SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 11
ENTROIDO TRADICIONAL NO MORRAZO
MOAÑA Recuperación en Meira Este ano a asociación cultural Meiramar-Axóuxeres deu a coñecer unha tradición de Entroido que se celebraba na parroquia de Meira (no lugar de Meira de Arriba) hai máis de 80 anos. Esta consistía nun baile de “ Madamas e Galáns” no que os mozos e mozas elixidos danzaban protexidos co “home do saco” das bromas dos veciños e tamén contaban coa presenza espantadora do “fedelloso” (normalmente, embadurnado de bosta). Os danzantes bailaban nun lugar do camiño ante a presenza dos veciños e logo desfilaban ata volver a parar noutro lugar de encontro e volver a bailar. Ían vestidos de branco; elas, cun sombreiro de palla e de flores; eles, cun sombreiro de pluma de avestruz e cintas de cores.
Os curruvellos No resto do concello eran” os curruvellos” os que ían disfrazados polos camiños. O fundamental era levar a cara tapada (normalmente, cun anaco de tea branca con buratos para os ollos) e un pau para asustar á xente.
O Enterro da Sardiña Coa chegada da democracia gozouse de novo do Entroido. A principios dos anos 80 do século XX celebrouse o 1º Enterro da Sardiña grazas á organización xurdida na asociación de veciños Breogán. Isto trouxo a creación de moitas comparsas nos seguintes anos. O Enterro da Sardiña  de Moaña converteuse no acto de despedida do Entroido máis concurrido do Morrazo.
CANGAS O Hío A parroquia de Hío é a referencia no concello de Cangas cando se fala do Entroido. O carnaval de Hío non se parece  moito á celebración do carnaval urbano xa que se mantén fiel ás súas raíces. O normal é ir ao faiado a coller roupa vella , disfrazarse e saír polas rúas das aldeas da parroquia de O Hío: Nerga, Vilanova, O Igrexario, Pinténs, Nerga, Donón e Liméns. O carnaval comeza a noite do domingo e remata o mércores de Cinza de madrugada. Todos os anos se celebra da mesma maneira: a xente nova de cada lugar da parroquia de Hío encárgase de montar as “estradas”( pequenos palcos ) e adornalas con plumas e flores. Cada lugar ten o seu grupo de gaiteiros que son recibidos o domingo pola tarde e que os acompañarán ata o final do carnaval despois de percorrer todas as aldeas. Todas as comparsas se achegan a un lugar establecido para presentarse ante a comparsa anfitriona. Alí bailan, cantan e comen. Despois, en formación, van andando e tocando ata o seguinte lugar. Pola noite, regresan aos seus lugares de orixe para celebrar en cada barrio o tradicional baile.
Aldán  Moi preto do Hío, a parroquia de  Aldán tamén anda de troula. Celebra o martes de Farrovellos, facendo percorridos polos lugares de Espiñeira, San Cibrán e Herbello e finaliza  na Cova comendo produtos típicos do Entroido tradicional. A festa remata o venres co festival do Mexilón.
BUEU O Entroido de Bueu , festeiro e baleiro, atópase na tradición dos vascalleiros e  “mascaritas” que ao longo dos tempos percorrían as rúas. A tradición do Entroido oficial estaba representado nos bailes do Casino e Sociedade Recreativa, máis tarde acompañados polas grandes veladas da Sala Paraíso; nas rúas, tal como hoxe o coñecemos, xurdiu na década dos 80 do século XX.
O último día de carnaval, chamado en moitos lugares Enterro da Sardiña ou do Momo, caracterízase polo desfile de disfraces e queima do Entroido. En Bueu hai coñecemento da celebración dun Enterro da Sardiña en 1910. Dende 1987 a celebración de remate da festa, o domingo de Piñata faise co Enterro do Paxaro de Mal Agoiro. (Información extraída da revista “ O Candil” enviada pola concellalía de cultura do concello de Bueu).
VILABOA As parroquias de Cobres (Sanadrián e Santa Cristina) son as que celebran o carnaval dun xeito moi especial ,sendo unha festa de grande tradición. O tradicional ''Antroido dos Cobres''  remóntase a principios do S-XVIII, e debe a  súa actual vixencia á tradición oral, que foi pasando de pais a fillos ata hoxe e que se vive como unha celebración colectiva sorprendente e particular. Sorprende o colorido da vestimenta empregada e a alta  participación da xente.
De sábado a martes, dende as 10 da mañá ata o solpor, as ''Madamas e Galáns'' percorren distintos lugares das parroquias de Sta.Cristina e Sanadrián. Acompañados de gaiteiros e cos seus bailes levan a ''Danza dos Cobres'' de porta en porta. Como recompensa reciben un donativo que fará  posible que o ano vindeiro poidan repetir a festa. Actualmente,esta celebración é posible grazas ó labor da ''Asociación Cultural Cobres'',na que durante todo o ano preparan as vestimentas e bailes das Madamas e Galáns.
CRÉDITOS ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
bibliobrozos
 
Tarefa 4 gloria taboasmartinez
Tarefa 4 gloria taboasmartinezTarefa 4 gloria taboasmartinez
Tarefa 4 gloria taboasmartinez
Petisco123
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN
Santi P
 

Was ist angesagt? (20)

O entroido en galicia
O entroido en galicia O entroido en galicia
O entroido en galicia
 
Presentaciona
PresentacionaPresentaciona
Presentaciona
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
O entroido en galicia, David Sánchez
O entroido en galicia, David SánchezO entroido en galicia, David Sánchez
O entroido en galicia, David Sánchez
 
COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015COPLAS ENTROIDO 2015
COPLAS ENTROIDO 2015
 
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaEntroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
 
Entroido carla
Entroido carlaEntroido carla
Entroido carla
 
A Ghuadalupe
A GhuadalupeA Ghuadalupe
A Ghuadalupe
 
O Entroido en Manzaneda
O Entroido en ManzanedaO Entroido en Manzaneda
O Entroido en Manzaneda
 
Mázcaras
MázcarasMázcaras
Mázcaras
 
Antroido
AntroidoAntroido
Antroido
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
A viaxe
A viaxeA viaxe
A viaxe
 
Tarefa 4 gloria taboasmartinez
Tarefa 4 gloria taboasmartinezTarefa 4 gloria taboasmartinez
Tarefa 4 gloria taboasmartinez
 
O Entroido en Galicia
O Entroido en GaliciaO Entroido en Galicia
O Entroido en Galicia
 
Festa da guadalupe
Festa da guadalupeFesta da guadalupe
Festa da guadalupe
 
Os Maios
Os MaiosOs Maios
Os Maios
 
A Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíNA Festa Do SamaíN
A Festa Do SamaíN
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 

Ähnlich wie Entroido tradicional do morrazo

O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSO entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
Begoña Codesal
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
lolicid
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
REME BUDIÑO
 

Ähnlich wie Entroido tradicional do morrazo (20)

Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Entroido 2021
Entroido 2021Entroido 2021
Entroido 2021
 
3. presentacion 2 e 3 ciclo
3. presentacion 2 e 3 ciclo3. presentacion 2 e 3 ciclo
3. presentacion 2 e 3 ciclo
 
Tempo de Samaín
Tempo de Samaín Tempo de Samaín
Tempo de Samaín
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014
 
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOSO entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
O entroido en galicia. EDLG CEIP PONTE DOS BROZOS
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Letras cancións ENTROIDO
Letras cancións ENTROIDOLetras cancións ENTROIDO
Letras cancións ENTROIDO
 
Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 
Samaín
Samaín Samaín
Samaín
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015) Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
Presentación Samaín (Historia de Galicia- Octubre2015)
 
Nadal no mundo
Nadal no mundo Nadal no mundo
Nadal no mundo
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
A BRINCADEIRA
A BRINCADEIRAA BRINCADEIRA
A BRINCADEIRA
 
Festas melide
Festas melideFestas melide
Festas melide
 

Mehr von bibliotecadocole

Mehr von bibliotecadocole (20)

Coplas 2023.pdf
Coplas 2023.pdfCoplas 2023.pdf
Coplas 2023.pdf
 
programa familias.pdf
programa familias.pdfprograma familias.pdf
programa familias.pdf
 
Triptico axouxeres
Triptico axouxeresTriptico axouxeres
Triptico axouxeres
 
Coplas 2021
Coplas 2021Coplas 2021
Coplas 2021
 
Coplas 2021
Coplas 2021Coplas 2021
Coplas 2021
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
Presentacion abellas
Presentacion abellasPresentacion abellas
Presentacion abellas
 
Presentación abellas
Presentación abellasPresentación abellas
Presentación abellas
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019Folleto programainfantilculturgal2019
Folleto programainfantilculturgal2019
 
Razas
RazasRazas
Razas
 
Proxecto Cans
Proxecto CansProxecto Cans
Proxecto Cans
 
Festival letras 2019
Festival letras 2019Festival letras 2019
Festival letras 2019
 
Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019
 
madruga
madrugamadruga
madruga
 
Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018
 
Publicación1
Publicación1Publicación1
Publicación1
 
Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017
 
Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017Día da ciencia 2017
Día da ciencia 2017
 

Kürzlich hochgeladen

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Entroido tradicional do morrazo

  • 2. MOAÑA Recuperación en Meira Este ano a asociación cultural Meiramar-Axóuxeres deu a coñecer unha tradición de Entroido que se celebraba na parroquia de Meira (no lugar de Meira de Arriba) hai máis de 80 anos. Esta consistía nun baile de “ Madamas e Galáns” no que os mozos e mozas elixidos danzaban protexidos co “home do saco” das bromas dos veciños e tamén contaban coa presenza espantadora do “fedelloso” (normalmente, embadurnado de bosta). Os danzantes bailaban nun lugar do camiño ante a presenza dos veciños e logo desfilaban ata volver a parar noutro lugar de encontro e volver a bailar. Ían vestidos de branco; elas, cun sombreiro de palla e de flores; eles, cun sombreiro de pluma de avestruz e cintas de cores.
  • 3. Os curruvellos No resto do concello eran” os curruvellos” os que ían disfrazados polos camiños. O fundamental era levar a cara tapada (normalmente, cun anaco de tea branca con buratos para os ollos) e un pau para asustar á xente.
  • 4. O Enterro da Sardiña Coa chegada da democracia gozouse de novo do Entroido. A principios dos anos 80 do século XX celebrouse o 1º Enterro da Sardiña grazas á organización xurdida na asociación de veciños Breogán. Isto trouxo a creación de moitas comparsas nos seguintes anos. O Enterro da Sardiña de Moaña converteuse no acto de despedida do Entroido máis concurrido do Morrazo.
  • 5. CANGAS O Hío A parroquia de Hío é a referencia no concello de Cangas cando se fala do Entroido. O carnaval de Hío non se parece moito á celebración do carnaval urbano xa que se mantén fiel ás súas raíces. O normal é ir ao faiado a coller roupa vella , disfrazarse e saír polas rúas das aldeas da parroquia de O Hío: Nerga, Vilanova, O Igrexario, Pinténs, Nerga, Donón e Liméns. O carnaval comeza a noite do domingo e remata o mércores de Cinza de madrugada. Todos os anos se celebra da mesma maneira: a xente nova de cada lugar da parroquia de Hío encárgase de montar as “estradas”( pequenos palcos ) e adornalas con plumas e flores. Cada lugar ten o seu grupo de gaiteiros que son recibidos o domingo pola tarde e que os acompañarán ata o final do carnaval despois de percorrer todas as aldeas. Todas as comparsas se achegan a un lugar establecido para presentarse ante a comparsa anfitriona. Alí bailan, cantan e comen. Despois, en formación, van andando e tocando ata o seguinte lugar. Pola noite, regresan aos seus lugares de orixe para celebrar en cada barrio o tradicional baile.
  • 6. Aldán Moi preto do Hío, a parroquia de Aldán tamén anda de troula. Celebra o martes de Farrovellos, facendo percorridos polos lugares de Espiñeira, San Cibrán e Herbello e finaliza na Cova comendo produtos típicos do Entroido tradicional. A festa remata o venres co festival do Mexilón.
  • 7. BUEU O Entroido de Bueu , festeiro e baleiro, atópase na tradición dos vascalleiros e “mascaritas” que ao longo dos tempos percorrían as rúas. A tradición do Entroido oficial estaba representado nos bailes do Casino e Sociedade Recreativa, máis tarde acompañados polas grandes veladas da Sala Paraíso; nas rúas, tal como hoxe o coñecemos, xurdiu na década dos 80 do século XX.
  • 8. O último día de carnaval, chamado en moitos lugares Enterro da Sardiña ou do Momo, caracterízase polo desfile de disfraces e queima do Entroido. En Bueu hai coñecemento da celebración dun Enterro da Sardiña en 1910. Dende 1987 a celebración de remate da festa, o domingo de Piñata faise co Enterro do Paxaro de Mal Agoiro. (Información extraída da revista “ O Candil” enviada pola concellalía de cultura do concello de Bueu).
  • 9. VILABOA As parroquias de Cobres (Sanadrián e Santa Cristina) son as que celebran o carnaval dun xeito moi especial ,sendo unha festa de grande tradición. O tradicional ''Antroido dos Cobres'' remóntase a principios do S-XVIII, e debe a súa actual vixencia á tradición oral, que foi pasando de pais a fillos ata hoxe e que se vive como unha celebración colectiva sorprendente e particular. Sorprende o colorido da vestimenta empregada e a alta participación da xente.
  • 10. De sábado a martes, dende as 10 da mañá ata o solpor, as ''Madamas e Galáns'' percorren distintos lugares das parroquias de Sta.Cristina e Sanadrián. Acompañados de gaiteiros e cos seus bailes levan a ''Danza dos Cobres'' de porta en porta. Como recompensa reciben un donativo que fará posible que o ano vindeiro poidan repetir a festa. Actualmente,esta celebración é posible grazas ó labor da ''Asociación Cultural Cobres'',na que durante todo o ano preparan as vestimentas e bailes das Madamas e Galáns.
  • 11.