1. Como escribir un microrrelato...
1. Debes ser breve, contar a historia co menor número de palabras.
O microrrelato é unha historia de ficción moi breve, posúe entre 5 e
200 palabras.
2. Debes suxerir, insinuar moito con pouco.
O microrrelato é un texto condensado, con todo o contido concentrado
en poucas palabras, como un bo perfume nun frasquiño ben pequeno. Non
se trata de resumir para reducir o número de palabras, senón de buscar
as palabras exactas e concentrar nelas toda a historia. En realidade o
microrrelato é a punta do iceberg dunha historia maior, polo que hai
que lograr que a persoa lectora encha os ocos, que imaxine o que non
se conta, a través do que o relato suxire, do que insinúa pero non di.
3. Debes experimentar buscando ser orixinal.
O microrrelato non é un xénero narrativo tradicional. Preséntase coma
unha mestura, con aspectos poéticos (palabras sonoras, suxerentes) e
mesmo con expresións semellantes a refráns ou sentenzas filosóficas.
4. Debes escoller que contar, o momento de maior clímax da historia.
O microrrelato é tan breve que só permite abordar un aspecto da
historia que se quere contar, polo tanto é preciso escoller moi ben
ese aspecto ou momento da historia que permita suxerir o resto.
5. Debes comezar polo medio (in media res).
O microrrelato, pola súa brevidade, non respecta a estrutura
tradicional dos relatos (presentación-nó-desenlace). Hai que empezar
directamente no nó, hai que ir directamente á acción. Polo que a
mellor estrutura para un microrrelato sería esta:
Empezar intrigando á persoa lectora
Atrapar á persoa lectora a través dunha imaxe evocadora
Sorprender á persoa lectura cun final que a obriga a reflexionar
6. Debes reducir personaxes, espazos e tempo.
O microrrelato, pola súa brevidade, prescinde de longas descricións de
personaxes, concentrándose nunha ou dúas; de espazos, cinxíndose a un
lugar ou dous; e de tempo, concretándose nun único momento ou en dous.
Se estes elementos son referentes coñecidos, colaboran en reducir
espazo e non precisar descricións nin explicacións.
7. Debes mostrar, non contar ao estilo tradiconal.
O microrrelato non conta unha historia detalladamente, senón que
mostra unha escena que serve para condensar toda a historia.
8. Debes acabar cun final sorprendente.
O microrrelato debe acabar impactando á persoa lectora, provocando que
a historia contada non remate coa lectura, senón que sexa evocada por
2. quen a leu, provocando que a súa imaxinación se poña en marcha. É
dicir, a persoa lectura debe precisar pensar no que acaba de ler. Isto
tamén se pode lograr cun final aberto.
9. Debes escoller un título que aporte luz ao texto.
O título debe axudar a comprender o texto.
10. Debes escribir, recortar e recortar antes de editar.
O microrrelato require escribir primeiro unha historia, para despois
recortala ata concentrala nas palabras exactas, as xustas e necesarias
(como na poesía).
Exemplos de microrrelatos...
Véndense zapatiños de bebé, nunca usados.(atribuído a Ernest
Hemingway.
Escritas no seu calendario no día da morte do meu pai, dúas palabras:
chamar fillo. (Título: Por que eu nunca uso axenda. Autor: Stace
Budzko).
Non quixen continuar coa miña investigación sobre o cancro, porque
deime conta de que, mesmo aínda que puidera perfeccionar a cura, nunca
chegarían a poñerlle o meu nome, Eddie Spaghetti. (Autor: B. Mistoda).
Antes de ponerse el pendiente frotó el metal que rodeaba el zafiro con
un bastoncito impregnado en líquido para limpiar plata. Cientos de
estratos de tiempo levantaron el vuelo dejando la superficie luminosa
y desnuda. Se acercó, curiosa, y la joya le devolvió el rostro
adolescente de su abuela probándose el pendiente ante un
espejo.(Título: Herencia. Autora: Paz Monserrat Revillo).
Watson contempló desolado la escena del crimen. Sin pistas, sin
sospechosos, el único detective capaz de resolver aquel misterio,
yacía muerto a sus pies.(Autora: Iria López Teijeiro)
Fontes para atopar modelos de microrrelatos...
Espazo Ben Común
Real Academia Galega
Inteligencia narrativa
Escuela de escritores. Relatos en cadena. Cadena SER
FONTE DE INFORMACIÓN: Blog Literaturas de Iria López Teijeiro