Anzeige

Acceso a la administración electrónica 2013

Calidad um valver
8. Oct 2013
Anzeige

Acceso a la administración electrónica 2013

  1. Por: Araceli Álvarez Copena
  2.  Nos últimos años vivimos un cambio profundo na forma na que os cidadáns, empresas e Administracións relacionánse entre sí. Internet cambiou xa de xeito permanente a forma en que traballamos, vivimos e nos relacionamos.  En poucos anos Internet deixou de ser un sitio onde era conveniente estar para ser un sitio onde é imprescindible traballar.  Cidadáns e empresas atopan facilidades e vantaxes no uso da Rede que lles fai mais doado realizar algunhas das suas actividades neste novo medio que no mundo físico tradicional.  Na súa orixe a Rede se comportou como una simple extensión do mundo físico pero xa non é así. Internet demostrou unha capacidade abraiante para almacenar e difundir todo tipo de informacións de xeito inmediato.
  3.  Máis aló da sua capacidade como fonte de información, Internet é un espacio axeitado para a realización de determinadas transaccións e así apareceron negocios como a banca, o comercio ou a distribución de determinados bens por vía electrónica.  Tamén se consolida como o medio preferido polos mozos para potenciar as relacións persoais e colectivas. A aparición das redes sociais e a Web 2.0 abriron unha nova forma de relación que permite a colaboración e cooperación masiva nunca antes coñecida.  Agora a Internet permitenos ser máis creativos e aumentar a transparencia e a participación de todos.
  4.  Os AAPP levan años invertindo para mellorar o seu funcionamento interno, coa idea de que o aforro económico conseguido co incremento da sua eficacia trasladaríase a os ciudadáns e empresas.  Nesta búsqueda da eficacia, as AAPP realizaron importantes investimentos para incorporar o uso das TIC nas suas tarefas cotiáns.  En paralelo co uso das TIC para mellorar os procesos internos, o desenvolvemento de internet xerou unha demanda importante sobre empresas e Administracións para que estas usasen a nova canle para facilitar aos seus usuarios a información e ao acceso electrónico aos seus servizos.
  5.  Pídese, basicamente, transformar unha Administración cuxa misión principal era garantir que se cumpría a Lei a unha Administración cuxa misión é poñerse ao servizo de cidadáns e empresas para que estes desenvolvan do mellor xeito posible os seus traballos.  Para empezar reclama non ter que achegar datos que xa obren en poder de calquera Administración; non ter que coñecer a estrutura administrativa da Administración para relacionarse con ela.  É neste novo marco no que o Parlamento español aproba, en xuño de 2007, a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos co obxectivo de atender estas novas demandas.
  6.  O aspecto máis destacable desta Lei é o recoñecemento do dereito dos cidadáns a relacionarse electronicamente coas Administracións, o que leva consigo a obriga para estas de dotarse dos medios necesarios para iso. A lei non se limita a recoñecer o dereito á relación electrónica entre a cidadanía e a administración. Tamén recoñece o dereito a non achegar os datos e documentos que obren en poder das AAOO, obrigando a esta a usar medios electrónicos para solicitalos da Administración que os custodie e a esta última a facilitar o acceso aos devanditos datos, con respecto ao establecido na LOPD. Deste xeito, obrígase a que sexa a Administración a que colabore entre os seus departamentos e órganos e que non teña que ser o cidadán que teña que percorrer distintas xanelas para achegar documentación que xa posúe a Administración Pública.
  7.  Os principios que reforzan o seu impacto na cidadanía son os seguintes:  *O respeto ó dereito á protección de datos de carácter persoal.  *O compromiso de igualdade . Nunca poden existir restriccións o discriminacións para os cidadáns que elixan outros procedementos.  *A neutralidade tecnolóxica. Nunca unha AAPP pode imponer a ningún cidadán o xeito para relacionarse con ela.  *Proporcionalidade. Non impoñer condicións excesivas e facilitar o desenvolvemento dos servicios electrónicos.
  8.  A lei pretende facilitar o exercicio de dereitos e o cumprimento de deberes por medios electrónicos. Impulsar o desenvolvemento da sociedade da información e aumentar a confianza no uso dos medios electrónicos. Aumentar a transparencia e proximidade da Administración. Contribuír á mellora do seu funcionamento interno e á simplificación dos procedementos administrativos.
  9.  Que é a Administración Electrónica?  Definicións:  Comisión Europea da UE: "A administración electrónica é o uso das TIC nas AAPP, combinado con cambios organizativos e novas aptitudes, co fin de mellorar os servizos públicos e os procesos democráticos e reforzar o apoio ás políticas públicas“  “É o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións na Administración para que, combinadas con certos cambios organizativos e novas capacidades dos empelados públicos, melloren a eficacia, a produtividade, a axilidade e a comodidade na prestación de servizos aos cidadáns"
  10. A idea clave sobre a administración electrónica é que non se trata simplemente de levar as TIC á actividade administrativa, senón que constitúe un elemento fundamental nos procesos de modernización administrativa dentro dos cales se enmarca que debe levar á mellora e simplificación dos servizos. Dito doutro xeito: quérese menos burocracia non unha burocracia por Internet. Esta idea constitúe polo tanto un dos grandes eixes da Lei 11/2007.
  11. Vantaxes: * Rapidez e comodidade para os usuarios (a calquera hora): -Evitar colas, desprazamentos e horarios. -Acceso á información máis cómodo, doado e rápido. -Acceso universal. A situación xeográfica e proximidade de oficinas administrativas deixa de ser un problema, algo especialmente importante nun país como España. *Fomento da participación dos cidadáns (caixas de correo, cuestionarios, etc.), fomentar unha relación interactiva e máis positiva. *Impulso da sociedade da información: estimula a participación e aprendizaxe do cidadán
  12. *Simplificación dos procedementos e integración transparente de diferentes administracións (solucións de xanela única). *Para a Administración: -Redución de custos, tempos de tramitación, menos erros ->mellor eficiencia e produtividade. -Mellora de relacións e imaxe, transparencia: co cidadán *Impacto na economía: -"os países que máis destacan en canto a apertura e eficiencia do sector público e en preparación para a administración electrónica son tamén os primeiros en canto a rendemento económico e competitividade. “ -Impulso económico en rexións xeograficamente desfavorecidas. -Menos carga para as empresas, redúcelles custos e aumenta a súa produtividade: contratación electrónica, factura electrónica, modelos de cotización electrónicos na seguridade social, etc.
  13. Barreiras: . Insuficiente penetración das TIC na poboación española. . Accesibilidade e falta de experiencia no uso das TIC. . Desconfianza nos medios electrónicos de intercambio de información. . Descoñecemento da existencia da Administración online. . Receo da administración coa seguridade electrónica. . Falta de integración entre as diferentes administracións. . Problemas de financiamento e de medios, especialmente para as EELL (concellos pequenos, etc.)
  14.  Para poder cumprir as finalidades establecidas usando os principios enumerados anteriormente, a lei desenvolve o réxime xurídico da Administración electrónica, definindo o concepto de "sede electrónica" como pedra angular dende a que se prestarán os servizos electrónicos da Administración Pública, esixindo para estas sedes as condicións necesarias para garantir a seguridade e a responsabilidade da Administración Pública sobre todo o seu contido e sobre as actuacións realizadas a través desta. Unha vez establecido o concepto de sede, a Lei define os distintos mecanismos de identificación e autenticación no mundo electrónico para que poidan realizarse transaccións con todas as garantías, á vez que se flexibilizan (usando o principio de proporcionalidade) as esixencias de seguridade para que poidan adaptarse os procesos ás necesidades dunha xestión áxil e eficaz.
  15.  Un dos apartados máis importante da Lei é o relativo á cooperación entre Administracións. Prestar servizos avanzados á cidadanía require dunha colaboración intensa entre todas elas. Por esta razón, a Lei establece fortes estruturas de cooperación que permita a interoperabilidade dos sistemas desenvolvidos por cada unha delas. Destaca a esixencia que fai a Lei para que se cree o Esquema Nacional de Interoperabilidade e o Esquema Nacional de Seguridade, pezas clave na cooperación entre Administracións. Tamén se crea a Rede de comunicacións das Administracións Públicas españolas, a Rede integrada de Atención ao Cidadáns, os mecanismos de cooperación para o desenvolvemento de aplicacións e para o intercambio destas, o Centro de Transferencia de Tecnoloxías e a plataforma de validación de certificados dixitais da Administració Pública.
  16.  En primeiro lugar pódese citar polo seu carácter básico a rede de comunicacións SARA que permite a comunicación electrónica segura entre todas as Administracións do Estado, e que serve de punto de conexión destas á Rede común europea TESTA. A rede SARA conectaba xa en xaneiro de 2009 a toda a AGE e a todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla ademais da un total de 1087 municipios. A plataforma de validación de certificados dixitais @firma, que pon a disposición de todas as Administracións unha plataforma para validade a firma electrónica e os diferentes certificados admitidos polas Administracións, incluído en DNIe. Ofrece igualmente servizos de selado de tempo. A Plataforma de Intermediación de Datos ten por obxecto facer viable a difícil tarefa de poñer a disposición de cada trámite os datos necesarios en poder de unidades diferentes da que tramita. Posiblemente este servizo sexa a maior achega da Administración electrónica xunto con evitar o desprazamento físico ás oficinas da Administración. Desenvolvéronse outros moitos servizos comúns: pasarela de pagamento, plataforma de notificación, rexistro virtual, apoio ao redeseñar de procedementos, plataforma de tradución, servizo de comunicación de cambio de domicilio, arquivo electrónico, etc.
  17. Confidencialidade: gardar o segredo fronte a terceiros sobre unha determinada información, xa sexa un documento, comunicación, etc. A ferramenta principal para lograr este obxectivo é a criptografía.
  18. Dispoñibilidade: refírese á dispoñibilidade en todo momento da información e/ou servizos. Isto implica servizos de alta dispoñibilidade, servidores redundados, centros de respaldo, etc.
  19. Trazabilidade: refírese á información histórica que é importante coñecer e conservar, que cambios sufriu a información?, quen accedeu a ela? etc.
  20. Conservación: a correcta conservación e arquiva da información de modo que se encontre dispoñible e integra aínda despois de que teñan longos períodos de tempo.
Anzeige