SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
Downloaden Sie, um offline zu lesen
 
 
 
 
 
 
 MEMORIA XUSTIFICATIVA            
  EXPERIENCIA DIDÁCTICA 
                 O ENTROIDO EN GALIZA 
 
                              UNHA WEBQUEST 
                               COOPERATIVA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CENTRO: C.E.I.P. GONZALO TORRENTE BALLESTER (Sigrás – Cambre – A Coruña) 
AUTORA: ELENA BAULUZ 
DATA REALIZACIÓN: FEBREIRO 2010 
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




                                ÍNDICE
                                                            PÁXINA

1.    ÍNDICE……………………………………………………………………………………………..             2

2.    DESCRICIÓN…………………………………………………………………………………..             3

3.    OBXECTIVOS…………………………………………………………………………………..             4

4.    CONTIDOS……………………………………………………………………………………….              4

5.    ACTIVIDADES………………………………………………………………………………..             5

6.    METODOLOXÍA……………………………………………………………………………….              5

7.    AVALIACIÓN…………………………………………………………………………………..             6

8.    CRITERIOS DE AVALIACIÓN…………………………………………………….            7

9.    PROPOSTAS DE MELLORA……………………………………………………………             7

10. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB…………………………………………….              8




[Elena Bauluz]                                                Páxina 2
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




1. DESCRICIÓN:

          Segundo Schrock,[1998], WebQuest é o medio adecuado para aqueles
       profesores que buscan formas de incorporar Internet na aula. E
       segundo March,[1999], WebQuest usa o mundo real, e tarefas
       auténticas para motivar aos alumnos; a súa estrutura é construtivista e,
       polo tanto, forza aos alumnos a transformar a información e entendela;
       as súas estratexias de aprendizaxe cooperativo axudan aos alumnos a
       desenvolver habilidades e contribuír ao produto final do grupo.1
          Partindo de ámbalas dúas ideas o Equipo de Normalización Lingüística
       do C.E.I.P. Gonzalo Torrente Balllester (Sigrás – Cambre - A Coruña)
       propuxo plantexar unha WebQuest sobre “O Entroido en Galiza”2 para
       que os alumnos e alumnas do centro coñeceran a importancia cultural que
       ten dita festa na nosa Comunidade Autónoma.
          Tras decidir que era o que querían as mestras que os nenos
       aprenderan, elaborei a WebQuest: as preguntas, as páxinas para atopar
       a información, a redacción, as imaxes e videos utilizados para ilustrala…
       O traballo para resolvela realizouse na Área de Coñecemento do Medio
       aproveitando a hora de Informática Aplicada que temos no noso centro.
          Propúxose para o 2º ciclo de E.Primaria (8-10 anos) cunha duración de
       5 sesións de 50 minutos cada unha.
          A organización para traballar decidiuse que fora de dous nenos por
       ordenador. E cada parella respondería a unha pregunta, de xeito que con
       todas as respostas formaran un traballo cooperativo sobre o Entroido
       en Galiza.

         Con esta experiencia didáctica preténdese poñer en valor as
       Tecnoloxías da Información e a Comunicación como medio para a
       ensinanza de contidos curriculares e transversais na aula.




1
    http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm

2
    http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagina=1




[Elena Bauluz]                                                                        Páxina 3
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




2. OBXECTIVOS:


           •     Coñecer as festas e tradicións de Galicia.
           •     Valorar a importancia do Entroido como parte do noso
                 patrimonio cultural.
           •     Planificar e organizar a procura de información na internet.
           •     Observar, analizar e interpretar fotografías e mapas de Galiza.
           •     Utilizar as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na
                 súa aprendizaxe.
           •     Mellorar no seu manexo do ordenador e no uso do procesador
                 de textos.
           •     Ser consciente da importancia de contrastar as fontes de
                 información.
           •     Participar de xeito responsable na realización de tarefas en
                 grupo.



3. CONTIDOS:

           •     O Entroido: festa e tradición.
           •     Mapa de Galiza: lugares máis importantes na súa celebración.
           •     Traxes, máscaras e personaxes dos entroidos máis
                 destacables.
           •     Gastronomía da época.
           •     Valoración da diversidade cultural como fonte de
                 enriquecemento persoal.
           •     Recompilación de información e utilización dos coñecementos
                 adquiridos.
           •     Distinción da información relevante da que non o é.
           •     Ampliación do vocabulario relativo ao tema.
           •     Organización das palabras.
           •     Confrontar as fontes de información.
           •     Bibliografía e páxinas web utilizadas.
           •     Utilización do ordenador e da internet para a elaboración do
                 traballo.




[Elena Bauluz]                                                           Páxina 4
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




4. ACTIVIDADES:

            •    Organizar as parellas de traballo.
            •    Explicar que é unha Webquest e cales son os obxectivos da
                 actividade (traballo cooperativo)
            •    Repartir as preguntas, unha por parella.
            •    Crear a súa carpeta “ENTROIDO” para gardar toda a
                 información que vaian atopando na rede.
            •    Crear subcarpetas dentro da anterior: “FOTOS” e “TEXTOS”.
            •    Crear un documento de Word, co nome da súa pregunta, para ir
                 pegando a información relevante.
            •    Elixir imaxes que ilustren o seu texto. (traxes, máscaras,
                 personaxes, a festa….)
            •    Organizar a información atopada.
            •    Reler o texto e distinguir o importante do que non o é.
            •    Dar formato al documento. Título, subtítulo, corpo de texto.
            •    Organizar as imaxes co respecto ao texto.
            •    Elixir entre todos o encabezado, o pe de páxina e a portada.
            •    Facer o índice coas preguntas.
            •    Facer a bibliografía das páxinas web utilizadas.
            •    Presentación do traballo ao resto da comunidade educativa no
                 taboleiro do Equipo de Normalización Lingüística.

5. METODOLOXÍA:

    Segundo a Lexislación da E.Primaria en Galiza3, os tres paradigmas
pedagóxicos que deben fundamentar a intervención educativa serán,
(sempre interrelacionados):
          • O globalizador,
          • O crítico,
          • O construtivista.
    O alumnado debe ser o construtor da súa propia aprendizaxe, coa axuda
do profesorado e coa das compañeiras e dos compañeiros.
    No apartado da Área de Coñecemento do Medio tamén se fai unha
mención específica á “…utilización das TIC, usadas como fontes
informativas (internet, dicionarios e enciclopedias dixitais, webquest...),
como facilitador do tratamento de datos (programas específicos), como


3
  Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na
Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007)


[Elena Bauluz]                                                                              Páxina 5
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




recurso capaz de amosar modelos (software específico), como medio para a
redacción de informes e para a comunicación de conclusións e informacións
(elaboración de texto e hipertexto, chat, correo electrónico, web...)…..”

    Con todo o dito anteriormente case non fai falla dicir que con esta
actividade ponse de manifesto unha aprendizaxe construtiva, cooperativa, e
significativa coa fin de conseguir facer aos alumnos máis competentes para
incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver
unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

6. AVALIACIÓN:

    Seguirá os seguintes criterios básicos:

         • Global: tendo en conta o punto de partida dos alumnos, a súa
           evolución ao longo do proceso, e os resultados obtidos ao final do
           mesmo.
         • Individualizada: centrándose en cada alumno e na súa situación
           inicial e particularidades.
         • Integradora: contempla a existencia de diferentes grupos e
           situacións.
         • Cualitativa: avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de
           desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo.
         • Orientadora: aporta información precisa para mellorar a súa
           aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas.

Algúns dos procedementos e instrumentos existentes para avaliar o proceso
de aprendizaxe:

         •   Observación sistemática:
         -   Rexistro anecdótico persoal.
         •   Análise das producións dos alumnos:
         -   Textos escritos.
         -   Producións orais.
         •   Intercambios orais cos alumnos:
         -   Diálogo.
         -   Postas en común.
         •   Proba específica:
         -   Resolución da Webquest.
         -   Elaboración en Word da súa parte do traballo.
         •   Autoavaliación.

[Elena Bauluz]                                                        Páxina 6
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

    Os criterios de avaliación serán referente fundamental para valorar
tanto o grao de adquisición das competencias básicas como da consecución
dos obxectivos. Segundo os obxectivos propostos avaliarase:

        •   Coñece e valora a importancia do Entroido como parte do noso
            patrimonio cultural.
        •   Procura información na internet, planifícaa e organízaa.
        •   É capaz de observar, analizar e interpretar fotografías e mapas
            de Galiza.
        •   Distingue a información relevante.
        •   Utiliza as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na súa
            aprendizaxe.
        •   Mellora no seu manexo do ordenador e no procesador de textos.
        •   Cita as fontes de información.
        •   Participa activamente no traballo.
        •   Colabora na realización de tarefas en grupo.
        •   Valora o seu esforzo e o dos demais para conseguir o obxectivo
            común.

8. PROPOSTAS DE MELLORA:

       Todo proceso de ensinanza - aprendizaxe ten unha avaliación inicial e
outra final. A primeira, tiña que ver cos seus coñecementos sobre o
Entroido en Galiza, e penso que os alumnos melloraron no seu coñecemento
sobre el, as súas festas e tradicións, a súa gastronomía… Pero na avaliación
final, ademais de todo iso, tamén melloraron en todas as súas competencias:
na comunicación lingüística, no coñecemento e a interacción co mundo físico,
no tratamento da información e competencia dixital, na social e cidadá, na
cultural e artística, no aprender a aprender e na autonomía e iniciativa
persoal.

       De cara a un futuro gustaríame plantexar a actividade desde outra
perspectiva: a creación por eles mesmos dunha WebQuest e que fora
resolta por outro grupo de alumnos do centro. Sería unha boa maneira de
involucralos desde o principio na actividade, e tamén serían os artífices da
aprendizaxe doutros.




[Elena Bauluz]                                                       Páxina 7
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




       O resultado de todo este traballo superou con creces as miñas
expectativas. Por iso, considero que a experiencia foi moi enriquecedora.
non só para os rapaces, senón para min como mestra.
       Desde aquí dou as grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do
meu centro por propoñerme a idea de crear esta WebQuest, ás mestras do
2º ciclo que me axudaron na organización final do traballo e, por suposto,
aos rapaces e rapazas por facer posíbel esta aventura e deixarme coa mel
nos beizos para volver traballar deste xeito nun futuro.

9. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB:

   •   LEXISLACIÓN DA E.PRIMARIA EN GALIZA: Decreto 130/2007, do
       28 de xuño. (DOG do 9 de xullo de 2007)
   •   Que é unha WebQuest?: http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm

   •   PHPWEBQUEST: Aloxado gratuito: http://www.phpwebquest.org/
   •   BAULUZ, ELENA:    WebQuest:        “O    Entroido       en                    Galiza”:
       http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagin
       a=1
   •   BASES            CERTAMEN               INTERNACIONAL                   EDUCARED:
       http://www.educared.org/c/document_library/get_file?uuid=261b8b87-6ff5-45d7-8c70-
       438a07fd7c51&groupId=4520136
   •   PROXECTO CURRICULAR E PROGRAMACIÓN DE AULA “Medio 4.
       Tema   14: Como   é   Galiza”. Editorial Vicens Vives.
       http://www.vicensvives.net/DIDACLIC/descarga_recursos/docs_comuns/docs_cd/es/primaria/d
       ata/navegacion.html#




[Elena Bauluz]                                                                        Páxina 8

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Memoria o entroido-en-galiza

Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeSusana Losada
 
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_Encarna
 
Proxecto rianxo (pcpi)
Proxecto rianxo (pcpi)Proxecto rianxo (pcpi)
Proxecto rianxo (pcpi)Marlou
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroMaria Lopez
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
AplicacióNs Dun Blogue Educativo
AplicacióNs Dun Blogue EducativoAplicacióNs Dun Blogue Educativo
AplicacióNs Dun Blogue Educativobiocris80
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfpapoularosa
 
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código abertoSocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código abertoCarlos López Ardao
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeLuciano Fernández
 

Ähnlich wie Memoria o entroido-en-galiza (20)

Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profe
 
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
 
Proxecto rianxo (pcpi)
Proxecto rianxo (pcpi)Proxecto rianxo (pcpi)
Proxecto rianxo (pcpi)
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
 
AplicacióNs Dun Blogue Educativo
AplicacióNs Dun Blogue EducativoAplicacióNs Dun Blogue Educativo
AplicacióNs Dun Blogue Educativo
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
PDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑAPDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑA
 
Lévame ies valadares
Lévame ies valadaresLévame ies valadares
Lévame ies valadares
 
II Xornadas de Lingua Santiago 28/2/09
II Xornadas de Lingua Santiago 28/2/09II Xornadas de Lingua Santiago 28/2/09
II Xornadas de Lingua Santiago 28/2/09
 
Das tic ás tac
Das tic ás tacDas tic ás tac
Das tic ás tac
 
Das TIC ás TAC
Das TIC ás TACDas TIC ás TAC
Das TIC ás TAC
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código abertoSocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase
 

Mehr von aulainformaticaelena

Mehr von aulainformaticaelena (9)

Nuevos deportes en el cole
Nuevos deportes en el coleNuevos deportes en el cole
Nuevos deportes en el cole
 
Día paz 2017 "Migración y refugio" CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE
Día paz 2017 "Migración y refugio" CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANEDía paz 2017 "Migración y refugio" CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE
Día paz 2017 "Migración y refugio" CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE
 
DEPORTE EN LA CALLE: Material y vestuario
DEPORTE EN LA CALLE: Material y vestuarioDEPORTE EN LA CALLE: Material y vestuario
DEPORTE EN LA CALLE: Material y vestuario
 
HISTORIA DE BIBLIOMISTOS
HISTORIA DE BIBLIOMISTOSHISTORIA DE BIBLIOMISTOS
HISTORIA DE BIBLIOMISTOS
 
Unesco Dia Poesia
Unesco Dia PoesiaUnesco Dia Poesia
Unesco Dia Poesia
 
El béisbol
El béisbolEl béisbol
El béisbol
 
El Atletismo.
El Atletismo.El Atletismo.
El Atletismo.
 
Unidade Didáctica Brinquedos
Unidade Didáctica BrinquedosUnidade Didáctica Brinquedos
Unidade Didáctica Brinquedos
 
Fotos Animales
Fotos AnimalesFotos Animales
Fotos Animales
 

Memoria o entroido-en-galiza

  • 1.             MEMORIA XUSTIFICATIVA             EXPERIENCIA DIDÁCTICA  O ENTROIDO EN GALIZA      UNHA WEBQUEST    COOPERATIVA                             CENTRO: C.E.I.P. GONZALO TORRENTE BALLESTER (Sigrás – Cambre – A Coruña)  AUTORA: ELENA BAULUZ  DATA REALIZACIÓN: FEBREIRO 2010 
  • 2. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  ÍNDICE PÁXINA 1. ÍNDICE…………………………………………………………………………………………….. 2 2. DESCRICIÓN………………………………………………………………………………….. 3 3. OBXECTIVOS………………………………………………………………………………….. 4 4. CONTIDOS………………………………………………………………………………………. 4 5. ACTIVIDADES……………………………………………………………………………….. 5 6. METODOLOXÍA………………………………………………………………………………. 5 7. AVALIACIÓN………………………………………………………………………………….. 6 8. CRITERIOS DE AVALIACIÓN……………………………………………………. 7 9. PROPOSTAS DE MELLORA…………………………………………………………… 7 10. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB……………………………………………. 8 [Elena Bauluz] Páxina 2
  • 3. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  1. DESCRICIÓN: Segundo Schrock,[1998], WebQuest é o medio adecuado para aqueles profesores que buscan formas de incorporar Internet na aula. E segundo March,[1999], WebQuest usa o mundo real, e tarefas auténticas para motivar aos alumnos; a súa estrutura é construtivista e, polo tanto, forza aos alumnos a transformar a información e entendela; as súas estratexias de aprendizaxe cooperativo axudan aos alumnos a desenvolver habilidades e contribuír ao produto final do grupo.1 Partindo de ámbalas dúas ideas o Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. Gonzalo Torrente Balllester (Sigrás – Cambre - A Coruña) propuxo plantexar unha WebQuest sobre “O Entroido en Galiza”2 para que os alumnos e alumnas do centro coñeceran a importancia cultural que ten dita festa na nosa Comunidade Autónoma. Tras decidir que era o que querían as mestras que os nenos aprenderan, elaborei a WebQuest: as preguntas, as páxinas para atopar a información, a redacción, as imaxes e videos utilizados para ilustrala… O traballo para resolvela realizouse na Área de Coñecemento do Medio aproveitando a hora de Informática Aplicada que temos no noso centro. Propúxose para o 2º ciclo de E.Primaria (8-10 anos) cunha duración de 5 sesións de 50 minutos cada unha. A organización para traballar decidiuse que fora de dous nenos por ordenador. E cada parella respondería a unha pregunta, de xeito que con todas as respostas formaran un traballo cooperativo sobre o Entroido en Galiza. Con esta experiencia didáctica preténdese poñer en valor as Tecnoloxías da Información e a Comunicación como medio para a ensinanza de contidos curriculares e transversais na aula. 1 http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm 2 http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagina=1 [Elena Bauluz] Páxina 3
  • 4. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  2. OBXECTIVOS: • Coñecer as festas e tradicións de Galicia. • Valorar a importancia do Entroido como parte do noso patrimonio cultural. • Planificar e organizar a procura de información na internet. • Observar, analizar e interpretar fotografías e mapas de Galiza. • Utilizar as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na súa aprendizaxe. • Mellorar no seu manexo do ordenador e no uso do procesador de textos. • Ser consciente da importancia de contrastar as fontes de información. • Participar de xeito responsable na realización de tarefas en grupo. 3. CONTIDOS: • O Entroido: festa e tradición. • Mapa de Galiza: lugares máis importantes na súa celebración. • Traxes, máscaras e personaxes dos entroidos máis destacables. • Gastronomía da época. • Valoración da diversidade cultural como fonte de enriquecemento persoal. • Recompilación de información e utilización dos coñecementos adquiridos. • Distinción da información relevante da que non o é. • Ampliación do vocabulario relativo ao tema. • Organización das palabras. • Confrontar as fontes de información. • Bibliografía e páxinas web utilizadas. • Utilización do ordenador e da internet para a elaboración do traballo. [Elena Bauluz] Páxina 4
  • 5. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  4. ACTIVIDADES: • Organizar as parellas de traballo. • Explicar que é unha Webquest e cales son os obxectivos da actividade (traballo cooperativo) • Repartir as preguntas, unha por parella. • Crear a súa carpeta “ENTROIDO” para gardar toda a información que vaian atopando na rede. • Crear subcarpetas dentro da anterior: “FOTOS” e “TEXTOS”. • Crear un documento de Word, co nome da súa pregunta, para ir pegando a información relevante. • Elixir imaxes que ilustren o seu texto. (traxes, máscaras, personaxes, a festa….) • Organizar a información atopada. • Reler o texto e distinguir o importante do que non o é. • Dar formato al documento. Título, subtítulo, corpo de texto. • Organizar as imaxes co respecto ao texto. • Elixir entre todos o encabezado, o pe de páxina e a portada. • Facer o índice coas preguntas. • Facer a bibliografía das páxinas web utilizadas. • Presentación do traballo ao resto da comunidade educativa no taboleiro do Equipo de Normalización Lingüística. 5. METODOLOXÍA: Segundo a Lexislación da E.Primaria en Galiza3, os tres paradigmas pedagóxicos que deben fundamentar a intervención educativa serán, (sempre interrelacionados): • O globalizador, • O crítico, • O construtivista. O alumnado debe ser o construtor da súa propia aprendizaxe, coa axuda do profesorado e coa das compañeiras e dos compañeiros. No apartado da Área de Coñecemento do Medio tamén se fai unha mención específica á “…utilización das TIC, usadas como fontes informativas (internet, dicionarios e enciclopedias dixitais, webquest...), como facilitador do tratamento de datos (programas específicos), como 3 Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007) [Elena Bauluz] Páxina 5
  • 6. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  recurso capaz de amosar modelos (software específico), como medio para a redacción de informes e para a comunicación de conclusións e informacións (elaboración de texto e hipertexto, chat, correo electrónico, web...)…..” Con todo o dito anteriormente case non fai falla dicir que con esta actividade ponse de manifesto unha aprendizaxe construtiva, cooperativa, e significativa coa fin de conseguir facer aos alumnos máis competentes para incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida. 6. AVALIACIÓN: Seguirá os seguintes criterios básicos: • Global: tendo en conta o punto de partida dos alumnos, a súa evolución ao longo do proceso, e os resultados obtidos ao final do mesmo. • Individualizada: centrándose en cada alumno e na súa situación inicial e particularidades. • Integradora: contempla a existencia de diferentes grupos e situacións. • Cualitativa: avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo. • Orientadora: aporta información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas. Algúns dos procedementos e instrumentos existentes para avaliar o proceso de aprendizaxe: • Observación sistemática: - Rexistro anecdótico persoal. • Análise das producións dos alumnos: - Textos escritos. - Producións orais. • Intercambios orais cos alumnos: - Diálogo. - Postas en común. • Proba específica: - Resolución da Webquest. - Elaboración en Word da súa parte do traballo. • Autoavaliación. [Elena Bauluz] Páxina 6
  • 7. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Os criterios de avaliación serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como da consecución dos obxectivos. Segundo os obxectivos propostos avaliarase: • Coñece e valora a importancia do Entroido como parte do noso patrimonio cultural. • Procura información na internet, planifícaa e organízaa. • É capaz de observar, analizar e interpretar fotografías e mapas de Galiza. • Distingue a información relevante. • Utiliza as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na súa aprendizaxe. • Mellora no seu manexo do ordenador e no procesador de textos. • Cita as fontes de información. • Participa activamente no traballo. • Colabora na realización de tarefas en grupo. • Valora o seu esforzo e o dos demais para conseguir o obxectivo común. 8. PROPOSTAS DE MELLORA: Todo proceso de ensinanza - aprendizaxe ten unha avaliación inicial e outra final. A primeira, tiña que ver cos seus coñecementos sobre o Entroido en Galiza, e penso que os alumnos melloraron no seu coñecemento sobre el, as súas festas e tradicións, a súa gastronomía… Pero na avaliación final, ademais de todo iso, tamén melloraron en todas as súas competencias: na comunicación lingüística, no coñecemento e a interacción co mundo físico, no tratamento da información e competencia dixital, na social e cidadá, na cultural e artística, no aprender a aprender e na autonomía e iniciativa persoal. De cara a un futuro gustaríame plantexar a actividade desde outra perspectiva: a creación por eles mesmos dunha WebQuest e que fora resolta por outro grupo de alumnos do centro. Sería unha boa maneira de involucralos desde o principio na actividade, e tamén serían os artífices da aprendizaxe doutros. [Elena Bauluz] Páxina 7
  • 8. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  O resultado de todo este traballo superou con creces as miñas expectativas. Por iso, considero que a experiencia foi moi enriquecedora. non só para os rapaces, senón para min como mestra. Desde aquí dou as grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do meu centro por propoñerme a idea de crear esta WebQuest, ás mestras do 2º ciclo que me axudaron na organización final do traballo e, por suposto, aos rapaces e rapazas por facer posíbel esta aventura e deixarme coa mel nos beizos para volver traballar deste xeito nun futuro. 9. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB: • LEXISLACIÓN DA E.PRIMARIA EN GALIZA: Decreto 130/2007, do 28 de xuño. (DOG do 9 de xullo de 2007) • Que é unha WebQuest?: http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm • PHPWEBQUEST: Aloxado gratuito: http://www.phpwebquest.org/ • BAULUZ, ELENA: WebQuest: “O Entroido en Galiza”: http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagin a=1 • BASES CERTAMEN INTERNACIONAL EDUCARED: http://www.educared.org/c/document_library/get_file?uuid=261b8b87-6ff5-45d7-8c70- 438a07fd7c51&groupId=4520136 • PROXECTO CURRICULAR E PROGRAMACIÓN DE AULA “Medio 4. Tema 14: Como é Galiza”. Editorial Vicens Vives. http://www.vicensvives.net/DIDACLIC/descarga_recursos/docs_comuns/docs_cd/es/primaria/d ata/navegacion.html# [Elena Bauluz] Páxina 8