1. APARATO CIRCULATORIO
ENFERMIDADES :
--ANEURISMAS
--VARICES
LAURA CHAVES FALCÓN 3º E.S.O. B
CURSO 2012-2013
2. CIRCULACIÓN SANGUÍNEA
A circulación menor parte do ventrículo
dereito e vai aos pulmóns, transportando
sangue rico en dióxido de carbono a través das
arterias pulmonares. Cando o sangue chega
aos pulmóns, prodúcese o intercambio de
gases, onde se libera o dióxido de carbono e se
colle osíxeno. O sangue osixenado, volve á
aurícula esquerda a través das veas
pulmonares.
A circulación maior, parte do ventrículo
esquerdo, sigue pola arteria aorta, que leva o
sangue a todas as partes do corpo. O sangue
venoso, volve ao corazón a través da vea cava
superior e inferior, que recollen o sangue rico
en dióxido de carbono dos distintos órganos
do corpo, desembocando na aurícula dereita e
logo van ao ventrículo dereito, onde se volve a
producir a circulación menor.
3. DIFERENCIAS ENTRE VEAS E ARTERIAS
As arterias son as encargadas de transportar o
sangue dende o corazón a todas as partes do
noso corpo, transportando sangue osixenado
(a excepción da arteria pulmonar); mentres
que as veas levan o sangue dende distintos
órganos do noso corpo ao corazón (a
excepción da vena pulmonar) transportando
CO2
Sección dunha arteria
Arterias Veas
Saen do corazón Chegan ao corazón
Paredes máis Paredes menos
grosas grosas
Non teñen válvulas Teñen válvulas
Sección dunha vea
4. O sangue circula polas veas, e na maioría dos casos, en contra da gravidade, polo
tanto, teñen unhas válvulas que fan que o sangue só vaia nunha dirección, as arterias
en cambio, non poseen válvulas, pois móvense grazas a presión exercida polos
latidos do corazón.
5. ANEURISMAS
Un aneurisma é unha dilatación das paredes dunha arteria producida pola
debilitación destas. Poden ocurrir en calquera lugar onde se localice unha arteria.
Son crónicas e aumentan de forma progresiva e irreversible.
6. TIPOS DE ANEURISMAS :
-ANEURISMA SACULAR:
Só está comprometido unha parte do perímetro da arteria. A maioría non se consideran
conxénitos, non se presentan ao nacer, se non que se desenvolven durante a vida.
8. -ANEURISMA DISECANTE:
Prodúcese na aorta, por un desgarro ao longo da parede da arteria. O sangue penetra
pola ruptura e forza unha separación, de maneira que o vaso presenta dúas paredes, e
acaba creando unha falsa canle que adoita afectar a unha parte da parede arterial,
pero non a todo o seu perímetro. Pode afectar a distintas partes do arco aórtico e
aorta ascendente ou descendente.
ARCO AORTICO
AORTA DESCENDENTE
AORTA ASCENDENTE
9. 1. A disección abrangue toda a aorta ascendente e 2. A disección só se produce na
o arco aórtico, e exténdese polo descendente. aorta ascendente.
3. A disección orixínase na aorta descendente.
10. SÍNTOMAS:
Xeralmente, a menos que se rompan e ocasionen un sangrado, non causan
síntomas. Se o aneurisma se presenta preto da superficie corporal, frecuentemente
obsérvase dor e inchazón. O risco de morte despois dunha ruptura é alto, xa que se
produce unha hemorraxia interna de maior ou menor importancia, segundo a
localización do aneurisma. Os síntomas, cando aparecen, dependen da localización
do aneurisma. Entre outros pode presentarse:
•Dor nos ollos.
•Dor no pescozo.
•Unha dor de cabeza intensa.
•Párpado caído.
•Debilidade muscular ou dificultade para mover
calquera parte do corpo.
•Entumecemento ou diminución da sensibilidade en
calquera parte do corpo.
•Problemas del fala.
•Cambios na visión (visión doble ou perda da
mesma).
11. CÓMO SE DETECTAN
O aneurisma pode detectase durante unha exploración física, con radiografías básicas de
tórax ou abdome, ou utilizando ultrasons.
•Tomografía computarizada: Técnica radiolóxica, que consiste na obtención dunha imaxe
que representa en detalle a sección dunha estructura ou órgano, e grazas á imaxe permite
determinar as enfermidades que afectan aos órganos internos.
•Ecografía: Técnica de diagnóstico por imaxes baseada na utilización de ultrasóns que se
aplican sobre un organismo e permite confeccionar unha imaxe de estructuras e dos tecidos
nos que incide.
12. TRATAMENTO
Reparación mediante ciruxía aberta:
O ciruxán fai un corte grande, ou incisión, no seu abdome, onde está o aneurisma. A
área danada polo aneurisma sepárase cirúrxicamente da parte principal da aorta e
remplázase cun tubo sintético (coñecido como enxerto aórtico), que se sutura no seu
lugar.
13. Reparación endovascular:
A endoprótese, un dispositivo especial, colócase dentro da área danada
da aorta, para separar o aneurisma do fluxo sanguíneo normal. Está
deseñado para colocarse sin abrir cirúrxicamente a aorta.
14. PREVENCIÓN
-Control da hipertensión arterial, reducindo
o consumo de sal. Así evítase someter ás
arterias a unha sobrepresión que aumentaría o
risco de rotura.
-Seguir unha dieta sana e variada.
-Facer exercicio de maneira regular para manter
un bo ton no sistema vascular.
-Manter o colesterol nun nivel saudable, evitando así a formación de placas
ateromatosas que poderían lesionar as paredes e favorecer a aparición do aneurisma.
-Non abusar do tabaco, ou directamente, non fumar.
15. VARICES
As varices son dilatacións das paredes das veas, que traen como consecuencia,
que éstas non poidan realizar o adecuado retorno do sangue ao corazón.
16. Cando estas válvulas das veas non pechan ben, ou teñen algún mal funcionamento, as veas
ensánchanse, dilátanse, debilítanse e, como consecuencia, o sangue non regresa ao corazón
adecuadamente, estancándose nas veas e facéndoas gordas e tortuosas.
vea normal vea varicosa
17. TIPOS DE VARICES:
-Varices tronculares:
Están situadas enriba do músculo e discorren pola súa envoltura. Comprenden as dúas
veas das extremidades inferiores e as súas ramificacións. O tamaño é dende 4mm, ata
2cm, e normalmente producen relieve sobre a pel.
18. -Veas reticulares:
Sitúanse na dermis reticular, a nivel máis superficial da pel que a anterior. Cando se
dilatan, adquiren unha cor azulada-verdosa, e o tamaño é entre 3-5mm.
19. -Varices Telanxiectasias:
Son moi superficiais, de 0.1 a 1mm de tamaño. Adoitan ser vermellas de distinto tono.
As máis grosas poden adquirir unha tonalidade moi oscura.
20. SÍNTOMAS:
Son debido ao mal drenaxe da
sangre que tende a acumularse nas
partes inferiores das pernas:
- Pesadez de pernas
--Cansanzo.
--Calambres.
-- Picores e incluso fortes dores.
-- Inchazón de nocellos e pés.
-- Preséntanse úlceras na pel dos nocellos debido ao defecto
na circulación sanguínea.
21. TRATAMIENTO:
1. Febloesclerosis con microespuma:
Permite tratar unha vea de gran tamaño. Inxéctase a microespuma mediante
unha punción na vea defectuosa, que se secará e desaparecerá.
22. 2. Láser:
É un tratamento aplicado para as veas grandes e de mediano tamaño. Unha febra láser
moi fina é introducida na vea afectada facendo que esta se destrúa.
Febra láser
Vea varicosa
Vea reducida despois de aplicar láser
Introdución da febra láser
23. 3. Ciruxía:
Neste proceso faise un pequeno corte na pel, e extírpase a vea máis grande coas
súas ramificacións.
24. CAUSAS
•Levar roupa ou calzado moi axustado.
•Unha dieta pouco axeitada.
•O embarazo.
•A falta de exercicio.
•A obesidade.
•O estreñemento.
•As lesións nas pernas.
•O envellecemento.
•Unha vida sedentaria.
•Pasar moito tempo de pé ou sentado.
•OAcalor directo nas pernas.
25. PREVENCIÓN
Andar e mover as pernas e os nocellos de forma moderada.
Alternar duchas de auga fría e quente. Activa a circulación das
pernas.
Ao sentarse, ter as pernas lixeiramente elevadas.
Ter unha dieta sana e equilibrada, moderando o consumo de
sal e tomar moita fruta e verduras.
Aplicar lixeiros masaxes empezando polos pes ata chegar aos
muslos para estimular a circulación.