SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 25
Downloaden Sie, um offline zu lesen
1º ESO. I.E.S. FRANCISCO SOREY-CAMBADOS
MENTRAS CAI A NEVE 
Tristeiro, mudo, o paisaxe. 
Hirta, doente friaxe 
no aire reve. 
En falerpas, silenzosa, 
como folliñas de rosa 
cai a neve... 
(...) 
Todo de branco se viste. 
Todo dorme, frío, triste, 
sin latexo. 
No ceo calmo, tranquilo, 
ni-un maino rumor, ni-un brilo, 
ni-un refrexo. 
Vive na alma o firente 
choro íntimo, doente, 
do salouco. 
E as falerpas, revoando, 
como en ondas, van baixando 
pouco a pouco! 
Ramón Cabanillas 
VENTO MAREIRO
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-aire: mestura de gases que forman a atmosfera. 
-falerpas (folerpa, folepa): anacos de neve que caen. 
-friaxe: sensación que produce un frío moi grande. 
-frío: temperatura inferior á ordinaria 
-hirta, doente friaxe: áspera, dura, sensación de frío moi forte, que fire e produce dor. 
-neve: auga conxelada en pequenos cristais. 
-reve: rezuma, zumega humidade. 
PLANTAS: 
-folliñas de rosa: pétalos de roseira 
PAISAXE: 
-mudo: sen son, silenzoso. 
-todo dorme, sin latexo: quedo, sen actividade. 
-tristeiro: triste, sen alegría, sen cor... 
COMENTARIO 
góstame moito, expresa moi ben a sensación que se sente ao mirar a paisaxe nevada e sentir a friaxe no corpo. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
Foto ou debuxo de paisaxe nevada ou caendo a neve. 
Miguel Pérez Ramundo
Vista de Lobeira desde O Castrove 
...O Castrove xigante, 
montaña-nai da terra ben querida 
que se alonga soave, verdecida, 
até as praias de Atlante, 
-ou, meu berce de neno! ou, branco fume 
do meu fogar deitado na ribeira!- 
está diante de min, cinguido o cume 
de brétema esgasada, 
ollando a cruz de ferro de Lobeira 
e axexando o mar outo da Lanzada. 
VEIRAMAR, “Poesías ventureiras” 
... 
Firentes invernías 
tardes de vento e choiva 
... 
É noite pechada e chove miudiño 
Nas lousas de pedra, 
ó longo da rúa 
escura e deserta 
estoupan as pingas 
que deitan as tellas... 
CHOVE...
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-brétema: néboa, condensación de vapor de auga na atmosfera. 
-choiva: precipitación de auga líquida. 
-invernía: inverno prolondado e rigoroso, tempo chuvioso e frio 
-pingas: pequenas cantidades de auga de form esférica. 
-vento: aire en movemento, corrente de aire 
PAISAXE: 
-A Lanzada: costa situada entre os concellos de O Grove e Sanxenxo, orientada ao mar aberto. 
-Castrove: monte situado no leste do val do Salnés. 
-Lobeira: pequeno monte situado entre os concellos de Vilanova e Vilagarcía de Arousa, no que houbo un castelo. 
-mar outo: ondas de gran tamaño. 
-montaña: elevación natural do terreo. 
-praias: despósitos de area na liña de costa. 
-ribeira (riveira): marxe ou beira do mar ou dun río. 
COMENTARIO 
O primeiro poema describe o monte Castrove e o que se olla desde o seu cume: Lobeira e A Lanzada. 
O segundo fai referencia ás tardes e noites de inverno con chuvia e vento. 
Os dous expresan moi ben dous aspectos do inverno, na paisaxe e nas rúas da vila. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
1º: paisaxe e ceo anubrado con brétema. 
2º: pingas de chuvia 
Marta e Irea
...No salgueiral os merlos asubían 
nun nouturnio doente. 
No aleiro do tellado 
os caseiros pardales rechouchían 
queda, quediñamente... 
O CASAL DE CATICOVAS 
... 
Reza un merlo no souto 
frorido de cereixos 
relixioso ofertorio 
d-uns místicos amores. 
Pasa un vento de bicos 
que vai buscando beixos, 
como enxame de abellas 
que vai buscando frores 
CAMPANA CHOCA, No Desterro
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-vento: aire en movemento, corrente de aire, neste caso “vento de bicos”, un vento frouxo e suave, que acariña. 
ANIMAIS: 
-enxame de abellas: grupo numeroso de abellas, insectos que viven en colonias que constrúen con cera e nas que alimentan ás crías con mel. 
-merlo: (Turdus merula) paxaro que mide arredor de 25 cm, de plumaxe negra e peteiro amarelo. Aliméntase de froitas e sementes, pequenos animais... 
-pardal: (Passer domesticus) paxaro de pequeno tamaño coa plumaxe parda con pintas negras e rubias. Aliméntase de froitos, sementes e gomos. 
-rechouchían: chío continuado dos paxaros. 
PLANTAS: 
-frores: órganos reprodutores das plantas, xeralmente de cores vistosas. 
-frorido: con flores 
-cereixos: cerdeira (Prunus avium), árbore froiteira que produce unhas drupas esféricas comestibles, moi común nas hortas do Salnés. 
-salgueiral: bosque da salgueiros. 
-souto: lugar poboado de árbores, en especial castiñeiros ou carballos. 
COMENTARIO 
O poema gustounos moito. É moi bonito e explica moi ben, con palabras fermosas, a situación da natureza. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
1º poema: 
Foto dun salgueiral, merlos, pardais nun tellado... 
2º poema: 
Cerdeiras en flor, merlo, enxame de abellas. 
Abella en flores de cerdeira 
Lidia Martínez, Yasmina Sáchez
Mencer no Salnés, co Castrove ao fondo. 
Do ceo borrallento, 
na saudosa paz da atardecida, 
cai o choiva sin vento, 
fío a fío, esvaída 
nos erbeiros mimosos, 
nos verdecraros, ledos milleirales, 
nos solenes pinales vagorosos, 
nos fiunchos miudiños dos veirales 
de este val do Salnés, vella campía 
onde a céltiga raza achou asento, 
(...) 
Pola mañán a luz e limpa e crara. 
O pinal que se alonga na seara 
verdelouro á raiolas de levante 
abanea fungando unha lelía. 
¡Non hai pinga de ágoa que non brile e cante 
nin folla que non ría! 
O CASAL DE CATICOVAS 
“Camiños no tempo”
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: auga 
-atardecida: tardiña, solpor, últimas horas do día. 
-choiva: chuvia, precipitación líquida. 
-ceo borrallento: ceo gris, escuro, con pouca luz. 
-levante: leste. 
-raiolas: tempo breve de sol que aparece de cando en vez en días anubrados, raios finos de Sol. 
PLANTAS: 
-erbeiros: campos de herbas. 
-fiúnchos: (Foeniculum vulgare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. 
-folla: parte das plantas, xeralmente plana polas que respiran e realizan a nutrición. 
-milleirales: campos de millo. 
-pinal/pinales: piñeiral, bosque de piñeiros 
PAISAXE: 
-campía: 
-Val do Salnés: comarca situada no curso baixo do río Umia, á beira da Ría de Arousa. 
-veirales: beirales, lindeiros de fincas e camiños onde abondan as plantas silvestres. 
COMENTARIO 
Góstanos porque fala da natureza. 
Describe moi ben o Val do Salnés nunha mañán de abril, cando chove pouco a poucoe todo está cheo de humidade e luces suaves. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
-Paisaxe do Salnés pola mañan ou pola tardiña. 
-Follas con pingas de auga. 
-Piñeirais, herbeiros, milleirais... 
Alba, Eva
¡O Sol! ¡O Sol! ¡Qué ledo! ¡Que doirado! 
¡Está a rir e a bailar! 
Vou espelir as azas de contado 
e ireino saudar: 
¡Ei! ¡Bo día, meu amo! ¡Seica ardemos...! 
¡Di que non... que está ben...! 
¡No... pois a cara non llo dá! ¡C-os demos! 
¡Ben accesa que a ten! 
¡Ai que fresquiña a ágoa do regueiro!! 
¡Cómo bule a brilar! 
¡Dá ledicia meter n-ela o peteiro 
e beber a fartar! 
(...) 
¡E toda esta alegría e esta fartura... 
¡Todo! ¡Todo pra nós! 
¡O centeo! ¡A ágoa dóce! ¡O sol locente! 
¡Esto si que é vivir! 
¡E todo para as labercas tan somente; 
pra comer e pra rir! 
FALA UNHA LABERCA... 
(Da Terra Asoballada)
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: auga 
-bo día: saúdo, que teñan un bo día! 
-sol: estrela que proporciona luz e calor á Terra 
ANIMAIS: 
-laberca: laverca, (Alauda arvensis). Paxaro da familia das alaudidas que vive nos campos abertos e nas zonas de cereais. De cor castaña con pencas craras e unha pequena crista. Aliméntase de grans, herbas, pequenos animais... 
PLANTAS: 
-centeo: (Secale cereale) cereal común nas zonas altas de Galicia. 
PAISAXE: 
-regueiro: río de pouco caudal 
COMENTARIO 
Personifica nunha laverca a ledicia de erguerse pola mañán e gozar dos bens da natureza. É moi divertida, aínda que ten algunhas palabras difíciles. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
-Sol nun campo, coa vexetación 
-Campo de centeo 
-Laberca 
Campo de centeo 
Ana Prado e Ana Vieites
A Pastora na época de Cabanillas. 
Do vran nas tardes longas, coa merenda 
nun cestiño de bimbias, 
de vagar, paso a paso, baixo a sombra 
do roxo parasol de miña tía., 
rubía á fresca, umbriza carballeira 
que coroa un outeiro a par da vila, 
onde se ergue, feituca como un ovo, 
da Virxe da Pastora a branca ermida. 
Follas que beilan, ágoas que rexouban, 
fiunchos que en recendos se desfían, 
sendeiros de antre millos e parrales, 
ventiño latexante de cantigas, 
valos vellos, silveiras con amorias, 
auriolos e merlos que asubían, 
edras de ouro nas pedras seculares 
de altares en ruiñas, 
colunas en derrumbo, arcos ó aire 
e maltreitas oxivas 
do noso saudoso camposanto 
un día eirexa nai: ¡Santa Mariña! 
AS TARDES NA PASTORA 
“Poesías ventureiras”
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoas: augas 
-sombra: zona detrás dun obxecto que non recibe a luz directamente 
-umbriza: umbría, área que está sempre á sombra. 
-ventiño: vento suave. 
-vran: estación do ano que se caracteriza por ter máis horas de luz e temperaturas máis altas. 
ANIMAIS: 
-auriolos: (Oriolus oriolus). Ouripenlas. Paxaro do tamaño dun merlo. Os machos son amarelos e as femias verdosas co peito branco. Aliméntanse de froitas e insectos. Fan os niños pendurados dunha galla. 
-merlos: (Turdus merula) paxaro que mide arredor de 25 cm, de plumaxe negra e peteiro amarelo. Aliméntase de froitas e sementes, pequenos animais... 
PLANTAS: 
-amorias: agrupación de froitos da silva. 
-carballeiras: bosques de carballos. 
-edras: (Hedera hibernica) planta trepadora de follas palmeadas e perennes. 
-fiuncho: (Foeniculum vulvare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. 
-follas: partes das planats xeralmente planas e verdes. 
-millos: (Zea mays). Planta gramínea que pode acadar os 5 m de altura, coas follas lanceoladas, grandes e as flores dispostas en espigas unisexuais. 
-parrales: parras, formación de viñas sobre postes e trabes. 
-silveiras: (Rubus ulmifolius) agrupación de silvas formando sebes. Planta da familia das rosáceas, coas follas compostas e os froitos en forma esférica agrupados en acios de polidrupas. Os talos teñen espiñas. 
PAISAXE: 
-outeiro: pequena elevación, monte. 
-sendeiros: carreiros, camiños estreitos. 
COMENTARIO 
O poema describe un costume moi típico en Cambados: pasar as tardes no monte da Pastora. Noutros tempos houbo alí unha boa carballeira que foi cortada. Recentemente pasou a ser propiedade municipal e está plantada de plátanos, piñeiros, olmos e robinias. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
-Monte da Pastora 
-Campos de millo, parras 
-Silveiras... 
Elena e Vanessa
Sol de vran. O mar de Arousa, 
de praia a praia tendido, 
canso de loitar, repousa. 
Ceo azuado e senlleiro. 
Limpou de néboa a Curota 
o maino vento mareiro. 
Alá na boca da ría, 
dende a solana da costa 
o Con de Noro vixía... 
A CALZADA DE CAMBADOS 
“Da Terra Asoballada”
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ceo: espazo que aparece sobre a Terra, limitado, á vista, polo horizonte. 
-maino vento mareiro: vento suave do oeste, da banda do mar. 
-néboa: brétema. Condensación de vapor de auga na atmosfera. 
-sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. 
-vran: estación do ano que se caracteriza por ter máis horas de luz e temperaturas máis altas. 
PAISAXE: 
-mar de Arousa: mar da ría de Arousa. 
-praia: acumulación de area ao longo da costa. 
-boca da ría: espazo entre as puntas que delimitan a ría. 
-solana da costa: zona da costa exposta ao sol. 
-Con de Noro: illote rochoso situado na boca da ría de Arousa, a carón de Sálvora. Vese desde Cambados cando está o día craro. 
-Curota: cume da serra de Barbanza que se divisa desde Cambados ao mirar cara ao noroeste. Para os mariñeiros é un dos indicadores do estado do tempo. 
COMENTARIO 
Describe un solpor na ría con todos os elementos. Personifica o Sol (déitase canso de loitar) e o Con de Nor que vixía a boca da ría. 
ideas para ilustralo: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
-Solpor no mar 
-Curota 
-Con de Nor... 
Carla Serén e Sara Marño
...Recenden as mazáns sobor da mesa 
e na brancura do mantel de liño 
as xarras de cristal mostran, ridentes, 
os nosos viños sagros, recendentes 
a erbaboa, a reseda e a tomiño; 
¡o esvaído verde do Loureiro, 
os acesos rubís do agre Caíño, 
o sangre roxo e mouro do Espadeiro 
dóce e levián como unha canturía, 
e os rebrilos doirados do Albariño, 
saltarín e algareiro, 
que borracho de luz e de alegría 
todo o ouro do sol ten prisioneiro! 
“O CASAL DE CATICOVAS” 
CAMIÑOS NO TEMPO 
Para ceibarme de morrer, chuchada 
d-un amor que me éncheu de penas fondas, 
no mar costeiro e bravo da Lanzada 
tomei â media noite, as nove ondas. 
(...) 
Limpa estou de feitizo e de meigallo. 
Quedei rexa e varil como un carballo, 
san como un buxo, dura como un seixo. 
(...) 
VIAXE PERDIDO “Da Terra Asoballada”
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-media noite: ás 00 horas ou ás 12. 
-ondas: movementos xiratorios da auga do mar que producen ondulacións na superficie. 
-sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. 
PLANTAS: 
-mazáns: froitas da maceira (Prunus domestica). 
-liño: (Linum usitatissimum) planta herbácea da familia das lináceas. O seu talo emprégase para facer tecidos (neste caso o mantel) e a súa semente (liñaza) para extraer fariña e aceite (aceite de liñaza). En Galicia foi moi cultivada noutros tempos e serviu de base a unha importante industria téxtil. 
-erbaboa: Menta verde (Mentha spicata), herba perenne nativa de Europa, empregada en gastronomía e perfumería polo seu arume intenso e fresco. 
As follas son moi aromáticas. 
-reseda: (Reseda sp.) planta herbácea anual coas follas basais en mouta e talos rastreiros. As flores son pequenas e os froitos en cápsulas con moitas sementes. Atópase nos beirais e matogueiras. 
-tomiño: tomelo (Tymus caespititius). Planta perenne, leñosa, rastreira, toda ela moi aromática. Atópase en zonas de monte. 
-carballo: (Quercus robur): árbore de copa globosa que pode acadar os 50 m de altura e os 1.000 anos de idade. As follas son simples, alternas, ovais e lobuladas, de 10-12 cm de lonxitude e 8 cm de anchura. Os froitos son as landras. 
-buxo (Buxus sempervirens): arbusto ou árbore que pode acadar os 5 m de altura, coa copa baixa e densa, con follas persistentes, simples, opostas, de forma elíptica ou ovada, É habitual atopalo formando sebes artísticas. 
-VIÑOS: variedades autóctonas apreciadas pola súa calidade que se poden atopar no Salnés: Loureiro, Caíño, Espadeiro, Albariño. 
PAISAXE: 
-mar: masa de auga salgada que cobre unha grande parte da superficie terrestre. 
OUTRAS: 
-seixo: cuarzo, mineral da familia dos silicatos que adoita formar parte da pedra de gran. 
COMENTARIO 
O primeiro poema fai unha descrpción moi atinada das variedades de viño do Salnés, algunhas que case non se usan na actualidade. 
O segundo fai referencia á lenda das nove ondas como rito que se practicaba para a fertilidade na praia da Lanzada. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS, DEBUXOS... 
-Distintos tipos de viños 
-Mesa con mazáns e xerras de viño. 
-Praia da Lanzada: ondas, ermida, torre... 
Sonia Porto, Lorena Soto
Salnés antergo e saudoso, terra sagra e petrucial 
farta de séculos, chea de amor e dolor de nai. 
Unha ermida cada castro, cada valgada un pinal, 
cada camiño un cruceiro, cada recuncho un fogar. 
Erbeiros e milleirales e viñas na terra chá; 
o sol ó cair nas ágoas deixou o ceo a sangrar. 
O Umia, canso, deitouse nas xunqueiras de Sisán; 
o pai Castrove, na estrema, pon os ollos alén mar. 
... 
Terra de Salnés. Outono. A caída do serán. 
Os carros na corredoira, chirra que te chirrarás. 
VENDIMA EN SALNÉS 
“Poesías Ventureiras”
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoas: augas 
-caída do serán: a caída da tarde, as últimas horas do día, antes de se ir o sol. 
-ceo: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. 
-outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. 
-sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. 
PLANTAS: 
-erbeiros: campos de herbas. 
-milleirales: campos de millo. 
-viñas: terreos plantados de vides. 
-xunqueiras: terreos cubertos de xuncos, no esteiro do río. 
PAISAXE: 
-alén mar: máis alá do mar, en lugares lonxanos. 
-camiño: espazo de terreo para transitar. 
-Castrove: monte situado ao leste do val do Salnés. 
-corredoira: camiño estreito, para carros ou pés. 
-recuncho: recanto, curruncho, lugar agochado. 
-Salnés: comarca situada no curso baixo do río Umia, na ría de Arousa. 
-Sisán: parroquia do concello de Ribadumia, situada na beira esquerda do esteiro do Umia. 
-terra cha: terreo achairado, con poucas elevacións. 
-Terra de Salnés: comarca do Salnés. 
-Umia: río que forma o val do Salnés e desemboca na ría de Arousa, entre Cambados e Ribadumia. 
-valgada: parte baixa dun val. 
OUTRAS: 
-castro: aldea ou recinto fortificado da antigüidade. Tamén se chaman así aos montes onde houbo castros. 
COMENTARIO 
Describe o Salnés no outono, en tempo de vendima, pola caída da tarde, nos tempos en que as uvas se carrexaban nos carros. Expresa moi ben a diversidade de elementos da paisaxe, tanto naturais como humanos. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
Paisaxe do Salnés 
Solpor no Salnés 
Vendima 
Río Umia... 
Zaira Vázquez
Sol d-outono no mar calmo fungue o lume; 
alá, lonxe, chirra un carro no camiño; 
canta a ágoa no rodicio do muíño; 
e arrecende dos fiunchos o cheirume. 
Por enriba dos tellados rube o fume; 
esbardallan as labercas antre o liño; 
roxa lúa, con fasulas de meniño, 
aparesce da montaña sobre o cume. 
Zoa a mística campana. Nos lameiros 
unha flauta, a dos sapos agoireiros, 
anda o trasno gargallando nos pinares. 
Van e veñen luces roxas polo monte. 
As rapazas van con medo cara a fonte. 
Bravo, céltigo aturuxo fende os ares. 
“Tarde baixa”, NO DESTERRO
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: auga 
-mar calmo: mar tranquilo, sen ondas. 
-outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. 
-sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. 
ANIMAIS: 
-laberca: laverca, (Alauda arvensis). Paxaro da familia das alaudidas que vive nos campos abertos e nas zonas de cereais. De cor castaña con pencas craras e unha pequen crista. Aliméntase de grans, herbas, pequenos animais... 
-sapos: (Bufo bufo), anfibio de vida terrestre que adoita vivir en zonas húmidas. Aliméntase de pequenos invertebrados. Emite un son característico. 
PLANTAS: 
-fiunchos: (Foeniculum vulgare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. 
-liño: (Linum usitatissimum) planta herbácea da familia das lináceas. En Galicia foi moi cultivada noutros tempos e serviu de base a unha importante industria e artesanía téxtil. 
-pinares: piñeirais, plantacións de piñeiros. 
PAISAXE: 
-camiño: espazo de terreo para transitar. 
-cume: parte alta das montañas. 
-fonte: manancial de auga ou construción para dar saída á auga. 
-lameiros: terreos con moita humidade ou lama. 
-lúa: satélite da terra que se observa especialmente pola noite. 
-montaña: elevación do terreo. 
OUTRAS: 
-trasno: nome co que se coñecen certos espíritos nocturnos imaxinarios que se supón que aparecen nas casas facendo ruídos e amolandos ás persoas (facendo trasnadas). 
COMENTARIO 
O poema describe unha tarde de outono empregando elementos característicos da zona (plantas, animais) e da época (muíño, carro...). 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
-Muíño 
-Carro 
-Prado con sapos 
-lúa nas montañas... 
Andrea, Mariña
Son os días de outono. 
Son os días 
en que caien desfeitas, sin arume, 
as derradeiras rosas. 
... 
O chan escuro; brétemas nos vales. 
De curuto en curuto, a tombos, rodan 
as apromadas nubes da tromenta, 
... 
Ou tristeza 
dos arbres sin paxaros nin follaxe! 
... 
...Ou impiedá do vento polo outono! 
Chega o refacho e o carballo envolve; 
tronza e esgasa as ponlas; as folliñas 
que se queixan mimosas arincando, 
xoga con elas un istante; lévaas 
ó longo do camiño; contra un valo 
váinas xuntando, pouco a pouco en feixes; 
destrénzase de pronto en remuíños, 
ergue o montón, encarrexado brúa 
e, baténdoas con rabia tola, guíndaas 
nas rodeiras dos carros, antre a lama, 
nas cunetas de fondos enlixados 
ou nas revoltas ágoas dunha aberta... 
... 
Como as follas no outono! Como as follas 
que do vento o bruante remuíño 
guinda nas ágoas podres dunha aberta 
ou enterra na lama dun camiño! 
A traxedia das follas, VENTO MAREIRO
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-agoas: augas 
-apromadas nubes: nubes grises, escuras. 
-brétemas: néboas, condensación do vapor de auga na atmosfera. 
-bruante remuíño: ruído continuado producido polo vento ao dar voltas. 
-outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. 
-refacho: golpe de vento. 
-remuíño: movemento rápido do aire en espiral. 
-tromenta: tormenta. Tempestade violenta, treboada forte, mal tempo con vento e chuvia. 
-vento: aire en movemento. 
ANIMAIS: 
-paxaros: aves de pequeno tamaño 
PLANTAS: 
-arbres: árbores. Plantas cun toro principal leñoso que se ramifica a certa altura. 
-carballo: (Quercus robur): árbore de copa globosa que pode acadar os 50 m de altura coas follas simples, alternas, ovais e lobuladas. 
-follaxe: conxunto das follas dunha planta. 
-folliñas: follas pequenas, diminutivo agarimoso. 
-ponlas: ramificacións dos talos das plantas. 
-rosas: flores da roseira. 
PAISAXE: 
-aberta: canle artificial para conducir a auga. 
-camiño: espazo de terreo para transitar. 
-chan escuro: terra, solo, escuro. 
-cunetas: gabia. Rego algo fondo á beira de camiños e estradas para que corra a auga. 
-curuto: cume das montañas. 
-lama: terra enchoupada de auga. 
-rodeiras dos carros: regos deixados polo paso dos carros. 
-vales: depresión entre montañas. 
COMENTARIO 
Describe con moito detalle a caída das follas no outono facendo moitas referencias ao tempo: “bruante remuíño”, “tromenta”, “apromadas nubes”... 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
Follas de carballo, 
árbores sen paxaros, 
lama, 
rodeiras de carros, 
follas voando, 
nubes de tormenta... 
Laura, Yessica
Agoa homilde, ágoa irmán, 
ágoa chea de gracia, de dozura e beleza 
Agoa maina, ágoa san, 
que eres toda limpeza, 
craridade e saúde 
e fartura de pan, 
que eres toda virtude 
contra o aire de sapo, o ferrón do alacrán, 
a pezoña da cobra e a dentada do can! 
(...) 
Nas adoas do orballo de locente feitizo, 
nos pelouros saltóns do pedrizo, 
nos cristás da xiada, 
no milagre da choiva, 
na folerpa da neve, bordada 
como encaixe de noiva, 
na folerpa da neve, tecida 
como velo de freira, 
barbullada nas fontes da vida, 
lanzal mensaxeira 
das outras rexións, 
a ágoa homilde, mainiña, rideira, 
chega sempre mandada de Dios! 
“Agoiña milagreira”, NO DESTERRO
VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA 
TEMPO: 
-ágoa: agua 
-barbullada: ruído que forman as augas correntes. 
-choiva: precipitación de auga líquida. 
-folerpa de neve: anaco de neve que cae do ceo. 
-fontes: mananciais de auga. 
-orballo: pequenas pingas de auga que se depositan pola noite sobre as superficies. 
-pedrizo: pedrisco, pingas de auga conxeladas. 
-xiada: xeada, vapor de auga que se conxela nas noites frías e se deposita sobre as superficies. 
ANIMAIS: 
-alacrán: artrópodo de oito patas con quelíceros e un aguillón con veleno (ferrón) no extremo da cola. 
-can: mamífero carnívoro que vive co ser humano. 
-cobra: réptil sen patas. 
-dentada: mordedura. 
-pezoña: veleno das serpes. 
-sapo: (Bufo bufo), anfibio de vida terrestre que adoita vivir en zonas húmidas. Aliméntase de pequenos invertebrados. Emite un son característico. 
PLANTAS: 
-pan: en xeral fai referencia aos cereais, en especial ao centeo. 
COMENTARIO 
Describe moi ben as diferentes manifestación da auga na natureza e fálanos da súa importancia. 
IDEAS PARA ILUSTRALO: 
FOTOS 
DEBUXOS... 
-Auga 
-xeada 
-orballo 
-fontes 
-chuvia 
-neve 
-auga de San Xoán 
-nubes... 
Auga de San Xoán 
Xandre, Cristian

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega candeadosalnes
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
Sabugueiro (Sambucus nigra)
Sabugueiro (Sambucus nigra)Sabugueiro (Sambucus nigra)
Sabugueiro (Sambucus nigra)monadela
 
Poesia
PoesiaPoesia
PoesiaFiz
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
Máscara típica de vilariño de conso
Máscara típica de vilariño de consoMáscara típica de vilariño de conso
Máscara típica de vilariño de consoteacheralfonso
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve ciesasorey
 

Was ist angesagt? (9)

Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Sabugueiro (Sambucus nigra)
Sabugueiro (Sambucus nigra)Sabugueiro (Sambucus nigra)
Sabugueiro (Sambucus nigra)
 
Poesia
PoesiaPoesia
Poesia
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Máscara típica de vilariño de conso
Máscara típica de vilariño de consoMáscara típica de vilariño de conso
Máscara típica de vilariño de conso
 
Chuvia, neve c
Chuvia, neve cChuvia, neve c
Chuvia, neve c
 

Ähnlich wie Cabanillas e a natureza-os meses

Paisaxes de Galicia
Paisaxes de GaliciaPaisaxes de Galicia
Paisaxes de Galiciasusieiris
 
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadescigformacion
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...monadela
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna iesasorey
 
Arco da vella
Arco da vellaArco da vella
Arco da vellaiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxO NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxBerta Campos
 
Rota 6º curso
Rota 6º cursoRota 6º curso
Rota 6º cursosenlleiro2
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que correiesasorey
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Candeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_mariaCandeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_mariaFiz
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismoxenevra
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Naviamonadela
 

Ähnlich wie Cabanillas e a natureza-os meses (20)

Paisaxes de Galicia
Paisaxes de GaliciaPaisaxes de Galicia
Paisaxes de Galicia
 
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividadesA Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades
 
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
A auga na cultura galega. Chuvia, neve...
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Cabanillas na escola
Cabanillas na escolaCabanillas na escola
Cabanillas na escola
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Arco da vella
Arco da vellaArco da vella
Arco da vella
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxO NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
 
Rota 6º curso
Rota 6º cursoRota 6º curso
Rota 6º curso
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que corre
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Candeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_mariaCandeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_maria
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
Río Navia
Río NaviaRío Navia
Río Navia
 

Mehr von iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

Mehr von iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Cabanillas e a natureza-os meses

  • 1. 1º ESO. I.E.S. FRANCISCO SOREY-CAMBADOS
  • 2. MENTRAS CAI A NEVE Tristeiro, mudo, o paisaxe. Hirta, doente friaxe no aire reve. En falerpas, silenzosa, como folliñas de rosa cai a neve... (...) Todo de branco se viste. Todo dorme, frío, triste, sin latexo. No ceo calmo, tranquilo, ni-un maino rumor, ni-un brilo, ni-un refrexo. Vive na alma o firente choro íntimo, doente, do salouco. E as falerpas, revoando, como en ondas, van baixando pouco a pouco! Ramón Cabanillas VENTO MAREIRO
  • 3. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -aire: mestura de gases que forman a atmosfera. -falerpas (folerpa, folepa): anacos de neve que caen. -friaxe: sensación que produce un frío moi grande. -frío: temperatura inferior á ordinaria -hirta, doente friaxe: áspera, dura, sensación de frío moi forte, que fire e produce dor. -neve: auga conxelada en pequenos cristais. -reve: rezuma, zumega humidade. PLANTAS: -folliñas de rosa: pétalos de roseira PAISAXE: -mudo: sen son, silenzoso. -todo dorme, sin latexo: quedo, sen actividade. -tristeiro: triste, sen alegría, sen cor... COMENTARIO góstame moito, expresa moi ben a sensación que se sente ao mirar a paisaxe nevada e sentir a friaxe no corpo. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... Foto ou debuxo de paisaxe nevada ou caendo a neve. Miguel Pérez Ramundo
  • 4. Vista de Lobeira desde O Castrove ...O Castrove xigante, montaña-nai da terra ben querida que se alonga soave, verdecida, até as praias de Atlante, -ou, meu berce de neno! ou, branco fume do meu fogar deitado na ribeira!- está diante de min, cinguido o cume de brétema esgasada, ollando a cruz de ferro de Lobeira e axexando o mar outo da Lanzada. VEIRAMAR, “Poesías ventureiras” ... Firentes invernías tardes de vento e choiva ... É noite pechada e chove miudiño Nas lousas de pedra, ó longo da rúa escura e deserta estoupan as pingas que deitan as tellas... CHOVE...
  • 5. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -brétema: néboa, condensación de vapor de auga na atmosfera. -choiva: precipitación de auga líquida. -invernía: inverno prolondado e rigoroso, tempo chuvioso e frio -pingas: pequenas cantidades de auga de form esférica. -vento: aire en movemento, corrente de aire PAISAXE: -A Lanzada: costa situada entre os concellos de O Grove e Sanxenxo, orientada ao mar aberto. -Castrove: monte situado no leste do val do Salnés. -Lobeira: pequeno monte situado entre os concellos de Vilanova e Vilagarcía de Arousa, no que houbo un castelo. -mar outo: ondas de gran tamaño. -montaña: elevación natural do terreo. -praias: despósitos de area na liña de costa. -ribeira (riveira): marxe ou beira do mar ou dun río. COMENTARIO O primeiro poema describe o monte Castrove e o que se olla desde o seu cume: Lobeira e A Lanzada. O segundo fai referencia ás tardes e noites de inverno con chuvia e vento. Os dous expresan moi ben dous aspectos do inverno, na paisaxe e nas rúas da vila. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... 1º: paisaxe e ceo anubrado con brétema. 2º: pingas de chuvia Marta e Irea
  • 6. ...No salgueiral os merlos asubían nun nouturnio doente. No aleiro do tellado os caseiros pardales rechouchían queda, quediñamente... O CASAL DE CATICOVAS ... Reza un merlo no souto frorido de cereixos relixioso ofertorio d-uns místicos amores. Pasa un vento de bicos que vai buscando beixos, como enxame de abellas que vai buscando frores CAMPANA CHOCA, No Desterro
  • 7. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -vento: aire en movemento, corrente de aire, neste caso “vento de bicos”, un vento frouxo e suave, que acariña. ANIMAIS: -enxame de abellas: grupo numeroso de abellas, insectos que viven en colonias que constrúen con cera e nas que alimentan ás crías con mel. -merlo: (Turdus merula) paxaro que mide arredor de 25 cm, de plumaxe negra e peteiro amarelo. Aliméntase de froitas e sementes, pequenos animais... -pardal: (Passer domesticus) paxaro de pequeno tamaño coa plumaxe parda con pintas negras e rubias. Aliméntase de froitos, sementes e gomos. -rechouchían: chío continuado dos paxaros. PLANTAS: -frores: órganos reprodutores das plantas, xeralmente de cores vistosas. -frorido: con flores -cereixos: cerdeira (Prunus avium), árbore froiteira que produce unhas drupas esféricas comestibles, moi común nas hortas do Salnés. -salgueiral: bosque da salgueiros. -souto: lugar poboado de árbores, en especial castiñeiros ou carballos. COMENTARIO O poema gustounos moito. É moi bonito e explica moi ben, con palabras fermosas, a situación da natureza. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... 1º poema: Foto dun salgueiral, merlos, pardais nun tellado... 2º poema: Cerdeiras en flor, merlo, enxame de abellas. Abella en flores de cerdeira Lidia Martínez, Yasmina Sáchez
  • 8. Mencer no Salnés, co Castrove ao fondo. Do ceo borrallento, na saudosa paz da atardecida, cai o choiva sin vento, fío a fío, esvaída nos erbeiros mimosos, nos verdecraros, ledos milleirales, nos solenes pinales vagorosos, nos fiunchos miudiños dos veirales de este val do Salnés, vella campía onde a céltiga raza achou asento, (...) Pola mañán a luz e limpa e crara. O pinal que se alonga na seara verdelouro á raiolas de levante abanea fungando unha lelía. ¡Non hai pinga de ágoa que non brile e cante nin folla que non ría! O CASAL DE CATICOVAS “Camiños no tempo”
  • 9. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: auga -atardecida: tardiña, solpor, últimas horas do día. -choiva: chuvia, precipitación líquida. -ceo borrallento: ceo gris, escuro, con pouca luz. -levante: leste. -raiolas: tempo breve de sol que aparece de cando en vez en días anubrados, raios finos de Sol. PLANTAS: -erbeiros: campos de herbas. -fiúnchos: (Foeniculum vulgare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. -folla: parte das plantas, xeralmente plana polas que respiran e realizan a nutrición. -milleirales: campos de millo. -pinal/pinales: piñeiral, bosque de piñeiros PAISAXE: -campía: -Val do Salnés: comarca situada no curso baixo do río Umia, á beira da Ría de Arousa. -veirales: beirales, lindeiros de fincas e camiños onde abondan as plantas silvestres. COMENTARIO Góstanos porque fala da natureza. Describe moi ben o Val do Salnés nunha mañán de abril, cando chove pouco a poucoe todo está cheo de humidade e luces suaves. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Paisaxe do Salnés pola mañan ou pola tardiña. -Follas con pingas de auga. -Piñeirais, herbeiros, milleirais... Alba, Eva
  • 10. ¡O Sol! ¡O Sol! ¡Qué ledo! ¡Que doirado! ¡Está a rir e a bailar! Vou espelir as azas de contado e ireino saudar: ¡Ei! ¡Bo día, meu amo! ¡Seica ardemos...! ¡Di que non... que está ben...! ¡No... pois a cara non llo dá! ¡C-os demos! ¡Ben accesa que a ten! ¡Ai que fresquiña a ágoa do regueiro!! ¡Cómo bule a brilar! ¡Dá ledicia meter n-ela o peteiro e beber a fartar! (...) ¡E toda esta alegría e esta fartura... ¡Todo! ¡Todo pra nós! ¡O centeo! ¡A ágoa dóce! ¡O sol locente! ¡Esto si que é vivir! ¡E todo para as labercas tan somente; pra comer e pra rir! FALA UNHA LABERCA... (Da Terra Asoballada)
  • 11. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: auga -bo día: saúdo, que teñan un bo día! -sol: estrela que proporciona luz e calor á Terra ANIMAIS: -laberca: laverca, (Alauda arvensis). Paxaro da familia das alaudidas que vive nos campos abertos e nas zonas de cereais. De cor castaña con pencas craras e unha pequena crista. Aliméntase de grans, herbas, pequenos animais... PLANTAS: -centeo: (Secale cereale) cereal común nas zonas altas de Galicia. PAISAXE: -regueiro: río de pouco caudal COMENTARIO Personifica nunha laverca a ledicia de erguerse pola mañán e gozar dos bens da natureza. É moi divertida, aínda que ten algunhas palabras difíciles. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Sol nun campo, coa vexetación -Campo de centeo -Laberca Campo de centeo Ana Prado e Ana Vieites
  • 12. A Pastora na época de Cabanillas. Do vran nas tardes longas, coa merenda nun cestiño de bimbias, de vagar, paso a paso, baixo a sombra do roxo parasol de miña tía., rubía á fresca, umbriza carballeira que coroa un outeiro a par da vila, onde se ergue, feituca como un ovo, da Virxe da Pastora a branca ermida. Follas que beilan, ágoas que rexouban, fiunchos que en recendos se desfían, sendeiros de antre millos e parrales, ventiño latexante de cantigas, valos vellos, silveiras con amorias, auriolos e merlos que asubían, edras de ouro nas pedras seculares de altares en ruiñas, colunas en derrumbo, arcos ó aire e maltreitas oxivas do noso saudoso camposanto un día eirexa nai: ¡Santa Mariña! AS TARDES NA PASTORA “Poesías ventureiras”
  • 13. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoas: augas -sombra: zona detrás dun obxecto que non recibe a luz directamente -umbriza: umbría, área que está sempre á sombra. -ventiño: vento suave. -vran: estación do ano que se caracteriza por ter máis horas de luz e temperaturas máis altas. ANIMAIS: -auriolos: (Oriolus oriolus). Ouripenlas. Paxaro do tamaño dun merlo. Os machos son amarelos e as femias verdosas co peito branco. Aliméntanse de froitas e insectos. Fan os niños pendurados dunha galla. -merlos: (Turdus merula) paxaro que mide arredor de 25 cm, de plumaxe negra e peteiro amarelo. Aliméntase de froitas e sementes, pequenos animais... PLANTAS: -amorias: agrupación de froitos da silva. -carballeiras: bosques de carballos. -edras: (Hedera hibernica) planta trepadora de follas palmeadas e perennes. -fiuncho: (Foeniculum vulvare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. -follas: partes das planats xeralmente planas e verdes. -millos: (Zea mays). Planta gramínea que pode acadar os 5 m de altura, coas follas lanceoladas, grandes e as flores dispostas en espigas unisexuais. -parrales: parras, formación de viñas sobre postes e trabes. -silveiras: (Rubus ulmifolius) agrupación de silvas formando sebes. Planta da familia das rosáceas, coas follas compostas e os froitos en forma esférica agrupados en acios de polidrupas. Os talos teñen espiñas. PAISAXE: -outeiro: pequena elevación, monte. -sendeiros: carreiros, camiños estreitos. COMENTARIO O poema describe un costume moi típico en Cambados: pasar as tardes no monte da Pastora. Noutros tempos houbo alí unha boa carballeira que foi cortada. Recentemente pasou a ser propiedade municipal e está plantada de plátanos, piñeiros, olmos e robinias. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Monte da Pastora -Campos de millo, parras -Silveiras... Elena e Vanessa
  • 14. Sol de vran. O mar de Arousa, de praia a praia tendido, canso de loitar, repousa. Ceo azuado e senlleiro. Limpou de néboa a Curota o maino vento mareiro. Alá na boca da ría, dende a solana da costa o Con de Noro vixía... A CALZADA DE CAMBADOS “Da Terra Asoballada”
  • 15. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ceo: espazo que aparece sobre a Terra, limitado, á vista, polo horizonte. -maino vento mareiro: vento suave do oeste, da banda do mar. -néboa: brétema. Condensación de vapor de auga na atmosfera. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. -vran: estación do ano que se caracteriza por ter máis horas de luz e temperaturas máis altas. PAISAXE: -mar de Arousa: mar da ría de Arousa. -praia: acumulación de area ao longo da costa. -boca da ría: espazo entre as puntas que delimitan a ría. -solana da costa: zona da costa exposta ao sol. -Con de Noro: illote rochoso situado na boca da ría de Arousa, a carón de Sálvora. Vese desde Cambados cando está o día craro. -Curota: cume da serra de Barbanza que se divisa desde Cambados ao mirar cara ao noroeste. Para os mariñeiros é un dos indicadores do estado do tempo. COMENTARIO Describe un solpor na ría con todos os elementos. Personifica o Sol (déitase canso de loitar) e o Con de Nor que vixía a boca da ría. ideas para ilustralo: FOTOS DEBUXOS... -Solpor no mar -Curota -Con de Nor... Carla Serén e Sara Marño
  • 16. ...Recenden as mazáns sobor da mesa e na brancura do mantel de liño as xarras de cristal mostran, ridentes, os nosos viños sagros, recendentes a erbaboa, a reseda e a tomiño; ¡o esvaído verde do Loureiro, os acesos rubís do agre Caíño, o sangre roxo e mouro do Espadeiro dóce e levián como unha canturía, e os rebrilos doirados do Albariño, saltarín e algareiro, que borracho de luz e de alegría todo o ouro do sol ten prisioneiro! “O CASAL DE CATICOVAS” CAMIÑOS NO TEMPO Para ceibarme de morrer, chuchada d-un amor que me éncheu de penas fondas, no mar costeiro e bravo da Lanzada tomei â media noite, as nove ondas. (...) Limpa estou de feitizo e de meigallo. Quedei rexa e varil como un carballo, san como un buxo, dura como un seixo. (...) VIAXE PERDIDO “Da Terra Asoballada”
  • 17. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -media noite: ás 00 horas ou ás 12. -ondas: movementos xiratorios da auga do mar que producen ondulacións na superficie. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. PLANTAS: -mazáns: froitas da maceira (Prunus domestica). -liño: (Linum usitatissimum) planta herbácea da familia das lináceas. O seu talo emprégase para facer tecidos (neste caso o mantel) e a súa semente (liñaza) para extraer fariña e aceite (aceite de liñaza). En Galicia foi moi cultivada noutros tempos e serviu de base a unha importante industria téxtil. -erbaboa: Menta verde (Mentha spicata), herba perenne nativa de Europa, empregada en gastronomía e perfumería polo seu arume intenso e fresco. As follas son moi aromáticas. -reseda: (Reseda sp.) planta herbácea anual coas follas basais en mouta e talos rastreiros. As flores son pequenas e os froitos en cápsulas con moitas sementes. Atópase nos beirais e matogueiras. -tomiño: tomelo (Tymus caespititius). Planta perenne, leñosa, rastreira, toda ela moi aromática. Atópase en zonas de monte. -carballo: (Quercus robur): árbore de copa globosa que pode acadar os 50 m de altura e os 1.000 anos de idade. As follas son simples, alternas, ovais e lobuladas, de 10-12 cm de lonxitude e 8 cm de anchura. Os froitos son as landras. -buxo (Buxus sempervirens): arbusto ou árbore que pode acadar os 5 m de altura, coa copa baixa e densa, con follas persistentes, simples, opostas, de forma elíptica ou ovada, É habitual atopalo formando sebes artísticas. -VIÑOS: variedades autóctonas apreciadas pola súa calidade que se poden atopar no Salnés: Loureiro, Caíño, Espadeiro, Albariño. PAISAXE: -mar: masa de auga salgada que cobre unha grande parte da superficie terrestre. OUTRAS: -seixo: cuarzo, mineral da familia dos silicatos que adoita formar parte da pedra de gran. COMENTARIO O primeiro poema fai unha descrpción moi atinada das variedades de viño do Salnés, algunhas que case non se usan na actualidade. O segundo fai referencia á lenda das nove ondas como rito que se practicaba para a fertilidade na praia da Lanzada. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS, DEBUXOS... -Distintos tipos de viños -Mesa con mazáns e xerras de viño. -Praia da Lanzada: ondas, ermida, torre... Sonia Porto, Lorena Soto
  • 18. Salnés antergo e saudoso, terra sagra e petrucial farta de séculos, chea de amor e dolor de nai. Unha ermida cada castro, cada valgada un pinal, cada camiño un cruceiro, cada recuncho un fogar. Erbeiros e milleirales e viñas na terra chá; o sol ó cair nas ágoas deixou o ceo a sangrar. O Umia, canso, deitouse nas xunqueiras de Sisán; o pai Castrove, na estrema, pon os ollos alén mar. ... Terra de Salnés. Outono. A caída do serán. Os carros na corredoira, chirra que te chirrarás. VENDIMA EN SALNÉS “Poesías Ventureiras”
  • 19. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoas: augas -caída do serán: a caída da tarde, as últimas horas do día, antes de se ir o sol. -ceo: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. -outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. PLANTAS: -erbeiros: campos de herbas. -milleirales: campos de millo. -viñas: terreos plantados de vides. -xunqueiras: terreos cubertos de xuncos, no esteiro do río. PAISAXE: -alén mar: máis alá do mar, en lugares lonxanos. -camiño: espazo de terreo para transitar. -Castrove: monte situado ao leste do val do Salnés. -corredoira: camiño estreito, para carros ou pés. -recuncho: recanto, curruncho, lugar agochado. -Salnés: comarca situada no curso baixo do río Umia, na ría de Arousa. -Sisán: parroquia do concello de Ribadumia, situada na beira esquerda do esteiro do Umia. -terra cha: terreo achairado, con poucas elevacións. -Terra de Salnés: comarca do Salnés. -Umia: río que forma o val do Salnés e desemboca na ría de Arousa, entre Cambados e Ribadumia. -valgada: parte baixa dun val. OUTRAS: -castro: aldea ou recinto fortificado da antigüidade. Tamén se chaman así aos montes onde houbo castros. COMENTARIO Describe o Salnés no outono, en tempo de vendima, pola caída da tarde, nos tempos en que as uvas se carrexaban nos carros. Expresa moi ben a diversidade de elementos da paisaxe, tanto naturais como humanos. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... Paisaxe do Salnés Solpor no Salnés Vendima Río Umia... Zaira Vázquez
  • 20. Sol d-outono no mar calmo fungue o lume; alá, lonxe, chirra un carro no camiño; canta a ágoa no rodicio do muíño; e arrecende dos fiunchos o cheirume. Por enriba dos tellados rube o fume; esbardallan as labercas antre o liño; roxa lúa, con fasulas de meniño, aparesce da montaña sobre o cume. Zoa a mística campana. Nos lameiros unha flauta, a dos sapos agoireiros, anda o trasno gargallando nos pinares. Van e veñen luces roxas polo monte. As rapazas van con medo cara a fonte. Bravo, céltigo aturuxo fende os ares. “Tarde baixa”, NO DESTERRO
  • 21. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: auga -mar calmo: mar tranquilo, sen ondas. -outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. -sol: estrela principal do noso sistema que proporciona enerxía á Terra. ANIMAIS: -laberca: laverca, (Alauda arvensis). Paxaro da familia das alaudidas que vive nos campos abertos e nas zonas de cereais. De cor castaña con pencas craras e unha pequen crista. Aliméntase de grans, herbas, pequenos animais... -sapos: (Bufo bufo), anfibio de vida terrestre que adoita vivir en zonas húmidas. Aliméntase de pequenos invertebrados. Emite un son característico. PLANTAS: -fiunchos: (Foeniculum vulgare) planta herbácea coñecida tamén como anís que se atopa nas beiras dos camiños. -liño: (Linum usitatissimum) planta herbácea da familia das lináceas. En Galicia foi moi cultivada noutros tempos e serviu de base a unha importante industria e artesanía téxtil. -pinares: piñeirais, plantacións de piñeiros. PAISAXE: -camiño: espazo de terreo para transitar. -cume: parte alta das montañas. -fonte: manancial de auga ou construción para dar saída á auga. -lameiros: terreos con moita humidade ou lama. -lúa: satélite da terra que se observa especialmente pola noite. -montaña: elevación do terreo. OUTRAS: -trasno: nome co que se coñecen certos espíritos nocturnos imaxinarios que se supón que aparecen nas casas facendo ruídos e amolandos ás persoas (facendo trasnadas). COMENTARIO O poema describe unha tarde de outono empregando elementos característicos da zona (plantas, animais) e da época (muíño, carro...). IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Muíño -Carro -Prado con sapos -lúa nas montañas... Andrea, Mariña
  • 22. Son os días de outono. Son os días en que caien desfeitas, sin arume, as derradeiras rosas. ... O chan escuro; brétemas nos vales. De curuto en curuto, a tombos, rodan as apromadas nubes da tromenta, ... Ou tristeza dos arbres sin paxaros nin follaxe! ... ...Ou impiedá do vento polo outono! Chega o refacho e o carballo envolve; tronza e esgasa as ponlas; as folliñas que se queixan mimosas arincando, xoga con elas un istante; lévaas ó longo do camiño; contra un valo váinas xuntando, pouco a pouco en feixes; destrénzase de pronto en remuíños, ergue o montón, encarrexado brúa e, baténdoas con rabia tola, guíndaas nas rodeiras dos carros, antre a lama, nas cunetas de fondos enlixados ou nas revoltas ágoas dunha aberta... ... Como as follas no outono! Como as follas que do vento o bruante remuíño guinda nas ágoas podres dunha aberta ou enterra na lama dun camiño! A traxedia das follas, VENTO MAREIRO
  • 23. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -agoas: augas -apromadas nubes: nubes grises, escuras. -brétemas: néboas, condensación do vapor de auga na atmosfera. -bruante remuíño: ruído continuado producido polo vento ao dar voltas. -outono: estación do ano que se caracteriza pola diminución de horas de luz, a baixada das temperaturas e a caída das follas. -refacho: golpe de vento. -remuíño: movemento rápido do aire en espiral. -tromenta: tormenta. Tempestade violenta, treboada forte, mal tempo con vento e chuvia. -vento: aire en movemento. ANIMAIS: -paxaros: aves de pequeno tamaño PLANTAS: -arbres: árbores. Plantas cun toro principal leñoso que se ramifica a certa altura. -carballo: (Quercus robur): árbore de copa globosa que pode acadar os 50 m de altura coas follas simples, alternas, ovais e lobuladas. -follaxe: conxunto das follas dunha planta. -folliñas: follas pequenas, diminutivo agarimoso. -ponlas: ramificacións dos talos das plantas. -rosas: flores da roseira. PAISAXE: -aberta: canle artificial para conducir a auga. -camiño: espazo de terreo para transitar. -chan escuro: terra, solo, escuro. -cunetas: gabia. Rego algo fondo á beira de camiños e estradas para que corra a auga. -curuto: cume das montañas. -lama: terra enchoupada de auga. -rodeiras dos carros: regos deixados polo paso dos carros. -vales: depresión entre montañas. COMENTARIO Describe con moito detalle a caída das follas no outono facendo moitas referencias ao tempo: “bruante remuíño”, “tromenta”, “apromadas nubes”... IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... Follas de carballo, árbores sen paxaros, lama, rodeiras de carros, follas voando, nubes de tormenta... Laura, Yessica
  • 24. Agoa homilde, ágoa irmán, ágoa chea de gracia, de dozura e beleza Agoa maina, ágoa san, que eres toda limpeza, craridade e saúde e fartura de pan, que eres toda virtude contra o aire de sapo, o ferrón do alacrán, a pezoña da cobra e a dentada do can! (...) Nas adoas do orballo de locente feitizo, nos pelouros saltóns do pedrizo, nos cristás da xiada, no milagre da choiva, na folerpa da neve, bordada como encaixe de noiva, na folerpa da neve, tecida como velo de freira, barbullada nas fontes da vida, lanzal mensaxeira das outras rexións, a ágoa homilde, mainiña, rideira, chega sempre mandada de Dios! “Agoiña milagreira”, NO DESTERRO
  • 25. VOCABULARIO RELACIONADO COA NATUREZA TEMPO: -ágoa: agua -barbullada: ruído que forman as augas correntes. -choiva: precipitación de auga líquida. -folerpa de neve: anaco de neve que cae do ceo. -fontes: mananciais de auga. -orballo: pequenas pingas de auga que se depositan pola noite sobre as superficies. -pedrizo: pedrisco, pingas de auga conxeladas. -xiada: xeada, vapor de auga que se conxela nas noites frías e se deposita sobre as superficies. ANIMAIS: -alacrán: artrópodo de oito patas con quelíceros e un aguillón con veleno (ferrón) no extremo da cola. -can: mamífero carnívoro que vive co ser humano. -cobra: réptil sen patas. -dentada: mordedura. -pezoña: veleno das serpes. -sapo: (Bufo bufo), anfibio de vida terrestre que adoita vivir en zonas húmidas. Aliméntase de pequenos invertebrados. Emite un son característico. PLANTAS: -pan: en xeral fai referencia aos cereais, en especial ao centeo. COMENTARIO Describe moi ben as diferentes manifestación da auga na natureza e fálanos da súa importancia. IDEAS PARA ILUSTRALO: FOTOS DEBUXOS... -Auga -xeada -orballo -fontes -chuvia -neve -auga de San Xoán -nubes... Auga de San Xoán Xandre, Cristian