SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 5
Downloaden Sie, um offline zu lesen
VI Xornadas Galegas
de Educación Ambiental.

              Actas
               Santiago de Compostela,
             25, 26 e 27 de xuño de 2009




Instituto de Ciencias da Educación (Taller de Educación Ambiental)
              Universidade de Santiago de Compostela
Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre




Autor/es:         Miguel Ríos Torre (I.E.S. Rosalía de Castro. Santiago de Compostela)

Título:           Idioma en Sol Maior

                  1. HAMLET’S CASTLE, ILYA PRIGOGINE, GALLAECIA
                  O físico, químico e sistémico Ilya Prigogine (1917-2003), no seu texto “Enfrontándose co irracional”
                  (Landsberg et al., 1986) cóntanos o que segue: “Paseando un día preto do castelo de Kronborg, Niels Bohr
                  díxolle a Werner Heisenberg: <<Non é estraño ver como cambia este castelo se imaxinamos que Hamlet
                  viviu nel? Como científicos xulgamos que un castelo está formado só por pedras e admiramos a forma en que
                  o arquitecto as gobernou. As pedras, o teito verde de pátina, as tallas da igrexa, forman o conxunto do castelo.
                  Nada debería cambiar polo feito de Hamlet vivir nel, mais, efectivamente, cambia de vez. Inesperadamente
                  as paredes e as murallas falan unha linguaxe diferente. O patio transfórmase en todo un mundo, un recanto
                  escuro lémbranos a escuridade da alma... Ouvimos as palabras de Hamlet: to be or not to be>>”. E damos
                  en pensar se desde o noso traballo como ensinantes estaremos acertando na transmisión, ás novas
                  xeracións, dese patrimonio común que é a lingua galega. Contemplarán anos vindeiros como o cas-
                  telo da nosa xeografía física e humana fica baleiro do idioma que xestaron e libraron @s habitantes
                  da Gallaecia ao longo do último milenio? Estamos e habemos estar polo pluralismo lingüístico e
                  cultural, e na súa procura docente, académica e didáctica, habitaremos.



                  2. LINGUA, ELEMENTO AMBIENTAL

                  Cando falamos de educación e falamos de ambiente, non podemos nin debemos obviar, no actual
                  tempus educativo que estamos a vivir, xuño de 2009, unha reflexión de fondo sobre o significado
                  básico da (bio)diversidade lingüística e cultural como elemento e valor axial do noso traballo
                  educativo aquí, neste marco profesional de xornadas ambientalistas que celebramos.

                  Aínda que semella evidente, non estará de máis salientar que a(s) linguas(s) son un elemento vivo
                  e primordial da biocenose ecosistémica da escola, do mundo académico en xeral e, xa que logo, dos
                  ecosistemas sociais. As relacións interpersoais e as interaccións sociais vehiculízanse, principalmen-
                  te, a través dun código lingüístico, dunha linguaxe. E son precisamente as institucións educativas
                  –escolas, institutos, universidades– os organismos responsábeis de desenvolver o labor esencial de
                  alfabetización da xente nova.




                  3. EDUCAR EN IGUALDADE

                  E non aparenta irracionalidade estar a deseñar políticas educativas que miran por coutar a apren-
                  dizaxe competencial do galego do noso alumnado, da nosa mocidade? Educar en igualdade é un
                  principio de acción docente ao que non podemos nin debemos renunciar. E aínda que xuridica-
                  mente a disimetría ou desprotección do galego fronte ao castelán é ben coñecida1, ese principio
                  educativo, o de educar en igualdade, foi utilizado cun rigor loábel na elaboración do Plan Xeral de
                  Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento Galego o 21 de setembro
                  de 2004, e na formulación do Decreto 124, del emanado, sobre uso e promoción do galego no sistema
                  educativo de 28 de xuño de 2007, que abriu o camiño para acadar o obxectivo de utilizar o galego
                  como lingua vehicular no 50% das disciplinas.

                  Unha das perversidades das que ten de fuxir o sistema educativo galego é a da aplicación de criterios
                  e prácticas supremacistas no eido lingüístico, polos malfadados prexuízos de matiz racista e de gue-
                  to que alimentan. O galego nin é inferior ao castelán nin ás avesas, pero sabemos que historicamente
                  foi o galego a lingua que, durante os últimos cinco séculos, sufriu desterro e marxinación, cando
                  non persecución e prohibición aberta (Freitas, 2008), de todos os ámbitos oficiais que prestixian


                  1 Artigo 3 da Constitución do Reino de España. 3.1/ “El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los
                  españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla”.
                  Artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia. 5.1/ “A lingua propia de Galicia é o galego”. 5.2/ “Os idiomas galego
                  e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”.



             VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental                                                                             479
Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre




un idioma: escola, universidade, administración, igrexa, sanidade, medios de comunicación, cinema, ... Só nos últimos 30
anos se iniciou un manseliño proceso de visualización, recuperación e restauración do idioma que aínda non conseguiu
frear a substitución social acelerada que se segue a producir, como indican os datos da gráfica axunta que nos achegan os
estudos sociolingüísticos dos últimos anos2.




4. COMPETENCIAS E RIQUEZA
Porque a pregunta básica salta á vista: que tipo de competencias no campo lingüístico ten de proporcionar o noso sis-
tema educativo aos seus discentes? A reposta xa a deu a Lei de Normalización Lingüística de 1983 no seu Artigo 14.3:
“As autoridades educativas garantirán que o alumnado, cando remate cada ciclo en que o ensino do galego é obrigatorio, teña un
coñecemento do galego, a nivel oral e escrito, semellante ao do castelán.” A LNL establece que o alumnado debe acadar com-
petencia semellante nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar (inicial). E as compe-
tencias pasivas e activas para o galego –entender, ler, falar e escribir– só se irán acadando na medida en que o galego se
vaia utilizando como idioma vehicular nunha parte substantiva das disciplinas académicas. E isto é así porque tampouco
podemos esquecer o feito de que socialmente os emisores lingüísticos e mediáticos nos que vivimos inmersos son na súa
práctica totalidade en español: xornais, cinema, televisión, radio, vídeos, videoxogos, música, etc.

A día de hoxe parece doado entender que dominar e coñecer dúas linguas ou máis non resta: suma, non divide: mul-
tiplica. A demostración científica de tal aseveración achámola nos escritos do neurofisiólogo e investigador Xurxo Ma-
riño (Mariño Alfonso, 2007) quen nos descubre como o cerebro das persoas que manexan varias linguas é funcional e
estruturalmente distinto ao daqueloutras que só manexan unha lingua: máis rápido para determinadas tarefas, con máis
substancia gris e cun sistema específico para impedir interferencias. Todo vantaxes.

Tamén convén subliñar que lingua e cultura galegas, tan estreitamente vinculadas entre si, son unha fonte de riqueza
para o país na que todos temos parte. Estudos económicos varios indican que as actividades empresariais e produtivas xe-
radas polo corpus lingüístico-cultural de calquera país europeo xeran entre un 5% e un 15% do seu PIB. Velaí utilidade.
A introdución da lingua galega en moitos dos ámbitos públicos da vida social, literaria, xornalística e cultural ten acada-
do, durante estes últimos anos, que o seu status fora cambiando: de fala rústica e rural, de patois dialectal propio de xente
atrasada, a idioma europeo, a idioma de seu.


5. DEREITO A NON APRENDER?
E xustamente cando o sistema educativo abre unha vía para conseguir que os nenos e nenas de procedencia castelanfa-
lante adquiran competencia activa en galego, Decreto 124/2007, desátase unha vía involutiva propiciada polas actuais
autoridades educativas do monopartito.

Pero, ten o alumnado, por vontade dos seus pais, dereito individual a non aprender galego? Ou, expresado doutro
xeito: ten o alumnado dereito individual á incompetencia e á afasia en lingua galega nun sistema social europeo de esco-

2 -MSG-1991, Mapa Sociolingüístico de Galicia-1991.
 -ICVF-2003, Datos do inquérito de Condicións de Vida das Familias-2003 do Instituto Galego de Estatística.
 -MSG-2004, Mapa Sociolingüístico de Galicia-2004.



480
Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre




larización obrigatoria? Escudarse na argumentación da liberdade de elección é unha mágoa de demagoxia. Poderemos
escoller con liberdade se falamos un idioma ou outro cando coñezamos os dous. Os currículos educativos non
son ementas dun restaurante. Os coñecementos básicos que confiren cohesión ao corpo social non poden aceptar unha
estratexia de analfabetización como a que se está a implementar.


6. UN IDIOMA EN SOL MAIOR
Desde a nosa responsabilidade como docentes non debemos renunciar a interpretar e transmitir a sinfonía do idioma
para toda a xente en sol maior. As escolas, o ensino medio, as institucións académicas e universitarias teñen de ser
viveiros de crecemento sustentábel da nosa lingua e non hospitais que preparen ao paciente para unha morte doce.
Porque, en que País cun idioma propio, recollido que está na súa lei básica, o Estatuto, non é unha obriga elemental
o seu estudo e aprendizaxe competencial nas escolas, nos institutos, nas universidades?


BIBLIOGRAFÍA
Freitas Juvino, M.P (2008). A represión lingüística en Galiza no século XX. Vigo: Ed. Xerais.
                   .
Landsberg, P et al. (1986). Proceso al azar. Barcelona: Tusquets Editores.
             .T.
Mariño Alfonso, X. (2007). Po de estrelas. S. de Compostela:Consello da Cultura Galega.




                 VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental                                                      481
www.eduambiengal.com

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
IreneSeara
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
satelite1
 
Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticos
ecursocig
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
Marlou
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundial
Susana Ferreiro
 

Was ist angesagt? (19)

O conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráficoO conflito lingüístico con humor gráfico
O conflito lingüístico con humor gráfico
 
A Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no EnsinoA Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no Ensino
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes lingua
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
 
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoAnálise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Planificación lingüística
Planificación lingüísticaPlanificación lingüística
Planificación lingüística
 
Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticos
 
Por un plurilingüismo inclusivo
Por un plurilingüismo inclusivoPor un plurilingüismo inclusivo
Por un plurilingüismo inclusivo
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto Plurilingüismo
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundial
 

Andere mochten auch (13)

Prolingua
ProlinguaProlingua
Prolingua
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
Prexuízos
PrexuízosPrexuízos
Prexuízos
 
DECRETO
DECRETODECRETO
DECRETO
 
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democraciaO galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
O galego na historia: de comezos do século xx á chegada da democracia
 
O Grupo NóS
O Grupo NóSO Grupo NóS
O Grupo NóS
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galego
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGAHISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 

Ähnlich wie Idioma En Sol Maior

O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
Marlou
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
cenlf
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
noagaliza
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XX
xenevra
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
cenlf
 

Ähnlich wie Idioma En Sol Maior (20)

O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
 
Ogalegonascienciastecnoloxia
OgalegonascienciastecnoloxiaOgalegonascienciastecnoloxia
Ogalegonascienciastecnoloxia
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
 
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaIdade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
Idade e comportamentos sociolingüísticos en Galicia
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XX
 
Plc
PlcPlc
Plc
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da lingua
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 

Mehr von cenlf

Mehr von cenlf (20)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 

Idioma En Sol Maior

  • 1. VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Actas Santiago de Compostela, 25, 26 e 27 de xuño de 2009 Instituto de Ciencias da Educación (Taller de Educación Ambiental) Universidade de Santiago de Compostela
  • 2. Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre Autor/es: Miguel Ríos Torre (I.E.S. Rosalía de Castro. Santiago de Compostela) Título: Idioma en Sol Maior 1. HAMLET’S CASTLE, ILYA PRIGOGINE, GALLAECIA O físico, químico e sistémico Ilya Prigogine (1917-2003), no seu texto “Enfrontándose co irracional” (Landsberg et al., 1986) cóntanos o que segue: “Paseando un día preto do castelo de Kronborg, Niels Bohr díxolle a Werner Heisenberg: <<Non é estraño ver como cambia este castelo se imaxinamos que Hamlet viviu nel? Como científicos xulgamos que un castelo está formado só por pedras e admiramos a forma en que o arquitecto as gobernou. As pedras, o teito verde de pátina, as tallas da igrexa, forman o conxunto do castelo. Nada debería cambiar polo feito de Hamlet vivir nel, mais, efectivamente, cambia de vez. Inesperadamente as paredes e as murallas falan unha linguaxe diferente. O patio transfórmase en todo un mundo, un recanto escuro lémbranos a escuridade da alma... Ouvimos as palabras de Hamlet: to be or not to be>>”. E damos en pensar se desde o noso traballo como ensinantes estaremos acertando na transmisión, ás novas xeracións, dese patrimonio común que é a lingua galega. Contemplarán anos vindeiros como o cas- telo da nosa xeografía física e humana fica baleiro do idioma que xestaron e libraron @s habitantes da Gallaecia ao longo do último milenio? Estamos e habemos estar polo pluralismo lingüístico e cultural, e na súa procura docente, académica e didáctica, habitaremos. 2. LINGUA, ELEMENTO AMBIENTAL Cando falamos de educación e falamos de ambiente, non podemos nin debemos obviar, no actual tempus educativo que estamos a vivir, xuño de 2009, unha reflexión de fondo sobre o significado básico da (bio)diversidade lingüística e cultural como elemento e valor axial do noso traballo educativo aquí, neste marco profesional de xornadas ambientalistas que celebramos. Aínda que semella evidente, non estará de máis salientar que a(s) linguas(s) son un elemento vivo e primordial da biocenose ecosistémica da escola, do mundo académico en xeral e, xa que logo, dos ecosistemas sociais. As relacións interpersoais e as interaccións sociais vehiculízanse, principalmen- te, a través dun código lingüístico, dunha linguaxe. E son precisamente as institucións educativas –escolas, institutos, universidades– os organismos responsábeis de desenvolver o labor esencial de alfabetización da xente nova. 3. EDUCAR EN IGUALDADE E non aparenta irracionalidade estar a deseñar políticas educativas que miran por coutar a apren- dizaxe competencial do galego do noso alumnado, da nosa mocidade? Educar en igualdade é un principio de acción docente ao que non podemos nin debemos renunciar. E aínda que xuridica- mente a disimetría ou desprotección do galego fronte ao castelán é ben coñecida1, ese principio educativo, o de educar en igualdade, foi utilizado cun rigor loábel na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento Galego o 21 de setembro de 2004, e na formulación do Decreto 124, del emanado, sobre uso e promoción do galego no sistema educativo de 28 de xuño de 2007, que abriu o camiño para acadar o obxectivo de utilizar o galego como lingua vehicular no 50% das disciplinas. Unha das perversidades das que ten de fuxir o sistema educativo galego é a da aplicación de criterios e prácticas supremacistas no eido lingüístico, polos malfadados prexuízos de matiz racista e de gue- to que alimentan. O galego nin é inferior ao castelán nin ás avesas, pero sabemos que historicamente foi o galego a lingua que, durante os últimos cinco séculos, sufriu desterro e marxinación, cando non persecución e prohibición aberta (Freitas, 2008), de todos os ámbitos oficiais que prestixian 1 Artigo 3 da Constitución do Reino de España. 3.1/ “El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla”. Artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia. 5.1/ “A lingua propia de Galicia é o galego”. 5.2/ “Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”. VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental 479
  • 3. Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre un idioma: escola, universidade, administración, igrexa, sanidade, medios de comunicación, cinema, ... Só nos últimos 30 anos se iniciou un manseliño proceso de visualización, recuperación e restauración do idioma que aínda non conseguiu frear a substitución social acelerada que se segue a producir, como indican os datos da gráfica axunta que nos achegan os estudos sociolingüísticos dos últimos anos2. 4. COMPETENCIAS E RIQUEZA Porque a pregunta básica salta á vista: que tipo de competencias no campo lingüístico ten de proporcionar o noso sis- tema educativo aos seus discentes? A reposta xa a deu a Lei de Normalización Lingüística de 1983 no seu Artigo 14.3: “As autoridades educativas garantirán que o alumnado, cando remate cada ciclo en que o ensino do galego é obrigatorio, teña un coñecemento do galego, a nivel oral e escrito, semellante ao do castelán.” A LNL establece que o alumnado debe acadar com- petencia semellante nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar (inicial). E as compe- tencias pasivas e activas para o galego –entender, ler, falar e escribir– só se irán acadando na medida en que o galego se vaia utilizando como idioma vehicular nunha parte substantiva das disciplinas académicas. E isto é así porque tampouco podemos esquecer o feito de que socialmente os emisores lingüísticos e mediáticos nos que vivimos inmersos son na súa práctica totalidade en español: xornais, cinema, televisión, radio, vídeos, videoxogos, música, etc. A día de hoxe parece doado entender que dominar e coñecer dúas linguas ou máis non resta: suma, non divide: mul- tiplica. A demostración científica de tal aseveración achámola nos escritos do neurofisiólogo e investigador Xurxo Ma- riño (Mariño Alfonso, 2007) quen nos descubre como o cerebro das persoas que manexan varias linguas é funcional e estruturalmente distinto ao daqueloutras que só manexan unha lingua: máis rápido para determinadas tarefas, con máis substancia gris e cun sistema específico para impedir interferencias. Todo vantaxes. Tamén convén subliñar que lingua e cultura galegas, tan estreitamente vinculadas entre si, son unha fonte de riqueza para o país na que todos temos parte. Estudos económicos varios indican que as actividades empresariais e produtivas xe- radas polo corpus lingüístico-cultural de calquera país europeo xeran entre un 5% e un 15% do seu PIB. Velaí utilidade. A introdución da lingua galega en moitos dos ámbitos públicos da vida social, literaria, xornalística e cultural ten acada- do, durante estes últimos anos, que o seu status fora cambiando: de fala rústica e rural, de patois dialectal propio de xente atrasada, a idioma europeo, a idioma de seu. 5. DEREITO A NON APRENDER? E xustamente cando o sistema educativo abre unha vía para conseguir que os nenos e nenas de procedencia castelanfa- lante adquiran competencia activa en galego, Decreto 124/2007, desátase unha vía involutiva propiciada polas actuais autoridades educativas do monopartito. Pero, ten o alumnado, por vontade dos seus pais, dereito individual a non aprender galego? Ou, expresado doutro xeito: ten o alumnado dereito individual á incompetencia e á afasia en lingua galega nun sistema social europeo de esco- 2 -MSG-1991, Mapa Sociolingüístico de Galicia-1991. -ICVF-2003, Datos do inquérito de Condicións de Vida das Familias-2003 do Instituto Galego de Estatística. -MSG-2004, Mapa Sociolingüístico de Galicia-2004. 480
  • 4. Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre larización obrigatoria? Escudarse na argumentación da liberdade de elección é unha mágoa de demagoxia. Poderemos escoller con liberdade se falamos un idioma ou outro cando coñezamos os dous. Os currículos educativos non son ementas dun restaurante. Os coñecementos básicos que confiren cohesión ao corpo social non poden aceptar unha estratexia de analfabetización como a que se está a implementar. 6. UN IDIOMA EN SOL MAIOR Desde a nosa responsabilidade como docentes non debemos renunciar a interpretar e transmitir a sinfonía do idioma para toda a xente en sol maior. As escolas, o ensino medio, as institucións académicas e universitarias teñen de ser viveiros de crecemento sustentábel da nosa lingua e non hospitais que preparen ao paciente para unha morte doce. Porque, en que País cun idioma propio, recollido que está na súa lei básica, o Estatuto, non é unha obriga elemental o seu estudo e aprendizaxe competencial nas escolas, nos institutos, nas universidades? BIBLIOGRAFÍA Freitas Juvino, M.P (2008). A represión lingüística en Galiza no século XX. Vigo: Ed. Xerais. . Landsberg, P et al. (1986). Proceso al azar. Barcelona: Tusquets Editores. .T. Mariño Alfonso, X. (2007). Po de estrelas. S. de Compostela:Consello da Cultura Galega. VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental 481