10. “ Sombra de lateiro, fungos da muña no abeiro” (Cando se consomen os Lactarius deliciosus os ouriños toman unha color vermella, sinal de que os riles están ben.) “ Ollo á mexada, si fungos da muña, van na empanada”
11.
12. “ Choupín, choupiñeiro, dime onde está o teu compañeiro” “ Zarrota, zarroteira, dime onde está a túa compañeira” “ Os palotes do rebusco teñen dobre gusto” (Este dito refírese a que despois duns días da vendima, dábase permiso a quen quixera, a rebuscar as uvas que quedaban nas viñas e se encontraban ademais das uvas “palotes” a satisfacción era dobre). “ Choupín torgallo, a tixola con beluga e allo”
13. TEN UN SOMBREIRO ENTRE 5 E 12 CM DE COR BRANCA AO PRINCIPIO OVOIDE DESPOIS APLANADO CUN LIXEIRO UMBÓN. LÁMINAS DE COR BRANCA, CARNE BRANCA ,GROSA E BRANDA HABITA EN PRADOS, XARDÍNS E ZONAS ABERTAS DE TODO TIPO DE BOSQUES. Lepiota naucina Lepiota branca
14.
15.
16.
17.
18.
19. Agaricus augustus Cacavainas Champiñón xigante O SEU SOMBREIRO PODE CHEGAR ATA OS VINTECINCO CM CANDO ESTÁ ABERTO. A COR DO SOMBREIRO É CREMA E TEN COMO UNHAS PEQUENAS ESCAMAS DE COR PARDA. A CARNE É BRANCA E DESPOIS ESCURÉCESE EN CONTACTO CO AIRE. O PÉ É ALGO OCO , BRANCO PERO POR RIBA DO ANEL ADQUIRE UNHA TONALIDADE ROSADA OU VERMELLA . DÁSE NOS PRADOS E NAS PROXIMIDADES DOS PIÑEIRO EN SOLOS SILÍCEOS COMO OS DA NOSA ZONA.
20.
21.
22. “ Netorra do carballo, por ela o crego perde o rosario” “ Netorra acelme, que non cha coma o verme”
23.
24.
25. “ Rodromeira, lar da meiga feiticeira” “ Volta e media ao pé, senón rompe sendeiriña é”
26. Fistulina hepatica Fígado de boi, lingua de boi “ Cando as caracochas empezan a pingar, os fígados podes encontrar”
27. “ Cando fales dos cogomelos fala dos malos e non terás preitos cos aconsellados." “ Vale máis fungo perdido que comido” “ Se queres morrer, a cegas fungos coller” “ Dun erro, faise un enterro” “ Todos os cogumelos pódense comer, algún só unha soa vez”