SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 10
INFLUENCIAS
Agustín Fernández Paz considérase debedor de Edgar Allan
POE e, sobre todo de Howard Phillips LOVECRAFT,
figuras referentes para el nas novelas e relatos de misterio e
terror, coas que espertou o seu gusto pola atmosfera, o
misterio e a sorpresa final da historia.
Tamén se declara un auténtico seguidor do cine de terror e
de obras como O resplandor ou A semente do demo ou
mesmo a saga de Alien. O cine é outro xeito de contar que lle
resulta tan atractivo como o texto escrito. Porque, na súa
opinión, o gusto polas historias de terror está escrito no ADN
da humanidade desde a tradición oral ata as novas
tecnoloxías.
AS CHAVES DO TERROR
- O reprimido, o macabro e o sobrenatural son os
principais temas.
- Pero non basta a súa simple presenza senón que é
fundamental a persistencia dunha atmosfera de medo
que xerará na vítima unha mestura de ansiedade,
atracción e temor cara ao descoñecido e ao máis alá, á
manifestacións de forzas descoñecidas e primitivas que
representan unha maligna violación das leis da natureza. É
fundamental a creación dun clima especial: o misterio
debe manterse, o nivel emocional é máis importante que a
trama mesma (descrición de emocións e estados de
ánimo, acción moi pautada...)
(Supernatural Horror in Literatura (1973). H. P. Lovecraft)
- Escóllese a primeira persoa como voz narradora,
procurando o acentuar o dramatismo e a empatía do lector,
ampliando os efectos do medo.
-O monstro é invisible porque axexa na escuridade. O terror
que sentimos débese a que eses arquetipos xa estaban aí,
dentro das nosas mentes, anteriores a nós mesmos.
-Cando o protagonista entra en contacto con el, non atopa
as palabras para describilo. O descoñecido, o obxecto do
terror, é irrepresentable, “o innominable” e o informe. A
penas se describe, deixando que a imaxinación do lector
complete os detalles máis horrendos.
-A súa presenza vai unida á escuridade e a un fedor
insoportable.
-As vítimas séntense inferiores, indefensas, non conseguen
vencer un terror que as paraliza, incapaces de fuxir ou de
destruír algo que senten coma novo e ameazante, un
acontecemento aparentemente sobrenatural que rompe
coa seguridade das leis da natureza, un risco descoñecido
que os/as desconcerta e provoca parálise e crises
emocionais ata chegar á loucura. É a insignificancia do ser
humano nun mundo cheo de criaturas monstruosas que
esixen tributo.
- O/a protagonista verase envolto nunha dinámica de
repulsión e atracción porque o monstro é abominable e
fascinante á vez, un quixera fuxir pero unha forza máis forte
ca el, obrígao a volverse e mirar.
-O terror será experimentado polos personaxes en
espazos contaminados por presenzas demoníacas
(casas enmeigadas, natureza salvaxe que rodea a aldeas
afastadas) que ameazan con mergullar o suxeito nos
seus dominios (criptas e covas baixo terra).
- A experiencia do horror ameaza a integridade do ser
humano. Atopamos así suxeitos que van perdendo a súa
forma humana nun tránsito á desintegración ou reducidos
á insignificancia, ameazados pola expansión dun ente
que non parece ter límites nin formas. A metamorfose
corporal do protagonista remata coa súa fusión completa
con seres inhumanos. Unha invitación a que
descubramos o noso propio monstro interior e a ameaza
real de que nos devore.
PROTAGONISTAS E
ANTAGONISTAS
Todo isto traduciuse no fascinante universo de Lovecraft,
caracterizado pola existencia dos Antigos, unha serie de
entidades demoníacas cósmicas cuxos vestixios poden
atoparse dispersos polo mundo en forma de cultos
malignos, ruínas e monstros ocultos.
A este universo enfróntanse unha serie de protagonistas
científicos, estrelándose unha e outra vez contra os límites
do coñecemento humano e xerando toda unha serie de
series tráxicas onde o numinoso e o sinistro sempre
rexorden triunfantes.
O HORROR CÓSMICO
Para entender o que escritores como Agustín Fernández
Paz viron en LOVECRAFT hai que considerar o momento
de Lovecraft e as innovacións que introduciu. O declive
do relato gótico, para empezar, e a consolidación da
ciencia ficción de autores como H.G. Wells, ademais de
fenómenos como a teoría da relatividade e certos
avances da filosofía que impregnaron a Lovecraft,
materialista confeso.
As súas obras transmiten unha visión do cosmos moi
moderna, un sentir case existencialista e sobre todo unha
noción do terror e unha imaxinería moi avanzada para a
súa época, que levaron aos seus seguidores para
consideralo un visionario.
Agustín Fernández Paz e Lovecraft
Agustín Fernández Paz e Lovecraft

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch (13)

Alfie KimbleCv14 (3)
Alfie KimbleCv14 (3)Alfie KimbleCv14 (3)
Alfie KimbleCv14 (3)
 
Said Mohammed Khalfan Al Saedi - CV-2017
Said Mohammed Khalfan Al Saedi - CV-2017Said Mohammed Khalfan Al Saedi - CV-2017
Said Mohammed Khalfan Al Saedi - CV-2017
 
Resume
ResumeResume
Resume
 
Instituciones
InstitucionesInstituciones
Instituciones
 
Ramon llull trabajoacabado
Ramon llull trabajoacabadoRamon llull trabajoacabado
Ramon llull trabajoacabado
 
PRODUCCIÓN Y DESARROLLO SUSTENTABLE
PRODUCCIÓN Y DESARROLLO SUSTENTABLEPRODUCCIÓN Y DESARROLLO SUSTENTABLE
PRODUCCIÓN Y DESARROLLO SUSTENTABLE
 
Informatica neyra
Informatica neyraInformatica neyra
Informatica neyra
 
Ditch the Toxins
Ditch the ToxinsDitch the Toxins
Ditch the Toxins
 
Para blog
Para blogPara blog
Para blog
 
Laboratorio 1
Laboratorio 1Laboratorio 1
Laboratorio 1
 
Andrea jaimes’m1002
Andrea jaimes’m1002Andrea jaimes’m1002
Andrea jaimes’m1002
 
Smart USB car charger
Smart USB car chargerSmart USB car charger
Smart USB car charger
 
Estudiante
EstudianteEstudiante
Estudiante
 

Ähnlich wie Agustín Fernández Paz e Lovecraft

Ähnlich wie Agustín Fernández Paz e Lovecraft (7)

Presentación terror
Presentación terrorPresentación terror
Presentación terror
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
Novela policíaca
Novela policíaca Novela policíaca
Novela policíaca
 
Recension lucia suarez
Recension lucia suarezRecension lucia suarez
Recension lucia suarez
 
Boom
BoomBoom
Boom
 
Lecturas FilosofíA
Lecturas FilosofíALecturas FilosofíA
Lecturas FilosofíA
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 

Agustín Fernández Paz e Lovecraft

  • 1.
  • 2. INFLUENCIAS Agustín Fernández Paz considérase debedor de Edgar Allan POE e, sobre todo de Howard Phillips LOVECRAFT, figuras referentes para el nas novelas e relatos de misterio e terror, coas que espertou o seu gusto pola atmosfera, o misterio e a sorpresa final da historia. Tamén se declara un auténtico seguidor do cine de terror e de obras como O resplandor ou A semente do demo ou mesmo a saga de Alien. O cine é outro xeito de contar que lle resulta tan atractivo como o texto escrito. Porque, na súa opinión, o gusto polas historias de terror está escrito no ADN da humanidade desde a tradición oral ata as novas tecnoloxías.
  • 3. AS CHAVES DO TERROR - O reprimido, o macabro e o sobrenatural son os principais temas. - Pero non basta a súa simple presenza senón que é fundamental a persistencia dunha atmosfera de medo que xerará na vítima unha mestura de ansiedade, atracción e temor cara ao descoñecido e ao máis alá, á manifestacións de forzas descoñecidas e primitivas que representan unha maligna violación das leis da natureza. É fundamental a creación dun clima especial: o misterio debe manterse, o nivel emocional é máis importante que a trama mesma (descrición de emocións e estados de ánimo, acción moi pautada...) (Supernatural Horror in Literatura (1973). H. P. Lovecraft)
  • 4. - Escóllese a primeira persoa como voz narradora, procurando o acentuar o dramatismo e a empatía do lector, ampliando os efectos do medo. -O monstro é invisible porque axexa na escuridade. O terror que sentimos débese a que eses arquetipos xa estaban aí, dentro das nosas mentes, anteriores a nós mesmos. -Cando o protagonista entra en contacto con el, non atopa as palabras para describilo. O descoñecido, o obxecto do terror, é irrepresentable, “o innominable” e o informe. A penas se describe, deixando que a imaxinación do lector complete os detalles máis horrendos. -A súa presenza vai unida á escuridade e a un fedor insoportable.
  • 5. -As vítimas séntense inferiores, indefensas, non conseguen vencer un terror que as paraliza, incapaces de fuxir ou de destruír algo que senten coma novo e ameazante, un acontecemento aparentemente sobrenatural que rompe coa seguridade das leis da natureza, un risco descoñecido que os/as desconcerta e provoca parálise e crises emocionais ata chegar á loucura. É a insignificancia do ser humano nun mundo cheo de criaturas monstruosas que esixen tributo. - O/a protagonista verase envolto nunha dinámica de repulsión e atracción porque o monstro é abominable e fascinante á vez, un quixera fuxir pero unha forza máis forte ca el, obrígao a volverse e mirar.
  • 6. -O terror será experimentado polos personaxes en espazos contaminados por presenzas demoníacas (casas enmeigadas, natureza salvaxe que rodea a aldeas afastadas) que ameazan con mergullar o suxeito nos seus dominios (criptas e covas baixo terra). - A experiencia do horror ameaza a integridade do ser humano. Atopamos así suxeitos que van perdendo a súa forma humana nun tránsito á desintegración ou reducidos á insignificancia, ameazados pola expansión dun ente que non parece ter límites nin formas. A metamorfose corporal do protagonista remata coa súa fusión completa con seres inhumanos. Unha invitación a que descubramos o noso propio monstro interior e a ameaza real de que nos devore.
  • 7. PROTAGONISTAS E ANTAGONISTAS Todo isto traduciuse no fascinante universo de Lovecraft, caracterizado pola existencia dos Antigos, unha serie de entidades demoníacas cósmicas cuxos vestixios poden atoparse dispersos polo mundo en forma de cultos malignos, ruínas e monstros ocultos. A este universo enfróntanse unha serie de protagonistas científicos, estrelándose unha e outra vez contra os límites do coñecemento humano e xerando toda unha serie de series tráxicas onde o numinoso e o sinistro sempre rexorden triunfantes.
  • 8. O HORROR CÓSMICO Para entender o que escritores como Agustín Fernández Paz viron en LOVECRAFT hai que considerar o momento de Lovecraft e as innovacións que introduciu. O declive do relato gótico, para empezar, e a consolidación da ciencia ficción de autores como H.G. Wells, ademais de fenómenos como a teoría da relatividade e certos avances da filosofía que impregnaron a Lovecraft, materialista confeso. As súas obras transmiten unha visión do cosmos moi moderna, un sentir case existencialista e sobre todo unha noción do terror e unha imaxinería moi avanzada para a súa época, que levaron aos seus seguidores para consideralo un visionario.