2. Que son
Os vertedoiros son instalacións de
eliminación de residuos mediante o seu
depósito subterráneo ou na superficie, por
períodos de tempo superiores a un ou
dous anos. (Real Decreto 1481/2001).
Segundo os residuos que almacenan, os
vertedeiros son de 3 tipos:
Vertedoiros de residuos inertes
Vertedoiros de residuos non perigos.
Vertedoiros de residuos perigosos.
4. Normativa aplicable
Directiva 1999/31/CE, do Consello, de 26 de abril
de 1999, relativa ó vertido de residuos.
Real Decreto 1481/2001, de 27 de decembro,
polo que se regula a eliminación de residuos
mediante depósito en vertedoiro. BOE nº 25, de
29 de xaneiro de 2002.
Decisión do Consello de 19 de decembro de 2002,
pola que se establecen os criterios e
procedementos de admisión de residuos nos
vertedoiros.
5. Tipos de vertedoiros
Segundo o cumprimento da lei:
Vertedoiro controlado.
Vertedoiro incontrolado ou ilegal.
Segundo a compactación que acadan os residuos:
Vertedoiro de baixa densidade.
Vertedoiro de media densidade.
Vertedoiro de alta densidade.
Vertedoiro de placas ou fardos.
Segundo a topografía do terreo:
Vertedoiros de área.
Vertedoiros de trincheira.
Vertedoiros de rampa, vaguada ou depresión.
Segundo o tratamento dos residuos:
Sen trituración.
Con trituración previa.
Con trituración in situ.
8. Residuos que non poden eliminarse en
vertedoiro
Residuos líquidos.
Residuos que, en condicións de vertido, sexan explosivos,
corrosivos, oxidantes, facilmente inflamables ou inflamables,
de acordo cas definicións que figuran no Real decreto
833/1988, modificado polo Real decreto 952/1997.
Residuos que sexan infecciosos de acordo á característica H9
da táboa 5 do Real decreto 833/1988.
Residuos da categoría 14 da táboa 3 do Real decreto
833/1988, é dicir, os que presenten riscos inmediatos ou
diferidos para o ambiente.
A partir do 16 de xullo de 2003, pneumáticos usados enteiros
e, a partir do 16 de xullo de 2006, pneumáticos torados. Non
obstante admitiranse os pneumáticos de bicicleta e os de
diámetro exterior superior a 1.400 mm.
Residuos que non cumpran os criterios de admisión
establecidos para a clase de vertedoiro.
9. Probas de admisión de residuos
1. Caracterización básica
É o primeiro paso do procedemento de admisión dun
residuo en vertedoiro e constitúe a recollida de toda a
información precisa para eliminar o residuo de forma
segura a longo prazo. É obrigatoria para cada tipo de
residuo e correrá a cargo do productor de residuos.
2. Probas de conformidade
A función das probas de conformidade é comprobar
periodicamente fluxos de residuos xerados con
regularidade, para determinar se se axustan ós resultados
da caracterización básica.
3. Verificación in situ
Cada carga de residuos que se entregue nun vertedoiro
someterase a unha proba de inspección visual antes e
despois da súa descarga.
10. Elementos estructurais dun vertedoiro
Berma: superficie inclinada para facilitar a circulación da maquinaria e evitar a erosión.
A pendente horizontal:vertical soe ser 2:1 ou 3:1, e ata 4:1.
Terraza: É unha superficie lixeiramente inclinada para recolle-los lixiviados.
Cela unitaria: Volume dos residuos depositados nun día e o material de cobertura
correspondente.
Fronte de traballo: Anchura dunha cela unitaria na que se están a realiza-las
operacións diarias. Presenta unha inclinación entre 20 e 40 º para facilita-lo traballo da
maquinaria.
11. Criterios legais de ubicación
Distancia a zonas residencias e recreativas, vías fluviais,
masas de auga e zonas agrícolas ou urbanas. Distancia
mínima de 300 metros.
Existencia de augas subterráneas, costeiras ou reservas
naturais na zona. Distancia mínima de 100 metros.
Condicións xeolóxicas e hidroxeolóxicas da zona.
Zonas inestables con riscos de inundacións, afundimentos,
corremento de terras ou aludes. Risco de impacto ambiental
grave para o medio ambiente, e medidas correctoras
aplicables. Distancia mínima de 100 metros.
Zonas de exclusión e protección do patrimonio natural ou
cultural. A distancia que estimen as autoridades
competentes.
Distancia a aeroportos. Recoméndase superior a 8 Km polo
risco de presencia de aves.
12. Criterios técnicos de ubicación
Distancia ós centros xeradores e cantidade de
residuos xerada.
Soporte axeitado: impermeabilidade natural ou
posibilidade de impermeabilización artificial.
Topografía do terreo.
Dispoñibilidade de material de recubrimento.
Condicións climatolóxicas.
Consideracións estéticas (paisaxe).
Condicións ambientais
Cumprimento da lexislación vixente.
13. Outros criterios de ubicación
Económicos Efectos nas propiedades.
Custos de construcción e operación.
Impacto na industria local.
Plans de compensación.
Sociais Equidade na selección do lugar.
Efecto na imaxe da comunidade.
Paisaxe e estética.
Alteración do uso do solo
Políticos Eleccións locais.
Intereses de inversión local.
Responsabilidade do manexo do lugar.
Control local.
15. Vertedoiros de área
Empréganse en lugares chás e
e amplos, onde non se poden
realizar profundas escavacións
por atoparse o nivel freático
próximo á superficie.
Despois da impermeabilización,
esténdese o residuo sobre o
terreo previamente
impermeabilizado, e logo
compáctanse.
O lixo esténdese en capas de
60 cm de espesor que se
cubren con terra, e cunha
anchura entre 2,5 e 5 metros.
A tongada, en tódolos casos,
non debe supera-los 2,5 m de
altura (varias capas de 60 cm).
A capacidade de vertido é moi
grande, podendo superar as
500 t/día.
16. Vertedoiros de trincheira
Emprégase en terreos
amplos e chás con nivel
freático profundo.
Escávase un suco de 60
a 300 m de lonxitude, 5
a 15 m de ancho e 1 a 3
m de profundidade.
Impermeabilízase e
vanse formando as celas
unitarias do ancho do
suco e 2,5 m de altura
(en capas de 60 cm).
Permite capacidades de
100 a 500 tm/día.
17. Vertedoiros de rampa, vaguada ou
depresión
Aplicase en terreos que
presentan depresións:
canteiras, cañadas,
vagoadas e
hondanadas.
Impermeabilízase e os
residuos colócanse en
celas unitarias
semellantes ós casos
anteriores.
A orientación e as
dimensións adaptándose
ás características
topográficas do terreo.
18. Vertedoiros de baixa densidade
Os residuos son espallados con
tractores provistos dunha pala de
arrastre.
Conseguen densidades de 500-600
Kg/m3
(media de 500).
Este é o modelo empregado para
vertedoiros grandes, con
capacidades superiores a 300 t/día.
As tongadas, coma sempre, non
deben supera-los 2,5 m de alto
(baixaría moito a densidade,
provocando riscos de
desprendemento de taludes, bolsas
de gas e menor vida útil do
vertedoiro).
Cóbrense diariamente con 15-20 cm
de terra para evitar insectos,
roedores e cheiros.
VANTAXES:
• Gran capacidade.
• Explotación barata.
• Recuperación de biogás.
• O mellor sistema para
zonas chuviosas
19. Vertedoiros de media densidade
Compáctase o lixo con
buldozers dun peso
mínimo de 15 Tm.
Acádanse densidades
de 800 Kg/m3
.
A capacidade de
traballo é de 35 a 40
Tm/hora.
A basura cúbrese
diariamente.
VANTAXES
• Economía de espacio
• Aumento da vida útil do
vertedoiro.
20. Vertedoiros de alta densidade
O lixo esténdese en capas finas
(25 cm) para facilitar a súa
fermentación aerobia.
O lixo non se cubre, e deben
transcorrer a lo menos 25 días
antes de engadir unha nova capa
encima (45 en zonas húmidas).
Emprégase para pequenas
tonelaxes (30-150 Tm/día)
Necesitan unha superficie moi
grande.
Para vertedoiros pequenos e
medianos.
Acádanse densidades de 1.100
kg/m3
.
Hai 3 modalidades que veremos a
continuación.
VANTAXES
• Xéranse menos lixiviados e biogás
que nos outros sistemas.
• Permite un máximo aproveitamento
do espacio útil.
•A fermentación aerobia da materia
orgánica é case total.
21. Vertedoiro de alta densidade con
compactación previa
Previamente, os residuos son compactados en fardos de 0,8-
1 m de alto por 1-2 m de lonxitude.
Acádanse densidades de ata 1.000-1.100 Kg/m3
)
Unha plataforma remolque transporta as balas ó vertedoiro.
Unha pala coloca os fardos en columnas de 3-4, e recóbrese o
conxunto cunha capa de terra de 20-30 cm.
Tamén serve como almacén temporal ata un posterior
tratamento.
22. Vertedoiro de alta densidade con
trituración in situ
Trituradoras cun peso mínimo de 22 Tm,
estenden, compactan e trituran o lixo.
Mellórase a aireación, a homoxinización e a
humidade para lograr períodos de descomposición
máis rápidos.
Empréganse capas finas (25 cm) sen cubrición
para acada-la fermentación aerobia
A intervalos semanais vólvese a pasar a máquina
para airear.
Necesítase unha ampla superficie de vertido.
A alta temperatura da fermentación e a
evaporación elimínan a producción de lixiviados.
Papeis e plásticos non voan a causa da
compactación, e tampouco se atraen roedores e
aves.
Adecuado para lugares secos e sen solo de
cobertura axeitado.
Acádanse densidades de 1.100 Kg/m3
.
A capacidade de traballo non supera as 25
Tm/hora.
Teñen que pasar 25 días (45 en lugares húmidos)
antes de colocar outra capa.
Polo tanto a superficie do vertedoiro ten que ser
grande
Emprégase para pequenas
tonelaxes (30-50 Tm/día) en
lugares secos.
24. Vertedoiros de alta densidade con
trituración previa
Os residuos son triturados nunha
planta de trituración.
Emprégase en terreos caros, con
escaso material de cobertura e baixa
pluviometría.
Manipulación semellante á trituración
in situ.
Sendo a superficie pequena, a
capacidade tamén se reduce a
escasas produccións.
Pola contra, a vida útil é longa porque
se mineraliza a materia orgánica.
29. Equipos 1: Tractores
Usos:
Arrastre, carga e
descarga.
Compactación dos
residuos.
Movemento de
terras para
cobertura.
Excavacións e
obras de paso.
Tractores con palas de
carga e excavación
32. Equipos 4: Tractores compactadores
Tractores oruga con palas de arrastre e carga
33. Selado ou clausura de vertedoiros
Cóbrese, de abaixo
cara arriba con
xeomembrana, arxila
e terra.
34. Medidas de protección no selado de
vertedoiros
Control de accesos
Acondicionamento das superficies de vertido
Control da escorrentía superficial
Recollida e control de lixiviados
Control e extracción de gases
Medidas de contención da contaminación de solos e augas subterráneas
Cuberta de selado
Revexetación das superficies
35. Clausura do vertedoiro
A empresa adxudicataria ten que controlar os
lixiviados e biogás durante 30 anos