediáticas. Cada vez máis,
as persoas que emigran a España son mulleres e fano en avión, mesmo coa
complicidade nas aduanas das propias forzas policiais para favorecer a entrada de
mulleres en situación irregular destinadas aos mercados da prostitución, como
desvelou en 2009 a Operación Carioca, da que falaremos nesta análise.
Os medios galegos non son unha excepción. Os datos obtidos neste estudo
demostran de maneira explícita que a prostitución, a explotación sexual a trata e o
tráfico de persoas con tal fin non forma parte da súa axenda habitual. Ao longo de
todo un mes, nos 14 xornais galegos de pago que están no mercado hoxe en día,
só foron localizadas 123 pezas con algunha referencia a esta realidade (incluíndo
tanto a información como a opinión e os xéneros de humor). Unha media de 8,2
pezas ao mes e de 0,26 ao dia por cabeceira. E nin sequera na metade delas, como
logo veremos, a prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de mulleres
e a explotación sexual son o tema principal da información.
23
25. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
Poida que non foran poucas as e os profesionais dos medios que, ao ler isto,
botaran man do seguinte contraargumento: “Os medios reflectimos a realidade. Se
non se publicaron máis noticias, é que non houbo feitos susceptibles de ser noticia”.
Foi xusto a isto ao que aludiu unha compañeira de profesión para xustificar as
escasas informacións que se publicaran no seu medio no mes obxecto de análise.
Non houbo ou non se incluíron na axenda dos medios? O feito de que un
determinado acontecemento sexa noticia nun medio e non noutro, do que logo
veremos varios exemplos, desbota xa de entrada tal argumento.
O número de temas que entran a formar parte da grella diaria dun medio de
comunicación é, inevitabelmente, limitado. O medio e os seus gatekeepers escollen
aquilo que é ou non noticia, e fano atendendo aos criterios de noticiabilidade, aos
seus intereses propios (tecidos na súa propia realidade empresarial e na rede de
relacións económicas e políticas da que forma parte), ao que entra ou non na súa
liña editorial e ao que considere con atractivo para as e os seus lectores. A violencia
de xénero constitúe un exemplo claro. Non se fixo cun oco na axenda dos medios
até que así o provocou o impacto que tivo o asasinato de Ana Orantes en 1997,
queimada viva polo seu ex marido pouco despois de ter denunciado nun talk show
da televisión pública andaluza a súa situación: os maltratos ao longo de corenta
anos de matrimonio e o seu medo a ser asasinada, logo de que a xustiza
determinara que agresor e agredida habían seguir a vivir no mesmo edificio unha
vez divorciados. A prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de persoas
con tal fin seguen sen formar parte desa grella diaria de información, malia que
para diversas correntes feministas4 –que aluden á discriminación estrutural e
simbólica da que se nutre, asentada na posición desigual e discriminatoria que a
sociedade reserva para as mulleres, e á violencia física e psicolóxica que aniña no
seu exercicio– tamén é violencia de xénero.
1.1.1. A presenza cuantitativa da prostitución, o tráfico de mulleres e a
explotación sexual nos medios galegos
Nº DE NOTICIAS POR MEDIO
16
14
12
10
8
6
4
2
0
EIG DF DB GH LO EP XG FV LVG ECG DA LR TVG DP AD
A presenza da prostitución, da explotación sexual e da trata e tráfico de
persoas con tal obxecto é baixa en todos os medios galegos. Mais, aínda así,
existen diferenzas notábeis entre eles.
4
Para o feminismo de corte abolicionista, a prostitución debe ser considerada violencia de
xénero, postura que non comparte o feminismo regulacionista.
24
26. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
O xornal que máis información introduce ao respecto, El Ideal Gallego, publica no
mes analizado 15 textos con algún tipo de referencia á problemática, nos cales
aparece abordada como tema principal en 10. No resto, introdúcese como contido
secundario, tratado de maneira colateral ao tema que no texto se destaca como
principal, ou só como unha mención. O que menos atención lle presta é Atlántico
Diario, con só dous artigos, nos dous como tema secundario.
Son os xornais do grupo La Capital El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, e Diario
de Bergantiños –é dicir, todos agás Diario de Arousa–, así como La Opinión, El
Progreso e Galicia Hoxe, os que máis informan sobre prostitución, explotación
sexual e trata e tráfico de persoas con tal fin. Nesta maior presenza inflúen dous
factores. Un deles, consecuencia da propia iniciativa do medio e do seu interese por
incluír na axenda tal tema. Así, nos xornais do grupo La Capital introdúcense
informacións de axencia, de ámbito estatal, que non se refiren en ningún dos
outros medios. O mesmo acontece con Galicia Hoxe, que ademais, como logo
veremos, procura abordar a información de maneira diferenciada, con maior
amplitude e tamén fondura. O segundo factor en xogo ten que ver co manancial
informativo derivado de acontecementos que teñen lugar no no entorno próximo.
Os medios coruñeses encóntranse neste mes con varios acontecementos de
carácter local relacionados coa prostitución, tanto referentes ao transcurso de
procesos xudiciais –a condena a un proxeneta por obrigar a prostituírse a unha
muller en Mesón do Vento e a resolución do xuízo aos irmáns Dalton, acusados de
agresión nun prostíbulo– como do tecido asociativo local –o informe presentado por
Médicos do Mundo sobre a prostitución na área de As Mariñas e as queixas da
veciñanza pola inseguridade no barrio de Agra do Orzán–. O factor local tamén
resulta determinante en El Progreso, pois a maior parte das informacións que
publica este mes están relacionadas con outro caso de ampla repercusión no seu
entorno, a operación Carioca, que supuxo a clausura de varios clubs e na que
resultaron implicados diversas persoas da zona (entre eles, empresarios, membros
da Garda Civil e da Policia Local). A mostra de que o que está a primar o xornal é o
criterio de proximidade está no feito de que, en Diario de Pontevedra, pertencente
ao mesmo grupo empresarial, o impacto do caso Carioca fose moito menor.
1.1.2. A prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de mulleres
e a explotación sexual como tema principal da información, secundario ou
mencionado
Nesa realidade mediática construída que son os contidos informativos, a
visita da actriz Emma Thompson a Madrid, en apoio a unha campaña contra a trata
de mulleres, ten máis repercusión nos medios galegos –medímola neste caso polo
número deles que se fan eco da nova– que a propia Operación Carioca. É máis. Son
varios os medios galegos para os que a estadía de Thompson en Madrid é noticia en
exclusiva polas declaracións da artista expresando o seu desexo de rodar con
Almodóvar, non pola denuncia que fai da trata de mulleres, que queda así relegado
a tema secundario e mesmo en ocasións reducido só a unha mención dentro do
corpo da noticia.
A cobertura mediática da visita de Emma Thompson a España é exemplo
dun patrón común nos medios galegos. Só no 43,7% do total de informacións
publicadas en decembro de 2009 con algún tipo de referencia á prostitución,
explotación sexual e trata tráfico de persoas con tal fin, estes ítems son o tema
principal da información. Abondan as informacións –máis dun terzo– nas que esta
realidade queda ensumida a unha simple mención no texto.
25
27. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
A PROSTITUCIÓN, A TRATA, O TRÁFICO E A
EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO TEMA PRINCIPAL,
SECUNDARIO OU MENCIONADO
Mencionado
30% Principal
44%
Secundario
26%
A PROSTITUCIÓN, A TRATA, O TRÁFICO DE PERSOAS E A
EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO TEMA PRINCIPAL,
SECUNDARIO OU MENCIONADO
MEDIO Principal Secundario Mencionado Total
AD 0 2 0 2
DA 6 0 6
DB 8 2 3 13
DF 6 3 5 14
DP 0 3 0 3
ECG 4 1 2 7
EIG 10 2 3 15
EP 1 3 6 10
FV 4 3 1 8
GH 3 5 3 11
LO 3 2 5 10
LR 3 1 1 5
LVG 2 2 3 7
XG 2 2 4 8
TVG 3 1 4
TOTAL 52 31 36 123
26
28. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
A PROSTITUCIÓN, A TRATA, O TRÁFICO DE PERSOAS E A
EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO TEMA PRINCIPAL,
SECUNDARIO OU MENCIONADO (%)
MEDIO Principal Secundario Mencionado Total
AD 0,0 100,0 0,0 100,0
DA 100,0 0,0 0,0 100,0
DB 61,5 15,4 23,1 100,0
DF 42,9 21,4 35,7 100,0
DP 0,0 100,0 0,0 100,0
ECG 57,1 14,3 28,6 100,0
EIG 66,7 13,3 20,0 100,0
EP 10,0 30,0 60,0 100,0
FV 50,0 37,5 12,5 100,0
GH 27,3 45,5 27,3 100,0
LO 30,0 20,0 50,0 100,0
LR 60,0 20,0 20,0 100,0
LVG 28,6 28,6 42,9 100,0
XG 25,0 25,0 50,0 100,0
TVG 75,0 0,0 25,0 100,0
TOTAL 42,3 25,2 29,3 100,0
Prosigamos coa campaña protagonizada por Emma Thompson –e, se lle
damos tal relevo, é por ser o tema con máis presenza nos medios galegos en todo
o mes–. Se leramos só os titulares publicados, son varios os casos nos que non só
non nos sería posíbel decatarnos de que a información ten algún tipo de relación
coa denuncia da trata de mulleres con fins de explotación sexual, senón que
mesmo poderiamos confundir as razóns reais da campaña da que Thompson é
imaxe. Podemos velo se facemos unha análise detida dos contidos do publicado ao
respecto en cada un dos xornais galegos. Facemos de seguido relación das noticias
e do seu contido:
-Emma Thompson: “Lembrádelle a Almodóvar que me contrate” –Xornal de
Galicia, do 14 de decembro de 2009–. O subtítulo especifica: “A actriz estivo onte
en Madrid para presentar unha mostra contra a explotación sexual. Os dous
primeiros parágrafos do corpo da información –os máis importantes da noticia,
segundo o que nas ciencias da información se coñece como lei de interese
decrecente– dedícanse ás preferencias de Thompson por Almodóvar. Só o terceiro e
o cuarto fan referencia ao motivo da súa visita a España. Os tres últimos
desenvolven temas de novo alleos ao motivo da campaña: a súa opinión sobre as
redes sociais, a súa valoración das novas xeracións de actores ou o como a idade
afecta ás súas preferencias laborais.
-Emma Thompson: “Recuerden a Pedro que quiero ser una chica Almodóvar”
–Faro de Vigo, do 14 de decembro de 2009–. Neste caso, o subtítulo tampouco fai
referencia algunha á trata e ao tráfico de mulleres: “La actriz asegura que antes de
estar en una red social se haría la cirugía”. De novo, os dous primeiros parágrafos
da información están centrados no tema Almodóvar. Só o terceiro e o cuarto se
refiren á campaña protagonizada pola actriz contra a explotación sexual.
27
29. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
-En El Correo Gallego do 14 de decembro de 1009, a nova redúcese a un pé
de foto coa imaxe en primeiro plano da actriz: “La actriz y escritora, Emma
Thompson, ganadora de dos Óscar por su trabajo en ambos terrenos, dejó un
mensaje a Almodóvar tras su paso por Madrid en apoyo de una campaña contra la
prostitución: quiere ser chica Almodóvar”. Confúndese, así mesmo a denuncia da
actriz, que se opón á trata e tráfico de mulleres vítimas de explotación sexual, non
ao exercicio da prostitución. Idéntico tratamento (coa mesma foto e co mesmo
texto) se reproduce en La Región ese mesmo día.
-Emma Thompson: "Quero rodar con Almodóvar" –Galicia Hoxe, do 14 de
decembro–. O titular encabeza un breve no que a referencia ás razóns da campaña,
de novo equívocas, se condensan na frase: “tras o seu breve paso por Madrid para
apoiar unha campaña contra a prostitución”.
-Emma Thompson se une las candidatas para trabajar con Almodóvar –El
Progreso, do 14 de decembro de 2009–. O xornal concreta no subtítulo: “La actriz
británica abandonó España tras haber participado en una campaña contra las
mujeres que son maltratadas”. Referencia, cando menos, ambigua, dado que a
actriz vén a Madrid a concienciar sobre un tipo determinado de violencia de xénero,
como xa dixemos: o derivado da trata de mulleres e da explotación sexual. Dos
catro parágrafos que conforman a información, só o terceiro se refire á razón de ser
da estadía de Thompson en Madrid.
-Quiero ser chica Almodóvar –Diario de Pontevedra, do 14 de decembro de
2009–. O esquema é similar aos anteriores. Subtítulos indefinidos: “Entrevista. La
actriz Emma Thompson reconoce que ha rogado al director que la contrate para
alguna de sus películas”; “Sociedad. Ha colaborado en Madrid con una ONG de
defensa de los Derechos Humanos”. E corpo da noticia centrado nas declaracións
sobre Almodóvar como tema principal, coa trata de mulleres como tema
secundario.
Só en seis medios –Galicia Hoxe, La Opinión, Diario de Arousa, El Ideal
Gallego, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol, o motivo real da estadía de
Thompson en España é destacado como tema principal: Emma Thompson denuncia
la venta de niños y mujeres para explotación sexual –idéntico titular e posta en
páxina para Diario de Arousa, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol e El Ideal
Gallego do 12 de decembro –; Mercancía sexual –Galicia Hoxe, do 12 de decembro–
; e Emma Thompson: "La venta de mujeres y niños sucede delante de vuestras
narices" –La Opinión, tamén do mesmo día–.
Non é este o único exemplo de como a referencia á prostitución é reducida a
unha breve mención ou mesmo eliminada malia ser pedra basal no acontecemento
noticioso. Atopámonos de novo con esta situación na cobertura da operación
Carioca. Na información El juzgado niega la libertad al constructor preso por
inducción al aborto –El Progreso, do 19 de decembro do 2009– en ningún momento
aparece mencionada a palabra prostitución nin concepto sinónimo algún, malia a
ser a operación Carioca (en relación coa cal se detén ao devandito construtor) unha
trama delitiva relacionada con varios prostíbulos lucenses, como xa foi comentado.
Ben é certo que a trama fora merecente de atención nos días e semanas previos
por parte de El Progreso, canto que ten lugar na súa área de influencia e, polo
tanto, o criterio de noticiabilidade ligado á proximidade obriga a dirixir cara a el os
focos mediáticos. Mais nesta noticia en particular, ao non explicitar en ningún
momento a realidade á que está ligada, a prostitución, a información fica
descontextualizada ante o público lector.
28
30. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
A prostitución é abordada así mesmo como temática secundaria ou
mencionada, dependente dun tema principal (a sida, a violencia en Ciudad Juárez,
a inmigración ilegal), que é o que se destaca en titular, en casos nos que a
relevancia dos datos que se achegan é tal que merecería ser obxecto de análise
como tema propio. Quedan reducidos a un segundo plano, con apenas presenza
mediática, enfoques que permitirían abordar a prostitución desde unha necesaria
perspectiva interdisciplinar, que posibilitara ir máis aló da óptica do suceso,
dominante hoxe en día na maior parte das informacións, como logo veremos. Que o
medio faga referencia, aínda que sexa breve, a como estas realidades afectan de
maneira específica a aquelas persoas que exercen a prostitución denota ou ben
unha certa sensibilidade por parte de quen redacta o texto, de especial valor canto
que se trata de temas que a maioría dos medios exclúen da axenda –destacábel é,
a este respecto, o traballo de Galicia Hoxe– ou a preocupación da fonte á que a ou
o xornalista acode por introducir o tema. Que a referencia se limite a unhas breves
liñas e non sexa obxecto dunha atención maior revela falta de iniciativa do medio
para crear unha axenda diferenciada, baseada na elaboración propia, na capacidade
para profundar nos temas e no papel activo do medio como desvelador daquelas
realidades que fican nas marxes. Vexámolo en exemplos.
-En Repunta a SIDA por sexo –Galicia Hoxe, do 1 de decembro de 2009–, a
noticia, baseada na compilación de datos achegados por fontes diversas co gallo do
Día Mundial da SIDA (desde o informe presentado polo Centro Hospitalario
Universitario da Coruña á roda de prensa do colectivo de defensa dos dereitos
homosexuais COLEGA coa presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas) inclúe
tamén os difundidos pola Federación Provincial de Drogodependencias de Sevilla
Liberación, que aluden á vulnerabilidade das mulleres que traballan na prostitución.
Baixo o ladiño “Prostitutas, altamente desprotexidas”, o xornal desenvolve de modo
conciso a información: "[Liberación] Tamén quixo sacar á luz a vulnerabilidade das
mulleres en situación de exclusión social afectadas polo VIH, en especial, as que
exercen a prostitución, que se atopan ‘especialmente desprotexidas’”.
-De modo colateral tamén se aborda a problemática da sida entre as
mulleres que exercen a prostitución en "A loita contra a SIDA", artigo de opinión de
Juan Ordóñez Buela en Galicia Hoxe (do 3 de decembro). Entre os diversos factores
analizados trátase a feminización desta doenza, cunha breve referencia ao
incremento de infeccións entre prostitutas: “As relacións sexuais imprudentes son a
principal causa da expansión en China en especial na provincia de Yunnan. De feito,
os casos detectados entre homosexuais multiplicáronse por dez en apenas dous
anos. Os contaxios en mulleres, sobre todo prostitutas, duplicáronse nunha década
no 90 por cento delas, ademais, son mulleres en idade fértil, co consecuente perigo
que entraña en caso de embarazo”.
-En Una muestra fotográfica repasa la vida de las mujeres que padecen sida
en el mundo –a cinco columnas en Diario de Ferrol, o 2 de decembro– a referencia
á prostitución limítase á descrición do traballo dun dos fotógrafos: “La exposición
fotográfica de Ayuda en Acción se compone de 30 instantáneas de prestigiosos
fotógrafos como Barry Lewis. Su trabajo se centra en el hecho de que la mayoría de
la población masculina utiliza habitualmente los servicios de las prostitutas, un
tercio de las cuales tienen el virus VIH”.
-A prostitución e a trata de persoas con fins de explotación sexual en Ciudad
Juárez é mencionada, mais non desenvolvida como tema, nunha ampla reportaxe
sobre a impunidade dos feminicidios nesta violenta zona de fronteira entre Estados
Unidos e México –Galicia Hoxe, 27 de decembro–: “súmanselle tamén outros
factores, que fan de Juárez unha bolsa, un pantano, onde recae xente que confía
en chegar a EEUU e queda varada. Narcotráfico, prostíbulos, trata de brancas,
migración ilegal, contrabando e delincuencia organizada son algúns dos destinos
laborais”.
29
31. COLEXIO
PROFESIONAL
DE XORNALISTAS
DE GALICIA
-En La UE se marca el objetivo de “controlar y combatir la inmigración ilegal”
–El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños, do 12 de dembro– na
que, como tema principal, se desenvolve a decisión da UE de ampliar o espazo
Schengen e reforzar a seguridade fronte ás ameazas que identifica coa inmigración
ilegal –delincuencia organizada, terrorismo…–, inclúese como ladiño unha
información sobre a detención de case unha trintena de mulleres por estadía
irregular nun club de estrada en Toledo. A referencia á operación policial ocupa
dous parágrafos de extensión e responde ás question tags básicas. Ha ser
destacado como positivo a inclusión en axenda dunha nova que faga alusión a unha
problemática que afecta a boa parte das mulleres que exercen a prostitución e que,
como logo veremos, a información non sempre explicita –as redadas policiais
supoñen, para as que están en situación irregular no país, a ameaza dunha
expulsión–. Mais, porén, no marco en que se introduce –a inmigración ilegal ligada
como mal que a UE ha combater–, a referencia á prostitución queda de modo
indirecto vinculada á delincuencia.
1.1.3. A composición da axenda mediática. Temáticas abordadas
Nas informacións sobre prostitución, explotación sexual e trata e tráfico de
seres humanos con tal fin existen dous patróns dominantes. Por unha banda, a
crónica negra. Por outra, a frivolización e a espectacularización, con non poucas
tinguiduras de crónica rosa. O mes de decembro devala de modo pendular entre as
noticias de detencións, xuízos e crimes varios (operacións contra redes de trata e
tráfico de mulleres, asasinatos, a complexa trama da operación Carioca…) e a
compra de sexo de pago por parte de persoeiros famosos –dun primeiro ministro, o
italiano Berlusconi, a unha referencia no mundo do golf, Tiger Woods–. Desta
conxunción entre o mundo da fama e a prostitución o que resulta é o espectáculo, a
representación informativa cal escena con gancho para captar a atención dos
lectores e lectoras do xornal. Mesmo cando a persoa tenta aproveitar a súa fama
para denunciar as inxustizas e a vulneración dos dereitos humanos que se agochan
tras certas facianas da prostitución –o caso da campaña contra a trata que Emma
Thompson protagoniza– os medios destacan en primeiro plano como xa vimos e, ás
veces, exclusivamente, a parte máis frívola –as preferencias por Almodóvar de
Thompson ou as súas opinións sobre a cirurxía e as redes sociais–.
Os datos do gráfico e o cadro que seguen explicitan cales son as temáticas
ás que os medios de comunicación galegos lle dan máis peso. En primeiro lugar, as
informacións sobre tráfico e trata de persoas con fins de explotación sexual, xuízos
(coa Operación Carioca como principal protagonista) e sucesos (crimes, operacións
policiais e detencións).
Entre as temáticas máis abordadas en segundo termo, as referidas aos
homes que compran sexo de pago, ás condicións de exercicio (case sempre como
tema mencionado ou secundario) e a outros contidos non categorizados
inicialmente no deseño de estudo (polo xeral, información que enlaza con contidos
de carácter frívolo). Malia seren os homes que pagan por sexo unha figura adoito
oculta nas informacións sobre prostitución, como indican estudos e análises
anteriores (Dubois 2006; Puñal 2007), neste caso, o feito de que se descubra como
tal a dous persoeiros de relevo no mundo da política e dos deportes (ámbitos, por
certo, altamente masculinizados) explica que a porcentaxe sexa máis elevada do
que cabería agardar.
En todo caso, o enfoque das informacións que protagonizan inciden, non na
crítica ao seu comportamento, senón no frívolo: a través da crónica rosa –así o
amosa a cobertura das infidelidades de Tiger Woods– e co aproveitamento do
morbo como gancho para a atracción de público –as fotos de Berlusconi e as
“velinas” no luxoso escenario dunha das mansións do presidente primeiro ministro
italiano, Villa Certosa–.
30