SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 14
Downloaden Sie, um offline zu lesen
04. Viaxe en tren




De termos que escoller un medio de locomoción para Curros estariamos obrigadas a dicir
o tren.


           E para vós, cal diriades? ______________________________
           Se escribirades un poema para o voso medio de locomoción e o primeiro
             verso das estrofas comezaran do seguinte xeito como os seguirías. Se o
             considerades podedes cambiar a disposición formal dos versos.


                      Velaí vén, velaí vén avantando
                       ____________________________
                      ____________________________
                      ____________________________


                      Por onde ela/el pasa
                       ____________________________
                      ____________________________
                      ____________________________
                      Velaí vén, velaí vén, tan oupada/oupado,
                       ____________________________
                      ____________________________
                      ____________________________


                      Tras dela/del non veñen
                       ____________________________
                      ____________________________
                      ____________________________




Velaquí como canta Curros a chegada a Ourense da primeira locomotora
NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA

                      I

         Velaí vén, velaí vén avantando
     cómaros e corgas, e vales, e cerros.
     ¡Vinde vela, mociños e mozas!
     ¡Saludaina, rapaces e vellos!

            Por onde ela pasa
     fecunda os terreos,
     espértanse os homes,
     frolecen os eidos.

        Velaí vén, velaí vén, tan oupada,
     tan milagrosiña, con paso tan meigo,
     que parece unha Nosa Señora,
     unha Nosa Señora de ferro.

             Tras dela non veñen
     abades nin cregos;
     mais vén a fartura
     ¡i a luz i o progreso!

                II

    Catedral, demagogo de pedra,
  dun pobo fanático erguida no medio,
  repinica esas chocas campanas
  en sinal de alegría e contento.

            Asocia esas voces
     ó son dos pandeiros,
     ¡ás santas surrisas
     de terras e ceos!

    E tí, río dos grandes destinos,
  que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
  requeimáda-las fauces de sede
  vén o monstro a beber no teu seo.

            Bon samaritano,
     dálle auga ó sedento;
     que a máquena é o Cristo
     dos tempos modernos.

                     [numerar os versos]
ACTIVIDADE 1
1. Despois de escoitar o poema “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” que
recita o voso profesor ou a vosa profesora:


[Se non entendedes algunha palabra comentádea coa vosa parella, se aínda non sodes
quen de saber o significado buscádea no dicionario ou preguntádelle ao profesor.
Lembrade cubrir a ficha léxica.]


    A quen pensades que lle dedica Curros este poema?
___________________________________________________________
    Que pensa o poeta que traerá a chegada do tren a Ourense/Galiza?
___________________________________________________________
    No poema aparecen simbolizados o progreso e o atraso. En que elementos
      podedes localizar isto?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
    Escribide todos os elementos do campo semántico da relixión que haxa no poema:
___________________________________________________________
___________________________________________________________


Nivel analóxico
    Hoxe en día, que medios de locomoción representan para vós o progreso?, e o
      atraso?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
    E na sociedade actual, que elementos simbolizan para vós o atraso na sociedade
      actual?
___________________________________________________________
___________________________________________________________




2. Agora tócavos a vós. Lede ao resto dos compañeiros o voso poema. Comentade de
xeito oral os poemas:
    Cal é o medio de locomoción ao que lle dedicades a vosa composición?
    Con que actividades da vosa realidade relacionades o voso medio de locomoción?
 Predomina algún campo semántico? Que relación estabeleces entre o campo
      semántico e o que queredes transmitir?




INVESTIGAMOS SOBRE O TREN NA ACTUALIDADE


1. Trasladádevos á aula de informática. Buscade na hemeroteca de diferentes xornais
noticias sobre a chegada do tren de alta velocidade (AVE) a Galiza.
    Lembrade que podedes usar os nosos marcadores dixitais
          o http://del.icio.us/manuelcurrosenriquez/prensa




2. Despois de ler as noticias elaborade nun documento de texto un esquema no que
recollades as seguintes ideas.


      -O AVE na Península Ibérica (inicios e desenvolvemento)
      -A chegada do AVE a Galiza (datas, presupostos, comparación coa chegada a
outros lugares da Península etc.).
      -Aspectos negativos do tren de alta velocidade (estrutura concibida desde o
centralismo, impacto medioambiental, futuro das liñas de proximidade do país e outros).
      -Aspectos positivos (conexión con outros lugares da Península e outros)


Usade as opcións de formato e ferramentas do voso procesador. Indicade ao comezo do
documento o voso nome e apelidos, a clase e o grupo ao que pertencedes.


Elaborade no encerado da aula de informática, entre todo o grupo, un mapa conceptual
con todas as ideas que saen dos vosos esquemas.
Gardade unha copia na carpeta do voso escritorio, imprimídeo e entregádella unha copia
ao voso profesor ou á vosa profesora.




PROXECTO DE ESCRITURA: escribimos unha carta ao director.
Os textos de opinión escritos polos lectores e pólas lectoras reciben o nome de “Cartas ao
        director”. Neste espazo os lectores e as lectoras (individual ou colectivamente)
        denuncian, comentan, aclaran ou rectifican, defenden e acusan cuestións ou
        temas da vida diaria ou de actualidade. Malia iren dirixidas ao director as persoas
        destinatarias finais do texto son os lectores e as lectoras do xornal.

Canto ao seu contido, á hora de planificar a carta debemos ter en conta: o tema, a
       finalidade que perseguimos coa súa publicación.

Aínda que as formas que podemos atopar son variadas deben responder a unha estrutura
       clara onde as secuencias que usemos sexan argumentativas:

   Organización:                               Contido:
Encabezamento          Saúdo
Introdución            Presentación de quen escribe a carta, de xeito
                       individual ou colectivo.
Corpo da carta         Presentación breve e tema.
                       Contextualización para que os lectores e as lectoras
                       comprendan os feitos.
Conclusión             Argumentos:
                        -Feitos: datos, testemuños, exemplos doutros feitos
                       similares etc.
                        -Opinións: individuais ou colectivas, citas de
                       autoridades etc.
Despedida              Conclusión: pechamento do texto coa idea forza (tese)
                       Expresións de educación e cordialidade pola atención:
                       atentamente, grazas pola... e outras similares

Sinatura e             Nome e apelidos de quen escribe ou nome completo do
identificación         colectivo
                       Datos de identificación (non se publican mais
                       necesarios para a publicación da carta)

Moitas veces os xornais suprimen o saúdo e a presentación do colectivo por cuestións de
espazo.


Canto á forma, as cartas non deben superar as 300 palabras e deben estar redactadas en
texto mecanografado. Os xornais resérvanse o dereito de publicalas e resumilas se for
preciso.


ACTIVIDADE 1
Por parellas, lede as cartas que vos achegou a vosa profesora ou o voso profesor e
poñede en común os diferentes aspectos que recoñecedes nela:
    Finalidade ou intención da carta.
    Tema.
    Argumentos.




ACTIVIDADE 2
Elaborade un borrador da vosa carta sobre na que mostredes a vosa opinión sobre “os
beneficios e prexuízos da chegada do AVE a Galiza comparándoos coa chegada do tren
no século XIX”. Se o considerades preciso botade man do esquema que elaborastes na
aula de informática. Para elaborar a carta podedes xuntarvos con aqueles compañeiros e
aquelas compañeiras que observaches destacaban feitos moi parecidos aos teus cando
elaboramos o esquema na aula de informática.
Lembrádevos de revisar o texto en todos os seus aspectos: cuestións ortográficas,
formais e de redacción.


ACTIVIDADE 3
Copiade a carta nun procesador de textos e volvede revisala. Enviade ao longo destes
días as vosas cartas aos diferentes xornais que consultastes. Comezádeas enviando a
aquelas que pensades poden ter máis interese na súa publicación polo tipo de liña
editorial que manteñen.
Se non entendedes algunha palabra comentádea coa vosa parella, se aínda non sodes
quen de saber o significado buscádea no dicionario ou preguntádelle ao profesor.
Lembrade cubrir a ficha léxica.




COLLEMOS OUTRO TREN


A chegada da locomotora a Ourense falábanos da locomotora como o Cristo dos tempos
modernos, e no poema d’O maio dicía que quería un maio sen cregos.


A relixión e o tren mestúranse na súa grande obra en galego, O divino sainete.

Curros, nunha fría noite de Nadal en Madrid, atopa a Santa Compaña e ao escritor F.
Añón, que forma parte da mesma. Comezan unha peregrinación a Roma en tren; Añón
vai guiar a Curros a cada un dos sete vagóns, que representan os sete pecados capitais:
preguiza, envexa, ira, gula, soberbia, luxuria e avaricia. Ao chegaren a Roma vense co
Papa, León XIII, ao que convencen para que deixe o seu cargo e as riquezas da Igrexa e
volva á caridade cristiá.


“Introdución” d’O divino sainete
Velaquí un fragmento da “Introdución”:

 Xa miña nai m'o dicía:
quot;¿Onde has de ir, boi que non aras,
senon á cortaduría?

 Tanto saber traite cego;
mais, ou morres condanado
ou tes que volver ó rego.

   Olla que o tempiño foxe,
i é ben pra mañán non gardes
o que poidas facer hoxe.

  Que a morte non nos avisa,
e se ha levarnos cubertos,
que non nos colla en camisa.”

  ¡Tiña de ser! ¡Diol-o quixo!
¡El, que criou dun arroto
tódalas cousas, sin lixo!

  Nunca outra tal se ha de vere:
¡Curros camiño de Roma
entoando o Miserere!

 ¿Pero hei ser sempre un brasfemo,
un xudío, un relaxado
de Dios azoute? ¡Ora o Demo!...

 ¿Quen, necesitado delas,
non merca saúde e groria
por unhas cantas cadelas?

         ***

  Todo vai caro na vida.
A groria é que anda barata
como a sardiña manida.

 Certa literata fea
mercouna dando a Aristarco
un bico tras dunha cea.

  A un usureiro con sorte
custoulle... perdoar inxurias...
nas boquëadas da morte.

  ¡I é que neste tempo infame
a Crítica anda saída
i os Santos morren de fame!

   O inferno a min non me atrapa:
cómpreme unha pouca groria
e voulla comprar ó Papa.

  É un viaxe de recreo.
¿Quen folga de vir comigo
de Leon XIII ó xubileo?

  Connosco irán moitas xentes:
abades, monxas, beatas...
¡Xuro a Dios que hemos de ir quentes!

 ¡Que rosario, compañeiros,
de contas de amancebadas
con deces de putañeiros!”




Seguro que durante a lectura aparecen nomes de persoas que non recoñecedes. Por
exemplo, aparece Aristarco xa que o papa León XIII aparece presentado no resumo inicial
da obra. Averiguade de quen se trata
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


E as palabras, sabías do significado de todas
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


Nivel lingüístico


O texto anterior contén algunhas frases feitas propias da nosa lingua: “boi que non aras”,
“volver ó rego”, “pra mañán non gardes o que poidas facer hoxe”, “que non nos colla en
camisa”, “nunca outra tal se ha de vere”. Que significan estas expresións? Comentade
entre todas as persoas da clase o significado deestas frases. Seguro que entre todos
sodes quen de explicar o seu significado e poñer exemplos de situacións nas que as
escoitastes. Se for preciso botade man dun dicionario de frases feitas ou da axuda do
profesor ou da profesora.
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


Demostrade que coñecedes o que significan empregándoas en varias oracións.
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


A nosa tradición popular ten moitos refráns dedicados á relixión. Ímosvos poñer algúns e
intentade enlazar o comezo coa segunda parte que lles corresponde.


Na casa do abade                        non esperes pola compañeira
Dá Deus mocos                           e Deus as de todos
Cada un sabe as súas                    comede e levade e mal del falade
Onde canta un crego                     a quen non se sona
Para a misa e para a feira              nunca falta un duro

Investigade na vosa casa sobre máis ditos de refráns sobre cregos, relixión...
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________
_______________________________________________________________


Comentade entre todas as persoas da clase: cal pode ser o motivo de que sexa tan rica a
fraseoloxía neste ámbito?
Interpretamos o texto segundo a crítica


Curros foi cualificado pola crítica de “anticlerical”.
    Sabes cal é o significado deste adxectivo? Se tes dúbida pensa por separado no
       prefixo e na raíz pola que está composto. Define esta palabra.
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________


    Confronta a túa definición coa que aparece no dicionario.
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________


    Que trazos anticlericais aparecen neste fragmento?
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________


Cantos d’O divino sainete


Revisade o resumo do argumento d’O divino sainete. Dividide a clase en sete grupos. O
profesor ou a profesora vaivos entregar unha tarxeta cun pecado capital.
    Aventurade unha definición para ese pecado.
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________


    Agora buscade nun dicionario todos os significados para ese pecado.
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________
_____________________________________________________________




     Escribide un alfabeto de palabras asociadas ao voso pecado. Escribide unha
       palabra por cada letra, no caso de non atopardes algunha por esa letra escribide
       unha palabra que a conteña.




                    ALFABETO DO PECADO __________________


A                                               M


B                                               N
                                                Ñ
C
                                                O
D
                                                P
E
                                                Q
F
                                                R
G
                                                S
H
                                                T
I
                                                U
L
                                                V
Z
X
 Agora, o profesor ou a profesora entregaravos a cada grupo un folio
   cunha estrofa de tres versos do canto onde aparece o voso pecado. De
   xeito individual, e sen que ningún membro do grupo vexa o que
   escribides, continuaredes a tríade de versos. Cada vez que un
   compañeiro ou unha compañeira escriba a súa tríade debe dobrar o folio
   e pasarlle o texto á seguinte persoa do grupo (de xeito que, cando vos
   toque de escribir a vosa tríade só podedes ver o texto da persoa
   anterior). En cada verso debedes incluír unha das palabras que
   aparecen no voso alfabeto colectivo. Rematamos cando todas as
   persoas do grupo escribiron a súa tríade.


 Unha vez rematen todos os grupos realizamos unha lectura dramatizada
   do texto.

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Práctica 4. portafolio de presentación
Práctica 4. portafolio de presentaciónPráctica 4. portafolio de presentación
Práctica 4. portafolio de presentación
Ignacio Monclús López
 
Educar con tecnologia nmenap
Educar con tecnologia nmenapEducar con tecnologia nmenap
Educar con tecnologia nmenap
Nmenap
 
Lo clásico cerca de aquí
Lo clásico cerca de aquíLo clásico cerca de aquí
Lo clásico cerca de aquí
Dseiz
 
PresentacióN Abecedario
PresentacióN AbecedarioPresentacióN Abecedario
PresentacióN Abecedario
suchomj
 
Escuelas amigas Virolai
Escuelas amigas  VirolaiEscuelas amigas  Virolai
Escuelas amigas Virolai
Jordi Puig
 
GestióN Del Conocimiento
GestióN Del ConocimientoGestióN Del Conocimiento
GestióN Del Conocimiento
Luis Quispe
 

Andere mochten auch (20)

Fiesta despedida egresados 2006
Fiesta despedida egresados 2006Fiesta despedida egresados 2006
Fiesta despedida egresados 2006
 
Diluvio de greguerías
Diluvio de gregueríasDiluvio de greguerías
Diluvio de greguerías
 
Ciencia 24
Ciencia 24Ciencia 24
Ciencia 24
 
energía libre
energía libreenergía libre
energía libre
 
Crear y mantener CoPs en las AAPP. Gobierno de Canarias
Crear y mantener  CoPs en las AAPP. Gobierno de CanariasCrear y mantener  CoPs en las AAPP. Gobierno de Canarias
Crear y mantener CoPs en las AAPP. Gobierno de Canarias
 
Primerwebinar
PrimerwebinarPrimerwebinar
Primerwebinar
 
Monaquía II
Monaquía IIMonaquía II
Monaquía II
 
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistasUnidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
Unidad de conocimiento 5 - Técnicas para la presentación de entrevistas
 
Comunicación asíncrona
Comunicación asíncronaComunicación asíncrona
Comunicación asíncrona
 
Actividad
ActividadActividad
Actividad
 
Arenas del tiempo. proyecto para el desarrollo de la identidad cultural media...
Arenas del tiempo. proyecto para el desarrollo de la identidad cultural media...Arenas del tiempo. proyecto para el desarrollo de la identidad cultural media...
Arenas del tiempo. proyecto para el desarrollo de la identidad cultural media...
 
Práctica 4. portafolio de presentación
Práctica 4. portafolio de presentaciónPráctica 4. portafolio de presentación
Práctica 4. portafolio de presentación
 
Comunidad virtual 2011
Comunidad virtual 2011Comunidad virtual 2011
Comunidad virtual 2011
 
Educar con tecnologia nmenap
Educar con tecnologia nmenapEducar con tecnologia nmenap
Educar con tecnologia nmenap
 
Tendencias De La EducacióN Y La Tecnologia Pereira Formato
Tendencias De La EducacióN Y La Tecnologia   Pereira   FormatoTendencias De La EducacióN Y La Tecnologia   Pereira   Formato
Tendencias De La EducacióN Y La Tecnologia Pereira Formato
 
Lo clásico cerca de aquí
Lo clásico cerca de aquíLo clásico cerca de aquí
Lo clásico cerca de aquí
 
Preguntas letra de cambio y fianza
Preguntas letra de cambio y fianzaPreguntas letra de cambio y fianza
Preguntas letra de cambio y fianza
 
PresentacióN Abecedario
PresentacióN AbecedarioPresentacióN Abecedario
PresentacióN Abecedario
 
Escuelas amigas Virolai
Escuelas amigas  VirolaiEscuelas amigas  Virolai
Escuelas amigas Virolai
 
GestióN Del Conocimiento
GestióN Del ConocimientoGestióN Del Conocimiento
GestióN Del Conocimiento
 

Ähnlich wie 04 Viaxeentren (7)

02 Relatosdeviaxes
02 Relatosdeviaxes02 Relatosdeviaxes
02 Relatosdeviaxes
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Guía de Poesía
Guía de PoesíaGuía de Poesía
Guía de Poesía
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

04 Viaxeentren

  • 1. 04. Viaxe en tren De termos que escoller un medio de locomoción para Curros estariamos obrigadas a dicir o tren.  E para vós, cal diriades? ______________________________  Se escribirades un poema para o voso medio de locomoción e o primeiro verso das estrofas comezaran do seguinte xeito como os seguirías. Se o considerades podedes cambiar a disposición formal dos versos. Velaí vén, velaí vén avantando ____________________________ ____________________________ ____________________________ Por onde ela/el pasa ____________________________ ____________________________ ____________________________ Velaí vén, velaí vén, tan oupada/oupado, ____________________________ ____________________________ ____________________________ Tras dela/del non veñen ____________________________ ____________________________ ____________________________ Velaquí como canta Curros a chegada a Ourense da primeira locomotora
  • 2. NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA I Velaí vén, velaí vén avantando cómaros e corgas, e vales, e cerros. ¡Vinde vela, mociños e mozas! ¡Saludaina, rapaces e vellos! Por onde ela pasa fecunda os terreos, espértanse os homes, frolecen os eidos. Velaí vén, velaí vén, tan oupada, tan milagrosiña, con paso tan meigo, que parece unha Nosa Señora, unha Nosa Señora de ferro. Tras dela non veñen abades nin cregos; mais vén a fartura ¡i a luz i o progreso! II Catedral, demagogo de pedra, dun pobo fanático erguida no medio, repinica esas chocas campanas en sinal de alegría e contento. Asocia esas voces ó son dos pandeiros, ¡ás santas surrisas de terras e ceos! E tí, río dos grandes destinos, que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos, requeimáda-las fauces de sede vén o monstro a beber no teu seo. Bon samaritano, dálle auga ó sedento; que a máquena é o Cristo dos tempos modernos. [numerar os versos] ACTIVIDADE 1
  • 3. 1. Despois de escoitar o poema “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” que recita o voso profesor ou a vosa profesora: [Se non entendedes algunha palabra comentádea coa vosa parella, se aínda non sodes quen de saber o significado buscádea no dicionario ou preguntádelle ao profesor. Lembrade cubrir a ficha léxica.]  A quen pensades que lle dedica Curros este poema? ___________________________________________________________  Que pensa o poeta que traerá a chegada do tren a Ourense/Galiza? ___________________________________________________________  No poema aparecen simbolizados o progreso e o atraso. En que elementos podedes localizar isto? ___________________________________________________________ ___________________________________________________________  Escribide todos os elementos do campo semántico da relixión que haxa no poema: ___________________________________________________________ ___________________________________________________________ Nivel analóxico  Hoxe en día, que medios de locomoción representan para vós o progreso?, e o atraso? ___________________________________________________________ ___________________________________________________________  E na sociedade actual, que elementos simbolizan para vós o atraso na sociedade actual? ___________________________________________________________ ___________________________________________________________ 2. Agora tócavos a vós. Lede ao resto dos compañeiros o voso poema. Comentade de xeito oral os poemas:  Cal é o medio de locomoción ao que lle dedicades a vosa composición?  Con que actividades da vosa realidade relacionades o voso medio de locomoción?
  • 4.  Predomina algún campo semántico? Que relación estabeleces entre o campo semántico e o que queredes transmitir? INVESTIGAMOS SOBRE O TREN NA ACTUALIDADE 1. Trasladádevos á aula de informática. Buscade na hemeroteca de diferentes xornais noticias sobre a chegada do tren de alta velocidade (AVE) a Galiza.  Lembrade que podedes usar os nosos marcadores dixitais o http://del.icio.us/manuelcurrosenriquez/prensa 2. Despois de ler as noticias elaborade nun documento de texto un esquema no que recollades as seguintes ideas. -O AVE na Península Ibérica (inicios e desenvolvemento) -A chegada do AVE a Galiza (datas, presupostos, comparación coa chegada a outros lugares da Península etc.). -Aspectos negativos do tren de alta velocidade (estrutura concibida desde o centralismo, impacto medioambiental, futuro das liñas de proximidade do país e outros). -Aspectos positivos (conexión con outros lugares da Península e outros) Usade as opcións de formato e ferramentas do voso procesador. Indicade ao comezo do documento o voso nome e apelidos, a clase e o grupo ao que pertencedes. Elaborade no encerado da aula de informática, entre todo o grupo, un mapa conceptual con todas as ideas que saen dos vosos esquemas. Gardade unha copia na carpeta do voso escritorio, imprimídeo e entregádella unha copia ao voso profesor ou á vosa profesora. PROXECTO DE ESCRITURA: escribimos unha carta ao director.
  • 5. Os textos de opinión escritos polos lectores e pólas lectoras reciben o nome de “Cartas ao director”. Neste espazo os lectores e as lectoras (individual ou colectivamente) denuncian, comentan, aclaran ou rectifican, defenden e acusan cuestións ou temas da vida diaria ou de actualidade. Malia iren dirixidas ao director as persoas destinatarias finais do texto son os lectores e as lectoras do xornal. Canto ao seu contido, á hora de planificar a carta debemos ter en conta: o tema, a finalidade que perseguimos coa súa publicación. Aínda que as formas que podemos atopar son variadas deben responder a unha estrutura clara onde as secuencias que usemos sexan argumentativas: Organización: Contido: Encabezamento Saúdo Introdución Presentación de quen escribe a carta, de xeito individual ou colectivo. Corpo da carta Presentación breve e tema. Contextualización para que os lectores e as lectoras comprendan os feitos. Conclusión Argumentos: -Feitos: datos, testemuños, exemplos doutros feitos similares etc. -Opinións: individuais ou colectivas, citas de autoridades etc. Despedida Conclusión: pechamento do texto coa idea forza (tese) Expresións de educación e cordialidade pola atención: atentamente, grazas pola... e outras similares Sinatura e Nome e apelidos de quen escribe ou nome completo do identificación colectivo Datos de identificación (non se publican mais necesarios para a publicación da carta) Moitas veces os xornais suprimen o saúdo e a presentación do colectivo por cuestións de espazo. Canto á forma, as cartas non deben superar as 300 palabras e deben estar redactadas en texto mecanografado. Os xornais resérvanse o dereito de publicalas e resumilas se for preciso. ACTIVIDADE 1
  • 6. Por parellas, lede as cartas que vos achegou a vosa profesora ou o voso profesor e poñede en común os diferentes aspectos que recoñecedes nela:  Finalidade ou intención da carta.  Tema.  Argumentos. ACTIVIDADE 2 Elaborade un borrador da vosa carta sobre na que mostredes a vosa opinión sobre “os beneficios e prexuízos da chegada do AVE a Galiza comparándoos coa chegada do tren no século XIX”. Se o considerades preciso botade man do esquema que elaborastes na aula de informática. Para elaborar a carta podedes xuntarvos con aqueles compañeiros e aquelas compañeiras que observaches destacaban feitos moi parecidos aos teus cando elaboramos o esquema na aula de informática. Lembrádevos de revisar o texto en todos os seus aspectos: cuestións ortográficas, formais e de redacción. ACTIVIDADE 3 Copiade a carta nun procesador de textos e volvede revisala. Enviade ao longo destes días as vosas cartas aos diferentes xornais que consultastes. Comezádeas enviando a aquelas que pensades poden ter máis interese na súa publicación polo tipo de liña editorial que manteñen. Se non entendedes algunha palabra comentádea coa vosa parella, se aínda non sodes quen de saber o significado buscádea no dicionario ou preguntádelle ao profesor. Lembrade cubrir a ficha léxica. COLLEMOS OUTRO TREN A chegada da locomotora a Ourense falábanos da locomotora como o Cristo dos tempos modernos, e no poema d’O maio dicía que quería un maio sen cregos. A relixión e o tren mestúranse na súa grande obra en galego, O divino sainete. Curros, nunha fría noite de Nadal en Madrid, atopa a Santa Compaña e ao escritor F.
  • 7. Añón, que forma parte da mesma. Comezan unha peregrinación a Roma en tren; Añón vai guiar a Curros a cada un dos sete vagóns, que representan os sete pecados capitais: preguiza, envexa, ira, gula, soberbia, luxuria e avaricia. Ao chegaren a Roma vense co Papa, León XIII, ao que convencen para que deixe o seu cargo e as riquezas da Igrexa e volva á caridade cristiá. “Introdución” d’O divino sainete Velaquí un fragmento da “Introdución”: Xa miña nai m'o dicía: quot;¿Onde has de ir, boi que non aras, senon á cortaduría? Tanto saber traite cego; mais, ou morres condanado ou tes que volver ó rego. Olla que o tempiño foxe, i é ben pra mañán non gardes o que poidas facer hoxe. Que a morte non nos avisa, e se ha levarnos cubertos, que non nos colla en camisa.” ¡Tiña de ser! ¡Diol-o quixo! ¡El, que criou dun arroto tódalas cousas, sin lixo! Nunca outra tal se ha de vere: ¡Curros camiño de Roma entoando o Miserere! ¿Pero hei ser sempre un brasfemo, un xudío, un relaxado de Dios azoute? ¡Ora o Demo!... ¿Quen, necesitado delas, non merca saúde e groria por unhas cantas cadelas? *** Todo vai caro na vida. A groria é que anda barata como a sardiña manida. Certa literata fea
  • 8. mercouna dando a Aristarco un bico tras dunha cea. A un usureiro con sorte custoulle... perdoar inxurias... nas boquëadas da morte. ¡I é que neste tempo infame a Crítica anda saída i os Santos morren de fame! O inferno a min non me atrapa: cómpreme unha pouca groria e voulla comprar ó Papa. É un viaxe de recreo. ¿Quen folga de vir comigo de Leon XIII ó xubileo? Connosco irán moitas xentes: abades, monxas, beatas... ¡Xuro a Dios que hemos de ir quentes! ¡Que rosario, compañeiros, de contas de amancebadas con deces de putañeiros!” Seguro que durante a lectura aparecen nomes de persoas que non recoñecedes. Por exemplo, aparece Aristarco xa que o papa León XIII aparece presentado no resumo inicial da obra. Averiguade de quen se trata _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ E as palabras, sabías do significado de todas _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ Nivel lingüístico O texto anterior contén algunhas frases feitas propias da nosa lingua: “boi que non aras”, “volver ó rego”, “pra mañán non gardes o que poidas facer hoxe”, “que non nos colla en camisa”, “nunca outra tal se ha de vere”. Que significan estas expresións? Comentade
  • 9. entre todas as persoas da clase o significado deestas frases. Seguro que entre todos sodes quen de explicar o seu significado e poñer exemplos de situacións nas que as escoitastes. Se for preciso botade man dun dicionario de frases feitas ou da axuda do profesor ou da profesora. _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ Demostrade que coñecedes o que significan empregándoas en varias oracións. _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ A nosa tradición popular ten moitos refráns dedicados á relixión. Ímosvos poñer algúns e intentade enlazar o comezo coa segunda parte que lles corresponde. Na casa do abade non esperes pola compañeira Dá Deus mocos e Deus as de todos Cada un sabe as súas comede e levade e mal del falade Onde canta un crego a quen non se sona Para a misa e para a feira nunca falta un duro Investigade na vosa casa sobre máis ditos de refráns sobre cregos, relixión... _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ _______________________________________________________________ Comentade entre todas as persoas da clase: cal pode ser o motivo de que sexa tan rica a fraseoloxía neste ámbito?
  • 10.
  • 11. Interpretamos o texto segundo a crítica Curros foi cualificado pola crítica de “anticlerical”.  Sabes cal é o significado deste adxectivo? Se tes dúbida pensa por separado no prefixo e na raíz pola que está composto. Define esta palabra. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________  Confronta a túa definición coa que aparece no dicionario. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________  Que trazos anticlericais aparecen neste fragmento? _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ Cantos d’O divino sainete Revisade o resumo do argumento d’O divino sainete. Dividide a clase en sete grupos. O profesor ou a profesora vaivos entregar unha tarxeta cun pecado capital.  Aventurade unha definición para ese pecado. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________  Agora buscade nun dicionario todos os significados para ese pecado. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________
  • 12. _____________________________________________________________ _____________________________________________________________ _____________________________________________________________  Escribide un alfabeto de palabras asociadas ao voso pecado. Escribide unha palabra por cada letra, no caso de non atopardes algunha por esa letra escribide unha palabra que a conteña. ALFABETO DO PECADO __________________ A M B N Ñ C O D P E Q F R G S H T I U L V
  • 13. Z X
  • 14.  Agora, o profesor ou a profesora entregaravos a cada grupo un folio cunha estrofa de tres versos do canto onde aparece o voso pecado. De xeito individual, e sen que ningún membro do grupo vexa o que escribides, continuaredes a tríade de versos. Cada vez que un compañeiro ou unha compañeira escriba a súa tríade debe dobrar o folio e pasarlle o texto á seguinte persoa do grupo (de xeito que, cando vos toque de escribir a vosa tríade só podedes ver o texto da persoa anterior). En cada verso debedes incluír unha das palabras que aparecen no voso alfabeto colectivo. Rematamos cando todas as persoas do grupo escribiron a súa tríade.  Unha vez rematen todos os grupos realizamos unha lectura dramatizada do texto.