Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Entrevista a María Solar

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 4 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Diashows für Sie (20)

Anzeige

Ähnlich wie Entrevista a María Solar (20)

Weitere von Biblioteca Escolar Leirado (17)

Anzeige

Aktuellste (20)

Entrevista a María Solar

  1. 1. CEIP DE LEIRADO CLUB DE LECTURA Pacho e amig@s
  2. 2. Ola, bo día, rematamos de ler “O meu pesadelo favorito” e temos algunas preguntas sobre o libro e algunhas preguntas sobre María Solar escritora. Que hai que facer para ter tanta imaxinación, como a que se ve neste libro? Pois para ter moita imaxinación é fundamental ser sempre un pouco nenos, incluso de maiores. Cal foi a inspiración para esta historia? Eu tiña moi claro que quería facer unha historia na que reinara a imaxinación e que tivera dous planos. Por unha banda a realidade que é a historia de Manuel, pero que en si é unha realidade que parece moi absurda porque ten cans verdes, ou aténdeo un veterinario, incluso naceu unha semana despois que o seu xemelgo. E por outra banda, a parte dos soños, que aí xa me permitía voar a imaxinación de todo, porque son soños. Pero se vos fixades, esa realidade absurda e diferente na que vive Manuel tráelle problemas porque ás veces a xente en vez de velo como “diferente” (que o é) fano sentir “raro”, e iso xa é malo. Por iso quixen xogar cos lectores e demostrarlles que ás veces cando te achegas a alguén que consideras “raro”, resulta que non é tal. ¿Sabiades que os cans verdes existen? En Valladolid naceron dous en 2014 por tragar biliverdina. E en Boston (EUA), tamén en 2014, naceron dous xemelgos cun mes de diferencia...para que vexades que lle pode pasar a calquera... Que quere decirnos o título? O título simplemente nos situa en que o libro se produce no mundo dos soños. Nun soño que neste caso parace un pesadelo, pero remata por ser estupendo.
  3. 3. Entendemos algunhas mensaxes como o respecto ás diferenzas, ou desconfiar dos descoñecidos. Que mensaxe hai nese ir e vir de soño en soño? Hai moitisimas mensaxes en cada un dos soños, e en todo o conxunto. As dúas que apuntabades, ou a explotación infantil, que as cousas se poden mudar se un quere, que os bicos importantes, ou que non quedes cos primeira impresión que che dan as cousas... Gustounos o episodio do almacén de bicos, pero non esperabamos ao final descubrir ese dato triste (emocionounos), por que non un final de todo feliz? Por que a min gústame retratar a vida como é, e a vida non sempre é feliz, aínda que somos nós quen decidimos como a vivimos. Cando nos pasan cousas malas podemos decidir poñernos tristes e afundirnos, ou podemos loitar por sair da tristura e ser felices aínda pese ao que nos pase. Atopei xa en varios coles a nenos e nenas aos que lles falecera seu pai ou sua nai, como a Alicia e a Manuel, e gustoulles ver nun libro unha situación que eles xa viviran, para que todos a entenderan. Ten algún significado o nome do robot? Ningún, soaba ben, era simpático e moi sonoro: ZZC5. En Andalucía, que sesean moito, chámase distinto: Setasetasesinco. Pareceume moi divertido. Queremos darche a noraboa polo Premio Lazarillo. Como te sentiches ao recibilo? Sentinme moi feliz e honrada. É o premio máis antigo da literatura infantil en España e levárono moitos escritores e escritoras que admiro.
  4. 4. Hai unha anécdota sobre isto no libro. Creei o personaxe de Arsenio Matute, o vendedor de olores de recordos e recordos de olores, o dia que tiven que contar na radio (sabedes que son xornalista na TVG e na Radio Galega), a morte da gran escritora Ana María Matute. Púxenllo en homenaxe a ela, e despois, cando gañei o Lazarillo, entereime de que xusto este ano fanse 50 desde que Ana María Matute gañou tamén o mesmo premio. Pareceume precioso que cadrara así. Como e cando empezaches a escribir? Máis ou menos no instituto. Empecei presentándome a concursos que organizaba o meu instituto. Facédeo tamén, se hai concursos no voso cole!! Como se consigue ser ao mesmo tempo xornalista e escritora? Veredes, para min é o complemento perfecto, porque na tele conto historias reais e nos libro invéntoas. O máis dificil é buscar tempo para escribir co traballo e a familia. Moitas grazas pola túa atención e por concedernos esta entrevista. Ata sempre.

×