SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 38
Downloaden Sie, um offline zu lesen
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




                               Alumnado IES POETA AÑÓN
                                         Novembro 2011
Ela estaba na casa coma todos os días desexando que el non chegara
porque estaba farta. Con el chegaban berros, gritos, insultos,
dicirlle que non servía para nada. Cando chegou, ela recibiu a
primeira malleira. Dixo que non aguantaba máis e buscoulle
solución ó problema: puxo pes fóra e marchou.
Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a realidade da vida nas
súas fotografías. El é contable nunha pequena empresa. El é capaz
de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é
capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.
O home estaba traballando como todos os días. Cando rematou a
xornada parou no bar como de cotío pero ese día pasouse coa
bebida e acabou emborrachándose. O chegar a casa comezou a
insultar a muller e a faltarlle ó respecto coma nunca. O final
pegoulle e mandouna ó hospital.
Eu son un home que se sente culpable por non ver que a ían matar.
Como veciño vin a súa evolución: comezou insultándoa, logo
empurrándoa, ameazándoa e finalmente matándoa.
Fun incapaz de comprender a situación.
É fácil ver cando e como rematan as cousas pero non nos decatamos
cando comezan.
Teño unha amiga que sufriu acoso psicolóxico. O mozo priváballe
todo: non podía saír coas amigas, estaba seguido insultándoa e facía
dela o que quería. Andaba espiándoa, no móbil léndolle os SMS.
Un día explicámoslle as cousas: non podía seguir así, pois ía coller
unha depresión e, ó final, deixouno.
Unha vez un home pegáballe á muller. Tódolos días chegaba
borracho á casa e pegáballe. En cambio, polas mañás sempre lle
dicía que todo ía cambiar.
Un día a muller armouse de valor e foino denunciar á Garda Civil.
Aos tres días o home matou á muller e logo matouse el.
A XUSTIZA

Unha vez na aldea de Rande anunciaron no periódico que unha
muller foi asasinada polo seu propio marido. Segundo a policía, o
marido degolouna e despois, quixo tirar os restos no mar, pero
collérono. Agora está no xulgado. A asociación de veciños estase
unindo para a loita contra a violencia.
UNHA PARELLA ROTA POLA VIOLENCIA

Esta era unha parella que tiña moitos problemas. A muller
traballaba fóra da casa e ó voltar o único que atopaba era ó seu
home borracho que a insultaba e pegaba cada día.
Pero un día el doulle tal paliza que tivo que ingresar no hospital en
estado moi grave.
A DECISIÓN
Estaba asustada. O seu marido estaba fóra, seguramente borracho.
Tiña medo, non sabía o que facer. Dubidaba, estaba indecisa e
non sabía se denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao
fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase
insegura. Pero cando contou o seu problema sentíase moito
mellor.
GISELA

Gisela ten 16 anos. Leva 4 meses co seu mozo. Lévanse moi ben.
Pero un día el prohíbelle a ela saír da casa se el non ía con ela.
Gisela négase e él pégalle. Ela reacciona e tamén lle pega. Gisela sae
correndo e vai denunciar a agresión sufrida.
ANA CONTRA A VIOLENCIA

Ana estaba co seu mozo, e xa levaban dous anos vivindo xuntos.
Manuel, despois de cear, marchaba e non regresaba ata as 3 da
mañá. Co paso do tempo, Ana deuse conta de que o seu mozo a
maltrataba, e ela sentía medo. Ana colleu o control: chamou ó 016.
O MALTRATADOR

 Unha muller chegou a casa do traballo. O seu home esperaba na
cociña. A muller chegou á cociña e o seu home empezou a berrarlle
a ameazala. A muller estaba triste e tíñalle medo. Ao dia seguinte a
muller colleu un trauma e encerrouse na habitación e non comía.
VIOLETA
Esta é a historia de Violeta, unha nena que recibiu abusos do seu
mellor amigo.
Todo empezou fai dous meses cando na súa propia casa o seu
amigo abusou dela. Violeta síntese intimidada pero grazas á axuda
das súas amigas está logrando superar o trauma.
Chama ó 016. Pénsao.
VIOLENCIA CARA A LUCÍA

Nunha casa vivían o home , a muller e unha filla que tiña 13 anos.
Maltratábana, pegábana, etc. A rapaza cada día tiña máis medo e
non lle gustaba ir á casa, prefería estar todo o día na escola. Ela
denunciou ós seus pais e foi vivir co seu tío.
SENTIRSE MALTRATADA

Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes medo. Hai que
loitar moito, e seguir adiante pero quédanche moitas secuelas.
Pensar que todos os días por calquera cousa era abuso continuo e
tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e
contalo. A vida despois parece outra.
ADEUS Á VIOLENCIA

Carme era unha muller maltratada polo marido.
Tanto ela como os seus fillos vivían con moito medo porque os
maltrataba.
Un día, mentres Xosé o seu marido, a maltrataba Carme fartouse e
plantoulle cara, chamou ao 016 e agora o seu ex-marido está en
prisión.
Agora vive feliz.
ANA

Ana estaba a punto de entrar na consulta de rehabilitación. Ela fora
unha muller maltratada psiquica e psicoloxicamente polo seu marido
durante anos, o seu marido (drogadicto e alcohólico) do que se
separara facía un ano; por fin chamou ó “teléfono da maltratada” e
liberouse do seu verdugo.
Onte á noite volveume a chamar, estaba chorando. Díxome que lle
volvera a pegar, xa non aguanta máis.
Mañá virá pasar un tempo, afastarse del. Logo díxome que o vai
denunciar. É o mellor, antes de que vaia a máis.
Estaremos sempre con ela, apoiándoa, isto acabarase aquí dunha vez.
Cheguei a casa do colexio, entrei na casa e volvín escoitar berros
e golpes non o podo soportar, outra vez non, o mesmo de cada
día, isto debe acabar, pero non acabara se ela non quere, ela ten
que denuncialo pero o medo hacia el impídelle reaccionar antes
de que acabe mal.
ELA:
Día un:
Perfección.
Día trescentos:
Insuperable perfección
Día setecentos:
Insospeitable perfección superada.


EL:
EL:
Día un:
Sufrimento
Día trescentos:
Insufrible sufrimento
Día setecentos:
DOR,DOR,DOR


DESPOIS DA VIDA TODO É ASÍ. PERO ANTES:
Día un:
Amor, amizade felicidade
Día trescentos:
Gritos, dor
Día setecentos
Dor sufrimento MORTE
Roberta estaba casada e tiña un fillo de 5 anos. Sempre tiña
discusións co seu marido, e decidiu separarse.
O home empezoulle a pegar e ela ao seu fillo.
O veciño, xa sabía daquelas pelexas constantes, e ao oír os gritos,
chamou á policía, e despois dun xuízo, acabou no cárcere.
SENTIRSE MALTRATADA

Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu, descontroleime.
Odio, egoísmo, medo a perdela, non houbo un día en que ela
non sufrise. Ese foi o único e gran fallo na miña vida. Agora non
teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de
presos salvaxes.
Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do que viu … pero
o pánico envolveuna de novo. Atopou á súa nai no chan da
cociña … Esta vez non choraba, non temblaba, simplemente
estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai.
¿Escaparía?
Uxía non volveu a ser ela.
Eu non sei! Non sei nada... actúo sen pensar... non podo evitalo... e
que é tan... xa non sei o que é! Pero ela sácame das miñas casillas!
Non podo evitalo. Sempre se fai a mártir... eu eso non o aturo e
cando quero doume conta xa mallei nela…
-Por que non intentas facer algo?
-Teño medo...
-Medo? Pero se malla en ti todos os dias? Mírate!
-E se me mata?
-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da túa caixa, mamá!
-Deus Santo! Non digas eso!
-Chorando e rezando as cousas non mellorarán...
-Xa pero…
Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa
cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que
non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a
pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.
O meu ex marido tratábame moi mal e eu sospeitaba del. Ao saír
do traballo, encontrábame cas rodas do coche pinchadas e tiña que
volver á casa andando e un día farteime. Chamei ao 016 e
denuncieino. Xuroume que me mataba e outras cousas peores pero
eu non lle facía caso.
Hoxe volveume a pegar, pero esta vez non foi unha simple labazada
ou agarrarme malamente do brazo. Colleume polo pelo e
arrastroume polo chan ata botarme fóra da casa.
Empecei a chorar, tiña os ollos morados dos golpes e sangraba pola
cabeza. Decidín chamar á policía e agora vivo mellor.
Chego á casa cansada e suplico que deixe de gritar, os rapaces
dormen; síntome prisioneira na casa.
Se non son del, non serei nunca de ninguén.
Son as catro, esperto polos pesadelos e asómome á ventá; é tan fácil
saltar e deixalo atrás...
Pero, por qué non o fago?
Chego a casa, oio berros e suspiro. Non podo máis.
Entro na cociña e collo un coitelo. Métome na súa habitación e
vexo a meu pai pegándolle a miña nai.
Corro cara el e crávolle o coitelo no peito. Non sei que pasará
despois, pero agora xa non teño medo.
Dor, dor intermitente e forte. Vólveme pegar. Non resisto mais.
Estou soa, sen ninguén, el non me entende. So quero desaparecer.
Neste mundo xa non hai sitio para unha alma en pena como a
miña. Adeus mundo, que un dia me deches a vida e hoxe ma
quitas.
Ela volveume pegar, xa estou farto, isto non pode seguir así, ela non
me volverá a maltratar .
Mañá pola mañá cedo irei á vía do tren, esperarei a que veña o
primeiro tren rápido e cando chegue á estación...
Collo e marcho da casa! Non a volverei ver! Marcho para Galicia.
O neno pechouse no seu cuarto e comezou a chorar. Tiña dous
exames o día seguinte, pero... Como podía estudar así? Os seus pais
estaban discutindo outra vez. Colleu o móbil, finalmente decidiu
escapar de rutina, puxo os cascos e intentou refuxiarse na música.
Xa non podía oír nada máis.
25 de novembro de 2011. Día Mundial contra a violencia de xénero.
En todo o mundo moitas mulleres acaban asasiñadas a mans das
súas ex – parellas. En España o índice de mortalidade do maltrato
de xénero foi diminuíndo pero non acabou. Iso é un problema moi
grave para a sociedade

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Evaluation of preliminary task
Evaluation of preliminary taskEvaluation of preliminary task
Evaluation of preliminary task
thomasm2612
 
Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111
thomasm2612
 
Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111
thomasm2612
 
Original vs adaptation
Original vs adaptationOriginal vs adaptation
Original vs adaptation
thomasm2612
 
Storyboard template to help (1)
Storyboard template to help (1)Storyboard template to help (1)
Storyboard template to help (1)
thomasm2612
 
Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111
thomasm2612
 

Andere mochten auch (10)

Evaluation of preliminary task
Evaluation of preliminary taskEvaluation of preliminary task
Evaluation of preliminary task
 
Posterpattytake
PosterpattytakePosterpattytake
Posterpattytake
 
Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111
 
Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111
 
Original vs adaptation
Original vs adaptationOriginal vs adaptation
Original vs adaptation
 
Production log1
Production log1Production log1
Production log1
 
Kniga new 3
Kniga new 3Kniga new 3
Kniga new 3
 
Report format
Report formatReport format
Report format
 
Storyboard template to help (1)
Storyboard template to help (1)Storyboard template to help (1)
Storyboard template to help (1)
 
Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111Contents page statement of intent 1111
Contents page statement of intent 1111
 

Ähnlich wie Microrrelatos violencia de_xénero (11)

Yaiza Otero. Vítima
Yaiza Otero. VítimaYaiza Otero. Vítima
Yaiza Otero. Vítima
 
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNEROMicrorrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Os vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdfOs vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdf
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
O final do conto de fadas
O final do conto de fadasO final do conto de fadas
O final do conto de fadas
 
Microrrelatos 18-19 IES Pedro Floriani
Microrrelatos 18-19 IES Pedro FlorianiMicrorrelatos 18-19 IES Pedro Floriani
Microrrelatos 18-19 IES Pedro Floriani
 
Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"
Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"
Extracto de "Invisibles. Relatos do maltrato"
 
Historia
Historia Historia
Historia
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Diario De Eva
Diario De EvaDiario De Eva
Diario De Eva
 
Diario De Eva
Diario De EvaDiario De Eva
Diario De Eva
 

Kürzlich hochgeladen (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Microrrelatos violencia de_xénero

  • 1. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Alumnado IES POETA AÑÓN Novembro 2011
  • 2.
  • 3. Ela estaba na casa coma todos os días desexando que el non chegara porque estaba farta. Con el chegaban berros, gritos, insultos, dicirlle que non servía para nada. Cando chegou, ela recibiu a primeira malleira. Dixo que non aguantaba máis e buscoulle solución ó problema: puxo pes fóra e marchou.
  • 4. Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a realidade da vida nas súas fotografías. El é contable nunha pequena empresa. El é capaz de levar a contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non é capaz de fotografar a realidade da súa triste vida en parella.
  • 5. O home estaba traballando como todos os días. Cando rematou a xornada parou no bar como de cotío pero ese día pasouse coa bebida e acabou emborrachándose. O chegar a casa comezou a insultar a muller e a faltarlle ó respecto coma nunca. O final pegoulle e mandouna ó hospital.
  • 6. Eu son un home que se sente culpable por non ver que a ían matar. Como veciño vin a súa evolución: comezou insultándoa, logo empurrándoa, ameazándoa e finalmente matándoa. Fun incapaz de comprender a situación. É fácil ver cando e como rematan as cousas pero non nos decatamos cando comezan.
  • 7. Teño unha amiga que sufriu acoso psicolóxico. O mozo priváballe todo: non podía saír coas amigas, estaba seguido insultándoa e facía dela o que quería. Andaba espiándoa, no móbil léndolle os SMS. Un día explicámoslle as cousas: non podía seguir así, pois ía coller unha depresión e, ó final, deixouno.
  • 8. Unha vez un home pegáballe á muller. Tódolos días chegaba borracho á casa e pegáballe. En cambio, polas mañás sempre lle dicía que todo ía cambiar. Un día a muller armouse de valor e foino denunciar á Garda Civil. Aos tres días o home matou á muller e logo matouse el.
  • 9.
  • 10. A XUSTIZA Unha vez na aldea de Rande anunciaron no periódico que unha muller foi asasinada polo seu propio marido. Segundo a policía, o marido degolouna e despois, quixo tirar os restos no mar, pero collérono. Agora está no xulgado. A asociación de veciños estase unindo para a loita contra a violencia.
  • 11. UNHA PARELLA ROTA POLA VIOLENCIA Esta era unha parella que tiña moitos problemas. A muller traballaba fóra da casa e ó voltar o único que atopaba era ó seu home borracho que a insultaba e pegaba cada día. Pero un día el doulle tal paliza que tivo que ingresar no hospital en estado moi grave.
  • 12. A DECISIÓN Estaba asustada. O seu marido estaba fóra, seguramente borracho. Tiña medo, non sabía o que facer. Dubidaba, estaba indecisa e non sabía se denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así sentíase insegura. Pero cando contou o seu problema sentíase moito mellor.
  • 13. GISELA Gisela ten 16 anos. Leva 4 meses co seu mozo. Lévanse moi ben. Pero un día el prohíbelle a ela saír da casa se el non ía con ela. Gisela négase e él pégalle. Ela reacciona e tamén lle pega. Gisela sae correndo e vai denunciar a agresión sufrida.
  • 14. ANA CONTRA A VIOLENCIA Ana estaba co seu mozo, e xa levaban dous anos vivindo xuntos. Manuel, despois de cear, marchaba e non regresaba ata as 3 da mañá. Co paso do tempo, Ana deuse conta de que o seu mozo a maltrataba, e ela sentía medo. Ana colleu o control: chamou ó 016.
  • 15. O MALTRATADOR Unha muller chegou a casa do traballo. O seu home esperaba na cociña. A muller chegou á cociña e o seu home empezou a berrarlle a ameazala. A muller estaba triste e tíñalle medo. Ao dia seguinte a muller colleu un trauma e encerrouse na habitación e non comía.
  • 16. VIOLETA Esta é a historia de Violeta, unha nena que recibiu abusos do seu mellor amigo. Todo empezou fai dous meses cando na súa propia casa o seu amigo abusou dela. Violeta síntese intimidada pero grazas á axuda das súas amigas está logrando superar o trauma. Chama ó 016. Pénsao.
  • 17. VIOLENCIA CARA A LUCÍA Nunha casa vivían o home , a muller e unha filla que tiña 13 anos. Maltratábana, pegábana, etc. A rapaza cada día tiña máis medo e non lle gustaba ir á casa, prefería estar todo o día na escola. Ela denunciou ós seus pais e foi vivir co seu tío.
  • 18. SENTIRSE MALTRATADA Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes medo. Hai que loitar moito, e seguir adiante pero quédanche moitas secuelas. Pensar que todos os días por calquera cousa era abuso continuo e tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis chamas o 016 e contalo. A vida despois parece outra.
  • 19. ADEUS Á VIOLENCIA Carme era unha muller maltratada polo marido. Tanto ela como os seus fillos vivían con moito medo porque os maltrataba. Un día, mentres Xosé o seu marido, a maltrataba Carme fartouse e plantoulle cara, chamou ao 016 e agora o seu ex-marido está en prisión. Agora vive feliz.
  • 20. ANA Ana estaba a punto de entrar na consulta de rehabilitación. Ela fora unha muller maltratada psiquica e psicoloxicamente polo seu marido durante anos, o seu marido (drogadicto e alcohólico) do que se separara facía un ano; por fin chamou ó “teléfono da maltratada” e liberouse do seu verdugo.
  • 21.
  • 22. Onte á noite volveume a chamar, estaba chorando. Díxome que lle volvera a pegar, xa non aguanta máis. Mañá virá pasar un tempo, afastarse del. Logo díxome que o vai denunciar. É o mellor, antes de que vaia a máis. Estaremos sempre con ela, apoiándoa, isto acabarase aquí dunha vez.
  • 23. Cheguei a casa do colexio, entrei na casa e volvín escoitar berros e golpes non o podo soportar, outra vez non, o mesmo de cada día, isto debe acabar, pero non acabara se ela non quere, ela ten que denuncialo pero o medo hacia el impídelle reaccionar antes de que acabe mal.
  • 24. ELA: Día un: Perfección. Día trescentos: Insuperable perfección Día setecentos: Insospeitable perfección superada. EL: EL: Día un: Sufrimento Día trescentos: Insufrible sufrimento Día setecentos: DOR,DOR,DOR DESPOIS DA VIDA TODO É ASÍ. PERO ANTES: Día un: Amor, amizade felicidade Día trescentos: Gritos, dor Día setecentos Dor sufrimento MORTE
  • 25. Roberta estaba casada e tiña un fillo de 5 anos. Sempre tiña discusións co seu marido, e decidiu separarse. O home empezoulle a pegar e ela ao seu fillo. O veciño, xa sabía daquelas pelexas constantes, e ao oír os gritos, chamou á policía, e despois dun xuízo, acabou no cárcere.
  • 26. SENTIRSE MALTRATADA Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu, descontroleime. Odio, egoísmo, medo a perdela, non houbo un día en que ela non sufrise. Ese foi o único e gran fallo na miña vida. Agora non teño nada, só gañas de saír desta escuridade inmensa, chea de presos salvaxes.
  • 27. Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do que viu … pero o pánico envolveuna de novo. Atopou á súa nai no chan da cociña … Esta vez non choraba, non temblaba, simplemente estaba tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai. ¿Escaparía? Uxía non volveu a ser ela.
  • 28. Eu non sei! Non sei nada... actúo sen pensar... non podo evitalo... e que é tan... xa non sei o que é! Pero ela sácame das miñas casillas! Non podo evitalo. Sempre se fai a mártir... eu eso non o aturo e cando quero doume conta xa mallei nela…
  • 29. -Por que non intentas facer algo? -Teño medo... -Medo? Pero se malla en ti todos os dias? Mírate! -E se me mata? -De seguir así eu non tardarei en ir detrás da túa caixa, mamá! -Deus Santo! Non digas eso! -Chorando e rezando as cousas non mellorarán... -Xa pero…
  • 30. Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.
  • 31. O meu ex marido tratábame moi mal e eu sospeitaba del. Ao saír do traballo, encontrábame cas rodas do coche pinchadas e tiña que volver á casa andando e un día farteime. Chamei ao 016 e denuncieino. Xuroume que me mataba e outras cousas peores pero eu non lle facía caso.
  • 32. Hoxe volveume a pegar, pero esta vez non foi unha simple labazada ou agarrarme malamente do brazo. Colleume polo pelo e arrastroume polo chan ata botarme fóra da casa. Empecei a chorar, tiña os ollos morados dos golpes e sangraba pola cabeza. Decidín chamar á policía e agora vivo mellor.
  • 33. Chego á casa cansada e suplico que deixe de gritar, os rapaces dormen; síntome prisioneira na casa. Se non son del, non serei nunca de ninguén. Son as catro, esperto polos pesadelos e asómome á ventá; é tan fácil saltar e deixalo atrás... Pero, por qué non o fago?
  • 34. Chego a casa, oio berros e suspiro. Non podo máis. Entro na cociña e collo un coitelo. Métome na súa habitación e vexo a meu pai pegándolle a miña nai. Corro cara el e crávolle o coitelo no peito. Non sei que pasará despois, pero agora xa non teño medo.
  • 35. Dor, dor intermitente e forte. Vólveme pegar. Non resisto mais. Estou soa, sen ninguén, el non me entende. So quero desaparecer. Neste mundo xa non hai sitio para unha alma en pena como a miña. Adeus mundo, que un dia me deches a vida e hoxe ma quitas.
  • 36. Ela volveume pegar, xa estou farto, isto non pode seguir así, ela non me volverá a maltratar . Mañá pola mañá cedo irei á vía do tren, esperarei a que veña o primeiro tren rápido e cando chegue á estación... Collo e marcho da casa! Non a volverei ver! Marcho para Galicia.
  • 37. O neno pechouse no seu cuarto e comezou a chorar. Tiña dous exames o día seguinte, pero... Como podía estudar así? Os seus pais estaban discutindo outra vez. Colleu o móbil, finalmente decidiu escapar de rutina, puxo os cascos e intentou refuxiarse na música. Xa non podía oír nada máis.
  • 38. 25 de novembro de 2011. Día Mundial contra a violencia de xénero. En todo o mundo moitas mulleres acaban asasiñadas a mans das súas ex – parellas. En España o índice de mortalidade do maltrato de xénero foi diminuíndo pero non acabou. Iso é un problema moi grave para a sociedade