SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 5
Downloaden Sie, um offline zu lesen
IES Ánxel Fole
Equipo de Biblioteca.
Amar a lectura é trocar horas de fastío por
horas de inefable e deliciosa compañía.
John F Kennedy
PLAN DE LECTURA. VERÁN 2015 GALEGO
 ESO
Título.-As meigas de Lupa
Autor.-María Solar
Editorial: Xerais
Argumento.-María colleu un avión a Santiago de Compostela,
onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar
unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa
agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla:
deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que
veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición
dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres
agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado
xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e
outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de
sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI.
Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron
aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago
desde a afastada Palestina.
Xénero.-Novela
Temas: Misterio, aventuras, historia
Título.-Palabras de auga
Autor.-Marcos Calveiro
Editorial: Xerais
Argumento.-O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do
clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país
Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga
abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un
sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode
deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o
alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto
guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e
da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no
campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha
viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura,
mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato
emocionante, cativador e conmovedor.
Xénero.-Novela
Temas: Aventuras, cultura africana
Título.-Recinto Gris
Autor.-Ledicia Costas
Editorial: Xerais
Argumento.-Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida
por un exército adestrado para conseguir unha cidade
perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e
cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa,
non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que
cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social,
ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e
trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os
que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos
presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de
mentir, coa intención de levala.
Xénero.-Novela
Temas: Abuso de poder, autoritarismo, liberdade , amizade
Título.-Todos somos
Autor.-Marcos Calveiro
Editorial: Xerais
Argumento.-Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón
xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a
súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e
dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do
demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira
de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da
Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía
todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes
da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.
Xénero.-Novela
Temas: Escola, amizade, solidariedade, medios de
comunicación.
Título.-O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo
Autor.-Jaureguizar
Editorial: Xerais
Argumento.-Os planos do século III que se usaron para construír
a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O
misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses
documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de
Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O
delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere
unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar
no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova
aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.
Xénero.-Novela
Temas: Misterio, aventuras, investigación
Título.-A pomba e o degolado
Autor.-Fina Casalderrey
Editorial: Xerais
Argumento.-A André foron demasiadas cousas ás que non lle
sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin
sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos
estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de
matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa
compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se
viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas
facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o
nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o
axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.
Xénero.-Novela
Temas: Amizade, relacións persoais, redes sociais.
Título.-Nubes de evolución
Autor.-Andrea Maceiras
Editorial: Xerais
Argumento.-Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío
que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de
limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun
ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o
rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras
a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza
a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na
soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres
cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha
das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL
DISAPPEAR?»
Xénero.-Novela
Temas: Soidade, conflitos sociais, familia.
Título.-O corazón de Xúpiter
Autor.-Ledicia Costas
Editorial: Xerais
Argumento.-Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar
de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo,
avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do
universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o
nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que
participaba adoito. Alí co ñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba
saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a
madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia
que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo
sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real…Quedaron para se coñecer
nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de
despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a
piques de cambiar para sempre
Xénero.-Novela
Temas: Adolescencia, internet, astronomía.
Título.-A neve interminable
Autor.-Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Argumento.-Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous
homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura
serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para
concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario,
nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o
matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao
terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non
rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído
eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan
nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal
ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza
a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un
lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros
orixinados pola desorde mundial deste século XXI.
Xénero: Novela
Temas: Misterio, medo.
________________________________________________
 BACHARELATO
Título.-A viaxe de Gagarin
Autor.- Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Argumento.-Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin
convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo
exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que
traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel
Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres
vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital,
lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos
e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre
esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan
a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará
durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga
a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña
da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e
unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as
outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá
desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa
época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza
permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa
oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de
mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O
arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de
clase.
Xénero.-Novela
Título.-A voz do vento
Autor.-Pemón Bouzas
Editorial: Xerais
Argumento.-A principios do século XVII a vila de Cangas do
Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son
levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de
Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María
Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos
sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha
economía boiante baseada na pesca e no comercio local e
internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota
de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de
bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre
veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns
moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa
parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha
personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo
paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.
Xénero.-Novela
Temas: Historia, clases sociais, relixión.
Título.-Debuxos no muro
Autor.-Aurora Ruá
Editorial: Galaxia
Argumento.-Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos
días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha
especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha
asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre
uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova.
Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz
da súa idade, que viviu, setenta anos atras, recluído tamén, pero
por razóns ben diferente: como prisioneiro republicano durante a
Guerra Civil de España. Unha novela que nos fala da amizade e
da arte como memoria histórica, onde presente e pasado se
entrelazan a través duns sinxelos trazos de carbón.
Xénero.-Novela
Temas: Misterio, amizade, memoria histórica.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
aesperela
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
aesperela
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
aesperela
 

Was ist angesagt? (20)

Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritoras
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 

Ähnlich wie Lecturas verán blog

Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Contos Estraños
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
BiblioBece
 
tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010
xenevra
 
Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013
faustinomartin
 

Ähnlich wie Lecturas verán blog (17)

Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Recomendacións de lectura semana santa
Recomendacións de lectura   semana santaRecomendacións de lectura   semana santa
Recomendacións de lectura semana santa
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010
 
tema6_2010
tema6_2010tema6_2010
tema6_2010
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
 
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTILSuxestións libros nadal 2017- 18  ED. INFANTIL
Suxestións libros nadal 2017- 18 ED. INFANTIL
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Nadal 2010
Nadal 2010Nadal 2010
Nadal 2010
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 

Mehr von angelciencia

Mehr von angelciencia (20)

ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCROÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
 
CARTEIS DE CARLOS CASARES
CARTEIS DE CARLOS CASARESCARTEIS DE CARLOS CASARES
CARTEIS DE CARLOS CASARES
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZAPREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
 
biblioteca do anxel fole
biblioteca do anxel folebiblioteca do anxel fole
biblioteca do anxel fole
 
Recomendado
RecomendadoRecomendado
Recomendado
 
Moléculas auga
Moléculas augaMoléculas auga
Moléculas auga
 
Exposición 1
Exposición 1Exposición 1
Exposición 1
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Science
ScienceScience
Science
 
Bases castellano
Bases castellanoBases castellano
Bases castellano
 
Concurso literario
Concurso literarioConcurso literario
Concurso literario
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
O coltán pdf
O coltán pdfO coltán pdf
O coltán pdf
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Navidad
NavidadNavidad
Navidad
 
Carteis auga copia
Carteis auga   copiaCarteis auga   copia
Carteis auga copia
 
Ciencia en galego
Ciencia en galegoCiencia en galego
Ciencia en galego
 
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
MATEMÁTICAS DIVERTIDASMATEMÁTICAS DIVERTIDAS
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
 

Kürzlich hochgeladen

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (12)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Lecturas verán blog

  • 1. IES Ánxel Fole Equipo de Biblioteca. Amar a lectura é trocar horas de fastío por horas de inefable e deliciosa compañía. John F Kennedy PLAN DE LECTURA. VERÁN 2015 GALEGO  ESO Título.-As meigas de Lupa Autor.-María Solar Editorial: Xerais Argumento.-María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina. Xénero.-Novela Temas: Misterio, aventuras, historia Título.-Palabras de auga Autor.-Marcos Calveiro Editorial: Xerais Argumento.-O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. Xénero.-Novela Temas: Aventuras, cultura africana
  • 2. Título.-Recinto Gris Autor.-Ledicia Costas Editorial: Xerais Argumento.-Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala. Xénero.-Novela Temas: Abuso de poder, autoritarismo, liberdade , amizade Título.-Todos somos Autor.-Marcos Calveiro Editorial: Xerais Argumento.-Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio. Xénero.-Novela Temas: Escola, amizade, solidariedade, medios de comunicación. Título.-O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo Autor.-Jaureguizar Editorial: Xerais Argumento.-Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo. Xénero.-Novela Temas: Misterio, aventuras, investigación
  • 3. Título.-A pomba e o degolado Autor.-Fina Casalderrey Editorial: Xerais Argumento.-A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de “Degolado”, con “Pomba”, unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente. Xénero.-Novela Temas: Amizade, relacións persoais, redes sociais. Título.-Nubes de evolución Autor.-Andrea Maceiras Editorial: Xerais Argumento.-Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?» Xénero.-Novela Temas: Soidade, conflitos sociais, familia. Título.-O corazón de Xúpiter Autor.-Ledicia Costas Editorial: Xerais Argumento.-Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí co ñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real…Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre Xénero.-Novela Temas: Adolescencia, internet, astronomía.
  • 4. Título.-A neve interminable Autor.-Agustín Fernández Paz Editorial: Xerais Argumento.-Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Xénero: Novela Temas: Misterio, medo. ________________________________________________  BACHARELATO Título.-A viaxe de Gagarin Autor.- Agustín Fernández Paz Editorial: Xerais Argumento.-Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. Xénero.-Novela
  • 5. Título.-A voz do vento Autor.-Pemón Bouzas Editorial: Xerais Argumento.-A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro. Xénero.-Novela Temas: Historia, clases sociais, relixión. Título.-Debuxos no muro Autor.-Aurora Ruá Editorial: Galaxia Argumento.-Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da súa idade, que viviu, setenta anos atras, recluído tamén, pero por razóns ben diferente: como prisioneiro republicano durante a Guerra Civil de España. Unha novela que nos fala da amizade e da arte como memoria histórica, onde presente e pasado se entrelazan a través duns sinxelos trazos de carbón. Xénero.-Novela Temas: Misterio, amizade, memoria histórica.