2. Co final da II Guerra Mundial o mundo comeza un tempo novo.
A chegada da TV aos fogares transforma a industria do
espectáculo mentres proliferan os festivais de cinema que se
abren a outras miradas. En Hollywood conviven as
superproducións e os rexistros máis intimistas; no resto do
planeta, danse a coñecer excepcionais cineastas na Europa ferida
pola guerra, no Xapón, na India, na América Latina. Uns
fascinantes anos de cambios que analizaremos neste obradoiro
no que tamén haberá oportunidade de comentar a programación
das salas da Coruña.