Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
La loba orde
1. A loba Un relato do libro “Cando petan na porta pola noite”, escrito por Xabier Docampo LIA JOVE FILGUEIRAS
2. Ficha técnica Título: A loba, adaptación do relato homónimo de Xabier P. Docamporecollido en Cando petan na porta pola noite (1994). Guión : Lía Jove Filgueiras. Fotografía: Lía Jove Filgueiras. Montaxe: profesora de lingua galega e alumnos de 2º B de ESO. Narradores (por orde de aparación): Raúl Rey Cancela, Paula Mella Mosquera, Enrique Nodar Carro, Abigaíl Pallone Cortés, Claudia Castelo Lorenzo, Víctor Antelo Nieto, Brais Valderrábano Codesal, Aida Diéguez González, Iván Maques Fernández. Música: Fuxan os Ventos: “O lobo”, versión musicada do poema homónimo de Darío Xohán Cabana. Luar na Lubre: “Uah lúa (folla do visgo)” Orquestra de cámara de Galicia: “Concerto grosso para frauta, óboe, clarinete e fagot”. Duración: 10 minutos.
3. COMO SE COÑECE A HISTORIA Na casa de meu avó da Granda do Xermar houbo de sempre parada de bestas e esta foi a razón de que aló polos anos trinta fose meu pai varias veces á parada que había na Reborica. Nunha destas viaxes tivo coñecemento da historia que agora quero deixar por escrito. Coma sempre meu pai cruzou o Támega e púxose en Pino. Abeirou Mato e endereitou cara a Pígara, e en pouco tempo estaría na Santa Cruz de Parga ,e de alí a Trasparga, a un paso da Reborica, de non ser que comezou a nevar. Despois de moito andar e desandar, enxergou unha luciña non moi lonxe e cara a ela se dirixiu. Nalgún momento colleu cara ao norte e agora estaba en Vilargabín. Contáronlla a meu pai cando se perdeu do seu camiño en verde e chegou a Vilargabín en roxo.
4. ONDE SE DESENVOLVE A HISTORIA Pois hoxe non se vai vostede sen que eu lla conte, que a sei ben, que o finado do meu home era do Gallado e de alí mesmo era deus perdoe a Isaura. O asunto non foi en Gallado, de alí era a rapaza, pero todo iso pasou non moi lonxe da Ponte de Aranga. Na Rilleira, estaba a casa do Silvestre, o mozo do que a Isaura quedou en estado e que lle dou palabra de casar con ela. Na Ponte de Aranga o Silvestre casaba con outra e alí preto da igrexa apareceu a Isaura aforcada nun castiñeiro. No val de Cambás, preto da Serra da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe.
5. OS LUGARES DA HISTORIA Ponte Aranga, a igrexa. A Rilleira, a casa do Silvestre. O Gallado, a casa da Isaura