SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 17
Ás portas das vacacións estamos esperando a chegada
dos Reis en cabalgata o próximo 21, que este ano
vannos sorprender moito segundo nos informaron.
Namentres, os nenos de 6º temos preparado o pregón co
que queremos abrir estas datas especiais desexando a
nosa comunidade
educativa un Bo
Nadal e un feliz
2018 . Fixémolo
con moito
agarimo e ilusión,
polo que
agardamos
que disfrutedes
escoitandoo.
Queremos adicar
este pregón
especialmente
a:
Tódolos aqueles oficios que están a
piques de desaparecer ou algún deles
xa non existe. Teñamos uns
momentos de lembranza para eses
antigos quefaceres: ferreiros,
carpinteiros de ribeira, lavandeiras,
costureiras, leiteiras, pregoeiros,
......seguramente algún dos avós ou
avoas dos aquí presentes
desempeñaron moitos deses traballos
ao longo da súa vida. Debémonos a
todos eles e merecen todo o noso
respecto e agarimo. Somos e estamos
aquí grazas a eles. É importante
escoitalos e así descubriremos moitos
dos significados das tradicións e
festas que se celebran hoxe en día.
O bo costume de intercambiar agasallos provén do de felicitar estas Festas
visitando os fogares de familiares e amigo…., levarlles un pouco de manteiga
envolta nunha folla de verza para que así se conservase mellor ou un par de
calcetíns feitos coa lá das ovellas, ou unha rosquiña de pan que se cocía no
forno das casas por estas datas. Canto agarimo había naqueles pequenos
detalles!… Nadal doutra época, tan distinta de tempos actuais…, onde os
anuncios de televisión, as revistas, a radio, intentan (e conséguenno case
sempre) que estas datas se convertan nun “festival
de consumo” puro e
duro… Onde os
grandes almacéns
tratan de substituir as
máis arraigadas
tradicións destas datas,
por outras que pouco ou
nada teñen que ver coa
nosa forma de ver e
entender a realidade…
con luces ben
rechamantes, pero sen
sentido ningún,
invitándonos a un
gasto desaforado e excesivo,
á falsa aparencia de amizade, a que esquezamos os antigos valores que sempre
empaparon estes días.
Na entrada do noso
colexio atopamos un
belén que fai lembranza
a todos eses oficios que
están a piques de
desaparecer: muiñeiros,
labregos, gandeiros,
pastores, canteiros..…
todos eles contribuíron
a formar paisaxes,
plantaron os castiñeiros
e carballos que
podemos atopar nos
nosos montes e que nos
dan fresca sombra no
verán e castañas no
outono, construíron as escaleiras, as rúas e as prazas nas que xogamos
todas as tardes, polas que paseamos e polas que nos perdemos ...a ponte
que atravesamos todos os días para vir ata o noso colexio onde nos
atopamos cos nosos amigos e amigas ….
….ese belén co camiño de serrín, neve de fariña, gruta de corcho , soberbio
castelo de Herodes de madeira ubicado no cumio da montaña, …todo un
micromundo de terras de labranza, prados de musgo, “ríos,e arboredas “ como
cantaba a nosa grande Rosalía de Castro ….tamén: ovelliñas, galiñas… todo nos
fala dun mundo que parece moi lonxano e que está a piques de desaparecer.
Cómo vivirían
hoxe o Nadal
as nosas
bisavoas,
algunhas
delas
costureiras?
Aquelas
mulleres de
rostro cheo
de sucos
como a terra
que regaban
coa súa suor
e cheas dunha sabiduría infinita, coa saia escura e o negro
pano na cabeza…
Esas mulleres que cosían, remendaban, poñían pezas e remendos
ás roupas mil veces repasadas… sen un momento para elas… todo
para os demais. Seguramente no entenderían como se pode
malgastar tanto diñeiro en tantas cousas , moitas veces, inútiles.
Tamén queremos lembrarnos nestes momentos dos parados sen
esperanza, dos xubilados que están sós, dos sen fogar que vagan de vila en
vila, dos nenos e nenas coma nós, pero que este ano, un máis, non terán
agasallo ningún.
E tamén das
persoas que con
gran esforzo loitan
día tras día con
algunha enfermidade
… e dos seus
coidadores…
porque o Nadal
non é igual
para todos.
E por último, aos homes e mulleres que durante todo o ano, sen
luces nin pandeiretas foron axudándonos con pacencia e dedicación
a facernos boas persoas: pais, nais, avós, avoas, mestres,
mestras…. Non queremos esquecer a todos eles, persoas humildes,
que hipotecando o seu descanso e tempo e regalando
imaxinación,
pensaron máis en
nós que neles
mesmos para
facernos un día
a día agradable
e que o día de
mañá teñamos
un bo futuro .
A todas esas persoas van dedicadas as verbas coas que
fomos debuxando este humilde pregón.
Para todos nós o que debe de contar é a ledicia de compartir cos demais
estes tempos de Nadal sen deixar deslumbrarnos polos agasallos, nin
polos adornos, luces de cores, e comilonas porque o tempo de Nadal non
pode ser só eso . O Nadal é o calor que retorna e envolve o corazón das
persoas onde anidan valores coma a xenerosidade e caridade compartida
cos outros e o
íntimo
sentimento de
que sempre
levaremos con
nós unha parte
da nosa
infancia ….
O Nadal é ademais un tempo de soñar coa esperanza de saír adiante
a pesares das dificultades coas que nos atoparemos. Estes
sentimentos que afloran no Nadal , deben acompañarnos sempre, non
só nestas datas. Por iso debemos defender os nosos costumes e
tradicións.
Desexámosvos un Fantástico 2018, cheo de PAZ e ledicia, onde
se cumpran os vosos soños e que veña cargado de bos
momentos que nos permitan ir medrando como auténticas
persoas, enchendo os nosos momentos
CON BOS SENTIMENTOS,
facéndonos
mellores
….
…. e non esquecendo nunca que non é máis feliz aquel que máis
ten, senón aquel que menos precisa…
para todos vós :
Pregón de Nadal 2017

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"2TERE
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz2TERE
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña Iaavvmagdalena
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017Diana Sánchez
 
Power samain magosto 2010
Power  samain magosto 2010Power  samain magosto 2010
Power samain magosto 2010Isabel Maceira
 
A AUGA NO TEMPO DOS AVÓS
A AUGA NO TEMPO DOS AVÓSA AUGA NO TEMPO DOS AVÓS
A AUGA NO TEMPO DOS AVÓSxistina
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 12TERE
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosYolanda Castro
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galiciabibliobrozos
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer2TERE
 
O felo
O feloO felo
O feloME PP
 
Fotos Buño-Dombate
Fotos Buño-DombateFotos Buño-Dombate
Fotos Buño-Dombate2TERE
 

Was ist angesagt? (18)

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
 
Lendas
Lendas Lendas
Lendas
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
 
Power samain magosto 2010
Power  samain magosto 2010Power  samain magosto 2010
Power samain magosto 2010
 
A AUGA NO TEMPO DOS AVÓS
A AUGA NO TEMPO DOS AVÓSA AUGA NO TEMPO DOS AVÓS
A AUGA NO TEMPO DOS AVÓS
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1
 
Antroido
AntroidoAntroido
Antroido
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
O entroido en galicia
O entroido en galicia O entroido en galicia
O entroido en galicia
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
O felo
O feloO felo
O felo
 
Fotos Buño-Dombate
Fotos Buño-DombateFotos Buño-Dombate
Fotos Buño-Dombate
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 

Ähnlich wie Pregón de Nadal 2017

Ähnlich wie Pregón de Nadal 2017 (20)

O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
 
Datas do entroido
Datas do entroidoDatas do entroido
Datas do entroido
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
PREGÓN DE NADAL 2016
PREGÓN DE NADAL 2016PREGÓN DE NADAL 2016
PREGÓN DE NADAL 2016
 
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e EmmaEntroido diapositivas , Ainoha e Emma
Entroido diapositivas , Ainoha e Emma
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Alta costura
Alta costuraAlta costura
Alta costura
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Leilía21
Leilía21Leilía21
Leilía21
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 

Mehr von bibliolois

A cidade azucarillo
A cidade azucarilloA cidade azucarillo
A cidade azucarillobibliolois
 
Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018bibliolois
 
Eu ....(modelo afillado/a)
Eu ....(modelo afillado/a)Eu ....(modelo afillado/a)
Eu ....(modelo afillado/a)bibliolois
 
Concurso de mascotas presentación
Concurso de  mascotas presentaciónConcurso de  mascotas presentación
Concurso de mascotas presentaciónbibliolois
 
A historia de drago bis
A historia de drago bisA historia de drago bis
A historia de drago bisbibliolois
 
Presentación da guía de usuarios 2017
Presentación da guía de usuarios 2017Presentación da guía de usuarios 2017
Presentación da guía de usuarios 2017bibliolois
 
Concurso mascota
Concurso mascotaConcurso mascota
Concurso mascotabibliolois
 
Letras galegas programa
Letras galegas programaLetras galegas programa
Letras galegas programabibliolois
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casaresbibliolois
 
Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?bibliolois
 
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA bibliolois
 
Calendario 2017
Calendario 2017 Calendario 2017
Calendario 2017 bibliolois
 
Imaxes Lourenza- Mondoñedo preparativos
Imaxes Lourenza-  Mondoñedo preparativosImaxes Lourenza-  Mondoñedo preparativos
Imaxes Lourenza- Mondoñedo preparativosbibliolois
 
Camiño de santiago 2016 matemáticas
Camiño de santiago 2016 matemáticas Camiño de santiago 2016 matemáticas
Camiño de santiago 2016 matemáticas bibliolois
 
Presentación xogos populares 2016
Presentación xogos populares 2016Presentación xogos populares 2016
Presentación xogos populares 2016bibliolois
 
Cultura castrexa
Cultura castrexa Cultura castrexa
Cultura castrexa bibliolois
 
Vexetais con colores
Vexetais con colores Vexetais con colores
Vexetais con colores bibliolois
 
Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016bibliolois
 

Mehr von bibliolois (20)

A cidade azucarillo
A cidade azucarilloA cidade azucarillo
A cidade azucarillo
 
Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018Letras Galegas 2018
Letras Galegas 2018
 
Eu ....(modelo afillado/a)
Eu ....(modelo afillado/a)Eu ....(modelo afillado/a)
Eu ....(modelo afillado/a)
 
Concurso de mascotas presentación
Concurso de  mascotas presentaciónConcurso de  mascotas presentación
Concurso de mascotas presentación
 
A historia de drago bis
A historia de drago bisA historia de drago bis
A historia de drago bis
 
Presentación da guía de usuarios 2017
Presentación da guía de usuarios 2017Presentación da guía de usuarios 2017
Presentación da guía de usuarios 2017
 
Concurso mascota
Concurso mascotaConcurso mascota
Concurso mascota
 
Letras galegas programa
Letras galegas programaLetras galegas programa
Letras galegas programa
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?
 
Diptico 2017
Diptico 2017Diptico 2017
Diptico 2017
 
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA
 
Calendario 2017
Calendario 2017 Calendario 2017
Calendario 2017
 
Magosto 2016
Magosto 2016Magosto 2016
Magosto 2016
 
Imaxes Lourenza- Mondoñedo preparativos
Imaxes Lourenza-  Mondoñedo preparativosImaxes Lourenza-  Mondoñedo preparativos
Imaxes Lourenza- Mondoñedo preparativos
 
Camiño de santiago 2016 matemáticas
Camiño de santiago 2016 matemáticas Camiño de santiago 2016 matemáticas
Camiño de santiago 2016 matemáticas
 
Presentación xogos populares 2016
Presentación xogos populares 2016Presentación xogos populares 2016
Presentación xogos populares 2016
 
Cultura castrexa
Cultura castrexa Cultura castrexa
Cultura castrexa
 
Vexetais con colores
Vexetais con colores Vexetais con colores
Vexetais con colores
 
Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016Presentación do calendario 2016
Presentación do calendario 2016
 

Kürzlich hochgeladen

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Pregón de Nadal 2017

  • 1.
  • 2. Ás portas das vacacións estamos esperando a chegada dos Reis en cabalgata o próximo 21, que este ano vannos sorprender moito segundo nos informaron.
  • 3. Namentres, os nenos de 6º temos preparado o pregón co que queremos abrir estas datas especiais desexando a nosa comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz 2018 . Fixémolo con moito agarimo e ilusión, polo que agardamos que disfrutedes escoitandoo. Queremos adicar este pregón especialmente a:
  • 4. Tódolos aqueles oficios que están a piques de desaparecer ou algún deles xa non existe. Teñamos uns momentos de lembranza para eses antigos quefaceres: ferreiros, carpinteiros de ribeira, lavandeiras, costureiras, leiteiras, pregoeiros, ......seguramente algún dos avós ou avoas dos aquí presentes desempeñaron moitos deses traballos ao longo da súa vida. Debémonos a todos eles e merecen todo o noso respecto e agarimo. Somos e estamos aquí grazas a eles. É importante escoitalos e así descubriremos moitos dos significados das tradicións e festas que se celebran hoxe en día.
  • 5. O bo costume de intercambiar agasallos provén do de felicitar estas Festas visitando os fogares de familiares e amigo…., levarlles un pouco de manteiga envolta nunha folla de verza para que así se conservase mellor ou un par de calcetíns feitos coa lá das ovellas, ou unha rosquiña de pan que se cocía no forno das casas por estas datas. Canto agarimo había naqueles pequenos detalles!… Nadal doutra época, tan distinta de tempos actuais…, onde os anuncios de televisión, as revistas, a radio, intentan (e conséguenno case sempre) que estas datas se convertan nun “festival de consumo” puro e duro… Onde os grandes almacéns tratan de substituir as máis arraigadas tradicións destas datas, por outras que pouco ou nada teñen que ver coa nosa forma de ver e entender a realidade… con luces ben rechamantes, pero sen sentido ningún, invitándonos a un gasto desaforado e excesivo, á falsa aparencia de amizade, a que esquezamos os antigos valores que sempre empaparon estes días.
  • 6. Na entrada do noso colexio atopamos un belén que fai lembranza a todos eses oficios que están a piques de desaparecer: muiñeiros, labregos, gandeiros, pastores, canteiros..… todos eles contribuíron a formar paisaxes, plantaron os castiñeiros e carballos que podemos atopar nos nosos montes e que nos dan fresca sombra no verán e castañas no outono, construíron as escaleiras, as rúas e as prazas nas que xogamos todas as tardes, polas que paseamos e polas que nos perdemos ...a ponte que atravesamos todos os días para vir ata o noso colexio onde nos atopamos cos nosos amigos e amigas ….
  • 7. ….ese belén co camiño de serrín, neve de fariña, gruta de corcho , soberbio castelo de Herodes de madeira ubicado no cumio da montaña, …todo un micromundo de terras de labranza, prados de musgo, “ríos,e arboredas “ como cantaba a nosa grande Rosalía de Castro ….tamén: ovelliñas, galiñas… todo nos fala dun mundo que parece moi lonxano e que está a piques de desaparecer.
  • 8. Cómo vivirían hoxe o Nadal as nosas bisavoas, algunhas delas costureiras? Aquelas mulleres de rostro cheo de sucos como a terra que regaban coa súa suor e cheas dunha sabiduría infinita, coa saia escura e o negro pano na cabeza…
  • 9. Esas mulleres que cosían, remendaban, poñían pezas e remendos ás roupas mil veces repasadas… sen un momento para elas… todo para os demais. Seguramente no entenderían como se pode malgastar tanto diñeiro en tantas cousas , moitas veces, inútiles.
  • 10. Tamén queremos lembrarnos nestes momentos dos parados sen esperanza, dos xubilados que están sós, dos sen fogar que vagan de vila en vila, dos nenos e nenas coma nós, pero que este ano, un máis, non terán agasallo ningún. E tamén das persoas que con gran esforzo loitan día tras día con algunha enfermidade … e dos seus coidadores… porque o Nadal non é igual para todos.
  • 11. E por último, aos homes e mulleres que durante todo o ano, sen luces nin pandeiretas foron axudándonos con pacencia e dedicación a facernos boas persoas: pais, nais, avós, avoas, mestres, mestras…. Non queremos esquecer a todos eles, persoas humildes, que hipotecando o seu descanso e tempo e regalando imaxinación, pensaron máis en nós que neles mesmos para facernos un día a día agradable e que o día de mañá teñamos un bo futuro .
  • 12. A todas esas persoas van dedicadas as verbas coas que fomos debuxando este humilde pregón.
  • 13. Para todos nós o que debe de contar é a ledicia de compartir cos demais estes tempos de Nadal sen deixar deslumbrarnos polos agasallos, nin polos adornos, luces de cores, e comilonas porque o tempo de Nadal non pode ser só eso . O Nadal é o calor que retorna e envolve o corazón das persoas onde anidan valores coma a xenerosidade e caridade compartida cos outros e o íntimo sentimento de que sempre levaremos con nós unha parte da nosa infancia ….
  • 14. O Nadal é ademais un tempo de soñar coa esperanza de saír adiante a pesares das dificultades coas que nos atoparemos. Estes sentimentos que afloran no Nadal , deben acompañarnos sempre, non só nestas datas. Por iso debemos defender os nosos costumes e tradicións.
  • 15. Desexámosvos un Fantástico 2018, cheo de PAZ e ledicia, onde se cumpran os vosos soños e que veña cargado de bos momentos que nos permitan ir medrando como auténticas persoas, enchendo os nosos momentos CON BOS SENTIMENTOS, facéndonos mellores ….
  • 16. …. e non esquecendo nunca que non é máis feliz aquel que máis ten, senón aquel que menos precisa… para todos vós :