2. Gontade
Gontade é unha aldea con dezaseis
veciños, pertencente a parroquia de
San Mamede de Piñeiro. Está formada
por casas bonitas que destacan no
conxunto, pero tamén por casas
antigas e abandonadas dende fai
tempo.
Unha cualidade da miña aldea é que hai
moita auga xa que aquí temos
bastantes fontes.
A casa máis fea que hai en Gontade é unha
casa abandonada. Antes está casa
estaba habitada por xente que marchou
dela, cando foi traballar para Arxentina.
A casa que máis destaca no conxunto,
está feita de pedra, ten xardín , e unha
piscina.
Gontade está situada na ladeira do monte
Xesteiras. A miña aldea ten bastantes
árbores. Entre eles destacan: piñeiros,
eucaliptos, carballos e castiñeiros.
As casas están divididas en dous grupos:
Nun grupo hai dez casas e noutro seis
casas. No meu lugar aínda se traballa
na agricultura e hai algúns animais
como vacas, ovellas e galiñas.
3. As casas
A casa da esquerda é unha casa antiga restaurada. Esta casa non é que me guste moito, pero é a
que mellor encaixa no grupo de casas da aldea, porque é antiga é esta feita con pedra do país,
aínda que lle fixeron algunhas reformas e puxerónlle doutra pedra.
A casa da dereita non me gusta porque por un lado ten uralita pegada na parede para que non lle
entre a humidade. Polo outro lado está pintada.
4. As casas
A casa da esquerda é a que máis me gusta da aldea, aínda que non encaixa moito no coxuntos das
outras casas, porque é unha casa nova que aínda hai pouco que está feita. Como se pode ver a
pedra non é igual que a das casas antigas. O tellado está feito de pizarra, non con tellas do país,
como teñen a maioría das casas da aldea.
A casa da dereita é unha das casa abandonadas, en ruínas. Os seus donos marcharon hai moito
tempo para Arxentina e non regresaron.
5. O hórreo
Este hórreo está feito de pedra e
madeira. O tellado ten tella do país.
Nas dúas puntas do tellado ten
dous remates moi bonitos, un é
unha cruz que está por riba da
porta do hórreo.
A pedra fíxoa o avó da miña bisavoa, o
mesmo que fixo o pozo, polo tanto
debe de ter máis de dous séculos,
igual que o pozo. As madeiras
fixoas meu bisavó (chámanse
duelas do hórreo). O hórreo serve
para gardar o millo, despois de que
se colleita, porque o millo cando se
recolle, non está ben curado. No
hórreo cúrase ben para despois
poder moelo no muíño.
6. As fontes
A fonte de arriba é a do Souto. Fíxoa
un veciño que xa fai anos que
morreu, chamábase Enrique
Torres. Está fonte está
abandonada. Antes era onde
viñan lavar a roupa as mulleres
da aldea, xa que nas casas non
había auga. Tamén ían buscar
auga para beber, cociñar e lavar.
Agora queren restaurala , xa que é a
única fonte antiga que temos na
aldea. Na pedra onde está o cano
ten gravados o xugo e as frechas
do escudo da Falange.
Ten catro pías, como se ve na foto, e
dous lavadoiros para lavar a
roupa.
A fonte de abaixo, chámanlle a fonte
da Penaranda. Esta é unha fonte
moi boa, con auga abundante.
Está no camiño que vai para o
Xesteiras
7. O pozo de Gontade
Antes collíase auga neste pozo, o único
de Gontade, porque antigamente non
había auga da traída, entón collían aquí
auga para cociñar, lavar e para os
animais.
Para facelo, tiveron que ir ó monte
Xesteiras, buscar as pedras cun carro
tirado por bois e tíñanas que cargar á
man. Unha vez que as tiñan na casa,
traballábanas á man con ciceis e un
martelo, ata darlle a forma que querían,
así foi como fixeron os aneis do pozo.
Este pozo foi obra do avó da miña
bisavoa ( chamábase Manuel Magán)
que era moi bo canteiro. Tivo que facer o
buraco do pozo, todo á man, cun pico
unha picaraña e unha pá. O pozo ten
once metros de fondo.
Unha vez feito o buraco, colocoulle os
aneis de pedra. Despois fixolle unha
tapa de madeira . O ferreiro fixolle un
arco de ferro, onde lle colocou unha
roldana enganchanda cuns arames.
Logo, pasou unha corda pola roldana e
colgoulle un caldeiro de cinc, que
pesaba moito. Así, cando soltaba a
corda, o caldeiro ía parar ó fondo do
pozo. Despois cando tiraba da corda,
saía o caldeiro cheo de auga.
8. Un arado antigo
Este aparello que vemos na foto é un
arado antigo, que servía para
labrar a terra. Tiraban por él dúas
vacas e ía unha persoa detrás
agarrándoo, así era como se
facían os regos que antigamente
eran nomeados como sucos. Así
traballaban a terra para despois
sementala.
Este arado está feito de madeira e na
punta ten un ferro en forma de pá.
Despois deste arado fixeron outro
mellor, que era todo de ferro pero
tamén tiña que ser tirado por
vacas, era parecido ó que teñen
agora os tractores.
Este arado de madeira fíxoo o meu
bisavó que era carpinteiro.
Chamábase Ramón Torres.
9. Un pote antigo
Este pote está feito de ferro e pesa moito.
Antes cocíanlle aquí a comida ós
porcos.
Noutro coma este, máis pequeño, era
onde facían a comida antigamente,
facíana nunha lareira de pedra e
poñíanlle por abaixo uns ferros en
forma de triángulo que se chamaba
trespés porque tiña tres pés. Por
abaixo facíanlle o lume para quentar o
pote.
10. A carballeira do Porto do Laxo
En Gontade temos esta carballeira,
que ten moitos carballos e moi
antigos, pois teñen máis de dous
séculos.
Chámase carballeira do Porto do
Laxo porque o conxunto de casas
a carón dela chámase Porto do
Laxo, pero é todo a mesma aldea,
Gontade.
Está moi descoidada, os carballos
levan moitos anos sen derramar,
por iso non se ven ben. A ver se
agora os derraman e limpan un
pouco a carballeira.
11. A explotación da madeira
No monte Xesteiras hai moitos piñeiros e
eucaliptos que son explotados pola
Comunidade de Montes de Gontade.
Aquí nesta foto vese a madeira cortada de
eucalipto. Tamén se ven os piñeiros
que están verdes.
12. O monte Xesteiras
Este é o monte Xesteiras.Como se ve, ó
seu pé está a aldea de Gontade.
Este Monte mide 710 m de altura. Desde o
seu cume ten moi boas vistas, vese
todo Cuntis, Santiago e moitos máis
sitios. No cume hai varias antenas ,
coma a de Retegal, (que é a de Radio
Televisión de Galicia). Tamén hai
outras de móbiles, unha caseta onde
antes miraban dende alí se había lume
nalgún sitio do monte. Ten moitos
piñeiros e eucaliptos. Tamén destacan
algúns outeiros moi grandes.
13. A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados
A Pedra da Aguia e a Casa dos Soldados son dúas formacións rochosas moi espectaculares que
se atopana subindo cara o cume do Xesteiras.
A pedra da Aguia din que ten forma de aguia. Está cerca das antenas. Fai de marco onde se
divide o monte Xesteiras, entre San Mamede, Couselo e Portela.
A Casa dos Soldados é outro outeiro grande que está cerca da pedra Daguia. Chámase así
porque ten moitos buracos é pódese entrar dentro da pedra por un deles.