18. VOLVER LINGUAS ROMÁNICAS Son linguas derivadas do latín falado ou latín vulgar. As linguas románicas apareceron arredor do século X. Na Península Ibérica perduran o galego, o castelán, o catalán e o portugués. A única lingua non románica da Península é o euskaro ou vasco. Tamén pertencen á familia románica o francés, o provenzal ou o occitano, o italiano, o sardo, o rético e o romanés.
19. VOLVER TIPOS DE LINGUAS O latín e o grego son linguas flexivas, e dicir, teñen a capacidade de variar a forma de determinadas clases de palabras para expresar as diferentes funcións sintácticas ou algunhas relacións gramaticais. Existen tres tipos de linguas: linguas flexivas, aglutinantes e aillantes.
20. VOLVER DECLINACIÓN E CASOS A flexión do artigo, do substantivo, do adxectivo e do pronome chámase declinación, e a do verbo, conxugación. A declinación está formada por casos. O caso indica a función que desempreña a palabra na oración (en galego desapareceu). A declinación grega ten 5 casos: nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo; a latina, seis: os mesmos do grego máis o ablativo.