SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 12
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE
8


              ANEXO
BIBLIOGRAFÍA

Albéniz Ascorbe, Loren, “La cultura de la corresponsabilidad” en A. Aparisi e
Ballesteros, J. (eds.): Por un feminismo de la complementariedad.

Barraff, A. (1992): Hablan los hombres. Buenos Aires, Vergara.

Bourdieu, P. (2000): La Dominación Masculina. Barcelona, Anagrama.

Brullet Tenas, Cristina; “Roles e identidades de género”, en García De León, Mª
Antonia; García De Cortázar, Marisa; y Ortega, Félix (coord.) (1996); Sociología de
las mujeres españolas, Editorial Complutense, Madrid, pp. 273-307.

De Andrés Del Campo, S. (2002): Estereotipos de género en la publicidad de la
Segunda República, Tese de doutoramento non publicada.

Dennis Rivers (2003): Los siete retos de la comunicación mejor. Un manual para la
comunicación más cooperativa, con ejercicios y lecturas. California, Instituto para
a Comunicación Cooperativa.

Doménec Melé, C. (Coord.) (2004); Conciliar trabajo y familia: un reto para el siglo XXI.
Pamplona. Eunsa.

Familia y Reparto de Responsabilidades. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Instituto de la Mujer, 1998.

Fernández De Quero, J. (2000): Hombres sin temor al cambio. Salamanca, Amarú.

Garcia Marin, J. (2003): “Territorios semiotizados en Publicidad: Nuevos roles de
Género en el Mundo-Rem”; en Porto Castro (coord): Estudios sobre muller e
educación, Universidade de Santiago de Compostela.

Gil Calvo, E. (1997). El nuevo sexo débil. Los dilemas del varón postmoderno.
Temas de hoy, Madrid.

Gilmore, D. (1994). Hacerse hombre. Concepciones culturales de la masculinidad,
Paidós, Barcelona.

González Huelva, P. (Coord.) (2004): Responsabilidad igual compartir: reparto de
tareas y responsabilidades doméstica y familiares, propuesta didáctica. Madrid:
Ayuntamiento de Alcobendas, D.L.

I CONGREGO INTERNACIONAL DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.
Xunta de Galicia, 2001.
BIBLIOGRAFÍA

Instituto De La Mujer (1996): Familia y reparto de responsabilidades. Madrid.

Instituto De La Mujer (2005): Estudio sobre la Conciliación de la vida laboral y
familiar. Madrid.

Kirk, G. S. (2002). La naturaleza de los mitos griegos. Paidós, Barcelona.

Menchu Barba (2002): “Hombres en busca de igualdad”, en Periódico Urbana, maio.

Larrañaga, I (2004): El Trabajo Reproductivo o Doméstico. Universidad del País
Vasco. Gac Sanit, maio 2004, vol. 18 supl.1, p.31-37.

López Méndez, I (2002): Conciliar la vida, tiempo y servicios para la igualdad.
Consejo de la Mujer de la Comunidad de Madrid.

Morilla, B. (2001): El valor de ser hombre. Historia oculta de la masculinidad.
Oberon Anaya, Madrid.

Mosse George L. (2001): La imagen del hombre: La creación de la moderna
masculinidad. Madrid, Talasa Ediciones.

Murillo, S. (2004): Tiempo de trabajo y tiempo personal: Un conflicto de intereses.
Emakunde. Gobierno Vasco/FSE.

Nuevas perspectivas para la familia y el trabajo. Navarra. EUNSA. 2001.

Nuñez Mallo et al. (1993): La imagen de la mujer a través de los programas infantiles.
Unión de Consumidores de España, Madrid.

Orenstein, C. (2003): Caperucita al desnudo, Ed. Ares y Mares, Barcelona.

PROXECTO AUREKA. Talleres de Intercambio de Tareas y Responsabilidades entre
hombres y mujeres en el ámbito doméstico. Guía de buenas prácticas. Instituto Vasco
de la Mujer (EMAKUNDE) 1999.

SERVICIO MUNICIPAL DE LA MUJER DEL AYUNTAMIENTO DE BILBAO. Compartir,
repartir, distribuir. 2002.

SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE (1993): A Muller Galega no Mercado de Traballo.
Unha perspectiva 1981 a 1992.

Sánchez Aragón, R. e Diaz Loving, R. (2003): “Patrones y estilos de comunicación
de la pareja: Diseño de un inventario” en Anales de psicología, vol. 19, nº 2 (diciembre),
257-277. Murcia, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia.
RECURSOS NA INTERNET

http://www.fundaciongsr.es/pdfs/1cifras.pdf
¿Que modelos para as nenas? Unha investigación sobre os libros ilustrados
por Sylvie Cromer e Adela Turín coa axuda da Comisión Europea.

http://www.fundaciongsr.es/pdfs/2encuesta.pdf
¿Que ven os nenos nos libros de imaxes? Respostas sobre os estereotipos por Sylvie
Cromer e Adela Turín coa axuda da Comisión Europea.

http://www.hombresigualdad.com/default.htm.
Homes pola igualdade.

http://hombresconstruyendoigualdad.ahige.org/
Homes construíndo a igualdade é unha innovadora iniciativa da Área de Igualdad de
Oportunidades de la Mujer en colaboración coa Asociación de Hombres por la
Igualdad, AHIGE, para seguir avanzando no logro da igualdade entre mulleres e
homes. O obxectivo fundamental do programa é favorecer o cambio nos homes de
Málaga cara a posicións máis identificadas con valores igualitarios e non sexistas,
en aspectos como a corresponsabilidade no espazo familiar, a paternidade
responsable, a educación afectiva e sentimental dos homes e a prevención da
violencia de xénero.

http://www.mtas.es/mujer/mujeres/igualdad/index.htm
Observatorio pola Igualdade do Instituto de la Mujer.

http://europrofem.org
Rede de homes profeministas en Europa.

http://www.heterodoxia.net/
Rede de homes profeministas.

http://www.fundacionmujeres.es/mercurio/
Homes contra a violencia doméstica.

http://www.mujereshoy.com/secciones/1319.shtml
“Los hombres y las tareas domésticas”. Artigo de Luisa Cruz Heftis no que analiza
a conciliación laboral e familiar en Latinoamérica. 2003.

http://www.hombresigualdad.com/respon_familiar.htm
“Reparto de las responsabilidades familiares”. José Ángel Lozoya Gómez, do Colectivo
de Salud Speculum. Relatorio realizado nas Jornadas de Mujeres Vecinales. Madrid 2003.

http://www.lavozdegalicia.es/monograficos/formacion/
Monográficos sobre conciliación e igualdade de oportunidades en Galicia.

http://www.ine.es/daco/daco42/empleo/dacoeet.htm
Enquisas sobre o uso do tempo do INE. Ano 2003.
RECURSOS NA INTERNET

http://www.unavarra.es/puresoc/pdfs/c_ponencias/Sampedro.pdf
Estudo da Universidade de Navarra sobre a conciliación no medio rural.

http://www.ahige.org
Asociación de Hombres por la Igualdad de Género.

http://www.mujereshoy.com/secciones/1319.shtml

http://www.lavozdegalicia.es/monograficos/formacion/

http://www.ine.es/daco/daco42/empleo/dacoeet.htm

http://www.ub.es/geocrit/sn/sn119-28.htm

http://www.redfeminista.org/
Homes cara a paridade no doméstico.

http://www.eurowrc.org
Campaña do Lazo Branco Europea.

http://www.europrofem.org
Red Europea de Hombres Pro-Feministas.
PELÍCULAS DE INTERESE PARA TRABALLAR

Ás cinco da tarde (Samira Makhmalbaf - Irán, 1980)
    Sinopse: Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse escolas para
as mulleres. Unha delas desexa ser presidenta da República...
    Profesora: Todas as alumnas deberían levar uniforme negro e pano branco.
    Por que levas un vestido de cor?
    Nogreh: Señorita, se levase uniforme o meu pai non me deixaría vir.
    Profesora: Por que?
    Nogreh: Pensa que as rapazas non deberían estudar.

Só miña (Javier Balaguer - España, 2001)
     Sinopse: Ánxela e Xoaquín coñecéronse no lugar de traballo e pouco despois
casaron. Tiñan plans de fundar unha familia e non tardaron en ter o seu primeiro
fillo. Xoaquín era cariñoso e servicial; Ánxela, amante da súa casa e esposa ideal.
Pero pronto comezan os malos tratos, o inferno para Ánxela que non se atreve a
abandonar o seu marido.

Tomates verdes fritos (Jon Aynet - EE.UU, 1991)
    Sinopse: A vida dunha muller de mediana idade dexenerou nun exercicio diario
de monotonía. A súa vida conxugal transcorre entre a apatía e o aburrimento. O seu
único refuxio son as historias de Ninny Threadgoode, unha singular octoxenaria.
Estas historias desatan en Evelyn unha forte crise. Rompe con moldes anteriores,
busca traballo e reclama o respecto do seu marido.

Osama (Siddiq Barmak - Afganistán, Xapón, Irlanda, 2003)
    Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai vense abocadas á miseria cando,
coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballaren
e a posibilidade de saíren soas á rúa, dado que non teñen ningún home na familia que
vele por elas. A nai e a avoa da nena deciden facela pasar por un neno, o que atemoriza
a rapaza, angustiada polo que lle poida pasar se descobre a súa verdadeira identidade.

Douche os meus ollos (Icíar Bollaín- España, 2003)
    Sinopse: Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, foxe da súa casa. Leva consigo
apenas catro cousas e o seu fillo Xoán. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu
sol, di, e ademais “deulle os seus ollos”... Ao longo da película, os personaxes irán
reescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e qué se espera
que faga, pero no que todos os conceptos están errados e onde di fogar lese inferno,
onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.
GLOSARIO DE TERMOS

Androcentrismo: Enfoque nas investigacións e estudos dende a única perspectiva
do xénero masculino. Nunha sociedade androcéntrica, o masculino tómase como
modelo que cómpre imitar.
Acción positiva: Medidas dirixidas a un grupo determinado coas que se pretende
suprimir e previr unha discriminación ou compensar as desvantaxes resultantes de
actitudes, comportamentos e estruturas existentes.
Análise de xénero: Estudo das diferenzas de condicións, necesidades, índices de
participación, acceso aos recursos e desenvolvemento, control de activos, poder de
toma de decisións, etc., entre homes e mulleres, debidas aos roles que tradicional-
mente se lles asignaron.
Barreiras invisibles: Obstáculos para o pleno desenvolvemento dos dereitos das
mulleres fundamentados nas estruturas e costumes sociais.
Boas prácticas: Accións positivas realizadas para conseguir igualdade de oportuni-
dades para as mulleres. A súa aplicación e resultados sérvenlles de modelo a
organismos e entidades para futuras planificacións e actuacións.
Coeducación: Unha educación centrada nas alumnas e nos alumnos, considerando
ambos os colectivos como grupos en igualdade de dereitos e oportunidades.
Conflito familiar: É un episodio que aparece fronte ás situacións familiares novas
(nacemento dos fillos, ingreso dos fillos no colexio, cambio de emprego, enfermidade,
etc.) e obriga os seus membros a usaren destrezas e habilidades para adaptarse a
elas. Non se debe confundir con violencia familiar, xa que esta se refire a todos os
actos abusivos que teñen lugar nas relacións cotiás entre os membros da familia.
Cota: Proporción de postos, escanos ou recursos que deben ser atribuídos a un
colectivo específico. Con esta medida preténdese corrixir un desequilibrio, xeralmente
en canto ao acceso a posicións de toma de decisións, oportunidades de formación
ou postos de traballo.
Democracia paritaria: Concepto de sociedade integrada a partes iguais por mulleres
e por homes, na que a representación equilibrada de ambos os dous xéneros nas
funcións decisorias da política é condición previa ao aproveitamento pleno e en
igualdade da cidadanía.
Discriminación directa: Situación na que se trata a unha persoa -en razón do seu
sexo- dun modo desfavorable.
Discriminación indirecta: Situación na que unha lei, unha política ou unha acción
aparentemente neutrais teñen un impacto desproporcionadamente adverso sobre
os membros dun ou doutro xénero.
Empoderamento: Concepto cunha dobre dimensión, unha individual, de recuperación
da propia dignidade de cada muller como persoa; e outra colectiva, de carácter
político, que pretende que as mulleres estean presentes nos lugares onde se toman
as decisións, é dicir, que exerzan o poder.
GLOSARIO DE TERMOS

Equidade entre homes e mulleres: Pode tratarse de igualdade no trato ou dun trato
diferente, pero supón a equivalencia en termos de dereitos, beneficios, obrigas e
oportunidades.
Espazo público: Identifícase co ámbito produtivo, co espazo da actividade onde
ten lugar a vida laboral, social, política e económica; é o lugar de participación na
sociedade e do recoñecemento. Neste espazo é onde tradicionalmente foron
colocados os homes.
Espazo doméstico: Identifícase co ámbito reprodutivo, co espazo da “inactividade”
onde ten lugar a crianza, os afectos e o coidado das persoas dependentes, é dicir,
onde se cobren as necesidades persoais. Espazo ligado tradicionalmente ás mulleres.
Estereotipos:Representacións xeneralizadas e culturalmente aceptadas sobre as
funcións sociais e os comportamentos que homes e mulleres deben amosar.
Feminización da pobreza: Tendencia ao aumento da incidencia e prevalencia da
pobreza entre as mulleres.
Igualdade entre os sexos: Situación na que todas as persoas son libres de desen-
volveren as súas capacidades persoais e de tomaren decisións, sen as limitacións
causadas polos roles tradicionais. Ter en conta, valorar e potenciar por igual as
distintas condutas, aspiracións e necesidades de homes e de mulleres.
Mainstreaming: Relativo á organización, mellora, desenvolvemento e avaliación dos
procesos políticos, de xeito que a igualdade de xénero se incorpore a todas as políticas,
en todos os niveis e en todas as etapas por parte das persoas involucradas na adopción
de decisións.
Perspectiva de xénero: Tomar en consideración e prestar atención ás diferenzas entre
mulleres e homes en calquera actividade ou ámbitos dunha política promotora da
igualdade de oportunidades.
Políticas de igualdade: Marcos referenciais de actuación política que consideran o
principio de igualdade de trato e, a través da elaboración de estratexias baseadas
no dereito das mulleres a seren tratadas como cidadás, propoñen solucións para
resolver as desigualdades por razón de sexo.
Responsabilidade dun tarefa: Consiste en ter a obriga de realizar unha tarefa e de
que se cumpra; é dicir, ter a obriga última da súa realización.
Segregación horizontal: Concentración de mulleres e de homes en sectores e
empregos específicos.
Segregación vertical: Concentración de mulleres e de homes en graos e niveis
específicos de postos ou responsabilidades.
GLOSARIO DE TERMOS

Sexismo: Conxunto de métodos empregados no seo da sociedade androcéntrica que
determinan unha situación de inferioridade, subordinación e explotación para o
colectivo feminino ou masculino. O sexismo abrangue todos os ámbitos da vida e
das relacións humanas; a linguaxe é un factor importante na súa superación.
Teito de cristal: Barreira invisible resultante dunha complexa trama de estruturas en
organizacións dominadas polo colectivo masculino, que lles impide ás mulleres
accederen a postos destacados socialmente.
Tempo propio: Tempo dedicado a un/unha mesmo/a.
Tempo libre ou de ocio: É aquel que ocupamos as persoas nunha actividade pracenteira
e libremente elixida, e que está fóra do traballo habitual.
Tempo de produción: É o tempo que se dedica a tarefas remuneradas, o tempo do
emprego; lévase a cabo no ámbito público, ten horario, salario, condicións laborais,
etc. Tradicionalmente está ligado aos homes.
Tempo de reprodución: É o tempo que se dedica ao coidado persoal, ao doméstico
e ao coidado de familiares, ao sono, á alimentación, etc. Desenvólvese no ámbito
privado e non ten remuneración económica. Tradicionalmente está ligado ás mulleres.
Transversalidade: Incorporación do principio de igualdade de oportunidades a todo
tipo de proxectos públicos ou privados nos diferentes ámbitos: educativo,
económico, cultural, político, social...
Sexo/Xénero: O concepto xénero fai referencia ás diferenzas sociais, por oposición ás
biolóxicas entre homes e mulleres (sexo). Estas diferenzas foron aprendidas, mudan
co tempo e presentan grandes variacións tanto entre diversas culturas como dentro
dunha mesma cultura.
Uso non sexista da linguaxe: Consiste na utilización de expresións lingüisticamente
correctas substitutivas doutras, correctas ou non, que invisibilizan o feminino ou o
sitúan nun plano secundario con respecto ao masculino.educativo.
Violencia de xénero: A sociedade androcéntrica, fundamentada nunha relación de
desigualdade entre os xéneros masculino e feminino, asentou tradicionalmente
modos de relación entre as persoas, inxustificables pero evitables, como a violencia
de xénero. A violencia de xénero sustentada na relación descrita amósase exercida
mediante ameazas, a forza física ou a chantaxe emocional, adoptando diferentes
manifestacións, entre as que se inclúen a violación, o maltrato a mulleres, o acoso
sexual, o incesto ou a pederastia.
Violencia doméstica: Fai referencia a agresións contra as persoas que conviven baixo
un mesmo teito. Esta violencia considérase un problema de estado e afecta moi
particularmente ás mulleres.
Visibilizar/visualizar: Facer visibles as mulleres e as súas contribucións á cultura e
á ciencia no ámbito educativo.
8 anexo
8 anexo

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie 8 anexo

xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfEncarna Lago
 
A socialización diferencial
A socialización diferencialA socialización diferencial
A socialización diferencialmarcendon
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xéneroTema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xéneromarcendon
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.MaraJosAbad2
 
ámbito educativo
ámbito educativoámbito educativo
ámbito educativomarcendon
 
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellaRosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellasatelite1
 
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellaRosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellasatelite1
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amorsatelite1
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAREME BUDIÑO
 
Conceptos básicos
Conceptos básicosConceptos básicos
Conceptos básicosmarcendon
 

Ähnlich wie 8 anexo (20)

A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)
 
Equidade de xénero 3º eso
Equidade de xénero 3º esoEquidade de xénero 3º eso
Equidade de xénero 3º eso
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdf
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdf
 
A socialización diferencial
A socialización diferencialA socialización diferencial
A socialización diferencial
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xéneroTema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
Tema 1. Desmontando o sistema sexo-xénero
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
Ti es quen crea o xogo, DESLIGATE. Paramos o xogo.
 
Fervenzas 14
Fervenzas 14Fervenzas 14
Fervenzas 14
 
ámbito educativo
ámbito educativoámbito educativo
ámbito educativo
 
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellaRosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
 
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermellaRosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
Rosco pasapalabra mahán e a cadeira vermella
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
 
365 días respecto e igualdade
365 días respecto e igualdade365 días respecto e igualdade
365 días respecto e igualdade
 
Muller
MullerMuller
Muller
 
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULAPROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA A AULA
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
Conceptos básicos
Conceptos básicosConceptos básicos
Conceptos básicos
 

Mehr von educacionenigualdade (20)

Sexo con seso
Sexo con sesoSexo con seso
Sexo con seso
 
Artigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegosArtigo habitos sexuales de los gallegos
Artigo habitos sexuales de los gallegos
 
Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]Nuestro cuento[1]
Nuestro cuento[1]
 
Iguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachilleratoIguales parahoy bachillerato
Iguales parahoy bachillerato
 
Iguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4esoIguales parahoy 3y4eso
Iguales parahoy 3y4eso
 
Atentado conta a saude
Atentado conta a saudeAtentado conta a saude
Atentado conta a saude
 
As mestras e a literatura
As mestras e  a  literaturaAs mestras e  a  literatura
As mestras e a literatura
 
Actividades secundaria
Actividades secundariaActividades secundaria
Actividades secundaria
 
28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria
 
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica
 
6 alimentacion e cociña basica
6 alimentacion e cociña basica6 alimentacion e cociña basica
6 alimentacion e cociña basica
 
5 organización, compra e limpeza
5 organización, compra e limpeza5 organización, compra e limpeza
5 organización, compra e limpeza
 
3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella3 as relacións e negociacións dentro da parella
3 as relacións e negociacións dentro da parella
 
2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade2 corresponsabilidade
2 corresponsabilidade
 
1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo1 uso do tempo e do espazo
1 uso do tempo e do espazo
 
Violencedomestique
ViolencedomestiqueViolencedomestique
Violencedomestique
 
Resultados enquisa adolescentes 3
Resultados enquisa adolescentes 3Resultados enquisa adolescentes 3
Resultados enquisa adolescentes 3
 
Mulleres artistas
Mulleres artistasMulleres artistas
Mulleres artistas
 
Derechos
DerechosDerechos
Derechos
 
Burka
BurkaBurka
Burka
 

8 anexo

  • 2.
  • 3. BIBLIOGRAFÍA Albéniz Ascorbe, Loren, “La cultura de la corresponsabilidad” en A. Aparisi e Ballesteros, J. (eds.): Por un feminismo de la complementariedad. Barraff, A. (1992): Hablan los hombres. Buenos Aires, Vergara. Bourdieu, P. (2000): La Dominación Masculina. Barcelona, Anagrama. Brullet Tenas, Cristina; “Roles e identidades de género”, en García De León, Mª Antonia; García De Cortázar, Marisa; y Ortega, Félix (coord.) (1996); Sociología de las mujeres españolas, Editorial Complutense, Madrid, pp. 273-307. De Andrés Del Campo, S. (2002): Estereotipos de género en la publicidad de la Segunda República, Tese de doutoramento non publicada. Dennis Rivers (2003): Los siete retos de la comunicación mejor. Un manual para la comunicación más cooperativa, con ejercicios y lecturas. California, Instituto para a Comunicación Cooperativa. Doménec Melé, C. (Coord.) (2004); Conciliar trabajo y familia: un reto para el siglo XXI. Pamplona. Eunsa. Familia y Reparto de Responsabilidades. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de la Mujer, 1998. Fernández De Quero, J. (2000): Hombres sin temor al cambio. Salamanca, Amarú. Garcia Marin, J. (2003): “Territorios semiotizados en Publicidad: Nuevos roles de Género en el Mundo-Rem”; en Porto Castro (coord): Estudios sobre muller e educación, Universidade de Santiago de Compostela. Gil Calvo, E. (1997). El nuevo sexo débil. Los dilemas del varón postmoderno. Temas de hoy, Madrid. Gilmore, D. (1994). Hacerse hombre. Concepciones culturales de la masculinidad, Paidós, Barcelona. González Huelva, P. (Coord.) (2004): Responsabilidad igual compartir: reparto de tareas y responsabilidades doméstica y familiares, propuesta didáctica. Madrid: Ayuntamiento de Alcobendas, D.L. I CONGREGO INTERNACIONAL DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL. Xunta de Galicia, 2001.
  • 4. BIBLIOGRAFÍA Instituto De La Mujer (1996): Familia y reparto de responsabilidades. Madrid. Instituto De La Mujer (2005): Estudio sobre la Conciliación de la vida laboral y familiar. Madrid. Kirk, G. S. (2002). La naturaleza de los mitos griegos. Paidós, Barcelona. Menchu Barba (2002): “Hombres en busca de igualdad”, en Periódico Urbana, maio. Larrañaga, I (2004): El Trabajo Reproductivo o Doméstico. Universidad del País Vasco. Gac Sanit, maio 2004, vol. 18 supl.1, p.31-37. López Méndez, I (2002): Conciliar la vida, tiempo y servicios para la igualdad. Consejo de la Mujer de la Comunidad de Madrid. Morilla, B. (2001): El valor de ser hombre. Historia oculta de la masculinidad. Oberon Anaya, Madrid. Mosse George L. (2001): La imagen del hombre: La creación de la moderna masculinidad. Madrid, Talasa Ediciones. Murillo, S. (2004): Tiempo de trabajo y tiempo personal: Un conflicto de intereses. Emakunde. Gobierno Vasco/FSE. Nuevas perspectivas para la familia y el trabajo. Navarra. EUNSA. 2001. Nuñez Mallo et al. (1993): La imagen de la mujer a través de los programas infantiles. Unión de Consumidores de España, Madrid. Orenstein, C. (2003): Caperucita al desnudo, Ed. Ares y Mares, Barcelona. PROXECTO AUREKA. Talleres de Intercambio de Tareas y Responsabilidades entre hombres y mujeres en el ámbito doméstico. Guía de buenas prácticas. Instituto Vasco de la Mujer (EMAKUNDE) 1999. SERVICIO MUNICIPAL DE LA MUJER DEL AYUNTAMIENTO DE BILBAO. Compartir, repartir, distribuir. 2002. SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE (1993): A Muller Galega no Mercado de Traballo. Unha perspectiva 1981 a 1992. Sánchez Aragón, R. e Diaz Loving, R. (2003): “Patrones y estilos de comunicación de la pareja: Diseño de un inventario” en Anales de psicología, vol. 19, nº 2 (diciembre), 257-277. Murcia, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia.
  • 5. RECURSOS NA INTERNET http://www.fundaciongsr.es/pdfs/1cifras.pdf ¿Que modelos para as nenas? Unha investigación sobre os libros ilustrados por Sylvie Cromer e Adela Turín coa axuda da Comisión Europea. http://www.fundaciongsr.es/pdfs/2encuesta.pdf ¿Que ven os nenos nos libros de imaxes? Respostas sobre os estereotipos por Sylvie Cromer e Adela Turín coa axuda da Comisión Europea. http://www.hombresigualdad.com/default.htm. Homes pola igualdade. http://hombresconstruyendoigualdad.ahige.org/ Homes construíndo a igualdade é unha innovadora iniciativa da Área de Igualdad de Oportunidades de la Mujer en colaboración coa Asociación de Hombres por la Igualdad, AHIGE, para seguir avanzando no logro da igualdade entre mulleres e homes. O obxectivo fundamental do programa é favorecer o cambio nos homes de Málaga cara a posicións máis identificadas con valores igualitarios e non sexistas, en aspectos como a corresponsabilidade no espazo familiar, a paternidade responsable, a educación afectiva e sentimental dos homes e a prevención da violencia de xénero. http://www.mtas.es/mujer/mujeres/igualdad/index.htm Observatorio pola Igualdade do Instituto de la Mujer. http://europrofem.org Rede de homes profeministas en Europa. http://www.heterodoxia.net/ Rede de homes profeministas. http://www.fundacionmujeres.es/mercurio/ Homes contra a violencia doméstica. http://www.mujereshoy.com/secciones/1319.shtml “Los hombres y las tareas domésticas”. Artigo de Luisa Cruz Heftis no que analiza a conciliación laboral e familiar en Latinoamérica. 2003. http://www.hombresigualdad.com/respon_familiar.htm “Reparto de las responsabilidades familiares”. José Ángel Lozoya Gómez, do Colectivo de Salud Speculum. Relatorio realizado nas Jornadas de Mujeres Vecinales. Madrid 2003. http://www.lavozdegalicia.es/monograficos/formacion/ Monográficos sobre conciliación e igualdade de oportunidades en Galicia. http://www.ine.es/daco/daco42/empleo/dacoeet.htm Enquisas sobre o uso do tempo do INE. Ano 2003.
  • 6. RECURSOS NA INTERNET http://www.unavarra.es/puresoc/pdfs/c_ponencias/Sampedro.pdf Estudo da Universidade de Navarra sobre a conciliación no medio rural. http://www.ahige.org Asociación de Hombres por la Igualdad de Género. http://www.mujereshoy.com/secciones/1319.shtml http://www.lavozdegalicia.es/monograficos/formacion/ http://www.ine.es/daco/daco42/empleo/dacoeet.htm http://www.ub.es/geocrit/sn/sn119-28.htm http://www.redfeminista.org/ Homes cara a paridade no doméstico. http://www.eurowrc.org Campaña do Lazo Branco Europea. http://www.europrofem.org Red Europea de Hombres Pro-Feministas.
  • 7. PELÍCULAS DE INTERESE PARA TRABALLAR Ás cinco da tarde (Samira Makhmalbaf - Irán, 1980) Sinopse: Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse escolas para as mulleres. Unha delas desexa ser presidenta da República... Profesora: Todas as alumnas deberían levar uniforme negro e pano branco. Por que levas un vestido de cor? Nogreh: Señorita, se levase uniforme o meu pai non me deixaría vir. Profesora: Por que? Nogreh: Pensa que as rapazas non deberían estudar. Só miña (Javier Balaguer - España, 2001) Sinopse: Ánxela e Xoaquín coñecéronse no lugar de traballo e pouco despois casaron. Tiñan plans de fundar unha familia e non tardaron en ter o seu primeiro fillo. Xoaquín era cariñoso e servicial; Ánxela, amante da súa casa e esposa ideal. Pero pronto comezan os malos tratos, o inferno para Ánxela que non se atreve a abandonar o seu marido. Tomates verdes fritos (Jon Aynet - EE.UU, 1991) Sinopse: A vida dunha muller de mediana idade dexenerou nun exercicio diario de monotonía. A súa vida conxugal transcorre entre a apatía e o aburrimento. O seu único refuxio son as historias de Ninny Threadgoode, unha singular octoxenaria. Estas historias desatan en Evelyn unha forte crise. Rompe con moldes anteriores, busca traballo e reclama o respecto do seu marido. Osama (Siddiq Barmak - Afganistán, Xapón, Irlanda, 2003) Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballaren e a posibilidade de saíren soas á rúa, dado que non teñen ningún home na familia que vele por elas. A nai e a avoa da nena deciden facela pasar por un neno, o que atemoriza a rapaza, angustiada polo que lle poida pasar se descobre a súa verdadeira identidade. Douche os meus ollos (Icíar Bollaín- España, 2003) Sinopse: Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, foxe da súa casa. Leva consigo apenas catro cousas e o seu fillo Xoán. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e ademais “deulle os seus ollos”... Ao longo da película, os personaxes irán reescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e qué se espera que faga, pero no que todos os conceptos están errados e onde di fogar lese inferno, onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.
  • 8. GLOSARIO DE TERMOS Androcentrismo: Enfoque nas investigacións e estudos dende a única perspectiva do xénero masculino. Nunha sociedade androcéntrica, o masculino tómase como modelo que cómpre imitar. Acción positiva: Medidas dirixidas a un grupo determinado coas que se pretende suprimir e previr unha discriminación ou compensar as desvantaxes resultantes de actitudes, comportamentos e estruturas existentes. Análise de xénero: Estudo das diferenzas de condicións, necesidades, índices de participación, acceso aos recursos e desenvolvemento, control de activos, poder de toma de decisións, etc., entre homes e mulleres, debidas aos roles que tradicional- mente se lles asignaron. Barreiras invisibles: Obstáculos para o pleno desenvolvemento dos dereitos das mulleres fundamentados nas estruturas e costumes sociais. Boas prácticas: Accións positivas realizadas para conseguir igualdade de oportuni- dades para as mulleres. A súa aplicación e resultados sérvenlles de modelo a organismos e entidades para futuras planificacións e actuacións. Coeducación: Unha educación centrada nas alumnas e nos alumnos, considerando ambos os colectivos como grupos en igualdade de dereitos e oportunidades. Conflito familiar: É un episodio que aparece fronte ás situacións familiares novas (nacemento dos fillos, ingreso dos fillos no colexio, cambio de emprego, enfermidade, etc.) e obriga os seus membros a usaren destrezas e habilidades para adaptarse a elas. Non se debe confundir con violencia familiar, xa que esta se refire a todos os actos abusivos que teñen lugar nas relacións cotiás entre os membros da familia. Cota: Proporción de postos, escanos ou recursos que deben ser atribuídos a un colectivo específico. Con esta medida preténdese corrixir un desequilibrio, xeralmente en canto ao acceso a posicións de toma de decisións, oportunidades de formación ou postos de traballo. Democracia paritaria: Concepto de sociedade integrada a partes iguais por mulleres e por homes, na que a representación equilibrada de ambos os dous xéneros nas funcións decisorias da política é condición previa ao aproveitamento pleno e en igualdade da cidadanía. Discriminación directa: Situación na que se trata a unha persoa -en razón do seu sexo- dun modo desfavorable. Discriminación indirecta: Situación na que unha lei, unha política ou unha acción aparentemente neutrais teñen un impacto desproporcionadamente adverso sobre os membros dun ou doutro xénero. Empoderamento: Concepto cunha dobre dimensión, unha individual, de recuperación da propia dignidade de cada muller como persoa; e outra colectiva, de carácter político, que pretende que as mulleres estean presentes nos lugares onde se toman as decisións, é dicir, que exerzan o poder.
  • 9. GLOSARIO DE TERMOS Equidade entre homes e mulleres: Pode tratarse de igualdade no trato ou dun trato diferente, pero supón a equivalencia en termos de dereitos, beneficios, obrigas e oportunidades. Espazo público: Identifícase co ámbito produtivo, co espazo da actividade onde ten lugar a vida laboral, social, política e económica; é o lugar de participación na sociedade e do recoñecemento. Neste espazo é onde tradicionalmente foron colocados os homes. Espazo doméstico: Identifícase co ámbito reprodutivo, co espazo da “inactividade” onde ten lugar a crianza, os afectos e o coidado das persoas dependentes, é dicir, onde se cobren as necesidades persoais. Espazo ligado tradicionalmente ás mulleres. Estereotipos:Representacións xeneralizadas e culturalmente aceptadas sobre as funcións sociais e os comportamentos que homes e mulleres deben amosar. Feminización da pobreza: Tendencia ao aumento da incidencia e prevalencia da pobreza entre as mulleres. Igualdade entre os sexos: Situación na que todas as persoas son libres de desen- volveren as súas capacidades persoais e de tomaren decisións, sen as limitacións causadas polos roles tradicionais. Ter en conta, valorar e potenciar por igual as distintas condutas, aspiracións e necesidades de homes e de mulleres. Mainstreaming: Relativo á organización, mellora, desenvolvemento e avaliación dos procesos políticos, de xeito que a igualdade de xénero se incorpore a todas as políticas, en todos os niveis e en todas as etapas por parte das persoas involucradas na adopción de decisións. Perspectiva de xénero: Tomar en consideración e prestar atención ás diferenzas entre mulleres e homes en calquera actividade ou ámbitos dunha política promotora da igualdade de oportunidades. Políticas de igualdade: Marcos referenciais de actuación política que consideran o principio de igualdade de trato e, a través da elaboración de estratexias baseadas no dereito das mulleres a seren tratadas como cidadás, propoñen solucións para resolver as desigualdades por razón de sexo. Responsabilidade dun tarefa: Consiste en ter a obriga de realizar unha tarefa e de que se cumpra; é dicir, ter a obriga última da súa realización. Segregación horizontal: Concentración de mulleres e de homes en sectores e empregos específicos. Segregación vertical: Concentración de mulleres e de homes en graos e niveis específicos de postos ou responsabilidades.
  • 10. GLOSARIO DE TERMOS Sexismo: Conxunto de métodos empregados no seo da sociedade androcéntrica que determinan unha situación de inferioridade, subordinación e explotación para o colectivo feminino ou masculino. O sexismo abrangue todos os ámbitos da vida e das relacións humanas; a linguaxe é un factor importante na súa superación. Teito de cristal: Barreira invisible resultante dunha complexa trama de estruturas en organizacións dominadas polo colectivo masculino, que lles impide ás mulleres accederen a postos destacados socialmente. Tempo propio: Tempo dedicado a un/unha mesmo/a. Tempo libre ou de ocio: É aquel que ocupamos as persoas nunha actividade pracenteira e libremente elixida, e que está fóra do traballo habitual. Tempo de produción: É o tempo que se dedica a tarefas remuneradas, o tempo do emprego; lévase a cabo no ámbito público, ten horario, salario, condicións laborais, etc. Tradicionalmente está ligado aos homes. Tempo de reprodución: É o tempo que se dedica ao coidado persoal, ao doméstico e ao coidado de familiares, ao sono, á alimentación, etc. Desenvólvese no ámbito privado e non ten remuneración económica. Tradicionalmente está ligado ás mulleres. Transversalidade: Incorporación do principio de igualdade de oportunidades a todo tipo de proxectos públicos ou privados nos diferentes ámbitos: educativo, económico, cultural, político, social... Sexo/Xénero: O concepto xénero fai referencia ás diferenzas sociais, por oposición ás biolóxicas entre homes e mulleres (sexo). Estas diferenzas foron aprendidas, mudan co tempo e presentan grandes variacións tanto entre diversas culturas como dentro dunha mesma cultura. Uso non sexista da linguaxe: Consiste na utilización de expresións lingüisticamente correctas substitutivas doutras, correctas ou non, que invisibilizan o feminino ou o sitúan nun plano secundario con respecto ao masculino.educativo. Violencia de xénero: A sociedade androcéntrica, fundamentada nunha relación de desigualdade entre os xéneros masculino e feminino, asentou tradicionalmente modos de relación entre as persoas, inxustificables pero evitables, como a violencia de xénero. A violencia de xénero sustentada na relación descrita amósase exercida mediante ameazas, a forza física ou a chantaxe emocional, adoptando diferentes manifestacións, entre as que se inclúen a violación, o maltrato a mulleres, o acoso sexual, o incesto ou a pederastia. Violencia doméstica: Fai referencia a agresións contra as persoas que conviven baixo un mesmo teito. Esta violencia considérase un problema de estado e afecta moi particularmente ás mulleres. Visibilizar/visualizar: Facer visibles as mulleres e as súas contribucións á cultura e á ciencia no ámbito educativo.