SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 20
TOPONIMIA DO
CONCELLO DE SILLEDA II
    Parroquias e aldeas

     Cervaña, Cira, Cortegada, Chapa




                                       por Laura Fernández Suárez
                                        Beatriz González Fernández
                                                   (Curso 2011-12)

                    A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda,
                        de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
6.- CERVAÑA
6. Cervaña (San Salvador)

Nome orixinado en cervus,
animal, e tamén nome
persoal. Unha (Villa)
Cervanea/ania, co sufixo de
pertenza -anea/ania = -ana,
indicaría que o dono
chamaríase Cervus.
6. Cervaña (San Salvador)
Lugares de Cervaña:

•   Alfonsiños: trátase de
    Alfonsinus, nome persoal e
    diminutivo de
    Adefonsus/Alfonsus.

•   Ouzande: manifesta ser
    evolución dun nome persoal
    en xenitivo do posuidor desta
    vila, pero non está claro cal
    foi.
6. Cervaña (San Salvador)
Lugares de Cervaña:

•   Reguenga: alude sen dúbida a unha vila
    ou herdade regalenga ‘rexia, do rei’.

•   Requeixo: dúas perspectivas:
     1) Como sitio ao pé dunha montaña,
    posiblemente procedería de recassum,
    participio de recidere ‘recaer’.
     2) Como sinónimo de recanto, podería
    vir de recassum, participio de recedere
    ‘retirarse’.
7.- CIRA
7. Cira (Santa Baia)
O nome parroquial
manifesta semellanzas co
persoal grego Cyra e Cyrus,
de modo que pordería
tratarse dunha Villa Cyra;
pero tamén leron Cira nun
epígrafe hispano, Ciro na
Galia e Cirus na Xermania.
En 1121 construíuse o
castelo de Cira, como se
relata na “Historia
Compostellana”.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:
• Altamira: parece un orónimo, é
  decir, un sitio dende o cal se ‘admira’
  e se ‘mira’ un amplo panorama. Máis
  probable parece que fose a vila
  posuída por Altemirus/Altamiro.
• A Braña: ten unha orixe moi
  discutida polos especialistas. Uns
  derivan braña do latín veranea
  ‘pastos de verán’; outros parten do
  latín vorago -inis ‘sumideiro, sitio
  quebrado’; Corominas exclúe ambas
  interpretacións, propoñendo a orixe
  nunha voz prerromana *brakna.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:

•   A Cruz: traduce o latín crux,
    aludindo quizais a unha encrucillada
    de camiños.
•   Cursa: é o plural do latín currale
    ‘curral’, sitio cercado onde se
    encerran as reses e os carros, a carón
    das casas.
•   Curro: voz relacionada co latín
    currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a
    que orixinou curral.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:

•   Fucarelos: parece un diminutivo de fúcar/fúcaro ‘home moi
    rico’, nome común e tamén propio derivado da familia
    Fugger, famosos banqueiros alemáns dos séculos XIV-XVI.
    Pero en 1867 no Nomenclátor de España escriben Jucarelos,
    castelanizando o Xucarelos. E nesta hipótese, poderiamos
    pensar no diminutivo dun antropónimo celta Su-carus ‘ben-
    querido’ co cambio do S inicial por X, como en sapone
    ‘xabón’, sulphure ‘xofre’, surdus ‘xordo’, etc.

•   Rendo: aseméllase a ‘arrendo’ e a ‘renda’, derivados do verbo
    reddere > *rendere no latín vulgar.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:

•   Santa Baia: é un haxiotopónimo
    popular, variante de Santalla,
    Santoalla, que equivalen a Sancta
    Eulalia, nome grego da ‘ben falada’, a
    patrona da parroquia.

•   Sobrado: alude a un (aedificium)
    superatum, é decir, unha vivenda de
    polo menos dúas plantas, que supera
    ás demais.
7. Cira (Santa Baia)
Lugares de Cira:

•   Vilacalva: podería referirse a
    unha vila edificada nun terreo
    “calvo”, é decir, sen vexetación;
    pero outra hipótese quizais máis
    verosímil sería ver en calva
    unha adxectivación do que
    inicialmente sería a vila dun
    posuidor chamado Calvus.

•   Vilar: traduce como substantivo
    o que en latín foi adxectivo
    villaris-are, aludindo ao recanto
    dunha vila.
8.- CORTEGADA
8. Cortegada (Santa María)
Correspóndese co nome Corticata,
que Plinio lle daba a unha illa no
Atlántico galego. É probable que
tal nome estivese relacionado
orixinariamente co adxectivo
corticatus-a-um, derivado de
cortex-icis ‘cortiza’ (parte exterior
dalgunhas árbores, como é a
sobreira). Pero, secadra, tamén
entraría en conta o latín vulgar
cors-cortis ‘corte’, clásico cohors-
cohortis, co significado de curral,
derivado de hortus ‘horto, recinto’.
8. Cortegada (Santa María)
Lugares de Cortegada:

•   Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o
    barro, voz de orixe prerromana.

•   A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’.

•   Camporrapado: equivale a campo raso, dado que se compón
    do latín campus ‘chao amplo sen cultivar’, que aquí foi
    adxectivo co participio “rapado”, quizais formado
    vulgarmente de rapio-rapere-raptum, ‘arrebatar’.

•   Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co
    nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus.
8. Cortegada (Santa María)
Lugares de Cortegada:

•   Cortegadela: leva o sufixo -ella do latín vulgar, facendo
    diminutivo de Cortegada.
•   Covas: débese relacionar co latín
    vulgar cova ‘oco, burato,
    enterramento’ topónimo frecuente
    en Galicia a carón dos castros.
•   Fondo de Vila: é a descrición
    topográfica da parte dunha vila,
    situada no fundus ‘fondo’ ou parte
    baixa dun terreo en pendente.
8. Cortegada (Santa María)
Lugares de Cortegada:

•   Framiñán: é probable que a súa orixe estivese no
    antropónimo latino Flaminianus, derivado de Flaminius.
•   Regalade: corresponde ao
    xenitivo dun antropónimo,
    de posible orixe xermánica
    con base en gala.
•   Segade: provén do xenitivo de
    Sagatus, nome persoal gótico.
•   Xubín: foi xenitivo de Iovinus,
    antropónimo hipocorístico latino,
    derivado de Iovius/Iobius e
    relacionado co deus Iuppiter.
9.- CHAPA
9. Chapa (San Cibrao)

A palabra chapa en castelán
podería proceder dunha base
*klappa, coma clapa en
catalán e clap ‘rocha,
penasco’ no retorrománico.
Tal vez teña a mesma orixe
o topónimo Chapa, que
indica a parroquia e unha
aldea da mesma.
9. Chapa (San Cibrao)
Lugares de Chapa:

•   Cornado: era o nome común dunha antiga
    moeda, que se chamaba así porque tiña
    gravada unha corona ‘coroa’ no envés.
    Cornado podería vir do persoal Coronatus.
•   A Cruz: traduce o latín crux, aludindo
    quizais a unha encrucillada de camiños.
•   Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde
    se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de
    orixe grega.
•   Penido: equivale a penedo, dado que leva o
    sufixo -ido, agregado a pena, sufixo que
    alterna con -edo noutros topónimos.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa) (12)

Historia de ares
Historia de aresHistoria de ares
Historia de ares
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
O entroido en Galicia
O entroido en GaliciaO entroido en Galicia
O entroido en Galicia
 
Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08Toponimia 2ºBach (2) 08
Toponimia 2ºBach (2) 08
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
 
Microtoponímia
MicrotoponímiaMicrotoponímia
Microtoponímia
 
Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega Exposición A Auga na Cultura Galega
Exposición A Auga na Cultura Galega
 
Imoslle chamar
Imoslle chamarImoslle chamar
Imoslle chamar
 
Imoslle chamar
Imoslle chamarImoslle chamar
Imoslle chamar
 

Mehr von As Ferreiras Silleda

Mehr von As Ferreiras Silleda (20)

Visitando a Manuel María
Visitando a Manuel MaríaVisitando a Manuel María
Visitando a Manuel María
 
Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015Día da ciencia en galego.2015
Día da ciencia en galego.2015
 
Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)Toponimia de Vilar (Silleda)
Toponimia de Vilar (Silleda)
 
Gonzalo Navaza
Gonzalo NavazaGonzalo Navaza
Gonzalo Navaza
 
Presentación ledicia costas
Presentación ledicia costasPresentación ledicia costas
Presentación ledicia costas
 
5 científicos galegos
5 científicos galegos5 científicos galegos
5 científicos galegos
 
10 científicos galegos
10 científicos galegos 10 científicos galegos
10 científicos galegos
 
Cientificas galegas
Cientificas galegasCientificas galegas
Cientificas galegas
 
Animais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en GaliciaAnimais en perigo de extinción en Galicia
Animais en perigo de extinción en Galicia
 
Topoloxía
TopoloxíaTopoloxía
Topoloxía
 
O matemático Rodríguez
O matemático RodríguezO matemático Rodríguez
O matemático Rodríguez
 
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguasProxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
 
Lexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galegaLexislación sobre a lingua galega
Lexislación sobre a lingua galega
 
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galegoNovelas estranxeiras traducidas ao galego
Novelas estranxeiras traducidas ao galego
 
Toponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplosToponimia. Unha introdución con exemplos
Toponimia. Unha introdución con exemplos
 
Samaín 2013
Samaín 2013Samaín 2013
Samaín 2013
 
Aula agustín fernández paz
Aula agustín fernández pazAula agustín fernández paz
Aula agustín fernández paz
 
Aula antonio reigosa
Aula antonio reigosaAula antonio reigosa
Aula antonio reigosa
 
Monicreques
MonicrequesMonicreques
Monicreques
 
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
Biografía de Ramón Verea, por Olimpio Arca Caldas
 

Toponimia de silleda ii (cervaña, cira, cortegada, chapa)

  • 1. TOPONIMIA DO CONCELLO DE SILLEDA II Parroquias e aldeas Cervaña, Cira, Cortegada, Chapa por Laura Fernández Suárez Beatriz González Fernández (Curso 2011-12) A partir do artigo Toponimia do Concello de Silleda, de Nicandro Ares Vázquez (Lucensia, nº 17)
  • 3. 6. Cervaña (San Salvador) Nome orixinado en cervus, animal, e tamén nome persoal. Unha (Villa) Cervanea/ania, co sufixo de pertenza -anea/ania = -ana, indicaría que o dono chamaríase Cervus.
  • 4. 6. Cervaña (San Salvador) Lugares de Cervaña: • Alfonsiños: trátase de Alfonsinus, nome persoal e diminutivo de Adefonsus/Alfonsus. • Ouzande: manifesta ser evolución dun nome persoal en xenitivo do posuidor desta vila, pero non está claro cal foi.
  • 5. 6. Cervaña (San Salvador) Lugares de Cervaña: • Reguenga: alude sen dúbida a unha vila ou herdade regalenga ‘rexia, do rei’. • Requeixo: dúas perspectivas: 1) Como sitio ao pé dunha montaña, posiblemente procedería de recassum, participio de recidere ‘recaer’. 2) Como sinónimo de recanto, podería vir de recassum, participio de recedere ‘retirarse’.
  • 7. 7. Cira (Santa Baia) O nome parroquial manifesta semellanzas co persoal grego Cyra e Cyrus, de modo que pordería tratarse dunha Villa Cyra; pero tamén leron Cira nun epígrafe hispano, Ciro na Galia e Cirus na Xermania. En 1121 construíuse o castelo de Cira, como se relata na “Historia Compostellana”.
  • 8. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Altamira: parece un orónimo, é decir, un sitio dende o cal se ‘admira’ e se ‘mira’ un amplo panorama. Máis probable parece que fose a vila posuída por Altemirus/Altamiro. • A Braña: ten unha orixe moi discutida polos especialistas. Uns derivan braña do latín veranea ‘pastos de verán’; outros parten do latín vorago -inis ‘sumideiro, sitio quebrado’; Corominas exclúe ambas interpretacións, propoñendo a orixe nunha voz prerromana *brakna.
  • 9. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños. • Cursa: é o plural do latín currale ‘curral’, sitio cercado onde se encerran as reses e os carros, a carón das casas. • Curro: voz relacionada co latín currus ‘carro’ e currere ‘correr’, foi a que orixinou curral.
  • 10. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Fucarelos: parece un diminutivo de fúcar/fúcaro ‘home moi rico’, nome común e tamén propio derivado da familia Fugger, famosos banqueiros alemáns dos séculos XIV-XVI. Pero en 1867 no Nomenclátor de España escriben Jucarelos, castelanizando o Xucarelos. E nesta hipótese, poderiamos pensar no diminutivo dun antropónimo celta Su-carus ‘ben- querido’ co cambio do S inicial por X, como en sapone ‘xabón’, sulphure ‘xofre’, surdus ‘xordo’, etc. • Rendo: aseméllase a ‘arrendo’ e a ‘renda’, derivados do verbo reddere > *rendere no latín vulgar.
  • 11. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Santa Baia: é un haxiotopónimo popular, variante de Santalla, Santoalla, que equivalen a Sancta Eulalia, nome grego da ‘ben falada’, a patrona da parroquia. • Sobrado: alude a un (aedificium) superatum, é decir, unha vivenda de polo menos dúas plantas, que supera ás demais.
  • 12. 7. Cira (Santa Baia) Lugares de Cira: • Vilacalva: podería referirse a unha vila edificada nun terreo “calvo”, é decir, sen vexetación; pero outra hipótese quizais máis verosímil sería ver en calva unha adxectivación do que inicialmente sería a vila dun posuidor chamado Calvus. • Vilar: traduce como substantivo o que en latín foi adxectivo villaris-are, aludindo ao recanto dunha vila.
  • 14. 8. Cortegada (Santa María) Correspóndese co nome Corticata, que Plinio lle daba a unha illa no Atlántico galego. É probable que tal nome estivese relacionado orixinariamente co adxectivo corticatus-a-um, derivado de cortex-icis ‘cortiza’ (parte exterior dalgunhas árbores, como é a sobreira). Pero, secadra, tamén entraría en conta o latín vulgar cors-cortis ‘corte’, clásico cohors- cohortis, co significado de curral, derivado de hortus ‘horto, recinto’.
  • 15. 8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada: • Barral: parece sinónimo de barreiro, sitio no que abunda o barro, voz de orixe prerromana. • A Brea: traduce o baixo latín vereda ‘camiño vello estreito’. • Camporrapado: equivale a campo raso, dado que se compón do latín campus ‘chao amplo sen cultivar’, que aquí foi adxectivo co participio “rapado”, quizais formado vulgarmente de rapio-rapere-raptum, ‘arrebatar’. • Cardigonde: parece un rotacismo de cas-, apócope de casa, co nome visigótico do seu propietario, Guntus/Gundus.
  • 16. 8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada: • Cortegadela: leva o sufixo -ella do latín vulgar, facendo diminutivo de Cortegada. • Covas: débese relacionar co latín vulgar cova ‘oco, burato, enterramento’ topónimo frecuente en Galicia a carón dos castros. • Fondo de Vila: é a descrición topográfica da parte dunha vila, situada no fundus ‘fondo’ ou parte baixa dun terreo en pendente.
  • 17. 8. Cortegada (Santa María) Lugares de Cortegada: • Framiñán: é probable que a súa orixe estivese no antropónimo latino Flaminianus, derivado de Flaminius. • Regalade: corresponde ao xenitivo dun antropónimo, de posible orixe xermánica con base en gala. • Segade: provén do xenitivo de Sagatus, nome persoal gótico. • Xubín: foi xenitivo de Iovinus, antropónimo hipocorístico latino, derivado de Iovius/Iobius e relacionado co deus Iuppiter.
  • 19. 9. Chapa (San Cibrao) A palabra chapa en castelán podería proceder dunha base *klappa, coma clapa en catalán e clap ‘rocha, penasco’ no retorrománico. Tal vez teña a mesma orixe o topónimo Chapa, que indica a parroquia e unha aldea da mesma.
  • 20. 9. Chapa (San Cibrao) Lugares de Chapa: • Cornado: era o nome común dunha antiga moeda, que se chamaba así porque tiña gravada unha corona ‘coroa’ no envés. Cornado podería vir do persoal Coronatus. • A Cruz: traduce o latín crux, aludindo quizais a unha encrucillada de camiños. • Iglesia: nome castelán, indica o lugar onde se edificou a ecclesia ‘igrexa’, palabra de orixe grega. • Penido: equivale a penedo, dado que leva o sufixo -ido, agregado a pena, sufixo que alterna con -edo noutros topónimos.