SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 24
ÍNDICE
1. A programación
1.1. Características da programación
1.2. Elementos da programación
2. As unidades de programación
2.1. Tipos de unidades
2.2. Elementos das unidades
3. O deseño de actividades
3.1. Criterios para o deseño de actividades
3.2. A selección de actividades
3.3. Tipos de actividades
4. A programación na educación non formal
http://www.youtube.com/watch?v=g57mSGjZ5aU
1. A PROGRAMACIÓN
 CONCEPTO DE PROGRAMACIÓN (DE AULA, DE GRUPO, DE
ACTIVIDADES, DIDÁCTICA OU DOCENTE):
 Constitúe o 3º nivel de concreción curricular (adaptación da proposta
pedagóxica ás características do grupo-aula).
 É un documento no que cada docente, en coordinación co equipo
educativo, planifica o conxunto de elementos que interveñen no proceso
de ensino-aprendizaxe para un grupo concreto e un curso escolar.
 Tamén pode definirse como o conxunto de unidades didácticas ordenadas
e secuenciadas que se van desenvolver durante un curso escolar.
1. A PROGRAMACIÓN (cont.)
 NORMATIVA*:
 A LOE/LOMCE inclúe a programación do ensino entre as funcións do
profesorado.
 O Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da
Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia sinala que cada
ciclo de Educación Infantil constitúe unha unidade curricular temporal de
programación.
 A Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o
desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil na
Comunidade Autónoma de Galicia establece unha distinción entre
“programación didáctica” (elaborada polo equipo de ciclo para cada área do
currículo) e “programación de aula” (elaborada por cada mestre/a para o
seu grupo e estruturada en secuencias didácticas e/ou proxectos de
traballo).
1.1. CARACTERÍSTICAS DA PROGRAMACIÓN
 A programación debe ser:
 ÚTIL: será un instrumento de traballo en mans do educador/a.
 PÚBLICA: servirá para reflectir o traballo na aula de cara ao centro, a
comunidade educativa e a Administración e, polo tanto, haberá un exemplar á
súa disposición.
 FLEXIBLE: será unha hipótese de traballo que se adaptará á práctica
educativa, non un produto acabado.
 AVALIABLE: permitirá ir recollendo información sobre o seu desenvolvemento
para reaxustala constantemente.
 COHERENTE: estará en consonancia coas decisións adoptadas no PEC e a
proposta pedagóxica.
1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN
 A programación consta de dúas partes:
DECISIÓNS XERAIS
• Caracterización do grupo /
contextualización
• Obxectivos
• Contidos
• Metodoloxía e recursos didácticos
• Educación en valores / temas
transversais*
• Atención á diversidade*
• Avaliación
UNIDADES DE PROGRAMACIÓN
/ UNIDADES DIDÁCTICAS /
UNIDADES DE TRABALLO
1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN (cont.)
ELEMENTOS DESCRICIÓN
Caracterización
do grupo /
Contextualización
Análise das características concretas do grupo de nenos/as: nº, idade, sexo,
circunstancias persoais e familiares, posibles necesidades educativas
especiais, historia escolar previa...
Obxectivos Adaptación dos obxectivos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo
concreto para o que se programa.
Contidos Adaptación dos contidos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo
concreto para o que se programa.
Unidades de
programación
Elaboración de secuencias concretas de aprendizaxe dotadas de sentido e
coherencia interna que dan resposta aos obxectivos e contidos.
Metodoloxía e
recursos
didácticos
Principios e estratexias metodolóxicas; tipos de actividades e agrupamentos;
organización dos recursos espaciais, materiais, temporais e persoais.
Educación en
valores / Temas
transversais*
Tratamento que se lle dará á educación en valores (responsabilidade,
solidariedade, tolerancia, non-violencia...) ou temas transversais (educación
para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos,
educación para a saúde, educación ambiental...).
Atención á
diversidade*
Medidas para responder á diversidade de características persoais,
necesidades, intereses e estilos de aprendizaxe das crianzas e para atender
ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE).
Avaliación Criterios, momentos, técnicas e instrumentos de avaliación; avaliación da
práctica docente e a programación; información ás familias.
A programación está composta por
unidades máis pequenas...
2. AS UNIDADES DE PROGRAMACIÓN
 CONCEPTO DE UNIDADE DE PROGRAMACIÓN (UNIDADE DIDÁCTICA
OU UNIDADE DE TRABALLO):
 É unha fracción ou segmento da programación arredor dun proceso de
ensino-aprendizaxe articulado e completo.
 Pode concibirse como unha parcela da vida do grupo dotada de
intencionalidade educativa na que conflúen todos os elementos que
interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con coherencia interna e por
un período de tempo determinado.
 Tamén pode definirse como un conxunto de actividades agrupadas de forma
significativa para desenvolver uns obxectivos e contidos durante un
período de tempo determinado.
2.1. TIPOS DE UNIDADES
 En Educación Infantil, as unidades de programación poden ser de dous tipos:
PERMANENTES
(mantéñense todo o curso)
• Rutinas cotiás: comida,
descanso e hixiene + acollida
e saída.
• Actividades habituais: a hora
do recreo, a asemblea, o
conto...
• Zonas ou recantos: xogo
simbólico, construcións,
manipulación...
TEMPORAIS
(desenvólvense nun período de tempo
concreto)
• Períodos específicos: período de
adaptación.
• Unidades temáticas / Centros de
interese: os animais, a familia,
personaxes de ficción...
• Proxectos: construímos unha
cabana, facemos unha horta,
preparamos unha excursión...
• Talleres / Obradoiros: cociña,
barro, máscaras...
• Festas: Nadal, Entroido,
aniversarios...
• Acontecementos imprevistos:
neva, nace un irmanciño, atopamos
un caracol...
2.1. TIPOS DE UNIDADES (cont.)
 Exemplo de distribución temporal de unidades de programación:
1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE
MAÑÁ
UP 1: ACOLLIDA
UP2:PERÍODODEADAPTACIÓN
UP 3: RECANTOS
UP 4: ASEMBLEA
UP 5: O
CORPO
UP 6:
COLECCIO-
NAMOS
CORES
UP 7:
NADAL
UP 8:
ANIMAIS
UP 9:
ENTROIDO
UP 10:
TALLER
COCIÑA
UP 11:
OFICIOS
UP 12:
FACEMOS
UN
XARDÍN
UP 13:
FINAL
CURSO
UP 14: RECREO
UP 3: RECANTOS
UP 15: HIXIENE
MEDIODÍA
UP 16: ALIMENTACIÓN
UP 15: HIXIENE
UP 17: DESCANSO
UP 15: HIXIENE
TARDE
UP 4: ASEMBLEA
UP 5 UP 6 UP 7 UP 8 UP 9 UP 10 UP 11 UP 12 UP 13
UP 15: HIXIENE
UP 16: ALIMENTACIÓN
UP 15: HIXIENE
UP 3: RECANTOS
UP 17: DESPEDIDA
2.2. ELEMENTOS DAS UNIDADES
(modelo que imos seguir nós)
ELEMENTOS DESCRICIÓN
Identificación da UD Título – Escola – Etapa, ciclo e nivel – Curso e período dentro do curso –
Duración aproximada
Contextualización e
xustificación
Adecuación ao contorno e coherencia co PEC e a proposta pedagóxica –
Adecuación ao momento evolutivo das crianzas – Fundamentación teórica
Táboa de obxectivos,
contidos e criterios de
avaliación
Áreas – Obxectivos de referencia (currículo) – Obxectivos didácticos (UD) –
Contidos – Criterios de avaliación – Indicadores de avaliación
Actividades Nº e título – Tipo – Obxectivos didácticos – Contidos – Desenvolvemento –
Espazos – Materiais – Tempo – Persoal – Agrupamentos – Avaliación
Recursos
metodolóxicos e
didácticos
Principios metodolóxicos – Estratexias metodolóxicas – Recursos didácticos
Educación en valores /
Temas transversais*
Importancia – Relación coa UD
Atención á diversidade* Atención á diversidade de intereses, necesidades, etc., do alumnado – Atención
ao ACNEAE
Avaliación Que avaliar – Cando avaliar – Como avaliar
Convertamos
o mapa
en acción...
3. O DESEÑO DE ACTIVIDADES
 CONCEPTO DE ACTIVIDADE:
 O termo “actividade” provén do latín “activĭtas, -ātis”, que significa “calidade de
obrar”.*
 As actividades son a última concreción da intervención educativa e as
decisións curriculares; son o elemento fundamental que xustifica a
intervención e a planificación educativa porque remiten, en definitiva, ao que as
crianzas van facer e ao que constitúe a base da súa aprendizaxe.
 Desde unha perspectiva educativa, as actividades poden definirse como un
conxunto de accións levadas a cabo polos educadores/as e os nenos/as
para acadar os obxectivos propostos.*
3.1. CRITERIOS PARA O DESEÑO DE ACTIVIDADES
 Ao deseñar as actividades, o educador/a debe ter en conta os seguintes
criterios:
 Que sexan axeitadas ao nivel de desenvolvemento das crianzas.*
 Que sexan significativas e motivadoras, é dicir, que estean relacionadas cos
coñecementos previos dos nenos/as e que conecten cos seus intereses.
 Que permitan a interacción cos iguais e co adulto nun clima cálido e acolledor.
 Que favorezan a experimentación, exploración e manipulación.*
 Que sexan coherentes cos obxectivos e contidos programados.
 Que promovan a adquisición de distintos tipos de capacidades (cognitivas,
motrices, afectivas, de relación interpersoal e de inserción social).
 Que permitan a expresión a través de diferentes linguaxes.
 Que respecten a diversidade de intereses, necesidades e ritmos de aprendizaxe
das crianzas.
 Que conten cunha adecuada organización dos recursos espaciais, materiais,
temporais e persoais.
 Que sexan avaliables e poidan reaxustarse para corrixir as dificultades que xurdan.
3.2. A SELECCIÓN DE ACTIVIDADES
 Como seleccionar as actividades?
 A partir dos obxectivos e contidos programados: decidir actividades para
conseguir uns obxectivos e tratar uns contidos.
 A partir dunha intuición: seleccionar actividades a partir de ideas que se nos
ocorren de forma espontánea ou a raíz dalgún acontecemento imprevisto.
 A partir das experiencias e propostas doutros profesionais: analizar
criticamente e seleccionar as propostas doutros educadores/as e escolas ou as
suxestións recollidas en revistas especializadas, libros de texto, libros de
metodoloxía...
 A partir do propio ficheiro de actividades: elaborar un arquivo coas actividades
levadas a cabo e escoller aquelas que mellor funcionaron (ver modelo de ficha de
actividade na diapositiva seguinte).
MODELO DE FICHA DE ACTIVIDADE
ACTIVIDADE Nº X: TÍTULO
Destinatarios/as:
UD/Bloque:
Tipo de actividade:
Obxectivos didácticos/específicos:
Contidos:
Desenvolvemento:
Organización do tempo e o espazo:
Recursos materiais e persoais:
Adaptacións:
Avaliación:
3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES
 Segundo o momento de realización
 Segundo as áreas de coñecemento do currículo
Pero as tres áreas deben abordarse de forma interrelacionada
de acordo co principio de globalización
 Segundo os distintos momentos educativos *
• Actividades iniciais: para pescudar os coñecementos
previos dos nenos/as e motivalos.
• Actividades de desenvolvemento: para levar a cabo as
aprendizaxes programadas.
• Actividades finais: para recapitular o aprendido e avaliar a
consecución dos obxectivos e a práctica educativa.
A maiores...
• Actividades de reforzo: para fixar os
contidos básicos co alumnado que non os
adquiriu.
• Actividades de ampliación: para afondar
no aprendido co alumnado que xa domina
os contidos tratados.
• Actividades da vida cotiá / Rutinas
• Xogo libre
• Actividades dirixidas / programadas
• Actividades para o coñecemento de si
mesmo e a autonomía persoal
• Actividades para o coñecemento do medio
• Actividades de expresión e comunicación
3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES (cont.)
 Segundo o grao de autonomía na súa realización
 Segundo o tipo de agrupamento
 Segundo o lugar de realización
 Outros tipos de actividades*
• Actividades libres
• Actividades semi-dirixidas
• Actividades dirixidas
• Actividades complementarias: realízanse dentro do horario lectivo,
dentro ou fóra do centro, para complementar a actividade habitual da
aula e responden a decisións curriculares (educación formal).
• Actividades extraescolares: realízanse no propio centro fóra do
horario lectivo para potenciar a apertura do centro ao contorno e non
obedecen a cuestións curriculares (educación non formal).
• Actividades individuais
• Actividades en pequenos grupos
• Actividades no grupo aula
• Actividades en gran grupo
• Actividades interiores
• Actividades exteriores
E máis alá das paredes da escola?
4. A PROGRAMACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL
 Por convención, na educación formal fálase de programación, mentres que
na educación non formal fálase de proxecto (aínda que este inclúa unha
programación de actividades).
 Na planificación da educación non formal, o proxecto representa o terceiro
nivel de concreción (plan – programa – proxecto).
 Todo proxecto debe incluír unha serie de apartados: título – descrición –
xustificación e contextualización – persoas destinatarias – obxectivos –
metodoloxía – actividades – temporalización – recursos – orzamento –
avaliación.
 É preciso concretar e secuenciar as actuacións e actividades que se
van desenvolver, utilizando plannings, cronogramas, horarios... (ver
exemplo de cronograma na diapositiva seguinte)
EXEMPLO DE CRONOGRAMA
ACTIVIDADES
SEMANA 1 SEMANA 2
L M * X V L M * X V
ACTIVIDADE 1 X
ACTIVIDADE 2 X
ACTIVIDADE 3 X
ACTIVIDADE 4 X X X X X X X X X X
ACTIVIDADE 5 X X X X X X X X X X
ACTIVIDADE 6 X
ACTIVIDADE 7 X X
ACTIVIDADE 8 X X
ACTIVIDADE 9 X
ACTIVIDADE 10 X
PERO ONDE
NOS LEVA
O MAPA…?

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Trabajo final diseño de proyectos
Trabajo final diseño de proyectosTrabajo final diseño de proyectos
Trabajo final diseño de proyectosjohandracleves
 
Karen redes de mercadeo
Karen redes de mercadeoKaren redes de mercadeo
Karen redes de mercadeoDavid Chavez
 
Comentario de texto ccss 4ºc
Comentario de texto ccss 4ºcComentario de texto ccss 4ºc
Comentario de texto ccss 4ºctere775
 
GTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーション
GTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーションGTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーション
GTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーションManabu Tsuchimoto
 
Stawropol
StawropolStawropol
Stawropolxelya
 
Deutsches Bulletin 2012
Deutsches Bulletin 2012Deutsches Bulletin 2012
Deutsches Bulletin 2012Portal_Jerman
 
Reglamento declase
Reglamento declaseReglamento declase
Reglamento declaseelidetjc
 
Recu mario dominguez 1°C
Recu mario dominguez  1°CRecu mario dominguez  1°C
Recu mario dominguez 1°CMario Dominguez
 
PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...
PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN  DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN  DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...
PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...mariangel1982
 
Rundreise andalusien
Rundreise andalusienRundreise andalusien
Rundreise andalusienRTAdmcSPAIN
 

Andere mochten auch (20)

Manuel navidad ponit
Manuel navidad ponitManuel navidad ponit
Manuel navidad ponit
 
Trabajo final diseño de proyectos
Trabajo final diseño de proyectosTrabajo final diseño de proyectos
Trabajo final diseño de proyectos
 
Karen redes de mercadeo
Karen redes de mercadeoKaren redes de mercadeo
Karen redes de mercadeo
 
Graficos estadisticos
Graficos estadisticosGraficos estadisticos
Graficos estadisticos
 
Comentario de texto ccss 4ºc
Comentario de texto ccss 4ºcComentario de texto ccss 4ºc
Comentario de texto ccss 4ºc
 
protocolo saludar espaispublics
protocolo saludar espaispublicsprotocolo saludar espaispublics
protocolo saludar espaispublics
 
GTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーション
GTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーションGTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーション
GTMF 2014 ウェブテクノロジ プレゼンテーション
 
Stawropol
StawropolStawropol
Stawropol
 
Deutsches Bulletin 2012
Deutsches Bulletin 2012Deutsches Bulletin 2012
Deutsches Bulletin 2012
 
Herzchen
HerzchenHerzchen
Herzchen
 
Reglamento declase
Reglamento declaseReglamento declase
Reglamento declase
 
Recu mario dominguez 1°C
Recu mario dominguez  1°CRecu mario dominguez  1°C
Recu mario dominguez 1°C
 
Tecnología
TecnologíaTecnología
Tecnología
 
Power point educación
Power point educaciónPower point educación
Power point educación
 
Los géneros literarios
Los géneros literariosLos géneros literarios
Los géneros literarios
 
PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...
PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN  DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN  DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...
PROYECTO DE RESOLUCIÓN RELATIVA A LA PROTECCIÓN DE DERECHOS DE LAS NIÑAS, NI...
 
Rundreise andalusien
Rundreise andalusienRundreise andalusien
Rundreise andalusien
 
Progarmación educación artística
Progarmación educación artísticaProgarmación educación artística
Progarmación educación artística
 
Errores de excel
Errores de excelErrores de excel
Errores de excel
 
Mochila digital
Mochila digitalMochila digital
Mochila digital
 

Ähnlich wie Unidade Didáctica 7

Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprendermercemartinez
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015cmariacoruna
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10josemiguens
 
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
2.  lexislación- os cambios da loe en primaria2.  lexislación- os cambios da loe en primaria
2. lexislación- os cambios da loe en primariafpmoran
 
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfDo que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfcursobarouta
 
Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13iesames
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleMANEIRO
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02xoserivas
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreFran Argibay
 
05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa
05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa
05 elaboración da programación temporalizada da acción formativaSantiago Fernández González
 
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariamétodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariametodosinnovadores
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Pptguest1a0f53
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Pptguest1a0f53
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 

Ähnlich wie Unidade Didáctica 7 (20)

Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015Educación especial 2014 2015
Educación especial 2014 2015
 
Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10Proxecto Proa 09 10
Proxecto Proa 09 10
 
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
2.  lexislación- os cambios da loe en primaria2.  lexislación- os cambios da loe en primaria
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
 
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdfDo que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
Do que é e do que non é a educación infantil (2).pdf
 
Presentacion xeral
Presentacion xeralPresentacion xeral
Presentacion xeral
 
EEI Vagalume
EEI VagalumeEEI Vagalume
EEI Vagalume
 
Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13Informe contrato programa 2012 13
Informe contrato programa 2012 13
 
Unidade Didáctica 8
Unidade Didáctica 8Unidade Didáctica 8
Unidade Didáctica 8
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 
05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa
05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa
05 elaboración da programación temporalizada da acción formativa
 
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariamétodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
PáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. PptPáXina Web. PiloñO. Ppt
PáXina Web. PiloñO. Ppt
 
Cuestionario final
Cuestionario finalCuestionario final
Cuestionario final
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 

Mehr von Fátima Ferreiro Díaz (14)

Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Outro material tema 2
Outro material tema 2Outro material tema 2
Outro material tema 2
 
Barreras psicológicas
Barreras psicológicasBarreras psicológicas
Barreras psicológicas
 
Ejemplos organigramas
Ejemplos organigramasEjemplos organigramas
Ejemplos organigramas
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Las teorías X e Y de McGregor
Las teorías X e Y de McGregorLas teorías X e Y de McGregor
Las teorías X e Y de McGregor
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Unidade Didáctica 6
Unidade Didáctica 6Unidade Didáctica 6
Unidade Didáctica 6
 
Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5
 
Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3
 
Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2
 
Unidade Didáctica 1
Unidade Didáctica 1Unidade Didáctica 1
Unidade Didáctica 1
 

Unidade Didáctica 7

  • 1.
  • 2. ÍNDICE 1. A programación 1.1. Características da programación 1.2. Elementos da programación 2. As unidades de programación 2.1. Tipos de unidades 2.2. Elementos das unidades 3. O deseño de actividades 3.1. Criterios para o deseño de actividades 3.2. A selección de actividades 3.3. Tipos de actividades 4. A programación na educación non formal
  • 4. 1. A PROGRAMACIÓN  CONCEPTO DE PROGRAMACIÓN (DE AULA, DE GRUPO, DE ACTIVIDADES, DIDÁCTICA OU DOCENTE):  Constitúe o 3º nivel de concreción curricular (adaptación da proposta pedagóxica ás características do grupo-aula).  É un documento no que cada docente, en coordinación co equipo educativo, planifica o conxunto de elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe para un grupo concreto e un curso escolar.  Tamén pode definirse como o conxunto de unidades didácticas ordenadas e secuenciadas que se van desenvolver durante un curso escolar.
  • 5. 1. A PROGRAMACIÓN (cont.)  NORMATIVA*:  A LOE/LOMCE inclúe a programación do ensino entre as funcións do profesorado.  O Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia sinala que cada ciclo de Educación Infantil constitúe unha unidade curricular temporal de programación.  A Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia establece unha distinción entre “programación didáctica” (elaborada polo equipo de ciclo para cada área do currículo) e “programación de aula” (elaborada por cada mestre/a para o seu grupo e estruturada en secuencias didácticas e/ou proxectos de traballo).
  • 6. 1.1. CARACTERÍSTICAS DA PROGRAMACIÓN  A programación debe ser:  ÚTIL: será un instrumento de traballo en mans do educador/a.  PÚBLICA: servirá para reflectir o traballo na aula de cara ao centro, a comunidade educativa e a Administración e, polo tanto, haberá un exemplar á súa disposición.  FLEXIBLE: será unha hipótese de traballo que se adaptará á práctica educativa, non un produto acabado.  AVALIABLE: permitirá ir recollendo información sobre o seu desenvolvemento para reaxustala constantemente.  COHERENTE: estará en consonancia coas decisións adoptadas no PEC e a proposta pedagóxica.
  • 7. 1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN  A programación consta de dúas partes: DECISIÓNS XERAIS • Caracterización do grupo / contextualización • Obxectivos • Contidos • Metodoloxía e recursos didácticos • Educación en valores / temas transversais* • Atención á diversidade* • Avaliación UNIDADES DE PROGRAMACIÓN / UNIDADES DIDÁCTICAS / UNIDADES DE TRABALLO
  • 8. 1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN (cont.) ELEMENTOS DESCRICIÓN Caracterización do grupo / Contextualización Análise das características concretas do grupo de nenos/as: nº, idade, sexo, circunstancias persoais e familiares, posibles necesidades educativas especiais, historia escolar previa... Obxectivos Adaptación dos obxectivos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo concreto para o que se programa. Contidos Adaptación dos contidos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo concreto para o que se programa. Unidades de programación Elaboración de secuencias concretas de aprendizaxe dotadas de sentido e coherencia interna que dan resposta aos obxectivos e contidos. Metodoloxía e recursos didácticos Principios e estratexias metodolóxicas; tipos de actividades e agrupamentos; organización dos recursos espaciais, materiais, temporais e persoais. Educación en valores / Temas transversais* Tratamento que se lle dará á educación en valores (responsabilidade, solidariedade, tolerancia, non-violencia...) ou temas transversais (educación para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación para a saúde, educación ambiental...). Atención á diversidade* Medidas para responder á diversidade de características persoais, necesidades, intereses e estilos de aprendizaxe das crianzas e para atender ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE). Avaliación Criterios, momentos, técnicas e instrumentos de avaliación; avaliación da práctica docente e a programación; información ás familias.
  • 9. A programación está composta por unidades máis pequenas...
  • 10. 2. AS UNIDADES DE PROGRAMACIÓN  CONCEPTO DE UNIDADE DE PROGRAMACIÓN (UNIDADE DIDÁCTICA OU UNIDADE DE TRABALLO):  É unha fracción ou segmento da programación arredor dun proceso de ensino-aprendizaxe articulado e completo.  Pode concibirse como unha parcela da vida do grupo dotada de intencionalidade educativa na que conflúen todos os elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con coherencia interna e por un período de tempo determinado.  Tamén pode definirse como un conxunto de actividades agrupadas de forma significativa para desenvolver uns obxectivos e contidos durante un período de tempo determinado.
  • 11. 2.1. TIPOS DE UNIDADES  En Educación Infantil, as unidades de programación poden ser de dous tipos: PERMANENTES (mantéñense todo o curso) • Rutinas cotiás: comida, descanso e hixiene + acollida e saída. • Actividades habituais: a hora do recreo, a asemblea, o conto... • Zonas ou recantos: xogo simbólico, construcións, manipulación... TEMPORAIS (desenvólvense nun período de tempo concreto) • Períodos específicos: período de adaptación. • Unidades temáticas / Centros de interese: os animais, a familia, personaxes de ficción... • Proxectos: construímos unha cabana, facemos unha horta, preparamos unha excursión... • Talleres / Obradoiros: cociña, barro, máscaras... • Festas: Nadal, Entroido, aniversarios... • Acontecementos imprevistos: neva, nace un irmanciño, atopamos un caracol...
  • 12. 2.1. TIPOS DE UNIDADES (cont.)  Exemplo de distribución temporal de unidades de programación: 1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE MAÑÁ UP 1: ACOLLIDA UP2:PERÍODODEADAPTACIÓN UP 3: RECANTOS UP 4: ASEMBLEA UP 5: O CORPO UP 6: COLECCIO- NAMOS CORES UP 7: NADAL UP 8: ANIMAIS UP 9: ENTROIDO UP 10: TALLER COCIÑA UP 11: OFICIOS UP 12: FACEMOS UN XARDÍN UP 13: FINAL CURSO UP 14: RECREO UP 3: RECANTOS UP 15: HIXIENE MEDIODÍA UP 16: ALIMENTACIÓN UP 15: HIXIENE UP 17: DESCANSO UP 15: HIXIENE TARDE UP 4: ASEMBLEA UP 5 UP 6 UP 7 UP 8 UP 9 UP 10 UP 11 UP 12 UP 13 UP 15: HIXIENE UP 16: ALIMENTACIÓN UP 15: HIXIENE UP 3: RECANTOS UP 17: DESPEDIDA
  • 13. 2.2. ELEMENTOS DAS UNIDADES (modelo que imos seguir nós) ELEMENTOS DESCRICIÓN Identificación da UD Título – Escola – Etapa, ciclo e nivel – Curso e período dentro do curso – Duración aproximada Contextualización e xustificación Adecuación ao contorno e coherencia co PEC e a proposta pedagóxica – Adecuación ao momento evolutivo das crianzas – Fundamentación teórica Táboa de obxectivos, contidos e criterios de avaliación Áreas – Obxectivos de referencia (currículo) – Obxectivos didácticos (UD) – Contidos – Criterios de avaliación – Indicadores de avaliación Actividades Nº e título – Tipo – Obxectivos didácticos – Contidos – Desenvolvemento – Espazos – Materiais – Tempo – Persoal – Agrupamentos – Avaliación Recursos metodolóxicos e didácticos Principios metodolóxicos – Estratexias metodolóxicas – Recursos didácticos Educación en valores / Temas transversais* Importancia – Relación coa UD Atención á diversidade* Atención á diversidade de intereses, necesidades, etc., do alumnado – Atención ao ACNEAE Avaliación Que avaliar – Cando avaliar – Como avaliar
  • 15. 3. O DESEÑO DE ACTIVIDADES  CONCEPTO DE ACTIVIDADE:  O termo “actividade” provén do latín “activĭtas, -ātis”, que significa “calidade de obrar”.*  As actividades son a última concreción da intervención educativa e as decisións curriculares; son o elemento fundamental que xustifica a intervención e a planificación educativa porque remiten, en definitiva, ao que as crianzas van facer e ao que constitúe a base da súa aprendizaxe.  Desde unha perspectiva educativa, as actividades poden definirse como un conxunto de accións levadas a cabo polos educadores/as e os nenos/as para acadar os obxectivos propostos.*
  • 16. 3.1. CRITERIOS PARA O DESEÑO DE ACTIVIDADES  Ao deseñar as actividades, o educador/a debe ter en conta os seguintes criterios:  Que sexan axeitadas ao nivel de desenvolvemento das crianzas.*  Que sexan significativas e motivadoras, é dicir, que estean relacionadas cos coñecementos previos dos nenos/as e que conecten cos seus intereses.  Que permitan a interacción cos iguais e co adulto nun clima cálido e acolledor.  Que favorezan a experimentación, exploración e manipulación.*  Que sexan coherentes cos obxectivos e contidos programados.  Que promovan a adquisición de distintos tipos de capacidades (cognitivas, motrices, afectivas, de relación interpersoal e de inserción social).  Que permitan a expresión a través de diferentes linguaxes.  Que respecten a diversidade de intereses, necesidades e ritmos de aprendizaxe das crianzas.  Que conten cunha adecuada organización dos recursos espaciais, materiais, temporais e persoais.  Que sexan avaliables e poidan reaxustarse para corrixir as dificultades que xurdan.
  • 17. 3.2. A SELECCIÓN DE ACTIVIDADES  Como seleccionar as actividades?  A partir dos obxectivos e contidos programados: decidir actividades para conseguir uns obxectivos e tratar uns contidos.  A partir dunha intuición: seleccionar actividades a partir de ideas que se nos ocorren de forma espontánea ou a raíz dalgún acontecemento imprevisto.  A partir das experiencias e propostas doutros profesionais: analizar criticamente e seleccionar as propostas doutros educadores/as e escolas ou as suxestións recollidas en revistas especializadas, libros de texto, libros de metodoloxía...  A partir do propio ficheiro de actividades: elaborar un arquivo coas actividades levadas a cabo e escoller aquelas que mellor funcionaron (ver modelo de ficha de actividade na diapositiva seguinte).
  • 18. MODELO DE FICHA DE ACTIVIDADE ACTIVIDADE Nº X: TÍTULO Destinatarios/as: UD/Bloque: Tipo de actividade: Obxectivos didácticos/específicos: Contidos: Desenvolvemento: Organización do tempo e o espazo: Recursos materiais e persoais: Adaptacións: Avaliación:
  • 19. 3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES  Segundo o momento de realización  Segundo as áreas de coñecemento do currículo Pero as tres áreas deben abordarse de forma interrelacionada de acordo co principio de globalización  Segundo os distintos momentos educativos * • Actividades iniciais: para pescudar os coñecementos previos dos nenos/as e motivalos. • Actividades de desenvolvemento: para levar a cabo as aprendizaxes programadas. • Actividades finais: para recapitular o aprendido e avaliar a consecución dos obxectivos e a práctica educativa. A maiores... • Actividades de reforzo: para fixar os contidos básicos co alumnado que non os adquiriu. • Actividades de ampliación: para afondar no aprendido co alumnado que xa domina os contidos tratados. • Actividades da vida cotiá / Rutinas • Xogo libre • Actividades dirixidas / programadas • Actividades para o coñecemento de si mesmo e a autonomía persoal • Actividades para o coñecemento do medio • Actividades de expresión e comunicación
  • 20. 3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES (cont.)  Segundo o grao de autonomía na súa realización  Segundo o tipo de agrupamento  Segundo o lugar de realización  Outros tipos de actividades* • Actividades libres • Actividades semi-dirixidas • Actividades dirixidas • Actividades complementarias: realízanse dentro do horario lectivo, dentro ou fóra do centro, para complementar a actividade habitual da aula e responden a decisións curriculares (educación formal). • Actividades extraescolares: realízanse no propio centro fóra do horario lectivo para potenciar a apertura do centro ao contorno e non obedecen a cuestións curriculares (educación non formal). • Actividades individuais • Actividades en pequenos grupos • Actividades no grupo aula • Actividades en gran grupo • Actividades interiores • Actividades exteriores
  • 21. E máis alá das paredes da escola?
  • 22. 4. A PROGRAMACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL  Por convención, na educación formal fálase de programación, mentres que na educación non formal fálase de proxecto (aínda que este inclúa unha programación de actividades).  Na planificación da educación non formal, o proxecto representa o terceiro nivel de concreción (plan – programa – proxecto).  Todo proxecto debe incluír unha serie de apartados: título – descrición – xustificación e contextualización – persoas destinatarias – obxectivos – metodoloxía – actividades – temporalización – recursos – orzamento – avaliación.  É preciso concretar e secuenciar as actuacións e actividades que se van desenvolver, utilizando plannings, cronogramas, horarios... (ver exemplo de cronograma na diapositiva seguinte)
  • 23. EXEMPLO DE CRONOGRAMA ACTIVIDADES SEMANA 1 SEMANA 2 L M * X V L M * X V ACTIVIDADE 1 X ACTIVIDADE 2 X ACTIVIDADE 3 X ACTIVIDADE 4 X X X X X X X X X X ACTIVIDADE 5 X X X X X X X X X X ACTIVIDADE 6 X ACTIVIDADE 7 X X ACTIVIDADE 8 X X ACTIVIDADE 9 X ACTIVIDADE 10 X