Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Retallos 2010

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
1
XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA”
BORJA
CARLA
ADRIÁN GORKA
BORJA
ADRIÁN
BEATRIZ
SARA
AROA NEREA
ALEJANDRO
MARIO
SUSANA
NATA...
2
RETALLOS SUMARIO
Opinión ................................................................... páxina 2
Reportaxes ..........
3
RETALLOS OPINIÓN
COMENTARIO EDITORIAL
Estaba decidido que o comentario editorial deste ano fose sobre a paz, tema ao
que...
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 54 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Ähnlich wie Retallos 2010 (20)

Anzeige

Retallos 2010

  1. 1. 1 XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA” BORJA CARLA ADRIÁN GORKA BORJA ADRIÁN BEATRIZ SARA AROA NEREA ALEJANDRO MARIO SUSANA NATALÍ BRUNO ANDREA IRENE NEREA CARLOS DENIS CARLOS FÉLIX TANIA MARÍA EVA Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nº 3-2010
  2. 2. 2 RETALLOS SUMARIO Opinión ................................................................... páxina 2 Reportaxes ............................................................... páxina 5 Xogos populares ...................................................... páxina 18 Literatura popular ...................................................... páxina 25 Páxinas de historia ...................................................... páxina 31 Colaboracións literarias ............................................. páxina 32 Pasatempos ............................................................... páxina 42 Sociedade ............................................................... páxina 50 Sinaturas ............................................................... páxina 52
  3. 3. 3 RETALLOS OPINIÓN COMENTARIO EDITORIAL Estaba decidido que o comentario editorial deste ano fose sobre a paz, tema ao que lle demos maior relevancia este curso, o que desembocou na celebración dun festival para conmemorar o “Día da Paz”, no que todos os cursos fixeron unha actuación con cancións ou espectáculos centrados nese tema e que na súa meirande parte foron montados sobre letras que @s mesm@s nen@s crearon. Á vista do que fixeran, decidimos que o mellor era calar nós e cederlles a palabra. Estamos seguros de que non se perde en profundidade e ganamos frescura e espontaneidade. Aí vai unha pequena selección feita case ao chou: prestádelles atención! DÍA 30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA Hoxe no noso cole estamos a celebrar o tan nomeado día da paz. Outros anos fixemos murais, poesías, escritos, ... para conmemoralo. Na nosa clase falamos do tema e acordamos solidarizarnos con Haití, coa súa xente, cos necesitados, cos sen familia, ... Xa que a súa desgraza nos atinxe a todos. Catástrofes naturais pódenos pasar a nós en calquera momento. Neste caso, pasou en Haití e temos que axudar xa, evitando así máis miseria, a violencia pola supervivencia, aos que se aproveitan desta situación de caos, ... Todos nos manifestamos. Polo pobo de Haití.  Pola non violencia.  Pola súa axuda.  Polos máis desfavorecidos.  Xuntos pola reconstrución dun país.  Polos tristes, feridos e agoniados.  Polos sen familia.  Porque os esforzos se convertan nunha realidade.
  4. 4. 4 RETALLOS OPINIÓN Viva a súa paz! Para o pobo de Haití  Para aqueles que quedaron sen casa.  Para os que perderon algún familiar ou amigo.  Para aquelas nais que perderon os seus fillos e eses fillos que perderon aos seus pais.  Para todos eles, comprensión e amor.  Para os que están nos hospitais.  Para aqueles que por falta de medios non poden estar.  Para os que loitan por sobrevivir e ter algún alimento que lles quite a fame e a sede.  Para todas aquelas persoas que están axudando para que Haití poida volver á normalidade. Gratitude.  E por último, para todos aqueles que morreron e xa non están. O recordo. Xamais se vos esquecerá!! Patricia Fernández. 5º A A BRANCA POMBA QUÉRENOS ENSINAR QUE UN POBO SEN GUERRA TEMOS QUE ALCANZAR TRÁENOS A ALEGRÍA, A PAZ, O AMOR, E QUERE QUE TODOS VIVAMOS MELLOR. Mario. 5 anos A Se a paz cantamos. Se a paz facemos no noso corazón PAZ teremos. Traballo colectivo. 2º B
  5. 5. 5 RETALLOS OPINIÓN A PAZ A Guerra non ten sentido. Non sería mellor ser amigos? En vez de loitar, non podíamos xogar? Non ten sentido ir, nin ir armado, porque se pode saír moi ferido e sempre todos derrotados. En vez de capturar animais, como furtivos, non podíamos coidalos e ser amigos? É que xa non recordades o que é a Paz? É o símbolo da amizade. E o outro símbolo da Paz é aquela pombiña branquiña, que voa vixiando que haxa Paz todos os días. Zaira María Piñeiro García. 3º B Día da Paz A Paz é amor, a guerra é dor, axúdanos a ter un mundo mellor. Adrián C. 6º A O día da Paz é un día fugaz. Como bos cidadáns debemos vivir en paz. Por favor, nestas 24 horas de Paz, colabora e xa verás. Jonatan. 6º B
  6. 6. 6 RETALLOS REPORTAXES Os nenos e nenas de 3 anos fixemos unha visita os bombeiros. Mirade que ben o pasamos, e cantas cousas aprendidos. Saímos do colexio moi ilusionados. Gústanvos os nosos gorros? A eles lles encantaron. En canto chegamos empezaron as sorpresas…
  7. 7. 7 RETALLOS REPORTAXES Uauh! Que rápido sube esta escaleira. Como se non ían chegar ó alto das casas cando hai un lume? Así poden sacar a xente dunha maneira rápida e segura. Que fortes somos! Cortamos un tubo de ferro soamente cunha man. Con estes aparellos, que se chaman de excarceración, sacan a xente dos coches cando houbo un accidente.
  8. 8. 8 RETALLOS REPORTAXES Deixáronos probar a súa roupa. Aínda que nos quedaba un pouco grande parecíamos auténticos bombeiros. Agora xa sabemos como se protexen do lume para non queimarse. E tamén subimos ós camións. Este no que nos vedes é un modelo moi antigo que veu de Francia. E sabedes que… era o que utilizaban hai moitos anos. Fíxonos moita graza porque tiñan que ir sentados nun banco como o do parque.
  9. 9. 9 RETALLOS REPORTAXES Como este traballo é tan duro, necesitan estar sempre en forma. Este é o ximnasio no que se entrenan. Con tantas cousas que tiñan, animámonos a facer nós tamén un pouco de deporte. E a que non sabedes que… Os bombeiros pasan moito tempo no parque, 24HORAS SEGUIDAS! Por iso tamén teñen que descansar e xantar moi ben. Para iso teñen unha cociña, un salón… e ata camas!
  10. 10. 10 RETALLOS REPORTAXES Ah!!! Casi nos esquecemos de contarvos unha cousa; a este posto de control foi ó que chegou a chamada para avisar de que había un lume. Que rápido marcharon, non nos deu tempo nin a despedirnos deles. Pero como volveron axiña (menos mal que era un lume pequeniño), estabámoslles esperando coa merenda. Pasámolo xenial e os bombeiros portáronse moi ben con nos, por iso lles fixemos un regalo con todo o noso cariño.
  11. 11. 11 RETALLOS REPORTAXES Sabedes? téñeno colgado nunha parede do parque de bombeiros. Que ilusión! Verdade? Educación Infantil. 3 anos
  12. 12. 12 RETALLOS REPORTAXES OBXECTIVOS O principal obxectivo que nos levou a traballar neste tema é concienciar ós nosos alumnos sobre o respecto polas normas viarias, e a partir deles, transmitirlle ós pais as súas aprendizaxes, chegando todos a asumir a perigosidade a que estamos expostos, e que, dende os centros escolares coa colaboración dos concellos, é o mellor sitio para conseguilo HISTORIA DO PROXECTO Os mestres de E Física do colexio pensamos que os nosos alumnos andaban faltos dunha formación de circulación viaria tan útil, como necesaria para a mellora e o respecto polas normas de tráfico. Axiña tivemos respaldo tanto da dirección do centro de todo o claustro como dos monitores do concello e a policía local Así comezamos O primeiro que fixemos foi sinalizar o chan de todo o colexio colocando en sitios estratéxicos as sinais de tráfico que vimos máis axeitadas, así como rotondas en tódolos descansos, xa nos primeiros días notamos o interese que espertou nos alumnos/as toda esta “movida” que consideramos coma un xogo no que todos participamos dun xeito ou de outro. Os primeiros resultados xa os vimos de inmediato pois os alumnos entran en filas sen atropelos nin empuxóns, con orden, tan difícil de conseguir, a continuación o respecto polas sinais que se atopan no seu percorrido. Fixemos uns carnés para tódolos nenos e mestres que levamos colgado coa foto e o nome de cada un, con 12 puntos que si se comete unha falta grave vanse quitando puntos sucesivamente, pero como a nosa labor non é só castigar tamén premiamos ós que o fan moi ben, respectando as normas, nomeando a estes alumnos como axudantes do garda de tráfico e colocámoslles un peto fluorescente sendo estes nenos os primeiros e últimos de cada fila, obtendo unha autoridade viaria durante 1 semana.
  13. 13. 13 RETALLOS REPORTAXES O noso concello solidarizouse con este proxecto e pintounos o patio cuberto como circuíto viario o que nos facilitou moito a aprendizaxe das sinais de tráfico. O principio os alumnos colocábanse en filas como si fosen autobuses respectando e asimilando o comportamento ante as sinais.O mesmo tempo a policía local mostrou tamén interese por este traballo e tivemos a súa colaboración total tanto dentro do centro como nas saídas que realizamos o longo destes dous anos. Parécenos interesante explicar algunha delas tanto polo seu contido como pola súa finalidade. 1º Saída polo barrio en grupos, coa axuda dos monitores do concello, dos compañeiros e da propia policía. Nestas saídas a cada grupo asignóuselle un percorrido no que tiñan que anotar tódalas deficiencias viarias que atoparan ( ao mesmo tempo que coñecían o seu barrio doutro xeito). Fixemos unha posta en común e as anotacións recollidas entregámolas no concello con esta actividade queremos formar os nosos alumnos de xeito responsable e critica ante o entorno que os rodea 2º Polo Nadal saímos tódolos alumnos de 6º agrupados de 3 en 3 aquí xa necesitamos máis axuda, e tivémola a esgallo, colaboraron con nós as asociacións do barrio as asociacións de minusválidos e algúns pais dos propios alumnos esta saída consistía en escribir nunha especie de postal unha frase alusiva o respecto polas sinais e cunha sinal de STOP que levábamos cada grupo parábanse os condutores e entregabámoslla deste xeito intentamos sensibilizar tanto os alumnos coma os condutores da prudencia ante a condución 3º No curso seguinte comezamos a traballar coa bicicleta, para iso fixemos reunións cos pais dos alumnos que dende 3º a 6º estivesen dispostos a que os nenos viñeran na bici ao colexio trazando 2 rutas
  14. 14. 14 RETALLOS REPORTAXES seguras polas que os nenos coa axuda da policía e combinando cos seus pais puideran realizala coa máxima seguridade. Conseguimos que por estas rutas viñeran preto de 20 alumnos diariamente neste punto foi moi importante a colaboración cos pais xa que si sumamos esforzos o resultado duplicase 4º Realización de traballos en colaboración coas titoras sobre o entorno mais próximo trazando rutas que o mesmo tempo serven de exercicio de orientación OS VALORES QUE DESTACAMOS CON ESTE PROXECTO SON VARIOS E IMPORTANTES a.-Concienciación e reflexión do entorno do propio barrio fixándonos nas deficiencias e posibles solucións b.-Espertar o interese polo respecto ó medio ambiente descubrindo nas saídas os perigos os que estamos expostos , e posibles solucións c.-Sensibilización e respecto no barrio ó paso dos alumnos, xa que en moitos puntos non existen pasos de peóns d.-Axuda desinteresada por parte dos compañeiros para axudar os demais a aprender a dominar os vehículos nos que algúns teñen dificultade como andar en bici, en patinete ou patines quedándose de forma altruísta sen recreo Ao longo destes 2 anos presentamos o proxecto a un concurso da D.G.T. así como o plan valora e con esta dotación económica puidemos mercar material para seguir co proxecto No presente curso estamos a pintar a pista de fora cun circuíto viario e un xogo de oca con sinais de tráfico e aproveitamos os recadros de descanso para pintar xogos populares e ser utilizados polos nenos nos ratos de lecer. Marita Marcelino Profesores de Educación Física
  15. 15. 15 RETALLOS REPORTAXES O martes 19 de Xaneiro do 2010 fomos en bicicleta a Pena Molexa, os nenos de 5º e 6º. Tamén algúns pais e profesores foron connosco. Saímos ás 9:30 aínda que nos retrasamos un pouco porque algúns nenos non tiñan as rodas das bicicletas Ben inchadas.
  16. 16. 16 RETALLOS REPORTAXES Cando saiamos, todos os nenos estabamos ilusionados por saber como era Pena Molexa. O camiño foi longo, duns 12 quilómetros, e ademais había moitas subidas e poucas baixadas. Por fin chegamos, aínda que para subir había unha costa que case caemos de cu. Tiñamos tanta fame que axiña collemos o bocadillo. Despois de comer, fomos a ver o que era Pena Molexa, pero tivemos tan mala sorte que comezou a chover e tivémonos que refuxiar nunha pedra que era Pena Molexa. Quedamos moi desilusionados. Parou de chover e continuamos a ruta cun amigo que era un can e como non sabiamos como se chamaba puxémoslle o nome de Pancho. E cando menos o esperabamos volveu a chover e empapámonos. Entón chamamos ao colexio para que cando chegaramos da ruta nos viñeran a recoller os nosos pais. Cando fixemos os 12 quilómetros de volta os nosos pais estaban alí para recollernos. A verdade e que preferiamos ir un día que non chovera, pois a historiadora non puido darnos a explicación nese momento e tivo que vir ao centro para contarnos algo máis da historia deste lugar. Pero pasámolo moi ben xuntos e foi como unha aventura. Nosa impresión foi de que en Galicia hai pouca xente que sae a beirarrúa. Aínda que as poucas persoas que saen á rúa van en coche e non en bicicleta vimos moito verde na Pena Molexa pero polas beirarrúas non había moito. Dous días despois, ou así, a historiadora, chamada Anabel, da Xunta de Galicia veu ao noso colexio e contounos a historia de Pena Molexa. En calquera parte de Galiza sobresaen os castros que nas largas noites de inverno son motivo de moitas historias arrepiantes que hoxe escoitamos arredor do lume. Pena Molexa e un dos monumentos naturais máis singulares do Concello de Narón. Trátase dunha gran rocha de varias toneladas de peso sobre a que se sitúan outras de menor tamaño. Pena Molexa é una lenda de hai moitos anos: Dise que un feitizo converteu a unha fada moi guapa nunha rocha que é Pena Molexa… Na noite de San Xoán desfaise o feitizo e durante uns segundos a rocha transformase outra vez en muller … Debería atopar un pretendente que a librase de pasar outro ano enteiro encerrada na rocha. Pero o pretendente debería pasar unhas probas para demostrar o seu amor. A fada dálle a elixir entre ela ou un tesouro, pero todos os anos el elixe o tesouro e ámbolos dous se funden na rocha e ela deberá esperar un ano máis para repetir a historia. Tamén nos contou sobre como era o castro de Pena Molexa …
  17. 17. 17 RETALLOS REPORTAXES Contounos que os que antes vivían nos castros se chamaban prerromanos. E que traballaban na agricultura e gandaría. Que fabricaban ferramentas de ferro de pedra e paus. Facían roupa de lá e pel de animais que mataban para comer e vestirse. Tamén nos contou que os castros eran redondos ou cadrados, eran de pedra e o teito tíñano feito de palla e suxeitábano cuns grandes paus arredor e un máis grande no medio. As vivendas estaban moi xuntas. Os nenos e os adultos xogaban a un xogo moi peculiar agora chamado xadrez e antes chamado trancalatrunculata Durmían e comían nas casas, o demais facíano todo fóra porque as casas eran moi pequenas. Ás veces as familias vivían xuntas, pai, nai e neno nunha e avós e máis noutras. Entón se as vivendas as construías xuntas farías un recinto arredor delas. A nosa opinión sobre esta rapaza foi moi boa. Pareceunos unha boa explicación do que era Pena Molexa, porque nós non entendíamos e ela axudounos a comprender o que era. A verdade e que esta rapaza é moi amable e non nos importaría que nos contase cen historias mais. Patricia Fernández Matesanz. 5ºA Ester Castro Martinez. 5ºA
  18. 18. 18 RETALLOS REPORTAXES O CORRELINGUAS O día sete de maio fomos ao Correlinguas polas rúas de Ferrol, manifestando a nosa lingua que é o Galego. Fomos cos nosos titores e titoras que eran os seguintes: Eduardo, Josefina, Antonio e Maricarmen. O que máis me gustou foi o grupo de rock e estar alí cos meus compañeiros de clase e cando estábamos na praza de España sacándonos as fotos coas pancartas. Tamén cando íamos andando e a xente se quedaba mirando para nós e cando fomos en tren desde Santa Icía ata Ferrol. O que menos me gustou foi a obra de teatro, aínda que se fora un pouco máis curta, seguro que me gustaba. Do demais todo me gustou. A miña opinión sobre esta manifestación é que toda a xente que é de Galicia debe falar o galego, que é a nosa lingua. Os que non foron quere dicir que están en contra da nosa lingua, o galego. Celia Díaz Naveiras. 5º A
  19. 19. 19 RETALLOS XOGOS POPULARES Este curso, coma sempre, seguimos a celebrar algunhas festas do colexio coa organización de xogos populares. Estes son algunhas novidades deste ano. NOME DO XOGO O rabo do raposo. NÚMERO DE XOGADORES Varios equipos de 2 xogadores. REGRAS Non vale empuxar ao compañeiro. Non vale pisar a corda do compañeiro adrede. COMO SE XOGA Tratase de 2 xogadores, un debe poñerse una corda en forma de rabo. Un compañeiro, o perseguidor, ten que atrapar ao perseguido. Cando o atrapa os papeis se intercambian (o perseguidor convertese en perseguido e ao revés) MATERIAL NECESARIO Una corda dobrada en forma de rabo. Shaila Santos Diez. 6º B Paula Souto Seoane. 6º B
  20. 20. 20 RETALLOS XOGOS POPULARES NOME DO XOGO Baile das cadeiras NÚMERO DE XOGADORES Indefinido REGRAS Intentar sentar nas cadeiras que están colocadas en corro. Que non se sente quedase eliminado. COMO SE XOGA Colócanse unhas cadeiras ou aros (sempre ten que ser unha cadeira ou aro menos ca xogadores). Todos os xogadores teñen que estar dando voltas arredor das cadeiras ou aros mentres soe a música, e, cando cesa a música, hai que sentar nunha das cadeiras ou meterse dentro dun aro. Como sempre hai una cadeira ou aro de menos, en cada quenda haberá un xogador menos xa que quedara eliminado. Tamén haberá que sacar unha cadeira ou aro en cada quenda. MATERIAL NECESARIO Varias cadeiras ou aros. Andrea e Carmen
  21. 21. 21 RETALLOS XOGOS POPULARES OME DO XOGO Carreira de sacos NÚMERO DE XOGADORES Ilimitado. REGRAS Non se pode adiantar nin pegarlle aos demais. COMO SE XOGA Os nenos métense dentro dun saco e cando se mande, corren con eles ata chegar á meta. MATERIAL NECESARIO Uns sacos. Carlos. 6º B
  22. 22. 22 RETALLOS XOGOS POPULARES NOME DO XOGO Carreiras de relevos . NÚMERO DE XOGADORES 2 grupos de 10 persoas REGRAS Non se pode saír antes de tempo e hai que darlle a man claramente á outra persoa para que saia correndo . COMO SE XOGA Xógase correndo ata a túa parella e dáslle a man para que saia correndo. MATERIAL NECESARIO Algo con que marcar as raias de saída e meta. Miguel Lorenzo Rodríguez e Jonatan. Ramallo Pérez. 6º B
  23. 23. 23 RETALLOS XOGOS POPULARES NOME DO XOGO Saltar a corda NÚMERO DE XOGADORES Ilimitado. REGRAS Formase unha fila de nenos e por quendas saltan a corda. COMO SE XOGA Dúas persoas moven a corda de distintas formas e o resto dos xogadores sáltana. MATERIAL NECESARIO Unha corda.
  24. 24. 24 RETALLOS XOGOS POPULARES NOME DO XOGO “Zapatito quieto es” NÚMERO DE XOGADORES Ilimitado. REGRAS Un dos xogadores ten que pandar e mentres de costas ao resto dos xogadores di: “Un dos tres zapatito quieto es”, o resto dos xogadores ten que camiñar e, cando o xogador que panda dá a volta teñen que quedarse quietos, se un se move queda eliminado, o gañador é o primeiro que chegue á parede. COMO SE XOGA Os xogadores se moven mentres o que panda di “un, dos, tres zapatito quieto es”, e se o que panda dá a volta e ve moverse a alguén, mándalle volver ao principio. O gañador é o primeiro que chegue á parede onde está o que panda. MATERIAL NECESARIO Nada.
  25. 25. 25 RETALLOS XOGOS POPULARES NOME DO XOGO Carreiras e pases de pelota NÚMERO DE XOGADORES Ilimitado. REGRAS Non vale contar demasiadas voltas. COMO SE XOGA Divídense en 2 grupos, un fai un círculo e o outro ponse nunha liña un pouco máis atrás, estes teñen que rodear o círculo e os do círculo contar as voltas que dan pasando un a un polo xogador que empezaron. MATERIAL NECESARIO Unha pelota.
  26. 26. 26 RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES A lenda conta que San Andrés, que vía como á tumba de Sant Iago ían grandes peregrinacións mentres que a el non viñan a visítalo, paseaba melancólico as súas soidades. Un dia encontrouse co noso Señor Xesucristo que viña visítalo e este preguntoulle : ‒“Como é que estas tan triste?” San Andrés respondeulle: ‒”¡Ai meu Señor! A pesar de que eu tamén fago milagres como Santiago ninguén se acerca por estes paraxes e está o meu santuario baleiro. Ti mesmo o podes ver”. O Señor mirouno sorrindo e díxolle: ‒”Non has de ser menos que Santiago. Prométoche que todo o mundo pasará a lo menos unha vez na vida polo teu santuario.” ‒”Moitas grazas Señor, pero ¿Cómo será posible ?” ‒“Porque todo aquel que en vida non vén, terá que pasar por aquí despois de morto”. Por iso ninguén molesta aos animaliños que camiñan polos sendeiros do santuario, porque di a lenda que eles levan as almas dos que non peregrinaron en vida. 5º A
  27. 27. 27 RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES Segundo a Lenda, a Nai de Deus arribou á “Costa da Morte” (Muxía - A Coruña) nos primeiros anos do cristianismo, e os restos da súa embarcación, atópanse esparexidos por esta zona. Cóntase que a famosa PEDRA DE ABALAR era o temón da barca sobre a que chegou a Virxe e que esta pedra non se move a vontade, senón que abala en determinados momentos, sendo a crenza xeral de que só se axita cando os que están libres de pecado mortal soben nela, oíndose o ruído provocado en, polo menos, un quilómetro á redonda. Aqueles que o queiran comprobar, non teñen máis que acudir, pero non se vos ocorra un día en que o mar ruxa, podedes voar!. Diego Caneiro , 5º A
  28. 28. 28 RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES Castelo de Andrade Nuno Freire de Andrade tiña varios fillos varóns por unha soa filla chamada Tareixa. Don Nuno tiña un doncel chamado Roxín Roxal, un mozo alegre e riseiro. Este empezou a cambiar, gustáballe a soidade e retirarse ao alto da torre do castelo dende onde podía contemplar a parte máis fermosa da Ría de Ares. Un día, atopou alí á filla do conde, unha moza moi fermosa, e dende aquel día os dous amantes víanse a miúdo naquel lugar. O pai de Tareixa decatouse e obrigouna a casar cun home rico ao que lle gustaba a caza. Nunha desas cacerías, Tareixa foi invitada e con tan mala sorte que foi devorada polas feras porque o seu marido non a soubo defender e preferiu tirarse ao río. Aos poucos días, a fera apareceu morta co coitelo de Roxín Roxal cravado no corazón no mesmo lugar onde morrera Tareixa. Tania Abad , 5º A
  29. 29. 29 RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES Conta a lenda que preto da miña aldea hai unha pedra que ten unha cova que posúe un encanto. Esta rocha está situada a 3 Km. de Vilalba (Lugo). Seguindo a ribeira do río Ladra, en dirección ao seu nacemento, atópase na beira esquerda do mesmo unha fraga moi costeira. A súa lenda consiste en que nas noites de lúa chea saía da cova unha galiña cos seus pitiños. Esta lenda foise transmitindo de boca en boca, pero ninguén dos meus antepasados do lugar tiveron a oportunidade de podelo confirmar. Este lugar agora está con bastante maleza, pero cando os meus avós eran mozos era moi visitado, non sei se pola cova ou pola beleza da proximidade do río. Espero que esta historia non vos prive de durmir pola noite. Ester Castro 5ºA
  30. 30. 30 RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES REFRÁNS Con bo mar todo o mundo pode navegar. Pablo e Oscar. 2º A En maio aínda a vella queima o tallo Luis e Malena. 2º A Polo San Xoán xa a sardiña molla o pan. Mario e Claudia. 2º A Predícame cura, predícame frade, por un oído me entra, por outro me sale. Andrea e Antón. 2º A
  31. 31. 31 RETALLOS TRADICIÓNS POPULARES Na casa do ferreiro coitelo de pau. Diego e Sergio G. P. 2º A Polo San Martiño peóns ao camiño. Sergio Goyanes e Rubén. 2º A Onde vai Vicente, a onde vai a xente. Borja e Nicole. 2º A Febreiro, sete capas e un sombreiro. Iago e Sara. 2º A
  32. 32. 32 RETALLOS PÁXINAS DE HISTORIA Atenas, Capital de Grecia Atenas na antigüidade era unha polis grega, unha cidade-estado. Era o centro principal da vida económica, cultural e política grega. A cidade de Atenas existe desde hai máis de 3000 anos, o cal convértea nunha das cidades máis antigas do mundo. Durante a época clásica de Grecia, Atenas foi unha cidade- estado fundamental para o desenvolvemento da democracia. Tamén foi un centro cultural para artistas, escritores e filósofos da antigüidade. Cando se destruíu a Grecia clásica quedaron algúns restos de construcións e grazas a iso desenvolveuse Grecia, Roma e a cultura occidental. Atenas é unha cidade moi rica en restos antigos, de moita importancia, entre eles o Partenón que é un dos principais templos dóricos que se conservan, que se fixo en honor á deusa Atenea, está dentro da Acrópole. A Acrópole é a parte alta de Atenas. Ademais de construcións da época clásica grega, tamén se conservan monumentos romanos, bizantinos e varias construcións modernas. Educación Primaria. 5º A
  33. 33. 33 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS O paxariño, o paxariño, o paxariño vai cara ao niño. O paxariño pequeniño, pequeniño. Colectivo. 1º A A pombiña, a pombiña, a pombiña que come miguiñas. a pombiña, a miña amiguiña, a miña amiguiña. Colectivo 1º A O cabaliño, o cabaliño, o cabaliño xoga co porquiño. O cabaliño, meu amiguiño, meu amiguiño. Sandra1ºA
  34. 34. 34 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS O golfiño o golfiño o golfiño que vai xogar co cabaliño. O golfiño está cansadiño, está cansadiño. Lara 1º A O cabaliño, o cabaliño, o cabaliño fai pis no cubiño. O cabaliño que trota polo camiño, que trota polo camiño. Hugo Lombao1º A A formiguiña, a formiguiña, a formiguiña que está aburridiña. A formiguiña, que pesadiña, que pesadiña. Diego Couto 1º A
  35. 35. 35 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS Nas primaveras hai moitas pereiras. Manuel Trillo. 1º B Hai un mono que ten un quimono Raúl Rodríguez.1º B Eu teño un amiguiño que é moi pequeniño. Julia Vigo. 1º B Silvia e Kika son amigas, Silvia e Kika van á Índia, Silvia e Kika van á finca. Silvia Sánchez. 1º B Ana ten unha rá e comprou unha campá. Ana Saá. 1º B
  36. 36. 36 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS O meu estoxiño é moi pequeniño. Érika Padín. 1º B O meu irmán foi a España e baixou por unha montaña. Érika Rebollo. 1º B Unha rá, unha serpe e un caracol coñeceron unha bolboreta que ía cara ó sol. Ana Piñeiro. 1º B O raposo está nervioso Laura Primoy. 1º B Un can ten cara de pan Lucía Poncelas. 1º B
  37. 37. 37 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS Había uns moi pobres. Un dia os seus perdéronse no e viron ao lonxe unha , pero déronse conta de que era unha de chocolate e ao momento abríuselles a , saíndo dela unha cousa moi fea. Era unha que quixo comelos no momento, pero eles foron moi listos e empuxárona a unha que tiña no fogón da cociña e alí se queimou mentres eles colleron todo o que puideron para axudarlle aos seus . 2º B Hansel e Gretel
  38. 38. 38 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS BRUXIÑA, PINTORA Bruxiña vive en Narón. Ten o pelo marrón, os ollos castaños e o nariz pequeno. Sempre vai vestida de negro. A Bruxiña gústalle moito facer beberaxes. Os nenos son moi amigos dela. Sempre lle pedían que lles preparara algunha beberaxe para aprobar e ela facíallela ata que unha vez deulle unha a un rapaz que se portaba mal e entón suspendeu. Daquela a mestra decatouse de que lles daba beberaxes. Uxía, que así se chamaba a mestra, falou con Bruxiña e díxolle: ‒Non podes darlles apócemas aos nenos. ‒Por que non?‒ Contestou Bruxiña. ‒Porque senón non estudan e fanse uns burros.‒ Dixo Uxía. Bruxiña púxose triste e prometeu que nunca xamais faría apócemas para ninguén. Os nenos empezaron a suspender e deixaron de falarlle pero despois dun tempo comprenderon que para aprobar non era necesario tomar beberaxes senón simplemente estudar. Todos foron á casa de Bruxiña a pedirlle perdón e volveron a ser amigos. Como xa non facía beberaxes aburríase moito e púxose a pintar. Os nenos visitábana e gozaban vendo como pintaba. Facíao tan ben que o seu profesor presentouna a un concurso de debuxo. O día do concurso estaba tan nerviosa que non atopaba os tres cadros que necesitaba. Por fin atopou dous e o outro púxose a pintalo. Marchou correndo e colocounos na exposición. Cando o xurado dixo: ‒Gañadora Bruxiña! Non o podía crer! Púxose moi contenta e cos cartos que gañou, abriu unha escola de pintura para nenos. Traballo colectivo . 3º A
  39. 39. 39 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS O OGRO TITÁN & AARÓN Hai moitísimos anos nun pobo africano chamado Akan vivía felizmente unha tribo que se dedicaba á agricultura, á pesca e á caza, para sobrevivir. O pobo estaba nunha zona moi fértil. Mentres os homes ían traballar, as mulleres facían os labores domésticos e xogaban cos nenos. Un día ocorreu algo moi desagradable: apareceu un ogro xigante. O ogro era peludo, moi feo e cheiraba moi mal. Os habitantes do pobo saíron correndo a agocharse mortos de medo. O ogro, que se chamaba Titán, foise de alí levando con el a un meniño chamado Aarón e non volveu nunca máis. Cando os habitantes regresaron ao pobo e se decataron de que faltaba Aarón, pensaron que endexamais o volverían a ver e puxéronse moi tristes. Namentres tanto, Titán fíxolle crer a Aarón que era o seu pai. Pasaron dez anos e Aarón tiña que cazar tódolos días para que o ogro se alimentase, xa que só comía carne e do gordo que estaba non podía saír da cova onde se metera. De tanto cazar case non quedaban animais. Un día Aarón saíu a cazar e quedou abraiado, xa que na selva todo era silencio. De súpeto apareceu unha pomba que lle contou que Titán estaba acabando cos animais e que verdadeiramente Titán non era o seu pai. A pomba díxolle: -Eu sei onde está o teu pobo e o teu pai . Sígueme e levareite onda el. -Grazas, seguireite. Percorreron unha grande distancia e cando xa case estaba sen folgos, chegaron a Akan, onde deu explicacións do que lle ocorrera. Os habitantes do pobo celebraron unha gran festa e a familia de Aarón recuperou a felicidade perdida. Sergio Nieto Arguiz .3º B
  40. 40. 40 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS O MUNDO AO REVÉS Había unha vez unha bruxa á que lle caeu unha bola de cristal e saíronlle dela todos os contos que tiña. Imos contar un deles: Érase unha vez unha cidade que era ao revés de todas. Os nenos levaban no colo aos adultos, os cans paseaban ás persoas, os adultos ían ao colexio e os nenos traballaban, etc. As mulleres vestíanse de homes e os homes de mulleres; os ratos perseguían aos gatos e os gatos aos cans. Un día apareceu o presidente de España, que era un zapato con garabata, e dixo: ‒Isto é unha marabilla! Un neno chamado Charlie, que vivía no mundo ao dereito, un día que estaba na súa habitación descubriu nela unha porta máxica. Atravesouna e chegou ata o mundo ao revés. Cando viu todo aquilo, preguntou: ‒Por que os homes visten de muller? Por que os ratos perseguen aos gatos e os gatos aos cans? Isto é un desastre!!! Os cidadáns dixéronlle: ‒A nós gústanos tal e como vivimos ... Charlie quedou estrañado e foise ao seu país. Cando chegou a el, contoulles aos seus pais o que lle pasara. Os pais non o creron. Entón o neno levounos ata a súa habitación para ensinarlles a porta máxica, pero non a atopaba. Os pais dixeron que todo o que dicía era unha parvada.
  41. 41. 41 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS Entón, de súpeto, abriuse a porta e, Charlie e mais os seus pais pasaron por ela. Ao cabo de oito minutos chegaron ao mundo ao revés. Cando estiveron nel, viron que todo era un desastre, porque todo era ao revés. Entón quixeron amañalo. Os pais foron falar co Presidente e cando estiveron con el, dixéronlle: ‒Señor Presidente, queremos amañar o seu mundo! ‒Por que? Este mundo está moi ben así‒ dixo o Presidente. ‒Pero, que di? ‒dixo a nai de Charlie. ‒Este mundo está ao revés. Despois de moitas disputas co Presidente, non conseguiron que o mundo estivese ao dereito. Entón volveron á súa casa. Pasado un tempo, botaban de menos o mundo ao revés ... Venderon a súa casa e marcharon para vivir nel. 4º A
  42. 42. 42 RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS A serpe de Cedeira A serpe pode ser verde pero non de sangue quente. Pode ser velenosa pero non luminosa. É comedora e trepadora, tamén é escamosa e moi famosa. A serpe de Cedeira non che é moi silandeira. Sara Rodríguez Vigo
  43. 43. 43 RETALLOS PASATEMPOS Educación Infantil. 4 anos A
  44. 44. 44 RETALLOS PASATEMPOS Educación Infantil. 4 anos B
  45. 45. 45 RETALLOS PASATEMPOS Educación Infantil. 5 anos A
  46. 46. 46 RETALLOS PASATEMPOS Educación Infantil. 5 anos B
  47. 47. 47 RETALLOS PASATEMPOS Educación Infantil. 5 anos C
  48. 48. 48 RETALLOS PASATEMPOS SOPA DE LETRAS •Atopa os nomes destes animais: galiña peixe can serpe gato elefante Irene. 5º B •Atopa as diferenzas. Paulo. 5º B A E T N A F E L E B S F K L P W Z A P A G A T O E M O E Q A E X O V I Q I Z L N S L K N B X H I M C E Ñ B S E F Ñ N D T R X Z G G A E A U W P P Ñ H I D V C C O E
  49. 49. 49 RETALLOS PASATEMPOS PIRÁMIDE DE NÚMEROS A suma dos números colocados en dous cadros que están xuntos dá como resultado o do cadro situado xustamente enriba deles. Seguindo esta lóxica, completa a pirámide. Solución: Ainhoa. 5º B TEST Es divertid@? 1.-Nunha festa ... a. fago chistes e bailo moito. b. case nunca vou a festas. 2.-Sabedes contar chistes ben? a. Si. b. Non, nin falar! 3.-Ves o club do chiste? a. Pois claro! b. Non, non me gusta. 4.-Es a alma da túa pandilla? a. Pois si, son o máis. b. Non, e prefiro non selo. 5.-Na clase ... a. son a graciosilla pero estudo. b. só estudo e nada máis. Sabela. 5ºB 23 8 6 4 3 2 Maioría de a. Es divertid@ e por iso lle gustas aos teus amigos, segue así. Maioría de b. Nada de divertid@ pero non te preocupes porque non pasa nada, pero intenta ser algo divertid@, só un pouquiño.
  50. 50. 50 RETALLOS PASATEMPOS A CASA ENCANTADA •Colorea. Santy. 5º B
  51. 51. 51 RETALLOS SOCIEDADE Coma todos os anos despedimos aos alumnos e alumnas de 6º. Rapaces/as, moita sorte no instituto e na vida! Por certo, tedes os seus nomes na portada e contraportada da revista. Titora e alumn@s de 6º A Titora e alumn@s de 6ºB
  52. 52. 52 RETALLOS SOCIEDADE Tamén despedimos a dúas mestras, Bea e Manoli, que despois de moitos anos de traballo acadaron a hora feliz da xubilación. O colexio da Solaina non será o mesmo sen vós. Ata sempre! Seguimos coas despedidas: Ata sempre Iván, Talía, Iago e máis Edu. E a Angela, María José e Patricia, que, máis cohibidas, non se atreveron a saír na foto. Moita sorte a tod@s.
  53. 53. 53 RETALLOS SINATURAS Nesta páxina podes gardar as sinaturas dos teus amigos e amigas.
  54. 54. 54 NICO ANGEL KEVIN PAULA GUILLERMO ESTEBAN JOSÉ CARLOS ARIADNA ANDREA OSCAR DANIEL PATRICIA SAMUEL MIGUEL CARMEN ADRIÁN PABLO ANDREA ADRIÁN JONATHAN DIEGO JOEL PAULA SHAILA Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística Equipo de actividades extraescolares BORJA

×