SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 25
Downloaden Sie, um offline zu lesen
PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO CASTELO DE MONTERREI 
II CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN Y SOCIALIZACIÓN DEL PATRIMONIO EN EL MEDIO RURAL. SOPA 14 CELANOVA 22 ao 27 de SETEMBRO DE 2014
Movemento social que xorde na comarca de Monterrei (Ourense) para defender un uso público e cultural do Castelo de Monterrei, o maior símbolo patrimonial e identitario da comarca, ante a intención do goberno da Xunta de Galicia de construír un parador de turismo na parte máis nobre da fortaleza, un cambio de uso non permitido na cesión que o Estado fixo á Xunta de Galicia no ano 2010. Este movemento materialízase no mes de xaneiro de 2014, na creación da Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei, con outros colectivos da comarca implicados, que rexeitan este novo uso para o castelo, poñendo de manifesto a fractura e desconexión total entre o modelo de xestión patrimonial da Administración e o que reivindica o movemento participativo veciñal. 
A situación legal e administrativa do castelo é distinta a día de hoxe, xa non é intención da Xunta construir o parador no castelo, é unha realidade: O 12 de xullo deste mesmo ano foi publicada no BOE, a ampliación de usos permitidos na cesión do castelo, mediante unha Orde Ministerial do 27 de xuño do ministerio de Facenda e Admons Públicas permitindo o uso hosteleiro.
O Castelo de Monterrei é un ben público pertencente ó Estado, cedido a título gratuíto á Xunta de Galicia, coas condicións de uso público de RESTAURACIÓN, CONSERVACIÓN E VISITAS CULTURAIS, entre outras relativas á promoción, divulgación e innovación dos recursos turísticos e/ou económicos da comarca de Monterrei. A Administración Autonómica acepta esta cesión, coas condicións impostas, en 2010 (DOG nº 6, 12 de xaneiro de 2010, páx. 386).
Son varios os motivos para opoñernos á construcción dun Parador de Turismo na fortaleza de Monterrei 1.- Porque o castelo é ó maior icono cultural, patrimonial e identitario da comarca, unha herdanza común para o seu disfrute público e o acceso á cultura de tódolos cidadáns 2.- Porque xa existe un excelente Parador de Turismo a menos de 500 m. do castelo, que cumple as expectativas de aloxamento da zona, e que está pechado varios meses ó ano por falta de clientela. 3.- Porque o castelo é un Monumento Nacional con categoría de BIC, pertencente ó Estado e cedido á Xunta de Galicia, cunhas condicións de uso culturais, nas que non se permitía o uso hoteleiro. 4.- Porque o Parador foi proxectado con oscurantismo, suspendendo o Plan Director para a fortaleza da noite para a mañá, sen consenso de ningún tipo nin con partidos políticos nin con axentes sociais, culturais ou empresariais da comarca. ·
Así xustificaba a Axencia de Turismo de Galicia o proxecto hostaleiro no prego das prescricións técnicas: «Estúdase a viabilidade de adecuar o interior das edificacións, obxecto da intervención, a uso hoteleiro, coa finalidade de que se facilite a estadía e pernoctación ós numerosos turistas que acoden á fortaleza, compre a contratación dun proxecto que adecúe para uso hoteleiro a rehabilitación definida no contrato asignado con Dragados S.A.». 
Comezaron co proxecto sen informar e contra a propia opinión dos alcaldes da comarca, do seu propio partido. O alcalde de Monterrei, xa no mes de febreiro seguía declarándose en contra do proxecto cando os técnicos do Concello visitaron as obras para ‘esclarecer si la fortaleza esta siendo rehabilitada con el objetivo de destinarla a usos hoteleros, convertirla en una hospedería de lujo, iniciativa a la que se opone José Luis Suárez Conde, al entender que el uso que debe tener todo el conjunto debe ser cultural”. 
O 20 de febreiro chegou Feijóo, principal responsable da desfeita, anunciando a mala nova: o hotel no castelo sería de Paradores, trasladando alí o actual, e destinando o antigo a un operador privado. Segundo el, isto aumentaría a oferta turística, contribuiría a manter os empregos do actual Parador e serviría de revulsivo para a economía da comarca. E a partir de aquí todas as autoridades do partido do goberno pecharon filas. Por certo, o único que recibimos das autoridades locais, dos concellos de Verín e Monterrei, foron desprezos e descalificacións sen argumentos nin respostas de ningún tipo, negándose a calquer tipo de diálogo. Mesmo unha autoridade provincial nos acusou de falsificación de documentos públicamente. 
Seguiuse sen cambiar o contrato de cesión do Estado á Xunta que impedía o uso lucrativo do castelo, pero xa se foron dando permisos de Patrimonio e do Concello de Monterrei para as obras do hotel. E sospeitamos que aínda que non podía facerse legalmente, a empresa adxudicataria foi preparando o monumento para dito fin. 
A chapuza continuou coa orixe dos fondos utilizados para as obras. A pesar do que puña no cartel das obras, a Xunta negou o uso de fondos FEDER da UE para financialas, xa que só poderían utilizarse con fins culturais. Ao facer pública a Plataforma esta irregularidade desbotaron os fondos europeos e usaron fondos da Xunta. 
E para rematar con esta sucesión de despropósitos non cambiaron o contrato de cesión co Estado, senón que, nunha manobra tramposa, pouco acorde cos principios legais, o Goberno do Estado, ampliou as condicións, permitindo o uso hostaleiro. En vez de adaptar a obra á legalidade e normativa vixente, procederon ao revés, decidiron construír o hotel e sen ningún tipo de escrúpulo foron rozando o camiño para conseguilo. Mesmo temos a impresión de que fomos nós, coas nosas denuncias, quen lles sinalou a ruta. 
Carteis de obra, anterior e posterior ao mes de xuño de 2014
Porque somos conscientes da nosa identidade, porque 
consideramos que hai valores fundamentais por riba do 
mercantilismo contable, porque pensamos que o acceso 
público ao patrimonio herdado é un dereito dos cidadáns 
e cidadás, en igualdade de condicións, e porque estamos 
fartos de que os que mandan usen no seu propio 
beneficio os bens comúns, constituimos a Plataforma.
Son moitas as actuacións que desenvolvemos desde que nos constituímos como Plataforma cidadá: 
Estamos nas redes sociais cun grupo da Plataforma no Facebook (temos anotadas mais de 4.500 persoas), un perfil de Facebook e un Blog, estamos en Twiter e en Youtube https://www.facebook.com/groups/589044114520822/ http://castelodemonterrei.wordpress.com/ https://www.facebook.com/defensa.docastelo 
Vía xurídica: denunciamos os desperfectos das obras do castelo nos Xulgados (admitida a trámite a denuncia e abertas dilixencias) e en Patrimonio da Xunta de Galicia (que nos contestou con evasivas, responsabilizando á empresa constructora). Esta vía non está esgotada e estamos actualmente con novas accións de impugnacións e denuncias. 
Apelamos aos valedores do pobo de Galicia, España e da UE… mediante unha campaña, na que se mandaron decenas de peticións 
Recollemos sinaturas en contra do Parador: máis de 10.000 sinaturas na rúa e nas redes sociais,
Recollemos sinaturas en contra do Parador: máis de 12.000 sinaturas entre a rúa e as redes sociais 
Enviamos constantes notas e artigos aos medios de comunicación, con moita presencia en medios escritos e cadenas de TV. Tamén moitos columnistas, expertos e creadores de opinión escribiron artigos sobre o castelo apoiando a nosa causa.
Buscamos e conseguimos o apoio de ducias de persoeiros de case todos os ámetos da cultura, o espectáculo, a educación, a política ou do deporte
Lanzamos a campaña “dando a cara polo castelo”, na que calquera persoa pode mostrar o seu apoio na plataforma 
Enviamos cartas aos alcaldes da comarca, grupos parlamentarios e partidos políticos pedindo apoio e diálogo 
Tamén nos reunimos con todos os grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia, e contamos co apoio de todos os grupos da oposición para crear unha Comisión de Investigación.
 Organizamos protestas lúdicas en distintas festas da comarca, como o Entroido ou os Maios 
 Convocamos unha manifestación en Verín cunha asistencia masiva de arredor de 1.000 persoas,
 Levamos a problemática á Santiago onde fixemos unha concentración na Praza de Praterías, 
Protestamos diante do presidente da Xunta no mitin central do PP en Verín nas eleccións europeas.
 Organizamos unha romería no entorno do castelo só cos nosos propios medios, amosando que outros usos son posibles, que rematou cun emocionado abrazo ao castelo de centos de veciños e defensores do castelo
 Convocamos unha nova concentración en Verín no mes de agosto pasado 
Entregámoslle unha carta ao presidente da Xunta na inauguración da Feira do Viño de Monterrei, en agosto. 
Asistimos a debates e presentacións sobre a participación cidadá en diferentes mesas 
Chamamos á porta de Institucións prestixiosas no eido da cultura e do patrimonio galego para que se pronuncien sobre este tema: Consello da Cultura Galega, Academia de Belas Artes Nosa Sra do Rosario, e tamén de profesionais recoñecidos nos eidos da Literatura, Arquitectura, Arqueoloxía, Audiovisuais, Cine, Dereito, Universidades...
 Organizamos un ciclo de conferencias sobre “Monterrei e a sua Terra”, en colaboración coa Universidade de Vigo, que ainda está em execución. 
 Creamos um blog com materiais didácticos para colexios e institutos sobre o castelo 
 Incentivamos distintas campañas de banderolas de protesta para edificios de vivendas 
 Últimamente solicitamos unha reunión coa directora da Axencia Galega de Turismo, da que ainda non obtivemos resposta
 Montamos mesas informativas nas feiras de Verín para darlle a coñecer a problemática aos veciños e visitantes (o castelo tamén é seu) 
 Recibimos a donación dunha obra de arte por parte do artista Fernando Barreira, quen creou unha obra inédita sobre a problemática do castelo e donou os dereitos da serie numerada de 200 serigrafías á Plataforma
Editamos e imprimimos miles de folletos informativos e material variado de merchandising e publicidade 
 A nosa próxima acción será o próximo sábado, 27, en Ourense. Entregaremos as sinaturas recollidas ata ahora no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia, cunha solicitude máis para o Presidente da Xunta, e poremos unha mesa informativa na rúa do Paseo. Con asistencia dos medios de comunicación.
 Nós pensamos que o castelo é a maior riqueza da comarca, non só cultural, senón tamén económica. Que é responsabilidade das autoridades conservalo e poñelo en valor. Se hai diñeiro para o hotel, porque non o hai para rehabilitalo como patrimonio común? Ao igual que acontece en moitos outros castelos e monumentos do Estado, cun plan director rigoroso, cos medios necesarios e cuns políticos competentes, defensores dos intereses da cidadanía, o castelo de Monterrei, a principal fortaleza de Galicia e unha das máis valiosas de España, sería un reclamo turístico de primeira orde, o motor do sector nunha comarca que conta con outros moitos atractivos para os visitantes. 
 Rehabilitar e acondicionar o castelo e o seu entorno privilexiado, difundir a súa existencia e importancia (que moita xente descoñece), fomentar a recuperación das casas da antiga aldea, permitindo aquí sí o uso hostaleiro, desenvolver un plan de actividades lúdicas, culturais e de promoción dos recursos económicos e turísticos da comarca no recinto, son as ferramentas apropiadas para poñelo en valor, para facelo rendible, e mesmo para manter o emprego e a actividade no actual Parador. Para nós o luxo, o auténtico luxo, é ter un castelo coma este, símbolo paisaxístico e sentimental dos habitantes de Monterrei, orgullosos de poder amosarlle a quen nos visita esta xoia. Porque, quen prefire visitar un hotel a un castelo? 
 A día de hoxe seguimos sen saber cales son os datos obxectivos que xustifican o espolio porque as únicas explicacións que recibimos das autoridades son falsas e absurdas: que contribúe a enriquecer a comarca, que o castelo vai ser visitable no 81% da súa superficie (con malicia inclúen nesta medición toda a superficie amurallada) e que así o castelo vai estar coidado.
A Plataforma non se vai parar, nin rendir ante os poderes avasalladores dos gobernos autonómico e central. Imos seguir adiante con Parador ou sen él, defenderemos o uso público e cultural para a totalidade do castelo. Mentres teñamos folgos e forzas, e de momento aínda nos quedan abundantes reservas, seguiremos recordándolle aos que mandan que o castelo non é seu, no é a súa finca, non é a súa propiedade privada. Imos seguir protestando na rúa, imos denunciar as trampas legais e imos seguir reclamando o que é noso, de todas e todos. Imos seguir defendendo o castelo e queremos que o saiban, que non lles temos medo. Defendemos unha causa xusta, defendemos o ben común sen ningún tipo de interese particular nin partidista. Somos cidadáns conscientes dos nosos dereitos, orgullosos e contentos do traballo feito, sen nada que reprocharnos porque estamos dando o que temos e máis, sen nada que ocultar, sen hipotecas con ninguén. Somos políticos, porque somos humanos, e continuaremos defendendo o que consideramos mellor para os habitantes da polis, os cidadáns. E porque non dicilo, somos gañadores, porque nesta loita estamos enriquecéndonos tamén como persoas, capaces de organizar ámbitos de confraternización, diálogo e reivindicación. Nós estamos aquí e iso non nolo pode quitar ninguén, nin hoxe nin nunca. O tempo porá a cada un no seu lugar pero si de algo poderemos presumir sempre é da dignidade do berro: NON AO ESPOLIO DO CASTELO DE MONTERREI !!! 
EU NON QUERO HOTEL NO CASTELO!!!
Ramón García Gómez Estamos asistiendo a un delito continuado contra el patrimonio histórico. Y además parece que ya no es informado por criterios de imprudencia o negligencia, porque esta escena ya no es explicable ni tiene justificación alguna. La actuación de la Xunta pasará a los anales de la Historia como la más insensible y despiadada de los últimos años. De hecho, a cualquier persona cabal a la que se le relate todo lo que está sucediendo en Monterrei no da crédito. El tema lo he puesto en conocimiento directo de la Presidenta de la Federación de Asociaciones de Defensa del Patrimonio de Castilla y León, doña Isabel Muñoz, la cual me manifestó su solidaridad con la Plataforma y la necesidad de aunar voces contra esta monstruosidad orquestada por la Xunta, la Axencia Xeral, el Estado central, sus comparsas políticas y todos sus ad lateres. Ya no se conforman con cometer la que ya es una de las mayores barbaridades jurídicas perpetradas contra un bien de interés cultural teóricamente protegido por la ley, subvirtiendo su correcto uso en otro ilegal e ilegítimo, sino que, además, conducen una destrucción material sin disculpa, sin disimulo, ni contemplación ni sensibilidad alguna. Conviene que este tema y todo lo que le rodea sea lo más conocido posible a fin de que los ciudadanos de bien, que son muchos, sepan lo que realmente sucede en la acrópolis gallega, cuyo legado pretende ser oscurecido de la forma más vil posible CONTINUARÁ…… E NÓS SEGUIREMOS.…MOITAS GRAZAS POLA VOSA ASISTENCIA E ATENCIÓN

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Presentacion comuni-sopa14

Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Vane Siso Calvo
 
mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivarmplugo
 
Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019BngForcarei
 
O futuro de masso
O futuro de massoO futuro de masso
O futuro de massoEspe1959
 
Programa Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloPrograma Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloCarlos Calvelo
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Programa_PP_Marin_2011_Version2
Programa_PP_Marin_2011_Version2Programa_PP_Marin_2011_Version2
Programa_PP_Marin_2011_Version2Aroa Meyer
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 202320minutos
 
Programa Electoral
Programa ElectoralPrograma Electoral
Programa Electoralmariaramallo
 
Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.mariaramallo
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIGADI
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 

Ähnlich wie Presentacion comuni-sopa14 (20)

Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019
 
mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitiva
 
Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019
 
O futuro de masso
O futuro de massoO futuro de masso
O futuro de masso
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
 
Programa Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloPrograma Carlos Calvelo
Programa Carlos Calvelo
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Programa_PP_Marin_2011_Version2
Programa_PP_Marin_2011_Version2Programa_PP_Marin_2011_Version2
Programa_PP_Marin_2011_Version2
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Programa Electoral
Programa ElectoralPrograma Electoral
Programa Electoral
 
Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.
 
Voceiro abril 2015
Voceiro abril 2015Voceiro abril 2015
Voceiro abril 2015
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixital
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Porto
PortoPorto
Porto
 
15 compromisos a favor de Galiza
15 compromisos a favor de Galiza15 compromisos a favor de Galiza
15 compromisos a favor de Galiza
 

Presentacion comuni-sopa14

  • 1. PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO CASTELO DE MONTERREI II CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN Y SOCIALIZACIÓN DEL PATRIMONIO EN EL MEDIO RURAL. SOPA 14 CELANOVA 22 ao 27 de SETEMBRO DE 2014
  • 2. Movemento social que xorde na comarca de Monterrei (Ourense) para defender un uso público e cultural do Castelo de Monterrei, o maior símbolo patrimonial e identitario da comarca, ante a intención do goberno da Xunta de Galicia de construír un parador de turismo na parte máis nobre da fortaleza, un cambio de uso non permitido na cesión que o Estado fixo á Xunta de Galicia no ano 2010. Este movemento materialízase no mes de xaneiro de 2014, na creación da Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei, con outros colectivos da comarca implicados, que rexeitan este novo uso para o castelo, poñendo de manifesto a fractura e desconexión total entre o modelo de xestión patrimonial da Administración e o que reivindica o movemento participativo veciñal. A situación legal e administrativa do castelo é distinta a día de hoxe, xa non é intención da Xunta construir o parador no castelo, é unha realidade: O 12 de xullo deste mesmo ano foi publicada no BOE, a ampliación de usos permitidos na cesión do castelo, mediante unha Orde Ministerial do 27 de xuño do ministerio de Facenda e Admons Públicas permitindo o uso hosteleiro.
  • 3.
  • 4. O Castelo de Monterrei é un ben público pertencente ó Estado, cedido a título gratuíto á Xunta de Galicia, coas condicións de uso público de RESTAURACIÓN, CONSERVACIÓN E VISITAS CULTURAIS, entre outras relativas á promoción, divulgación e innovación dos recursos turísticos e/ou económicos da comarca de Monterrei. A Administración Autonómica acepta esta cesión, coas condicións impostas, en 2010 (DOG nº 6, 12 de xaneiro de 2010, páx. 386).
  • 5.
  • 6. Son varios os motivos para opoñernos á construcción dun Parador de Turismo na fortaleza de Monterrei 1.- Porque o castelo é ó maior icono cultural, patrimonial e identitario da comarca, unha herdanza común para o seu disfrute público e o acceso á cultura de tódolos cidadáns 2.- Porque xa existe un excelente Parador de Turismo a menos de 500 m. do castelo, que cumple as expectativas de aloxamento da zona, e que está pechado varios meses ó ano por falta de clientela. 3.- Porque o castelo é un Monumento Nacional con categoría de BIC, pertencente ó Estado e cedido á Xunta de Galicia, cunhas condicións de uso culturais, nas que non se permitía o uso hoteleiro. 4.- Porque o Parador foi proxectado con oscurantismo, suspendendo o Plan Director para a fortaleza da noite para a mañá, sen consenso de ningún tipo nin con partidos políticos nin con axentes sociais, culturais ou empresariais da comarca. ·
  • 7.
  • 8. Así xustificaba a Axencia de Turismo de Galicia o proxecto hostaleiro no prego das prescricións técnicas: «Estúdase a viabilidade de adecuar o interior das edificacións, obxecto da intervención, a uso hoteleiro, coa finalidade de que se facilite a estadía e pernoctación ós numerosos turistas que acoden á fortaleza, compre a contratación dun proxecto que adecúe para uso hoteleiro a rehabilitación definida no contrato asignado con Dragados S.A.». Comezaron co proxecto sen informar e contra a propia opinión dos alcaldes da comarca, do seu propio partido. O alcalde de Monterrei, xa no mes de febreiro seguía declarándose en contra do proxecto cando os técnicos do Concello visitaron as obras para ‘esclarecer si la fortaleza esta siendo rehabilitada con el objetivo de destinarla a usos hoteleros, convertirla en una hospedería de lujo, iniciativa a la que se opone José Luis Suárez Conde, al entender que el uso que debe tener todo el conjunto debe ser cultural”. O 20 de febreiro chegou Feijóo, principal responsable da desfeita, anunciando a mala nova: o hotel no castelo sería de Paradores, trasladando alí o actual, e destinando o antigo a un operador privado. Segundo el, isto aumentaría a oferta turística, contribuiría a manter os empregos do actual Parador e serviría de revulsivo para a economía da comarca. E a partir de aquí todas as autoridades do partido do goberno pecharon filas. Por certo, o único que recibimos das autoridades locais, dos concellos de Verín e Monterrei, foron desprezos e descalificacións sen argumentos nin respostas de ningún tipo, negándose a calquer tipo de diálogo. Mesmo unha autoridade provincial nos acusou de falsificación de documentos públicamente. Seguiuse sen cambiar o contrato de cesión do Estado á Xunta que impedía o uso lucrativo do castelo, pero xa se foron dando permisos de Patrimonio e do Concello de Monterrei para as obras do hotel. E sospeitamos que aínda que non podía facerse legalmente, a empresa adxudicataria foi preparando o monumento para dito fin. A chapuza continuou coa orixe dos fondos utilizados para as obras. A pesar do que puña no cartel das obras, a Xunta negou o uso de fondos FEDER da UE para financialas, xa que só poderían utilizarse con fins culturais. Ao facer pública a Plataforma esta irregularidade desbotaron os fondos europeos e usaron fondos da Xunta. E para rematar con esta sucesión de despropósitos non cambiaron o contrato de cesión co Estado, senón que, nunha manobra tramposa, pouco acorde cos principios legais, o Goberno do Estado, ampliou as condicións, permitindo o uso hostaleiro. En vez de adaptar a obra á legalidade e normativa vixente, procederon ao revés, decidiron construír o hotel e sen ningún tipo de escrúpulo foron rozando o camiño para conseguilo. Mesmo temos a impresión de que fomos nós, coas nosas denuncias, quen lles sinalou a ruta. Carteis de obra, anterior e posterior ao mes de xuño de 2014
  • 9.
  • 10. Porque somos conscientes da nosa identidade, porque consideramos que hai valores fundamentais por riba do mercantilismo contable, porque pensamos que o acceso público ao patrimonio herdado é un dereito dos cidadáns e cidadás, en igualdade de condicións, e porque estamos fartos de que os que mandan usen no seu propio beneficio os bens comúns, constituimos a Plataforma.
  • 11. Son moitas as actuacións que desenvolvemos desde que nos constituímos como Plataforma cidadá: Estamos nas redes sociais cun grupo da Plataforma no Facebook (temos anotadas mais de 4.500 persoas), un perfil de Facebook e un Blog, estamos en Twiter e en Youtube https://www.facebook.com/groups/589044114520822/ http://castelodemonterrei.wordpress.com/ https://www.facebook.com/defensa.docastelo Vía xurídica: denunciamos os desperfectos das obras do castelo nos Xulgados (admitida a trámite a denuncia e abertas dilixencias) e en Patrimonio da Xunta de Galicia (que nos contestou con evasivas, responsabilizando á empresa constructora). Esta vía non está esgotada e estamos actualmente con novas accións de impugnacións e denuncias. Apelamos aos valedores do pobo de Galicia, España e da UE… mediante unha campaña, na que se mandaron decenas de peticións Recollemos sinaturas en contra do Parador: máis de 10.000 sinaturas na rúa e nas redes sociais,
  • 12. Recollemos sinaturas en contra do Parador: máis de 12.000 sinaturas entre a rúa e as redes sociais Enviamos constantes notas e artigos aos medios de comunicación, con moita presencia en medios escritos e cadenas de TV. Tamén moitos columnistas, expertos e creadores de opinión escribiron artigos sobre o castelo apoiando a nosa causa.
  • 13.
  • 14. Buscamos e conseguimos o apoio de ducias de persoeiros de case todos os ámetos da cultura, o espectáculo, a educación, a política ou do deporte
  • 15. Lanzamos a campaña “dando a cara polo castelo”, na que calquera persoa pode mostrar o seu apoio na plataforma Enviamos cartas aos alcaldes da comarca, grupos parlamentarios e partidos políticos pedindo apoio e diálogo Tamén nos reunimos con todos os grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia, e contamos co apoio de todos os grupos da oposición para crear unha Comisión de Investigación.
  • 16.  Organizamos protestas lúdicas en distintas festas da comarca, como o Entroido ou os Maios  Convocamos unha manifestación en Verín cunha asistencia masiva de arredor de 1.000 persoas,
  • 17.  Levamos a problemática á Santiago onde fixemos unha concentración na Praza de Praterías, Protestamos diante do presidente da Xunta no mitin central do PP en Verín nas eleccións europeas.
  • 18.  Organizamos unha romería no entorno do castelo só cos nosos propios medios, amosando que outros usos son posibles, que rematou cun emocionado abrazo ao castelo de centos de veciños e defensores do castelo
  • 19.  Convocamos unha nova concentración en Verín no mes de agosto pasado Entregámoslle unha carta ao presidente da Xunta na inauguración da Feira do Viño de Monterrei, en agosto. Asistimos a debates e presentacións sobre a participación cidadá en diferentes mesas Chamamos á porta de Institucións prestixiosas no eido da cultura e do patrimonio galego para que se pronuncien sobre este tema: Consello da Cultura Galega, Academia de Belas Artes Nosa Sra do Rosario, e tamén de profesionais recoñecidos nos eidos da Literatura, Arquitectura, Arqueoloxía, Audiovisuais, Cine, Dereito, Universidades...
  • 20.  Organizamos un ciclo de conferencias sobre “Monterrei e a sua Terra”, en colaboración coa Universidade de Vigo, que ainda está em execución.  Creamos um blog com materiais didácticos para colexios e institutos sobre o castelo  Incentivamos distintas campañas de banderolas de protesta para edificios de vivendas  Últimamente solicitamos unha reunión coa directora da Axencia Galega de Turismo, da que ainda non obtivemos resposta
  • 21.  Montamos mesas informativas nas feiras de Verín para darlle a coñecer a problemática aos veciños e visitantes (o castelo tamén é seu)  Recibimos a donación dunha obra de arte por parte do artista Fernando Barreira, quen creou unha obra inédita sobre a problemática do castelo e donou os dereitos da serie numerada de 200 serigrafías á Plataforma
  • 22. Editamos e imprimimos miles de folletos informativos e material variado de merchandising e publicidade  A nosa próxima acción será o próximo sábado, 27, en Ourense. Entregaremos as sinaturas recollidas ata ahora no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia, cunha solicitude máis para o Presidente da Xunta, e poremos unha mesa informativa na rúa do Paseo. Con asistencia dos medios de comunicación.
  • 23.  Nós pensamos que o castelo é a maior riqueza da comarca, non só cultural, senón tamén económica. Que é responsabilidade das autoridades conservalo e poñelo en valor. Se hai diñeiro para o hotel, porque non o hai para rehabilitalo como patrimonio común? Ao igual que acontece en moitos outros castelos e monumentos do Estado, cun plan director rigoroso, cos medios necesarios e cuns políticos competentes, defensores dos intereses da cidadanía, o castelo de Monterrei, a principal fortaleza de Galicia e unha das máis valiosas de España, sería un reclamo turístico de primeira orde, o motor do sector nunha comarca que conta con outros moitos atractivos para os visitantes.  Rehabilitar e acondicionar o castelo e o seu entorno privilexiado, difundir a súa existencia e importancia (que moita xente descoñece), fomentar a recuperación das casas da antiga aldea, permitindo aquí sí o uso hostaleiro, desenvolver un plan de actividades lúdicas, culturais e de promoción dos recursos económicos e turísticos da comarca no recinto, son as ferramentas apropiadas para poñelo en valor, para facelo rendible, e mesmo para manter o emprego e a actividade no actual Parador. Para nós o luxo, o auténtico luxo, é ter un castelo coma este, símbolo paisaxístico e sentimental dos habitantes de Monterrei, orgullosos de poder amosarlle a quen nos visita esta xoia. Porque, quen prefire visitar un hotel a un castelo?  A día de hoxe seguimos sen saber cales son os datos obxectivos que xustifican o espolio porque as únicas explicacións que recibimos das autoridades son falsas e absurdas: que contribúe a enriquecer a comarca, que o castelo vai ser visitable no 81% da súa superficie (con malicia inclúen nesta medición toda a superficie amurallada) e que así o castelo vai estar coidado.
  • 24. A Plataforma non se vai parar, nin rendir ante os poderes avasalladores dos gobernos autonómico e central. Imos seguir adiante con Parador ou sen él, defenderemos o uso público e cultural para a totalidade do castelo. Mentres teñamos folgos e forzas, e de momento aínda nos quedan abundantes reservas, seguiremos recordándolle aos que mandan que o castelo non é seu, no é a súa finca, non é a súa propiedade privada. Imos seguir protestando na rúa, imos denunciar as trampas legais e imos seguir reclamando o que é noso, de todas e todos. Imos seguir defendendo o castelo e queremos que o saiban, que non lles temos medo. Defendemos unha causa xusta, defendemos o ben común sen ningún tipo de interese particular nin partidista. Somos cidadáns conscientes dos nosos dereitos, orgullosos e contentos do traballo feito, sen nada que reprocharnos porque estamos dando o que temos e máis, sen nada que ocultar, sen hipotecas con ninguén. Somos políticos, porque somos humanos, e continuaremos defendendo o que consideramos mellor para os habitantes da polis, os cidadáns. E porque non dicilo, somos gañadores, porque nesta loita estamos enriquecéndonos tamén como persoas, capaces de organizar ámbitos de confraternización, diálogo e reivindicación. Nós estamos aquí e iso non nolo pode quitar ninguén, nin hoxe nin nunca. O tempo porá a cada un no seu lugar pero si de algo poderemos presumir sempre é da dignidade do berro: NON AO ESPOLIO DO CASTELO DE MONTERREI !!! EU NON QUERO HOTEL NO CASTELO!!!
  • 25. Ramón García Gómez Estamos asistiendo a un delito continuado contra el patrimonio histórico. Y además parece que ya no es informado por criterios de imprudencia o negligencia, porque esta escena ya no es explicable ni tiene justificación alguna. La actuación de la Xunta pasará a los anales de la Historia como la más insensible y despiadada de los últimos años. De hecho, a cualquier persona cabal a la que se le relate todo lo que está sucediendo en Monterrei no da crédito. El tema lo he puesto en conocimiento directo de la Presidenta de la Federación de Asociaciones de Defensa del Patrimonio de Castilla y León, doña Isabel Muñoz, la cual me manifestó su solidaridad con la Plataforma y la necesidad de aunar voces contra esta monstruosidad orquestada por la Xunta, la Axencia Xeral, el Estado central, sus comparsas políticas y todos sus ad lateres. Ya no se conforman con cometer la que ya es una de las mayores barbaridades jurídicas perpetradas contra un bien de interés cultural teóricamente protegido por la ley, subvirtiendo su correcto uso en otro ilegal e ilegítimo, sino que, además, conducen una destrucción material sin disculpa, sin disimulo, ni contemplación ni sensibilidad alguna. Conviene que este tema y todo lo que le rodea sea lo más conocido posible a fin de que los ciudadanos de bien, que son muchos, sepan lo que realmente sucede en la acrópolis gallega, cuyo legado pretende ser oscurecido de la forma más vil posible CONTINUARÁ…… E NÓS SEGUIREMOS.…MOITAS GRAZAS POLA VOSA ASISTENCIA E ATENCIÓN