SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 3
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Un día de Xaneiro: contra as
            retóricas da barbarie.
                                Por Carlos Penela


En novembro do ano que acabamos de despedir, cumpríronse setenta anos dos limiares da grande
infamia europea do século XX. Da noite do 9 ao 10 dese mes do ano 1938 desenvolvéronse en
diferentes cidades de Austria e Alemaña, e de maneira simultánea, os acontecementos de razzia,
persecución e deportación contra cidadáns xudeus destes dous países, actos vandálicos artellados
directamente pola dirección do NSDAP e coñecidos baixo o nome de “Kristallnacht” ou “Noite dos
cristais rotos”. A excusa para o linchamento: o atentado que o 7 de Novembro o mozo xudeu de orixe
polaca, Herschel Grynszpan -cuxa familia fora deportada polo rexime nazi- cometeu, disparando contra
Ernst Eduard vom Rath, representante do NSDAP na embaixada alemana en París.

Entre o 7 e o 13 de novembro foron asasinadas directamente ou inducidas ao suicidio perto de
catrocentas persoas, queimáronse unhas 1.400 sinagogas, destruíronse cemiterios, atacáronse
escolas, tendas, centros de axuda social, asociacións culturais. Foron conducidas á deportación dos
campos de concentración por volta de 30.000 persoas, onde ce centos morrerían polas condicións
extremas de traballo, pola falta de comida, polas doenzas. Contodo (ironías obscenas da barbarie), os
cidadáns xudeus eran aínda culpables e foron obrigados a pagar ao Estado nazi preto dun billón de
marcos en concepto polo destrozo das agresións que eles mesmos sofriran.

Estes actos de violencia pública extrema contra cidadáns europeos que non cometeran crime algún
eran, en realidade, para o fascismo alemán a continuación lóxica da súa política totalitaria. Unha
política que, sen pudor algún xa, levaba á praxe os formalismos do antisemitismo teórico máis extremo
e, como totalitaria que era, formalizaba un proxecto total de destrucción. Como o definiu Raul Hilberg,
un dos máis rigorosos estudosos do Holocausto quot;a escala e a intensidade da operación, aplicada por
unha burocracia alemana metódica e eficaz carecía de precedentes”. Tal proxecto ficara lexitimado,
realmente, anos antes coas leis de Nuremberg de setembro de 1935, promulgadas polo III Reich. Para
ter unha aproximación moi viva sobre a atmósfera real que lle seguiu á promulgación desas leis é
recomendábel a leitura de Historia dun alemán, de Sebastian Haffner, onde se relata de primera man
esa escalación da demagoxia antisemita en Berlín, en todos os ámbitos da vida, en todos os actos. Sen
posibilidade de absolución.

Desde o ano 39 comezáronse a desprazar enormes masas de poboación desde o leste ocupado; esa
estratexia, espallada polos frentes da guerra e acollida nos países que o nazismo invadía, abateríase
de maneira xa total e sistemática, pois, contra toda as comunidades xudías de Europa até o final da II
Guerra Mundial: desde Polonia, onde desde o comezo axiron os “Einsatzgruppen” ou forzas móbiles de
exterminio, perseguindo e asasinando con total meticulosidade, até os Balcáns, onde vivían máis de
1.600.000 xudeus e onde se deportou masivamente (Serbia, Grecia... Lémbrese a devastación de
Salónica). En moitos casos, os alemáns contaron coa colaboración desinteresada de amplos sectores
da poboación civil dos países ocupados: Babi Iar, ás aforas de Kiev en Ucraína, onde se masacraron a
100.000 persoas -un terzo deles nenos-por exemplo; ou xa no fin do conflicto, na primavera do 1944,
en Hungría, co exterminio de case a totalidade da poboación xudía, exterminio perpetrado coa axuda
directa do “Nyilaskeresztes Párt“ ou „Partido das Cruces Frechadas, os fascistas húngaros. As palabras
de Goebbels, ministro de propaganda nazi, son moi significativas a este respeito cando afirma sobre os
austríacos: “a formación recibida do Imperio dos Habsburgo, dotáraos de habilidades especiais para
tratar aos pobos sometidos”.

Nesa vastísima e extraordinaria novela de Vassili Grossman que é Vida e destino, recréase cun pálpito
denso e escuro o momento en que Eichmann vai larvando, sobre o terreno, a construcción das
cámaras de gas como medio para acelerar a “solución final”. Así foi, logo da Conferencia de Wannsse
en 1942, Hitler dera a súa aprobación para a “Endlösung der Judenfrage” ou “solución final á cuestión
xudía” e encomendara esta tarefa a Adolf Eichmann, tenente coronel das SS. O que vén a continuación
é o paso final nesa retórica da barbarie. O pobo xudeu sofreuno de maneira global e sistemática; xunto
a el, e de maneira moi dramática igualmente, como é sabido, outros colectivos e etnias (refuxiados
políticos, sintis e romas, homosexuais...) e todos aqueles que se opuxeron ao III Reich (desde
socialistas a cristiáns, desde militantes pacifistas a estudantes...). É, en definitiva, unha liña de sombra
espesísima trazada con labor criminal perante a condición humana.

Son feitos documentados, constatados...Divulgados abondo...Ou non tanto? Convén describilo agora,
sen equívocos e sen mascaradas, sen medias palabras; é deber asumilo coa responsabilidade que
toca por todos os que estean desa beira da vida preservada da barbarie, pola significación abismal que
tivo na conciencia do home do noso tempo. Está presente. Ou non tanto?

Ou non tanto...a pregunta ecoáme de xeito raro nestas datas, nunhas datas en que, para vergonza de
Europa, novamente se deron rédea solta as máis baixas paixóns racistas contra cidadáns europeos en
forma de lemas antisemitas intolerables e agresións de maior ou menor intensidade. Nunhas datas
onde nas rúas de cidades dunha Europa abalada non hai tanto pola guerra e os totalitarismos, como
Copenague (capital dun país que pode afirmar con orgullo que salvou a totalidade dos seus cidadáns
xudeus do exterminio con auténtica coraxe civil), se escoitaron berros ao son de “Heil Hitler!” e outras
arengas de odio e racismo de maneira pública, que producen auténtico estupor; como París, onde se
produciron ataques contra sinagogas e escolas xudías impunemente; como Londres ou Amsterdam,
con actos vandálicos contra establecimentos e agresións físicas contra os cidadáns dunha comunidade
que ningún delito cometeu; como Madrid, onde se fixo escarnio e banalización pública do Holocausto,
sen que ninguén se parase nin sequera a pensar o que se estaba formulando no medio do tumulto
fascinado polas arengas, a dimensión que tiña a afrenta e a difamación. Isto, hoxe e agora, entre nós.
A menos de dúas xeracións transcorridas entre esa noite tráxica de Novembro en Centroeuropa e os
nosos días.
Convén lembralo, mais unha vez, pois, non só polo peso desa traxedia que se agranda caendo no
esquezo dos anos transcorridos, ultraxada por boca de tanto insensato, de tanto fanático. Algúns
queren baleirar as sentinas da Historia, como se eses feitos fosen apenas un relato menor, despoxalo
do seu valor, do seu significado, que fique relegado á arqueoloxía das conciencias. Por iso, convén, de
maneira responsábel, colocarnos perante ese testemuño terríbel, para que desde aí se espelle o noso
verdadeiro rosto.

Nestas datas acirrouse con demagoxia extrema unha parte das consecuencias tráxicas dun conflicto
bélico, de natureza xeopolítica, que acontece a miles de quilómetros de distancia de Europa, como non
se fai con ningún outro conflicto no mundo, dictaminando e xulgando de maneira sumarísima como non
se fai tampouco con ningún outro pobo do mundo, con ningunha outra nación do mundo. Eu
pregúntome por que?

Nun novo-vello escenario de ideoloxías de saldo, os millóns de víctimas de outrora, desde un exercicio
de retórica sibilina e malintencionada, seica pasan a encarnar agora o papel dos mesmos verdugos que
os executaron. E a ninguén parece sorprenderlle, ninguén parece estar disposto a exercitar a memoria,
a dignidade, o decoro da verdade. Eu pregúntome por que? Nunha prolepse delirante dos feitos e dos
argumentos, sobre esas víctimas parece recaer agora a responsabilidade plena dun enfrontamento
complexo e concreto, enquistado desde hai demasiado tempo, con demasiada dor. Como estamos
chegando, pois, a isto, a que intereses serve, a quen axuda, cal é o preludio que se está tentando
escenificar desde fóra da razón, con tanto odio, outravolta renacendo? Que nome ten isto?

Por iso, para que que este día de Xaneiro non nos comece a apodrecer de novo entre as mans e as
conciencias como hai setenta anos, eu querería colocar esas preguntas e que foran contestadas desde
as fronteiras da racionalidade e da verdade. Lonxe das retóricas da barbarie.

E, entrementres, outra candea terá que ser prendida: pola condición humana, contra a infamia.

Carlos Penela é escritor (Vigo 1975). Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de
Santiago. Reside en Viena. Obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía (1997), o Premio Eusebio Lorenzo
Baleirón (2000) o Premio Esquío de poesía (2004). En 2007 gaña o Premio de Poesía Caixanova-Pen
Clube coa obra Sombras, rosas, sombras. Carlos Penela é socio de AGAI.




  www.amizadeconisrael.org – Tlf. 610424174 - Apartado de Correos 730 - 36200 Vigo–Galicia

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Román Landín
 
Traballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopezTraballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopez
xiztoria
 
Nota Prensa Agai
Nota Prensa AgaiNota Prensa Agai
Nota Prensa Agai
GZ-Israel
 

Ähnlich wie Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela (20)

Israel, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheiraIsrael, a primeira trincheira
Israel, a primeira trincheira
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
 
Manifesto Agai
Manifesto AgaiManifesto Agai
Manifesto Agai
 
Manifesto AGAI
Manifesto AGAIManifesto AGAI
Manifesto AGAI
 
Fascismos
FascismosFascismos
Fascismos
 
Declaración institucional día holocausto 2012
Declaración institucional día holocausto 2012Declaración institucional día holocausto 2012
Declaración institucional día holocausto 2012
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempoBenito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
 
O Sionismo En Prespectiva HistóRica 01
O Sionismo En Prespectiva HistóRica 01O Sionismo En Prespectiva HistóRica 01
O Sionismo En Prespectiva HistóRica 01
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
Traballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopezTraballonazismo iria lopez
Traballonazismo iria lopez
 
A revolución romántica
A revolución románticaA revolución romántica
A revolución romántica
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
risco
riscorisco
risco
 
Conferencia Internacional A Ameaza Iraniana
Conferencia Internacional A Ameaza IranianaConferencia Internacional A Ameaza Iraniana
Conferencia Internacional A Ameaza Iraniana
 
El holocausto
El holocaustoEl holocausto
El holocausto
 
Vicente risco
Vicente riscoVicente risco
Vicente risco
 
Nota Prensa Agai
Nota Prensa AgaiNota Prensa Agai
Nota Prensa Agai
 
Declaracion Institucional no Día do Holocausto
Declaracion Institucional no Día do HolocaustoDeclaracion Institucional no Día do Holocausto
Declaracion Institucional no Día do Holocausto
 

Mehr von GZ-Israel

Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
GZ-Israel
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011
GZ-Israel
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diario
GZ-Israel
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
GZ-Israel
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
GZ-Israel
 

Mehr von GZ-Israel (20)

No matarás al que lleve tu sangre
No matarás al que lleve tu sangreNo matarás al que lleve tu sangre
No matarás al que lleve tu sangre
 
Que representa Israel para min
Que representa Israel para minQue representa Israel para min
Que representa Israel para min
 
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín FanjulIslamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
 
Viena xudia
Viena xudiaViena xudia
Viena xudia
 
La cuestion nacional . Dov Ber Borojov
La cuestion nacional . Dov Ber BorojovLa cuestion nacional . Dov Ber Borojov
La cuestion nacional . Dov Ber Borojov
 
Pin AGAI
Pin AGAIPin AGAI
Pin AGAI
 
Seica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaSeica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compaña
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso País
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diario
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de Galicia
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progreso
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
 
Xornal de Galicia . 18.04.2011
Xornal de Galicia  . 18.04.2011Xornal de Galicia  . 18.04.2011
Xornal de Galicia . 18.04.2011
 

Un dia de Xaneiro. De Carlos Penela

  • 1. Un día de Xaneiro: contra as retóricas da barbarie. Por Carlos Penela En novembro do ano que acabamos de despedir, cumpríronse setenta anos dos limiares da grande infamia europea do século XX. Da noite do 9 ao 10 dese mes do ano 1938 desenvolvéronse en diferentes cidades de Austria e Alemaña, e de maneira simultánea, os acontecementos de razzia, persecución e deportación contra cidadáns xudeus destes dous países, actos vandálicos artellados directamente pola dirección do NSDAP e coñecidos baixo o nome de “Kristallnacht” ou “Noite dos cristais rotos”. A excusa para o linchamento: o atentado que o 7 de Novembro o mozo xudeu de orixe polaca, Herschel Grynszpan -cuxa familia fora deportada polo rexime nazi- cometeu, disparando contra Ernst Eduard vom Rath, representante do NSDAP na embaixada alemana en París. Entre o 7 e o 13 de novembro foron asasinadas directamente ou inducidas ao suicidio perto de catrocentas persoas, queimáronse unhas 1.400 sinagogas, destruíronse cemiterios, atacáronse escolas, tendas, centros de axuda social, asociacións culturais. Foron conducidas á deportación dos campos de concentración por volta de 30.000 persoas, onde ce centos morrerían polas condicións extremas de traballo, pola falta de comida, polas doenzas. Contodo (ironías obscenas da barbarie), os cidadáns xudeus eran aínda culpables e foron obrigados a pagar ao Estado nazi preto dun billón de marcos en concepto polo destrozo das agresións que eles mesmos sofriran. Estes actos de violencia pública extrema contra cidadáns europeos que non cometeran crime algún eran, en realidade, para o fascismo alemán a continuación lóxica da súa política totalitaria. Unha política que, sen pudor algún xa, levaba á praxe os formalismos do antisemitismo teórico máis extremo e, como totalitaria que era, formalizaba un proxecto total de destrucción. Como o definiu Raul Hilberg, un dos máis rigorosos estudosos do Holocausto quot;a escala e a intensidade da operación, aplicada por unha burocracia alemana metódica e eficaz carecía de precedentes”. Tal proxecto ficara lexitimado, realmente, anos antes coas leis de Nuremberg de setembro de 1935, promulgadas polo III Reich. Para ter unha aproximación moi viva sobre a atmósfera real que lle seguiu á promulgación desas leis é
  • 2. recomendábel a leitura de Historia dun alemán, de Sebastian Haffner, onde se relata de primera man esa escalación da demagoxia antisemita en Berlín, en todos os ámbitos da vida, en todos os actos. Sen posibilidade de absolución. Desde o ano 39 comezáronse a desprazar enormes masas de poboación desde o leste ocupado; esa estratexia, espallada polos frentes da guerra e acollida nos países que o nazismo invadía, abateríase de maneira xa total e sistemática, pois, contra toda as comunidades xudías de Europa até o final da II Guerra Mundial: desde Polonia, onde desde o comezo axiron os “Einsatzgruppen” ou forzas móbiles de exterminio, perseguindo e asasinando con total meticulosidade, até os Balcáns, onde vivían máis de 1.600.000 xudeus e onde se deportou masivamente (Serbia, Grecia... Lémbrese a devastación de Salónica). En moitos casos, os alemáns contaron coa colaboración desinteresada de amplos sectores da poboación civil dos países ocupados: Babi Iar, ás aforas de Kiev en Ucraína, onde se masacraron a 100.000 persoas -un terzo deles nenos-por exemplo; ou xa no fin do conflicto, na primavera do 1944, en Hungría, co exterminio de case a totalidade da poboación xudía, exterminio perpetrado coa axuda directa do “Nyilaskeresztes Párt“ ou „Partido das Cruces Frechadas, os fascistas húngaros. As palabras de Goebbels, ministro de propaganda nazi, son moi significativas a este respeito cando afirma sobre os austríacos: “a formación recibida do Imperio dos Habsburgo, dotáraos de habilidades especiais para tratar aos pobos sometidos”. Nesa vastísima e extraordinaria novela de Vassili Grossman que é Vida e destino, recréase cun pálpito denso e escuro o momento en que Eichmann vai larvando, sobre o terreno, a construcción das cámaras de gas como medio para acelerar a “solución final”. Así foi, logo da Conferencia de Wannsse en 1942, Hitler dera a súa aprobación para a “Endlösung der Judenfrage” ou “solución final á cuestión xudía” e encomendara esta tarefa a Adolf Eichmann, tenente coronel das SS. O que vén a continuación é o paso final nesa retórica da barbarie. O pobo xudeu sofreuno de maneira global e sistemática; xunto a el, e de maneira moi dramática igualmente, como é sabido, outros colectivos e etnias (refuxiados políticos, sintis e romas, homosexuais...) e todos aqueles que se opuxeron ao III Reich (desde socialistas a cristiáns, desde militantes pacifistas a estudantes...). É, en definitiva, unha liña de sombra espesísima trazada con labor criminal perante a condición humana. Son feitos documentados, constatados...Divulgados abondo...Ou non tanto? Convén describilo agora, sen equívocos e sen mascaradas, sen medias palabras; é deber asumilo coa responsabilidade que toca por todos os que estean desa beira da vida preservada da barbarie, pola significación abismal que tivo na conciencia do home do noso tempo. Está presente. Ou non tanto? Ou non tanto...a pregunta ecoáme de xeito raro nestas datas, nunhas datas en que, para vergonza de Europa, novamente se deron rédea solta as máis baixas paixóns racistas contra cidadáns europeos en forma de lemas antisemitas intolerables e agresións de maior ou menor intensidade. Nunhas datas onde nas rúas de cidades dunha Europa abalada non hai tanto pola guerra e os totalitarismos, como Copenague (capital dun país que pode afirmar con orgullo que salvou a totalidade dos seus cidadáns xudeus do exterminio con auténtica coraxe civil), se escoitaron berros ao son de “Heil Hitler!” e outras arengas de odio e racismo de maneira pública, que producen auténtico estupor; como París, onde se produciron ataques contra sinagogas e escolas xudías impunemente; como Londres ou Amsterdam, con actos vandálicos contra establecimentos e agresións físicas contra os cidadáns dunha comunidade que ningún delito cometeu; como Madrid, onde se fixo escarnio e banalización pública do Holocausto, sen que ninguén se parase nin sequera a pensar o que se estaba formulando no medio do tumulto fascinado polas arengas, a dimensión que tiña a afrenta e a difamación. Isto, hoxe e agora, entre nós. A menos de dúas xeracións transcorridas entre esa noite tráxica de Novembro en Centroeuropa e os nosos días.
  • 3. Convén lembralo, mais unha vez, pois, non só polo peso desa traxedia que se agranda caendo no esquezo dos anos transcorridos, ultraxada por boca de tanto insensato, de tanto fanático. Algúns queren baleirar as sentinas da Historia, como se eses feitos fosen apenas un relato menor, despoxalo do seu valor, do seu significado, que fique relegado á arqueoloxía das conciencias. Por iso, convén, de maneira responsábel, colocarnos perante ese testemuño terríbel, para que desde aí se espelle o noso verdadeiro rosto. Nestas datas acirrouse con demagoxia extrema unha parte das consecuencias tráxicas dun conflicto bélico, de natureza xeopolítica, que acontece a miles de quilómetros de distancia de Europa, como non se fai con ningún outro conflicto no mundo, dictaminando e xulgando de maneira sumarísima como non se fai tampouco con ningún outro pobo do mundo, con ningunha outra nación do mundo. Eu pregúntome por que? Nun novo-vello escenario de ideoloxías de saldo, os millóns de víctimas de outrora, desde un exercicio de retórica sibilina e malintencionada, seica pasan a encarnar agora o papel dos mesmos verdugos que os executaron. E a ninguén parece sorprenderlle, ninguén parece estar disposto a exercitar a memoria, a dignidade, o decoro da verdade. Eu pregúntome por que? Nunha prolepse delirante dos feitos e dos argumentos, sobre esas víctimas parece recaer agora a responsabilidade plena dun enfrontamento complexo e concreto, enquistado desde hai demasiado tempo, con demasiada dor. Como estamos chegando, pois, a isto, a que intereses serve, a quen axuda, cal é o preludio que se está tentando escenificar desde fóra da razón, con tanto odio, outravolta renacendo? Que nome ten isto? Por iso, para que que este día de Xaneiro non nos comece a apodrecer de novo entre as mans e as conciencias como hai setenta anos, eu querería colocar esas preguntas e que foran contestadas desde as fronteiras da racionalidade e da verdade. Lonxe das retóricas da barbarie. E, entrementres, outra candea terá que ser prendida: pola condición humana, contra a infamia. Carlos Penela é escritor (Vigo 1975). Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago. Reside en Viena. Obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía (1997), o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) o Premio Esquío de poesía (2004). En 2007 gaña o Premio de Poesía Caixanova-Pen Clube coa obra Sombras, rosas, sombras. Carlos Penela é socio de AGAI. www.amizadeconisrael.org – Tlf. 610424174 - Apartado de Correos 730 - 36200 Vigo–Galicia