Presentación sobre a celebración do Magosto en Galicia, a importancia da castaña na alimentación, a colleita, o castiñeiro e o seu valor, tanto ecolóxico como económico.
2. A palabra magosto , ademais doutros significados directamente relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas QUE É?
3. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas CANDO SE CELEBRA?
4. O magosto celebrábase nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa ONDE?
5. Podemos ver a tradición que agocha esta celebración se nos mergullamos na literatura popular galega, a cal nos achega mediante refráns, cantigas ou frases propias dunha determinada zona da nosa xeografía, moita información sobre esta festa que ten como protagonista a castaña Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero, que me cheiran ó chamosco
8. Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados. E desta si que non nos podemos esquecer! Porque se non somos quen de facer algo é importante buscar… a alguén QUE NOS QUITE AS CASTAÑAS DO LUME! E TAMÉN…
10. A castaña é o froito do castiñeiro, e preséntasenos nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro e na que cada castaña soe ir acompañada de ata 6 compañeiras máis. Na nosa comunidade existe a “indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia” e este recoñecemento resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado.
11.
12. Membrana fina que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelar a castaña.
14. Humidade: unha vez colleitado, o froito terá entre o 50 e o 60% de humidade.
15.
16. O castiñeiro varéase coa baloira ou taloira , un pau longo co que se van chimpando os ourizos e cos que se fai unha ouriceira .
17. Despois recóllense e póñense no canizo enriba da lareira para que se sequen e non podrezan. Outras veces vanse sacando as castañas do ourizo cos pés calzados con zocos .
18. Nalgunhas zonas constrúen sequeiros onde se poñen as castañas para secar. No andar de abaixo, co piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar. Desta maneira van secando pouco a pouco. A RECOLLEITA DA CASTAÑA
19.
20.
21. De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que máis anos pode chegar a vivir SABÍAS QUE...? O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, no concello de Manzaneda (Ourense ).
22. O castiñeiro ten un doble valor: ecolóxico e económico. Valor ecolóxico : As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes Valor económico : a madeira e as castañas. A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ao modo tradicional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ... O VALOR DO CASTIÑEIRO
23. En Galicia as maiores masas de castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Courel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...)
24. SABÍAS QUE...? China é o país do mundo que mais castañas produce Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos O castiñeiro foi considerado en Norteamérica como a "árbore nacional" ou como "arbore de tódolos americanos"
25.
26. SABÍAS QUE...? Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo, obtiveron augardente da castaña polo sistema de fermentación Unha empresa ourensana está interesada nesta destilación e proxecta exporta-la súa producción cara ó mercado xaponés O primeiro consumidor do mundo desta bebida é Xapón, onde a fan a partir de arroz fermentado e castañas.
27. Que teñades un bo magosto! C.P.I. Dos Dices – Magosto 2011