SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 52
Downloaden Sie, um offline zu lesen
A VOZ DO SAN LUÍS
DEBUXO DE GERARDO LATAPIE (4.º B DE EP)
CURSO 2018-2019
Chegado este momento do curso só queda
desexarnos e desexarlles que, cando nos voltemos a ver, só
teñan cousas boas que contar.
Felices vacacións!!
Bo verán!!!
AGRADECEMOS A INSTITUCIONS, EMPRESAS
E PERSOAS A SUA COLABORACIÓN CON ESTE
CENTRO
ÍNDICE
 EDUCACIÓN INFANTIL…………………….………………………………. 5
 1.º EDUCACIÓN PRIMARIA……………………...………………………....12
 2.º EDUCACIÓN PRIMARIA……..………….……………………...……… 14
 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA...……...……….………………………...…… 16
 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA…………………...………………………...… 20
 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA…………………….……..…………………... 24
 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA…..…………….………………………..……. 26
 EDUCACIÓN FÍSICA…………..…………….…………………….……….. 30
 INGLÉS……………….….………………………………...…………………. 33
 EDUCACIÓN MUSICAL……………………………….……...…………….. 34
 RELIXIÓN CATÓLICA………..…………….……………………………… 37
 BIBLIOTECA………………………………….……………………………… 38
 LETRAS GALEGAS……………………………………………..…………… 41
 PROXECTO XERMOLIÑO……………………………………….…………. 46
 IGUALDADE……………………………………………………….………… 48
 DESPEDIDA E ORLA DE 6.º E P……………………………………….…… 50
CELESTE
(6.º EP)
ANA
(4.º EI)
SANTI
(4.º B EP)
YARA
(4.º EI)
VAGNELY
(3.º EP)
NAGORE
(5.º EI)
DEBUXOS FINALISTAS NO CONCURSO DE PORTADA DA REVISTA
A TODO O ALUMNADO, MOITAS GRAZAS POLOS VOSOS TRABALLOS E NORABOA!
Neste curso os máis pequen@s do S. Luís Romero fixemos varias
saídas.
Museo
Forno do
Forte.
Paseamos
polo Bosque
do Añón.
Museo de
Carballo.
Salón do
libro.
Casa das
Ciencias
Disfrazámonos.
Fomos ao
súper.
Cociñamos.
.
E recibimos algún que outro premio pola nosa participación en
diferentes concursos grazas a estes artistaz@s.
Calendario
Aloumiños.
Deseña unha
xoia para
túa nai.
Accésit postal Nadal
para Óscar Martínez
Rojo.
ROBERTO SAIDYAIR CARLA
BRAIAN
JAVIER KEMILLY IVÁN PAULA
ÓSCAR SAMARA
Bosque do Añón
Supermercado
Praza do Concello e feira.
Cine
Este foi un curso escolar cheo de
aventuras e amizades, algúns
compañeiros/as xa non están con nós,
pero lembrámonos moito deles/as.
Aprendemos moito uns dos outros e de
todas as actividades que realizamos na
escola, pero o mellor de todo é que...
pasámolo pipa!!! Mirade, mirade!
NA AULA DE 2.º E.P.
CELEBRAMOS O SAMAÍN
ZOQUEAMOS POR CARBALLO! FOMOS AO MERCADO E AO CINE.
AXUDAMOS NO HORTO DA ESCOLA!
TAMÉN FOMOS Á PANADARÍA E FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ COA
MASA QUE NOS DERON.
E ZOQUEANDO UN POUQUIÑO MÁIS, RECIBIMOS A VISITA DA
GARDA CIVIL!
E OUTRAS MOITAS COUSAS MÁIS!
“LER“ axuda a madurar, medrar, sentir...categorías todas elas
intrínsecas ao ser humano. De aí que xurda a homenaxe que todos os anos lle
brindamos aos nosos queridos amigos e compañeiros inseparables de viaxe:
OS LIBROS.
Grazas a esta conmemoración do “Día do Libro“ sempre intentamos
deseñar actividades o máis lúdicas posible arredor dun conto, personaxe ou
libro. Este ano quixemos darlle unha pincelada diferente, distintiva...
Coido que o acadamos mais vós sodes os que o tedes que xulgar a
través deste modesto traballo se o conseguimos ou non.
O ingrediente caracterizador deste festexo xirou entorno á comunicación.
Isto para nada quere dicir que o resto dos cursos non estivera presente. Claro
que o estivo! O factor comunicación sempre está presente pero, como xa
dixen, este ano foi salientable.
A mensaxe transmitida non foi pechada senón que se abriu cara ao
exterior, é dicir, remitimos correspondencia a outro colexio, neste caso o
C.E.I.P. CANOSA – RUS.
Foi un xesto dirixido a intentar rescatar o valor das mensaxes escritas
enviadas a través do correo ordinario, que aínda que segue vixente nos nosos
días, perdeu e perde moitos adeptos co uso cotián das tecnoloxías da
comunicación.
A actividade consistía en invitar á lectura de diferentes libros que lles
agradaran procurando achegalos dun xeito atractivo usando un formato
peculiar: A POSTAL.
Deste xeito aspiramos a espertar a curiosidade e a lectura dos mesmos;
sendo a presentación da tarxeta a portada do libro aconsellado e o texto sería
un anaco significativo do mesmo.
Fomos quen de encher os datos do colexio ao que dirixiamos as
múltiples suxestións.
Por último, e non por iso menos importante, creamos o noso propio selo
cuxo logo era un zoco, reflexo do tema que estamos a traballar dende a
Biblioteca : Zoqueando por Carballo e, tamén, rememorando a Xesús San Luís
Romero, escritor bergantiñán que dá nome ao noso colexio e quen dedicou
anos da súa vida a arranxar zocos como zapateiro da vila de Carballo.
E como non hai celebración sen festa, rematamos o acto recitando coplas ao
tempo que degustamos chocolate quente con biscoitos que ricamente nolo preparou a
ANPA.
Grazas pais e nais!
Aquí vos deixamos as nosas pequenas pegadas, desexamos que sexan
do voso agrado.
3.º DE EP
Os alumnos e alumnas do colexio Xesús San Luís Romero son
uns auténticos Indiana Jones das corredoiras, imitando así o
noso querido escritor Antonio Fraguas.
Unha mañá colgaron as mochilas ao lombo en busca do Muíño
Perdido. Este muíño era o chamado Muíño do Quinto, moi famoso
e importante en Carballo e arredores, pois grazas a el
alimentáronse e aliméntanse milleiros de familias.
Os rapaces e rapazas percorreron unha boa distancia ata
dar con el. Cando chegaron ao lugar sentiron unha profunda
ledicia e berraron de emoción pois víase cumprido o seu soño.
Alí estaba o muíño esperando por eles bañado polo río
Anllóns. Ao principio toda esa emoción tornouse en desengano
porque o que alí atoparon nada tiña que ver co que agardaban. O
auténtico Muíño do Quinto estaba agochado nun espazo
inaccesible e no seu lugar emularon unha réplica do mesmo pero
totalmente industrializado e mecanizado.
Grazas á nosa fantasía axiña imaxinamos como sería o
auténtico Muíño do Quinto.
Alí esperábanos Manolo , o muiñeiro, que con gran paciencia
nos abriu a porta e nos explicou todo o que alí acontecía. Foi unha
experiencia importante xa que nos trasladou á época dos nosos
avós e bisavós.
Aprendemos e percibimos moitas sensacións que nos
fixeron saír de alí e rememorar o que os nosos devanceiros
facían mentres esperaban o momento da súa muiñada: bailar a
MUIÑEIRA.
De feito os pasos deste baile teñen que ver cos momentos
previos á entrada ao muíño (apartarse das pozas, saltar o lume) e
a saída do muíño no que a xente chea de fariña se sacudía con
palmadas. Todos estes estadios xuntáronse e conformaron o que
hoxe se coñece como a MUIÑEIRA.
Ao finalizar a visita agasalláronnos cun bolígrafo e nun
prado próximo merendamos. Despois de todo isto nada máis que
aportar tan só dicir que a nosa visita sirva de pegada para non
perder esta tradición tan importante na vila de Carballo.
E como punto final a esta experiencia nada mellor que unhas
coplas recollidas por Antonio Fraguas que nos remiten á
importancia dos muíños na vida das persoas.
Estas coplas referidas ás muiñadas aparecen no libro
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, de Antonio Fraguas.
Ao longo deste curso os nenos e nenas de cuarto de Primaria fixemos moitas
actividades, proxectos, saídas… Todo isto permitiunos aprender moitísimas
cousas! E por iso queremos compartir con todos e todas vós algunhas delas!
4.º EP
No primeiro trimestre acudimos á
biblioteca Rego da Balsa na que os
alumnos e alumnas coñeceron o
funcionamento da biblioteca e
gozaron dun anaco de lectura.
Tivemos tempo para ser
pequenos/as artistas reciclando
e coidando o medio ambiente.
Nesta ocasión fixemos uns
lapiseiros ben bonitos!
Tamén tivemos tempo para o ocio, por iso fomos todos xuntos ao cine ver a
película El Grinch!
Os novos Pillabáns en Radio Voz, gravando a obra Fala máis alto que non te escoito!
Collémoslle gusto ao teatro e o 2 de decembro representamos unha pequena obra sobre
Xesús San Luís Romero na rúa da Saúde, con motivo da colocación dunha placa na súa
casa natal. Moitas grazas a todos os asistentes. Canto nos aplaudiron!
Participamos nas distintas celebracións: Magosto, Samaín, Nadal, Letras Galegas...
.
No Entroido tivemos filloas, orellas e rosquillas riquísimas. Moitas grazas ás familias!
O noso RAP
Aquí estamos os de quinto para rapear,
da escola e de nós imos falar.
Un pouco de lingua vennos moi ben,
pois faltas de ortografía temos a cen.
Traballamos? Atendemos?
Non sei moi ben o que facemos.
Xogando xogando imos aprendendo,
no patio rifamos pero abondo nos
queremos.
Ángela e Niccol debuxan sen parar,
reparten corazóns a fartar.
Canto conta Puri e bailando, bailando
a táboa nos vai ensinando.
Que che pasa, amigo Iván?
Beni e ti ídesnos tolear, ha ha ha.
Que gozada contigo, Diana,
o teu é axudar e axudar!
En setembro chegou Manuel
que non deixa tirado ningún papel.
Sara, en xaneiro apareceu,
con canto interese se lle coñeceu!
Moi faladora Carla é,
os problemas de mates dánselle moi ben.
A nosa Andreea é moi amable,
cando quere tamén é agradable.
Ai, que apertas dá tan saudables!
De animais, un montón sabe Joel,
falando da natureza sempre atina,
bastantes cousas nos ensina,
quere que aprendamos coma el.
Marwa, que pediatra vai facer,
a centos de rapaces quere curar,
porque a todos vai atender.
Adrián, que serio está!
De insectos fala sen cesar,
pouco lle gusta participar.
O noso patio non ten lixo
porque nesta escola somos moi limpos.
Paz damos a fartar,
ningunha falcatruada debemos pasar,
queremos deixar de entre nós rifar.
Alumnado de 5.º EP
Este ano o alumnado de sexto nivel metémonos nunha boa aventura. Fomos
“emprendedor@s”, montamos unha empresa. Aquí vedes un pouco da nosa gran aventura
http://buscavidasdosanluis.blogspot.com/
Comezamos no mercado de Nadal
…. e bos cartiños que sacamos, así que xa nos puxemos co d@s Namorad@s
E saímos na prensa
E aprendemos a xestionar o tempo
Se non queres ser un/unha malversador/ora do tempo bota unha ollada ao que nós
aprendemos
1.- Aproveitar
2.- Planificar.- Priorizar.
3.- Identificar os perigos, TV, TICs, e ter localizadas as cousas
4.- Organizar unha axenda semanal con obxectivos. Utilizar cores.
5.- Prohibir os malversadores de tempo: interrupcións, impuntuais....
6.- Distribuír as tarefas nos traballos en equipo, e confiar nos demais.
7.- Decidir como queremos vivir
..... E despois unha palabreja que xa vos contaremos o que significa noutro momento :
PROCRASTINAR.
Tenis
Baloncesto
GRAZAS A
COÑECEMOS O DEPORTE
ADAPTADO PARA AS
PERSOAS CON
DISCAPACIDADE
Atletismo
Goalball
Camiñar
disfrutando da
contorna tamén
é actividade
física, ao mesmo
tempo que
aprendemos
outras cousas
(imaGinad la música de “tengo el corazón contento” de marisol)
Tengo El corazón Contento El Corazón
Contento Lleno de alegría Yo Quisiera que sepas
Que te puedo ayudar
Si te atragantas
O te vas adesmayar
…. Y
cómo?...
Maniobra de
Heimlich para
personas que se
atragantan
Mareo sin pérdida
de conocimiento
Posición lateral de
seguridad y llamada
al 112
The students from the third grade of Primary Education explained
what they would like to be when they grow up. We hope you like it!
A BRUXA CARRAÑA
Letra e música: Mamá Cabra
Aí vai a Bruxa Carraña,
que tunanta é esta bruxa.
Un gato azul a acompaña
e amola a quen non foxa.
A un morcego do lugar
que agora voa do revés,
ela foino enfeitizar
e ten a cabeza nos pés.
A bruxiña está enfadada,
non sorrí endexamais,
pois non lle aproveita nada
ir amolando aos demais.
…
BEIXO, ABRAZO E APREIXÓN
Letra e música: Mamá Cabra
Damos con esta canción
abrazos sen ton nin son.
E repartimos montóns
de beixos e de apreixóns.
Están os beixos alados
voando por todos lados.
Os beixos de algodón
son doces a cachón.
Os beixos no nariz
fanme requetefeliz.
Cos beixos de chuchón
brinca e salta o corazón
…
PANXOLIÑA
Letra e música: Mamá Cabra
PAN parampán, pan o pandeiro
XO xoroixó, tumba o tambor
LI tirilín, ferros, ferriños,
ÑA ñaraiñai, gaita de fol
Unha tras outra
van as estrellas
escintilando
polo nadal
Unha tras outra
van nunha restra
paso a pasiño
moi devagar
…
NEGRA SOMBRA
Letra: Rosalía de Castro
Música: Juan Montes
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
ALDEÍÑA POR ALDEA
Letra: Antonio Fraguas Fraguas
Música: Xoán Curiel
A aldea da Xesteira ela ten unha Gran Vía
con unha rosa na entrada e un caravel na saída.
Cando vaias para Caroi, ten coidado no camiño,
mira que che está o demo metido nun buratiño.
.
De Caroi á Corredoira hai moi pouquiño que andar,
por iso os namorados teñen pouco que falar.
Lévame no carro, leva, carreteiro de Padrón,
lévame no carro, leva, lévame no corazón.
.
Hei de ir para Loureiro, para Loureiro hei de ir,
anque me poñan cancelas todas as hei de partir.
Pasei a ponte Loureiro sen compaña de ninguén,
vin acender unha luz no lugar da Vilaalén.
.
Desde aquí a Pontevedra todo é camiño chan,
todo son rosas e flores postas pola miña man.
Lévame no carro, leva, carreteiro de Padrón,
lévame no carro, leva, lévame no corazón.
.
Teño un amor no Brasil, teño un amor brasileiro;
teño un amor no Brasil que gana moito diñeiro.
A aldea da Xesteira ela ten unha Gran Vía
con unha rosa na entrada e un caravel na saída.
.
Aldeíña por aldea, aldea por aldeón,
aldeíña por aldea como a de Xesteira, non.
Lévame no carro, leva, carreteiro de Padrón,
lévame no carro, leva, lévame no corazón.
Alumnos/as e mestras/e cantando “Negra Sombra”
Todos/as cantamos “Aldeíña por aldea”
Neste curso voltamos ao
Auditorio de Galicia, en
Santiago de Compostela, cos
cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de
Educación Primaria.
Escoitamos a Real
Filharmonía de Galicia
xunto co
Serviço Educativo de Casa da
Música de Oporto facendo
un espectáculo marabilloso
en torno á vida e obra do
gran compositor Wolfgang
Amadeus Mozart, xunto coa
súa irmá, Maria Ana Mozart.
Encantounos o espectáculo,
que non deixou de
sorprendernos tanto na
representación como na
música. Escoitamos os
instrumentos un por un e
ata nos deixaron cantar e
facer percusións para
acompañalos!!
RELIXIÓN CATÓLICA
Este ano estivo cheo de
traballo, xogos e emocións.
Deséxovos un feliz verán
para que regresedes cheos
de enerxía.
Neste curso o proxecto de Biblioteca titulámolo “Zoqueando por Carballo”.
Temos unha nova mascota, un trasno chamado Fidalgo.
Continuamos traballando en estreita colaboración co resto de equipos do centro,
especialmente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Celebramos
conxuntamente todas as conmemoracións e organizamos varias exposicións,
obradoiros e concursos. Ademais, participamos en concursos externos ao centro.
Concurso de cabazas decoradas, de debuxos
e relatos de terror e Concurso da Paz
Este foi o cartel que elaboramos para
o Concurso de carteis do 8 de marzo,
Día Internacional da Muller.
Gustounos tanto que ata fixemos
camisetas con esta imaxe.
Houbo varias sesións de
CONTACONTOS por parte
de mestras, alumnado
dos últimos cursos de
Primaria e mesmo se
atreveu algunha mamá.
MOITAS GRAZAS!
No concurso de Contos de Nadal da Costa da Morte, de 10 premiados, 3 eran do noso cole.
Moitos parabéns polas vosas creacións literarias e artísticas!
Noraboa a todo o alumnado colaborador da Biblioteca. Moitas grazas a todos e todas pola vosa axuda. Que
pasedes un bo verán e recordade que, como dicía Antonio Fraguas, “os libros son compañeiros infatigables,
amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que te fan pensar que é unha das cousas que hai que
facer” . Volvemos en setembro con novas lecturas e máis aventuras.
Para ler os nosos contos publicados en La Voz de Galicia, podedes acceder a través da seguinte ligazón:
http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2018/12/recollida-de-premios.html
O alumnado de 6.º de Primaria tamén resultou gañador no concurso de ECOVOZ (Ecofotografía e Ecovídeo)
Antonio Fraguas Fraguas
Antonio Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Loureiro de Cotobade (Pontevedra). En
1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de
Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose profesor en 1933 e foi obrigado a abandonar o seu posto
durante a Guerra Civil. Entre 1943 e 1950 volveu á Universidade e obtivo a cátedra de Instituto,
ademais de ser director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre
Sarmiento. En 1951 pasou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando a cadeira de
Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación ata a súa morte. Doou a súa
biblioteca persoal a este museo. En 1984 recibiu a medalla Castelao e no ano 1995 a medalla das
Artes e das Letras de Galicia.
Desenvolveu distintas facetas profesionais pero a súa preferida era a de profesor. Foi un bo
mestre e un mestre bo, tal e como recolle Héctor Cajaraville na súa biografía e tamén un notario
da cultura patrimonial do século XX, un mestre da memoria, en palabras de Malores Villanueva.
Os que o coñeceron persoalmente destacan del a súa bondade e xenerosidade. Pola súa maneira
de ser, os seus alumnos referíanse a el como “San Fraguas”. Foi, en definitiva, un galego de ben,
como expresa Clodio González na biografía que escribiu sobre el.
Faleceu en Santiago o 5 de novembro de 1999 e descansa no cemiterio de Boisaca. Este ano,
coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento, foi o homenaxeado nas Letras Galegas.
“Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo
canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar
nunca nada a cambio. Sempre desinteresadamente, non máis que polo ben a Galicia, por
amor á nosa terra.”
Como o ano pasado gañamos o Concurso de elaboración de carteis para as Letras Galegas, este
curso en canto saíu publicada a convocatoria xa nos puxemos a investigar sobre Antonio
Fraguas e volvemos participar con moita ilusión e moito esforzo. E para a nosa sorpresa,
gañamos de novo! Que alegría tan grande levamos! Parecíanos imposible, pero non o era
porque “Todo parece imposible ata que se fai posible”.
Foto de familia o 6 de maio
de 2019, día da entrega do
premio das Letras Galegas
Neste rebumbio de letras poderás
atopar máis de vinte facetas
profesionais de Antonio Fraguas,
anímaste?
Resolve o seguinte encrucillado sobre a vida e a obra de Antonio Fraguas.
1 Como prefería que lle chamasen, Antonio ou Antón?
2 Nome do seu pai.
3 Nome da súa nai e da súa dona.
4 Provincia de Galicia onde traballou de profesor.
5 Muller que foi como unha mestra para el.
6 Aldea onde naceu.
7 Concello onde naceu.
8 Lugar onde foi á escola cun mestre moi importante na súa vida.
9 Lugar onde leu a tese de doutoramento.
10 Importante escritor galego que foi profesor e amigo de Fraguas e que
ocupou antes del a mesma cadeira na Real Academia Galega.
11 Fraguas traballou sempre por e para _____________________ .
12 Parroquia onde naceu, que ademais é o nome dunha árbore.
13 Profesión do seu pai.
14 Lugar onde pasou a maior parte da súa vida ata o seu pasamento.
HOMENAXE A ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS
Amigo, chegou o teu ano
Non te deixaremos de lado.
Tocaches o máis alto da poesía,
O teu corazón é moi grande.
Nunca te rendiches,
Ilusiónasnos cos teus sentimentos
Oh, querido profesor!
Forte, forte fuches, compañeiro.
Rodeado de agarimo medraches.
Aquí para sempre quedaches.
Galicia enteira bótate en falta.
Unida celebra hoxe o teu día,
Admirando os teus premios.
SEMPRE VIVIRÁS EN NÓS!
Alumnado de quinto
O alumnado de Educación Infantil, investigou, experimentou e sobre todo
saboreou os “Chocolates Mariño”, marca 100% de Carballo dende 1927.
E que delicia! Moi ben o pasaron, son uns lambóns!!!
Un dos maiores tesouros de Carballo é o noso pan, por iso 1.º, 2.º e 3.º de EP
visitaron unha panadaría, e aprenderon o segredo de por que o Pan de
Carballo é un manxar.
O alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de EP visitaron Camariñas
para ver o funcionamento dunha conserveira, e
aproveitaron para ir ao fermoso Faro Vilán.
Dende o noso colexio a loita pola igualdade está presente nas tarefas e quefaceres
diarios. De aí que este ano, tamén tomáramos a decisión de presentarnos ao concurso
Concepción Arenal promovido pola Deputación de A Coruña.
Obtivemos un merecido recoñecemento, converténdonos nos gañadores do concurso!
IGUALDADE, COUSA DE TODAS E TODOS
C E I P X E S Ú S S A N L U Í S R O M E R O
C U R S O 2 0 1 8 - 2 0 1 9
4.º EI 5.º EI 6.º EI
3.º EP
3º EP4.ºA EP 5.º EP
6.º EP
4.ºB EP
1.º EP 2.º EP

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Was ist angesagt? (20)

Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
Revista toda juntga
Revista toda juntgaRevista toda juntga
Revista toda juntga
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 

Ähnlich wie Revista xslr 2019

Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
satelite1
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
biblionova
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
A Solaina
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
A Solaina
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
satelite1
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010
Jose García
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
guest530951
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
abalarcurros
 

Ähnlich wie Revista xslr 2019 (20)

REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 

Mehr von Chelo Alvarez Veira

Mehr von Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 
Primeiros lectores
Primeiros lectoresPrimeiros lectores
Primeiros lectores
 

Kürzlich hochgeladen

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Revista xslr 2019

  • 1. A VOZ DO SAN LUÍS DEBUXO DE GERARDO LATAPIE (4.º B DE EP) CURSO 2018-2019
  • 2. Chegado este momento do curso só queda desexarnos e desexarlles que, cando nos voltemos a ver, só teñan cousas boas que contar. Felices vacacións!! Bo verán!!! AGRADECEMOS A INSTITUCIONS, EMPRESAS E PERSOAS A SUA COLABORACIÓN CON ESTE CENTRO
  • 3. ÍNDICE  EDUCACIÓN INFANTIL…………………….………………………………. 5  1.º EDUCACIÓN PRIMARIA……………………...………………………....12  2.º EDUCACIÓN PRIMARIA……..………….……………………...……… 14  3.º EDUCACIÓN PRIMARIA...……...……….………………………...…… 16  4.º EDUCACIÓN PRIMARIA…………………...………………………...… 20  5.º EDUCACIÓN PRIMARIA…………………….……..…………………... 24  6.º EDUCACIÓN PRIMARIA…..…………….………………………..……. 26  EDUCACIÓN FÍSICA…………..…………….…………………….……….. 30  INGLÉS……………….….………………………………...…………………. 33  EDUCACIÓN MUSICAL……………………………….……...…………….. 34  RELIXIÓN CATÓLICA………..…………….……………………………… 37  BIBLIOTECA………………………………….……………………………… 38  LETRAS GALEGAS……………………………………………..…………… 41  PROXECTO XERMOLIÑO……………………………………….…………. 46  IGUALDADE……………………………………………………….………… 48  DESPEDIDA E ORLA DE 6.º E P……………………………………….…… 50
  • 4. CELESTE (6.º EP) ANA (4.º EI) SANTI (4.º B EP) YARA (4.º EI) VAGNELY (3.º EP) NAGORE (5.º EI) DEBUXOS FINALISTAS NO CONCURSO DE PORTADA DA REVISTA A TODO O ALUMNADO, MOITAS GRAZAS POLOS VOSOS TRABALLOS E NORABOA!
  • 5. Neste curso os máis pequen@s do S. Luís Romero fixemos varias saídas. Museo Forno do Forte. Paseamos polo Bosque do Añón.
  • 10. E recibimos algún que outro premio pola nosa participación en diferentes concursos grazas a estes artistaz@s. Calendario Aloumiños. Deseña unha xoia para túa nai. Accésit postal Nadal para Óscar Martínez Rojo.
  • 11. ROBERTO SAIDYAIR CARLA BRAIAN JAVIER KEMILLY IVÁN PAULA ÓSCAR SAMARA
  • 12. Bosque do Añón Supermercado Praza do Concello e feira. Cine Este foi un curso escolar cheo de aventuras e amizades, algúns compañeiros/as xa non están con nós, pero lembrámonos moito deles/as. Aprendemos moito uns dos outros e de todas as actividades que realizamos na escola, pero o mellor de todo é que... pasámolo pipa!!! Mirade, mirade!
  • 13.
  • 14. NA AULA DE 2.º E.P. CELEBRAMOS O SAMAÍN ZOQUEAMOS POR CARBALLO! FOMOS AO MERCADO E AO CINE. AXUDAMOS NO HORTO DA ESCOLA!
  • 15. TAMÉN FOMOS Á PANADARÍA E FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ COA MASA QUE NOS DERON. E ZOQUEANDO UN POUQUIÑO MÁIS, RECIBIMOS A VISITA DA GARDA CIVIL! E OUTRAS MOITAS COUSAS MÁIS!
  • 16. “LER“ axuda a madurar, medrar, sentir...categorías todas elas intrínsecas ao ser humano. De aí que xurda a homenaxe que todos os anos lle brindamos aos nosos queridos amigos e compañeiros inseparables de viaxe: OS LIBROS. Grazas a esta conmemoración do “Día do Libro“ sempre intentamos deseñar actividades o máis lúdicas posible arredor dun conto, personaxe ou libro. Este ano quixemos darlle unha pincelada diferente, distintiva... Coido que o acadamos mais vós sodes os que o tedes que xulgar a través deste modesto traballo se o conseguimos ou non. O ingrediente caracterizador deste festexo xirou entorno á comunicación. Isto para nada quere dicir que o resto dos cursos non estivera presente. Claro que o estivo! O factor comunicación sempre está presente pero, como xa dixen, este ano foi salientable. A mensaxe transmitida non foi pechada senón que se abriu cara ao exterior, é dicir, remitimos correspondencia a outro colexio, neste caso o C.E.I.P. CANOSA – RUS. Foi un xesto dirixido a intentar rescatar o valor das mensaxes escritas enviadas a través do correo ordinario, que aínda que segue vixente nos nosos días, perdeu e perde moitos adeptos co uso cotián das tecnoloxías da comunicación. A actividade consistía en invitar á lectura de diferentes libros que lles agradaran procurando achegalos dun xeito atractivo usando un formato peculiar: A POSTAL. Deste xeito aspiramos a espertar a curiosidade e a lectura dos mesmos; sendo a presentación da tarxeta a portada do libro aconsellado e o texto sería un anaco significativo do mesmo. Fomos quen de encher os datos do colexio ao que dirixiamos as múltiples suxestións. Por último, e non por iso menos importante, creamos o noso propio selo cuxo logo era un zoco, reflexo do tema que estamos a traballar dende a Biblioteca : Zoqueando por Carballo e, tamén, rememorando a Xesús San Luís Romero, escritor bergantiñán que dá nome ao noso colexio e quen dedicou anos da súa vida a arranxar zocos como zapateiro da vila de Carballo. E como non hai celebración sen festa, rematamos o acto recitando coplas ao tempo que degustamos chocolate quente con biscoitos que ricamente nolo preparou a ANPA. Grazas pais e nais!
  • 17. Aquí vos deixamos as nosas pequenas pegadas, desexamos que sexan do voso agrado. 3.º DE EP
  • 18. Os alumnos e alumnas do colexio Xesús San Luís Romero son uns auténticos Indiana Jones das corredoiras, imitando así o noso querido escritor Antonio Fraguas. Unha mañá colgaron as mochilas ao lombo en busca do Muíño Perdido. Este muíño era o chamado Muíño do Quinto, moi famoso e importante en Carballo e arredores, pois grazas a el alimentáronse e aliméntanse milleiros de familias. Os rapaces e rapazas percorreron unha boa distancia ata dar con el. Cando chegaron ao lugar sentiron unha profunda ledicia e berraron de emoción pois víase cumprido o seu soño. Alí estaba o muíño esperando por eles bañado polo río Anllóns. Ao principio toda esa emoción tornouse en desengano porque o que alí atoparon nada tiña que ver co que agardaban. O auténtico Muíño do Quinto estaba agochado nun espazo inaccesible e no seu lugar emularon unha réplica do mesmo pero totalmente industrializado e mecanizado. Grazas á nosa fantasía axiña imaxinamos como sería o auténtico Muíño do Quinto. Alí esperábanos Manolo , o muiñeiro, que con gran paciencia nos abriu a porta e nos explicou todo o que alí acontecía. Foi unha experiencia importante xa que nos trasladou á época dos nosos avós e bisavós. Aprendemos e percibimos moitas sensacións que nos fixeron saír de alí e rememorar o que os nosos devanceiros facían mentres esperaban o momento da súa muiñada: bailar a MUIÑEIRA. De feito os pasos deste baile teñen que ver cos momentos previos á entrada ao muíño (apartarse das pozas, saltar o lume) e
  • 19. a saída do muíño no que a xente chea de fariña se sacudía con palmadas. Todos estes estadios xuntáronse e conformaron o que hoxe se coñece como a MUIÑEIRA. Ao finalizar a visita agasalláronnos cun bolígrafo e nun prado próximo merendamos. Despois de todo isto nada máis que aportar tan só dicir que a nosa visita sirva de pegada para non perder esta tradición tan importante na vila de Carballo. E como punto final a esta experiencia nada mellor que unhas coplas recollidas por Antonio Fraguas que nos remiten á importancia dos muíños na vida das persoas. Estas coplas referidas ás muiñadas aparecen no libro Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, de Antonio Fraguas.
  • 20. Ao longo deste curso os nenos e nenas de cuarto de Primaria fixemos moitas actividades, proxectos, saídas… Todo isto permitiunos aprender moitísimas cousas! E por iso queremos compartir con todos e todas vós algunhas delas! 4.º EP No primeiro trimestre acudimos á biblioteca Rego da Balsa na que os alumnos e alumnas coñeceron o funcionamento da biblioteca e gozaron dun anaco de lectura.
  • 21. Tivemos tempo para ser pequenos/as artistas reciclando e coidando o medio ambiente. Nesta ocasión fixemos uns lapiseiros ben bonitos! Tamén tivemos tempo para o ocio, por iso fomos todos xuntos ao cine ver a película El Grinch!
  • 22. Os novos Pillabáns en Radio Voz, gravando a obra Fala máis alto que non te escoito! Collémoslle gusto ao teatro e o 2 de decembro representamos unha pequena obra sobre Xesús San Luís Romero na rúa da Saúde, con motivo da colocación dunha placa na súa casa natal. Moitas grazas a todos os asistentes. Canto nos aplaudiron! Participamos nas distintas celebracións: Magosto, Samaín, Nadal, Letras Galegas... .
  • 23. No Entroido tivemos filloas, orellas e rosquillas riquísimas. Moitas grazas ás familias!
  • 24. O noso RAP Aquí estamos os de quinto para rapear, da escola e de nós imos falar. Un pouco de lingua vennos moi ben, pois faltas de ortografía temos a cen. Traballamos? Atendemos? Non sei moi ben o que facemos. Xogando xogando imos aprendendo, no patio rifamos pero abondo nos queremos. Ángela e Niccol debuxan sen parar, reparten corazóns a fartar. Canto conta Puri e bailando, bailando a táboa nos vai ensinando. Que che pasa, amigo Iván? Beni e ti ídesnos tolear, ha ha ha. Que gozada contigo, Diana, o teu é axudar e axudar! En setembro chegou Manuel que non deixa tirado ningún papel. Sara, en xaneiro apareceu, con canto interese se lle coñeceu! Moi faladora Carla é, os problemas de mates dánselle moi ben. A nosa Andreea é moi amable, cando quere tamén é agradable. Ai, que apertas dá tan saudables! De animais, un montón sabe Joel, falando da natureza sempre atina, bastantes cousas nos ensina, quere que aprendamos coma el.
  • 25. Marwa, que pediatra vai facer, a centos de rapaces quere curar, porque a todos vai atender. Adrián, que serio está! De insectos fala sen cesar, pouco lle gusta participar. O noso patio non ten lixo porque nesta escola somos moi limpos. Paz damos a fartar, ningunha falcatruada debemos pasar, queremos deixar de entre nós rifar. Alumnado de 5.º EP
  • 26. Este ano o alumnado de sexto nivel metémonos nunha boa aventura. Fomos “emprendedor@s”, montamos unha empresa. Aquí vedes un pouco da nosa gran aventura http://buscavidasdosanluis.blogspot.com/ Comezamos no mercado de Nadal …. e bos cartiños que sacamos, así que xa nos puxemos co d@s Namorad@s
  • 27. E saímos na prensa E aprendemos a xestionar o tempo Se non queres ser un/unha malversador/ora do tempo bota unha ollada ao que nós aprendemos 1.- Aproveitar 2.- Planificar.- Priorizar. 3.- Identificar os perigos, TV, TICs, e ter localizadas as cousas 4.- Organizar unha axenda semanal con obxectivos. Utilizar cores. 5.- Prohibir os malversadores de tempo: interrupcións, impuntuais.... 6.- Distribuír as tarefas nos traballos en equipo, e confiar nos demais. 7.- Decidir como queremos vivir ..... E despois unha palabreja que xa vos contaremos o que significa noutro momento : PROCRASTINAR.
  • 28.
  • 29.
  • 30. Tenis Baloncesto GRAZAS A COÑECEMOS O DEPORTE ADAPTADO PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE Atletismo Goalball
  • 31. Camiñar disfrutando da contorna tamén é actividade física, ao mesmo tempo que aprendemos outras cousas
  • 32. (imaGinad la música de “tengo el corazón contento” de marisol) Tengo El corazón Contento El Corazón Contento Lleno de alegría Yo Quisiera que sepas Que te puedo ayudar Si te atragantas O te vas adesmayar …. Y cómo?... Maniobra de Heimlich para personas que se atragantan Mareo sin pérdida de conocimiento Posición lateral de seguridad y llamada al 112
  • 33. The students from the third grade of Primary Education explained what they would like to be when they grow up. We hope you like it!
  • 34. A BRUXA CARRAÑA Letra e música: Mamá Cabra Aí vai a Bruxa Carraña, que tunanta é esta bruxa. Un gato azul a acompaña e amola a quen non foxa. A un morcego do lugar que agora voa do revés, ela foino enfeitizar e ten a cabeza nos pés. A bruxiña está enfadada, non sorrí endexamais, pois non lle aproveita nada ir amolando aos demais. … BEIXO, ABRAZO E APREIXÓN Letra e música: Mamá Cabra Damos con esta canción abrazos sen ton nin son. E repartimos montóns de beixos e de apreixóns. Están os beixos alados voando por todos lados. Os beixos de algodón son doces a cachón. Os beixos no nariz fanme requetefeliz. Cos beixos de chuchón brinca e salta o corazón … PANXOLIÑA Letra e música: Mamá Cabra PAN parampán, pan o pandeiro XO xoroixó, tumba o tambor LI tirilín, ferros, ferriños, ÑA ñaraiñai, gaita de fol Unha tras outra van as estrellas escintilando polo nadal Unha tras outra van nunha restra paso a pasiño moi devagar …
  • 35. NEGRA SOMBRA Letra: Rosalía de Castro Música: Juan Montes Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. ALDEÍÑA POR ALDEA Letra: Antonio Fraguas Fraguas Música: Xoán Curiel A aldea da Xesteira ela ten unha Gran Vía con unha rosa na entrada e un caravel na saída. Cando vaias para Caroi, ten coidado no camiño, mira que che está o demo metido nun buratiño. . De Caroi á Corredoira hai moi pouquiño que andar, por iso os namorados teñen pouco que falar. Lévame no carro, leva, carreteiro de Padrón, lévame no carro, leva, lévame no corazón. . Hei de ir para Loureiro, para Loureiro hei de ir, anque me poñan cancelas todas as hei de partir. Pasei a ponte Loureiro sen compaña de ninguén, vin acender unha luz no lugar da Vilaalén. . Desde aquí a Pontevedra todo é camiño chan, todo son rosas e flores postas pola miña man. Lévame no carro, leva, carreteiro de Padrón, lévame no carro, leva, lévame no corazón. . Teño un amor no Brasil, teño un amor brasileiro; teño un amor no Brasil que gana moito diñeiro. A aldea da Xesteira ela ten unha Gran Vía con unha rosa na entrada e un caravel na saída. . Aldeíña por aldea, aldea por aldeón, aldeíña por aldea como a de Xesteira, non. Lévame no carro, leva, carreteiro de Padrón, lévame no carro, leva, lévame no corazón. Alumnos/as e mestras/e cantando “Negra Sombra” Todos/as cantamos “Aldeíña por aldea”
  • 36. Neste curso voltamos ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, cos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. Escoitamos a Real Filharmonía de Galicia xunto co Serviço Educativo de Casa da Música de Oporto facendo un espectáculo marabilloso en torno á vida e obra do gran compositor Wolfgang Amadeus Mozart, xunto coa súa irmá, Maria Ana Mozart. Encantounos o espectáculo, que non deixou de sorprendernos tanto na representación como na música. Escoitamos os instrumentos un por un e ata nos deixaron cantar e facer percusións para acompañalos!!
  • 37. RELIXIÓN CATÓLICA Este ano estivo cheo de traballo, xogos e emocións. Deséxovos un feliz verán para que regresedes cheos de enerxía.
  • 38. Neste curso o proxecto de Biblioteca titulámolo “Zoqueando por Carballo”. Temos unha nova mascota, un trasno chamado Fidalgo. Continuamos traballando en estreita colaboración co resto de equipos do centro, especialmente co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Celebramos conxuntamente todas as conmemoracións e organizamos varias exposicións, obradoiros e concursos. Ademais, participamos en concursos externos ao centro. Concurso de cabazas decoradas, de debuxos e relatos de terror e Concurso da Paz
  • 39. Este foi o cartel que elaboramos para o Concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Gustounos tanto que ata fixemos camisetas con esta imaxe. Houbo varias sesións de CONTACONTOS por parte de mestras, alumnado dos últimos cursos de Primaria e mesmo se atreveu algunha mamá. MOITAS GRAZAS!
  • 40. No concurso de Contos de Nadal da Costa da Morte, de 10 premiados, 3 eran do noso cole. Moitos parabéns polas vosas creacións literarias e artísticas! Noraboa a todo o alumnado colaborador da Biblioteca. Moitas grazas a todos e todas pola vosa axuda. Que pasedes un bo verán e recordade que, como dicía Antonio Fraguas, “os libros son compañeiros infatigables, amigos sempre, os máis nobres, os que distraen, os que te fan pensar que é unha das cousas que hai que facer” . Volvemos en setembro con novas lecturas e máis aventuras. Para ler os nosos contos publicados en La Voz de Galicia, podedes acceder a través da seguinte ligazón: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2018/12/recollida-de-premios.html O alumnado de 6.º de Primaria tamén resultou gañador no concurso de ECOVOZ (Ecofotografía e Ecovídeo)
  • 41. Antonio Fraguas Fraguas Antonio Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 en Loureiro de Cotobade (Pontevedra). En 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose profesor en 1933 e foi obrigado a abandonar o seu posto durante a Guerra Civil. Entre 1943 e 1950 volveu á Universidade e obtivo a cátedra de Instituto, ademais de ser director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. En 1951 pasou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando a cadeira de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación ata a súa morte. Doou a súa biblioteca persoal a este museo. En 1984 recibiu a medalla Castelao e no ano 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia. Desenvolveu distintas facetas profesionais pero a súa preferida era a de profesor. Foi un bo mestre e un mestre bo, tal e como recolle Héctor Cajaraville na súa biografía e tamén un notario da cultura patrimonial do século XX, un mestre da memoria, en palabras de Malores Villanueva. Os que o coñeceron persoalmente destacan del a súa bondade e xenerosidade. Pola súa maneira de ser, os seus alumnos referíanse a el como “San Fraguas”. Foi, en definitiva, un galego de ben, como expresa Clodio González na biografía que escribiu sobre el. Faleceu en Santiago o 5 de novembro de 1999 e descansa no cemiterio de Boisaca. Este ano, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento, foi o homenaxeado nas Letras Galegas. “Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. Sempre desinteresadamente, non máis que polo ben a Galicia, por amor á nosa terra.”
  • 42. Como o ano pasado gañamos o Concurso de elaboración de carteis para as Letras Galegas, este curso en canto saíu publicada a convocatoria xa nos puxemos a investigar sobre Antonio Fraguas e volvemos participar con moita ilusión e moito esforzo. E para a nosa sorpresa, gañamos de novo! Que alegría tan grande levamos! Parecíanos imposible, pero non o era porque “Todo parece imposible ata que se fai posible”.
  • 43. Foto de familia o 6 de maio de 2019, día da entrega do premio das Letras Galegas Neste rebumbio de letras poderás atopar máis de vinte facetas profesionais de Antonio Fraguas, anímaste?
  • 44. Resolve o seguinte encrucillado sobre a vida e a obra de Antonio Fraguas. 1 Como prefería que lle chamasen, Antonio ou Antón? 2 Nome do seu pai. 3 Nome da súa nai e da súa dona. 4 Provincia de Galicia onde traballou de profesor. 5 Muller que foi como unha mestra para el. 6 Aldea onde naceu. 7 Concello onde naceu. 8 Lugar onde foi á escola cun mestre moi importante na súa vida. 9 Lugar onde leu a tese de doutoramento. 10 Importante escritor galego que foi profesor e amigo de Fraguas e que ocupou antes del a mesma cadeira na Real Academia Galega. 11 Fraguas traballou sempre por e para _____________________ . 12 Parroquia onde naceu, que ademais é o nome dunha árbore. 13 Profesión do seu pai. 14 Lugar onde pasou a maior parte da súa vida ata o seu pasamento.
  • 45. HOMENAXE A ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS Amigo, chegou o teu ano Non te deixaremos de lado. Tocaches o máis alto da poesía, O teu corazón é moi grande. Nunca te rendiches, Ilusiónasnos cos teus sentimentos Oh, querido profesor! Forte, forte fuches, compañeiro. Rodeado de agarimo medraches. Aquí para sempre quedaches. Galicia enteira bótate en falta. Unida celebra hoxe o teu día, Admirando os teus premios. SEMPRE VIVIRÁS EN NÓS! Alumnado de quinto
  • 46. O alumnado de Educación Infantil, investigou, experimentou e sobre todo saboreou os “Chocolates Mariño”, marca 100% de Carballo dende 1927. E que delicia! Moi ben o pasaron, son uns lambóns!!!
  • 47. Un dos maiores tesouros de Carballo é o noso pan, por iso 1.º, 2.º e 3.º de EP visitaron unha panadaría, e aprenderon o segredo de por que o Pan de Carballo é un manxar. O alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de EP visitaron Camariñas para ver o funcionamento dunha conserveira, e aproveitaron para ir ao fermoso Faro Vilán.
  • 48. Dende o noso colexio a loita pola igualdade está presente nas tarefas e quefaceres diarios. De aí que este ano, tamén tomáramos a decisión de presentarnos ao concurso Concepción Arenal promovido pola Deputación de A Coruña. Obtivemos un merecido recoñecemento, converténdonos nos gañadores do concurso! IGUALDADE, COUSA DE TODAS E TODOS
  • 49.
  • 50.
  • 51.
  • 52. C E I P X E S Ú S S A N L U Í S R O M E R O C U R S O 2 0 1 8 - 2 0 1 9 4.º EI 5.º EI 6.º EI 3.º EP 3º EP4.ºA EP 5.º EP 6.º EP 4.ºB EP 1.º EP 2.º EP