SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 20
MESEGO E ZOO

          Por:
   David Castro Pazos
  e Aitor Campos Ramos
  (3ºA curso 2009-2010)
1.- Introdución: situación, xeografía, poboación …

   Mesego e Zoo atópanse nunha meseta,
    a uns 405 m. de altitude, situada ó leste
    da vila de Cuntis, a uns 4,5 km. da súa
    capital, tendo tamén lindeiros co
    concello de A Estrada, de cuxa capital a
    aldea de Zoo está máis ou menos á
    mesma distancia que de Cuntis.
     A súa poboación actual é de 88
    habitantes, repartidos en 30 casas
    habitadas permanentemente (tamén
    hai 10 casas que se habitan de vez en
    cando –vacacións ou fins de semana- e
    outras cinco casas abandonadas) todas
    elas distribuidas nas seis pequenas
    aldeas que forman o lugar: O Folgoso
    (que é a que está a maior altitude),
    Foxacos (a máis baixa), O Chico (que
    acolle a capela e a escola), A Retorta,
    Zoo e Mesego, que lle dá o nome ó
    conxunto e que se divide en Quinteiro
    de Abaixo e Quinteiro de Arriba.
2.- Patrimonio cultural e artístico: a capela
                        A capela de San Ramón, ou para outros de
                         Santa Apolonia, está situada no lugar do Chico.
                         Data de finais do século XIX e foi restaurada
                         sobre as pedras doutra anterior, baixo a
                         advocación de Santa Ana.
                        Nela celébrase unha misa semanal, un mes os
                         sábados pola tarde e outro mes os domingos
                         pola mañá.
                        En Mesego hai dous patróns: San Ramón e
                         Santa Apolonia. O día de San Ramón celébrase
                         o 20 de agosto, e nesta festa antigamente
                         tíñase a tradición de ir de romaría. A de Santa
                         Apolonia é, sin embargo, a festa con máis éxito,
                         celebrándose o luns de carnaval, facéndose
                         concursos de disfraces (tanta xente vai, que
                         cada hora suben neste día dende Cuntis
                         autobuses con xente para Mesego).
                        O interior, aínda que reducido, está ben
                         aproveitado e dispón dunhas imaxes de santos
                         de gran calidade, destacando a da virxe que,
                         como indica nunha placa na súa base, foi feita
                         por Elisardo Pego, veciño de Mesego.
3.- Arquitectura popular




             -FONTES: de esquerda a dereita e de arriba
             abaixo vemos a fonte do Campo, que está
             sendo rehabilitada na actualidade e que está en
             Mesego, no Quinteiro de Arriba; a fonte de Zoo,
             que foi arranxada hai uns anos e a fonte da
             igrexa, que na antigüedade era o único punto de
             abastecemento de auga para as casas do
             Chico, e que segundo os veciños, non secou
             nuca. É unha fonte que está diante da capela e
             data da mesma época. As outras dúas fontes
             son máis novas, datando da época franquista,
             como se pode ver nos escudos da Falanxe que
             teñen esculpidos nelas.
- PONTES: o río de Mesego, máis abaixo coñecido
    como o da Patela, e despois o do Cuartel (xa
    en Cuntis) xa que toma o nome dos sitios
    polos que vai pasando, procede da unión de
    dous regatos, que se xuntan pouco antes da
    ponte que se ve na foto superior.
E s t a p o n t e , c u n a r c o s e m i c i r c u l a r, f o i
      posteiorrmente ampliada, como se ve no ollo
      da dereita, xa recto e de formigón. Un pouco
      máis arriba dela e tamén un pouco máis
      abaixo hai outras dúas pontes máis, pero que
      son máis novas e feitas de formigón,
      completamente rectas e sen interese
      arquitectónico. Ambas foron construídas hai
      unv 25 anos co fin de cruzar o río nas novas
      pistas que se foron abrindo.
Non é o caso da ponte da foto inferior, que é moito
   máis antiga, e está composta simplemente por
   unha laxe de pedra atravesando a auga. Por
   ela pasaban os de Zoo para ir a Mesego e
   viceversa. Detrás desta segunda ponte pode
   verse un muíño de auga, dos que hai algúns
   máis, que se empregaban para moer o gran
   (basicamente millo) aproveitando a forza da
   corrente. Hoxe en díaestán completamente en
   desuso, e algúns incluso en situación de
   abandono.
-   CRUCEIROS: á dereita vese o cruceiro da Fenteira, no
    lugar do Chico, que se ben está ó carón da estrada e
    sen ningún peche que o limite, é en realidade unha
    propiedade privada.
-   O da foto superior, coñecido como a Cruz de Cucos,
    está situado fóra dos núcleos de poboación, na estrada
    que baixa a Castrolandín e despois a Cuntis. Coincide
    cun punto que é vértice entre os montes de
    Castrolandín, Campo, Zoo e Mesego, pero esa non é a
    súa función. Parece ser que antigamente existía unha
    ruta coñecida como a da Santa Compaña, marcada por
    varios cruceiros que determinaban unha liña que
    cruzaba Mesego de oeste a leste; desta ruta só se
    conserva esta Cruz de Cucos, que marcaría o punto
    máis occidental da mesma.
Hórreos: Un elemento da arquitectura popular moi abundante en Mesego e Zoo é o hórreo.
A súa función era servir de almacén para o gran que se colleitaba e as aberturas nas súas paredes
    deixaban pasar o aire, permitindo que o seu contido se secara. Como en tantas outras aldeas
    de Galicia, en Mesego hai moitos, se ben a maioría son como os da foto da esquerda,
    fotografados en Foxacos: teñen o cerramento exterior de taboas de madeira ou de ladrillo
    perforado. Son os mais abundantes pero tamén os menos apreciados polo seu valor arquitec-
    tónico. Sen embargo, son moito máis valorados casos como o da foto da dereita, un hórreo
    situado na aldea do Folgoso, e que está completamente realizado en pedra.
4.- Patrimonio natural.

   FLORA.- En Mesego e Zoo pódense
    atopar exemplos moi bonitos do
    bosque autóctono de Galicia, moi ben
    conservados e con relativa
    abundancia. Como se pode ver nas
    dúas imaxes da dereita, neste tipo de
    bosque domina a árbore de folla
    caduca, sobre todo o carballo,
    acompañado por castiñeiros e outras
    especies como a pereira brava.
    Tamén se poden atopar acivros ou
    salgueiros. Este tipo de bosque
    destaca pola súa espesura e polo ben
    que se nota nel o paso das estacións,
    xa que en cada unha o aspecto é moi
    distinto (cae a folla no outono, está
    como aletargado no inverno, retoma a
    vida con todo o seu verdor na
    primavera e acada o seu esplendor
    no verán, cando as súas copas dan
    sombra e fresco). Del, ademais, a
    xente saca diversos aproveitamentos
    (non só madeira, senón tamén as
    landras dos carballos ou as castañas
    no outono).
   AS LAGOAS DE ZOO.- Son dúas lagoas que están situadas arriba da aldea de Zoo, que
    quedaron no medio dos aeroxeradores que instalaron alí recentemente. Ningunha delas é
    moi grande, aínda que a súa extensión depende moito da estación do ano e do réxime de
    choivas. Así, no verán, a máis pequena (foto da dereita) ás veces chega a secar. Se se
    acerca un ata elas pola mañá cedo, e doado atoparse con bestas bebendo nelas. Hoxe en
    día están rodeadas por piñeiros e eucaliptos, estando ademais a grande (foto da
    esquerda) pegada á unha pista de terra pola que se circula perfectamente en coche, co cal
    é doado de atopar. A outra está moi preto dela, cara o sur.



                                                        A lagoa pequena é máis difícil de atopar,
                                                        ó non estar xusto ó lado da estrada,
                                                        como se pode apreciar no caso da
                                                        grande.
   RÍOS.- A parte de regueiros menores, sen un caudal permanente, por Mesego cruza un río
    en dirección norleste-suroeste. En realidade trátase de dous regueiros, un que vén de Zoo
    e outro de Mesego, que se xuntan antes da Ponte (hai varias, pero coñécese como A Ponte
    á máis antiga delas).
   Este río, como tantos outros de escasa entidade, non ten un nome concreto, senón que vai
    tomando o nome daqueles sitios polos que vai pasando. Aquí é río de Mesego, despois
    entra en Castrolandín como o río de Cadabuxo, despois da Patela, do Cuartel (xa en
    Cuntis) etc…. A forza da súa auga foi aproveitada para moer mediante muíños e os veciños
    din que tampouco escaseaban neles as troitas.
   ÁRBORES SENLLEIRAS.- Aínda que hai unha
    ampla variedade de especies de árbores, sen
    ter en conta piñeiros e eucaliptos que máis
    ben son cultivos que outra cousa, destacan
    pola súa presenza algúns castiñeiros e
    carballos que hai á beira da estrada que leva ó
    Folgoso. Sen embargo, a árbore que nos
    pareceu máis destacable é a sobreira da foto
    inferior, que está no alto de Foxacos, onde
    empeza o camiño que conduce cara o cumio
    do Castro Sevil. Trátase dunha árbore
    centenaria (os veciños non saben precisar
    máis) e polo que se ve no seu tronco, ténselle
    sacado a cortiza. Non é unha especie doada
    de atopar neste entorno (en realidade é unha
    especie propia do clima mediterráneo, pero
    tamén se dá en Galicia) e menos con este
    tamaño. Está no alto dun prado, o que fai que
    resulte máis impoñente.
5.- As casas que máis nos gustan e a que menos




                        Arriba, as casas que máis nos gustaron, xa que
                        están construídas con materiais propios da zona, ou,
                        polo menos, con materias non alleos ó noso entorno.
                        Ademáis, non presentan cores estridentes nin
                        formas que non encaixen no entorno. Pola contra,
                        intégranse nel perfectamente, e incluso coas casas
                        que as rodean, tamén de pedra.
                        Ó contrario, a casa de abaixo chama demasiado a
                        atención cando a ves, aínda a pesar de non ter
                        fortes cores, pero a súa fachada de cemento e a
                        estrutura tipo bloque, xunto coa súa altura e a tella
                        de cemento (non do país como nas anteriores) fan
                        que pareza que non está no seu sitio e que non
                        encaixa co que a rodea, rompendo a paisaxe.
6.- Actividades económicas.
    Como complemento ós ingresos que proceden do traballo realizado fóra de Mesego (na
    industria ou nos servicios nas vilas e cidades da redonda), dánse en Mesego e Zoo unha serie
    de actividades económicas complementarias, a maior ou menor escala, que se relatan a
    continuación e que aportan outros ingresos ós seus habitantes.
    A AGRICULTURA: presente en tódalas aldeas de
     Galicia, tamén se dá en Mesego e Zoo. Os cultivos
     maioritarios son os normais da zona na que vivimos, é
     dicir, patacas, millo, trigo en menor medida e tamén os
     produtos da horta (tomates, leitugas, coles, etc…). O
     grao de mecanización é importante, xa que
     practicamente tódalas casas dispoñen de maquinaria
     para levar a cabo estas labores (tractores de maior ou
     menor tamaño, segadoras, sulfatadoras para as viñas,
     etc…). Agás algún caso (coma o de algún veciño que
     vende a fariña de millo na feira de Padrón), o que se
     produce é para autoconsumo ou para alimentar os
     animais (vacas, porcos, galiñas, coellos e tamén
     poldros). Na foto superior pode verse unha parte
     dunha horta en Foxacos, con coles e plantas de millo.
     Ó fondo aprécianse os pastos para o gando.
    A APICULTURA: aínda que a unha escala moi inferior,
     tamén se dá, e non é raro atoparse as colmeas cando
     se pasea polo lugar. Neste caso, sí que é maior a
     proporción da produción que se destina á venta. Foto
     inferior, en Foxacos.
    APROVEITAMENTO FORESTAL.- Case todo o monte
     en Zoo e Mesego está composto por propiedades, e
     cada veciño vende a madeira pola súa conta. Tan só
     unha pequena parte é de propiedade común e se fai a
     venta en conxunto e se reparten os beneficios entre
     todos.
-A GANDERÍA.- Ten moita presencia en Mesego. Os rebaños de vacas e ouvellas pódense ver con
facilidade polos moitos prados que se reparten entre as aldeas. Boa parte do leite de vaca véndese,
habendo tanques de frío para almacenalo ata que é recollido polos camións cisterna que o conducen
ás factorías que o procesan.
No monte críanse bestas, pero tamén encontramos a cría de poldros nalgunhas granxas, como a da
foto inferior esquerda, no Quinteiro de Arriba (Mesego). Simultaneamente, dáse a cría doutros animais
de granxa, con aproveitamento basicamente para o autoconsumo, como os porcos, as galiñas ou,
nalgúns casos, os coellos.
A HOSTALERÍA: Este sector en Mesego
estaba representado polas tabernas que
alí funcionaban. Chegou a haber ata tres,
se ben nunca foron máis de dúas á vez.
Na foto superior pódese ver a casa que
albergaba a “Taberna de Couso”, situada
xusto enfronte da capela. É a máis antiga
e cerrou hai xa moitos anos.
Pouco máis abaixo, sobre uns 50 metros
volvendo cara Mesego, estaba a “Taberna
do Ruzo”, que ce-rrou aproximadamente
no ano 1990, e que chegou a funcionar
uns anos xunto coa terceira, a “Taberna
de Cortes”, que estaba na casa que se ve
na foto inferior. Este establecemento
pechou sobre o ano 2000 e estaba
situado en Mesego.
OUTRAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.- Cabe
    destacar, a parte das actividades citadas, outras
    dúas, por desenvolverse en Mesego e Zoo.
-   - A canteira, xa cerrada, que estaba situada
    chegando a Zoo (foto superior) e que funcionou
    durante uns cinco anos, aínda que xa leva uns 15
    cerrada. Hoxe en día poden verse os montes de
    terra amontoada así como os ocos feitos no chan
    para extraer os áridos (cheos de auga).
-   - Por outro lado, un parque eólico, formado por
    tres aeroxeradores de 78 m. de altura e 86 m. de
    diámetro dos rotores. Cada un ten unha potencia
    de 2 MW. Un cae no monte do veciño Arcos, e
    outros dous no de Zoo e Mesego. Os veciños en
    cuxos terreos se sitúan, perciben 0,26 € por m2 e
    ano pola ocupación. Foto dereita.
7.- Talleres de oficios artesanais.




   Aínda que foron desaparecendo, nas aldeas acostumaba haber talleres de artesáns, normalmente
    relacionados coa agricultura e a gandería, como, por exemplo, a forxa dun ferreiro . Este non é o
    caso de Mesego, onde, sen embargo, atopamos un artesán máis ben estrano pola actividade que
    realiza: trátase dun tallista, don Elisardo Pego Pego. A súa historia dá para escribir moito, e
    volvemos un pouco a ela na última diapositiva. En canto a súa actividade, basta con dicir que foi o
    primeiro da súa promoción cando rematou de estudar a súa arte en Santiago, no ano 1958, e que
    ten obras repartidas en coleccións particulares por moitos sitios. Por exemplo, é o autor do busto de
    Roberto Blanco Torres que está no parque da Feira, en Cuntis.
    Aínda que está xubilado segue facendo traballos no taller que ten nun alto da súa casa, no Chico
    (foto superior esquerda) e tanto na igrexa de Cuntis como na capela de Mesego hai obras súas. Na
    foto da dereita pódese ver unha figura de San Blas, obra na que, ós poucos, está a traballar na
    actualidade.
8.- Lugares de encontro




A parte de xuntarse noutros sitios (como antes nas tabernas ou dende sempre na capela,
aínda que neste caso para algo moi concreto), os veciños de Mesego e Zoo teñen como local
social o edificio da antiga escola (foto superior) situada no Chico.
Cando funcionaba como escola, para o que foi fundada no ano 1956, era unha escola mixta,
se ben os rapaces entraban por unha porta e as rapazas por outra. A parte da esquerda, máis
baixa, era a vivenda do mestre.
Xa hai anos que non funciona, e na actualidade estanse facendo obras de acondicionamento
nela, se ben a súa función como local social e sitio de reunión dos veciños para os temas que
teñen que tratar, si a cumpre.
9.- Un personaxe.




Pola actividade que realiza e pola relevancia da labor que ten realizado, pareceunos moi
destacable a figura de Elisardo Pego Pego. Este artista foi o primeiro da súa promoción
no Mestre Mateo, escola de arte de Santiago, no ano 1958. Despois pasou 30 anos no
País de Gales, onde traballou na hostalería, pero tamén coa súa arte. Máis tarde, xa
xubilado, volveu as súas orixes. As súas obras están en coleccións particulares de Galicia
e tamén de fóra (como en Gran Bretaña). É o autor do busto de Blanco Torres que está no
parque da Feira, en Cuntis, ou da virxe que se ve na foto da dereita, na capela de Mesego,
ou doutras imaxes, como a da Virxe de Fátima ou o Cristo do altar maior, que están na
igrexa de Cuntis.
10.- Un curruncho preferido




Tanto Mesego, como Zoo, O Chico, O Folgoso, A Retorta ou Foxacos teñen moitos lugares de
grande beleza. As carballeiras, as beiras dos ríos, as fontes ou os prados ofrecen ducias de
recantos merecedores de pasar un intre neles apreciando a súa beleza.
Pola amplitude e a limpeza da vista que ofrece, escollemos o recuncho que se reflicte nesta
foto: unha vista dos prados que hai á marxe dereita da estrada que sube cara O Folgoso. Pero
hai moitos máis.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosmonadela
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer2TERE
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Agrela Elvixeo
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 12TERE
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz2TERE
 

Was ist angesagt? (7)

A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 

Andere mochten auch (14)

A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 

Ähnlich wie Mesego E Zoo

Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfCruz902958
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastoraiesasorey
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 naturezaAia Prego
 
Prologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPrologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPANOFSKYDORA
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñOInesytta
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1Inesytta
 
A devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcados
A devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcadosA devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcados
A devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcadosAgacio1 3+4
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROIem Val Miñor
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Solmonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 

Ähnlich wie Mesego E Zoo (20)

Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
 
L0usaMe
L0usaMeL0usaMe
L0usaMe
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
Rio Eume
Rio EumeRio Eume
Rio Eume
 
Río Eume
Río EumeRío Eume
Río Eume
 
44 2 natureza
44 2 natureza44 2 natureza
44 2 natureza
 
Prologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico ChantadaPrologo Simboloxía Románico Chantada
Prologo Simboloxía Románico Chantada
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
A devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcados
A devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcadosA devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcados
A devesa de escairón juan lópez suárez xan de forcados
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Sol
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
Zas
ZasZas
Zas
 
Zas
ZasZas
Zas
 

Mehr von Heladio Anxo Fernández (11)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 

Kürzlich hochgeladen

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Mesego E Zoo

  • 1. MESEGO E ZOO Por: David Castro Pazos e Aitor Campos Ramos (3ºA curso 2009-2010)
  • 2. 1.- Introdución: situación, xeografía, poboación …  Mesego e Zoo atópanse nunha meseta, a uns 405 m. de altitude, situada ó leste da vila de Cuntis, a uns 4,5 km. da súa capital, tendo tamén lindeiros co concello de A Estrada, de cuxa capital a aldea de Zoo está máis ou menos á mesma distancia que de Cuntis.  A súa poboación actual é de 88 habitantes, repartidos en 30 casas habitadas permanentemente (tamén hai 10 casas que se habitan de vez en cando –vacacións ou fins de semana- e outras cinco casas abandonadas) todas elas distribuidas nas seis pequenas aldeas que forman o lugar: O Folgoso (que é a que está a maior altitude), Foxacos (a máis baixa), O Chico (que acolle a capela e a escola), A Retorta, Zoo e Mesego, que lle dá o nome ó conxunto e que se divide en Quinteiro de Abaixo e Quinteiro de Arriba.
  • 3. 2.- Patrimonio cultural e artístico: a capela  A capela de San Ramón, ou para outros de Santa Apolonia, está situada no lugar do Chico. Data de finais do século XIX e foi restaurada sobre as pedras doutra anterior, baixo a advocación de Santa Ana.  Nela celébrase unha misa semanal, un mes os sábados pola tarde e outro mes os domingos pola mañá.  En Mesego hai dous patróns: San Ramón e Santa Apolonia. O día de San Ramón celébrase o 20 de agosto, e nesta festa antigamente tíñase a tradición de ir de romaría. A de Santa Apolonia é, sin embargo, a festa con máis éxito, celebrándose o luns de carnaval, facéndose concursos de disfraces (tanta xente vai, que cada hora suben neste día dende Cuntis autobuses con xente para Mesego).  O interior, aínda que reducido, está ben aproveitado e dispón dunhas imaxes de santos de gran calidade, destacando a da virxe que, como indica nunha placa na súa base, foi feita por Elisardo Pego, veciño de Mesego.
  • 4. 3.- Arquitectura popular -FONTES: de esquerda a dereita e de arriba abaixo vemos a fonte do Campo, que está sendo rehabilitada na actualidade e que está en Mesego, no Quinteiro de Arriba; a fonte de Zoo, que foi arranxada hai uns anos e a fonte da igrexa, que na antigüedade era o único punto de abastecemento de auga para as casas do Chico, e que segundo os veciños, non secou nuca. É unha fonte que está diante da capela e data da mesma época. As outras dúas fontes son máis novas, datando da época franquista, como se pode ver nos escudos da Falanxe que teñen esculpidos nelas.
  • 5. - PONTES: o río de Mesego, máis abaixo coñecido como o da Patela, e despois o do Cuartel (xa en Cuntis) xa que toma o nome dos sitios polos que vai pasando, procede da unión de dous regatos, que se xuntan pouco antes da ponte que se ve na foto superior. E s t a p o n t e , c u n a r c o s e m i c i r c u l a r, f o i posteiorrmente ampliada, como se ve no ollo da dereita, xa recto e de formigón. Un pouco máis arriba dela e tamén un pouco máis abaixo hai outras dúas pontes máis, pero que son máis novas e feitas de formigón, completamente rectas e sen interese arquitectónico. Ambas foron construídas hai unv 25 anos co fin de cruzar o río nas novas pistas que se foron abrindo. Non é o caso da ponte da foto inferior, que é moito máis antiga, e está composta simplemente por unha laxe de pedra atravesando a auga. Por ela pasaban os de Zoo para ir a Mesego e viceversa. Detrás desta segunda ponte pode verse un muíño de auga, dos que hai algúns máis, que se empregaban para moer o gran (basicamente millo) aproveitando a forza da corrente. Hoxe en díaestán completamente en desuso, e algúns incluso en situación de abandono.
  • 6. - CRUCEIROS: á dereita vese o cruceiro da Fenteira, no lugar do Chico, que se ben está ó carón da estrada e sen ningún peche que o limite, é en realidade unha propiedade privada. - O da foto superior, coñecido como a Cruz de Cucos, está situado fóra dos núcleos de poboación, na estrada que baixa a Castrolandín e despois a Cuntis. Coincide cun punto que é vértice entre os montes de Castrolandín, Campo, Zoo e Mesego, pero esa non é a súa función. Parece ser que antigamente existía unha ruta coñecida como a da Santa Compaña, marcada por varios cruceiros que determinaban unha liña que cruzaba Mesego de oeste a leste; desta ruta só se conserva esta Cruz de Cucos, que marcaría o punto máis occidental da mesma.
  • 7. Hórreos: Un elemento da arquitectura popular moi abundante en Mesego e Zoo é o hórreo. A súa función era servir de almacén para o gran que se colleitaba e as aberturas nas súas paredes deixaban pasar o aire, permitindo que o seu contido se secara. Como en tantas outras aldeas de Galicia, en Mesego hai moitos, se ben a maioría son como os da foto da esquerda, fotografados en Foxacos: teñen o cerramento exterior de taboas de madeira ou de ladrillo perforado. Son os mais abundantes pero tamén os menos apreciados polo seu valor arquitec- tónico. Sen embargo, son moito máis valorados casos como o da foto da dereita, un hórreo situado na aldea do Folgoso, e que está completamente realizado en pedra.
  • 8. 4.- Patrimonio natural.  FLORA.- En Mesego e Zoo pódense atopar exemplos moi bonitos do bosque autóctono de Galicia, moi ben conservados e con relativa abundancia. Como se pode ver nas dúas imaxes da dereita, neste tipo de bosque domina a árbore de folla caduca, sobre todo o carballo, acompañado por castiñeiros e outras especies como a pereira brava. Tamén se poden atopar acivros ou salgueiros. Este tipo de bosque destaca pola súa espesura e polo ben que se nota nel o paso das estacións, xa que en cada unha o aspecto é moi distinto (cae a folla no outono, está como aletargado no inverno, retoma a vida con todo o seu verdor na primavera e acada o seu esplendor no verán, cando as súas copas dan sombra e fresco). Del, ademais, a xente saca diversos aproveitamentos (non só madeira, senón tamén as landras dos carballos ou as castañas no outono).
  • 9. AS LAGOAS DE ZOO.- Son dúas lagoas que están situadas arriba da aldea de Zoo, que quedaron no medio dos aeroxeradores que instalaron alí recentemente. Ningunha delas é moi grande, aínda que a súa extensión depende moito da estación do ano e do réxime de choivas. Así, no verán, a máis pequena (foto da dereita) ás veces chega a secar. Se se acerca un ata elas pola mañá cedo, e doado atoparse con bestas bebendo nelas. Hoxe en día están rodeadas por piñeiros e eucaliptos, estando ademais a grande (foto da esquerda) pegada á unha pista de terra pola que se circula perfectamente en coche, co cal é doado de atopar. A outra está moi preto dela, cara o sur. A lagoa pequena é máis difícil de atopar, ó non estar xusto ó lado da estrada, como se pode apreciar no caso da grande.
  • 10. RÍOS.- A parte de regueiros menores, sen un caudal permanente, por Mesego cruza un río en dirección norleste-suroeste. En realidade trátase de dous regueiros, un que vén de Zoo e outro de Mesego, que se xuntan antes da Ponte (hai varias, pero coñécese como A Ponte á máis antiga delas).  Este río, como tantos outros de escasa entidade, non ten un nome concreto, senón que vai tomando o nome daqueles sitios polos que vai pasando. Aquí é río de Mesego, despois entra en Castrolandín como o río de Cadabuxo, despois da Patela, do Cuartel (xa en Cuntis) etc…. A forza da súa auga foi aproveitada para moer mediante muíños e os veciños din que tampouco escaseaban neles as troitas.
  • 11. ÁRBORES SENLLEIRAS.- Aínda que hai unha ampla variedade de especies de árbores, sen ter en conta piñeiros e eucaliptos que máis ben son cultivos que outra cousa, destacan pola súa presenza algúns castiñeiros e carballos que hai á beira da estrada que leva ó Folgoso. Sen embargo, a árbore que nos pareceu máis destacable é a sobreira da foto inferior, que está no alto de Foxacos, onde empeza o camiño que conduce cara o cumio do Castro Sevil. Trátase dunha árbore centenaria (os veciños non saben precisar máis) e polo que se ve no seu tronco, ténselle sacado a cortiza. Non é unha especie doada de atopar neste entorno (en realidade é unha especie propia do clima mediterráneo, pero tamén se dá en Galicia) e menos con este tamaño. Está no alto dun prado, o que fai que resulte máis impoñente.
  • 12. 5.- As casas que máis nos gustan e a que menos Arriba, as casas que máis nos gustaron, xa que están construídas con materiais propios da zona, ou, polo menos, con materias non alleos ó noso entorno. Ademáis, non presentan cores estridentes nin formas que non encaixen no entorno. Pola contra, intégranse nel perfectamente, e incluso coas casas que as rodean, tamén de pedra. Ó contrario, a casa de abaixo chama demasiado a atención cando a ves, aínda a pesar de non ter fortes cores, pero a súa fachada de cemento e a estrutura tipo bloque, xunto coa súa altura e a tella de cemento (non do país como nas anteriores) fan que pareza que non está no seu sitio e que non encaixa co que a rodea, rompendo a paisaxe.
  • 13. 6.- Actividades económicas. Como complemento ós ingresos que proceden do traballo realizado fóra de Mesego (na industria ou nos servicios nas vilas e cidades da redonda), dánse en Mesego e Zoo unha serie de actividades económicas complementarias, a maior ou menor escala, que se relatan a continuación e que aportan outros ingresos ós seus habitantes.  A AGRICULTURA: presente en tódalas aldeas de Galicia, tamén se dá en Mesego e Zoo. Os cultivos maioritarios son os normais da zona na que vivimos, é dicir, patacas, millo, trigo en menor medida e tamén os produtos da horta (tomates, leitugas, coles, etc…). O grao de mecanización é importante, xa que practicamente tódalas casas dispoñen de maquinaria para levar a cabo estas labores (tractores de maior ou menor tamaño, segadoras, sulfatadoras para as viñas, etc…). Agás algún caso (coma o de algún veciño que vende a fariña de millo na feira de Padrón), o que se produce é para autoconsumo ou para alimentar os animais (vacas, porcos, galiñas, coellos e tamén poldros). Na foto superior pode verse unha parte dunha horta en Foxacos, con coles e plantas de millo. Ó fondo aprécianse os pastos para o gando.  A APICULTURA: aínda que a unha escala moi inferior, tamén se dá, e non é raro atoparse as colmeas cando se pasea polo lugar. Neste caso, sí que é maior a proporción da produción que se destina á venta. Foto inferior, en Foxacos.  APROVEITAMENTO FORESTAL.- Case todo o monte en Zoo e Mesego está composto por propiedades, e cada veciño vende a madeira pola súa conta. Tan só unha pequena parte é de propiedade común e se fai a venta en conxunto e se reparten os beneficios entre todos.
  • 14. -A GANDERÍA.- Ten moita presencia en Mesego. Os rebaños de vacas e ouvellas pódense ver con facilidade polos moitos prados que se reparten entre as aldeas. Boa parte do leite de vaca véndese, habendo tanques de frío para almacenalo ata que é recollido polos camións cisterna que o conducen ás factorías que o procesan. No monte críanse bestas, pero tamén encontramos a cría de poldros nalgunhas granxas, como a da foto inferior esquerda, no Quinteiro de Arriba (Mesego). Simultaneamente, dáse a cría doutros animais de granxa, con aproveitamento basicamente para o autoconsumo, como os porcos, as galiñas ou, nalgúns casos, os coellos.
  • 15. A HOSTALERÍA: Este sector en Mesego estaba representado polas tabernas que alí funcionaban. Chegou a haber ata tres, se ben nunca foron máis de dúas á vez. Na foto superior pódese ver a casa que albergaba a “Taberna de Couso”, situada xusto enfronte da capela. É a máis antiga e cerrou hai xa moitos anos. Pouco máis abaixo, sobre uns 50 metros volvendo cara Mesego, estaba a “Taberna do Ruzo”, que ce-rrou aproximadamente no ano 1990, e que chegou a funcionar uns anos xunto coa terceira, a “Taberna de Cortes”, que estaba na casa que se ve na foto inferior. Este establecemento pechou sobre o ano 2000 e estaba situado en Mesego.
  • 16. OUTRAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.- Cabe destacar, a parte das actividades citadas, outras dúas, por desenvolverse en Mesego e Zoo. - - A canteira, xa cerrada, que estaba situada chegando a Zoo (foto superior) e que funcionou durante uns cinco anos, aínda que xa leva uns 15 cerrada. Hoxe en día poden verse os montes de terra amontoada así como os ocos feitos no chan para extraer os áridos (cheos de auga). - - Por outro lado, un parque eólico, formado por tres aeroxeradores de 78 m. de altura e 86 m. de diámetro dos rotores. Cada un ten unha potencia de 2 MW. Un cae no monte do veciño Arcos, e outros dous no de Zoo e Mesego. Os veciños en cuxos terreos se sitúan, perciben 0,26 € por m2 e ano pola ocupación. Foto dereita.
  • 17. 7.- Talleres de oficios artesanais.  Aínda que foron desaparecendo, nas aldeas acostumaba haber talleres de artesáns, normalmente relacionados coa agricultura e a gandería, como, por exemplo, a forxa dun ferreiro . Este non é o caso de Mesego, onde, sen embargo, atopamos un artesán máis ben estrano pola actividade que realiza: trátase dun tallista, don Elisardo Pego Pego. A súa historia dá para escribir moito, e volvemos un pouco a ela na última diapositiva. En canto a súa actividade, basta con dicir que foi o primeiro da súa promoción cando rematou de estudar a súa arte en Santiago, no ano 1958, e que ten obras repartidas en coleccións particulares por moitos sitios. Por exemplo, é o autor do busto de Roberto Blanco Torres que está no parque da Feira, en Cuntis. Aínda que está xubilado segue facendo traballos no taller que ten nun alto da súa casa, no Chico (foto superior esquerda) e tanto na igrexa de Cuntis como na capela de Mesego hai obras súas. Na foto da dereita pódese ver unha figura de San Blas, obra na que, ós poucos, está a traballar na actualidade.
  • 18. 8.- Lugares de encontro A parte de xuntarse noutros sitios (como antes nas tabernas ou dende sempre na capela, aínda que neste caso para algo moi concreto), os veciños de Mesego e Zoo teñen como local social o edificio da antiga escola (foto superior) situada no Chico. Cando funcionaba como escola, para o que foi fundada no ano 1956, era unha escola mixta, se ben os rapaces entraban por unha porta e as rapazas por outra. A parte da esquerda, máis baixa, era a vivenda do mestre. Xa hai anos que non funciona, e na actualidade estanse facendo obras de acondicionamento nela, se ben a súa función como local social e sitio de reunión dos veciños para os temas que teñen que tratar, si a cumpre.
  • 19. 9.- Un personaxe. Pola actividade que realiza e pola relevancia da labor que ten realizado, pareceunos moi destacable a figura de Elisardo Pego Pego. Este artista foi o primeiro da súa promoción no Mestre Mateo, escola de arte de Santiago, no ano 1958. Despois pasou 30 anos no País de Gales, onde traballou na hostalería, pero tamén coa súa arte. Máis tarde, xa xubilado, volveu as súas orixes. As súas obras están en coleccións particulares de Galicia e tamén de fóra (como en Gran Bretaña). É o autor do busto de Blanco Torres que está no parque da Feira, en Cuntis, ou da virxe que se ve na foto da dereita, na capela de Mesego, ou doutras imaxes, como a da Virxe de Fátima ou o Cristo do altar maior, que están na igrexa de Cuntis.
  • 20. 10.- Un curruncho preferido Tanto Mesego, como Zoo, O Chico, O Folgoso, A Retorta ou Foxacos teñen moitos lugares de grande beleza. As carballeiras, as beiras dos ríos, as fontes ou os prados ofrecen ducias de recantos merecedores de pasar un intre neles apreciando a súa beleza. Pola amplitude e a limpeza da vista que ofrece, escollemos o recuncho que se reflicte nesta foto: unha vista dos prados que hai á marxe dereita da estrada que sube cara O Folgoso. Pero hai moitos máis.

Hinweis der Redaktion