SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 70
Downloaden Sie, um offline zu lesen
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
CADERNO DE INFORMACIÓN
ACADÉMICA PARA BACHARELATO
IES DE CURTIS
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CURSO 2016/2017
- 1 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
INDICE
1. Organigrama do Sistema Educativo
2. Os Estudos Universitarios
3. As probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á
universidade (ABAU)
• Parámetros de ponderación das materias da Parte Voluntaria das
ABAU
• As notas de corte nas Titulacións Universitarias en Galicia no curso
16-17
4. A Formación Profesional
5. As Ensinanzas de Réxime Especial
6. Ensinanzas para persoas adultas
7. Forzas e corpos de seguridade
8. Outros estudos despois do bacharelato
9. Probas libres para a obtención do título de bacharel para persoas
maiores de vinte anos
10. Bolsas e axudas ao estudo
11. Segundo curso de Bacharelato
12. Guia para orientarse e dedicir despois do bacharelato
- 2 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
1. ORGANIGRAMA DO SISTEMA
EDUCATIVO
- 3 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
2.OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS
Os títulos universitarios divídense en títulos de:
• GRAO: Obtense o título de graduado.
• POSGRAO:
➢ MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada
e máis avanzada. Obtense o título de master.
➢ DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master , obtense unha
formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de
doutor.
Todos estes títulos están organizados en 5 ramas de coñecemento, que coinciden,
máis ou menos, coas modalidades de bacharelato. E a cada rama de coñecemento
pertencen os diferentes títulos de grao que se ofertan nas diferentes universidades de
toda España.
1. Ciencias Sociais e xurídicas.
2. Artes e humanidades.
3. Ciencias da saúde.
4. Ciencias.
5. Enxeñaría e arquitectura.
Para acceder a un título de grao existen duas posibilidades principais:
• Trala superación dunha modalidade de bacharelato e a Proba de Avaliación de
Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).
• Trala superación dun Ciclo Superior de Formación Profesional.
As ABAU teñen como obxectivo valorar a madureza académica do estudante así como
as capacidades específicas para cursar unha determinada ensinanza de grao.
Teñen dúas partes:
PARTE OBRIGATORIA (é obrigatoria): versará sobre as materias xerais de 2º curso do
bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega
e Literatura II. Constará dos exercícios seguintes: Lingua Castelá e Literatura II, Lingua
Galega e Literatura II, Lingua Estranxeira e Literatura II cursada (Alemán, Francés,
Inglés, Italiano ou Portugués), Historia de España, materia xeral de modalidade cursada
en 2º bac: Matemáticas II para ciencias, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II
para Ciencias Sociais, Latín II para Humanidades, Fundamentos da Arte II para Artes.
- 4 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
MATERIAS TRONCAIS XERAIS E DE MODALIDADE
Historia de España
Lingua Española e Literatura II
Lingua Galega e Literatura II
Primeira Lingua Estranxeira II: Alemán / Francés / Inglés / Italiano / Portugués
ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES
Fundamentos da Arte II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas CC.SS.
II
Latín II
PARTE VOLUNTARIA: Permite mellorar a cualificación obtida na Parte Obrigatoria.
Versará sobre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso
e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se
examinen na Parte Obrigatoria da proba.
PARTE VOLUNTARIA
MATERIAS XERAIS TRONCAIS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE
ARTES CIENCIAS CIENCIAS
SOCIAIS
HUMANIDADES
Latín II Fundamentos da
Arte II
Fundamentos da
Arte II
Fundamentos da
Arte II
Matemáticas II Latín II Latín II Matemáticas II
Matemáticas
Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
Matemáticas
Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
Matemáticas II Matemáticas
Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
MATERIAS DE OPCIÓN (para todas as Modalidades)
Artes Escénicas Deseño Historia da Arte Xeoloxía
Bioloxía Economía da Empresa Historia da Filosofía
Cultura Audiovisual II Física II Química
Debuxo Técnico II Grego II Xeografía
Para acceder a un título de grao, dende o bacharelato, terás que superar a parte
obrigatoria como mínimo. Pero nos títulos con límite de prazas, a nota de admisión
incorporará as calificacións das materias da parte voluntaria, no caso de que as
materias estén adscritas á rama de coñecemento do título no que se queira ser
admitido. Polo tanto aquelas persoas que superen a parte voluntaria, coas materias
específicas vinculadas ao título de grao ao que desexen acceder, terán máis
posibilidades de acceso por ter unha maior puntuación. Polo tanto debes saber que
materias de bacharelato están vinculadas a cada rama de coñecemento e tamén como
se vinculan os títulos univesitarios ás disintas ramas de coñecemento.
Tamén debes saber que para acceder a un título de grao dende un ciclo superior de FP,
o acceso é directo, pero os titulados en FP poden mellorar a nota media de acceso
presentándose á parte voluntaria das ABAU, pero esto verémolo máis adiante.
A continuación presentámosche o vínculo entre as materias de modalidade de
bacharelato e as diferentes ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias, así
como os diferentes títulos de grao que se ofertan en cada rama (é só unha
recompilación representativa de toda España que debes revisar na web da
universidade á que queres acceder), porque dependendo da universidade, un mesmo
título pode estar adscrito a unha rama ou a outra.
- 5 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
ADSCRICIÓN DAS MATERIAS DE OPCIÓN DO BLOQUE DE
MATERIAS TRONCAIS DE 2ºBAC ÁS
RAMAS DE COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS ARTES E HUMANIDADES
Artes Escénicas
Bioloxía
Cultura Audiovisual II
Debuxo Técnico II
Deseño
Economía da Empresa
Física
Grego II
Hª da Arte
Hª da Filosofía
Química
Xeografía
Xeoloxía
Artes Escénicas
Cultura audiovisual II
Debuxo Técnico II
Deseño
Economía da Empresa
Grego II
Hª da Arte
Hª da Filosofía
Xeografía
ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA
Bioloxía
Debuxo Técnico II
Deseño
Economía da Empresa
Física
Química
Xeoloxía
CIENCIAS CIENCIAS DA SAÚDE
Bioloxía
Física
Química
Xeoloxía
Bioloxía
Física
Química
Xeoloxía
Títulos de grao
Podes ver unha recopilación representativa da oferta de títulos de tódalas
universidades españolas. (En negriña os impartidos no Sistema Universitario
Galego)
CIENCIAS CIENCIAS DA SAÚDE
Bioloxía
Bioloxía Ambiental
Bioquímica
Bioquímica e Bioloxía molecular
Bioquímica e Ciencias Biomédicas
Biotecnoloxía
Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Ciencias Ambientais
Ciencias Biomédicas
Ciencias Experimentais
Ciencias do Mar
Bioloxía Humana
Bioloxía Sanitaria
Biomedicina Básica e Experimental
Ciencia e Producción Animal
Enfermería
Farmacia
Fisioterapia
Logopedia
Mediciña
Nutrición Humana e Dietética
Odontoloxía
- 6 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Enoloxía
Física
Matemáticas
Matemáticas e Estatística
Microbioloxía
Nanociencias e Nanotecnoloxía
Óptica e optometría
Química
Xenética
Xeoloxía
Óptica, Optometría
Podoloxía
Psicoloxía
Terapia Ocupacional
Veterinaria
DOBRES TITULACIÓNS:
Bioloxía e Química
ENXEÑARÍA E
ARQUITECTURA
CIENCIAS SOCIAIS E
XURÍDICAS
ARTES E
HUMANIDADES
Arquitectura
Arquitectura Técnica
Enxeñaría Aeroespacial
Enxeñaría Agrícola e
Agroalimentaria
Enxeñaría Audiovisual Multimedia
Enxeñaría Biolóxica, Biomédica
Enxeñaría Civil
Enxeñaría da Enerxía
Enxeñaría de Deseño Industrial e
Desenvolvemento do Produto
Enxeñaría de en Química
Industrial
Enxeñaría de Obras Públicas
Enxeñaría de Organización
Industrial
Enxeñaría de Procesos Químicos
Industriais
Enxeñaría de Tecnoloxías de
Enxeñaría dos Recursos Mineiros
e Enerxéticos
Enxeñaría Eléctrica
Enxeñaría Electrónica Industrial e
Automática
Enxeñaría en Tecnoloxías
Enxeñaría Forestal
Enxeñaría Forestal e do
Enxeñaría Informática
Enxeñaría Mecánica
Enxeñaría Naval e Oceánica
Enxeñaría Química
Enxeñaría Xeolóxica, Xeodésica e
Topografía
Enxeñaría Xeomática e
Topografía
Grao en Náutica e Transporte
Marítimo
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Industriais
medio natural
Administración e Dirección de
Empresas
Antropoloxía Social e Cultural
Ciencias da Actividade Fisica e
do Deporte
Ciencias do traballo
Ciencias empresariais
Ciencias Políticas e da
Administración
Comunicación Audiovisual
Comercio
Turismo, Protocolo,
Gastronomía, Hostelería
Criminoloxía
Dereito
Economía
Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Social
Relacións Laborais e Recursos
Humanos
Socioloxía
Información e Documentación
Pedagoxía
Publicidade e Relacións
Públicas
Traballo Social
Turismo
Xeografía e Ordenación do
Territorio
Xornalismo
Xestión Pequenas e Medianas
Empresas
DOBRES TITULACIÓNS:
Comunicación Audiovisual e
Xornalismo
Dereito e ADE
Dereito e Relacións Laborais
Empresariais e Turismo
Mestre en EI e Primaria
Arqueoloxía
Belas Artes
Chino e Xaponés.
Ciencias da cultura e difusión
cultural
Ciencias da danza
Ciencias da Linguaxe e Estudos
Literarios: Español, Galego e
Portugués, inglés, Linguas
Estranxeiras
Ciencias e linguas da
antigüedade
Cine e medios audiovisuais
Comunicación cultural
Deseño
Deseño e moda
Español, Lingua e Literatura
Estudios clásicos
Estudos alemáns
Estudos árabes e hebreos
Estudos árabes e islámicos
Estudos cataláns e occitanios
Estudos de Asia e África-Árabe,
Estudos de Asia Oriental
Estudos Franceses
Estudos ingleses
Estudos italianos
Estudos literarios
Estudos portugueses e brasileños
Estudos semíticos e islámicos
Filoloxía: Vasca, clásica,
Filosofía
Historia da Arte
Historia e Ciencias da Música
Historia e patrimonio artístico
Traducción e Interpretación
Xeografía e Historia
Humanidades
Información e documentación
Inglés: Estudos lingüísticos e
- 7 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Telecomunicación
DOBRES/SIMULTANEIDADE
TITULACIÓNS:
ADE e Enxeñaría Informática
Empresariais e Arquitectura
Técnica
Enxeñaría Agrícola e
Agroalimentaria e Enxeñaría
Forestal
Enxeñaría Informática e
Matemáticas e Física
Enxeñaría Mecánica e Naval e
Oceánica
Química e Bioloxía
Química e Física
Xeomática e Topografía e
Enxeñaría Civil
(só incluimos os do SUG)
(só incluimos os do SUG) Inglesa, Moderna.
Lingua e literatura: Catalanas,
Linguas Aplicadas
Linguas estranxeiras
Linguas modernas
Lingúística
Lingüísticos e literarios.
literarios.
literarios.
literatura
Musicoloxía
territorio e Xestión do Medio
Traducción e interpretación
Xeografía e historia
Xeografía, Ordenación do
Territorio
DOBRES TITULACIÓNS:
Español e Galego e Portugués
Inglés e Español
Inglés e Galego e Portugués
(só incluimos os do SUG)
En Galicia, para o acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte
precisarase da superación, ademáis da PAU, dunhas probas específicas de acceso, para
o cal débeste informar na WEB das propias universidades que o imparten.
3. AS PROBAS DE AVALIACIÓN DE
BACHARELATO PARA O ACCESO Á
UNIVERSIDADE (A.B.A.U.)
A proba de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade divídese en dúas
partes: unha xeral, e outra parte voluntaria, con exames vinculados á titulación que
queiras estudiar, axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos
(poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da
túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da parte xeral. Neste último caso, a
nota máxima que podes sacar é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se
presentarte á parte voluntaria ou non.
PARTE OBRIGATORIA:
A Parte Obrigatoria da proba ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas
que debe acadar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas
universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á compresión de
mensaxes, uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a
comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos e técnicas
fundamentais dunha materia de modalidade. Versará sobre as materias xerais de
- 8 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
segundo curso do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a
materia de Lingua Galega e Literatura II.
MATERIAS TRONCAIS XERAIS E DE MODALIDADE
Historia de España
Lingua Española e Literatura II
Lingua Galega e Literatura II
Primeira Lingua Estranxeira II: Alemán / Francés / Inglés / Italiano / Portugués
ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES
Fundamentos da Arte II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas CC.SS. II Latín II
Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura II:
Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter
informativo e divulgativo, relacionado cos contidos desta materia. O exercicio
presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha.
Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura II.
Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Tamén
terás dúas opcións das que deberás elixir unha. Pódese solicitar a exención deste
exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia
en 2º curso de bacharelato.
Terceiro exercicio: Historia de España.
Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia. Cando realices
a inscrición na proba de acceso, para este exercicio que presentará dúas opcións
diferentes entre as que deberás elixir unha.
Cuarto exercicio: Lingua estranxeira.
O exercicio terá como obxectivo valorar a comprensión oral e lectora e a expresión
oral e escrita da Primeira Lingua Estranxeira e Literatura II da que se trate.
Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de
matrícula na proba, a Primeira Lingua Estranxeira II [Alemán, Francés, Inglés, Italiano
ou Portugués] cursada da que se examinará.
Quinto exercicio: Materia de modalidade cursada en 2º de bacharelato.
Na solicitude de inscrición á proba de acceso, deberás indicar a materia de modalidade
de 2º de bacharelato que cursaches. O exercicio tamén presentará
dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha, e consistirá na resposta por
escrito a unha serie de cuestións sobre a materia.
ARTES CIENCIAS CC. SOCIAIS HUMANIDADES
Fundamentos da
Arte II
Matemáticas II Matemáticas
Aplicadas ás CCSSII
Latín II
- 9 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
• Cada exercicio terá unha duración máxima de hora e media (90 minutos),
establecéndose un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e
o comezo do seguinte.
• Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade
Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira,
que deberá realizarse nos seus respectivos idiomas.
• Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras
decimais.
COMO SE CALCULA A NOTA DA ABAU?
A nota calcúlase tendo só en conta as notas da parte obrigatoria. A parte voluntaria,
como leerás máis adiante, é só para subir a túa nota de admisión.
A nota desta parte será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios,
expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á
milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
Poñamos un exemplo:
• Primeiro exercicio: 7´30
• Segundo exercicio: 4´20
• Terceiro exercicio: 5´90
• Cuarto exercicio: 6´10
• Quinto exercicio: 7´80
Nota desta fase xeral: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260
QUE NOTA NECESITO PARA SUPERAR A PROBA DE ACCESO Á
UNIVERSIDADE
Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media
ponderada entre a cualificación obtida na parte obrigatoria da ABAU (que conta un
40%) e a nota de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous
decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da parte
obrigatoria.
Se acadas un 4 na parte obrigatoria necesitarás alomenos un 5´67 en Bacharelato para
superar a ABAU. O cálculo é así: (5´67 x 0´60)+ (4 x 0´40) = 5. Se acadas menos dun 5
´67 en Bacharelato, necesitarás acadar máis dun 4 na ABAU para que a media
ponderada sexa alomenos o 5 necesario para aprobar.
Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, si
computará a cualificación da materia de relixión.
PARTE VOLUNTARIA
Na Parte Voluntaria da proba cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro
materias de entre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo
curso de bacharelato e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas
daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba, a que fai referencia o
artigo 31 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da
- 10 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de
Galicia (DOG do 29 de xuño).
PARTE VOLUNTARIA
MATERIAS XERAIS TRONCAIS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE
ARTES CIENCIAS CIENCIAS
SOCIAIS
HUMANIDADES
Latín II Fundamentos da
Arte II
Fundamentos da
Arte II
Fundamentos da
Arte II
Matemáticas II Latín II Latín II Matemáticas II
Matemáticas
Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
Matemáticas
Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
Matemáticas II Matemáticas
Aplicadas ás
Ciencias Sociais II
MATERIAS DE OPCIÓN (para todas as Modalidades)
Artes Escénicas Deseño Historia da Arte Xeoloxía
Bioloxía Economía da Empresa Historia da Filosofía
Cultura Audiovisual II Física II Química
Debuxo Técnico II Grego II Xeografía
A que materias debería presentarme na parte voluntaria?
Se necesitas facela para subir nota, débeste examinar das materias da modalidade de
2º de bacharelato que se corresponden coa rama de coñecemento da titulación que
che interesa.
Pero non é necesario que estudiaras esa modalidade de bacharelato á que pertencen
as materias das que te examines. Por exemplo, imaxina que estudiache o bacharelato
de Humanidades e Ciencias Sociais, pero queres estudiar Mediciña. Pois neste caso, na
parte voluntaria debes examinarte de materias vinculadas á rama de coñecemento de
Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudiaches a modalidade de
bacharelato relacionada, pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa
modalidade”.
A cantas materias me podo presentar na fase específica?
Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias. O
normal é presentarse como mínimo a dúas ou a tres, e excepcionalmente a 4 exames.
Se decides examinarte de máis de 2 materias, só se terán en conta as dúas mellores
notas.
En que consisten os exercicios da parte específica?
Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na
resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e
capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a
aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados.
Cada un dos exercicios da Parte Voluntaria da proba presentará dúas opcións
diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima
- 11 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
de hora e media (90 minutos), establecéndose un intervalo mínimo de 30 minutos
entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte.
Para a realización dos exercicios da Parte Voluntaria da proba, os estudantes poderán
empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de
matrícula na proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade a
materia ou materias (máximo de catro materias) de opción do bloque das materias
troncais de segundo curso de bacharelato e as materias xerais troncais específicas de
modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba, da/s
que se examinará na Parte Voluntaria de entre aquelas ás que fai referencia o artigo 31
do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do
29 de xuño).
COMO SE CALCULAN OS PUNTOS QUE OBTEÑO PRESENTÁNDOME Á
FASE ESPECÍFICA?
As cualificacións dos exames desta parte irán de 0 a 10 e para que conten é necesario
acadar un 5. A notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a
universidade designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres
acceder ou 0´1 se non, pero pertence á rama de coñecemento da titulación.
Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso que é a media
ponderada entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da parte obrigatoria.
No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a
titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais
directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10 x 0´2) + (10 x 0´2) = 4
Poñamos outro exemplo:
• Nota de Bacharelato: 7´80
• Nota da parte obrigatoria: 7´200
• Nota de acceso: (0´60 x 7´80) + (0´40 x 7´200) = 7´560
Parte voluntaria:
• Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20
• Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40
• Puntos adicionais: (9´20 x 0´2) + (8´4 x 0´1) = 2´68
• Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240
DEBERIA PRESENTARME Á PARTE VOLUNTARIA?
A nosa recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudiar non ten límite
de prazas na universidade onde queres estudiar, non che fai falta que fagas a fase
específica. Só necesitas aprobar a parte obrigatoria para entrar nesa titulación, pois na
- 12 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
ABAU apróbase unicamente tendo en conta a túa nota na parte obrigatoria. A parte
voluntaria non afecta a se aprobas ou non, só sirve para subir nota.
En cambio, se onde queres estudar hai prazas limitadas para a titulación que máis che
interesa, deberías sen dúbida facer a parte voluntaria, incluso se tes moi boas notas.
Por qué?
Supoñamos que tes un 9 en Bacharelato. Sacas tamén un 9 na parte obrigatoria e a
titulación que queres estudiar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar
parece sinxelo, non? Pois se non fas a parte voluntaria, non. Ten en conta que é
probable que a maioría da xente que quere estudiar o mesmo ca ti vai facer a parte
voluntaria. Imaxina a alguén que ten un 6´50 en bacharelato, saca un 6´500 na parte
obrigatoria, e logo fai a parte voluntaria e saca 6´50 e 6´50 en dúas materias
prioritarias. Pois a súa nota de acceso sería 9´100. Entraría antes ca ti, co seu 6´50 e tí
co teu 9´00 en Bacharelato. O cálculo é así:
• Nota de Bacharelato: 6´50
• Nota da parte obrigatoria: 6´500
• Nota de acceso: (0´60 x 6´50) + (0´40 x 6´500) = 6´500
Parte voluntaria:
• Materia 1 (clasificada como prioritaria): 6´50
• Materia 2 (clasificada como prioritaria): 6´50
• Puntos adicionais: (6´50 x 0´2) + (6´50 x 0´2) = 2´60
• Nota de admisión: 6´500 + 2´60 = 9´100
Conclusión: Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a
fase específica. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra.
COMO SEI A QUE ASIGNATURAS PRESENTARME PARA SUBIR MÁIS
NOTA?
Como cada universidade poderá sinalar as asignaturas concretas que considera
prioritarias para determinado título, se xa sabes qué titulación queres estudiar e en
qué universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che
interesa. As universidades están publicando estes datos, que denominan táboas de
ponderación na súa web e que en moitos casos son comúns para tódalas universidades
dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia).
É moi importante decidir ben qué asignaturas escolles para examinarte nesta fase pois
cada un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto a túa nota
de admisión, e ata dous puntos se a universidade sinalou esa asignatura como unha
das prioritarias.
COMO SE CALCULA A NOTA DE ADMISIÓN?
Se te presentas só á parte obrigatoria a fórmula é a seguinte:
Nota de admisión: 0´6 x NMB (nota media de bacharelato) + 0´4 x CPO (Cualificación da
Parte Obrigatoria)
- 13 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Se ademais te presentas á parte voluntaria para subir puntos, a fórmula
é a seguinte:
Nota de admisión: 0´6 x NMB (nota media de bacharelato) + 0´4 x CPO (Cualificación da
parte obrigatoria) + a x M1 + b x M2
Sendo a e b os parámetros de ponderación (0´1 e 0´2) das materias da parte
voluntaria, e M1 e M2 as dúas materias superadas da parte voluntaria con mellor
cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.
POR QUE É TAN IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN?
Cando un título de Grao ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que
número de estudantes queren estudiar ese título en dita universidade, o único criterio
que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de
admisión dos estudiantes.
O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes
que queren estudiar un determinado título as ordena de máis a menos nota e vai
dando as prazas a aqueles estudiantes que teñen mellor nota de admisión. O último
estudiante que consigue entrar nun determinado título de Grao é o que marca a nota
de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de
corte cambian dun ano a outro, xa que depende do número de prazas que se oferten
na carreira e do número e da nota media dos alumnos que soliciten entrar nese título.
Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesmo título. Son só
unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi o/a alumno/a que
entrou coa peor nota.
Aquí podes consultar as notas de corte do presente curso :
http://ciug.gal/PDF/cortes16-17.pdf
ENTÓN, PODEREI TER DIFERENTES NOTAS DE ADMISIÓN?
Sí. Un estudiante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e
titulacións nas que solicite admisión.
Poñamos un exemplo dun estudiante que ten as seguintes notas e que quere estudiar
mediciña:
• Nota media de bacharelato: 9´00
• Nota da parte obrigatoria: 8´00
Nota de admisión antes de realizar a parte voluntaria: (0´60 x 9´00) + (0´40 x 8´00) = 8
´600
Parte voluntaria:
• Materia 1: Química 8´50
• Materia 2: Bioloxía 8´20
Na universidade onde quere estudiar Mediciña dixéronlle que tanto Química como
Bioloxía se consideran materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2.
No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Mediciña nesta Universidade
sería:
(0´60 x 9´00) + (0´40 x 8´00) + (0´2 x 8´50) + (0´2 x 8´20) = 11´940
Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento
- 14 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
(Ciencias da Saúde), pero onde nin Química nin Bioloxía se consideran asignaturas
prioritarias, o multiplicador para estas materias serían 0´1. Entón, a súa nota de
admisión sería: (0´60 x 9´00) +(0´40 x 8´00) + (0´1 x 8´50) + (0´1 x 8´20) = 10´270
Polo tanto, os estudiantes que soliciten praza en diferentes estudios e universidades,
terán diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0´1
ou 0´2) das materias ás que se presentou na parte voluntaria e que pode variar
dependendo da titulación e da universidade.
PODERIA ENTRAR NUNHA CARREIRA COMO MEDICIÑA AINDA QUE O
MEU BACHARELATO SEXA O DE ARTES?
En principio sí. Cando un estudiante quere acceder a unha carreira onde hai máis
demanda que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Só en
caso de empate entre dous ou máis estudantes coa mesma nota de admisión (os casos
son mínimos pois se consideran dous decimais) terán preferencia os que se
examinaran na parte obrigatoria dunha materia de modalidade vinculada á rama de
coñecemento á que pertence o estudo solicitado.
Quizais penses entón que a modalidade de bacharelato que se estudia xa non ten
tanta importancia pois un estudiante de Artes pode solicitar praza para estudiar unha
carreira de outra rama, como por exemplo en Mediciña. Efectivamente é posible, pero
non hai que esquecer que os títulos de grao máis demandados teñen asignaturas
vinculadas que permiten aos estudiantes interesados neses estudios subir nota. E se
para Mediciña as asignaturas de Bioloxía e Química, entre outras, permiten sumar
puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudiante que se preparou
no Bacharelato afín terá menos dificultades para subir nota, así que seguirá sendo
importante.
Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base para levar a
carreira con éxito. Se por exemplo un estudiante que cursa o Bacharelato de Artes
decide solicitar praza nunha enxeñería que non ten límite de prazas, é 100% seguro
que entrará na carreira. Pero o máis probable é que a abandone, pois é moi difícil
seguir o ritmo das clases sen ter unha base.
ALUMNADO CON DISCAPACIDADE:
Para aqueles/as estudantes con algún tipo de discapacidade que se presenten ás
Probas de Acceso, a CiUG garantirá que estes poidan realizar os exercicios da ABAU nas
debidas condicións de igualdade. A CiUG poderá adoptar as seguintes medidas:
• Adaptación dos tempos.
• Elaboración de modelos especiais de exame.
• Posta á disposición do estudantado dos medios materiais e humanos,
asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización das ABAU.
• Garantir a accesibilidade á información e comunicación dos procesos e do
recinto ou espazo físico onde se desenvolva a ABAU.
- 15 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
En todo caso, a determinación das medidas indicadas no punto anterior farase
baseándose nas adaptacións curriculares cursadas no bacharelato.
O tribunal poderá requirir informes e a colaboración dos órganos técnicos
competentes da Administración educativa, así como dos centros onde cursasen
bacharelato os estudantes con discapacidade.
Particularmente, contemplaranse medidas de flexibilización e metodolóxicas na
avaliación de lingua estranxeira para o alumnado con discapacidade, en especial para
os casos de alumnado con discapacidade auditiva, alumnado con dificultades na súa
expresión oral e/ou trastornos da fala. Estas adaptación en ningún caso se terán en
conta para minorar as cualificacións obtidas.
PONDERACIÓNS DAS MATERIAS DA PARTE VOLUNTARIA PARA A
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA:
Na WEB da ciug podes consultar as táboas de ponderación das materias de
bacharelato para a parte voluntaria das ABAU, para os Graos da Comunidade
Autónoma de Galicia. Debes ter en conta que estas táboas de ponderación apróbanse
cada ano, e ainda que non hai moita variación, no vindeiro curso deberás consultar as
táboas actualizadas. As deste curso sírvenche de referencia para escoller as materias
de 2º de Bacharelato.
Tamén debes ter en conta que cada universidade ten as súas propias táboas de
ponderación. Se tes pensado estudar noutra Comunidade Autónoma debes de
consultar na súa web as súas propias ponderacións.
Aquí podes consultar os parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria
das ABAU: http://ciug.gal/PDF/pondera17.pdf, ou tamén podes consultalos nas
seguintes táboas.
- 16 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
- 17 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
- 18 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
NOTAS DE CORTE
- 19 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
- 20 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
- 21 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
NORMAS XERAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS
UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE
GALICIA:
1. O proceso de acceso consta de dúas convocatorias de preinscripción: Ordinara
(xuño) e extraordinaria (setembro). As datas para a entrega de solicitudes de
acceso son as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e fanse
públicas na web da CIUG.
2. Tódolos trámites administrativos do proceso de acceso, o alumnado deben
facelos no LERD (lugar de entrega e recollida de documentación), que están
repartidos polos diversos campus de Galicia. Deberá elixir o LERD do campus
escollido en primeiro lugar na solicitude de preinscripción. Tamén poderá
facerse a preinscripción a través dos procedementos telemáticos que se
establezan.
3. O alumnado debe cubrir un único impreso de solicitude, onde poderá indicar
ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no
caso de que a ensinanza se imparta en máis dun centro de Galicia.
4. Resérvanse prazas para determinados colectivos: os que acceden por proba
para maiores de 25 anos, os maiores de 40 anos que acrediten experiencia
laboral, para os que superen a proba de acceso para maiores de 45 anos, para
os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%,
para deportistas de alto nivel, e para os que teñan unha titulación universitaria.
5. A orde de adxudicación das prazas é a seguinte:
• Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño
deste curso ou en xuño ou setembro de anos anteriores.
• En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudiantes que cumpran os
requisitos de acceso en setembro.
• En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a
preinscripción na convocatoria de setembro, terá prioridade só en
setembro, ainda que cumprira os requisitos en xuño deste ano ou en anos
anteriores.
6. En cada colectivo do apartado anterior adxudicaranse as prazas por maior nota
de admisión.
7. Nos casos de empate na nota de admisión, terán preferencia:
a) Modalidade e materias cursadas nos estudios previos equivalentes ao
Título de Bacharelato, en relación coa titulación elixida.
b) Calificacións obtidas en materias concretas cursadas nos cursos
equivalentes ao Bacharelato español, ou da avaluación final dos cursos
equivalentes ao do Bacharelato español.
c) Formación académica ou profesional complementaria.
d) Estudios superiores cursados con anterioridade.
8. A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se
establezan.
- 22 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Normalmente hai varias adxudicacións. Saen 5 listados de admitidos ao longo
do mes de xullo e 3 en setembro (para os que fixeron a preinscripción en
setembro). Despois de cada listado soe haber dous días para realizar a
matrícula. Se o alumno foi admitido na titulación de maior preferencia, deberá
facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus dereitos. De ser
admitido nunha de menor preferencia pode matricularse ou esperar a ver se é
admitido nunha titulación de maior preferencia ata que se anuncie o peche da
matrícula nesa titulación. Poderá consultar os listados de espera en Internet e
valorar a súa posición na lista de espera.
9. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD
ou na aplicación NERTA onde presentou a súa solicitude de acceso.
4. A FORMACIÓN PROFESIONAL
A finalidade da Formación Profesional é a preparación do alumnado para a actividade
nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das
diferentes profesións.
Como está organizada a Formación Profesional?
Comprende na actualidade tres subsitemas:
1. Formación profesional do Sistema Educativo: que se organiza en Ciclos de Grao
Medio e de grao Superior.
2. Formación profesional para a inserción e reinserción laboral: que comprende as
ensinanzas non regradas dirixidas a proporcionar capacitación profesional (para
demandantes de emprego)
3. Formación profesional continua nas empresas: dixida a mellorar a formación
das persoas que xa están traballando.
Que é a Formación Profesional?
A formación profesional ordénase en 26 familias profesionais –grupo de ocupacións–
que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva.
Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos, co
obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e
máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulo
profesionais de formación teórica e práctica.
Os ciclos formativos poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é
variable, cun máximo de dous cursos académicos. Teñen como obxectivo prepararte
para a actividade profesional elixida e capacitarte para o desempeño cualificado dunha
profesión.
- 23 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Como se accede?
Ós Ciclos de Grao Medio: Co título de Graduado en Educación Secundaria ou cun título
de formación profesional básica. De non ter o título, podes acceder a calquera Ciclo de
grao Medio se superas unha proba de acceso e cumpres alomenos 17 anos.
Ós Ciclos de Grao Superior: Co título de Bacharelato ou cun título de técnico. De non
ter o título coa superación dunha proba de acceso que varía en función do Ciclo ó que
queres acceder, e cumpridos os 18 anos (no caso de ter un ciclo de grao medio) ou 19
anos.
Onde se Estudan? Nos institutos de educación secundaria públicos e nos centros
privados autorizados, que poden ser concertados ou non.
Como Están Organizados os ciclos?
Hai que diferenciar os seguintes termos:
A familia profesional: é o nome que enmarca unha actividade nun determinado
campo detraballo. Actualmente hai unhas 26 familias de formación profesional.
Dentro de cada familia hai Ciclos formativos: recollen un conxunto de destrezas
orientadas ó exercicio dunha profesión concreta. Cada familia ten diferentes Ciclos
formativos de grao Medio ou de grao Superior, que se corresponden con cada
profesión.
Cada Ciclo formativo comprende unha serie de módulos. Son as áreas ou materias de
contido terórico e práctico que terías que estudiar ("as asignaturas"). Existen uns
módulos que son comúns a tódolos Ciclos: FOL (Formación e Orientación laboral), RET
(Relacións no contorno do traballo), FCT (Formación en Centros de Traballo), Proxecto
integrado.
O tipo de módulos que hai están directamente relacionados coa profesión estudada, é
dicir, xa non existen asignaturas como lingua e literatura, matemáticas, filosofía,
ciencias socias, etc. , pero sí é importante a formación previa que teñas para ter unha
boa base que che faga cursar con éxito os Ciclos.
Que é a FCT (Formación en Centros de Traballo)?
Consiste nun período de prácticas que terás que desenvolver nunha empresa, e que
normalmente dura 3 meses ó final do Ciclo. Como ves é un módulo con moitas horas e
para acceder a el hai que superar tódolos outros módulos que se imparten no
instituto.
Canto Duran Os Ciclos?
Normalmente 2000 horas (incluídas as prácticas), distribuídas en dous cursos
académicos.
Que titulación se obtén?
Co Ciclo de grao Medio: Título de Técnico na profesión correspondiente. Con el podes
- 24 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
acceder ó mundo laboral ou ó Bacharelato ou aosCiclos de grao Superior.
Co Ciclo de grao Superior: Título de Técnico Superior. Con el podes acceder ó mundo
laboral ou a calquera grao universitario.
Lembra que para obter os títulos é imprescindible superar tódolos módulos que se
imparten en cada Ciclo.
Cales son os Réximes e as Modalidades para realizar os estudos
de FP?
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime
ordinario, na modalidade presencial—asistindo diariamente a un centro formativo — ,
ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas
modalidades tanto presencial, semi-presencial ou a distancia.
A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario
formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras
actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses personais ao longo da
vida.
Para realizar a matrícula no réxime de persoas adultas é preciso ter cumpridos os 18
anos no ano natural no que se inicien os estudos.
Que saídas teñen os Ciclos de FP?
Acceso á universidade:
As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do
título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo
superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade
de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
1. Admisión na universidade: No caso de que o número de solicitudes de
admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa
maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as
solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que
coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
2. Cálculo da nota media do ciclo formativo: NMC (nota media do ciclo
formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a
10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos
módulos. Non se computarán nin o módulo de formación en centros de traballo
nin aqueles que foron obxecto de validación. A nota media expresarase con
dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de
equidistancia, á superior.
3. Procedemento para mellorar a nota de admisión: As persoas que desexen
mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da parte voluntaria
- 25 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
das probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade. A
parte voluntaria axustarase aos seguintes criterios:
• Cada estudante poderá realizar un máximo de catro exercicios da súa
elección. O contido dos temarios sobre os que han versar os exercicios da
parte voluntaria será o establecido para o currículo das materias troncais de
opción de segundo de bacharelato.
• Para que as materias troncais de opción computen no cálculo da nota de
admisión, deben estar adscritas á rama de coñecemento do grao ao que se
queira optar, segundo o recollido na páx.3.
• A puntuación en cada exercicio estará entre cero e dez puntos, con dúas
cifras decimais.
• Considerarase superado o exercicio cando obteña unha cualificación igual
ou superior a cinco puntos.
• A cualificación das materias da parte voluntaria terá validez para o acceso
á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación
destas. Neste caso a nota de admisión para aos estudos universitarios de
grao calcularase mediante a seguinte fórmula.
Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2
• NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento
indicado anteriormente.
• M1 e M2: Para que os exercicios computen no cálculo da nota de admisión, as
materias deben estar adscritas á rama de coñecemento do título universitario
de grao ao que se pretenda acceder, segundo o recollido na páx.3.
• a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En
xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata
0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as
ensinanzas universitarias.
• Os parámetros de ponderación para cada curso académico e materia figuran na
páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia
(http://ciug.gal/PDF/pondera17.pdf). A nota media expresarase con tres cifras
decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á
superior.
4. Inscrición no procedemento
Para presentarse e realizar á parte voluntaria da proba será suficiente coa inscrición,
achegando unha certificación académica oficial.
A certificación terá o carácter de documentación provisional, e non poderá procederse
á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e a entrega da
documentación acreditativa de dispor do correspondente título.
Na certificación académica oficial deberá constar:
• Para os ciclos formativos de grao superior de FP, a superación de todos os
módulos que compoñen o ciclo formativo, coa excepción da formación en
centros de traballo e, de ser o caso, o módulo de proxecto.
- 26 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
• Para os ciclos formativos de artes plásticas e deseño, a superación de todos os
módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, coa excepción da
formación práctica en empresas, estudo e talleres, e o módulo de proxecto
integrado.
• Para as ensinanzas deportivas, a superación dos módulos que compoñen o ciclo
de grao superior de que se trate, coa excepción dos módulos de formación
práctica e de proxecto final.
5. Adxudicación de prazas
A adxudicación de prazas para cada un dos títulos de grao farase en función da nota de
admisión obtidas polo estudante para ese título.
Cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os
estudantes cuxos títulos estean adscritos ás ramas de coñecemento nas que se
encontren as ensinanzas de grao que desexen cursar. Consulta en orientación as
vinculacións entre os títulos de Técnico Superior de Formación Profesional e as ramas
de coñecemento das ensinanzas universitarias.
6. Validacións de materias do título universitario:
No caso de acceder ás ensinanzas universitarias dende un ciclo formativo de grao
superior é posible ter o recoñecemento de créditos universitarios (validar materias do
título universitario).
Para ver a relacións de materias validables en cada grao e ciclo superior podes
consultar a web de fp no apartado “validacións”.
Acceso ao mercado laboral:
A obtención do título de técnico superior, pola superación dun ciclo formativo de grao
superior, permite a incorporación da persoa ao mercado laboral.
O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o
desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser
executada de xeito autónomo, ou por conta allea asumindo responsabilidades dentro
dunha organización produtiva, como xefe de e equipo, organizando, programando e
supervisando procesos produtivos.
Formas de acceso a Ciclos de Grao Superior:
Pódese acceder de forma directa se se cumpren determinadas condicións ou mediante
unha proba.
Acceso Directo:
a) Título universitario.
b) Título de técnico superior ou de técnico especialista.
- 27 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
f) BUP.
g) Título de técnico.
h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos
anteriores.
Para o acceso a Ciclos de grao Superior, o acceso realízase por nota media do
Bacharelato, é dicir, que se hai mais solicitudes que prazas, adxudican as prazas ás
notas máis altas.
Ademais da nota media de bacharelato terán en conta que teñas cursada unha
determinada modalidade e dentro desta, inclúso determinadas materias. É dicir, cando
non existan prazas suficientes terá prioridade o alumnado que:
Cursase a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo
coas materias vinculadas a el.
Cursase a modalidade de bacharelato sen algunha das materias
vinculadas ao ciclo.
Cursase algunha modalidade de bacharelato.
Dentro de cada un dos colectivos anteriores, a orde de prioridade virá determinada
por:
• Maior nota do expediente académico.
• Maior nota ou nota media nas materias vinculadas.
Así que antes escoller o teu itinerario de bacharelato é recomendable ter claro se está
vinculado ao ciclo superior que desexes acceder.
Segundo o establecido no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se
establece a ordenacion xeral da formacion profesional do sistema educativo de Galicia,
poderá incorporarse á oferta polo réxime para as persoas adultas quen teña feitos
dezaoito anos ou os faga no ano natural en que comece o curso escolar.
Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de dezaseis anos que o
soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo
réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan
por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con
autorización da Inspección educativa.
- 28 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
OFERTA DE CICLOS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL
E VINCULACIÓNS COS BACHARELATOS :
( Os bacharelatos e as materias preferentes están entre paréntese e negrilla, levan
asterisco os ciclos que non se imparten en Galicia)
Familias Profesionais Oferta de Ciclos Superiores (CS)
Agraria
Xestión e organización de empresas
agropecuarias e dos recursos naturais e
paisaxísticos
CS Paisaxismo e medio rural.
CS Xestión e organización de empresas agropecuarias.
(Ciencias da terra e ambientais)
CS Xestión Forestal e do medio natural
CS Gandaría e asistencia en sanidade animal
(Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía/
Ciencias da Terra e ambientais)
Actividades Físicas e deportivas
Conducción e animación de actividades
físico – deportivas
CS Animación de actividades físicas e deportivas
(Calquera modalidade de bacharelato)
Artes Gráficas
Actividade produtiva de preparación de
orixinais, tratamento de textos e imaxes,
preparación da forma impresa, impresión
en huecograbado, offset, serigrafía e
flexografía, encadernación, manipulado de
papel, cartón e outros materiais.
CS Deseño e xestión da produción gráfica (Bach.
Artes e Ciencias e Tecnoloxía / Debuxo Técnico)
CS Deseño e edición de publicacións impresas e
multimedia (Bach. Artes e Ciencias e Tecnoloxía /
Debuxo Técnico)
Actividades Marítimo Pesqueiras
Pesca: artesanal e industrial.
Acuicultura: peixes, crustáceos e moluscos.
Buceo: media profundidade.
Buques: manexo, control e mantenemento
dos sistemas de propulsión, equipos e
instalacións.
Transporte marítimo: administración e
control da navegación.
CS Acuicultura (Bioloxía)
CS Organización do mantemento de maquinaria de
buques e embarcacións (Electrotecnia)
CS Transporte marítimo e pesca de altura *
CS Navegación, pesca e trasporte marítimo (Debuxo
Tecnico) *
(Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)
Administración e Xestión
Administración e xestión en
calqueirasector de actividade económica,
entidades financieiras e de seguros, e na
administración pública.
CS Administración e finanzas. *
CS Secretariado.
CS Asistencia á dirección
(Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecn, Humanid. e
C. Sociais / Economía e organización de empresas)
Comercio e Marketing
Actividade productiva de departamentos
comerciais, comercio independente (ó por
maior e ó por menor), comercio integrado
e asociado, axencias comerciais, xestión do
transporte, servicios ó consumidor.
CS Transporte e loxística
CS Comercio Internacional.
CS Xestión de vendas e espazos comerciais
CS Márketing e publicidade
(Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía, Bach.
- 29 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Humanidades e CS / Enonomía e organización de
empresas)
Imaxe e Son
Fotografía, cine, vídeo, publicidade, radio,
televisión, espectáculos e axencias de
noticias.
CS Animación 3D, xogos e contornos.
CS Iluminación, captación e tratamento da imaxe.
CS Produción de audiovisuais e espectáculos
CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.
(Todos: bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)
Edificación e Obra Civil
Construcción de edificios industriais,
comerciais, de servicios e de vivendas, así
como de aeroportos, carreteras, obras
marítimas e hidráulicas, obras
subterráneas, ferrocarriles,
conducciónsliñais de fluídos e a súa
rehabilitación.
CS Proxectos de obra civil. (Bach. Ciencias e
Tecnoloxía e Bach. de Artes)
CS Proxectos de edificación (bach. Ciencias e
tecnoloxía e Bach. de Artes)
CS Organización e control de obras de construción (Bach.
Ciencias e tecnoloxía / Debuxo Técnico)
Electricidade e Electrónica
Equipos e instalacións eléctricas de
distribución e electrificación, singulares e
automatizadas en vivendas e edificios;
sistemas de automatización industrial:
equipos electrónicos de consumo e
profesionais, e sistemas de
telecomunicacións e informáticos.
CS Sistemas electrotécnicos e automatizados.
CS Sistemas de telecomunicación e informáticos.
CS Mantenemento electrónico.
CS Automatización e robótica industrial.
(Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía)
Enerxía e auga
Sector enerxético, avaliando e
inspeccionando a eficiencia das instalación
de enerxía e auga dos edificios,
xestionando a montaxe e mantenemento
das instalación térmicas.
CS Eficiencia enerxética e Enerxía Solar Térmica
CS Enerxías renovables
(Bach. Ciencias e Tecn.)
Fabricación Mecánica
Construcción de maquinaria e equipos
mecánicos.
Fabricación de productos metálicos.
Fabricación de instrumentos de previsión,
óptica e similares.
Construcción de material de transporte
(naval, ferrocarril, aeronaves, bicicletas,
motocicletas, automóviles, camións,
autobuses, maquinaria de obras públicas,
…).
Construcción de maquinaria eléctrica, etc.
Fabricación e reparación de productos
metálicos estructurais, grandes depósitos e
calderería grosa, estructuras asociadas á
construcción de maquinaria.
Todo o sector de produción de bens de
equipo.
CS Construccións metálicas.
CS Programación da producción en fabricación mecánica.
CS Deseño en Fabricación Mecánica.
CS Programación da produción en moldeamento de
metais e polímeros
(Bach. Ciencias e Tecnoloxía)
Hostelería e Turismo
Aloxamentos turísticos e non turísticos.
Establecementos de restauración social e
CS Axencia de viaxes e xestión de eventos (Bach.
Humanid. e CS)
- 30 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
comercial.
Entidades de planificación e
desenvolvemento turísticos.
Información, asistencia e guía turísticas.
Intermediación de servicios turísticos e
viaxes.
Manipulación, preparación, conservación e
presentación de toda clase de alimentos de
productos de panadería, pastelería e
repostería.
CS Xestión de aloxamento turísticos ( Bach. Humanid. e
CS)
CS Guia, información e asistencia turísticas (Bach. Artes,
Humanid. e CS)
CS Dirección de cociña. (Bach. de Ciencias e Tecn.)
CS Dirección de Servicios de Restauración. (Bach. de
Ciencias e Tecn.)
Imaxe e Son
No sector audiovisual, radiofónico, disco
gráfico, do espectáculo, de eventos e de ins
talación de estruturas fixas e efémeras de
sonorización en recintos acoutados.
CS Produción de audiovisuais e espectáculos
CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos.
CS Son para audiovisuais e espectáculos
CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe
Imaxe Persoal
Perrucaría, estética persoal, caracterización
e asesoría de imaxe persoal.
CS Asesoría de imaxe persoal e corporativa
CS Etética integral e benestar. (Bach. Ciencias e
Tecnoloxía)
CS Estilismo e dirección de peiteado.(Bach. Ciencias e
Tecn. / Bach. de Humanid. e CCSS)
Industrias Alimentarias
Elaboración e conservación de productos
alimenticios como aceites e xugos, viños e
outras bebidas, productos lácteos,
conservería vexetal, cárnica e de peixe,
industrias cerealistas.
CS Procesos e calidade na industria alimentaria.
CS Vitivinicultura.
(Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía)
Informática e Comunicacións
Instalación e mantenemento de
productos informáticos. Creador,
programador de programas informáticos
CS Administración de sistemas informáticos en rede.
CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
CS Desenvolvemento de aplicacións web.
(Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía)
Instalación e Mantenemento
Montaxe e mantenemento das instalacións
de edificios: hospitais, superficies
comerciais, centros de ensino,
polideportivos, oficinas, etc.
Montaxe e mantemento de instalacións
para o proceso continuo: industria química,
refino de petróleo, industrias lácteas,
elaboración de bebidas, papelera,etc.
Montaxe e mantenemento da maquinaria
da fabricación de productos metálicos,
para o traballo da madeira, da fabricación
do material de transporte (ferrocarril,
aeronaves, bicicletas, motocicletas,
automóbiles, camións, etc.), maquinaria
eléctrica, etc
CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións
térmicas e de fluidos (Bach. Ciencias e Tecn. )
CS Mecatrónica industrial (Bach. Ciencias e Tec.)
CS Mantenemento de instalación térmicas e de fluídos.
(Bach. Ciencias e Tecn. )
CS Prevención de riscos profesionais (Bach. Ciencias e
Tec. e Humanid. e CS)
Madeira, Moble e Cortiza
- 31 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Aserrado e preparación industrial da
madeira e o corcho.
Fabricación de productos semielaborados
da madeira e o corcho.
Fabricación en serie de carpintería, parquet
e estructuras de madeira para a
construcción.
Fabricación de envases, esamblaxes e
obxetos diversos de madeira.
Industria do moble e da madeira.
Fabricación a medida e instalación de
carpintería e moble.
CS Deseño e amoblamento (Bach Ciencias e Tec. / Bach.
Artes)
Química
Industria química e farmacéutica, do refino
de petróleo, da industria de papel, e da
industria da transformación do caucho e
materias plásticas. Así mesmo, cubre certas
necesidades de cualificación noutras
industrias, como a alimentación,
metalurxia, vidrio, cerámica e outras
industrias de manufactura nas que se fai
imprescindible a análise e control da
materia que se transforma.
CS Fabricación de produtos farmacéuticos,
biotecnolóxicos e afíns
CS Laboratorio de análise e control de calidade
CS Química ambiental
CS Química industrial
(Todos: Bach. Ciencias e Tecn./química)
Sanidade
Sector sanitario, tanto dende a súa
vertente pública como dende a empresa
privada nos ámbitos profesionais de :
atención primaria e comunitaria, atención
especializada, saúde pública, servicios
xerais ou centriais e productos sanitarios.
CS Saúde ambiental (Bach. Ciencias e Tecn. /Ciencias
da Terra)
CS Dietética (Bach. Ciencias e Tecn./ Bioloxía)
CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico ( Bach. Ciencias
e Tecn. / bioloxía)
CS Audioloxía protésica (Bach. Ciencias e Tecn. )
CS Documentación e administración sanitarias (Bach.
Humanide CS Ciencias e Tecn. )
CS Hixiene bucodental (Bach. Ciencias e Tecn. /
Bioloxía)
CS Imaxen para o diagnóstico e medicina nuclear (Bach.
Ciencias e Tecn. )
CS Laboratorio de clínico e biomédico (Bach. Ciencias e
Tecn. )
CS Próteses dentais (Bach. Ciencias e Tecn. )
CS Radioterapia e dosimetría (Bach. Ciencias e Tecn. )
Seguridade e Medio Ambiente
Sector de carácter público ou privado, que
teña como obxecto o control ambiental e
os seus recursos, o desenvolvemento de
programas de educación ambiental (infor
mación, comunicación, formación, interpre
tación e participación), a realización de acti
vidades de guía in térprete e
acompañamento polo contorno, ou a xes
tión ambiental.
CS Educación e control ambiental
Servizos Socioculturais e á Comunidade
Organización, planificación e xestión de
proxectos de intervención social, proxectos
CS Animación sociocultural e turística (Bach. Ciencias e
Tecn., Human.e CS)
- 32 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
educativos, e de atención á infancia e
interpretación da linguaxe de signos.
CS Educación infantil (Bach. Humanid.e CS)
CS Integración social (Bach. Ciencias e Tecn., Humanid.e
CS)
CS Mediación Comunicativa
Transporte e mantemento de vehículos
Mantenemento de vehículos, automóbiles,
motocicletas, maquinaria agrícola e
tractores, maquinaria de construcción e
obras públicas, así como inspección técnica
de vehículos.
CS Mantemento Aeromecánico (Bach. Ciencias e Tecn. )
CS Automoción (Bach. Ciencias e Tecn. )
Textil, Confección e Pel
Actividade produtiva textil: algodón, lana,
seda natural, fibras sintécticas, punto,
alfombras e acabados.
Actividade do coiro: curtidos, acabados, e
marroquinería e do calzado, o vestido e
todo tipo de confección.
CS Patronaxe e moda (Bach. Ciencias e Tecn.)
Acceso mediante Proba:
Poderán acceder mediante proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos
e teñan cumpridos 19 anos ou os cumpran no ano da realización da proba.
Para o acceso a ciclos superiores resérvase o 20% das prazas para os alumnos que
acceden mediante proba, e terase en conta a nota media acadada.
Debes saber que a proba de acceso a ciclos superiores non é común , como a de ciclos
medios, senón que te examinarás dunhas materias ou outras en función do ciclo ao
que desexes acceder. A proba ten dúas partes:
Parte común da proba: Consta de tres
exames de materias de 2º de
Bacharelato.
• Lingua Galega.
• Lingua Castelá.
• Matemáticas.
Parte específica da proba: organízase en
tres opcións A, B e C, en función do ciclo
superior ao que desexes acceder, e dentro
da opción elixida escolleranse dúas
materias.
• Opción A: Economía da Empresa,
Lingua Estranxeira (inglés ou
francés), e Filosofía.
• Opción B: Debuxo Técnico,
Tecnoloxía Industrial e Física.
• Opción C: Ciencias da Terra e
Ambientais, Química e Bioloxía.
No caso de superar unha parte da proba, consérvase a nota da parte superada durante
dous anos consecutivos. Tamén pódese solicitar a exención dunha parte no caso de ter
experiencia laboral de alomenos un ano en xornada completa, en campos profesionais
relacionados cos estudos que se prentenda cursar.
Igual que na proba de acceso a ciclos de grao medio, para presentarte a esta proba
terás que cubrir un impreso de inscrición, normalmente no mes de xaneiro, e
- 33 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
entregalo nun centro que imparte FP, xunto coa copia do DNI e documentación
xustificativa no caso de solicitar a exención dalgunha parte da proba.
En convocatorias anteriores o exame celebrouse no mes de marzo ou abril.
Para ver exemplos de probas podes buscalas en http://www.edu.xunta.es/fp/probas
As familias profesionas ás que podes acceder segundo a opción da proba pola que te
presentes a, b ou c, son as seguintes:
OPCIÓN A Administración e xestión.
Comercio e márketing.
Hostalaría e turismo.
Servizos socioculturais e á comunidade.
Imaxe e son (só o ciclo de Produción de audiovisuais e espectáculos).
OPCIÓN B Marítimo - Pesqueira (agás o ciclo de Produción Acuícola).
Artes gráficas.
Edificación e obra civil.
Electricidade e electrónica.
Enerxía e Auga.
Imaxe e son (agás o ciclo de Produción de Audiovisuais e
Espectáculos).Fabricación mecánica.
Madeira, moble e cortiza.
Informática e comunicacións.
Instalación e mantemento.
Transporte e mantemento de vehículos.
Téxtil, confección e pel (agás o ciclo de Curtidos, e o de Procesos de
Ennobrecemento Téxtil).
Industrias Extractivas.
Vidro e cerámica
OPCIÓN C Agraria.
Actividades físicas e deportivas.
Imaxe persoal.
Industrias alimentarias.
Marítimo - Pesqueiras (só o ciclo de Produción Acuícola).
Química.
Téxtil, confección e pel (só o ciclo de Curtidos, e o de Procesos de
Ennobrecemento Téxtil).
Sanidade.
Seguridade e Medio Ambiente.
Distribución das prazas dos ciclos:
O 80% das prazas dos ciclos resérvanse para os que solicitan acceso directo.
O 20% resérvase para os que acceden mediante proba.
Dentro de cada porcentaxe resérvase un 10% para os estudantes que teñan recoñecida
unha discapacidade.
- 34 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
En tódolos ciclos haberá un 3% adicional de prazas reservadas para as persoas que
cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel.
Quen cumpra simultáneamente os requisitos de acceso directo e os de acceso
mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o
facer, excluirase do proceso de admisión.
Os ciclos formativos no réxime de adultos:
Como se organizan?
Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos
(Oferta modular). Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte
tanto de módulos de 1º como de 2º curso.
Canto duran estas ensinanzas?
Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites.
Cales son os requisitos de acceso?
Os mesmo que para os Ciclos na modalidade ordinaria. Excepcionalmente podes
acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de traballador e cumpres os
requisitos académicos de acceso.
Que modalidades hai?
RÉXIME DE ADULTOS NA MODALIDADE PRESENCIAL:
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres
do curso. A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.
A asistencia ás clases é obrigatoria.
Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode
matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de
experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os
módulos do ciclo formativo.
Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non
está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no
proceso de admisión.
RÉXIME DE ADULTOS NA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL OU A DISTANCIA:
Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres
do curso.
A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero
non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións
do titor do curso.
Nos módulos de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode
matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de
experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.
Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos
os módulos do ciclo formativo.
Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non
está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no
proceso de admisión.
- 35 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Cal é a oferta?
A oferta destas ensinanzas é máis limitada que no réxime ordinario. Para coñecela
pregunta no departamento de orientación ou consulta a web www.edu.xunta.es/fp.
- 36 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
5. AS ENSINANZAS DE RÉXIME
ESPECIAL
Que son?
Son ensinanzas nas que a organización é algo diferente á dos estudos de réxime xeral e ó
nos que hai que superar unha proba para acceder a eles.
Que estudos Comprende?
• Ensinanzas de Música e Danza
• Ensinanzas de Arte Dramática
• Ciclos de Artes Plásticas e Deseño
• Estudios Superiores de Artes Plásticas e Deseño
• Idiomas
• Ensinanzas Deportivas
Ensinanzas de Música
Regradas:
Estúdanse en Conservatorios de Música e Centros Autorizados de
Música (obtense un título con validez académica e profesional)
Non regradas:
Estúdanse en Escolas de Música (obtense un certificado, non un título)
Estrutúranse en:
• Ensinanzas de Grao Elemental: Hai que ter entre 8 e 14 anos, e comprende 4
cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e
normalmente atende ás aptitudes musicais dos interesados.
• Ensinanzas de Grao Profesional: teñen unha duración de 3 Ciclos de 2 anos
cada un (6 anos en total). Para o acceso non hai límite de idade pero si hai que
superar unha proba, que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se
queira ingresar e que atende ás aptitudes e coñecementos musicais do
interesado. O alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de
bacharelato se supera as materias comúns do bacharelato, ainda que no
realizara o mesmo na modalidade de artes na súa vía de música e danza.
Asímesmo poderá simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a
- 37 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
educación secundaria e se establecerán convalidacións con asignaturas
optativas de ESO e Bacharelato.
• Ensinanzas de Grao Superior: Teñen unha duración dun só Ciclo de 4 cursos.
Para o acceso hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de
Bacharelato, ter superado o 3º Ciclo de música e superar unha proba ordinaria
para cada especialidade. Se non cumpres estes requisitos podes acceder se
superas unha proba extraordinaria. Celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o
Título Superior, que equivale a Graduado Universitario.
Especialidades:
As especialidades reguladas son 25: arpa, cante flamenco, canto, clarinete, clave,
contrabaixo, fagot, flauta travesera, flauta de pico, guitarra flamenca, instrumentos de
cuerda pulsada do renacemento e barroco, oboe, órgano, percusión, piano, saxofón,
trombón,trompa, tuba, viola, viola de gamba, violín e violoncello.
Onde se pode estudar música?
• En Escolas de Música: Son centros públicos ou privados que imparten
ensinanzas non regradas de música dirixidas a aquelas persoas, sen límite de
idade, que desexen unha formación musical. Tamén poden preparar para o
acceso a ensinanzas regradas en conservatorios ou en centros autorizados
(privados). Hai Escolas públicas de Música en e privadas en Cambre e Coruña.
• Conservatorios de Música, que se clasifican en "Elementais" (imparten o grao
elemental),"Profesionais" (imparten o grao Medio) e "Superiores" (imparten só
o grao Superior). Tamén en Centros Privados Autorizados.
Existen conservatorios públicos en: Coruña (elemental, profesional e Superior),
Santiago etc
Ensinanzas de Danza
Regradas: Estúdanse en Conservatorios de Danza e Centros
Autorizados de Danza (obtense un título con validez académica e
profesional)
Non Regradas: Estúdanse en Escolas de Danza (obtense un certificado)
Estrutúranse en:
• Ensinanzas de Grao Elemental: Comprende 4 cursos académicos. Os criterios de
admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes físicas e
expresivas dos aspirantes relacionadas coa danza e co sentido musical,
mediante unha proba. Neste grao non se obtén titulación, só un certificado
acreditativo.
• Ensinanzas de Grao Profesional: Duración: 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en
total). Acceso: Non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba en
- 38 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
xuño , que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar, os
contidos tamén dependen da especialidade na que se queira ingresar. O
alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de bacharelato se
supera as materias comúns do bacharelato, ainda que no realizara o mesmo na
modalidade de artes na súa vía de música e danza. Asímesmo poderá
simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria e se
establecerán convalidacións con asignaturas optativas de ESO e Bacharelato.
• Ensinanzas de Grao Superior: Duración: 1 só Ciclo de 4 cursos. Acceso: hai que
cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato, ter superado o 3º
Ciclo de Danza e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Se non
cumpres estes requisitos podes acceder se superas unha proba extraordinaria.
Celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o Título Superior, que equivale a
Graduado Universitario.
Especialidades:
• GRAO MEDIO: Danza clásica, Danza Española e Danza Contemporánea.
• GRAO SUPERIOR: Pedagoxía da Danza, Coreografía e Técnicas de Interpretación
da Danza.
Arte Dramática
Estas ensinanzas constitúen un ciclo único de catro cursos,
cunha titulación final equivalente a Graduado universitario.
Estructúranse en tres especialidades: Dirección de escena e
dramaturxia, escenografía e interpretación. Á súa vez, cada
unha destas especialidades está dividida nos seguintes
itinerarios.
Especialidade Opcións
Dirección de escena e dramaturxia Dirección de escena.
Dramaturxia
Escenografía Escenografía
Interpretación Interpretación textual
Interpretación xestual
Interpretación con obxetos
Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente
e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de
bacharelato, con 20 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de aptitudes e
demostrando unha experiencia profesional significativa que se xustificará mediante
unha memoria defendida ante un tribunal.
A Proba de acceso específica para cada especialidade consta de 2 exercicios:
• 1º exercicio: análise dun fragmento dun texto dramático que ten carácter
eliminatorio. Públícanse os textos de obrigada lectura para esta proba.
• 2º exercicio: son varias probas prácticas diferentes según a especialidade á que
se queira acceder. Fanse públicos os textos propostos para as probas de
carácter práctico.
- 39 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Ciclos de Artes Plásticas e Deseño
Que son as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño?:
Comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas
modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais. Agora ímonos
a ocupar dos CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO.
Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño?:
A estrutura é a mesma que a da FP: Ciclos formativos de grao Medio e Superior, de
xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois
do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só
terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos
alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que
consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos.
Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e
deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol
(estas dúas últimasde titularidade privada ).
Como se organizan:
Trátase de Ciclos de grao Medio e grao Superior, polo que teñen unha estrutura
semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que
ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba
de acceso.
1. Ciclos Formativos De Grao Medio:
Accédese co título de ESO e coa superación da proba específica que consiste en
exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e
debuxo.
De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa superación (ademais
da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e
consta de 2 partes:
• 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—tecnolóxico e sociocultural
(escoller tres materias).
• 2ª parte: Educación plástica e visual.
A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos de grao
medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou experiencia laboral de
alomenos un ano, directamente relacionada co ciclo o que se quere acceder.
A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en setembro.
Obtense o título de técnico.
2. Ciclos Formativos De Grao Superior:
- 40 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato
en artes ou cun ciclo de grao medio de artes plásticas.
De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de
Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes
plásticas e coñecementos histórico - artísticos.
De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación
dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2 partes:
• 1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e
Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª
España, Hª Filosofía, Filosofía e Cidadanía, Ciencias do Mundo
Contemporáneo). Escoller tres materias.
• 2ª Parte: Proba de Historia da Arte.
A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos superiores, e
a específica pola experiencia laboral de alomenos un ano directamente relacionada co
ciclo ao que se quere acceder.
Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas titulacións universitarias e
aos estudos superiores de Deseño (explicados máis adiante).
A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase en xuño e a
específica en xullo.
Familias Profesionais:
Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A
continuación presentámosche as familias que existen:
• Artes Aplicadas á Escultura
• Deseño De Interiores
• Xoiería De Arte
• Artes Aplicadas Ó Libro
• Cerámica Artística
• Artes Aplicadas Á Indumentaria
• Deseño Industrial
• Deseño Gráfico
• Artes Aplicadas Ó Muro
• Esmaltes Artísticos
• Textiles Artísticos
• Arte Floral
• Vidrio Artístico
Onde Estudar Estes Ciclos:
Existen escolas de artes nas seguintes cidades de Galicia: A Coruña, Santiago, Ourense,
Lugo.
- 41 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Oferta de ciclos medios e superiores de Artes Plásticas
ESCOLA DE ARTES
PABLO PICASSO en A
Coruña.
ESCOLA DE ARTES
MESTRE MATEO
en Santiago
ESCOLA DE ARTES
RAMÓN FALCÓN en
Lugo.
ESCOLA DE ARTES
ANTONIO FAÍLDE
en Ourense
CM Dourado e
Policromía Artísticos
CS Artes Aplicadas Da
Escultura
Taller cerámico,
oferta modular.
CS Fotografía Artística
CS Ilustración
CS Artes Aplicadas Da
Escultura
CS Fotografía
Artística
CS Xoiería Artística
CS Arquitectura
Efímera
Taller de xoiería,
oferta modular
CM Serigrafía
artística
CS Gravado e
Técnicas De
Estampación
CS Cerámica Artística
CS Fotografía
Artística
Taller de talla
artística en madeira,
oferta modular.
Taller de ebanistería,
oferta modular
CM Ebanistería
Artística
CS Fotografía
Artística
CS Ilustración
Estudos Superiores de Artes Plásticas e Deseño:
Conservación e Restauración de Bens Culturais:
Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais que
terán como responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio
artístico.
Pódese escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura., Escultura,
Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario.
Obtense o Título de graduado universitario.
Pódese acceder directamente co Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño
(para os cales se reserva un 20% das prazas) . Se tes un título de Bacharelato ou
equivalente terás superar unha proba específica de acceso que se convoca anualmente
en xuño nos centros onde se imparte a carreira. Para o alumnado que accede por
proba resérvase o 80% das prazas.
As Partes Da Proba:
• Comentario dun texto relacionado cos bens culturais
• Exame escrito sobre dúas materias a escoller entre: Historia de España, Historia
da Arte, Física e Química e Bioloxía.
• Debuxo a partir dun modelo real e inanimado,
• Traballo sobre representación da cor,
• Traballo práctico sobre as aptitudes plásticas.
Existe en Galicia unha única escola de conservación e restauración, que se ubica en
Pontevedra, e imparte as especialidades de escultura, pintura e arqueoloxía.
- 42 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Os Estudos Superiores de Deseño:
Están encaminados á formación de profesionais no mundo do deseño nas
especialidades de moda, interiores, productos e deseño gráfico. A titulación que se
obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para tódolos efectos, a un grao
universitario.
Estes estudos impártense nos seguintes centros:
• Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de
produtos.
• Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico
• Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico.
• Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño
Gráfico.
Formas de acceso:
Terán acceso directo os alumnos que teñan o título de técnico superior de artes
plásticas e deseño.
Accederán mediante proba específica os alumnos que teñan o título de bacharelato. A
inscrición nesta proba é a comenzos de xuño e celébrase a mediados de xuño. Consta
de dúas partes:
• 1º parte: Durante un máximo de 3 horas responder por escrito a cuestións
sobre historia das artes, historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o
deseño en xeral, e deseño na especialidade que se aspira a cursar.
• 2ª parte: Durante un máximo de 4 horas, realizar un debuxo mimético a man
alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo
relacionado coa especialidade que se aspira a cursar; e un debuxo a mal alzada,
cos técnicas do estudos que se aspira a cursar, do modelo do exercicio anterior.
Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte Dramática,
Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o alumnado que non teña o
título de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá realizar unha proba de acceso, en
xuño, ademáis das probas específicas de cada especialidade. Esta proba consistirá en
realizar exercicios das seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou
Francés), Lingua Castelá, Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o mundo
contemporáneo, Historia de España, Historia da Filosofía.
Ensinanzas de Idiomas:
- 43 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
En que consiste?
O estudo dos idiomas pódese realizar a través dunha carreira universitaria ou nas
Escolas Oficiais de Idiomas. Estas últimas son centros especializados no ensino dos
idiomas.
Para acceder é condición indispensable ter 14 anos ou cumplilos no ano académico e
ter superado alomenos 1º e 2º de ESO.
Como se organizan?
En tres niveis cun total de 6 cursos.
• Nivel básico: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma a nivel cotián. Terá
comoreferencia o nivel A2 do Consello de Europa. O certificado acreditativo
permite acceder ao nivel intermedio.
• Nivel intermedio: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma en situacións
específicas. Terá como referencia co nivel B1 do Consello de Europa. O
certificado acreditativo permite acceder ao nivel avanzado.
• Nivel avanzado: 2 cursos coa finalidade de conseguir o dominio do idioma oral
e escrito a nivel xeral e específico. Terá como referencia o nivel B2 do Consello
de Europa.
O título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos do idioma do
nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no Bacharelato. O alumno que
acredite o dominio de competencias suficientes nun idioma poderá incorporarse a
calqueira curso trala superación da proba de nivel.
A asistencia a clase pode ser diaria, intensiva (dous días á semana) ou alterna (tres días
á semana).
Tamén podes cursar estas ensinanzas nas seguintes modalidades:
• Oficial presencial: Acudindo ás clases presenciais e cunha avaliación trimestral.
• Libre: Preparando o idioma por libre e presentándote ás probas libres de
obtención do certificado de determinado nivel.
• A distancia: A través do programa That´s English que se emite diariamente no
canal 2 da TVE podes seguir as clases a distancia e ser axudado nunhas titorías
para practicar a parte oral na escola oficial na que te matricules. Nas escolas
danche o material necesario para preparar o curso.
Que idiomas hai e onde os podo estudar?
Alemán, Inglés, Portugués, Francés, Italiano, Árabe, Galego, Ruso, Chinés, Xaponés.
Nas seguintes escolas oficiais de idiomas: Coruña, Culleredo, Ferrol, Santiago, Lugo,
Monforte, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Que saídas laborais ten?:
- 44 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Os certificados que se obteñen teñen un recoñecido prestixio e téñense en conta en
baremos para concesión de bolsas, intercambios, determinados empregos. Ademais
cada curso equivale a créditos de libre elección nas titulacións universitarias galegas.
Ensinanzas Técnico -Deportivas:
Cal é a finalidade?:
Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e
técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.
Como se organizan?:
Grao Medio:
Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este grao
comprende dous niveis:
• 1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e
táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos
xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e
actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior.
• 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento
técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e
equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como
auxiliar dun técnico Superior.
O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato.
Grao Superior:
Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha
duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos
deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta
competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso
directo aos estudos universitarios.
Que títulos se obtén?:
Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas seguintes especialidades:
- Fútbol
- Fútbol sala
- Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard)
- Deportes de montaña e escalada.
- 45 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
- Atletismo
- Baloncesto
- Balonmán
Requisitos de acceso:
• Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO ou FPB + proba específica da modalidade
deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa
superación dunha proba de madureza e con 17 anos. A proba de madureza
pode ser convalidable pola proba de acceso a CM.
• Grao Medio, 2º nivel: Ter superaro do 1º nivel.
• Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de grao Medio
(Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos
deportivos. Para os que non teñan o título de bacharel poden acceder se
superan unha proba de madureza e teñan 19 anos. Esta proba pode ser
convalidable pola proba de acceso a CS.
A inscrición nas probas é en maio e celébranse en setembro.
Postos de traballo:
Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo
da saúde e do turismo deportivo.
Oferta destas ensinanzas en Galicia:
IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol.
IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán.
CIFP A farixa (Ourense): Fútbol sala.
IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo.
IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto.
- 46 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
6. ENSINANZAS PARA PERSOAS
ADULTAS
En que consiste?
Trátase dunha formación pública e gratuíta dirixida a calquera persoa que teña
cumpridos os 18 anos e que abandonaron o sistema educativo sin obter a titulación
básica.
Estas ensinanzas organízanse de xeito algo diferente, tanto nas áreas impartidas como
no horario. A titulación acadada é a mesma que nas ensinanzas ordinarias.
Estas ensinanzas poden ser presenciais ou a distancia.
Que tipo de oferta hai?
1. Ensinanzas de nivel I: dirixidas a persoas que necesiten adquirir técnicas
básicas de lectura, escritura e cálculo. A matrícula está aberta durante todo o
curso escolar.
2. Ensinanzas de nivel II: dirixidas a persoas sen titulación que desexen acceder á
educación secundaria de adultos. Esta formación é equivalente á educación
primaria.
3. Ensinanzas de nivel III: dirixidas a persoas sen titulación que desexen obter o
título de graduado en educación secundaria. Neste caso autorízase a matrícula
a alumnos menores de 18 anos, en casos excepcionais, como ter un contrato
laboral, ser deportista de alto rendemento, ter superado o 1º curso dun PCPI,
ou ter cursado un PCPI sen superalo, pero hai que estar inscrito como
demandante de emprego nunha oficina de emprego. Son as ensinanzas
coñecidas como ESA.
4. Bacharelato para persoas adultas: dirixidas ás persoas que teñan o título de
ESO ou ESA, e que desexen adquirir novos coñecementos nunha determinada
materia ou obter o título de bacharel en calquera das modalidades.
5. Ciclos formativos para persoas adultas: esta formación pretende facilitar ás
persoas adultas a súa actualización, adquirindo novos coñecementos nunha
determinada competencia profesional, ou para obter o título de técnico ou
técnico Superior.
6. Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a
capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas.
7. Galego e castelán para persoas inmigrantes: dirixido a cidadáns doutros
países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer
as linguas oficiais. Estas ensinanzas impártense nos centros de adultos, en
grupos reducidos, cunha duración de 10 períodos lectivos semanais distribuídos
en horarios adaptados ás posibilidades de asistencia dos alumnos.
- 47 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
O Bacharelato para Persoas Adultas
Como se organizan estas ensinanzas?
Ofértanse dúas modalidades de Bacharelato: humanidades e ciencias sociais, ciencias e
tecnoloxía.
Poden seguirse como curso completo ou por materias de xeito independente.
Se optas por seguir materias de xeito independente poderán cursarse,
simultaneamente materias do 1º e do 2º curso.
Pola modalidade semipresencial, esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada
materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).
A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías
presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente
e os exames poden realizarse nas sete principais cidades galegas: Santiago de
Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Canto duran?
O tempo de permanencia para cursar estas ensinanzas é de 6 anos académicos ( o
tempo de permanencia no Bacharelato ordinario é de 4 anos).
No caso de esgotar o 6 anos sen acadalos obxectivos previstos, os alumnos poderán
seguir cursando as materias pendentes a través do réxime de ensinanza a distancia ata
completaren a formación desexada.
Que requisitos de acceso hai?
Para acceder debes estar nalgunha das seguintes condicións:
• Posuír o título de graduado en educación secundaria
• Posuír o título de técnico nalgún dos Ciclos de grao Medio.
Onde se ofertan estes estudos?
A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo
Pondal (A Coruña), IES de Cedeira, EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES As Telleiras
(Narón), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Monte Castelo (Burela), IES
de Foz, EPA Albeiros (Lugo), IES Río Cabe (Monforte), IES Dionisio Gamallo Fierros
(Ribadeo), IES Lois Peña Novo (Vilalba), IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras), IES
Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), EPA de Ourense, EPA Río Lérez (Pontevedra) e
EPA do Berbés (Vigo) A modalidade a distancia telemática impártese no IES San
Clemente (Santiago de Compostela).
- 48 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Os Ciclos Formativos para Persoas
Adultas
Como se organizan?
Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos
(Oferta modular)
Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte tanto de módulos
de 1º como de 2º curso.
Canto duran estas ensinanzas?
Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites.
Cales son os requisitos de acceso?
Os mesmos que para os Ciclos na modalidade ordinaria.
Excepcionalmente podes acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de
traballador e cumpres os requisitos académicos de acceso.
A oferta destas ensinanzas a distancia polo momento é moi limitada. A oferta de ciclos
na modalidade de adultos presencial é un pouco máis ampla, para coñecela pregunta
no departamento de orientación ou consulta a web www.edu.xunta.es/fp.
Aulas Mentor
Que son e a quen van dirixidas?
Ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con
titoría telemática a través de internet. Esta oferta formativa permite actualizar o perfil
profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Están
dirixidos a persoas maiores de 18 anos que desexen formarse para acceder a un posto
de traballo ou aumentar o seu nivel cultural. Non se require titulación previa.
Como se organizan e que acreditación se acada?
As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos
tecnolóxicos avanzados, así como de un profesor-administrador que axuda aos
alumnos nas súas conexións á rede e na comunicación co seu titor.O alumno recibe
unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para
realizar a proba final presencial. Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar
- 49 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
e cada alumno segue o seu propio ritmo de aprendizaxe. O titor non está na aula,
comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a
todas as dúbidas.
Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida
pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación.
No entorno próximo existen Aulas Mentor en Coruña, Abegondo e Carballo.
As ensinanzas de adultos na modalidade
semipresencial e a distancia.
En que consisten?
Son as ensinanzas de adultos que permiten realizar os estudos na casa sen a
necesidade de acudir diariamente a un centro educativo.
Disponse de axuda ou de apoio a través de titorías individuais e colectivas, nas que
aconsellan e orientan nas dificultades atopadas.
Esixen un grao de responsabilidade e organización maior que nas ensinanzas
presenciais, e aínda así , teñen o risco de abandono, por non ter que acudir
diariamente ó centro.
Estas ensinanzas son gratuítas. Solo hai que merca-lo material didáctico (textos, guías,
conexión a internet, ..).
Que oferta hai?
• Nivel III ou educación secundaria para persoas adultas.
• Bacharelato
• Ciclos formativos de formación profesional.
• Ensinanza oficial do idioma inglés.
- 50 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
7.FORZAS E CORPOS DE
SEGURIDADE
Oposicións ao Corpo da Garda Civil (Escala de Cabos e
Gardas):www.guardiacivil.org
Requisitos:
• Nacionalidade española
• Acreditar boa conducta cidadana (mediante certificado e informe)
• Carecer de antecedentes penais
• Ter entre 18 e 29 anos.
• Posuír o título de ESO ou Superiores ou acreditar a superación da proba de
acceso a Ciclos de Grao Medio.
• Posuír o permiso de condución clase B ou Superior.
• Posuír a aptitude psicofísica acreditada.
Solicitude:
As Instancias, impresos e taxas de exame serán facilitadas e presentadas nos
postos e Comandancias da Garda Civil.
As instancias se presentarán no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día da
publicación da convocatoria no BOE.
Probas De Selección:
• 1º fase de concurso: consistirá na valoración dos méritos académicos e
profesionais do aspirante e terá en conta os méritos académicos (notas,
idiomas da escolas oficiais de idiomas, títulos académicos (Bacharelato, Ciclos
formativos, selectividade, titulación universitaria, etc.) e os méritos
profesionais (carreira militar).
• 2º fase de oposición: consistirá no desenvolvemento das seguintes probas:
1. Ortografía: exercicio eliminatorio cunha duración de 10 minutos.
2. Coñecementos: contestación por escrito a unha enquisa de 100
preguntas sobre materias xurídicas, socioculturais e técnico-científicas.
Cunha duración de hora e media.
3. Lingua estranxeira: contestación por escrito a unha enquisa de 20
preguntas sobre o idioma (inglés ou francés), durante 20 minutos.
4. Psicotécnica: probas que miden factores aptitudinais e variables
comportamentais (personalidade).
5. Acreditación da aptitude psicofísica:
- 51 -
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS
Exercicios físicos: proba de velocidade, proba de resistencia
muscular, proba de potencia do tren Superior, proba extensora do
tren Superior e proba de natación.
Recoñecemento médico: aplicarase un cadro médico de exclusións.
Entrevista persoal: destinada a contrastar os resultados das probas
psicotécnicas e a adecuación do aspirante ó perfil profesional do
garda civil.
Unha vez superadas as probas de selección o aspirante terá un prazo para a entrega de
documentación e pasará por dous períodos de formación:
• 1º período de formación: un curso académico en centro docente.
• 2º período de formación: formación en prácticas durante un ano.
Oposicións ó Corpo Nacional de Policía:
www.policía.es
www.oposicionpolicialocal.com
Ingreso na escala básica
Requisitos:
• Ser español.
• Ter entre 18 e 30 anos.
• Estatura mínima de 1´65 nos homes e 1´60 nas mulleres.
• Ter o título de ESO ou Superior ou acreditar a superación da proba de acceso a
Ciclos de grao Medio.
• Declaración xurada do solicitante de compromiso de portar armas.
• Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
• Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A e B e da autorización
(BTP –vehículos de emerxencia)
Solicitudes:
As instancias e os impresos serán facilitados e presentados nas xefaturas e
comisarías de policía. As solicitudes presentaranse no prazo de 20 días naturais
contados a partir do día seguinte da súa publicación no BOE.
Probas de selección:
1ª fase de oposición: constará das seguintes probas de carácter eliminatorio:
• Proba de coñecementos: contestación a unha enquisa de preguntas sobre as
materias xurídicas, sociais e materias técnico – científicas (acorde co temario
correspondente) , e proba de ortografía.
- 52 -
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017
Caderno de información para bacharelato 2017

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (14)

Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º eso
 
Orientación 4º eso
Orientación 4º esoOrientación 4º eso
Orientación 4º eso
 
Charla orientación 4º eso
Charla orientación 4º esoCharla orientación 4º eso
Charla orientación 4º eso
 
Sesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESOSesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESO
 
Orientación 4º eso
Orientación 4º esoOrientación 4º eso
Orientación 4º eso
 
1º bach 14 15
1º bach 14 151º bach 14 15
1º bach 14 15
 
Orientaición 3º de ESO 2015
Orientaición 3º de ESO 2015Orientaición 3º de ESO 2015
Orientaición 3º de ESO 2015
 
Presentación 3º de eso
Presentación 3º de esoPresentación 3º de eso
Presentación 3º de eso
 
4º ESO curso 14-15
4º ESO curso 14-154º ESO curso 14-15
4º ESO curso 14-15
 
Orientacions 2º BACH
Orientacions 2º BACHOrientacions 2º BACH
Orientacions 2º BACH
 
Bacharelatos pau nova selectividade
Bacharelatos pau nova selectividadeBacharelatos pau nova selectividade
Bacharelatos pau nova selectividade
 
Presentación 4º
Presentación 4ºPresentación 4º
Presentación 4º
 
Itinerarios e optatividade na ESO 14 15
Itinerarios e optatividade na ESO 14 15Itinerarios e optatividade na ESO 14 15
Itinerarios e optatividade na ESO 14 15
 
ABAU fp
ABAU fpABAU fp
ABAU fp
 

Ähnlich wie Caderno de información para bacharelato 2017

Que facer ó rematar 4º ESO
Que facer ó rematar 4º ESOQue facer ó rematar 4º ESO
Que facer ó rematar 4º ESO
Monte_Castelo
 
09 10 Guia De Orientacion Academica Profesional
09 10  Guia De Orientacion Academica Profesional09 10  Guia De Orientacion Academica Profesional
09 10 Guia De Orientacion Academica Profesional
n1orientacion
 
Presentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomce
Presentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomcePresentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomce
Presentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomce
manuelbar
 
Presentación matr´ricula 1º bacharelato lomce
Presentación matr´ricula 1º bacharelato lomcePresentación matr´ricula 1º bacharelato lomce
Presentación matr´ricula 1º bacharelato lomce
manuelbar
 

Ähnlich wie Caderno de información para bacharelato 2017 (20)

Orientación académica alumando 4º ESO
Orientación académica alumando 4º ESOOrientación académica alumando 4º ESO
Orientación académica alumando 4º ESO
 
Para a eso sobre bac 2010 11
Para a eso sobre bac 2010 11Para a eso sobre bac 2010 11
Para a eso sobre bac 2010 11
 
Presentación 3º eso 2013
Presentación 3º eso 2013Presentación 3º eso 2013
Presentación 3º eso 2013
 
Que facer ó rematar 4º ESO
Que facer ó rematar 4º ESOQue facer ó rematar 4º ESO
Que facer ó rematar 4º ESO
 
Charla orientación 3º eso 2014
Charla orientación 3º eso 2014Charla orientación 3º eso 2014
Charla orientación 3º eso 2014
 
BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.
 
BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.
 
Presentación ABAU 2022.pdf
Presentación ABAU 2022.pdfPresentación ABAU 2022.pdf
Presentación ABAU 2022.pdf
 
Manual autoorientacion 4º 2015 2016
Manual autoorientacion 4º 2015 2016Manual autoorientacion 4º 2015 2016
Manual autoorientacion 4º 2015 2016
 
Charla orientación 4º eso
Charla orientación 4º esoCharla orientación 4º eso
Charla orientación 4º eso
 
Orientación 1º bach
Orientación 1º bachOrientación 1º bach
Orientación 1º bach
 
09 10 Guia De Orientacion Academica Profesional
09 10  Guia De Orientacion Academica Profesional09 10  Guia De Orientacion Academica Profesional
09 10 Guia De Orientacion Academica Profesional
 
De bac á universidade 2010 11
De bac á universidade 2010 11De bac á universidade 2010 11
De bac á universidade 2010 11
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20
 
Bacharelato 2014 2015
Bacharelato 2014 2015Bacharelato 2014 2015
Bacharelato 2014 2015
 
Bacharelato
BacharelatoBacharelato
Bacharelato
 
Bach. Loe. Anteproxecto
Bach. Loe. AnteproxectoBach. Loe. Anteproxecto
Bach. Loe. Anteproxecto
 
Presentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfPresentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdf
 
Presentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomce
Presentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomcePresentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomce
Presentación ao alumnado e familias 1º bacharelato lomce
 
Presentación matr´ricula 1º bacharelato lomce
Presentación matr´ricula 1º bacharelato lomcePresentación matr´ricula 1º bacharelato lomce
Presentación matr´ricula 1º bacharelato lomce
 

Kürzlich hochgeladen

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Caderno de información para bacharelato 2017

  • 1. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS CADERNO DE INFORMACIÓN ACADÉMICA PARA BACHARELATO IES DE CURTIS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2016/2017 - 1 -
  • 2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS INDICE 1. Organigrama do Sistema Educativo 2. Os Estudos Universitarios 3. As probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á universidade (ABAU) • Parámetros de ponderación das materias da Parte Voluntaria das ABAU • As notas de corte nas Titulacións Universitarias en Galicia no curso 16-17 4. A Formación Profesional 5. As Ensinanzas de Réxime Especial 6. Ensinanzas para persoas adultas 7. Forzas e corpos de seguridade 8. Outros estudos despois do bacharelato 9. Probas libres para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos 10. Bolsas e axudas ao estudo 11. Segundo curso de Bacharelato 12. Guia para orientarse e dedicir despois do bacharelato - 2 -
  • 3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS 1. ORGANIGRAMA DO SISTEMA EDUCATIVO - 3 -
  • 4. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS 2.OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS Os títulos universitarios divídense en títulos de: • GRAO: Obtense o título de graduado. • POSGRAO: ➢ MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada e máis avanzada. Obtense o título de master. ➢ DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master , obtense unha formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de doutor. Todos estes títulos están organizados en 5 ramas de coñecemento, que coinciden, máis ou menos, coas modalidades de bacharelato. E a cada rama de coñecemento pertencen os diferentes títulos de grao que se ofertan nas diferentes universidades de toda España. 1. Ciencias Sociais e xurídicas. 2. Artes e humanidades. 3. Ciencias da saúde. 4. Ciencias. 5. Enxeñaría e arquitectura. Para acceder a un título de grao existen duas posibilidades principais: • Trala superación dunha modalidade de bacharelato e a Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). • Trala superación dun Ciclo Superior de Formación Profesional. As ABAU teñen como obxectivo valorar a madureza académica do estudante así como as capacidades específicas para cursar unha determinada ensinanza de grao. Teñen dúas partes: PARTE OBRIGATORIA (é obrigatoria): versará sobre as materias xerais de 2º curso do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II. Constará dos exercícios seguintes: Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II, Lingua Estranxeira e Literatura II cursada (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués), Historia de España, materia xeral de modalidade cursada en 2º bac: Matemáticas II para ciencias, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II para Ciencias Sociais, Latín II para Humanidades, Fundamentos da Arte II para Artes. - 4 -
  • 5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS MATERIAS TRONCAIS XERAIS E DE MODALIDADE Historia de España Lingua Española e Literatura II Lingua Galega e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II: Alemán / Francés / Inglés / Italiano / Portugués ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES Fundamentos da Arte II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas CC.SS. II Latín II PARTE VOLUNTARIA: Permite mellorar a cualificación obtida na Parte Obrigatoria. Versará sobre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba. PARTE VOLUNTARIA MATERIAS XERAIS TRONCAIS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES Latín II Fundamentos da Arte II Fundamentos da Arte II Fundamentos da Arte II Matemáticas II Latín II Latín II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II MATERIAS DE OPCIÓN (para todas as Modalidades) Artes Escénicas Deseño Historia da Arte Xeoloxía Bioloxía Economía da Empresa Historia da Filosofía Cultura Audiovisual II Física II Química Debuxo Técnico II Grego II Xeografía Para acceder a un título de grao, dende o bacharelato, terás que superar a parte obrigatoria como mínimo. Pero nos títulos con límite de prazas, a nota de admisión incorporará as calificacións das materias da parte voluntaria, no caso de que as materias estén adscritas á rama de coñecemento do título no que se queira ser admitido. Polo tanto aquelas persoas que superen a parte voluntaria, coas materias específicas vinculadas ao título de grao ao que desexen acceder, terán máis posibilidades de acceso por ter unha maior puntuación. Polo tanto debes saber que materias de bacharelato están vinculadas a cada rama de coñecemento e tamén como se vinculan os títulos univesitarios ás disintas ramas de coñecemento. Tamén debes saber que para acceder a un título de grao dende un ciclo superior de FP, o acceso é directo, pero os titulados en FP poden mellorar a nota media de acceso presentándose á parte voluntaria das ABAU, pero esto verémolo máis adiante. A continuación presentámosche o vínculo entre as materias de modalidade de bacharelato e as diferentes ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias, así como os diferentes títulos de grao que se ofertan en cada rama (é só unha recompilación representativa de toda España que debes revisar na web da universidade á que queres acceder), porque dependendo da universidade, un mesmo título pode estar adscrito a unha rama ou a outra. - 5 -
  • 6. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS ADSCRICIÓN DAS MATERIAS DE OPCIÓN DO BLOQUE DE MATERIAS TRONCAIS DE 2ºBAC ÁS RAMAS DE COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS ARTES E HUMANIDADES Artes Escénicas Bioloxía Cultura Audiovisual II Debuxo Técnico II Deseño Economía da Empresa Física Grego II Hª da Arte Hª da Filosofía Química Xeografía Xeoloxía Artes Escénicas Cultura audiovisual II Debuxo Técnico II Deseño Economía da Empresa Grego II Hª da Arte Hª da Filosofía Xeografía ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA Bioloxía Debuxo Técnico II Deseño Economía da Empresa Física Química Xeoloxía CIENCIAS CIENCIAS DA SAÚDE Bioloxía Física Química Xeoloxía Bioloxía Física Química Xeoloxía Títulos de grao Podes ver unha recopilación representativa da oferta de títulos de tódalas universidades españolas. (En negriña os impartidos no Sistema Universitario Galego) CIENCIAS CIENCIAS DA SAÚDE Bioloxía Bioloxía Ambiental Bioquímica Bioquímica e Bioloxía molecular Bioquímica e Ciencias Biomédicas Biotecnoloxía Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Ciencias Ambientais Ciencias Biomédicas Ciencias Experimentais Ciencias do Mar Bioloxía Humana Bioloxía Sanitaria Biomedicina Básica e Experimental Ciencia e Producción Animal Enfermería Farmacia Fisioterapia Logopedia Mediciña Nutrición Humana e Dietética Odontoloxía - 6 -
  • 7. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Enoloxía Física Matemáticas Matemáticas e Estatística Microbioloxía Nanociencias e Nanotecnoloxía Óptica e optometría Química Xenética Xeoloxía Óptica, Optometría Podoloxía Psicoloxía Terapia Ocupacional Veterinaria DOBRES TITULACIÓNS: Bioloxía e Química ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS ARTES E HUMANIDADES Arquitectura Arquitectura Técnica Enxeñaría Aeroespacial Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria Enxeñaría Audiovisual Multimedia Enxeñaría Biolóxica, Biomédica Enxeñaría Civil Enxeñaría da Enerxía Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto Enxeñaría de en Química Industrial Enxeñaría de Obras Públicas Enxeñaría de Organización Industrial Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais Enxeñaría de Tecnoloxías de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos Enxeñaría Eléctrica Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática Enxeñaría en Tecnoloxías Enxeñaría Forestal Enxeñaría Forestal e do Enxeñaría Informática Enxeñaría Mecánica Enxeñaría Naval e Oceánica Enxeñaría Química Enxeñaría Xeolóxica, Xeodésica e Topografía Enxeñaría Xeomática e Topografía Grao en Náutica e Transporte Marítimo Grao en Tecnoloxías Mariñas Industriais medio natural Administración e Dirección de Empresas Antropoloxía Social e Cultural Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte Ciencias do traballo Ciencias empresariais Ciencias Políticas e da Administración Comunicación Audiovisual Comercio Turismo, Protocolo, Gastronomía, Hostelería Criminoloxía Dereito Economía Educación Infantil Educación Primaria Educación Social Relacións Laborais e Recursos Humanos Socioloxía Información e Documentación Pedagoxía Publicidade e Relacións Públicas Traballo Social Turismo Xeografía e Ordenación do Territorio Xornalismo Xestión Pequenas e Medianas Empresas DOBRES TITULACIÓNS: Comunicación Audiovisual e Xornalismo Dereito e ADE Dereito e Relacións Laborais Empresariais e Turismo Mestre en EI e Primaria Arqueoloxía Belas Artes Chino e Xaponés. Ciencias da cultura e difusión cultural Ciencias da danza Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios: Español, Galego e Portugués, inglés, Linguas Estranxeiras Ciencias e linguas da antigüedade Cine e medios audiovisuais Comunicación cultural Deseño Deseño e moda Español, Lingua e Literatura Estudios clásicos Estudos alemáns Estudos árabes e hebreos Estudos árabes e islámicos Estudos cataláns e occitanios Estudos de Asia e África-Árabe, Estudos de Asia Oriental Estudos Franceses Estudos ingleses Estudos italianos Estudos literarios Estudos portugueses e brasileños Estudos semíticos e islámicos Filoloxía: Vasca, clásica, Filosofía Historia da Arte Historia e Ciencias da Música Historia e patrimonio artístico Traducción e Interpretación Xeografía e Historia Humanidades Información e documentación Inglés: Estudos lingüísticos e - 7 -
  • 8. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Telecomunicación DOBRES/SIMULTANEIDADE TITULACIÓNS: ADE e Enxeñaría Informática Empresariais e Arquitectura Técnica Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal Enxeñaría Informática e Matemáticas e Física Enxeñaría Mecánica e Naval e Oceánica Química e Bioloxía Química e Física Xeomática e Topografía e Enxeñaría Civil (só incluimos os do SUG) (só incluimos os do SUG) Inglesa, Moderna. Lingua e literatura: Catalanas, Linguas Aplicadas Linguas estranxeiras Linguas modernas Lingúística Lingüísticos e literarios. literarios. literarios. literatura Musicoloxía territorio e Xestión do Medio Traducción e interpretación Xeografía e historia Xeografía, Ordenación do Territorio DOBRES TITULACIÓNS: Español e Galego e Portugués Inglés e Español Inglés e Galego e Portugués (só incluimos os do SUG) En Galicia, para o acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte precisarase da superación, ademáis da PAU, dunhas probas específicas de acceso, para o cal débeste informar na WEB das propias universidades que o imparten. 3. AS PROBAS DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (A.B.A.U.) A proba de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade divídese en dúas partes: unha xeral, e outra parte voluntaria, con exames vinculados á titulación que queiras estudiar, axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da parte xeral. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se presentarte á parte voluntaria ou non. PARTE OBRIGATORIA: A Parte Obrigatoria da proba ten por obxecto valorar a madurez e destrezas básicas que debe acadar o estudante ao finalizar o bacharelato para seguiren as ensinanzas universitarias oficiais de Grao, especialmente no que se refire á compresión de mensaxes, uso da linguaxe para analizar, relacionar, sintetizar e expresar ideas, a comprensión básica dunha lingua estranxeira e os coñecementos e técnicas fundamentais dunha materia de modalidade. Versará sobre as materias xerais de - 8 -
  • 9. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS segundo curso do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II. MATERIAS TRONCAIS XERAIS E DE MODALIDADE Historia de España Lingua Española e Literatura II Lingua Galega e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II: Alemán / Francés / Inglés / Italiano / Portugués ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES Fundamentos da Arte II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas CC.SS. II Latín II Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura II: Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo e divulgativo, relacionado cos contidos desta materia. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha. Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura II. Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Tamén terás dúas opcións das que deberás elixir unha. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia en 2º curso de bacharelato. Terceiro exercicio: Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia. Cando realices a inscrición na proba de acceso, para este exercicio que presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha. Cuarto exercicio: Lingua estranxeira. O exercicio terá como obxectivo valorar a comprensión oral e lectora e a expresión oral e escrita da Primeira Lingua Estranxeira e Literatura II da que se trate. Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na proba, a Primeira Lingua Estranxeira II [Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués] cursada da que se examinará. Quinto exercicio: Materia de modalidade cursada en 2º de bacharelato. Na solicitude de inscrición á proba de acceso, deberás indicar a materia de modalidade de 2º de bacharelato que cursaches. O exercicio tamén presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha, e consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións sobre a materia. ARTES CIENCIAS CC. SOCIAIS HUMANIDADES Fundamentos da Arte II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas ás CCSSII Latín II - 9 -
  • 10. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS • Cada exercicio terá unha duración máxima de hora e media (90 minutos), establecéndose un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. • Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira, que deberá realizarse nos seus respectivos idiomas. • Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. COMO SE CALCULA A NOTA DA ABAU? A nota calcúlase tendo só en conta as notas da parte obrigatoria. A parte voluntaria, como leerás máis adiante, é só para subir a túa nota de admisión. A nota desta parte será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Poñamos un exemplo: • Primeiro exercicio: 7´30 • Segundo exercicio: 4´20 • Terceiro exercicio: 5´90 • Cuarto exercicio: 6´10 • Quinto exercicio: 7´80 Nota desta fase xeral: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260 QUE NOTA NECESITO PARA SUPERAR A PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media ponderada entre a cualificación obtida na parte obrigatoria da ABAU (que conta un 40%) e a nota de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da parte obrigatoria. Se acadas un 4 na parte obrigatoria necesitarás alomenos un 5´67 en Bacharelato para superar a ABAU. O cálculo é así: (5´67 x 0´60)+ (4 x 0´40) = 5. Se acadas menos dun 5 ´67 en Bacharelato, necesitarás acadar máis dun 4 na ABAU para que a media ponderada sexa alomenos o 5 necesario para aprobar. Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, si computará a cualificación da materia de relixión. PARTE VOLUNTARIA Na Parte Voluntaria da proba cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias de entre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso de bacharelato e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba, a que fai referencia o artigo 31 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da - 10 -
  • 11. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño). PARTE VOLUNTARIA MATERIAS XERAIS TRONCAIS ESPECÍFICAS DE MODALIDADE ARTES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES Latín II Fundamentos da Arte II Fundamentos da Arte II Fundamentos da Arte II Matemáticas II Latín II Latín II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II MATERIAS DE OPCIÓN (para todas as Modalidades) Artes Escénicas Deseño Historia da Arte Xeoloxía Bioloxía Economía da Empresa Historia da Filosofía Cultura Audiovisual II Física II Química Debuxo Técnico II Grego II Xeografía A que materias debería presentarme na parte voluntaria? Se necesitas facela para subir nota, débeste examinar das materias da modalidade de 2º de bacharelato que se corresponden coa rama de coñecemento da titulación que che interesa. Pero non é necesario que estudiaras esa modalidade de bacharelato á que pertencen as materias das que te examines. Por exemplo, imaxina que estudiache o bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, pero queres estudiar Mediciña. Pois neste caso, na parte voluntaria debes examinarte de materias vinculadas á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudiaches a modalidade de bacharelato relacionada, pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa modalidade”. A cantas materias me podo presentar na fase específica? Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias. O normal é presentarse como mínimo a dúas ou a tres, e excepcionalmente a 4 exames. Se decides examinarte de máis de 2 materias, só se terán en conta as dúas mellores notas. En que consisten os exercicios da parte específica? Os exercicios de cada unha das materias elixidas polo estudante consistirán na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao tipo de coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas e cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Cada un dos exercicios da Parte Voluntaria da proba presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha e terá unha duración máxima - 11 -
  • 12. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS de hora e media (90 minutos), establecéndose un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. Para a realización dos exercicios da Parte Voluntaria da proba, os estudantes poderán empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Nota: a efectos de organización da proba, o estudante indicará na solicitude de matrícula na proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade a materia ou materias (máximo de catro materias) de opción do bloque das materias troncais de segundo curso de bacharelato e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria da proba, da/s que se examinará na Parte Voluntaria de entre aquelas ás que fai referencia o artigo 31 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño). COMO SE CALCULAN OS PUNTOS QUE OBTEÑO PRESENTÁNDOME Á FASE ESPECÍFICA? As cualificacións dos exames desta parte irán de 0 a 10 e para que conten é necesario acadar un 5. A notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non, pero pertence á rama de coñecemento da titulación. Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso que é a media ponderada entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da parte obrigatoria. No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10 x 0´2) + (10 x 0´2) = 4 Poñamos outro exemplo: • Nota de Bacharelato: 7´80 • Nota da parte obrigatoria: 7´200 • Nota de acceso: (0´60 x 7´80) + (0´40 x 7´200) = 7´560 Parte voluntaria: • Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20 • Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40 • Puntos adicionais: (9´20 x 0´2) + (8´4 x 0´1) = 2´68 • Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240 DEBERIA PRESENTARME Á PARTE VOLUNTARIA? A nosa recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudiar non ten límite de prazas na universidade onde queres estudiar, non che fai falta que fagas a fase específica. Só necesitas aprobar a parte obrigatoria para entrar nesa titulación, pois na - 12 -
  • 13. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS ABAU apróbase unicamente tendo en conta a túa nota na parte obrigatoria. A parte voluntaria non afecta a se aprobas ou non, só sirve para subir nota. En cambio, se onde queres estudar hai prazas limitadas para a titulación que máis che interesa, deberías sen dúbida facer a parte voluntaria, incluso se tes moi boas notas. Por qué? Supoñamos que tes un 9 en Bacharelato. Sacas tamén un 9 na parte obrigatoria e a titulación que queres estudiar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar parece sinxelo, non? Pois se non fas a parte voluntaria, non. Ten en conta que é probable que a maioría da xente que quere estudiar o mesmo ca ti vai facer a parte voluntaria. Imaxina a alguén que ten un 6´50 en bacharelato, saca un 6´500 na parte obrigatoria, e logo fai a parte voluntaria e saca 6´50 e 6´50 en dúas materias prioritarias. Pois a súa nota de acceso sería 9´100. Entraría antes ca ti, co seu 6´50 e tí co teu 9´00 en Bacharelato. O cálculo é así: • Nota de Bacharelato: 6´50 • Nota da parte obrigatoria: 6´500 • Nota de acceso: (0´60 x 6´50) + (0´40 x 6´500) = 6´500 Parte voluntaria: • Materia 1 (clasificada como prioritaria): 6´50 • Materia 2 (clasificada como prioritaria): 6´50 • Puntos adicionais: (6´50 x 0´2) + (6´50 x 0´2) = 2´60 • Nota de admisión: 6´500 + 2´60 = 9´100 Conclusión: Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a fase específica. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra. COMO SEI A QUE ASIGNATURAS PRESENTARME PARA SUBIR MÁIS NOTA? Como cada universidade poderá sinalar as asignaturas concretas que considera prioritarias para determinado título, se xa sabes qué titulación queres estudiar e en qué universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che interesa. As universidades están publicando estes datos, que denominan táboas de ponderación na súa web e que en moitos casos son comúns para tódalas universidades dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia). É moi importante decidir ben qué asignaturas escolles para examinarte nesta fase pois cada un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto a túa nota de admisión, e ata dous puntos se a universidade sinalou esa asignatura como unha das prioritarias. COMO SE CALCULA A NOTA DE ADMISIÓN? Se te presentas só á parte obrigatoria a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6 x NMB (nota media de bacharelato) + 0´4 x CPO (Cualificación da Parte Obrigatoria) - 13 -
  • 14. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Se ademais te presentas á parte voluntaria para subir puntos, a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6 x NMB (nota media de bacharelato) + 0´4 x CPO (Cualificación da parte obrigatoria) + a x M1 + b x M2 Sendo a e b os parámetros de ponderación (0´1 e 0´2) das materias da parte voluntaria, e M1 e M2 as dúas materias superadas da parte voluntaria con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación. POR QUE É TAN IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN? Cando un título de Grao ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número de estudantes queren estudiar ese título en dita universidade, o único criterio que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes. O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que queren estudiar un determinado título as ordena de máis a menos nota e vai dando as prazas a aqueles estudiantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudiante que consigue entrar nun determinado título de Grao é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que depende do número de prazas que se oferten na carreira e do número e da nota media dos alumnos que soliciten entrar nese título. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesmo título. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi o/a alumno/a que entrou coa peor nota. Aquí podes consultar as notas de corte do presente curso : http://ciug.gal/PDF/cortes16-17.pdf ENTÓN, PODEREI TER DIFERENTES NOTAS DE ADMISIÓN? Sí. Un estudiante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e titulacións nas que solicite admisión. Poñamos un exemplo dun estudiante que ten as seguintes notas e que quere estudiar mediciña: • Nota media de bacharelato: 9´00 • Nota da parte obrigatoria: 8´00 Nota de admisión antes de realizar a parte voluntaria: (0´60 x 9´00) + (0´40 x 8´00) = 8 ´600 Parte voluntaria: • Materia 1: Química 8´50 • Materia 2: Bioloxía 8´20 Na universidade onde quere estudiar Mediciña dixéronlle que tanto Química como Bioloxía se consideran materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2. No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Mediciña nesta Universidade sería: (0´60 x 9´00) + (0´40 x 8´00) + (0´2 x 8´50) + (0´2 x 8´20) = 11´940 Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento - 14 -
  • 15. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS (Ciencias da Saúde), pero onde nin Química nin Bioloxía se consideran asignaturas prioritarias, o multiplicador para estas materias serían 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60 x 9´00) +(0´40 x 8´00) + (0´1 x 8´50) + (0´1 x 8´20) = 10´270 Polo tanto, os estudiantes que soliciten praza en diferentes estudios e universidades, terán diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias ás que se presentou na parte voluntaria e que pode variar dependendo da titulación e da universidade. PODERIA ENTRAR NUNHA CARREIRA COMO MEDICIÑA AINDA QUE O MEU BACHARELATO SEXA O DE ARTES? En principio sí. Cando un estudiante quere acceder a unha carreira onde hai máis demanda que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Só en caso de empate entre dous ou máis estudantes coa mesma nota de admisión (os casos son mínimos pois se consideran dous decimais) terán preferencia os que se examinaran na parte obrigatoria dunha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento á que pertence o estudo solicitado. Quizais penses entón que a modalidade de bacharelato que se estudia xa non ten tanta importancia pois un estudiante de Artes pode solicitar praza para estudiar unha carreira de outra rama, como por exemplo en Mediciña. Efectivamente é posible, pero non hai que esquecer que os títulos de grao máis demandados teñen asignaturas vinculadas que permiten aos estudiantes interesados neses estudios subir nota. E se para Mediciña as asignaturas de Bioloxía e Química, entre outras, permiten sumar puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudiante que se preparou no Bacharelato afín terá menos dificultades para subir nota, así que seguirá sendo importante. Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base para levar a carreira con éxito. Se por exemplo un estudiante que cursa o Bacharelato de Artes decide solicitar praza nunha enxeñería que non ten límite de prazas, é 100% seguro que entrará na carreira. Pero o máis probable é que a abandone, pois é moi difícil seguir o ritmo das clases sen ter unha base. ALUMNADO CON DISCAPACIDADE: Para aqueles/as estudantes con algún tipo de discapacidade que se presenten ás Probas de Acceso, a CiUG garantirá que estes poidan realizar os exercicios da ABAU nas debidas condicións de igualdade. A CiUG poderá adoptar as seguintes medidas: • Adaptación dos tempos. • Elaboración de modelos especiais de exame. • Posta á disposición do estudantado dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización das ABAU. • Garantir a accesibilidade á información e comunicación dos procesos e do recinto ou espazo físico onde se desenvolva a ABAU. - 15 -
  • 16. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS En todo caso, a determinación das medidas indicadas no punto anterior farase baseándose nas adaptacións curriculares cursadas no bacharelato. O tribunal poderá requirir informes e a colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración educativa, así como dos centros onde cursasen bacharelato os estudantes con discapacidade. Particularmente, contemplaranse medidas de flexibilización e metodolóxicas na avaliación de lingua estranxeira para o alumnado con discapacidade, en especial para os casos de alumnado con discapacidade auditiva, alumnado con dificultades na súa expresión oral e/ou trastornos da fala. Estas adaptación en ningún caso se terán en conta para minorar as cualificacións obtidas. PONDERACIÓNS DAS MATERIAS DA PARTE VOLUNTARIA PARA A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: Na WEB da ciug podes consultar as táboas de ponderación das materias de bacharelato para a parte voluntaria das ABAU, para os Graos da Comunidade Autónoma de Galicia. Debes ter en conta que estas táboas de ponderación apróbanse cada ano, e ainda que non hai moita variación, no vindeiro curso deberás consultar as táboas actualizadas. As deste curso sírvenche de referencia para escoller as materias de 2º de Bacharelato. Tamén debes ter en conta que cada universidade ten as súas propias táboas de ponderación. Se tes pensado estudar noutra Comunidade Autónoma debes de consultar na súa web as súas propias ponderacións. Aquí podes consultar os parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria das ABAU: http://ciug.gal/PDF/pondera17.pdf, ou tamén podes consultalos nas seguintes táboas. - 16 -
  • 17. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS - 17 -
  • 18. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS - 18 -
  • 19. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS NOTAS DE CORTE - 19 -
  • 20. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS - 20 -
  • 21. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS - 21 -
  • 22. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS NORMAS XERAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA: 1. O proceso de acceso consta de dúas convocatorias de preinscripción: Ordinara (xuño) e extraordinaria (setembro). As datas para a entrega de solicitudes de acceso son as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e fanse públicas na web da CIUG. 2. Tódolos trámites administrativos do proceso de acceso, o alumnado deben facelos no LERD (lugar de entrega e recollida de documentación), que están repartidos polos diversos campus de Galicia. Deberá elixir o LERD do campus escollido en primeiro lugar na solicitude de preinscripción. Tamén poderá facerse a preinscripción a través dos procedementos telemáticos que se establezan. 3. O alumnado debe cubrir un único impreso de solicitude, onde poderá indicar ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de que a ensinanza se imparta en máis dun centro de Galicia. 4. Resérvanse prazas para determinados colectivos: os que acceden por proba para maiores de 25 anos, os maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral, para os que superen a proba de acceso para maiores de 45 anos, para os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, para deportistas de alto nivel, e para os que teñan unha titulación universitaria. 5. A orde de adxudicación das prazas é a seguinte: • Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño deste curso ou en xuño ou setembro de anos anteriores. • En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudiantes que cumpran os requisitos de acceso en setembro. • En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a preinscripción na convocatoria de setembro, terá prioridade só en setembro, ainda que cumprira os requisitos en xuño deste ano ou en anos anteriores. 6. En cada colectivo do apartado anterior adxudicaranse as prazas por maior nota de admisión. 7. Nos casos de empate na nota de admisión, terán preferencia: a) Modalidade e materias cursadas nos estudios previos equivalentes ao Título de Bacharelato, en relación coa titulación elixida. b) Calificacións obtidas en materias concretas cursadas nos cursos equivalentes ao Bacharelato español, ou da avaluación final dos cursos equivalentes ao do Bacharelato español. c) Formación académica ou profesional complementaria. d) Estudios superiores cursados con anterioridade. 8. A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se establezan. - 22 -
  • 23. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Normalmente hai varias adxudicacións. Saen 5 listados de admitidos ao longo do mes de xullo e 3 en setembro (para os que fixeron a preinscripción en setembro). Despois de cada listado soe haber dous días para realizar a matrícula. Se o alumno foi admitido na titulación de maior preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus dereitos. De ser admitido nunha de menor preferencia pode matricularse ou esperar a ver se é admitido nunha titulación de maior preferencia ata que se anuncie o peche da matrícula nesa titulación. Poderá consultar os listados de espera en Internet e valorar a súa posición na lista de espera. 9. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD ou na aplicación NERTA onde presentou a súa solicitude de acceso. 4. A FORMACIÓN PROFESIONAL A finalidade da Formación Profesional é a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións. Como está organizada a Formación Profesional? Comprende na actualidade tres subsitemas: 1. Formación profesional do Sistema Educativo: que se organiza en Ciclos de Grao Medio e de grao Superior. 2. Formación profesional para a inserción e reinserción laboral: que comprende as ensinanzas non regradas dirixidas a proporcionar capacitación profesional (para demandantes de emprego) 3. Formación profesional continua nas empresas: dixida a mellorar a formación das persoas que xa están traballando. Que é a Formación Profesional? A formación profesional ordénase en 26 familias profesionais –grupo de ocupacións– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva. Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos, co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulo profesionais de formación teórica e práctica. Os ciclos formativos poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é variable, cun máximo de dous cursos académicos. Teñen como obxectivo prepararte para a actividade profesional elixida e capacitarte para o desempeño cualificado dunha profesión. - 23 -
  • 24. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Como se accede? Ós Ciclos de Grao Medio: Co título de Graduado en Educación Secundaria ou cun título de formación profesional básica. De non ter o título, podes acceder a calquera Ciclo de grao Medio se superas unha proba de acceso e cumpres alomenos 17 anos. Ós Ciclos de Grao Superior: Co título de Bacharelato ou cun título de técnico. De non ter o título coa superación dunha proba de acceso que varía en función do Ciclo ó que queres acceder, e cumpridos os 18 anos (no caso de ter un ciclo de grao medio) ou 19 anos. Onde se Estudan? Nos institutos de educación secundaria públicos e nos centros privados autorizados, que poden ser concertados ou non. Como Están Organizados os ciclos? Hai que diferenciar os seguintes termos: A familia profesional: é o nome que enmarca unha actividade nun determinado campo detraballo. Actualmente hai unhas 26 familias de formación profesional. Dentro de cada familia hai Ciclos formativos: recollen un conxunto de destrezas orientadas ó exercicio dunha profesión concreta. Cada familia ten diferentes Ciclos formativos de grao Medio ou de grao Superior, que se corresponden con cada profesión. Cada Ciclo formativo comprende unha serie de módulos. Son as áreas ou materias de contido terórico e práctico que terías que estudiar ("as asignaturas"). Existen uns módulos que son comúns a tódolos Ciclos: FOL (Formación e Orientación laboral), RET (Relacións no contorno do traballo), FCT (Formación en Centros de Traballo), Proxecto integrado. O tipo de módulos que hai están directamente relacionados coa profesión estudada, é dicir, xa non existen asignaturas como lingua e literatura, matemáticas, filosofía, ciencias socias, etc. , pero sí é importante a formación previa que teñas para ter unha boa base que che faga cursar con éxito os Ciclos. Que é a FCT (Formación en Centros de Traballo)? Consiste nun período de prácticas que terás que desenvolver nunha empresa, e que normalmente dura 3 meses ó final do Ciclo. Como ves é un módulo con moitas horas e para acceder a el hai que superar tódolos outros módulos que se imparten no instituto. Canto Duran Os Ciclos? Normalmente 2000 horas (incluídas as prácticas), distribuídas en dous cursos académicos. Que titulación se obtén? Co Ciclo de grao Medio: Título de Técnico na profesión correspondiente. Con el podes - 24 -
  • 25. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS acceder ó mundo laboral ou ó Bacharelato ou aosCiclos de grao Superior. Co Ciclo de grao Superior: Título de Técnico Superior. Con el podes acceder ó mundo laboral ou a calquera grao universitario. Lembra que para obter os títulos é imprescindible superar tódolos módulos que se imparten en cada Ciclo. Cales son os Réximes e as Modalidades para realizar os estudos de FP? Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial—asistindo diariamente a un centro formativo — , ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial, semi-presencial ou a distancia. A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses personais ao longo da vida. Para realizar a matrícula no réxime de persoas adultas é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que se inicien os estudos. Que saídas teñen os Ciclos de FP? Acceso á universidade: As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao. 1. Admisión na universidade: No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo. Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo) 2. Cálculo da nota media do ciclo formativo: NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos. Non se computarán nin o módulo de formación en centros de traballo nin aqueles que foron obxecto de validación. A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior. 3. Procedemento para mellorar a nota de admisión: As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da parte voluntaria - 25 -
  • 26. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS das probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade. A parte voluntaria axustarase aos seguintes criterios: • Cada estudante poderá realizar un máximo de catro exercicios da súa elección. O contido dos temarios sobre os que han versar os exercicios da parte voluntaria será o establecido para o currículo das materias troncais de opción de segundo de bacharelato. • Para que as materias troncais de opción computen no cálculo da nota de admisión, deben estar adscritas á rama de coñecemento do grao ao que se queira optar, segundo o recollido na páx.3. • A puntuación en cada exercicio estará entre cero e dez puntos, con dúas cifras decimais. • Considerarase superado o exercicio cando obteña unha cualificación igual ou superior a cinco puntos. • A cualificación das materias da parte voluntaria terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas. Neste caso a nota de admisión para aos estudos universitarios de grao calcularase mediante a seguinte fórmula. Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2 • NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento indicado anteriormente. • M1 e M2: Para que os exercicios computen no cálculo da nota de admisión, as materias deben estar adscritas á rama de coñecemento do título universitario de grao ao que se pretenda acceder, segundo o recollido na páx.3. • a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata 0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as ensinanzas universitarias. • Os parámetros de ponderación para cada curso académico e materia figuran na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (http://ciug.gal/PDF/pondera17.pdf). A nota media expresarase con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. 4. Inscrición no procedemento Para presentarse e realizar á parte voluntaria da proba será suficiente coa inscrición, achegando unha certificación académica oficial. A certificación terá o carácter de documentación provisional, e non poderá procederse á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e a entrega da documentación acreditativa de dispor do correspondente título. Na certificación académica oficial deberá constar: • Para os ciclos formativos de grao superior de FP, a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo, coa excepción da formación en centros de traballo e, de ser o caso, o módulo de proxecto. - 26 -
  • 27. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS • Para os ciclos formativos de artes plásticas e deseño, a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, coa excepción da formación práctica en empresas, estudo e talleres, e o módulo de proxecto integrado. • Para as ensinanzas deportivas, a superación dos módulos que compoñen o ciclo de grao superior de que se trate, coa excepción dos módulos de formación práctica e de proxecto final. 5. Adxudicación de prazas A adxudicación de prazas para cada un dos títulos de grao farase en función da nota de admisión obtidas polo estudante para ese título. Cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes cuxos títulos estean adscritos ás ramas de coñecemento nas que se encontren as ensinanzas de grao que desexen cursar. Consulta en orientación as vinculacións entre os títulos de Técnico Superior de Formación Profesional e as ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias. 6. Validacións de materias do título universitario: No caso de acceder ás ensinanzas universitarias dende un ciclo formativo de grao superior é posible ter o recoñecemento de créditos universitarios (validar materias do título universitario). Para ver a relacións de materias validables en cada grao e ciclo superior podes consultar a web de fp no apartado “validacións”. Acceso ao mercado laboral: A obtención do título de técnico superior, pola superación dun ciclo formativo de grao superior, permite a incorporación da persoa ao mercado laboral. O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser executada de xeito autónomo, ou por conta allea asumindo responsabilidades dentro dunha organización produtiva, como xefe de e equipo, organizando, programando e supervisando procesos produtivos. Formas de acceso a Ciclos de Grao Superior: Pódese acceder de forma directa se se cumpren determinadas condicións ou mediante unha proba. Acceso Directo: a) Título universitario. b) Título de técnico superior ou de técnico especialista. - 27 -
  • 28. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE. d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE. e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes. f) BUP. g) Título de técnico. h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores. Para o acceso a Ciclos de grao Superior, o acceso realízase por nota media do Bacharelato, é dicir, que se hai mais solicitudes que prazas, adxudican as prazas ás notas máis altas. Ademais da nota media de bacharelato terán en conta que teñas cursada unha determinada modalidade e dentro desta, inclúso determinadas materias. É dicir, cando non existan prazas suficientes terá prioridade o alumnado que: Cursase a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo coas materias vinculadas a el. Cursase a modalidade de bacharelato sen algunha das materias vinculadas ao ciclo. Cursase algunha modalidade de bacharelato. Dentro de cada un dos colectivos anteriores, a orde de prioridade virá determinada por: • Maior nota do expediente académico. • Maior nota ou nota media nas materias vinculadas. Así que antes escoller o teu itinerario de bacharelato é recomendable ter claro se está vinculado ao ciclo superior que desexes acceder. Segundo o establecido no artigo 43 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenacion xeral da formacion profesional do sistema educativo de Galicia, poderá incorporarse á oferta polo réxime para as persoas adultas quen teña feitos dezaoito anos ou os faga no ano natural en que comece o curso escolar. Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de dezaseis anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización da Inspección educativa. - 28 -
  • 29. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS OFERTA DE CICLOS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL E VINCULACIÓNS COS BACHARELATOS : ( Os bacharelatos e as materias preferentes están entre paréntese e negrilla, levan asterisco os ciclos que non se imparten en Galicia) Familias Profesionais Oferta de Ciclos Superiores (CS) Agraria Xestión e organización de empresas agropecuarias e dos recursos naturais e paisaxísticos CS Paisaxismo e medio rural. CS Xestión e organización de empresas agropecuarias. (Ciencias da terra e ambientais) CS Xestión Forestal e do medio natural CS Gandaría e asistencia en sanidade animal (Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía/ Ciencias da Terra e ambientais) Actividades Físicas e deportivas Conducción e animación de actividades físico – deportivas CS Animación de actividades físicas e deportivas (Calquera modalidade de bacharelato) Artes Gráficas Actividade produtiva de preparación de orixinais, tratamento de textos e imaxes, preparación da forma impresa, impresión en huecograbado, offset, serigrafía e flexografía, encadernación, manipulado de papel, cartón e outros materiais. CS Deseño e xestión da produción gráfica (Bach. Artes e Ciencias e Tecnoloxía / Debuxo Técnico) CS Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia (Bach. Artes e Ciencias e Tecnoloxía / Debuxo Técnico) Actividades Marítimo Pesqueiras Pesca: artesanal e industrial. Acuicultura: peixes, crustáceos e moluscos. Buceo: media profundidade. Buques: manexo, control e mantenemento dos sistemas de propulsión, equipos e instalacións. Transporte marítimo: administración e control da navegación. CS Acuicultura (Bioloxía) CS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións (Electrotecnia) CS Transporte marítimo e pesca de altura * CS Navegación, pesca e trasporte marítimo (Debuxo Tecnico) * (Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía) Administración e Xestión Administración e xestión en calqueirasector de actividade económica, entidades financieiras e de seguros, e na administración pública. CS Administración e finanzas. * CS Secretariado. CS Asistencia á dirección (Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecn, Humanid. e C. Sociais / Economía e organización de empresas) Comercio e Marketing Actividade productiva de departamentos comerciais, comercio independente (ó por maior e ó por menor), comercio integrado e asociado, axencias comerciais, xestión do transporte, servicios ó consumidor. CS Transporte e loxística CS Comercio Internacional. CS Xestión de vendas e espazos comerciais CS Márketing e publicidade (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía, Bach. - 29 -
  • 30. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Humanidades e CS / Enonomía e organización de empresas) Imaxe e Son Fotografía, cine, vídeo, publicidade, radio, televisión, espectáculos e axencias de noticias. CS Animación 3D, xogos e contornos. CS Iluminación, captación e tratamento da imaxe. CS Produción de audiovisuais e espectáculos CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos. (Todos: bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía) Edificación e Obra Civil Construcción de edificios industriais, comerciais, de servicios e de vivendas, así como de aeroportos, carreteras, obras marítimas e hidráulicas, obras subterráneas, ferrocarriles, conducciónsliñais de fluídos e a súa rehabilitación. CS Proxectos de obra civil. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía e Bach. de Artes) CS Proxectos de edificación (bach. Ciencias e tecnoloxía e Bach. de Artes) CS Organización e control de obras de construción (Bach. Ciencias e tecnoloxía / Debuxo Técnico) Electricidade e Electrónica Equipos e instalacións eléctricas de distribución e electrificación, singulares e automatizadas en vivendas e edificios; sistemas de automatización industrial: equipos electrónicos de consumo e profesionais, e sistemas de telecomunicacións e informáticos. CS Sistemas electrotécnicos e automatizados. CS Sistemas de telecomunicación e informáticos. CS Mantenemento electrónico. CS Automatización e robótica industrial. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía) Enerxía e auga Sector enerxético, avaliando e inspeccionando a eficiencia das instalación de enerxía e auga dos edificios, xestionando a montaxe e mantenemento das instalación térmicas. CS Eficiencia enerxética e Enerxía Solar Térmica CS Enerxías renovables (Bach. Ciencias e Tecn.) Fabricación Mecánica Construcción de maquinaria e equipos mecánicos. Fabricación de productos metálicos. Fabricación de instrumentos de previsión, óptica e similares. Construcción de material de transporte (naval, ferrocarril, aeronaves, bicicletas, motocicletas, automóviles, camións, autobuses, maquinaria de obras públicas, …). Construcción de maquinaria eléctrica, etc. Fabricación e reparación de productos metálicos estructurais, grandes depósitos e calderería grosa, estructuras asociadas á construcción de maquinaria. Todo o sector de produción de bens de equipo. CS Construccións metálicas. CS Programación da producción en fabricación mecánica. CS Deseño en Fabricación Mecánica. CS Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros (Bach. Ciencias e Tecnoloxía) Hostelería e Turismo Aloxamentos turísticos e non turísticos. Establecementos de restauración social e CS Axencia de viaxes e xestión de eventos (Bach. Humanid. e CS) - 30 -
  • 31. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS comercial. Entidades de planificación e desenvolvemento turísticos. Información, asistencia e guía turísticas. Intermediación de servicios turísticos e viaxes. Manipulación, preparación, conservación e presentación de toda clase de alimentos de productos de panadería, pastelería e repostería. CS Xestión de aloxamento turísticos ( Bach. Humanid. e CS) CS Guia, información e asistencia turísticas (Bach. Artes, Humanid. e CS) CS Dirección de cociña. (Bach. de Ciencias e Tecn.) CS Dirección de Servicios de Restauración. (Bach. de Ciencias e Tecn.) Imaxe e Son No sector audiovisual, radiofónico, disco gráfico, do espectáculo, de eventos e de ins talación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados. CS Produción de audiovisuais e espectáculos CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos. CS Son para audiovisuais e espectáculos CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe Imaxe Persoal Perrucaría, estética persoal, caracterización e asesoría de imaxe persoal. CS Asesoría de imaxe persoal e corporativa CS Etética integral e benestar. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía) CS Estilismo e dirección de peiteado.(Bach. Ciencias e Tecn. / Bach. de Humanid. e CCSS) Industrias Alimentarias Elaboración e conservación de productos alimenticios como aceites e xugos, viños e outras bebidas, productos lácteos, conservería vexetal, cárnica e de peixe, industrias cerealistas. CS Procesos e calidade na industria alimentaria. CS Vitivinicultura. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía) Informática e Comunicacións Instalación e mantenemento de productos informáticos. Creador, programador de programas informáticos CS Administración de sistemas informáticos en rede. CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. CS Desenvolvemento de aplicacións web. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía) Instalación e Mantenemento Montaxe e mantenemento das instalacións de edificios: hospitais, superficies comerciais, centros de ensino, polideportivos, oficinas, etc. Montaxe e mantemento de instalacións para o proceso continuo: industria química, refino de petróleo, industrias lácteas, elaboración de bebidas, papelera,etc. Montaxe e mantenemento da maquinaria da fabricación de productos metálicos, para o traballo da madeira, da fabricación do material de transporte (ferrocarril, aeronaves, bicicletas, motocicletas, automóbiles, camións, etc.), maquinaria eléctrica, etc CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluidos (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Mecatrónica industrial (Bach. Ciencias e Tec.) CS Mantenemento de instalación térmicas e de fluídos. (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Prevención de riscos profesionais (Bach. Ciencias e Tec. e Humanid. e CS) Madeira, Moble e Cortiza - 31 -
  • 32. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Aserrado e preparación industrial da madeira e o corcho. Fabricación de productos semielaborados da madeira e o corcho. Fabricación en serie de carpintería, parquet e estructuras de madeira para a construcción. Fabricación de envases, esamblaxes e obxetos diversos de madeira. Industria do moble e da madeira. Fabricación a medida e instalación de carpintería e moble. CS Deseño e amoblamento (Bach Ciencias e Tec. / Bach. Artes) Química Industria química e farmacéutica, do refino de petróleo, da industria de papel, e da industria da transformación do caucho e materias plásticas. Así mesmo, cubre certas necesidades de cualificación noutras industrias, como a alimentación, metalurxia, vidrio, cerámica e outras industrias de manufactura nas que se fai imprescindible a análise e control da materia que se transforma. CS Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns CS Laboratorio de análise e control de calidade CS Química ambiental CS Química industrial (Todos: Bach. Ciencias e Tecn./química) Sanidade Sector sanitario, tanto dende a súa vertente pública como dende a empresa privada nos ámbitos profesionais de : atención primaria e comunitaria, atención especializada, saúde pública, servicios xerais ou centriais e productos sanitarios. CS Saúde ambiental (Bach. Ciencias e Tecn. /Ciencias da Terra) CS Dietética (Bach. Ciencias e Tecn./ Bioloxía) CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico ( Bach. Ciencias e Tecn. / bioloxía) CS Audioloxía protésica (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Documentación e administración sanitarias (Bach. Humanide CS Ciencias e Tecn. ) CS Hixiene bucodental (Bach. Ciencias e Tecn. / Bioloxía) CS Imaxen para o diagnóstico e medicina nuclear (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Laboratorio de clínico e biomédico (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Próteses dentais (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Radioterapia e dosimetría (Bach. Ciencias e Tecn. ) Seguridade e Medio Ambiente Sector de carácter público ou privado, que teña como obxecto o control ambiental e os seus recursos, o desenvolvemento de programas de educación ambiental (infor mación, comunicación, formación, interpre tación e participación), a realización de acti vidades de guía in térprete e acompañamento polo contorno, ou a xes tión ambiental. CS Educación e control ambiental Servizos Socioculturais e á Comunidade Organización, planificación e xestión de proxectos de intervención social, proxectos CS Animación sociocultural e turística (Bach. Ciencias e Tecn., Human.e CS) - 32 -
  • 33. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS educativos, e de atención á infancia e interpretación da linguaxe de signos. CS Educación infantil (Bach. Humanid.e CS) CS Integración social (Bach. Ciencias e Tecn., Humanid.e CS) CS Mediación Comunicativa Transporte e mantemento de vehículos Mantenemento de vehículos, automóbiles, motocicletas, maquinaria agrícola e tractores, maquinaria de construcción e obras públicas, así como inspección técnica de vehículos. CS Mantemento Aeromecánico (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Automoción (Bach. Ciencias e Tecn. ) Textil, Confección e Pel Actividade produtiva textil: algodón, lana, seda natural, fibras sintécticas, punto, alfombras e acabados. Actividade do coiro: curtidos, acabados, e marroquinería e do calzado, o vestido e todo tipo de confección. CS Patronaxe e moda (Bach. Ciencias e Tecn.) Acceso mediante Proba: Poderán acceder mediante proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 19 anos ou os cumpran no ano da realización da proba. Para o acceso a ciclos superiores resérvase o 20% das prazas para os alumnos que acceden mediante proba, e terase en conta a nota media acadada. Debes saber que a proba de acceso a ciclos superiores non é común , como a de ciclos medios, senón que te examinarás dunhas materias ou outras en función do ciclo ao que desexes acceder. A proba ten dúas partes: Parte común da proba: Consta de tres exames de materias de 2º de Bacharelato. • Lingua Galega. • Lingua Castelá. • Matemáticas. Parte específica da proba: organízase en tres opcións A, B e C, en función do ciclo superior ao que desexes acceder, e dentro da opción elixida escolleranse dúas materias. • Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía. • Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física. • Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía. No caso de superar unha parte da proba, consérvase a nota da parte superada durante dous anos consecutivos. Tamén pódese solicitar a exención dunha parte no caso de ter experiencia laboral de alomenos un ano en xornada completa, en campos profesionais relacionados cos estudos que se prentenda cursar. Igual que na proba de acceso a ciclos de grao medio, para presentarte a esta proba terás que cubrir un impreso de inscrición, normalmente no mes de xaneiro, e - 33 -
  • 34. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS entregalo nun centro que imparte FP, xunto coa copia do DNI e documentación xustificativa no caso de solicitar a exención dalgunha parte da proba. En convocatorias anteriores o exame celebrouse no mes de marzo ou abril. Para ver exemplos de probas podes buscalas en http://www.edu.xunta.es/fp/probas As familias profesionas ás que podes acceder segundo a opción da proba pola que te presentes a, b ou c, son as seguintes: OPCIÓN A Administración e xestión. Comercio e márketing. Hostalaría e turismo. Servizos socioculturais e á comunidade. Imaxe e son (só o ciclo de Produción de audiovisuais e espectáculos). OPCIÓN B Marítimo - Pesqueira (agás o ciclo de Produción Acuícola). Artes gráficas. Edificación e obra civil. Electricidade e electrónica. Enerxía e Auga. Imaxe e son (agás o ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos).Fabricación mecánica. Madeira, moble e cortiza. Informática e comunicacións. Instalación e mantemento. Transporte e mantemento de vehículos. Téxtil, confección e pel (agás o ciclo de Curtidos, e o de Procesos de Ennobrecemento Téxtil). Industrias Extractivas. Vidro e cerámica OPCIÓN C Agraria. Actividades físicas e deportivas. Imaxe persoal. Industrias alimentarias. Marítimo - Pesqueiras (só o ciclo de Produción Acuícola). Química. Téxtil, confección e pel (só o ciclo de Curtidos, e o de Procesos de Ennobrecemento Téxtil). Sanidade. Seguridade e Medio Ambiente. Distribución das prazas dos ciclos: O 80% das prazas dos ciclos resérvanse para os que solicitan acceso directo. O 20% resérvase para os que acceden mediante proba. Dentro de cada porcentaxe resérvase un 10% para os estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade. - 34 -
  • 35. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS En tódolos ciclos haberá un 3% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel. Quen cumpra simultáneamente os requisitos de acceso directo e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión. Os ciclos formativos no réxime de adultos: Como se organizan? Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos (Oferta modular). Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte tanto de módulos de 1º como de 2º curso. Canto duran estas ensinanzas? Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites. Cales son os requisitos de acceso? Os mesmo que para os Ciclos na modalidade ordinaria. Excepcionalmente podes acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de traballador e cumpres os requisitos académicos de acceso. Que modalidades hai? RÉXIME DE ADULTOS NA MODALIDADE PRESENCIAL: Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso. A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite. A asistencia ás clases é obrigatoria. Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión. RÉXIME DE ADULTOS NA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL OU A DISTANCIA: Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso. A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor do curso. Nos módulos de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión. - 35 -
  • 36. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Cal é a oferta? A oferta destas ensinanzas é máis limitada que no réxime ordinario. Para coñecela pregunta no departamento de orientación ou consulta a web www.edu.xunta.es/fp. - 36 -
  • 37. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS 5. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL Que son? Son ensinanzas nas que a organización é algo diferente á dos estudos de réxime xeral e ó nos que hai que superar unha proba para acceder a eles. Que estudos Comprende? • Ensinanzas de Música e Danza • Ensinanzas de Arte Dramática • Ciclos de Artes Plásticas e Deseño • Estudios Superiores de Artes Plásticas e Deseño • Idiomas • Ensinanzas Deportivas Ensinanzas de Música Regradas: Estúdanse en Conservatorios de Música e Centros Autorizados de Música (obtense un título con validez académica e profesional) Non regradas: Estúdanse en Escolas de Música (obtense un certificado, non un título) Estrutúranse en: • Ensinanzas de Grao Elemental: Hai que ter entre 8 e 14 anos, e comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes musicais dos interesados. • Ensinanzas de Grao Profesional: teñen unha duración de 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total). Para o acceso non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba, que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar e que atende ás aptitudes e coñecementos musicais do interesado. O alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de bacharelato se supera as materias comúns do bacharelato, ainda que no realizara o mesmo na modalidade de artes na súa vía de música e danza. Asímesmo poderá simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a - 37 -
  • 38. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS educación secundaria e se establecerán convalidacións con asignaturas optativas de ESO e Bacharelato. • Ensinanzas de Grao Superior: Teñen unha duración dun só Ciclo de 4 cursos. Para o acceso hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato, ter superado o 3º Ciclo de música e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Se non cumpres estes requisitos podes acceder se superas unha proba extraordinaria. Celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario. Especialidades: As especialidades reguladas son 25: arpa, cante flamenco, canto, clarinete, clave, contrabaixo, fagot, flauta travesera, flauta de pico, guitarra flamenca, instrumentos de cuerda pulsada do renacemento e barroco, oboe, órgano, percusión, piano, saxofón, trombón,trompa, tuba, viola, viola de gamba, violín e violoncello. Onde se pode estudar música? • En Escolas de Música: Son centros públicos ou privados que imparten ensinanzas non regradas de música dirixidas a aquelas persoas, sen límite de idade, que desexen unha formación musical. Tamén poden preparar para o acceso a ensinanzas regradas en conservatorios ou en centros autorizados (privados). Hai Escolas públicas de Música en e privadas en Cambre e Coruña. • Conservatorios de Música, que se clasifican en "Elementais" (imparten o grao elemental),"Profesionais" (imparten o grao Medio) e "Superiores" (imparten só o grao Superior). Tamén en Centros Privados Autorizados. Existen conservatorios públicos en: Coruña (elemental, profesional e Superior), Santiago etc Ensinanzas de Danza Regradas: Estúdanse en Conservatorios de Danza e Centros Autorizados de Danza (obtense un título con validez académica e profesional) Non Regradas: Estúdanse en Escolas de Danza (obtense un certificado) Estrutúranse en: • Ensinanzas de Grao Elemental: Comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes físicas e expresivas dos aspirantes relacionadas coa danza e co sentido musical, mediante unha proba. Neste grao non se obtén titulación, só un certificado acreditativo. • Ensinanzas de Grao Profesional: Duración: 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total). Acceso: Non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba en - 38 -
  • 39. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS xuño , que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar, os contidos tamén dependen da especialidade na que se queira ingresar. O alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de bacharelato se supera as materias comúns do bacharelato, ainda que no realizara o mesmo na modalidade de artes na súa vía de música e danza. Asímesmo poderá simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria e se establecerán convalidacións con asignaturas optativas de ESO e Bacharelato. • Ensinanzas de Grao Superior: Duración: 1 só Ciclo de 4 cursos. Acceso: hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato, ter superado o 3º Ciclo de Danza e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Se non cumpres estes requisitos podes acceder se superas unha proba extraordinaria. Celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario. Especialidades: • GRAO MEDIO: Danza clásica, Danza Española e Danza Contemporánea. • GRAO SUPERIOR: Pedagoxía da Danza, Coreografía e Técnicas de Interpretación da Danza. Arte Dramática Estas ensinanzas constitúen un ciclo único de catro cursos, cunha titulación final equivalente a Graduado universitario. Estructúranse en tres especialidades: Dirección de escena e dramaturxia, escenografía e interpretación. Á súa vez, cada unha destas especialidades está dividida nos seguintes itinerarios. Especialidade Opcións Dirección de escena e dramaturxia Dirección de escena. Dramaturxia Escenografía Escenografía Interpretación Interpretación textual Interpretación xestual Interpretación con obxetos Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de bacharelato, con 20 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de aptitudes e demostrando unha experiencia profesional significativa que se xustificará mediante unha memoria defendida ante un tribunal. A Proba de acceso específica para cada especialidade consta de 2 exercicios: • 1º exercicio: análise dun fragmento dun texto dramático que ten carácter eliminatorio. Públícanse os textos de obrigada lectura para esta proba. • 2º exercicio: son varias probas prácticas diferentes según a especialidade á que se queira acceder. Fanse públicos os textos propostos para as probas de carácter práctico. - 39 -
  • 40. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Ciclos de Artes Plásticas e Deseño Que son as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño?: Comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais. Agora ímonos a ocupar dos CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO. Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño?: A estrutura é a mesma que a da FP: Ciclos formativos de grao Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos. Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol (estas dúas últimasde titularidade privada ). Como se organizan: Trátase de Ciclos de grao Medio e grao Superior, polo que teñen unha estrutura semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba de acceso. 1. Ciclos Formativos De Grao Medio: Accédese co título de ESO e coa superación da proba específica que consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e debuxo. De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa superación (ademais da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e consta de 2 partes: • 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—tecnolóxico e sociocultural (escoller tres materias). • 2ª parte: Educación plástica e visual. A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos de grao medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou experiencia laboral de alomenos un ano, directamente relacionada co ciclo o que se quere acceder. A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en setembro. Obtense o título de técnico. 2. Ciclos Formativos De Grao Superior: - 40 -
  • 41. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato en artes ou cun ciclo de grao medio de artes plásticas. De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e coñecementos histórico - artísticos. De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2 partes: • 1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª España, Hª Filosofía, Filosofía e Cidadanía, Ciencias do Mundo Contemporáneo). Escoller tres materias. • 2ª Parte: Proba de Historia da Arte. A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos superiores, e a específica pola experiencia laboral de alomenos un ano directamente relacionada co ciclo ao que se quere acceder. Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas titulacións universitarias e aos estudos superiores de Deseño (explicados máis adiante). A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase en xuño e a específica en xullo. Familias Profesionais: Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A continuación presentámosche as familias que existen: • Artes Aplicadas á Escultura • Deseño De Interiores • Xoiería De Arte • Artes Aplicadas Ó Libro • Cerámica Artística • Artes Aplicadas Á Indumentaria • Deseño Industrial • Deseño Gráfico • Artes Aplicadas Ó Muro • Esmaltes Artísticos • Textiles Artísticos • Arte Floral • Vidrio Artístico Onde Estudar Estes Ciclos: Existen escolas de artes nas seguintes cidades de Galicia: A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo. - 41 -
  • 42. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Oferta de ciclos medios e superiores de Artes Plásticas ESCOLA DE ARTES PABLO PICASSO en A Coruña. ESCOLA DE ARTES MESTRE MATEO en Santiago ESCOLA DE ARTES RAMÓN FALCÓN en Lugo. ESCOLA DE ARTES ANTONIO FAÍLDE en Ourense CM Dourado e Policromía Artísticos CS Artes Aplicadas Da Escultura Taller cerámico, oferta modular. CS Fotografía Artística CS Ilustración CS Artes Aplicadas Da Escultura CS Fotografía Artística CS Xoiería Artística CS Arquitectura Efímera Taller de xoiería, oferta modular CM Serigrafía artística CS Gravado e Técnicas De Estampación CS Cerámica Artística CS Fotografía Artística Taller de talla artística en madeira, oferta modular. Taller de ebanistería, oferta modular CM Ebanistería Artística CS Fotografía Artística CS Ilustración Estudos Superiores de Artes Plásticas e Deseño: Conservación e Restauración de Bens Culturais: Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais que terán como responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio artístico. Pódese escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura., Escultura, Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario. Obtense o Título de graduado universitario. Pódese acceder directamente co Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño (para os cales se reserva un 20% das prazas) . Se tes un título de Bacharelato ou equivalente terás superar unha proba específica de acceso que se convoca anualmente en xuño nos centros onde se imparte a carreira. Para o alumnado que accede por proba resérvase o 80% das prazas. As Partes Da Proba: • Comentario dun texto relacionado cos bens culturais • Exame escrito sobre dúas materias a escoller entre: Historia de España, Historia da Arte, Física e Química e Bioloxía. • Debuxo a partir dun modelo real e inanimado, • Traballo sobre representación da cor, • Traballo práctico sobre as aptitudes plásticas. Existe en Galicia unha única escola de conservación e restauración, que se ubica en Pontevedra, e imparte as especialidades de escultura, pintura e arqueoloxía. - 42 -
  • 43. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Os Estudos Superiores de Deseño: Están encaminados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades de moda, interiores, productos e deseño gráfico. A titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para tódolos efectos, a un grao universitario. Estes estudos impártense nos seguintes centros: • Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos. • Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico • Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico. • Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico. Formas de acceso: Terán acceso directo os alumnos que teñan o título de técnico superior de artes plásticas e deseño. Accederán mediante proba específica os alumnos que teñan o título de bacharelato. A inscrición nesta proba é a comenzos de xuño e celébrase a mediados de xuño. Consta de dúas partes: • 1º parte: Durante un máximo de 3 horas responder por escrito a cuestións sobre historia das artes, historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral, e deseño na especialidade que se aspira a cursar. • 2ª parte: Durante un máximo de 4 horas, realizar un debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar; e un debuxo a mal alzada, cos técnicas do estudos que se aspira a cursar, do modelo do exercicio anterior. Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o alumnado que non teña o título de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá realizar unha proba de acceso, en xuño, ademáis das probas específicas de cada especialidade. Esta proba consistirá en realizar exercicios das seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou Francés), Lingua Castelá, Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o mundo contemporáneo, Historia de España, Historia da Filosofía. Ensinanzas de Idiomas: - 43 -
  • 44. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS En que consiste? O estudo dos idiomas pódese realizar a través dunha carreira universitaria ou nas Escolas Oficiais de Idiomas. Estas últimas son centros especializados no ensino dos idiomas. Para acceder é condición indispensable ter 14 anos ou cumplilos no ano académico e ter superado alomenos 1º e 2º de ESO. Como se organizan? En tres niveis cun total de 6 cursos. • Nivel básico: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma a nivel cotián. Terá comoreferencia o nivel A2 do Consello de Europa. O certificado acreditativo permite acceder ao nivel intermedio. • Nivel intermedio: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma en situacións específicas. Terá como referencia co nivel B1 do Consello de Europa. O certificado acreditativo permite acceder ao nivel avanzado. • Nivel avanzado: 2 cursos coa finalidade de conseguir o dominio do idioma oral e escrito a nivel xeral e específico. Terá como referencia o nivel B2 do Consello de Europa. O título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos do idioma do nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no Bacharelato. O alumno que acredite o dominio de competencias suficientes nun idioma poderá incorporarse a calqueira curso trala superación da proba de nivel. A asistencia a clase pode ser diaria, intensiva (dous días á semana) ou alterna (tres días á semana). Tamén podes cursar estas ensinanzas nas seguintes modalidades: • Oficial presencial: Acudindo ás clases presenciais e cunha avaliación trimestral. • Libre: Preparando o idioma por libre e presentándote ás probas libres de obtención do certificado de determinado nivel. • A distancia: A través do programa That´s English que se emite diariamente no canal 2 da TVE podes seguir as clases a distancia e ser axudado nunhas titorías para practicar a parte oral na escola oficial na que te matricules. Nas escolas danche o material necesario para preparar o curso. Que idiomas hai e onde os podo estudar? Alemán, Inglés, Portugués, Francés, Italiano, Árabe, Galego, Ruso, Chinés, Xaponés. Nas seguintes escolas oficiais de idiomas: Coruña, Culleredo, Ferrol, Santiago, Lugo, Monforte, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vigo. Que saídas laborais ten?: - 44 -
  • 45. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Os certificados que se obteñen teñen un recoñecido prestixio e téñense en conta en baremos para concesión de bolsas, intercambios, determinados empregos. Ademais cada curso equivale a créditos de libre elección nas titulacións universitarias galegas. Ensinanzas Técnico -Deportivas: Cal é a finalidade?: Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva. Como se organizan?: Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este grao comprende dous niveis: • 1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior. • 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato. Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso directo aos estudos universitarios. Que títulos se obtén?: Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas seguintes especialidades: - Fútbol - Fútbol sala - Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard) - Deportes de montaña e escalada. - 45 -
  • 46. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS - Atletismo - Baloncesto - Balonmán Requisitos de acceso: • Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO ou FPB + proba específica da modalidade deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa superación dunha proba de madureza e con 17 anos. A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de acceso a CM. • Grao Medio, 2º nivel: Ter superaro do 1º nivel. • Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de grao Medio (Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos deportivos. Para os que non teñan o título de bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e teñan 19 anos. Esta proba pode ser convalidable pola proba de acceso a CS. A inscrición nas probas é en maio e celébranse en setembro. Postos de traballo: Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo. Oferta destas ensinanzas en Galicia: IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol. IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán. CIFP A farixa (Ourense): Fútbol sala. IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo. IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto. - 46 -
  • 47. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS 6. ENSINANZAS PARA PERSOAS ADULTAS En que consiste? Trátase dunha formación pública e gratuíta dirixida a calquera persoa que teña cumpridos os 18 anos e que abandonaron o sistema educativo sin obter a titulación básica. Estas ensinanzas organízanse de xeito algo diferente, tanto nas áreas impartidas como no horario. A titulación acadada é a mesma que nas ensinanzas ordinarias. Estas ensinanzas poden ser presenciais ou a distancia. Que tipo de oferta hai? 1. Ensinanzas de nivel I: dirixidas a persoas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo. A matrícula está aberta durante todo o curso escolar. 2. Ensinanzas de nivel II: dirixidas a persoas sen titulación que desexen acceder á educación secundaria de adultos. Esta formación é equivalente á educación primaria. 3. Ensinanzas de nivel III: dirixidas a persoas sen titulación que desexen obter o título de graduado en educación secundaria. Neste caso autorízase a matrícula a alumnos menores de 18 anos, en casos excepcionais, como ter un contrato laboral, ser deportista de alto rendemento, ter superado o 1º curso dun PCPI, ou ter cursado un PCPI sen superalo, pero hai que estar inscrito como demandante de emprego nunha oficina de emprego. Son as ensinanzas coñecidas como ESA. 4. Bacharelato para persoas adultas: dirixidas ás persoas que teñan o título de ESO ou ESA, e que desexen adquirir novos coñecementos nunha determinada materia ou obter o título de bacharel en calquera das modalidades. 5. Ciclos formativos para persoas adultas: esta formación pretende facilitar ás persoas adultas a súa actualización, adquirindo novos coñecementos nunha determinada competencia profesional, ou para obter o título de técnico ou técnico Superior. 6. Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas. 7. Galego e castelán para persoas inmigrantes: dirixido a cidadáns doutros países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer as linguas oficiais. Estas ensinanzas impártense nos centros de adultos, en grupos reducidos, cunha duración de 10 períodos lectivos semanais distribuídos en horarios adaptados ás posibilidades de asistencia dos alumnos. - 47 -
  • 48. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS O Bacharelato para Persoas Adultas Como se organizan estas ensinanzas? Ofértanse dúas modalidades de Bacharelato: humanidades e ciencias sociais, ciencias e tecnoloxía. Poden seguirse como curso completo ou por materias de xeito independente. Se optas por seguir materias de xeito independente poderán cursarse, simultaneamente materias do 1º e do 2º curso. Pola modalidade semipresencial, esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse). A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames poden realizarse nas sete principais cidades galegas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canto duran? O tempo de permanencia para cursar estas ensinanzas é de 6 anos académicos ( o tempo de permanencia no Bacharelato ordinario é de 4 anos). No caso de esgotar o 6 anos sen acadalos obxectivos previstos, os alumnos poderán seguir cursando as materias pendentes a través do réxime de ensinanza a distancia ata completaren a formación desexada. Que requisitos de acceso hai? Para acceder debes estar nalgunha das seguintes condicións: • Posuír o título de graduado en educación secundaria • Posuír o título de técnico nalgún dos Ciclos de grao Medio. Onde se ofertan estes estudos? A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), IES de Cedeira, EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES As Telleiras (Narón), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Monte Castelo (Burela), IES de Foz, EPA Albeiros (Lugo), IES Río Cabe (Monforte), IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), IES Lois Peña Novo (Vilalba), IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras), IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), EPA de Ourense, EPA Río Lérez (Pontevedra) e EPA do Berbés (Vigo) A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela). - 48 -
  • 49. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Os Ciclos Formativos para Persoas Adultas Como se organizan? Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos (Oferta modular) Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte tanto de módulos de 1º como de 2º curso. Canto duran estas ensinanzas? Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites. Cales son os requisitos de acceso? Os mesmos que para os Ciclos na modalidade ordinaria. Excepcionalmente podes acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de traballador e cumpres os requisitos académicos de acceso. A oferta destas ensinanzas a distancia polo momento é moi limitada. A oferta de ciclos na modalidade de adultos presencial é un pouco máis ampla, para coñecela pregunta no departamento de orientación ou consulta a web www.edu.xunta.es/fp. Aulas Mentor Que son e a quen van dirixidas? Ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet. Esta oferta formativa permite actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Están dirixidos a persoas maiores de 18 anos que desexen formarse para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural. Non se require titulación previa. Como se organizan e que acreditación se acada? As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, así como de un profesor-administrador que axuda aos alumnos nas súas conexións á rede e na comunicación co seu titor.O alumno recibe unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial. Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar - 49 -
  • 50. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS e cada alumno segue o seu propio ritmo de aprendizaxe. O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas. Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación. No entorno próximo existen Aulas Mentor en Coruña, Abegondo e Carballo. As ensinanzas de adultos na modalidade semipresencial e a distancia. En que consisten? Son as ensinanzas de adultos que permiten realizar os estudos na casa sen a necesidade de acudir diariamente a un centro educativo. Disponse de axuda ou de apoio a través de titorías individuais e colectivas, nas que aconsellan e orientan nas dificultades atopadas. Esixen un grao de responsabilidade e organización maior que nas ensinanzas presenciais, e aínda así , teñen o risco de abandono, por non ter que acudir diariamente ó centro. Estas ensinanzas son gratuítas. Solo hai que merca-lo material didáctico (textos, guías, conexión a internet, ..). Que oferta hai? • Nivel III ou educación secundaria para persoas adultas. • Bacharelato • Ciclos formativos de formación profesional. • Ensinanza oficial do idioma inglés. - 50 -
  • 51. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS 7.FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE Oposicións ao Corpo da Garda Civil (Escala de Cabos e Gardas):www.guardiacivil.org Requisitos: • Nacionalidade española • Acreditar boa conducta cidadana (mediante certificado e informe) • Carecer de antecedentes penais • Ter entre 18 e 29 anos. • Posuír o título de ESO ou Superiores ou acreditar a superación da proba de acceso a Ciclos de Grao Medio. • Posuír o permiso de condución clase B ou Superior. • Posuír a aptitude psicofísica acreditada. Solicitude: As Instancias, impresos e taxas de exame serán facilitadas e presentadas nos postos e Comandancias da Garda Civil. As instancias se presentarán no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día da publicación da convocatoria no BOE. Probas De Selección: • 1º fase de concurso: consistirá na valoración dos méritos académicos e profesionais do aspirante e terá en conta os méritos académicos (notas, idiomas da escolas oficiais de idiomas, títulos académicos (Bacharelato, Ciclos formativos, selectividade, titulación universitaria, etc.) e os méritos profesionais (carreira militar). • 2º fase de oposición: consistirá no desenvolvemento das seguintes probas: 1. Ortografía: exercicio eliminatorio cunha duración de 10 minutos. 2. Coñecementos: contestación por escrito a unha enquisa de 100 preguntas sobre materias xurídicas, socioculturais e técnico-científicas. Cunha duración de hora e media. 3. Lingua estranxeira: contestación por escrito a unha enquisa de 20 preguntas sobre o idioma (inglés ou francés), durante 20 minutos. 4. Psicotécnica: probas que miden factores aptitudinais e variables comportamentais (personalidade). 5. Acreditación da aptitude psicofísica: - 51 -
  • 52. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DE CURTIS Exercicios físicos: proba de velocidade, proba de resistencia muscular, proba de potencia do tren Superior, proba extensora do tren Superior e proba de natación. Recoñecemento médico: aplicarase un cadro médico de exclusións. Entrevista persoal: destinada a contrastar os resultados das probas psicotécnicas e a adecuación do aspirante ó perfil profesional do garda civil. Unha vez superadas as probas de selección o aspirante terá un prazo para a entrega de documentación e pasará por dous períodos de formación: • 1º período de formación: un curso académico en centro docente. • 2º período de formación: formación en prácticas durante un ano. Oposicións ó Corpo Nacional de Policía: www.policía.es www.oposicionpolicialocal.com Ingreso na escala básica Requisitos: • Ser español. • Ter entre 18 e 30 anos. • Estatura mínima de 1´65 nos homes e 1´60 nas mulleres. • Ter o título de ESO ou Superior ou acreditar a superación da proba de acceso a Ciclos de grao Medio. • Declaración xurada do solicitante de compromiso de portar armas. • Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. • Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A e B e da autorización (BTP –vehículos de emerxencia) Solicitudes: As instancias e os impresos serán facilitados e presentados nas xefaturas e comisarías de policía. As solicitudes presentaranse no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte da súa publicación no BOE. Probas de selección: 1ª fase de oposición: constará das seguintes probas de carácter eliminatorio: • Proba de coñecementos: contestación a unha enquisa de preguntas sobre as materias xurídicas, sociais e materias técnico – científicas (acorde co temario correspondente) , e proba de ortografía. - 52 -