SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
Yaiza OteroFigueira.2ºBachB
Vítima
Ninguén o comprendería. Mais, se o comprendesen, a quen llo ía
contar? Para que? En canto o contas pasas de ser ti, de ter un nome e
unha identidade a ser unha vítima.
Pódeme a impotencia de non poder facer nada para cambiar a
situación. O que máis me doe non é como me trata a min, senón como a
trata a ela.
Todos os domingos chega borracho á casa e temos que nos
agochar nos nosos cuartos para que nos deixe tranquilas. Non soporto
ver como lle grita, como a insulta, como a menospreza. E o que máis me
saca de quicio son as escusas que pon ela. Pero como o pode defender?
“Segue sendo teu pai”
Ese non é meu pai, eu non teño pai. Eu teño unha nai que fixo a
labor de pai e de nai cando o seu home se deu á bebida e só se dirixía á
súa filla para insultala ou berrarlle por non ser “a muller de proveito que
debería ser”.
Non, non son esa muller, non calo e baixo as orellas. Respondo.
Porque é o único que podo facer.
“A teu pai teslle que ter respecto”.
Pois que mo teña el a min, ou que llo teña a miña nai. Non podo
miralo á cara sen sentir asco e frustración. Non sei con quen estou máis
enfadada, se con el ou con ela por deixar que nos trate así. E non podo
dicirllo porque cada vez que llo digo bótase a chorar e párteme a alma
vela así. Así que finxo, finxo que todo vai ben, que non pasa nada. A ela
gústalle finxir, gústalle sentarnos todos á mesa como se fósemos unha
familia feliz. Celebrar os aniversarios os domingos a pesar de que el
sempre está borracho e acaba arruinándonos o día. A ela sempre lle
gustaron esas datas… Non o entendo, que quere? Sentir morriña?
No vídeo do meu quince aniversario tan só se escoita a meu pai
gritar e a min chorar, chorar de rabia e de impotencia.
E é que a impotencia me corroe por dentro. Crecín con medo. Con
medo a que me pegase a min ou a miña nai. Sempre asustada. E non
quero ter máis medo. Vivo nunha frustración continua. Frustrada por non
poder facer nada. Ela non quere chamar á policía polo “que dirán”. A súa
versión da historia é que o fai para protexerme, que este é un pobo e á
xente gústalle falar demasiado, e cando fala é moi cruel. Mais a min a
xente deste pobo impórtame ben pouco. Eu o único que quero é poder
saír da miña habitación os domingos sen medo, poder estudar sen gritos
de fondo, poder ser feliz. Vivo nun eterno enfado comigo por non facer
nada máis que chorar todas as noites na cama, con ela por non facer
nada, e con el, por facelo todo.
Lembro cando era unha cativa e ía á casa de miña avoa. Cando me
viña recoller el eu choraba, berraba, suplicaba que me deixasen quedar e
que non me levasen co “home malo”. Miña avoa, coa súa mentalidade de
que se lle pega “por algo é”, levábame á forza onda el.
“El quérevos, á súa maneira”.
Sen dúbida a escusa que máis detesto. Iso non é querer. Iso non é
ser persoa nin é nada. Pero ela pensa que si, que se el non lle deixa ter
amigas divorciadas é porque “aprecia demasiado o noso matrimonio e
ten medo de que se acabe”. Que se el non lle deixa ter amigos homes é
porque “quéreme tanto que ten medo a perderme”. E se lle preguntas
porque aguanta todos os insultos dirache “xa o entenderás cando sexas
maior”. Espero non entendelo nunca. Chégame con ter un pai
maltratador, non me fai falta ter unha parella que faga o mesmo.
Eu non pido un pai perfecto, eu non pido un pai.
Eu só quero que ela faga as maletas e que nos vaiamos lonxe.
Eu só quero que cando a xente pase por diante da casa non escoite
como el nos grita.
Eu só quero durmir sen chorar, vivir sen medo.
Non quero que ninguén nos rescate, quero que saiamos adiante nós
soas, que ela sexa capaz de deixalo e me demostre que hai esperanza.
Eu só quero deixar de ser unha vítima.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie Yaiza Otero. Vítima

Microrrelatos violencia de_xénero
Microrrelatos violencia de_xéneroMicrorrelatos violencia de_xénero
Microrrelatos violencia de_xénerobiblioanon
 
Microrrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xéneroMicrorrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xénerobiblioanon
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bRemoeaLinguaLinguaGa
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalelvira9496
 
25 novembro
25 novembro25 novembro
25 novembromartafp
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018radiorasca
 
25 n yolanda garcía ferradás
25 n yolanda garcía ferradás25 n yolanda garcía ferradás
25 n yolanda garcía ferradáschusinita
 
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNEROMicrorrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERObibliotecaiespoetaanon
 
Ähnlich wie Yaiza Otero. Vítima (12)

Microrrelatos violencia de_xénero
Microrrelatos violencia de_xéneroMicrorrelatos violencia de_xénero
Microrrelatos violencia de_xénero
 
Microrrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xéneroMicrorrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xénero
 
Zardigot texto da_peza
Zardigot texto da_pezaZardigot texto da_peza
Zardigot texto da_peza
 
Trico e anosmia
Trico e anosmiaTrico e anosmia
Trico e anosmia
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
25 novembro
25 novembro25 novembro
25 novembro
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
25 n yolanda garcía ferradás
25 n yolanda garcía ferradás25 n yolanda garcía ferradás
25 n yolanda garcía ferradás
 
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNEROMicrorrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Microrrelatos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Mehr von Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 
Mehr von Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 
Kürzlich hochgeladen

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Kürzlich hochgeladen (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Yaiza Otero. Vítima

  • 1. Yaiza OteroFigueira.2ºBachB Vítima Ninguén o comprendería. Mais, se o comprendesen, a quen llo ía contar? Para que? En canto o contas pasas de ser ti, de ter un nome e unha identidade a ser unha vítima. Pódeme a impotencia de non poder facer nada para cambiar a situación. O que máis me doe non é como me trata a min, senón como a trata a ela. Todos os domingos chega borracho á casa e temos que nos agochar nos nosos cuartos para que nos deixe tranquilas. Non soporto ver como lle grita, como a insulta, como a menospreza. E o que máis me saca de quicio son as escusas que pon ela. Pero como o pode defender? “Segue sendo teu pai” Ese non é meu pai, eu non teño pai. Eu teño unha nai que fixo a labor de pai e de nai cando o seu home se deu á bebida e só se dirixía á súa filla para insultala ou berrarlle por non ser “a muller de proveito que debería ser”. Non, non son esa muller, non calo e baixo as orellas. Respondo. Porque é o único que podo facer. “A teu pai teslle que ter respecto”. Pois que mo teña el a min, ou que llo teña a miña nai. Non podo miralo á cara sen sentir asco e frustración. Non sei con quen estou máis enfadada, se con el ou con ela por deixar que nos trate así. E non podo dicirllo porque cada vez que llo digo bótase a chorar e párteme a alma vela así. Así que finxo, finxo que todo vai ben, que non pasa nada. A ela gústalle finxir, gústalle sentarnos todos á mesa como se fósemos unha familia feliz. Celebrar os aniversarios os domingos a pesar de que el sempre está borracho e acaba arruinándonos o día. A ela sempre lle gustaron esas datas… Non o entendo, que quere? Sentir morriña? No vídeo do meu quince aniversario tan só se escoita a meu pai gritar e a min chorar, chorar de rabia e de impotencia.
  • 2. E é que a impotencia me corroe por dentro. Crecín con medo. Con medo a que me pegase a min ou a miña nai. Sempre asustada. E non quero ter máis medo. Vivo nunha frustración continua. Frustrada por non poder facer nada. Ela non quere chamar á policía polo “que dirán”. A súa versión da historia é que o fai para protexerme, que este é un pobo e á xente gústalle falar demasiado, e cando fala é moi cruel. Mais a min a xente deste pobo impórtame ben pouco. Eu o único que quero é poder saír da miña habitación os domingos sen medo, poder estudar sen gritos de fondo, poder ser feliz. Vivo nun eterno enfado comigo por non facer nada máis que chorar todas as noites na cama, con ela por non facer nada, e con el, por facelo todo. Lembro cando era unha cativa e ía á casa de miña avoa. Cando me viña recoller el eu choraba, berraba, suplicaba que me deixasen quedar e que non me levasen co “home malo”. Miña avoa, coa súa mentalidade de que se lle pega “por algo é”, levábame á forza onda el. “El quérevos, á súa maneira”. Sen dúbida a escusa que máis detesto. Iso non é querer. Iso non é ser persoa nin é nada. Pero ela pensa que si, que se el non lle deixa ter amigas divorciadas é porque “aprecia demasiado o noso matrimonio e ten medo de que se acabe”. Que se el non lle deixa ter amigos homes é porque “quéreme tanto que ten medo a perderme”. E se lle preguntas porque aguanta todos os insultos dirache “xa o entenderás cando sexas maior”. Espero non entendelo nunca. Chégame con ter un pai maltratador, non me fai falta ter unha parella que faga o mesmo. Eu non pido un pai perfecto, eu non pido un pai. Eu só quero que ela faga as maletas e que nos vaiamos lonxe. Eu só quero que cando a xente pase por diante da casa non escoite como el nos grita. Eu só quero durmir sen chorar, vivir sen medo. Non quero que ninguén nos rescate, quero que saiamos adiante nós soas, que ela sexa capaz de deixalo e me demostre que hai esperanza. Eu só quero deixar de ser unha vítima.