Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 51 Anzeige
Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Anzeige

Weitere von Luisa Márquez Rodríguez (20)

Aktuellste (20)

Anzeige

Recitado

  1. 1. 24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
  2. 2. “¡SILENCIO!” (Follas novas) Paula Pimentel A man nerviosa e palpitante o seo as nebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos e un mundo de tormentos nas entrañas; sentindo como loitan, en sen igual batalla, inmortaes desexos que atormentan e rencores que matan.
  3. 3. Mollo no propio sangue a dura pruma rompendo a vena inchada i escribo…, escribo…, ¿para que? ¡Volvede ó máis fondo da ialma tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! Que a man tembrosa no papel só escriba ¡Palabras, e palabras, e palabras!
  4. 4. “¡Soia!” (Follas novas) Pilar Dasilva/ Fouzia El Hamdaoui Eran craros os días risoñas as mañáns, i era a tristeza súa negra coma a orfandá. Íase á amañecida Tornaba co serán Mais que fora ou viñera Ninguén llo ía esculcar.
  5. 5. Tomou un día leve camiño do areal… Como ninguén a esperaba, ela non tornou máis. Ó cabo dos tres días botouna fóra o mar, i alí onde o corvo pousa, soia enterrada está.
  6. 6. “Algúns din ¡miña terra!” (Follas novas) Lorena Santos Algúns din ¡miña terra! Din outros ¡meu cariño! I este ¡miñas lembranzas! I aquel ¡os meus amigos! Todos sospiran, todos, por algún ben perdido.
  7. 7. Eu só non digo nada, eu só nunca sospiro, que o meu corpo de terra i o meu cansado espírito, a onde quer que eu vaia, van comigo.
  8. 8. “Pra a Habana” (Follas novas) Fernando García/Sheila Cayetano Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña, deixárono soio coa roupa vestida.
  9. 9. “- María, eu son mozo, pedir non me é dado, eu vou polo mundo pra ver de gañalo. Galicia está probe, i á Habana me vou… ¡Adiós, adiós, prendas do meu corazón!”
  10. 10. Este vaise i aquel vaise, e todos, todos se van, Galicia, sen homes quedas que te poidan traballar. Tés en cambio, orfos e orfas e campos de soledad, e nais que non teñen fillos e fillos que non tén pais.
  11. 11. E tes corazós que sofren longas ausencias mortás: Viúdas de vivos e mortos que ninguén consolará.
  12. 12. “Unha vez tiven un cravo” (Follas novas) Julio González Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sen cesar choraba cal chorou Madanela na pasión.
  13. 13. “Señor que todo o podedes, -pedinlle unha vez a Dios- daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios e arrinqueino, mais… ¿quen pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen que era delor.
  14. 14. Soupen só que non sei que me faltaba en donde o cravo faltou, e seica, seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o espírito ¡quen o entenderá, Señor…!
  15. 15. “Cando penso que te fuches” (Follas novas) Amanda Rial Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa.
  16. 16. Si cantan, es ti que cantas; si choran es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo, para min e en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.
  17. 17. “Campanas de Bastabales” Cantares gallegos Borja Piñeiro/Daniel Pais/Pablo González Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar.
  18. 18. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. .
  19. 19. Soio media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron Non me roubaron traidores ¡ai! uns amores toliños ¡ai! uns toliños amores Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron.
  20. 20. Campanas de Bastabales cando vos oio tocar morrome de soidades. Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña.
  21. 21. Como unha craba lixeira, para oir das campaniñas a batalada primeira. A primeira da alborada que me traen os airiños por me ver máis consolada.
  22. 22. Por me ver menos chorosa, nas suas alas me traen rebuldeira e queixumbrosa Queixumbrosa e retembrando por antre verde espesura, por antre verde arborado. E pola verde pradeira, por riba da veiga llana, rebuldeira e rebuldeira.
  23. 23. Corre o vento, o río pasa. Corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo, vanse todos, eu me quedo sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemprando as laradas das casiñas por quen vivo sospirando.
  24. 24. Ven a noite..., morre o día, as campanas tocan lonxe o tocar do Ave María. Elas tocan pra que rece; eu non rezo que os saloucos afogándome parece que por mín tén que rezar. Campanas de bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.
  25. 25. “Adiós ríos, adiós fontes” (Cantares gallegos) 4º D Adiós, ríos; adios, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento,
  26. 26. muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso por un mundo que non vin!
  27. 27. Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!... ¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar!
  28. 28. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24 DE FEBREIRO Instrumentistas: José Lázaro Nazaret Salazar

×