SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Selección bibliográfica realizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais
do Concello de Oleiros:
* Biblioteca Central Rialeda. Perillo
* Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Santa Cruz
* Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
* Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
* Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros
* Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
* Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.com
Síguenos en twitter @ bibloleiros
Páxina web municipal: www.oleiros.org
Catálogo do fondo bibliográfico: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
Biblioteca Central Rialeda
Avda. Rosalía de Castro, 227A
15172 Perillo - Oleiros
Tel.: 981 639 511
Fax: 981 639 996
Correo electrónico: biblioteca.rialeda@oleiros.org
Depósito Legal: C 1027-2016
Recinto Gris
Ledicia Costas. Xerais
Soldados de uniforme negro e cabeza
de lobo invaden Cidade Vii. Teñen
instrucións moi claras que cumprir:
colleren a aqueles que perturban
o equilibrio social, ás persoas
consideradas diferentes, metelas nos
camións e trasladalas a Recinto Gris.
Nube é unha rapaza incapaz de mentir
e os soldados chegan á súa casa con
intención de levala.
Reo
Xesús Fraga. Galaxia
Premio Raíña Lupa 2013
Reo é o rei dos graffiteiros da cidade. O
graffiti é o que lle permite dar saída a
todas as inquedanzas que lle bulen na
cabeza. Ata que un día un misterioso
rival o reta nos muros da cidade.
Interesante reflexión sobre a vida dos
mozos e mozas dos nosos días, sobre as
súas angueiras e esperanzas.
Siempre
Maggie Stiefvater. SM
Os lobos de Mercy Falls volven a saír nas
noticias. Hai dez anos a manada atacou
a unha moza. Os periodistas usaron
a palabra “accidente”. Unha década
despois morreu outra moza, esta vez a
palabra utilizada é “exterminio”.
Las tres caras de la luna
Sally Gardner. Nube de tinta
Standish vive co seu avó en Patria,
onde un réxime ditatorial controla os
seus habitantes. O rapaz utiliza a súa
imaxinación para sobrevivir, ata que un día
chega á súa vida Héctor e a súa familia.
Entre os dous mozos nace unha grande
amizade. Nun lugar no que a liberdade
non existe, eles loitarán por conseguila.
DVD
Los juegos del hambre:
Sinsajo parte 1
Dirixida por Francis Lawrence; baseada
na novela de Suzanne Collins; guión de
Peter Craig e Danny Strong; música de
James Newton Howard. Aurum
Despois de ser rescatada nos 75º Juegos
del Hambre, Katniss Everdeen, xunto
cos seus compañeiros, son levados ao
Distrito 13. Aquí a vida non é tan fácil
como Katniss imaxinaba e menos agora
que lle faltan aliados...
Mi vida ahora
Dirixida por Kevin McDonald.
Protagonizada por Saiorse Ronan, Tom
Holland e Anna Chancellor. Filmax
Home Video
Tamén dispoñible en Blu-Ray
Unha problemática adolescente
americana atopase de vacacións
en Inglaterra no momento en que
ten lugar o estoupido da III Guerra
Mundial. O seu mundo ensimesmado e
individualista terá que verse enfrontado
á nova e perigosa realidade que
ata agora evitara e na que deberá
involucrarse non só para salvagardar a
súa propia supervivencia, senón a das
persoas que a rodean.
Un paseo para recordar
Dirixida por Adam Shankman; guión
de Karen Janszen; baseada na novela
de Nicholas Sparks; música, Mervyn
Warren. Filmax Home Video
Cada primavera, Landon Carter
rememora o seu último ano no instituto
de Beaufort e lémbrase de Jamie
Sullivan, a moza que cambiou a súa
vida.
Cando o mar foi polo río
Manuel María. Fundación Manuel María
de Estudos Galegos
Escritor homenaxeado polo Día das
Letras Galegas 2016.
As dez historias que conforman este
libro corresponden ao segundo volume
da triloxía protagonizada por Manuel
de Paderna, un home “que tiña un
respecto sagrado polo lume, pola terra
e pola auga”.
Detectives en Recoleta
María Brandán Aráoz. Alfaguara
Mauro, Adela, Inés e Pablo veranse
envoltos nunha nova aventura. Esta vez
metidos nun roubo de cadros no museo
de Recoleta. Non deixan de aparecer
intrigas, situacións de terror no
cemiterio, investigacións por Internet e
unha rede de tráfico de obras de arte
que non teñen desperdicio.
Los libros de A
J. L. Badal. Ilustracións de Zuzanna
Celej. La Galera
Entra no mundo de Abuelo Roble,
coñece a Tavo e Maya. O seu avó Drus
é un vello amigo do Roble e agora
tócalles aos seus netos internarse no
seu mundo e vivir moitas aventuras.
Coñecerán o oso Humbertus, ao Niño
Yogur, á Niña Vainilla, ao cazador de
dragóns, á señorita Dickinson e moitos
máis. Centos de aventuras que farán
que non levantes a vista do libro.
El misterio del cuadro robado:
la gran aventura
de Marvin y James
Elise Broach. Siruela
Marvin é un inquedo escaravello
que vive coa súa familia debaixo
do vertedoiro da cociña da familia
Pompaday, un sitio perfecto para vivir,
pero non para Marvin que sempre
desexou saber que podía atopar
máis aló do seu húmido e balorento
fogar. A súa amizade con James, un
dos membros da familia, levarao a
vivir e resolver misterios e aventuras
relacionadas co roubo dun cadro de
Alberto Durero.
El secreto del galeón
Ana Alcolea. Anaya
Os misteriosos restos dun galeón
español afundido hai 200 anos gardan
segredos que poden afectar á xente de
hoxe en día.
NOVELA XUVENIL
All for love
Jenny Robson. Lóguez
Nunha cidade sudafricana aparece o
cadáver dunha profesora brutalmente
asasinada, Miss Diko, moi querida
por todos os alumnos. Admirada
polos máis novos pola valentía do seu
discurso do Día Mundial do Sida e
odiada polos seus colegas e os líderes
da comunidade, que o consideraron un
escándalo e un ataque aos seus valores
tradicionais. A sospeita e a especulación
propáganse e cambiará a vida de todos.
Europa Express
Premio Jules Verne de Literatura
Xuvenil 2015
Andrea Maceiras. Xerais
Novela de intriga que, pasado o tempo,
trata de descubrir o que aconteceu
na viaxe de volta en tren dun grupo
de mozas e mozos que realizaron por
Europa, en Interrail, ao rematar o
bacharelato.
Inconexión
Neal Shusterman. Anaya
Terceira entrega da tetraloxía
Desconexión. Nesta ocasión Connor e
Lev seguen a fuxir da desconexión ao
tempo que buscan unha muller que lles
permita dar coa clave para acabar coa
desconexión.
El día que Gluck
llegó a la Tierra
Jordi Sierra i Fabra. Algar
Steve é un rapaz que un día coñece a
un estraño ser, que lle salva a vida, co
que chega a facer amizade. Comparten
coñecementos e experiencias,
enriquecéndose mutuamente. Un día
este divertido extraterrestre ten que
marchar deixando unha profunda
pegada en Steve.
El diablo embotellado
Robert L. Stevenson. Ilustracións de
Raúl Allén. Anaya
Relato dunha enigmática botella na
que habita o demo e ofrece ao seu
posuidor, aquilo que desexe. Agás
prolongarlle a vida. O que prometía
ser un feliz agasallo convértese nunha
terrible maldición...
Os Seres con Raíces na Cara
An Alfaya. Ilustracións de Xosé Cobas.
Galaxia
Trasnos Papabicos ou Seres con Raíces
na Cara son os habitantes dunha fraga
diferente. Seres curiosos que poboan un
bosque misterioso que podes coñecer.
Atrévete a compartir este lugar onde
acontecen cousas marabillosas.
A tribo ten catro ríos
Manuel María. Fundación Manuel María
de Estudos Galegos
Escritor homenaxeado polo Día das
Letras Galegas 2016.
Primeiro volume da triloxía
protagonizada por Manuel de
Paderna, un rapaz espelido que vive en
contacto coa natureza, da que obtén
innumerables aprendizaxes. A través
dos seus ollos coñeceremos as paisaxes
chairegas, coa excelente escrita de
Manuel María.
Xardín de inverno
Ledicia Costas. Fotografías de DNL
(Daniel Puente Bello). Everest
Emotivo poemario, acompañado de
fermosas fotografías, como un canto á
lembranza dos seres queridos máis alá
da morte.
Menguante
Alfredo Gómez Cerdá. Edelvives
Lorena recibe a petición de axuda.
Un famoso escritor está a vivir unha
situación incrible. Coa axuda dun
zapateiro, e de Dante, o fillo do escritor,
emprende unha aventura para chegar
ao Deserto Impenetrable, onde vive
“el Morador”, o único que é capaz de
descubrir o que lle está a ocorrer ao
escritor.
Nudos marineros
Xesús Fraga. Juventud
A tranquilidade da vila mariñeira
de Santoña acaba de súpeto cando
desaparece un mariñeiro. A Garda
Civil pide axuda á policía Nacional
de Santander, e o inspector Ventura
trasládase co seu equipo. Mentres
investigan varios sucesos estraños, os
policías descobren un mundo mariñeiro
cheo de segredos.
Quantic Love
Sonia Fernández-Vidal. La Galera
Laila descobre no CERN (o centro de
investigación máis avanzado do mundo)
entre experimentos científicos que
desafían a imaxinación, que a ciencia
pode ter moito encanto e que o amor é
a enerxía máis poderosa do mundo.
Desde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos esta guía de lectura cunha selección de
títulos que nos fan sorrir, emocionar e reflexionar, coa intención de que os adolescentes se divirtan
coa lectura. Son obras que hai nas bibliotecas municipais e que poden levar en préstamo para as súas
casas. Animamos a que as visiten, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.
LIBROS PARA ADOLESCENTES
A PARTIR DE 12 ANOS

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
BiblioBece
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
aesperela
 
Recomendacións de lectura
Recomendacións de lecturaRecomendacións de lectura
Recomendacións de lectura
Pazo da merce
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
aesperela
 

Was ist angesagt? (20)

ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORASRECOMENDACIÓNS LECTORAS
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
 
Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritoras
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Recomendacións de lectura
Recomendacións de lecturaRecomendacións de lectura
Recomendacións de lectura
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
 

Ähnlich wie á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)

Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013
faustinomartin
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
aesperela
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Contos Estraños
 
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
crocaio
 

Ähnlich wie á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) (19)

Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013Presentación1 guía de verán 2013
Presentación1 guía de verán 2013
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
 
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019Sux. Biblio Xanela decembro 2019
Sux. Biblio Xanela decembro 2019
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Nadal 2010
Nadal 2010Nadal 2010
Nadal 2010
 
Lecturas verán blog 2012
Lecturas verán blog 2012Lecturas verán blog 2012
Lecturas verán blog 2012
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015Recomendacións Nadal 2015
Recomendacións Nadal 2015
 
Recomendacións de lectura semana santa
Recomendacións de lectura   semana santaRecomendacións de lectura   semana santa
Recomendacións de lectura semana santa
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
LIBROS TERROR
LIBROS TERRORLIBROS TERROR
LIBROS TERROR
 
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigoNadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
Nadal.2017 rcomendacións lectoras do ceip eduardo pondal de vigo
 
Libros para ler no Nadal
Libros para ler no NadalLibros para ler no Nadal
Libros para ler no Nadal
 
Triptico copia
Triptico   copiaTriptico   copia
Triptico copia
 

Mehr von Xenza

Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
Xenza
 

Mehr von Xenza (20)

Cartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoCartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallego
 
Resume executivo
Resume executivoResume executivo
Resume executivo
 
Taller Clece
Taller CleceTaller Clece
Taller Clece
 
Fallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaFallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_cha
 
La colera -_avance
La colera -_avanceLa colera -_avance
La colera -_avance
 
290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital
 
Sopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroSopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo Calero
 
Textos biblioteca
Textos bibliotecaTextos biblioteca
Textos biblioteca
 
Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020
 
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.
 
Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020
 
Dia da biblioteca
Dia da bibliotecaDia da biblioteca
Dia da biblioteca
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasalloRecomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017
 
Letras galegas 2017 carlos casares
Letras galegas 2017  carlos casaresLetras galegas 2017  carlos casares
Letras galegas 2017 carlos casares
 
20170513 infografía-carlos-casares-biografía-cor
20170513 infografía-carlos-casares-biografía-cor20170513 infografía-carlos-casares-biografía-cor
20170513 infografía-carlos-casares-biografía-cor
 

Kürzlich hochgeladen

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)

  • 1. Selección bibliográfica realizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros: * Biblioteca Central Rialeda. Perillo * Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Santa Cruz * Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera * Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda * Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros * Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós * Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.com Síguenos en twitter @ bibloleiros Páxina web municipal: www.oleiros.org Catálogo do fondo bibliográfico: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ Biblioteca Central Rialeda Avda. Rosalía de Castro, 227A 15172 Perillo - Oleiros Tel.: 981 639 511 Fax: 981 639 996 Correo electrónico: biblioteca.rialeda@oleiros.org Depósito Legal: C 1027-2016 Recinto Gris Ledicia Costas. Xerais Soldados de uniforme negro e cabeza de lobo invaden Cidade Vii. Teñen instrucións moi claras que cumprir: colleren a aqueles que perturban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris. Nube é unha rapaza incapaz de mentir e os soldados chegan á súa casa con intención de levala. Reo Xesús Fraga. Galaxia Premio Raíña Lupa 2013 Reo é o rei dos graffiteiros da cidade. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bulen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Siempre Maggie Stiefvater. SM Os lobos de Mercy Falls volven a saír nas noticias. Hai dez anos a manada atacou a unha moza. Os periodistas usaron a palabra “accidente”. Unha década despois morreu outra moza, esta vez a palabra utilizada é “exterminio”. Las tres caras de la luna Sally Gardner. Nube de tinta Standish vive co seu avó en Patria, onde un réxime ditatorial controla os seus habitantes. O rapaz utiliza a súa imaxinación para sobrevivir, ata que un día chega á súa vida Héctor e a súa familia. Entre os dous mozos nace unha grande amizade. Nun lugar no que a liberdade non existe, eles loitarán por conseguila. DVD Los juegos del hambre: Sinsajo parte 1 Dirixida por Francis Lawrence; baseada na novela de Suzanne Collins; guión de Peter Craig e Danny Strong; música de James Newton Howard. Aurum Despois de ser rescatada nos 75º Juegos del Hambre, Katniss Everdeen, xunto cos seus compañeiros, son levados ao Distrito 13. Aquí a vida non é tan fácil como Katniss imaxinaba e menos agora que lle faltan aliados... Mi vida ahora Dirixida por Kevin McDonald. Protagonizada por Saiorse Ronan, Tom Holland e Anna Chancellor. Filmax Home Video Tamén dispoñible en Blu-Ray Unha problemática adolescente americana atopase de vacacións en Inglaterra no momento en que ten lugar o estoupido da III Guerra Mundial. O seu mundo ensimesmado e individualista terá que verse enfrontado á nova e perigosa realidade que ata agora evitara e na que deberá involucrarse non só para salvagardar a súa propia supervivencia, senón a das persoas que a rodean. Un paseo para recordar Dirixida por Adam Shankman; guión de Karen Janszen; baseada na novela de Nicholas Sparks; música, Mervyn Warren. Filmax Home Video Cada primavera, Landon Carter rememora o seu último ano no instituto de Beaufort e lémbrase de Jamie Sullivan, a moza que cambiou a súa vida.
  • 2. Cando o mar foi polo río Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos Escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2016. As dez historias que conforman este libro corresponden ao segundo volume da triloxía protagonizada por Manuel de Paderna, un home “que tiña un respecto sagrado polo lume, pola terra e pola auga”. Detectives en Recoleta María Brandán Aráoz. Alfaguara Mauro, Adela, Inés e Pablo veranse envoltos nunha nova aventura. Esta vez metidos nun roubo de cadros no museo de Recoleta. Non deixan de aparecer intrigas, situacións de terror no cemiterio, investigacións por Internet e unha rede de tráfico de obras de arte que non teñen desperdicio. Los libros de A J. L. Badal. Ilustracións de Zuzanna Celej. La Galera Entra no mundo de Abuelo Roble, coñece a Tavo e Maya. O seu avó Drus é un vello amigo do Roble e agora tócalles aos seus netos internarse no seu mundo e vivir moitas aventuras. Coñecerán o oso Humbertus, ao Niño Yogur, á Niña Vainilla, ao cazador de dragóns, á señorita Dickinson e moitos máis. Centos de aventuras que farán que non levantes a vista do libro. El misterio del cuadro robado: la gran aventura de Marvin y James Elise Broach. Siruela Marvin é un inquedo escaravello que vive coa súa familia debaixo do vertedoiro da cociña da familia Pompaday, un sitio perfecto para vivir, pero non para Marvin que sempre desexou saber que podía atopar máis aló do seu húmido e balorento fogar. A súa amizade con James, un dos membros da familia, levarao a vivir e resolver misterios e aventuras relacionadas co roubo dun cadro de Alberto Durero. El secreto del galeón Ana Alcolea. Anaya Os misteriosos restos dun galeón español afundido hai 200 anos gardan segredos que poden afectar á xente de hoxe en día. NOVELA XUVENIL All for love Jenny Robson. Lóguez Nunha cidade sudafricana aparece o cadáver dunha profesora brutalmente asasinada, Miss Diko, moi querida por todos os alumnos. Admirada polos máis novos pola valentía do seu discurso do Día Mundial do Sida e odiada polos seus colegas e os líderes da comunidade, que o consideraron un escándalo e un ataque aos seus valores tradicionais. A sospeita e a especulación propáganse e cambiará a vida de todos. Europa Express Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015 Andrea Maceiras. Xerais Novela de intriga que, pasado o tempo, trata de descubrir o que aconteceu na viaxe de volta en tren dun grupo de mozas e mozos que realizaron por Europa, en Interrail, ao rematar o bacharelato. Inconexión Neal Shusterman. Anaya Terceira entrega da tetraloxía Desconexión. Nesta ocasión Connor e Lev seguen a fuxir da desconexión ao tempo que buscan unha muller que lles permita dar coa clave para acabar coa desconexión. El día que Gluck llegó a la Tierra Jordi Sierra i Fabra. Algar Steve é un rapaz que un día coñece a un estraño ser, que lle salva a vida, co que chega a facer amizade. Comparten coñecementos e experiencias, enriquecéndose mutuamente. Un día este divertido extraterrestre ten que marchar deixando unha profunda pegada en Steve. El diablo embotellado Robert L. Stevenson. Ilustracións de Raúl Allén. Anaya Relato dunha enigmática botella na que habita o demo e ofrece ao seu posuidor, aquilo que desexe. Agás prolongarlle a vida. O que prometía ser un feliz agasallo convértese nunha terrible maldición... Os Seres con Raíces na Cara An Alfaya. Ilustracións de Xosé Cobas. Galaxia Trasnos Papabicos ou Seres con Raíces na Cara son os habitantes dunha fraga diferente. Seres curiosos que poboan un bosque misterioso que podes coñecer. Atrévete a compartir este lugar onde acontecen cousas marabillosas. A tribo ten catro ríos Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos Escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2016. Primeiro volume da triloxía protagonizada por Manuel de Paderna, un rapaz espelido que vive en contacto coa natureza, da que obtén innumerables aprendizaxes. A través dos seus ollos coñeceremos as paisaxes chairegas, coa excelente escrita de Manuel María. Xardín de inverno Ledicia Costas. Fotografías de DNL (Daniel Puente Bello). Everest Emotivo poemario, acompañado de fermosas fotografías, como un canto á lembranza dos seres queridos máis alá da morte. Menguante Alfredo Gómez Cerdá. Edelvives Lorena recibe a petición de axuda. Un famoso escritor está a vivir unha situación incrible. Coa axuda dun zapateiro, e de Dante, o fillo do escritor, emprende unha aventura para chegar ao Deserto Impenetrable, onde vive “el Morador”, o único que é capaz de descubrir o que lle está a ocorrer ao escritor. Nudos marineros Xesús Fraga. Juventud A tranquilidade da vila mariñeira de Santoña acaba de súpeto cando desaparece un mariñeiro. A Garda Civil pide axuda á policía Nacional de Santander, e o inspector Ventura trasládase co seu equipo. Mentres investigan varios sucesos estraños, os policías descobren un mundo mariñeiro cheo de segredos. Quantic Love Sonia Fernández-Vidal. La Galera Laila descobre no CERN (o centro de investigación máis avanzado do mundo) entre experimentos científicos que desafían a imaxinación, que a ciencia pode ter moito encanto e que o amor é a enerxía máis poderosa do mundo. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos esta guía de lectura cunha selección de títulos que nos fan sorrir, emocionar e reflexionar, coa intención de que os adolescentes se divirtan coa lectura. Son obras que hai nas bibliotecas municipais e que poden levar en préstamo para as súas casas. Animamos a que as visiten, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura. LIBROS PARA ADOLESCENTES A PARTIR DE 12 ANOS