SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 22
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Marcos Maceiras (3ºB)
Sheila Martínez (3ºB)
CALVOS
         Calvos é unha aldea da parroquia
         de    Cuntis,  situada   uns    2
         quilómetros ó oeste da capital do
         concellos e cunha poboación de
         aproximadamente           corenta
         habitantes. Pola aldea pasa a
         estrada de Sab Clemente e hai un
         convento de monxas.

         As casas que están no centro da
         aldea están moi xuntas e non
         todas teñen veiga, en cambio as
         que están máis alonxadas teñen
         todas fincas e a maioría cultivan
         hostalizas e patacas. En case
         todas as casas teñen animais
         como ovellas, galiñas e vacas,
         aínda que agora as vacas non as
         ten tanta xente coma fai uns anos.

         Moitos veciños tamén se dedican á
         caza e teñen cans. Tamén, a
         maioría da xente da aldea ten
         parras.
O convento de San Bieito de Pereira
                  O convento de clausura construiuse no século
                  XIX. O máis importante deste gran edificio é o
                  cruceiro con peto de ánimas que se atopa no
                  adro. Destacan as figuras talladas na pedra
                  polos canteiros da zona, que representan á
                  Sagrada Familia, acompañada de catro
                  querubíns e catro ánimas do purgatorio. No alto
                  do cruceiro destaca a imaxe da virxe María
                  atravesada por un espada.
                  No convento viven monxas bieitas que traballan
                  a gran finca, rodeada dun impresionante muro,
                  que ten o convento.
A praza

          Como se pode ver na imaxe,
          esta é a praza da aldea, onde
          antes se reunían os nenos.
          Agora non imos alí xogar,
          porque xa non hai nenos
          pequenos.       As     persoas
          maiores da aldea séntanse
          alí para falar e pasar a tarde.
          A praza non ten nin fontes,
          nin bancos, nin cruceiro...
          Está situada no centro da
          aldea e rodeada por casas. A
          ese lugar chámanlle o
          Chouiño. As casas do centro
          da aldea teñen fincas moi
          pequenas, pois non teñen
          moito espazo. A praza non é
          moi grande e a ela van dar
          dúas pistas moi estreitas e
          só pode pasar un coche, e
          moi xusto.
A carballeira

                Na carballeira só hai carballos,
                non     hai    árbores      de     máis
                especies.      É     estreita,     pero
                bastante longa. Os carballos
                aínda    son    novos,      polo     que
                teñen     un       tronco    fino.    A
                carballeira    está    rodeada        de
                fincas e todas teñen dono.

                No verán os vellos ían alí
                porque facía menos calor e está
                á   sombra     pola    ramaxe dos
                carballos.     Foi    plantada       hai
                quince anos aproximadamente.
                Fai dous anos pensaron en
                cortar a carballeira, pero os
                veciños querían conservala polo
                ben situada e o tranquilo que
                era o lugar.
A río de Calvos



             Este é o regato que pasa por
             Calvos. É un afluente do río Gallo e
             os veciños chámanlle o río de
             Calvos.   Durante    todo   o   seu
             percorrido ten uns cinco muíños e
             dous deles están en Calvos, pero
             ningún está en bo estado. Este río
             nace en Vilariño, e pasa polo Noval,
             Calvos, Trasponte, desembocando
             no río Gallo en Cuntis.
O río Gallo

              Este é un tramo do río Gallo que
              pasa pola aldea e fai de fronteira
              con Cuntis. O río ten unha ponte
              pola que pasan os coches, que é a
              que se pode ver na imaxe, e outras
              pequenas para cruzar a pé. Ata fai
              uns anos a ponte que se ve na
              fotografía era de terra e pouco
              segura, pero polas queixas dos
              veciños acabaron arranxándoa.

              No río hai moitas árbores, como
              por         exemplo        bidueriros.
              Antigamente as beiras do río na
              zona de Cuntis non estaban tan
              urbanizadas     e     se   podía   ver
              claramente a fronteira entre Cuntis
              e Calvos.
Os castiñeiros

             Estes castiñeiros da fotografía son
             dunha      veiga       privada   que     está
             pechada cun arame para saber que
             ten propietario. Os donos da casa
             non      viven   alí     e   plantaron    os
             castiñeiros para que non lle naceran
             silveiras, toxos e outras herbas
             malas.

             Os    castiñeiros        plantáronos      fai
             vintecinco anos aproximadamente.
             Na finca hai arrdeor de quince
             castiñeiros e o chan está cuberta de
             follas e ourizos no outono. A esa
             finca chámanlle a veiga da Torre,
             polo apelido dos donos. A zona está
             moi próxima ó río e é moi húmida,
             bastante alonxada do centro da
             aldea.
Eucaliptos e piñeiros

                        Estas son as especies non
                        autóctonas      que       están
                        plantadas en veigas privadas
                        en Calvos. Hai moitos piñeiros
                        e eucaliptos. Fai cincuenta
                        anos un veciño provocou un
                        incendio porque lle molestaban
                        as árbores ó lado da casa xa
                        que non deixaban pasar a luz e
                        había     pouca      claridade.
                        Despois, para repoboar a zona,
                        volveron a plantar árbores que
                        medraran rápido, como os
                        eucaliptos e ninguén pode
                        denunciar ó dono porque ten o
                        permiso do concello.

                        Estas zonas son agrícolas e
                        non se pode construír casas
                        nelas, polo que son as partes
                        da aldea menos poboadas.
Os hórreos

         Nesta aldea case todas as casas
         teñen hórreos, moitos restaurados,
         aínda que nas vivendas novas xa
         non se constrúen.

         Os hórreos úsanse para gardar o
         millo, pero hai veciños que os teñen
         de adorno. Nesta zona hai sobre uns
         doce hórreos e case todos están
         restaurados.

         O hórreo máis grande da aldea terá
         máis de sesenta anos, mide sobre
         oito metros cadrados e é dun veciño
         que xa non vive aquí.

         A   razón     de   que   cada   vez   se
         constrúan menos hórreos é que xa
         non hai tantos labregos. O hórreo da
         foto é un dos poucos que non está
         restaurado, aínda que lle puxeron a
         porta nova.
O antigo muíño

                 O antigo muíño non se pode
                 apreciar na fotografía porque está
                 cuberto pola vexetación que se ve
                 ó lado da casa. Antes a xente ía
                 alí a moer o millo. O muíño
                 aproveitaba a forza do río Gallo.

                 Agora non se pode entrar polas
                 malas herbas que medran e nin
                 sequera se pode ver o muíño. A
                 casa que está ó lado chamábanlle
                 a ‘casa da muiñeira’, que era a
                 encargada de limpar e coidar o
                 muíño. Fai anos, cando a muller
                 morreu non houbo ninguén que
                 se preocupase do muíño e agora
                 atópase en pésimas condicións.
O pombal e a fonte

              O pombal está situado na leira dun
              veciño. Antes a súa estrutura era de
              pedra pero agora recebouse con
              cemento e pintouse de branco. O seu
              tellado era de tella pero tamén se
              cambiou por lousa, máis resistente.


              A   fonte     fíxose   hai   dez   anos
              aproximadamente, cunha billa para
              botar auga.
              O motivo de facerse está fonte foi que
              os veciños máis vellos da aldea
              querían recuperar a fonte que había
              antes nese mesmo lugar e que se
              quitara para facer unhas obras que
              nunca se chegaron a realizar.
Aveños e espazos de labranza

                        En Calvos, como en calquera
                        aldea, un gran número de
                        persoas dedícanse ó campo,
                        aínda que a maioría ten outros
                        traballos.

                        Para os traballos agrícolas
                        necesítanse ferramentas, como
                        gallas, sachos, gadañas… e
                        tamén se utiliza maquinaria
                        como arados e tractores
                        preparados    para   distintos
                        traballos.

                        A xente ten cubertos e
                        alpendres nas casas para
                        gardar    as   ferramentas   e
                        produtos agrícolas, como leña,
                        herba seca para alimentar ós
                        animais, millo... Tamén teñen
                        cortes para os animais e os
                        galiñeiros         constrúense
                        pegados a elas.
As casas (Sheila)

                    Estas fotos son as das casas
                    que    máis      me     gustan.    A
                    primeira   é     unha    casa     que
                    restauraron fai dous anos. Ten
                    un soportal que lle construíron
                    cando se restaurou, xa que
                    antes non o tiña. O dono da
                    casa herdouna do seu avó e
                    decidiu restaurala, xa que o
                    lugar é zona agrícola e non se
                    pode construír de novo. Esta
                    casa gústame porque é unha
                    casa nova pero conserva o
                    estilo antigo.
                    A segunda casa esta alonxada
                    do     centro     da     aldea      e
                    construírona      fai   seis    anos,
                    pero    aínda     non    acabaron.
                    Gústame a forma da casa e os
                    materiais que utilizaron.
As casas (Sheila)


                    A casa da imaxe non me gusta.
                    Os motivos son que non me
                    gustan       os     materiais     que
                    utilizaron para a fachada da
                    casa,    e    que    teñen      cortes
                    pegadas á vivenda que non
                    quedan ben.
                    A casa destaca negativamente
                    no conxunto polos azulexos
                    exteriores e porque case todas
                    as demais casas da aldea son
                    de pedra.
                    Esta é unha casa de labregos,
                    polo que teñen un alpendre,
                    cortes, viñedos, un galiñeiro...
                    Os donos da casa teñen moitos
                    animais que pastan noutras
                    veigas separadas da casa.
As casas (Marcos)
       Estas dúas casasda esquerda teñen unha estrutura
       moi similar. Elixin estas porque se integran moi ben
       nos lugares. As duas están feitas cos mesmos
       materiais, pedra e tella do país.
       O único que non me gusta da primeira imaxe é a
       forma que ten a cheminea, con ese acabado coma se
       fose un castelo
       As dúas están situadas nun lugar tranquilo da aldea e
       nun lugar elevado. Unha cousa que me gusta moito é
       que teñen patios e xardíns con plantas diante da
       fachada.

       A casa de abaixo non me gusta e non é porque esté
       abandonada, senon pola súa forma, con ese engadido
       da dereita, co tellado chegando ao chan. Tampouco
       me gusta porque case non ten luz natural, pois non
       ten ventás.
A granxa abandonada

                Esta especie de cortello é unha
                antiga granxa de porcos, onde
                antes   comerciaban    con   estes
                animais. Agora está abandonada,
                chea de lixo e de silveiras e viven
                alí persoas indixentes que non
                teñen casa.

                Está moi cerca do río e da ponte
                que une Calvos con Cuntis. Ó
                estar tan cerca do pobo afea a
                zona polas malas condicións nas
                que se atopa, polo lixo e os
                cascallos. Como se pode ver na
                fotografía está rodeada de malas
                herbas e case non ten acceso. O
                concello      está    planificando
                derrubar a granxa para urbanizar a
                zona.
Agricultura e gandería
                         Nas fotografías pódense
                         ver traballos do campo ó
                         que se dedican moitos
                         dos veciños. Fai anos
                         moita xente tiña vacas,
                         agora non hai veciños
                         que as teñan, porque lle
                         pagan moi pouco polo
                         leite.

                         Os animais que máis
                         xente ten na actualidade
                         son as ovellas. Algúns
                         veciños teñen cabras e
                         cabalos

                         Tamén      hai    moitas
                         persoas     que    teñen
                         invernadoiros       para
                         cultivar. Case todos os
                         veciños teñen veigas e
                         moitos cultivan produtos
                         agrícolas para caonsumo
                         propio.
O tanatorio móbil

                    Este    camión     pertence     á
                    funeraria de Calvos e é un
                    tanatorio móbil. A funeraria está
                    ó lado pero non se pode ver ben
                    desde a estrada porque ten
                    casas diante.

                    É a primeira funeraria de Cuntis
                    que puxo o velorio móbil.
                    Dentro é coma un tanatorio
                    normal,    pero   este    poden
                    trasladalo ó lugar que queira a
                    familia do defunto. O nome da
                    funeraria é “Pombo Lourido”.
                    Non hai moita xente que opte
                    por esta nova tendencia. Eu
                    penso que para os familiares
                    dos defuntos é máis cómodo ter
                    o velorio cerca da casa que ter
                    que trasladarse e espérase que
                    o negocio funcione mellor
                    dentro duns anos.
‘A de Mieres’



                Unhas       das        poucas
                empresas       que    hai   en
                Calvos é Á de Mieres’.
                Este     home     adícase    á
                vender     todo      tipo   de
                pensos para os animais,
                animais como pitos ou
                becerros, e desde hai uns
                meses,     á      venda     de
                bombonas de gas.
Os meus recunchos (Marcos)

                 Na imaxe de arriba vese o lugar onde
                 nos reunimos eu e os meus amigos.
                 Alí pasamos horas e horas falando
                 das nosas cousas. Desde aí vese todo
                 Calvos con claridade    e cando non
                 sabemos onde ir vimos aquí.


                 No taller de abaixo é onde máis tempo
                 paso nos meus ratos libres. Este é un
                 taller no que nos reunimos case todos
                 os días a noite, e os sabados pola
                 tarde. Aquí dentro aprendo moito do
                 que a min me gusta, que son os
                 coches.
                 É raro que non lle estean facendo algo
                 a algún coche. É case coma se fose un
                 costume porque dende que teño dez
                 anos sempre vou alí.
Calvos

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (6)

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 

Ähnlich wie Calvos

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
As Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasAs Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasBergantera
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02anagagon
 
Comentario do plano urbano de cangas
Comentario do plano urbano de cangas Comentario do plano urbano de cangas
Comentario do plano urbano de cangas Espe1959
 
Vivenda Popular
Vivenda PopularVivenda Popular
Vivenda PopularBergantera
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguellepri inter
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02anagagon
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 

Ähnlich wie Calvos (20)

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
As Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasAs Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais Galegas
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
Comentario do plano urbano de cangas
Comentario do plano urbano de cangas Comentario do plano urbano de cangas
Comentario do plano urbano de cangas
 
Vivenda Popular
Vivenda PopularVivenda Popular
Vivenda Popular
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguelle
 
RÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLERÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLE
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
Santa Euxea
Santa EuxeaSanta Euxea
Santa Euxea
 
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02Vivendapopular 100411143109-phpapp02
Vivendapopular 100411143109-phpapp02
 
Os lagares
Os lagaresOs lagares
Os lagares
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 

Mehr von Heladio Anxo Fernández (20)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 

Calvos

  • 1. Marcos Maceiras (3ºB) Sheila Martínez (3ºB)
  • 2. CALVOS Calvos é unha aldea da parroquia de Cuntis, situada uns 2 quilómetros ó oeste da capital do concellos e cunha poboación de aproximadamente corenta habitantes. Pola aldea pasa a estrada de Sab Clemente e hai un convento de monxas. As casas que están no centro da aldea están moi xuntas e non todas teñen veiga, en cambio as que están máis alonxadas teñen todas fincas e a maioría cultivan hostalizas e patacas. En case todas as casas teñen animais como ovellas, galiñas e vacas, aínda que agora as vacas non as ten tanta xente coma fai uns anos. Moitos veciños tamén se dedican á caza e teñen cans. Tamén, a maioría da xente da aldea ten parras.
  • 3. O convento de San Bieito de Pereira O convento de clausura construiuse no século XIX. O máis importante deste gran edificio é o cruceiro con peto de ánimas que se atopa no adro. Destacan as figuras talladas na pedra polos canteiros da zona, que representan á Sagrada Familia, acompañada de catro querubíns e catro ánimas do purgatorio. No alto do cruceiro destaca a imaxe da virxe María atravesada por un espada. No convento viven monxas bieitas que traballan a gran finca, rodeada dun impresionante muro, que ten o convento.
  • 4. A praza Como se pode ver na imaxe, esta é a praza da aldea, onde antes se reunían os nenos. Agora non imos alí xogar, porque xa non hai nenos pequenos. As persoas maiores da aldea séntanse alí para falar e pasar a tarde. A praza non ten nin fontes, nin bancos, nin cruceiro... Está situada no centro da aldea e rodeada por casas. A ese lugar chámanlle o Chouiño. As casas do centro da aldea teñen fincas moi pequenas, pois non teñen moito espazo. A praza non é moi grande e a ela van dar dúas pistas moi estreitas e só pode pasar un coche, e moi xusto.
  • 5. A carballeira Na carballeira só hai carballos, non hai árbores de máis especies. É estreita, pero bastante longa. Os carballos aínda son novos, polo que teñen un tronco fino. A carballeira está rodeada de fincas e todas teñen dono. No verán os vellos ían alí porque facía menos calor e está á sombra pola ramaxe dos carballos. Foi plantada hai quince anos aproximadamente. Fai dous anos pensaron en cortar a carballeira, pero os veciños querían conservala polo ben situada e o tranquilo que era o lugar.
  • 6. A río de Calvos Este é o regato que pasa por Calvos. É un afluente do río Gallo e os veciños chámanlle o río de Calvos. Durante todo o seu percorrido ten uns cinco muíños e dous deles están en Calvos, pero ningún está en bo estado. Este río nace en Vilariño, e pasa polo Noval, Calvos, Trasponte, desembocando no río Gallo en Cuntis.
  • 7. O río Gallo Este é un tramo do río Gallo que pasa pola aldea e fai de fronteira con Cuntis. O río ten unha ponte pola que pasan os coches, que é a que se pode ver na imaxe, e outras pequenas para cruzar a pé. Ata fai uns anos a ponte que se ve na fotografía era de terra e pouco segura, pero polas queixas dos veciños acabaron arranxándoa. No río hai moitas árbores, como por exemplo bidueriros. Antigamente as beiras do río na zona de Cuntis non estaban tan urbanizadas e se podía ver claramente a fronteira entre Cuntis e Calvos.
  • 8. Os castiñeiros Estes castiñeiros da fotografía son dunha veiga privada que está pechada cun arame para saber que ten propietario. Os donos da casa non viven alí e plantaron os castiñeiros para que non lle naceran silveiras, toxos e outras herbas malas. Os castiñeiros plantáronos fai vintecinco anos aproximadamente. Na finca hai arrdeor de quince castiñeiros e o chan está cuberta de follas e ourizos no outono. A esa finca chámanlle a veiga da Torre, polo apelido dos donos. A zona está moi próxima ó río e é moi húmida, bastante alonxada do centro da aldea.
  • 9. Eucaliptos e piñeiros Estas son as especies non autóctonas que están plantadas en veigas privadas en Calvos. Hai moitos piñeiros e eucaliptos. Fai cincuenta anos un veciño provocou un incendio porque lle molestaban as árbores ó lado da casa xa que non deixaban pasar a luz e había pouca claridade. Despois, para repoboar a zona, volveron a plantar árbores que medraran rápido, como os eucaliptos e ninguén pode denunciar ó dono porque ten o permiso do concello. Estas zonas son agrícolas e non se pode construír casas nelas, polo que son as partes da aldea menos poboadas.
  • 10. Os hórreos Nesta aldea case todas as casas teñen hórreos, moitos restaurados, aínda que nas vivendas novas xa non se constrúen. Os hórreos úsanse para gardar o millo, pero hai veciños que os teñen de adorno. Nesta zona hai sobre uns doce hórreos e case todos están restaurados. O hórreo máis grande da aldea terá máis de sesenta anos, mide sobre oito metros cadrados e é dun veciño que xa non vive aquí. A razón de que cada vez se constrúan menos hórreos é que xa non hai tantos labregos. O hórreo da foto é un dos poucos que non está restaurado, aínda que lle puxeron a porta nova.
  • 11. O antigo muíño O antigo muíño non se pode apreciar na fotografía porque está cuberto pola vexetación que se ve ó lado da casa. Antes a xente ía alí a moer o millo. O muíño aproveitaba a forza do río Gallo. Agora non se pode entrar polas malas herbas que medran e nin sequera se pode ver o muíño. A casa que está ó lado chamábanlle a ‘casa da muiñeira’, que era a encargada de limpar e coidar o muíño. Fai anos, cando a muller morreu non houbo ninguén que se preocupase do muíño e agora atópase en pésimas condicións.
  • 12. O pombal e a fonte O pombal está situado na leira dun veciño. Antes a súa estrutura era de pedra pero agora recebouse con cemento e pintouse de branco. O seu tellado era de tella pero tamén se cambiou por lousa, máis resistente. A fonte fíxose hai dez anos aproximadamente, cunha billa para botar auga. O motivo de facerse está fonte foi que os veciños máis vellos da aldea querían recuperar a fonte que había antes nese mesmo lugar e que se quitara para facer unhas obras que nunca se chegaron a realizar.
  • 13. Aveños e espazos de labranza En Calvos, como en calquera aldea, un gran número de persoas dedícanse ó campo, aínda que a maioría ten outros traballos. Para os traballos agrícolas necesítanse ferramentas, como gallas, sachos, gadañas… e tamén se utiliza maquinaria como arados e tractores preparados para distintos traballos. A xente ten cubertos e alpendres nas casas para gardar as ferramentas e produtos agrícolas, como leña, herba seca para alimentar ós animais, millo... Tamén teñen cortes para os animais e os galiñeiros constrúense pegados a elas.
  • 14. As casas (Sheila) Estas fotos son as das casas que máis me gustan. A primeira é unha casa que restauraron fai dous anos. Ten un soportal que lle construíron cando se restaurou, xa que antes non o tiña. O dono da casa herdouna do seu avó e decidiu restaurala, xa que o lugar é zona agrícola e non se pode construír de novo. Esta casa gústame porque é unha casa nova pero conserva o estilo antigo. A segunda casa esta alonxada do centro da aldea e construírona fai seis anos, pero aínda non acabaron. Gústame a forma da casa e os materiais que utilizaron.
  • 15. As casas (Sheila) A casa da imaxe non me gusta. Os motivos son que non me gustan os materiais que utilizaron para a fachada da casa, e que teñen cortes pegadas á vivenda que non quedan ben. A casa destaca negativamente no conxunto polos azulexos exteriores e porque case todas as demais casas da aldea son de pedra. Esta é unha casa de labregos, polo que teñen un alpendre, cortes, viñedos, un galiñeiro... Os donos da casa teñen moitos animais que pastan noutras veigas separadas da casa.
  • 16. As casas (Marcos) Estas dúas casasda esquerda teñen unha estrutura moi similar. Elixin estas porque se integran moi ben nos lugares. As duas están feitas cos mesmos materiais, pedra e tella do país. O único que non me gusta da primeira imaxe é a forma que ten a cheminea, con ese acabado coma se fose un castelo As dúas están situadas nun lugar tranquilo da aldea e nun lugar elevado. Unha cousa que me gusta moito é que teñen patios e xardíns con plantas diante da fachada. A casa de abaixo non me gusta e non é porque esté abandonada, senon pola súa forma, con ese engadido da dereita, co tellado chegando ao chan. Tampouco me gusta porque case non ten luz natural, pois non ten ventás.
  • 17. A granxa abandonada Esta especie de cortello é unha antiga granxa de porcos, onde antes comerciaban con estes animais. Agora está abandonada, chea de lixo e de silveiras e viven alí persoas indixentes que non teñen casa. Está moi cerca do río e da ponte que une Calvos con Cuntis. Ó estar tan cerca do pobo afea a zona polas malas condicións nas que se atopa, polo lixo e os cascallos. Como se pode ver na fotografía está rodeada de malas herbas e case non ten acceso. O concello está planificando derrubar a granxa para urbanizar a zona.
  • 18. Agricultura e gandería Nas fotografías pódense ver traballos do campo ó que se dedican moitos dos veciños. Fai anos moita xente tiña vacas, agora non hai veciños que as teñan, porque lle pagan moi pouco polo leite. Os animais que máis xente ten na actualidade son as ovellas. Algúns veciños teñen cabras e cabalos Tamén hai moitas persoas que teñen invernadoiros para cultivar. Case todos os veciños teñen veigas e moitos cultivan produtos agrícolas para caonsumo propio.
  • 19. O tanatorio móbil Este camión pertence á funeraria de Calvos e é un tanatorio móbil. A funeraria está ó lado pero non se pode ver ben desde a estrada porque ten casas diante. É a primeira funeraria de Cuntis que puxo o velorio móbil. Dentro é coma un tanatorio normal, pero este poden trasladalo ó lugar que queira a familia do defunto. O nome da funeraria é “Pombo Lourido”. Non hai moita xente que opte por esta nova tendencia. Eu penso que para os familiares dos defuntos é máis cómodo ter o velorio cerca da casa que ter que trasladarse e espérase que o negocio funcione mellor dentro duns anos.
  • 20. ‘A de Mieres’ Unhas das poucas empresas que hai en Calvos é Á de Mieres’. Este home adícase á vender todo tipo de pensos para os animais, animais como pitos ou becerros, e desde hai uns meses, á venda de bombonas de gas.
  • 21. Os meus recunchos (Marcos) Na imaxe de arriba vese o lugar onde nos reunimos eu e os meus amigos. Alí pasamos horas e horas falando das nosas cousas. Desde aí vese todo Calvos con claridade e cando non sabemos onde ir vimos aquí. No taller de abaixo é onde máis tempo paso nos meus ratos libres. Este é un taller no que nos reunimos case todos os días a noite, e os sabados pola tarde. Aquí dentro aprendo moito do que a min me gusta, que son os coches. É raro que non lle estean facendo algo a algún coche. É case coma se fose un costume porque dende que teño dez anos sempre vou alí.