Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
bioloxia.pdf
1. Profesora: Gloria
O alumnado de 4º, dende a optativa de Cultura Científica (fotos adxuntas), adicou 2 sesións para
filtrar información e elaborar unha presentación sobre os seguintes aspectos:
- causas dos incendios forestais
- Os lumes en cifras
- Eucaliptos e outras especies pirófitas
- Prevención dos lumes
- Recuperación das zonas queimadas
O alumnado de 1º da ESO, dende a hora de libre disposición da materia de Bioloxía e Xeoloxía,
realizou en 2-3 sesións paneis informativos para distribuír polo centro, coa información filtrada polo
alumnado de 4º. Este pequeno proxecto realizouse de xeito interdisciplinar, xa que traballamos en
colaboración con matemáticas (Iria Brandariz), posto que integraron nestes paneis a información
traballada na materia en relación coas figuras xeométricas e, tamén, con plástica, xa que Sonia Sueiro
lles axudou a traballar a información e a ilustración dos paneis. Os grupos participantes foron 1ºA e
1ºB, xa que son aqueles que compartimos as profesoras que levamos a cabo dita tarefa.