SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 14
Downloaden Sie, um offline zu lesen
COMENTARIO
SOBRE
O NOME DA ROSA
Maite Guerra Prieto – 2º C Bach.
(07/01/2013)
ÍNDICE
1. Comentario sobre O Nome da Rosa……………………………..1
2. Bibliografía e Fontes……………………………………………12
1. COMENTARIO SOBRE O NOME DA ROSA
O Nome da rosa (1986) é unha película baseada na novela homónima, histórica e de misterio,
do autor italiano Umberto Eco, publicada en 1980. Baixo unha trama detectivesca, a película xira
en torno á resolución dunha serie de mortes acontecidas
dentro dunha illada abadía benedictina, á finais do ano
1327, e á que chegan, como en sordina, os lonxanos
ecos dos sucesos políticos, relixiosos e culturais do
mundo exterior. As mortes parecen derivarse do acceso
á lectura de certos libros prohibidos, considerados
espiritualmente perigosos, tal é o caso do segundo libro
da Poética de Aristóteles, dedicado ao humor como
instrumento da verdade, pero cuxa única copia atópase agochada na biblioteca da abadía xa que
os relixiosos consideran que este libro pode incitar aos homes a perder o medo ao inferno e non
necesitar a Deus. Aristóteles e a risa son a clave dos asasinatos. Resulta significativo o combate
dialéctico entre o venerable fraile Jorge de Burgos e
Guillerme de Baskerville sobre a importancia do
humor, do cal extráese que mentres os franciscanos
contemplan a risa con indulxencia, como un atributo
humano, os benedictinos consideran que é pecado, un
vento diabólico que deforma as faccións e fai que os
homes parezan monos. A intolerancia provocará que
por este libro, no que o filósofo falaría da comedia e
da risa, mesmo se poda chegar a matar.
Co teocentrismo medieval de fondo e a crise dun período que remata, O Nome da rosa
permite a comprensión do turbulento ambiente relixioso do século XIV, a corrupción e os abusos
existentes (vicios da carne e vicios do espírito), así como, a loita entre o Papado e o Imperio, a
rivalidade dominicos-franciscanos no seo da Igrexa e as tensións entre a propia Orde franciscana.
Amósase a polémica sobre a posesión de bens e a pobreza dos Apóstolos que se plantexara no
século XIV entre os franciscanos espirituais e o Pontífice.
1
O tema que na obra se tenta presentar é a orixe da mentalidade moderna representada polo
avance das transformacións que servirán de base a esa nova época, mentres as estruturas políticas
e relixiosas medievais comezan a descompoñerse. O século XIV representa
un momento de profundos cambios na filosofía, caracterizada por unha actitude máis moderna e
polos comezos da nova ciencia, e onde a crise da filosofía escolástica faise patente. A figura
intelectual do nominalista Guillerme de Ockham, representante emblemático do pensamento do
século XIV, onde a súa filosofía racional e científica foi decisiva para o xiro do pensamento
escolástico, é considerada a parte que axudou a Eco a construír ao protagonista, Guillerme de
Baskerville, e determiñaron o marco histórico e a trama da novela.
A historia está narrada en primeira persoa polo xa ancián Adso de Melk, que desexa deixar
constancia dos sucesos que presenciou durante unha estadía temporal nunha abadía benedictina
ubicada nos Apeninos setentrionais a finais do ano 1327, baixo o papado de Xoán XXII,
acompañando como pupilo ao franciscano Guillerme de Baskerville. O franciscano e o seu
novicio chegan a esta abadía, célebre pola súa
impresionante biblioteca para unha reunión que se
producirá entre os delegados do Papa (entón radicada en
Avignon, Francia) e os líderes da Orde franciscana, na que
se debaterá sobre a suposta herexía da doutrina da Pobreza
Apostólica, promovida por unha rama da Orde franciscana: os espirituais, entre os que se atopan
Ubertino de Casale. A celebración desta reunión vese ameazada por unha serie de mortes
misteriosas que os supersticiosos monxes consideran que seguen a pauta dunha pasaxe do
Apocalipse, e o Abade Abbone confía a frai Guillerme, sagaz e observador, a investigación do
ocorrido. Seguindo coas súas pesquisas os protagonistas descobren que as mortes xiran en torno
á existencia dun libro envelenado, e que se cría perdido: o
segundo libro da Poética de Aristóteles. A chegada do enviado
papal e inquisidor Bernardo Gui, descrito como alguén moi
versado nas ardides do maligno, esperta os amargos recordos
de Guillerme que tamén fora inquisidor nos primeiros tempos
onde se procuraba orientar e non castigar. Pese a prohibición
ao seu acceso, Guillerme e Adso, logran descubrir a biblioteca
da abadía, unha das maiores de toda a cristiandade, na que se poden atopar reminiscencias
borgianas como a súa estrutura labiríntica ou a presenza de espellos.
2
Posteriormente prodúcese a chegada dos enviados do Papa, e a reunión prevista. Finalmente,
o método científico de Guillerme vese enfrontado polo fanatismo relixioso, representado polo
ancián e cego bibliotecario, Jorge de Burgos, que mantén oculto o libro, e que despois da
discusión entre ambos comeza a devorar as súas páxinas envelenadas. Na loita pola súa
recuperación, cae unha lámpada accidentalmente, iniciándose un lume que arrasa coa biblioteca
enteira.
O ambiente no que se desenvolve a trama de O Nome da rosa, céntrase na forma de vida dos
monxes nunha abadía benedictina, comunidade organizada con regras para a vida en común que
tiñan como ideal a figura de Cristo. Coñecíase como Orde á agrupación de regulares ou monxes
que habitaban os mosteiros ou abadías. O fundador da Orde dos
benedictinos foi San Benito de Nursia (480-547), que puxo as bases do
monacato occidental, servindo de modelo aos demais fundadores.
Propuxo regras para a vida en común, con obediencia a un superior
elixido entre os monxes. A súa síntese de acción é a máxima: Ora et
labora (reza e traballa), dando o ideal da vida monacal: o culto relixioso,
a vida ascética e o traballo manual, sobre todo agrícola, pero tamén
dedicado ao estudo con esmerada dedicación intelectual. A principal actividade dos mosteiros foi
a literaria, filosófica e científica. Non había mosteiro sen biblioteca, seguindo a recomendación
de San Benito: “Que o libro non se aparte nunca das túas mans”. Conservaron o legado
bibliográfico antigo, tanto das obras grecolatinas como dos textos bíblicos e dos autores cristiáns
dos primeiros séculos. Nestas bibliotecas había grupos de copistas para reproducir as obras máis
importantes, chegando a ser extraordinarios centros de difusión cultural. As escolas monacais e
catedralicias foron a orixe das universidades. As primeiras universidades europeas documentadas
foron as de Bolonia (1158), París (1180) e Oxford (1214). En toda a ensinanza universitaria
medieval, a metodoloxía era exclusivamente teórica, alonxada da experimentación e da
investigación empírica, coa atención posta en reproducir os saberes clásicos, fundamentalmente
centrados na retórica e na lóxica, en cuxo contexto ensinábase a filosofía. Este tipo de ensinanza
era coñecida como escolástica, porque era a que se practicaba de modo xeral nas escolas e
universidades, do século IX ao XV. As principais características dos métodos escolásticos eran:
- A filosofía é mediación para a teoloxía. Sendo o obxectivo fundamental a interpretación dos
3
textos sagrados, a filosofía foi considerada como Ancilla Theologiae (doncela da teoloxía) ou
ciencia auxiliar das exégesis e comentarios aos grandes textos cristiáns.
- A metodoloxía esixía moita exactitude e precisión na linguaxe e nos conceptos que se
empregaban. Porén foise xeneralizando un excesivo verbalismo, que pedía máis atención ás
palabras que ao fondo dos asuntos que se ensinaban ou discutían.
- As obras de Aristóteles formaban o núcleo dos contidos filosóficos ensinados. Nos primeiros
séculos (VI-XII), estudábanse os libros de lóxica que se coñecían no momento (Categorías,
Tópicos, Analíticos); e dende o século XIII, os grandes textos teóricos, sobre todo a Metafísica.
Aristóteles comeza a ser máis coñecido no século XIII grazas ao traballo de tradución da
Escola de Toledo, que verteu ao latín, directamente do grego, as obras aristotélicas. O
aristotelismo tivo unha recepción desigual no pensamento da Idade Media. Averroes foi o
principal intérprete de Aristóteles na filosofía árabe e o seu pensamento influíu na filosofía
xudea e cristiá. Na segunda metade do século XIII formouse no mundo
latino unha orientación filosófica chamada averroísmo latino. Algúns
destes autores presentaron un pensamento que propoñía algunhas teses
problemáticas en relación cos dogmas cristiáns, como as relativas á
inmortalidade da alma e á eternidade do mundo. Estes autores, que
pretendían conxugar as teorías aristotélicas e a fe cristiá, afirmaron a
existencia dunha dobre verdade (de razón e de fe) e, en moitos casos
manifestaban a tese da inferioridade da fe respecto da razón, no coñecemento do mundo. O Papa
prohibirá no Concilio de París a lectura dalgunhas obras de Aristóteles (Física e Metafísica) e
declararaas contrarias aos dogmas de fe. Aínda así, o pensamento aristotélico seguiu a estar
presente entre os pensadores cristiáns, polo valor da súa lóxica. Tomé de Aquino proporase na
súa obra tentar conciliar a fe cristián e o pensamento Aristotélico.
Durante o século XII, debido ao renacemento das cidades e o
desenvolvemento das herexías que representaban novos retos para a Igrexa,
xorden novas Ordes que permiten a reconquista espiritual dos cidadáns e a
derrota da herexía, entre as que están os franciscanos e os dominicos. O
fundador da Orde dos franciscanos, á que pertence o protagonista Guillerme
de Baskerville, foi San Francisco de Asís no ano 1209. O seu ideal era que
4
os seus discípulos guiaran ao mundo cara Cristo a través da pobreza evanxélica, a completa
negación de si mesmos e a humildade. Ademais, San Francisco abxurou da cobiza e a violencia,
do poder prepotente e dominador. Esta Orde creceu aceleradamente porque buscaba imitar a
forma da primitiva Igrexa e levar en todo a vida dos Apóstolos. Pero,
cambiando o papel da sociedade e da Igrexa, a Orde viuse obrigada a
adaptarse. Coa Orde afastada dos ideais de San Francisco, xorden en
1245 novas correntes franciscanas: os conventuais e os rigoristas,
tamén chamados espirituais (radicais que defendían un ideal de
pobreza absoluta). Na película aparece Ubertino de Casale (1259-
1330) relixioso franciscano, líder dos espirituais da Toscana, presentado como amigo de
Guillerme e que se ve obrigado a refuxiarse na abadía. Pero continuaron as divisións dentro desta
Orde. Parte dos seus membros quixo seguir outro camiño. Entre estes atoparíase Gerardo
Segarelli, que incitaba aos seus seguidores a levar unha vida de penitencia, imitando aos
Apóstolos e levando un modo de vida nómada a base de limosnas. Ademais, este non recoñecía a
autoridade da Igrexa, e dedicouse a quebrantar propiedades privadas e atacar á xente que posuía
bens materiais. Esta actitude levouno a ser condenado a morrer na fogueira. O seu sucesor foi
Davide Tornielli: frai Dulcino. Os fundamentos máis importantes da súa doutrina foron:
- Regresar aos ideais orixinais da Igrexa: pobreza e humildade.
- Oposición ao sistema feudal.
- A liberdade plena dos homes.
- Igualdade económica (propiedade comunitaria) e sexual.
- Crítica á ostentación da Igrexa.
En 1303 emigrou preto do lago de Garda, onde coñeceu a Margherita di Trento, quen o
acompañaría ata o día da súa morte. O Papa Clemente V encabezou unha cruzada para rematar
coa que era cualificada como unha seita herexe. Dulcino foi sometido a xuízo pola Santa
Inquisición, e rematou torturado e queimado vivo en Vercelli. Algúns personaxes da película
tentan ocultar o seu pasado dulcinista e permanecen agochados na abadía, trátase de Remigio Da
Varagine e Salvatore de Monferrate.
5
Bertrando del Poggetto (1280-1352), foi un diplomático e cardenal francés, que na obra
aparece como delegado papal. Aínda que a figura do Papa non aparece explicitamente é
nomeado en moitas ocasións. Jacques Duése - Papa Xoán XXII - naceu
en Cahors, Francia, no ano 1245. En 1316 foi elixido Papa. Traballou
pola centralización da administración pontificia, o que lle gañou a
hostilidade do emperador, quen lle opuxo un antipapa. Era un férreo
opositor dos ideais reformistas da Orde dos franciscanos, á que estivo a
piques de condenar por herética. En 1318 publicou unha bula na que se
condenaba a postura, si ben non á Orde franciscana, si á súa escisión
dos espirituais, cualificándoa como herética, e citou a Michele de Cesena, personaxe que tamén
aparece na película, a comparecer na sede de Avignon. Michele de Cesena (1270-1342), foi
Ministro Xeneral da Orde franciscana, teólogo e líder dos franciscanos espirituais que estaban
enfrontados co Papa Xoán XXII na disputa sobre a Pobreza Evanxélica.
En O Nome da rosa está tamén presente a Santa Inquisición, tribunal eclesiástico medieval
que velaba por manter a ortodoxia e castigar aos herexes. Foi moi defendida na Idade Media, a
pesar da dureza nos seus procedementos. A Inquisición xoga un papel importante na película e
aparece na figura de Bernardo Gui (1262-1331), un relixioso dominico, Inquisidor de Toulouse
entre 1307 e 1323. O seu ascenso ao episcopado foi outorgado por Xoán XXII en recompensa
polos seus servizos. A Orde dos dominicos coñecida tamén como a Orde dos predicadores, foi
fundada por Domingo de Guzmán en Toulouse durante a Cruzada albigense, e confirmada polo
Papa Honorio III en 1216. Esta Orde destacou no campo da
teoloxía e doutrina ao abrigo de figuras como Alberto Magno ou
Tomé de Aquino. Moitos dos seus membros integraron a
Inquisición medieval. Na película, Bernardo Gui é presentado
como inquisidor e líder da delegación papal, simboliza o poder da
Igrexa, a intolerancia e a represión, némesis de Guillerme de Baskerville.
A rivalidade dominicos-franciscanos tamén aparece. Trátase dun episodio máis da loita entre
o poder do Pontificado e o poder do Imperio, conflito que provocou, por un lado, unha disputa
interna dentro da Igrexa e das Ordes relixiosas, porque a corrente dos franciscanos chamados
espirituais, partidarios da pobreza absoluta, apoiaron a Luís de Baviera en contra de
6
Xoán XXII, xa que reprochaban a este o abandono da sinxeleza e pobreza da Igrexa dos
Apóstolos, mentres que os dominicos defendían ao Papa.
A búsqueda de Guillerme de Baskerville das probas que conduzan ao asasino parece ser unha
recreación literaria de Guillerme de Ockham (1290-1348), representante do nominalismo e
considerado por algúns o pai da epistemoloxía e da filosofía moderna. A
figura deste pensador é considerada a inspiración que axudou a Eco a
construír este personaxe. Guillerme de Ockham nacido na cidade de
Ockham, ao sur de Londres, uniuse á Orde franciscana e estudou en
Oxford, en cuxo ambiente frutificara o movemento moderno que, sen
deixar a problemática cristiá, tomou unha dirección máis experimental cara
ás ciencias e ás matemáticas. Os filósofos de Oxford propuxeran unha
mentalidade que acentúa a importancia das impresións sensibles e do coñecemento directo das
cousas. Guillerme de Ockham enfatiza esa mentalidade máis empirista. Ao longo da súa vida,
viuse implicado en numerosas contendas relixiosas e políticas, o que, entre outras, levarao a
Avignon, acusado de herexía ante a corte pontificia. O Papa consigue o seu encerro, pero el logra
escapar en hábil fuga; a partir dese intre as súas obras teñen un marcado carácter político,
atacando duramente ao poder do Papa e defendendo ao Emperador Luís de Baviera, a cuxa corte
de Munich acode xunto con Marsilio de Padua. Ao mesmo tempo vese envolto na polémica que
entón dividía á súa Orde, á que enfrontaba aos espirituais e a de aqueles que se acomodaban a
unha vida menos esixente. As coincidencias biográficas entre ambos fanse patentes: os dous eran
franciscanos, ingleses e tiveran que se enfrontar a graves acusacións de herexía. Guillerme de
Ockham sitúase nunha clara posición empirista: o único coñecemento é o que procede da
experiencia e refírese a individuos concretos, os únicos que existen; nada dun proceso de
abstracción que nos conduza a descubrir a esencia universal que está presente en todos os
individuos. O noso coñecemento debe circunscribirse ao dado polos sentidos e a ciencia natural
será algo distinto ao que era a ciencia aristotélica; a preocupación céntrase máis na busca de
causas eficientes, deixando nun segundo plano as causas finais. Este modo de proceder na
ciencia lémbranos ao modo que segue Guillerme de Baskerville para investigar os crimes da
abadía. Tamén, a aplicación de Guillerme de Ockham do principio de simplicidade e economía a
todos os campos (A navalla de Ockham), aparece en Guillerme de Baskerville, de modo que,
cando arroxa a súa hipótese sobre a morte de Adelmo, a primeira vítima, termina o seu discurso
7
dicindo: “Todo se explica empregando o menor número de causas”. Segundo o mencionado
principio, ha de eliminarse de toda investigación todo aquilo que sexa superfluo ou que duplique
as explicacións sen necesidade ningunha.
A película amosa a ideoloxía da Igrexa católica na Idade Media e o choque que representa a fe
máis dogmática co impulso máis racional. Mentres que a maioría dos relixiosos son exemplo de
ignorancia, dogmatismo, soberbia, ata chegar a ser capaces de matar a outro ser humano tanto
para demostrar o poder da Igrexa, como para manter a ignorancia da humanidade. Estes
adhírense a verdades ou conviccións aceptadas en virtude das súas crenzas relixiosas, aínda que
o que suceda non estea comprobado nin demostrado por métodos racionais. Frai Guillerme de
Baskerville (en referencia a Ockham) representa a parte máis racional da doutrina católica, un
home interesado tanto nos demais como no coñecemento. Ockham foi un franciscano cunhas
sólidas conviccións cristiás, pero firmemente convencido de separar o ámbito das crenzas do
ámbito da razón. Considera que a crenza “en Deus pai omnipotente” é firme convicción que se
acata en virtude dos sentimentos radicados no fondo da alma humana. As súas ideas filosóficas e
políticas, baséanse na afirmación de que a relación de Deus cos seres é directa porque cada un
deles é creado singularmente por Deus, e porque cada ser humano pode dirixirse a el sen
necesidade de intermediarios. A súa orientación empirista e as súas crenzas levaron a Ockham á
distinción explícita entre o campo da teoloxía, que ensina as verdades da fe, e o do coñecemento
racional, centrado na natureza, ámbito específico da investigación científica. No personaxe de
Guillerme de Baskerville empeza a asomarse unha nova forma de pensamento, que logrará o seu
punto máis alto na Modernidade: un pensamento que non se constrúe sobre a autoridade nin
sobre a revelación senón sobre os argumentos racionais, elaborados a partir das probas obtidas
empiricamente. Nel aparece prefigurada toda a ciencia moderna.
Pero o problema entre filosofía e relixión está presente en todo o discorrer filosófico da Idade
Media. Os primeiros pensadores cristiáns utilizan a filosofía como instrumento argumentativo ao
servizo da fe, para demostrar as súas crenzas fronte aos filósofos pagáns. Porén, sucesivos
descubrimentos científicos, debates morais e políticos que se contrapoñían á revelación divina,
provocaron polémicas sobre cal sería o mellor método para acadar a verdade: Filosofía ou
Revelación. O conflito razón-fe estará presente en toda a Baixa Idade Media. No período inicial,
8
que ten como figura culminante a Agostiño de Hipona, considérase que non hai por qué
distinguir entre o coñecemento provinte da razón e os que proveñen da
fe, porque só hai unha verdade: a razón debe servir á fe e a fe iluminará á
razón. Esta postura coincide cun período da filosofía cristiá de
orientación platónica que durará ata o século XI. A doutrina filosófica de
Platón tiña un esquema relativamente fácil de asumir polo mundo
cristián (a división en dous mundos, a figura do demiurgo, a inmortalidade da alma). O que
faltaba na teoría platónica do mundo (creación, tempo lineal) achegábao a iluminación da
revelación.
A convulsión producida no pensamento cristián tras o descubrimento do pensamento
aristotélico e as teses defendidas polos averroístas latinos, sitúa de novo no centro da polémica as
relacións entre fe e razón. Para os averroístas existe unha verdade segundo a razón (a verdade
pura, científica reservada aos espíritos selectos) e outra segundo a fe (para a multitude inculta),
que non son necesariamente contrapostas, senón que atinxen a ámbitos distintos: no ámbito
filosófico entendida claramente e no ámbito relixioso é expresada
alegoricamente. Esta postura proporciona autonomía con respecto á
revelación. Tomé de Aquino enfrontarase á teoría da dobre verdade ao
defender que a verdade non pode ser máis que unha. O que sucede é que o
discurso racional pode chegar ao establecemento de certas verdades e hai
outras verdades que son establecidas pola fe cristiá. Estes dous ordes, en
principio, non terían por qué entrar en conflito de non ser porque certas
verdades asequibles á razón son tamén impostas pola autoridade da fe, dada a posibilidade de
erro que ameaza á razón humana. Deste modo, a fe serve á razón de norma ou criterio de
verificación extrínseco: no caso de que a razón chegara a conclusións incompatibles coa fe, tales
conclusións serán necesariamente falsas e o filósofo haberá de revisar os seus razoamentos.
Xa no século XIV, no que se desenvolve a película, Guillerme de Ockham proporá a
separación definitiva dos ámbitos da razón e da fe. A súa filosofía insértase dentro da crise e
decadencia da escolástica, fenómeno que se iniciara co seu mestre Duns Escoto. A separación
entre o poder espiritual e temporal suporía tamén a diferenciación entre dous ámbitos do
coñecemento radicalmente heteroxéneos, razón e fe, que os filósofos da Idade Media, e
especialmente Tomé de Aquino, tentaran harmonizar. Ockham non só renunciou a realizar
9
síntese algunha entre relixión (revelación) e filosofía, senón que estimou que ambas,
forzosamente, debían recorrer camiños distintos, sen conexións en ningún punto, nin sequera
naquela zona de confluencia afirmada por Tomé de Aquino: os preámbulos da fe. Segundo
Ockham, a teoloxía ha de se independizar de toda andamiaxe filosófica e racional, o que á larga
aplanou o camiño para unha verdadeira autonomía da razón, que liberou á propia filosofía da súa
condición de doncela (ancilla) da teoloxía. Aínda máis, só dende esta diverxencia de ámbitos
puido a ciencia despegar definitivamente.
Os obstáculos ao libre pensamento e o libre acceso á cultura son tamén importantes na
película. Nunha actitude de intolerancia respecto da lectura,
o coñecemento e a verdade atópase ao venerable Jorge de
Burgos (nome que supón unha homenaxe a Jorge Luís
Borges), monxe cego e ancián que representa o mundo
antigo que non quere abrir os ollos ás novas realidades.
Jorge mata para agochar o libro e tentar que ninguén o lea,
considerando que a risa é algo inferior, pero tratada polo gran Aristóteles, adquiriría “categoría”.
Cando este personaxe di que a súa misión non é investigar, senón preservar o saber, enténdese
que se trata de preservar unha verdade que nos ten sido dada e acerca da cal non hai xa nada que
investigar: sabémolo todo. Prohíbese ler, precisamente porque a lectura leva a dubidar da
infalibilidade e a dúbida é inimiga da fe. Porén, Guillerme de
Baskerville, representa o espírito científico, humanista e tolerante.
Mantén unha actitude aberta ante o saber e a capacidade racional do
home. Adso, ao final da película, espera que Deus teña perdoado ao
seu mestre das “vanidades do orgullo intelectual”. Este era o
problema de moitos homes de ciencia da Idade Media, que debían
loitar contra os recelos que provocaba o libre pensamento. Así
mesmo, O Nome da rosa é tamén unha historia da linguaxe e dos
signos. Guillerme amósase coma un prolífico lingüista e un lector de signos. Hoxe non parece
extrana a reivindicación da natureza lingüística do entendemento e o carácter do signo dos
conceptos universais, pero frai Guillerme (representando a Ockham) estaba facendo fronte a
unha temática tradicional (con orixes en Platón e Aristóteles), coñecida como o “problema dos
universais”, que se replantexara, durante a Idade Media, a cuestión do valor e do contido dos
10
conceptos universais, con dúas grandes orientacións: o realismo e o nominalismo. O primeiro foi
a concepción máis común no contexto da filosofía escolástica. Os realistas sustentábanse na idea
de que Deus crea “naturezas” xenéricas das que os seres individuais son participacións. O
universal era o concepto-imaxe que expresaba esa “natureza xenérica”. O nominalismo,
representado na figura de Guillerme de Baskerville, defende que o universal é un concepto-signo
que existe na mente, isto é, só un nome, que non responde a unha natureza ou realidade
compartida realmente polos seres concretos. Os seres do mesmo xénero teñen a entidade que
teñen por si mesmos, non pola participación nunha “natureza” común realmente inexistente. A
“navalla de Ockham” elimina esa “natureza común” que os realistas admiten, alegando que Deus
creou directamente a cada ser, sen necesidade de “naturezas” intermedias.
Un dos puntos máis impresionantes da abadía é o da súa enorme biblioteca, diseñada como
labirinto e símbolo do mundo. Ese non acceso aos libros e á lectura supón o non acceso á cultura
e ao coñecemento. A súa arquitectura complexa e excitante amosa o labirinto do saber. Primeiro,
o misterio, a escuridade; despois, o pracer do descubrimento. A paixón pola verdade é o que
seduce a Guillerme. Adso escoita do seu mestre que os libros non son para crer o que din, senón
para analizalos. E nesa busca inesgotable do saber, os libros son un elemento indispensable. E
será na biblioteca, xa ao final da película, onde o protagonista confirme as súas sospeitas e
descubra a verdade, ao culpable das misteriosas mortes, cuxo responsable refúxiase no seu
interior e os está esperando. Cando Jorge de Burgos é descuberto culmina a súa intervención e
para protexer a “súa verdade” cómese trozos do libro envelenado. Jorge amósase unha vez máis
como o contraditor da risa, o discernidor do branco e o negro, como o defensor da verdade sen
fisuras. Non quere que chegue ás mans de ninguén o libro de Aristóteles porque a súa lectura,
acreditada ademais coa autoridade do Filósofo, pode facer perder a mesma noción de verdade.
Jorge é un fanático ata o punto de que por defender a
súa verdade mata e morre. Os crimes derívanse dunha
insá paixón pola verdade, procura que tamén queda
patente na actuación dos inquisidores e cuxo
representante, Bernardo Gui, morre tras a rebelión dos
campesiños.
11
O personaxe de Burgos representa a ortodoxia autoritaria, aferrada ao pasado, paradigma do “Eu
son o camiño, a verdade e a vida” cristián, enfrontado a Baskerville que cuestiona a ortodoxia e
que proclama “Eu busco a verdade”, considerando que nada é definitivo e que todo debe ser
reinterpretado e contemplado cun san escepticismo.
Na fuxida frenética de Jorge co libro, cae unha lámpada que provoca o incendio da biblioteca,
onde se queima o libro e de Burgos. A biblioteca arde
polas lapas do fanatismo, a ignorancia e o
autoritarismo baleiro, pero o seu incendio é tamén o
símbolo da purificación a través do lume, pois Jorge
representaba a figura da destrución. Esas mesmas
lapas iluminan e sacan á luz todo o que permanecía na
escuridade. Guillerme, porén, antepón salvar os libros
á súa propia vida. Consegue saír vivo da biblioteca
levando algúns libros nos seus brazos. Con eles
rescata a liberdade e a expresión de ideas pasadas e futuras. Guillerme de Baskerville saca á luz a
verdade e o coñecemento escondido, así como, a necesidade de facer perdurar a cultura, o arte e
a esperanza nun mundo dirixido por seres tolerantes e instruídos, e non por fanáticos e
ambiciosos.
2. BIBLIOGRAFÍA E FONTES
- García González, M.; García Moriyón, F.; Pedrero Sancho, I. (2006). Luces y sombras. El
sueño de la razón en Occidente. Madrid: Ediciones de la Torre.
- Martínez Manero, J. M.; Miret Magdalena, E.; Villar Rodríguez, C. (2004). Gran Enciclopedia
Universal. Madrid: Editorial Espasa Calpe.
- http://es.scribd.com/doc/57206630/La-filosofia-medieval-a-traves-de-El-nombre-de-la-rosa
-http://www.educahistoria.com/cms/index.php?option=com_content&view=article&id=153:en-
el-nombre-de-la-rosa-1986-de-jean-jacques-annaud&catid=43:cine-historico&Itemid=152
- http://www.slideshare.net/iremyr/el-nombre-de-la-rosa-ii
12

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach

Iter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmIter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmAlfonso Blanco
 
O nome da_rosa.docx jenyteo
O nome da_rosa.docx jenyteoO nome da_rosa.docx jenyteo
O nome da_rosa.docx jenyteoEva Garea
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacementoaggcoruxo
 
O cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e ReformaO cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e Reformaroberto
 
Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...
Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...
Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...Univ. of Boston
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino nieveslopez
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino nieveslopez
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosóficoAfrica Lopez
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquinonieveslopez
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaSanti Pazos
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelatotrafegandoronseis
 

Ähnlich wie Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach (20)

Tomé de Aquino
Tomé de AquinoTomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
Iter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmIter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm Textvvm
 
O nome da_rosa.docx jenyteo
O nome da_rosa.docx jenyteoO nome da_rosa.docx jenyteo
O nome da_rosa.docx jenyteo
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacemento
 
O cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e ReformaO cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e Reforma
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
 
Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...
Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...
Resumen detallado y análisis espacio-temporal de "EL NOMBRE DE LA ROSA" (Yago...
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
Humanismo e reforma
Humanismo e reformaHumanismo e reforma
Humanismo e reforma
 
Como se formou a biblia
Como se formou a bibliaComo se formou a biblia
Como se formou a biblia
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e Reforma
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
 
Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos
Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitosPrisciliano de Gallaecia, fitos e mitos
Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos
 
Prisciliano, fitos e mitos
Prisciliano, fitos e mitosPrisciliano, fitos e mitos
Prisciliano, fitos e mitos
 
risco
riscorisco
risco
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os TemposBeatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
 

Mehr von Eva Garea

Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Eva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
ProyectollegadaEva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoEva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteEva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iEva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasEva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoEva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaEva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesEva Garea
 

Mehr von Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 

Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach

  • 1. COMENTARIO SOBRE O NOME DA ROSA Maite Guerra Prieto – 2º C Bach. (07/01/2013)
  • 2. ÍNDICE 1. Comentario sobre O Nome da Rosa……………………………..1 2. Bibliografía e Fontes……………………………………………12
  • 3. 1. COMENTARIO SOBRE O NOME DA ROSA O Nome da rosa (1986) é unha película baseada na novela homónima, histórica e de misterio, do autor italiano Umberto Eco, publicada en 1980. Baixo unha trama detectivesca, a película xira en torno á resolución dunha serie de mortes acontecidas dentro dunha illada abadía benedictina, á finais do ano 1327, e á que chegan, como en sordina, os lonxanos ecos dos sucesos políticos, relixiosos e culturais do mundo exterior. As mortes parecen derivarse do acceso á lectura de certos libros prohibidos, considerados espiritualmente perigosos, tal é o caso do segundo libro da Poética de Aristóteles, dedicado ao humor como instrumento da verdade, pero cuxa única copia atópase agochada na biblioteca da abadía xa que os relixiosos consideran que este libro pode incitar aos homes a perder o medo ao inferno e non necesitar a Deus. Aristóteles e a risa son a clave dos asasinatos. Resulta significativo o combate dialéctico entre o venerable fraile Jorge de Burgos e Guillerme de Baskerville sobre a importancia do humor, do cal extráese que mentres os franciscanos contemplan a risa con indulxencia, como un atributo humano, os benedictinos consideran que é pecado, un vento diabólico que deforma as faccións e fai que os homes parezan monos. A intolerancia provocará que por este libro, no que o filósofo falaría da comedia e da risa, mesmo se poda chegar a matar. Co teocentrismo medieval de fondo e a crise dun período que remata, O Nome da rosa permite a comprensión do turbulento ambiente relixioso do século XIV, a corrupción e os abusos existentes (vicios da carne e vicios do espírito), así como, a loita entre o Papado e o Imperio, a rivalidade dominicos-franciscanos no seo da Igrexa e as tensións entre a propia Orde franciscana. Amósase a polémica sobre a posesión de bens e a pobreza dos Apóstolos que se plantexara no século XIV entre os franciscanos espirituais e o Pontífice. 1
  • 4. O tema que na obra se tenta presentar é a orixe da mentalidade moderna representada polo avance das transformacións que servirán de base a esa nova época, mentres as estruturas políticas e relixiosas medievais comezan a descompoñerse. O século XIV representa un momento de profundos cambios na filosofía, caracterizada por unha actitude máis moderna e polos comezos da nova ciencia, e onde a crise da filosofía escolástica faise patente. A figura intelectual do nominalista Guillerme de Ockham, representante emblemático do pensamento do século XIV, onde a súa filosofía racional e científica foi decisiva para o xiro do pensamento escolástico, é considerada a parte que axudou a Eco a construír ao protagonista, Guillerme de Baskerville, e determiñaron o marco histórico e a trama da novela. A historia está narrada en primeira persoa polo xa ancián Adso de Melk, que desexa deixar constancia dos sucesos que presenciou durante unha estadía temporal nunha abadía benedictina ubicada nos Apeninos setentrionais a finais do ano 1327, baixo o papado de Xoán XXII, acompañando como pupilo ao franciscano Guillerme de Baskerville. O franciscano e o seu novicio chegan a esta abadía, célebre pola súa impresionante biblioteca para unha reunión que se producirá entre os delegados do Papa (entón radicada en Avignon, Francia) e os líderes da Orde franciscana, na que se debaterá sobre a suposta herexía da doutrina da Pobreza Apostólica, promovida por unha rama da Orde franciscana: os espirituais, entre os que se atopan Ubertino de Casale. A celebración desta reunión vese ameazada por unha serie de mortes misteriosas que os supersticiosos monxes consideran que seguen a pauta dunha pasaxe do Apocalipse, e o Abade Abbone confía a frai Guillerme, sagaz e observador, a investigación do ocorrido. Seguindo coas súas pesquisas os protagonistas descobren que as mortes xiran en torno á existencia dun libro envelenado, e que se cría perdido: o segundo libro da Poética de Aristóteles. A chegada do enviado papal e inquisidor Bernardo Gui, descrito como alguén moi versado nas ardides do maligno, esperta os amargos recordos de Guillerme que tamén fora inquisidor nos primeiros tempos onde se procuraba orientar e non castigar. Pese a prohibición ao seu acceso, Guillerme e Adso, logran descubrir a biblioteca da abadía, unha das maiores de toda a cristiandade, na que se poden atopar reminiscencias borgianas como a súa estrutura labiríntica ou a presenza de espellos. 2
  • 5. Posteriormente prodúcese a chegada dos enviados do Papa, e a reunión prevista. Finalmente, o método científico de Guillerme vese enfrontado polo fanatismo relixioso, representado polo ancián e cego bibliotecario, Jorge de Burgos, que mantén oculto o libro, e que despois da discusión entre ambos comeza a devorar as súas páxinas envelenadas. Na loita pola súa recuperación, cae unha lámpada accidentalmente, iniciándose un lume que arrasa coa biblioteca enteira. O ambiente no que se desenvolve a trama de O Nome da rosa, céntrase na forma de vida dos monxes nunha abadía benedictina, comunidade organizada con regras para a vida en común que tiñan como ideal a figura de Cristo. Coñecíase como Orde á agrupación de regulares ou monxes que habitaban os mosteiros ou abadías. O fundador da Orde dos benedictinos foi San Benito de Nursia (480-547), que puxo as bases do monacato occidental, servindo de modelo aos demais fundadores. Propuxo regras para a vida en común, con obediencia a un superior elixido entre os monxes. A súa síntese de acción é a máxima: Ora et labora (reza e traballa), dando o ideal da vida monacal: o culto relixioso, a vida ascética e o traballo manual, sobre todo agrícola, pero tamén dedicado ao estudo con esmerada dedicación intelectual. A principal actividade dos mosteiros foi a literaria, filosófica e científica. Non había mosteiro sen biblioteca, seguindo a recomendación de San Benito: “Que o libro non se aparte nunca das túas mans”. Conservaron o legado bibliográfico antigo, tanto das obras grecolatinas como dos textos bíblicos e dos autores cristiáns dos primeiros séculos. Nestas bibliotecas había grupos de copistas para reproducir as obras máis importantes, chegando a ser extraordinarios centros de difusión cultural. As escolas monacais e catedralicias foron a orixe das universidades. As primeiras universidades europeas documentadas foron as de Bolonia (1158), París (1180) e Oxford (1214). En toda a ensinanza universitaria medieval, a metodoloxía era exclusivamente teórica, alonxada da experimentación e da investigación empírica, coa atención posta en reproducir os saberes clásicos, fundamentalmente centrados na retórica e na lóxica, en cuxo contexto ensinábase a filosofía. Este tipo de ensinanza era coñecida como escolástica, porque era a que se practicaba de modo xeral nas escolas e universidades, do século IX ao XV. As principais características dos métodos escolásticos eran: - A filosofía é mediación para a teoloxía. Sendo o obxectivo fundamental a interpretación dos 3
  • 6. textos sagrados, a filosofía foi considerada como Ancilla Theologiae (doncela da teoloxía) ou ciencia auxiliar das exégesis e comentarios aos grandes textos cristiáns. - A metodoloxía esixía moita exactitude e precisión na linguaxe e nos conceptos que se empregaban. Porén foise xeneralizando un excesivo verbalismo, que pedía máis atención ás palabras que ao fondo dos asuntos que se ensinaban ou discutían. - As obras de Aristóteles formaban o núcleo dos contidos filosóficos ensinados. Nos primeiros séculos (VI-XII), estudábanse os libros de lóxica que se coñecían no momento (Categorías, Tópicos, Analíticos); e dende o século XIII, os grandes textos teóricos, sobre todo a Metafísica. Aristóteles comeza a ser máis coñecido no século XIII grazas ao traballo de tradución da Escola de Toledo, que verteu ao latín, directamente do grego, as obras aristotélicas. O aristotelismo tivo unha recepción desigual no pensamento da Idade Media. Averroes foi o principal intérprete de Aristóteles na filosofía árabe e o seu pensamento influíu na filosofía xudea e cristiá. Na segunda metade do século XIII formouse no mundo latino unha orientación filosófica chamada averroísmo latino. Algúns destes autores presentaron un pensamento que propoñía algunhas teses problemáticas en relación cos dogmas cristiáns, como as relativas á inmortalidade da alma e á eternidade do mundo. Estes autores, que pretendían conxugar as teorías aristotélicas e a fe cristiá, afirmaron a existencia dunha dobre verdade (de razón e de fe) e, en moitos casos manifestaban a tese da inferioridade da fe respecto da razón, no coñecemento do mundo. O Papa prohibirá no Concilio de París a lectura dalgunhas obras de Aristóteles (Física e Metafísica) e declararaas contrarias aos dogmas de fe. Aínda así, o pensamento aristotélico seguiu a estar presente entre os pensadores cristiáns, polo valor da súa lóxica. Tomé de Aquino proporase na súa obra tentar conciliar a fe cristián e o pensamento Aristotélico. Durante o século XII, debido ao renacemento das cidades e o desenvolvemento das herexías que representaban novos retos para a Igrexa, xorden novas Ordes que permiten a reconquista espiritual dos cidadáns e a derrota da herexía, entre as que están os franciscanos e os dominicos. O fundador da Orde dos franciscanos, á que pertence o protagonista Guillerme de Baskerville, foi San Francisco de Asís no ano 1209. O seu ideal era que 4
  • 7. os seus discípulos guiaran ao mundo cara Cristo a través da pobreza evanxélica, a completa negación de si mesmos e a humildade. Ademais, San Francisco abxurou da cobiza e a violencia, do poder prepotente e dominador. Esta Orde creceu aceleradamente porque buscaba imitar a forma da primitiva Igrexa e levar en todo a vida dos Apóstolos. Pero, cambiando o papel da sociedade e da Igrexa, a Orde viuse obrigada a adaptarse. Coa Orde afastada dos ideais de San Francisco, xorden en 1245 novas correntes franciscanas: os conventuais e os rigoristas, tamén chamados espirituais (radicais que defendían un ideal de pobreza absoluta). Na película aparece Ubertino de Casale (1259- 1330) relixioso franciscano, líder dos espirituais da Toscana, presentado como amigo de Guillerme e que se ve obrigado a refuxiarse na abadía. Pero continuaron as divisións dentro desta Orde. Parte dos seus membros quixo seguir outro camiño. Entre estes atoparíase Gerardo Segarelli, que incitaba aos seus seguidores a levar unha vida de penitencia, imitando aos Apóstolos e levando un modo de vida nómada a base de limosnas. Ademais, este non recoñecía a autoridade da Igrexa, e dedicouse a quebrantar propiedades privadas e atacar á xente que posuía bens materiais. Esta actitude levouno a ser condenado a morrer na fogueira. O seu sucesor foi Davide Tornielli: frai Dulcino. Os fundamentos máis importantes da súa doutrina foron: - Regresar aos ideais orixinais da Igrexa: pobreza e humildade. - Oposición ao sistema feudal. - A liberdade plena dos homes. - Igualdade económica (propiedade comunitaria) e sexual. - Crítica á ostentación da Igrexa. En 1303 emigrou preto do lago de Garda, onde coñeceu a Margherita di Trento, quen o acompañaría ata o día da súa morte. O Papa Clemente V encabezou unha cruzada para rematar coa que era cualificada como unha seita herexe. Dulcino foi sometido a xuízo pola Santa Inquisición, e rematou torturado e queimado vivo en Vercelli. Algúns personaxes da película tentan ocultar o seu pasado dulcinista e permanecen agochados na abadía, trátase de Remigio Da Varagine e Salvatore de Monferrate. 5
  • 8. Bertrando del Poggetto (1280-1352), foi un diplomático e cardenal francés, que na obra aparece como delegado papal. Aínda que a figura do Papa non aparece explicitamente é nomeado en moitas ocasións. Jacques Duése - Papa Xoán XXII - naceu en Cahors, Francia, no ano 1245. En 1316 foi elixido Papa. Traballou pola centralización da administración pontificia, o que lle gañou a hostilidade do emperador, quen lle opuxo un antipapa. Era un férreo opositor dos ideais reformistas da Orde dos franciscanos, á que estivo a piques de condenar por herética. En 1318 publicou unha bula na que se condenaba a postura, si ben non á Orde franciscana, si á súa escisión dos espirituais, cualificándoa como herética, e citou a Michele de Cesena, personaxe que tamén aparece na película, a comparecer na sede de Avignon. Michele de Cesena (1270-1342), foi Ministro Xeneral da Orde franciscana, teólogo e líder dos franciscanos espirituais que estaban enfrontados co Papa Xoán XXII na disputa sobre a Pobreza Evanxélica. En O Nome da rosa está tamén presente a Santa Inquisición, tribunal eclesiástico medieval que velaba por manter a ortodoxia e castigar aos herexes. Foi moi defendida na Idade Media, a pesar da dureza nos seus procedementos. A Inquisición xoga un papel importante na película e aparece na figura de Bernardo Gui (1262-1331), un relixioso dominico, Inquisidor de Toulouse entre 1307 e 1323. O seu ascenso ao episcopado foi outorgado por Xoán XXII en recompensa polos seus servizos. A Orde dos dominicos coñecida tamén como a Orde dos predicadores, foi fundada por Domingo de Guzmán en Toulouse durante a Cruzada albigense, e confirmada polo Papa Honorio III en 1216. Esta Orde destacou no campo da teoloxía e doutrina ao abrigo de figuras como Alberto Magno ou Tomé de Aquino. Moitos dos seus membros integraron a Inquisición medieval. Na película, Bernardo Gui é presentado como inquisidor e líder da delegación papal, simboliza o poder da Igrexa, a intolerancia e a represión, némesis de Guillerme de Baskerville. A rivalidade dominicos-franciscanos tamén aparece. Trátase dun episodio máis da loita entre o poder do Pontificado e o poder do Imperio, conflito que provocou, por un lado, unha disputa interna dentro da Igrexa e das Ordes relixiosas, porque a corrente dos franciscanos chamados espirituais, partidarios da pobreza absoluta, apoiaron a Luís de Baviera en contra de 6
  • 9. Xoán XXII, xa que reprochaban a este o abandono da sinxeleza e pobreza da Igrexa dos Apóstolos, mentres que os dominicos defendían ao Papa. A búsqueda de Guillerme de Baskerville das probas que conduzan ao asasino parece ser unha recreación literaria de Guillerme de Ockham (1290-1348), representante do nominalismo e considerado por algúns o pai da epistemoloxía e da filosofía moderna. A figura deste pensador é considerada a inspiración que axudou a Eco a construír este personaxe. Guillerme de Ockham nacido na cidade de Ockham, ao sur de Londres, uniuse á Orde franciscana e estudou en Oxford, en cuxo ambiente frutificara o movemento moderno que, sen deixar a problemática cristiá, tomou unha dirección máis experimental cara ás ciencias e ás matemáticas. Os filósofos de Oxford propuxeran unha mentalidade que acentúa a importancia das impresións sensibles e do coñecemento directo das cousas. Guillerme de Ockham enfatiza esa mentalidade máis empirista. Ao longo da súa vida, viuse implicado en numerosas contendas relixiosas e políticas, o que, entre outras, levarao a Avignon, acusado de herexía ante a corte pontificia. O Papa consigue o seu encerro, pero el logra escapar en hábil fuga; a partir dese intre as súas obras teñen un marcado carácter político, atacando duramente ao poder do Papa e defendendo ao Emperador Luís de Baviera, a cuxa corte de Munich acode xunto con Marsilio de Padua. Ao mesmo tempo vese envolto na polémica que entón dividía á súa Orde, á que enfrontaba aos espirituais e a de aqueles que se acomodaban a unha vida menos esixente. As coincidencias biográficas entre ambos fanse patentes: os dous eran franciscanos, ingleses e tiveran que se enfrontar a graves acusacións de herexía. Guillerme de Ockham sitúase nunha clara posición empirista: o único coñecemento é o que procede da experiencia e refírese a individuos concretos, os únicos que existen; nada dun proceso de abstracción que nos conduza a descubrir a esencia universal que está presente en todos os individuos. O noso coñecemento debe circunscribirse ao dado polos sentidos e a ciencia natural será algo distinto ao que era a ciencia aristotélica; a preocupación céntrase máis na busca de causas eficientes, deixando nun segundo plano as causas finais. Este modo de proceder na ciencia lémbranos ao modo que segue Guillerme de Baskerville para investigar os crimes da abadía. Tamén, a aplicación de Guillerme de Ockham do principio de simplicidade e economía a todos os campos (A navalla de Ockham), aparece en Guillerme de Baskerville, de modo que, cando arroxa a súa hipótese sobre a morte de Adelmo, a primeira vítima, termina o seu discurso 7
  • 10. dicindo: “Todo se explica empregando o menor número de causas”. Segundo o mencionado principio, ha de eliminarse de toda investigación todo aquilo que sexa superfluo ou que duplique as explicacións sen necesidade ningunha. A película amosa a ideoloxía da Igrexa católica na Idade Media e o choque que representa a fe máis dogmática co impulso máis racional. Mentres que a maioría dos relixiosos son exemplo de ignorancia, dogmatismo, soberbia, ata chegar a ser capaces de matar a outro ser humano tanto para demostrar o poder da Igrexa, como para manter a ignorancia da humanidade. Estes adhírense a verdades ou conviccións aceptadas en virtude das súas crenzas relixiosas, aínda que o que suceda non estea comprobado nin demostrado por métodos racionais. Frai Guillerme de Baskerville (en referencia a Ockham) representa a parte máis racional da doutrina católica, un home interesado tanto nos demais como no coñecemento. Ockham foi un franciscano cunhas sólidas conviccións cristiás, pero firmemente convencido de separar o ámbito das crenzas do ámbito da razón. Considera que a crenza “en Deus pai omnipotente” é firme convicción que se acata en virtude dos sentimentos radicados no fondo da alma humana. As súas ideas filosóficas e políticas, baséanse na afirmación de que a relación de Deus cos seres é directa porque cada un deles é creado singularmente por Deus, e porque cada ser humano pode dirixirse a el sen necesidade de intermediarios. A súa orientación empirista e as súas crenzas levaron a Ockham á distinción explícita entre o campo da teoloxía, que ensina as verdades da fe, e o do coñecemento racional, centrado na natureza, ámbito específico da investigación científica. No personaxe de Guillerme de Baskerville empeza a asomarse unha nova forma de pensamento, que logrará o seu punto máis alto na Modernidade: un pensamento que non se constrúe sobre a autoridade nin sobre a revelación senón sobre os argumentos racionais, elaborados a partir das probas obtidas empiricamente. Nel aparece prefigurada toda a ciencia moderna. Pero o problema entre filosofía e relixión está presente en todo o discorrer filosófico da Idade Media. Os primeiros pensadores cristiáns utilizan a filosofía como instrumento argumentativo ao servizo da fe, para demostrar as súas crenzas fronte aos filósofos pagáns. Porén, sucesivos descubrimentos científicos, debates morais e políticos que se contrapoñían á revelación divina, provocaron polémicas sobre cal sería o mellor método para acadar a verdade: Filosofía ou Revelación. O conflito razón-fe estará presente en toda a Baixa Idade Media. No período inicial, 8
  • 11. que ten como figura culminante a Agostiño de Hipona, considérase que non hai por qué distinguir entre o coñecemento provinte da razón e os que proveñen da fe, porque só hai unha verdade: a razón debe servir á fe e a fe iluminará á razón. Esta postura coincide cun período da filosofía cristiá de orientación platónica que durará ata o século XI. A doutrina filosófica de Platón tiña un esquema relativamente fácil de asumir polo mundo cristián (a división en dous mundos, a figura do demiurgo, a inmortalidade da alma). O que faltaba na teoría platónica do mundo (creación, tempo lineal) achegábao a iluminación da revelación. A convulsión producida no pensamento cristián tras o descubrimento do pensamento aristotélico e as teses defendidas polos averroístas latinos, sitúa de novo no centro da polémica as relacións entre fe e razón. Para os averroístas existe unha verdade segundo a razón (a verdade pura, científica reservada aos espíritos selectos) e outra segundo a fe (para a multitude inculta), que non son necesariamente contrapostas, senón que atinxen a ámbitos distintos: no ámbito filosófico entendida claramente e no ámbito relixioso é expresada alegoricamente. Esta postura proporciona autonomía con respecto á revelación. Tomé de Aquino enfrontarase á teoría da dobre verdade ao defender que a verdade non pode ser máis que unha. O que sucede é que o discurso racional pode chegar ao establecemento de certas verdades e hai outras verdades que son establecidas pola fe cristiá. Estes dous ordes, en principio, non terían por qué entrar en conflito de non ser porque certas verdades asequibles á razón son tamén impostas pola autoridade da fe, dada a posibilidade de erro que ameaza á razón humana. Deste modo, a fe serve á razón de norma ou criterio de verificación extrínseco: no caso de que a razón chegara a conclusións incompatibles coa fe, tales conclusións serán necesariamente falsas e o filósofo haberá de revisar os seus razoamentos. Xa no século XIV, no que se desenvolve a película, Guillerme de Ockham proporá a separación definitiva dos ámbitos da razón e da fe. A súa filosofía insértase dentro da crise e decadencia da escolástica, fenómeno que se iniciara co seu mestre Duns Escoto. A separación entre o poder espiritual e temporal suporía tamén a diferenciación entre dous ámbitos do coñecemento radicalmente heteroxéneos, razón e fe, que os filósofos da Idade Media, e especialmente Tomé de Aquino, tentaran harmonizar. Ockham non só renunciou a realizar 9
  • 12. síntese algunha entre relixión (revelación) e filosofía, senón que estimou que ambas, forzosamente, debían recorrer camiños distintos, sen conexións en ningún punto, nin sequera naquela zona de confluencia afirmada por Tomé de Aquino: os preámbulos da fe. Segundo Ockham, a teoloxía ha de se independizar de toda andamiaxe filosófica e racional, o que á larga aplanou o camiño para unha verdadeira autonomía da razón, que liberou á propia filosofía da súa condición de doncela (ancilla) da teoloxía. Aínda máis, só dende esta diverxencia de ámbitos puido a ciencia despegar definitivamente. Os obstáculos ao libre pensamento e o libre acceso á cultura son tamén importantes na película. Nunha actitude de intolerancia respecto da lectura, o coñecemento e a verdade atópase ao venerable Jorge de Burgos (nome que supón unha homenaxe a Jorge Luís Borges), monxe cego e ancián que representa o mundo antigo que non quere abrir os ollos ás novas realidades. Jorge mata para agochar o libro e tentar que ninguén o lea, considerando que a risa é algo inferior, pero tratada polo gran Aristóteles, adquiriría “categoría”. Cando este personaxe di que a súa misión non é investigar, senón preservar o saber, enténdese que se trata de preservar unha verdade que nos ten sido dada e acerca da cal non hai xa nada que investigar: sabémolo todo. Prohíbese ler, precisamente porque a lectura leva a dubidar da infalibilidade e a dúbida é inimiga da fe. Porén, Guillerme de Baskerville, representa o espírito científico, humanista e tolerante. Mantén unha actitude aberta ante o saber e a capacidade racional do home. Adso, ao final da película, espera que Deus teña perdoado ao seu mestre das “vanidades do orgullo intelectual”. Este era o problema de moitos homes de ciencia da Idade Media, que debían loitar contra os recelos que provocaba o libre pensamento. Así mesmo, O Nome da rosa é tamén unha historia da linguaxe e dos signos. Guillerme amósase coma un prolífico lingüista e un lector de signos. Hoxe non parece extrana a reivindicación da natureza lingüística do entendemento e o carácter do signo dos conceptos universais, pero frai Guillerme (representando a Ockham) estaba facendo fronte a unha temática tradicional (con orixes en Platón e Aristóteles), coñecida como o “problema dos universais”, que se replantexara, durante a Idade Media, a cuestión do valor e do contido dos 10
  • 13. conceptos universais, con dúas grandes orientacións: o realismo e o nominalismo. O primeiro foi a concepción máis común no contexto da filosofía escolástica. Os realistas sustentábanse na idea de que Deus crea “naturezas” xenéricas das que os seres individuais son participacións. O universal era o concepto-imaxe que expresaba esa “natureza xenérica”. O nominalismo, representado na figura de Guillerme de Baskerville, defende que o universal é un concepto-signo que existe na mente, isto é, só un nome, que non responde a unha natureza ou realidade compartida realmente polos seres concretos. Os seres do mesmo xénero teñen a entidade que teñen por si mesmos, non pola participación nunha “natureza” común realmente inexistente. A “navalla de Ockham” elimina esa “natureza común” que os realistas admiten, alegando que Deus creou directamente a cada ser, sen necesidade de “naturezas” intermedias. Un dos puntos máis impresionantes da abadía é o da súa enorme biblioteca, diseñada como labirinto e símbolo do mundo. Ese non acceso aos libros e á lectura supón o non acceso á cultura e ao coñecemento. A súa arquitectura complexa e excitante amosa o labirinto do saber. Primeiro, o misterio, a escuridade; despois, o pracer do descubrimento. A paixón pola verdade é o que seduce a Guillerme. Adso escoita do seu mestre que os libros non son para crer o que din, senón para analizalos. E nesa busca inesgotable do saber, os libros son un elemento indispensable. E será na biblioteca, xa ao final da película, onde o protagonista confirme as súas sospeitas e descubra a verdade, ao culpable das misteriosas mortes, cuxo responsable refúxiase no seu interior e os está esperando. Cando Jorge de Burgos é descuberto culmina a súa intervención e para protexer a “súa verdade” cómese trozos do libro envelenado. Jorge amósase unha vez máis como o contraditor da risa, o discernidor do branco e o negro, como o defensor da verdade sen fisuras. Non quere que chegue ás mans de ninguén o libro de Aristóteles porque a súa lectura, acreditada ademais coa autoridade do Filósofo, pode facer perder a mesma noción de verdade. Jorge é un fanático ata o punto de que por defender a súa verdade mata e morre. Os crimes derívanse dunha insá paixón pola verdade, procura que tamén queda patente na actuación dos inquisidores e cuxo representante, Bernardo Gui, morre tras a rebelión dos campesiños. 11
  • 14. O personaxe de Burgos representa a ortodoxia autoritaria, aferrada ao pasado, paradigma do “Eu son o camiño, a verdade e a vida” cristián, enfrontado a Baskerville que cuestiona a ortodoxia e que proclama “Eu busco a verdade”, considerando que nada é definitivo e que todo debe ser reinterpretado e contemplado cun san escepticismo. Na fuxida frenética de Jorge co libro, cae unha lámpada que provoca o incendio da biblioteca, onde se queima o libro e de Burgos. A biblioteca arde polas lapas do fanatismo, a ignorancia e o autoritarismo baleiro, pero o seu incendio é tamén o símbolo da purificación a través do lume, pois Jorge representaba a figura da destrución. Esas mesmas lapas iluminan e sacan á luz todo o que permanecía na escuridade. Guillerme, porén, antepón salvar os libros á súa propia vida. Consegue saír vivo da biblioteca levando algúns libros nos seus brazos. Con eles rescata a liberdade e a expresión de ideas pasadas e futuras. Guillerme de Baskerville saca á luz a verdade e o coñecemento escondido, así como, a necesidade de facer perdurar a cultura, o arte e a esperanza nun mundo dirixido por seres tolerantes e instruídos, e non por fanáticos e ambiciosos. 2. BIBLIOGRAFÍA E FONTES - García González, M.; García Moriyón, F.; Pedrero Sancho, I. (2006). Luces y sombras. El sueño de la razón en Occidente. Madrid: Ediciones de la Torre. - Martínez Manero, J. M.; Miret Magdalena, E.; Villar Rodríguez, C. (2004). Gran Enciclopedia Universal. Madrid: Editorial Espasa Calpe. - http://es.scribd.com/doc/57206630/La-filosofia-medieval-a-traves-de-El-nombre-de-la-rosa -http://www.educahistoria.com/cms/index.php?option=com_content&view=article&id=153:en- el-nombre-de-la-rosa-1986-de-jean-jacques-annaud&catid=43:cine-historico&Itemid=152 - http://www.slideshare.net/iremyr/el-nombre-de-la-rosa-ii 12