SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Bases reguladoras específicas do Certame Literario Carmela Loureiro
Base 1.- Liñas xerais
O Concello de Ferrol ten entre as súas prioridades a realización de actividades de dinamización
lingüística axustadas ó recollido no Plan de normalización linguística, aprobado no seu día polo
Concello Pleno, dirixidas especialmente ó sector da mocidade e o ensino, co obxectivo de
potenciar un maior uso do galego entre a mocidade, a través da creación de novos ámbitos de uso
do galego. Unha delas é o desenvolvemento dun certame literario co nome Certame Literario
Carmela Loureiro, en homenaxe a unha muller, profesora na comarca de Ferrolterra, que foi
presidenta durante anos da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
(CENL), cuxa traxectoria persoal e profesional foi un exemplo de labor anónimo e xeneroso de
moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade.
Base 2.- Réxime xurídico
O marco normativo destas bases estará constituído polas disposicións legais que se nomean a
continuación, así como polas súas normas de desenvolvemento e cantas outras normas legais ou
regulamentarias conteñan prescricións relativas ás subvencións ou sexan susceptibles de producir
efectos no devandito ámbito:
– Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e R.d. 2568/1986, de 28 de
novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime
xurídico das entidades locais.
– Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia.
– Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, xunto co R.d. 887/2006, de 21 de
xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
– Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas.
– Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
– Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol (BOP da Coruña nº 200, de data
21/10/2019).
– Bases de execución do orzamento municipal en vigor.
Base 3.- Obxecto
A través destas bases o Concello de Ferrol establece as normas específicas para regular a
participación no concurso do certame literario e o acceso ós premios do alumnado dos centros de
ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da
CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías
establecidas neste certame.
Páx. 1 de 6
Base 4.- Modalidades e requisitos
O certame presenta tres modalidades:
• Modalidade de microrrelatos
• Modalidade de micropoesía
• Modalidade de microteatro
4.1 – Modalidade de microrrelatos
Nesta modalidade establécense catro categorías:
• Categoría A : 5º e 6º de Educación primaria.
• Categoría B: 1º e 2º de ESO.
• Categoría C: 3º e 4º de ESO.
• Categoría D: Bachalerato e ciclos formativos.
Os/as participantes nesta modalidade deberán elaborar un texto narrativo que non poderá
exceder as 150 palabras e que terá que comezar polo texto que se indique na respectiva
convocatoria.
O microrrelato deberá presentarse cun título.
4.2 – Modalidade de micropoesía
Nesta modalidade establécense catro categorías:
• Categoría A : 5º e 6º de Educación Primaria.
• Categoría B: 1º e 2º de ESO.
• Categoría C: 3º e 4º de ESO.
• Categoría D: Bachalerato e ciclos formativos.
As persoas participantes deberán elaborar un texto poético que non poderá exceder de seis
versos.
4.3 – Modalidade de microteatro
Nesta modalidade establécese unha categoría:
• Categoría D: Bachalerato e ciclos formativos
As persoas participantes deberán elaborar un texto teatral que non poderá exceder as 600
palabras (incluídos os nomes das personaxes e as anotacións). O texto do microteatro deberá
presentarse cun título.
Nesta modalidade só poderá participar o alumnado de bachalerato e ciclos formativos.
Páx. 2 de 6
Base 5.- Desenvolvemento do concurso
Poderán participar neste concurso os alumnos e alumnas dos centros de ensino non universitario
do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que
estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste
certame.
Os alumnos e alumnas que desexen participar no concurso entregaranlle os seus traballos no seu
centro educativo ó profesorado encargado do certame e será o propio centro quen seleccione e
quen decida cales se presentarán no concurso.
Os traballos seleccionados en cada centro educativo deberán remitirse ó Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Ferrol, a través do Portal do Cidadán na Sede Electrónica do Concello
https://www.ferrol.gal/Sede ou ben presencialmente a través do Rexistro Xeral do Concello ou a
través das restantes oficinas ás que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
• No suposto de que os traballos seleccionados se presenten a través do rexistro electrónico:
Por cada traballo presentado adxuntaranse dous arquivos (un en formato PDF e outro
en formato editable) e neles NON poden figurar os datos das persoas autoras dos
textos.
Ademais, deberá adxuntarse un arquivo á parte cos datos das persoas autoras dos
textos presentados, no cal debe figurar unha relación cos seguintes datos:
- nome e apelidos do/a participante.
- indentificación do traballo (título ou primeiro verso).
- o curso no que está matriculado a persoa participante e o centro de ensino.
- o profesor ou profesora responsable da actividade no centro.
• No suposto de que os traballos seleccionados se presenten presencialmente a través do
Rexistro Xeral do Concello, farase en sobre pechado no cal debe constar o texto Certame
Literario Carmela Loureiro, así como o nome do centro educativo. Este sobre deberá conter
os traballos seleccionados nos cales NON poden figurar os datos das persoas autoras dos
textos.
Ademais, deberase presentar outro sobre pechado no cal debe constar tamén o texto
Certame Literario Carmela Loureiro, así como o nome do centro educativo, e que deberá
conter unha relación das persoas autoras dos textos presentados cos seguintes datos:
- nome e apelidos do/a participante.
- indentificación do traballo (título ou primeiro verso).
- o curso no que está matriculado a persoa participante e o centro de ensino.
- o profesor ou profesora responsable da actividade no centro.
Páx. 3 de 6
Cada centro poderá presentar UNICAMENTE dous textos por cada categoría en cada
modalidade. Aqueles centros que remitan máis textos seleccionados que os indicados nestas
bases quedarán excluídos da correspondente modalidade.
Base 6.- Prazo para a entrega dos traballos
30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no
BOP de conformidade co procedemento establecido no artigo 20.8 da Lei 38/2003, de 17 de
novembro, xeral de subvencións.
Non se admitirá ningún texto en ningunha das tres modalidades enviado fóra de prazo e, en xeral,
ningún texto que non cumpra as condicións recollidas nestas bases.
Base 7.- Xurado
O xurado encargado da valoración dos traballos presentados estará composto por:
Presidencia: a concelleira delegada da área de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e
Normalización Lingüística ou concelleiro/a no/na que delegue.
Vogais:
• Un/unha representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de
Ferrolterra (CENL).
• Dous alumnos ou alumnas dos centros participantes propostos pola CENL.
• Unha persoa destacada do mundo da literatura ou da lingua.
Secretario/a: Un/unha funcionario/a do Servizo de Normalización Lingüística.
O xurado ditaminará sobre o concurso de xeito inapelable e poderá declarar os premios desertos,
así como resolver cantas dúbidas xurdan. Así mesmo, se a calidade dos traballos o aconsella,
poderán concederse os accésits que o xurado estime conveniente.
Trala valoración dos traballos, o xurado formulará unha proposta de resolución de concesión dos
premios á concelleira delegada da área de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e
Normalización Lingüística, que é o órgano competente para a súa concesión.
A resolución de concesión coa relación das persoas premiadas nas distintas modalidades e
categorías publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ferrol na web
www.ferrol.gal , así como na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Base 8.- Valoración dos traballos
Os traballos presentados serán valorados polo xurado en base ós seguintes criterios: a
orixinalidade, o correcto uso da lingua nos textos, a redacción e a riqueza léxica.
Páx. 4 de 6
Base 9.- Premios
Outorgaranse os seguintes premios:
- Unha tablet para cada persoa premiada por cada categoría en cada unha das tres modalidades.
- Un eBook ou libro electrónico por cada accésit concedido nos supostos de que o xurado o
estimase conveniente.
Os gastos derivados destes premios imputaranse con cargo ó presuposto municipal na aplicación
01103-9205-48000.
Os traballos premiados quedarán en posesión do Concello de Ferrol que poderá utilizalos en
calquera momento cando sexa necesario.
O Concello de Ferrol editará en papel e en formato dixital os traballos premiados e todos ou parte
dos traballos presentados.
Base 10.- Compatibilidade dos premios e o acto de entrega
Os presentes premios son compatibles con calquera outro premio que puidesen recibir as persoas
premiadas en concursos distintos a este.
As persoas premiadas recollerán os seus premios nunha cerimonia de entrega e poderán ser
obxecto de reportaxes fotográficas que se fagan do evento.
Base 11.- Protección de datos
Os datos de carácter persoal dos alumnos e alumnas participantes no concurso quedarán
incorporados a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade de facilitar a xestión no
desenvolvemento do concurso, en cumprimento do disposto na Lei orgánica 3/2018, de 5 de
decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Poderanse exercer os
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na Lei mediante un escrito
dirixido ó Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402.
Base 12.- Recursos e impugnacións
As presentes bases e cantos actos administrativos se deriven das mesmas poderán ser impugnados
polos interesados nos termos establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das Administracións Públicas.
Disposición final
A participación no concurso supón a aceptación íntegra do contido destas bases reguladoras.
Será de aplicación, en todo aquelo que non se regulase nestas bases, a Ordenanza xeral de
subvencións do Concello de Ferrol (BOP nº 200, de data 21/10/2019) e, no seu defecto, a Lei
38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, de 18 de novembro de 2003), a
Páx. 5 de 6
Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, de 25 de xuño de 2007), o Real
decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións
(BOE nº 176, de 25 de xullo de 2006) e demáis normativa concordante e de pertinente aplicación.
En Ferrol, asinado electronicamente na data que figura na parte inferior pola concelleira delegada
da Área de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e Normalización Lingüística.
Páx. 6 de 6

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"cenlf
 
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROBases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
2018.03.10 rosalía sempre viva
2018.03.10 rosalía sempre viva2018.03.10 rosalía sempre viva
2018.03.10 rosalía sempre vivasatelite1
 
Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses
Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradensesBases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses
Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradensesIes Numeroun
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionsatelite1
 
Bases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vidaBases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vidasatelite1
 
Orientación académica alumando 4º ESO
Orientación académica alumando 4º ESOOrientación académica alumando 4º ESO
Orientación académica alumando 4º ESObegootero
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concursosatelite1
 
Palabras e imaxes
Palabras e imaxesPalabras e imaxes
Palabras e imaxesPlastilina3
 
Premio nortear final gal 2015 6 9x
Premio nortear final gal 2015 6 9xPremio nortear final gal 2015 6 9x
Premio nortear final gal 2015 6 9xsatelite1
 
Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"
Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"
Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"cenlf
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016satelite1
 
Bases do XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"
Bases do  XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"Bases do  XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"
Bases do XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"cenlf
 
Bases poesía e imaxe
Bases poesía e imaxeBases poesía e imaxe
Bases poesía e imaxecenlf
 
Basescertame
BasescertameBasescertame
Basescertamesatelite1
 
Doazón tríptico
Doazón trípticoDoazón tríptico
Doazón trípticosatelite1
 

Was ist angesagt? (17)

Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
 
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROBases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
2018.03.10 rosalía sempre viva
2018.03.10 rosalía sempre viva2018.03.10 rosalía sempre viva
2018.03.10 rosalía sempre viva
 
Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses
Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradensesBases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses
Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
 
Bases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vidaBases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vida
 
Bases
BasesBases
Bases
 
Orientación académica alumando 4º ESO
Orientación académica alumando 4º ESOOrientación académica alumando 4º ESO
Orientación académica alumando 4º ESO
 
Af cartaz concurso
Af cartaz concursoAf cartaz concurso
Af cartaz concurso
 
Palabras e imaxes
Palabras e imaxesPalabras e imaxes
Palabras e imaxes
 
Premio nortear final gal 2015 6 9x
Premio nortear final gal 2015 6 9xPremio nortear final gal 2015 6 9x
Premio nortear final gal 2015 6 9x
 
Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"
Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"
Acta xurado II Certame "Carmela Loureiro"
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
 
Bases do XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"
Bases do  XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"Bases do  XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"
Bases do XIII Certame de creación artística "Poesía e Imaxe"
 
Bases poesía e imaxe
Bases poesía e imaxeBases poesía e imaxe
Bases poesía e imaxe
 
Basescertame
BasescertameBasescertame
Basescertame
 
Doazón tríptico
Doazón trípticoDoazón tríptico
Doazón tríptico
 

Ähnlich wie Bases certame literario Carmela Loureiro

bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdfcenlf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-cenlf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xovesatelite1
 
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revConvocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revsatelite1
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012satelite1
 
Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09cenlf
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfcenlf
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020satelite1
 
Bases do xiii certame de creación a
Bases do  xiii certame de creación aBases do  xiii certame de creación a
Bases do xiii certame de creación acenlf
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10Felipe
 
Proceso inicio cambio do nome do centro
Proceso inicio cambio do nome do centroProceso inicio cambio do nome do centro
Proceso inicio cambio do nome do centroYolanda Castro
 
Proceso cambio nome do centro
Proceso cambio nome do centroProceso cambio nome do centro
Proceso cambio nome do centroanpadeares
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.esoMarta Diz
 
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010satelite1
 

Ähnlich wie Bases certame literario Carmela Loureiro (20)

bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-Certame carmela cartel-
Certame carmela cartel-
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xove
 
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013revConvocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
Convocatoria concurso centros_publicos_letras_galegas_2013rev
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
 
Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09Bases Lingua De Amor 09
Bases Lingua De Amor 09
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020
 
Bases do xiii certame de creación a
Bases do  xiii certame de creación aBases do  xiii certame de creación a
Bases do xiii certame de creación a
 
Udc contrato adscrito prx inv, educ, oct14
Udc contrato adscrito prx inv, educ, oct14Udc contrato adscrito prx inv, educ, oct14
Udc contrato adscrito prx inv, educ, oct14
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10N ¦ 1 concurso letras-10
N ¦ 1 concurso letras-10
 
Bases cl 14
Bases cl 14Bases cl 14
Bases cl 14
 
Anuncio dog
Anuncio dogAnuncio dog
Anuncio dog
 
Proceso inicio cambio do nome do centro
Proceso inicio cambio do nome do centroProceso inicio cambio do nome do centro
Proceso inicio cambio do nome do centro
 
Proceso cambio nome do centro
Proceso cambio nome do centroProceso cambio nome do centro
Proceso cambio nome do centro
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.eso
 
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
 

Mehr von cenlf

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartazcenlf
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfcenlf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfcenlf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfcenlf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASEScenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022cenlf
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemascenlf
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERALCONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERALcenlf
 
Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018cenlf
 
Poemas2018
Poemas2018Poemas2018
Poemas2018cenlf
 
Bases2018
Bases2018Bases2018
Bases2018cenlf
 
Teatro con-g-2017
Teatro con-g-2017Teatro con-g-2017
Teatro con-g-2017cenlf
 
Premios poesía 2017
Premios poesía 2017Premios poesía 2017
Premios poesía 2017cenlf
 
Projeto teatro táboa calendario
Projeto teatro táboa calendarioProjeto teatro táboa calendario
Projeto teatro táboa calendariocenlf
 
Amocidade 2017 cartel
Amocidade 2017   cartelAmocidade 2017   cartel
Amocidade 2017 cartelcenlf
 

Mehr von cenlf (20)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERALCONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
 
Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018Bases e poemas 2018
Bases e poemas 2018
 
Poemas2018
Poemas2018Poemas2018
Poemas2018
 
Bases2018
Bases2018Bases2018
Bases2018
 
Teatro con-g-2017
Teatro con-g-2017Teatro con-g-2017
Teatro con-g-2017
 
Premios poesía 2017
Premios poesía 2017Premios poesía 2017
Premios poesía 2017
 
Projeto teatro táboa calendario
Projeto teatro táboa calendarioProjeto teatro táboa calendario
Projeto teatro táboa calendario
 
Amocidade 2017 cartel
Amocidade 2017   cartelAmocidade 2017   cartel
Amocidade 2017 cartel
 

Bases certame literario Carmela Loureiro

  • 1. Bases reguladoras específicas do Certame Literario Carmela Loureiro Base 1.- Liñas xerais O Concello de Ferrol ten entre as súas prioridades a realización de actividades de dinamización lingüística axustadas ó recollido no Plan de normalización linguística, aprobado no seu día polo Concello Pleno, dirixidas especialmente ó sector da mocidade e o ensino, co obxectivo de potenciar un maior uso do galego entre a mocidade, a través da creación de novos ámbitos de uso do galego. Unha delas é o desenvolvemento dun certame literario co nome Certame Literario Carmela Loureiro, en homenaxe a unha muller, profesora na comarca de Ferrolterra, que foi presidenta durante anos da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL), cuxa traxectoria persoal e profesional foi un exemplo de labor anónimo e xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade. Base 2.- Réxime xurídico O marco normativo destas bases estará constituído polas disposicións legais que se nomean a continuación, así como polas súas normas de desenvolvemento e cantas outras normas legais ou regulamentarias conteñan prescricións relativas ás subvencións ou sexan susceptibles de producir efectos no devandito ámbito: – Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. – Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia. – Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, xunto co R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento. – Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. – Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. – Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público. – Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol (BOP da Coruña nº 200, de data 21/10/2019). – Bases de execución do orzamento municipal en vigor. Base 3.- Obxecto A través destas bases o Concello de Ferrol establece as normas específicas para regular a participación no concurso do certame literario e o acceso ós premios do alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste certame. Páx. 1 de 6
  • 2. Base 4.- Modalidades e requisitos O certame presenta tres modalidades: • Modalidade de microrrelatos • Modalidade de micropoesía • Modalidade de microteatro 4.1 – Modalidade de microrrelatos Nesta modalidade establécense catro categorías: • Categoría A : 5º e 6º de Educación primaria. • Categoría B: 1º e 2º de ESO. • Categoría C: 3º e 4º de ESO. • Categoría D: Bachalerato e ciclos formativos. Os/as participantes nesta modalidade deberán elaborar un texto narrativo que non poderá exceder as 150 palabras e que terá que comezar polo texto que se indique na respectiva convocatoria. O microrrelato deberá presentarse cun título. 4.2 – Modalidade de micropoesía Nesta modalidade establécense catro categorías: • Categoría A : 5º e 6º de Educación Primaria. • Categoría B: 1º e 2º de ESO. • Categoría C: 3º e 4º de ESO. • Categoría D: Bachalerato e ciclos formativos. As persoas participantes deberán elaborar un texto poético que non poderá exceder de seis versos. 4.3 – Modalidade de microteatro Nesta modalidade establécese unha categoría: • Categoría D: Bachalerato e ciclos formativos As persoas participantes deberán elaborar un texto teatral que non poderá exceder as 600 palabras (incluídos os nomes das personaxes e as anotacións). O texto do microteatro deberá presentarse cun título. Nesta modalidade só poderá participar o alumnado de bachalerato e ciclos formativos. Páx. 2 de 6
  • 3. Base 5.- Desenvolvemento do concurso Poderán participar neste concurso os alumnos e alumnas dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste certame. Os alumnos e alumnas que desexen participar no concurso entregaranlle os seus traballos no seu centro educativo ó profesorado encargado do certame e será o propio centro quen seleccione e quen decida cales se presentarán no concurso. Os traballos seleccionados en cada centro educativo deberán remitirse ó Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, a través do Portal do Cidadán na Sede Electrónica do Concello https://www.ferrol.gal/Sede ou ben presencialmente a través do Rexistro Xeral do Concello ou a través das restantes oficinas ás que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. • No suposto de que os traballos seleccionados se presenten a través do rexistro electrónico: Por cada traballo presentado adxuntaranse dous arquivos (un en formato PDF e outro en formato editable) e neles NON poden figurar os datos das persoas autoras dos textos. Ademais, deberá adxuntarse un arquivo á parte cos datos das persoas autoras dos textos presentados, no cal debe figurar unha relación cos seguintes datos: - nome e apelidos do/a participante. - indentificación do traballo (título ou primeiro verso). - o curso no que está matriculado a persoa participante e o centro de ensino. - o profesor ou profesora responsable da actividade no centro. • No suposto de que os traballos seleccionados se presenten presencialmente a través do Rexistro Xeral do Concello, farase en sobre pechado no cal debe constar o texto Certame Literario Carmela Loureiro, así como o nome do centro educativo. Este sobre deberá conter os traballos seleccionados nos cales NON poden figurar os datos das persoas autoras dos textos. Ademais, deberase presentar outro sobre pechado no cal debe constar tamén o texto Certame Literario Carmela Loureiro, así como o nome do centro educativo, e que deberá conter unha relación das persoas autoras dos textos presentados cos seguintes datos: - nome e apelidos do/a participante. - indentificación do traballo (título ou primeiro verso). - o curso no que está matriculado a persoa participante e o centro de ensino. - o profesor ou profesora responsable da actividade no centro. Páx. 3 de 6
  • 4. Cada centro poderá presentar UNICAMENTE dous textos por cada categoría en cada modalidade. Aqueles centros que remitan máis textos seleccionados que os indicados nestas bases quedarán excluídos da correspondente modalidade. Base 6.- Prazo para a entrega dos traballos 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de conformidade co procedemento establecido no artigo 20.8 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Non se admitirá ningún texto en ningunha das tres modalidades enviado fóra de prazo e, en xeral, ningún texto que non cumpra as condicións recollidas nestas bases. Base 7.- Xurado O xurado encargado da valoración dos traballos presentados estará composto por: Presidencia: a concelleira delegada da área de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e Normalización Lingüística ou concelleiro/a no/na que delegue. Vogais: • Un/unha representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). • Dous alumnos ou alumnas dos centros participantes propostos pola CENL. • Unha persoa destacada do mundo da literatura ou da lingua. Secretario/a: Un/unha funcionario/a do Servizo de Normalización Lingüística. O xurado ditaminará sobre o concurso de xeito inapelable e poderá declarar os premios desertos, así como resolver cantas dúbidas xurdan. Así mesmo, se a calidade dos traballos o aconsella, poderán concederse os accésits que o xurado estime conveniente. Trala valoración dos traballos, o xurado formulará unha proposta de resolución de concesión dos premios á concelleira delegada da área de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e Normalización Lingüística, que é o órgano competente para a súa concesión. A resolución de concesión coa relación das persoas premiadas nas distintas modalidades e categorías publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ferrol na web www.ferrol.gal , así como na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Base 8.- Valoración dos traballos Os traballos presentados serán valorados polo xurado en base ós seguintes criterios: a orixinalidade, o correcto uso da lingua nos textos, a redacción e a riqueza léxica. Páx. 4 de 6
  • 5. Base 9.- Premios Outorgaranse os seguintes premios: - Unha tablet para cada persoa premiada por cada categoría en cada unha das tres modalidades. - Un eBook ou libro electrónico por cada accésit concedido nos supostos de que o xurado o estimase conveniente. Os gastos derivados destes premios imputaranse con cargo ó presuposto municipal na aplicación 01103-9205-48000. Os traballos premiados quedarán en posesión do Concello de Ferrol que poderá utilizalos en calquera momento cando sexa necesario. O Concello de Ferrol editará en papel e en formato dixital os traballos premiados e todos ou parte dos traballos presentados. Base 10.- Compatibilidade dos premios e o acto de entrega Os presentes premios son compatibles con calquera outro premio que puidesen recibir as persoas premiadas en concursos distintos a este. As persoas premiadas recollerán os seus premios nunha cerimonia de entrega e poderán ser obxecto de reportaxes fotográficas que se fagan do evento. Base 11.- Protección de datos Os datos de carácter persoal dos alumnos e alumnas participantes no concurso quedarán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade de facilitar a xestión no desenvolvemento do concurso, en cumprimento do disposto na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na Lei mediante un escrito dirixido ó Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402. Base 12.- Recursos e impugnacións As presentes bases e cantos actos administrativos se deriven das mesmas poderán ser impugnados polos interesados nos termos establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Disposición final A participación no concurso supón a aceptación íntegra do contido destas bases reguladoras. Será de aplicación, en todo aquelo que non se regulase nestas bases, a Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol (BOP nº 200, de data 21/10/2019) e, no seu defecto, a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, de 18 de novembro de 2003), a Páx. 5 de 6
  • 6. Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, de 25 de xuño de 2007), o Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións (BOE nº 176, de 25 de xullo de 2006) e demáis normativa concordante e de pertinente aplicación. En Ferrol, asinado electronicamente na data que figura na parte inferior pola concelleira delegada da Área de Muller, Igualdade, Xuventude, Minorías Étnicas e Normalización Lingüística. Páx. 6 de 6