SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 2
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Aproximacións á palabra
        No estudo da gramática saliéntase unha das unidades lingüísticas talvez máis complexas de
delimitar e de definir, como é a palabra. Ten habido posturas diversas por parte dos lingüistas, sen que se
ache, a día de hoxe, aínda unha resposta unánime a como se pode percibir esta unidade. Nesa certa
polémica incide o criterio de como se debe entender:

1. En primeiro lugar, pode entenderse como unha entidade material ou palabra fonolóxica, vista
preferencialmente desde o plano da expresión, analizábel en sílabas e fonemas, sen que isto loxicamente
lle impida ser considerada como un signo: casa, ca-sa, /kasa/. PALABRA FONOLÓXICA

2. Por outra parte, a palabra pode verse mesmo como unha entidade pertencente ao dominio da
ortografía, xa que presenta determinadas características ortográficas. Estamos a nos referir ás
convencións ortográficas (A Coruña / *Ha Khoruña), ás indicacións que prescriben uso do acento gráfico
(é, traizón etc.), ás situacións de homofonía e homografía (vén, verbo / ben, adverbio), á correcta
separabilidade dos constituíntes frásicos (Veu devagar / *Veude vagar / *Veu de vagar / *Veudevagar) etc.

3. En terceiro lugar, é susceptíbel de se entender como unha entidade abstracta salientando
principalmente o seu significado lexical. Deste xeito, a palabra sería perspectivada como un lexema,
como unidade fundamental do léxico dunha lingua. PALABRA LEXICAL

4. En cuarto lugar, pode tamén entenderse como o membro dun paradigma, caracterizado polas
categorías gramaticais: por exemplo, cando pensarmos na unidade miña, que pertence ao sistema dos
pronomes posesivos, ou en ti, que corresponde ao inventario dos pronomes persoais, achámonos diante
de unidades de contido gramatical: persoa (P1), número (singular) e xénero (feminino) en miña; persoa
(P2) e número (singular) en ti. PALABRA GRAMATICAL

5. E, igualmente, unha unidade como casa na secuencia pequena casa de pedra presenta un cadro
de rexencia sintáctica diferente do de pequena e de pedra, pois o seu carácter nuclear é diferente ao
de pequena e ao de de pedera nesa unidade frásica. Do punto de vista da sintaxe, (i) hai palabras con
capacidade para rexeren outras palabras adxacentes sintáctica ou semanticamente, (ii) hai unidades que
só se poden comportar como subordinadas e (iii) existen outras que manteñen relacións de
interdependencia (como as preposicións) con outros elementos (os termos). As palabras integrantes de
pequena casa de pedra prensentan, por tanto, relacións diferentes entre si e é casa o elemento nuclear
que resulta modificado por pequena e por de pedra. PALABRA SINTÁCTICA

        Por estas circunstancias, a palabra é susceptíbel de ser analizada e estudada desde varias
disciplinas lingüísticas, tales como a ortografía, a fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe, a lexicoloxía ou
a semántica. A problemática da palabra proxéctase na existencia de diversas definicións. Para uns, os
que se centran nos seus trazos morfolóxicos, a palabra ten de ser entendida como a forma libre mínima
con independencia fonolóxica. Mais, non lle negando a súa básica caracterización morfolóxica, tamén
pode ser percibida como o elemento central do plano lexical, que é a portadora dun significado lexical; así
vista, sería a parte do discurso menor e autónoma. Por iso a palabra é unha unidade de forma e de
contido. Para Freixeiro Mato (2006, II: 27) trátase dunha unidade gramatical, de limites pouco precisos,
situada entre o morfema e a frase, na que se combinan tanto a vertente do significado como a do
significante.

        En conclusión, á vista destas definicións, podemos sintetizar que se trata dunha unidade do ámbito
da morfoloxía, dotada de significación e intermediaria entre o morfema e a frase no marco das unidades
lingüísticas gradativas, que presenta características ortográficas, fonéticas e fonolóxicas, morfolóxicas,
sintácticas, semántico-lexicais ou discursivas. Por este motivo, é susceptíbel de se estudar desde diversas
disciplinas e saberes lingüísticos.

                                                        Autor: Xosé Manuel Sánchez Rei. Universidade da Coruña
                                                                                Obra: Unidade Didáctica. O léxico
                      Fonte: Palabras con memoria. Iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
O LADRÓN DE PALABRAS

        Era un país hai moito tempo no que as palabras eran valiosas como o pan ou a auga,
como en todos os países do mundo.
        Un día chegou un estranxeiro e parou a falar cunha muller nun camiño. Aquel home levaba
un coitelo ao cinto e un dente de ouro. Estiveron falando e falando e, nun momento dado, o
estranxeiro fixo así coa man e rouboulle unha palabra á muller e saltou ao cabalo e marchou a
galope.
        O ladrón de palabras seguiu galopando até que chegou a unha aldea. Alí entrou nunha
pousada e púxose a falar cun médico que viña de curar a un enfermo. O ladrón sacou unha
moeda de ouro e dixo:
        - Cámbioche esta moeda de ouro polas tres últimas palabras que acabas de dicir.
        O médico dixo que non, As palabras non son miñas, que son de moita outra xente. Mais o
ladrón de palabras agardouno no bosque e púxelle na gorxa o coitelo e rouboulle aquelas tres
palabras sen perder o sorriso dourado.
        Ao día seguinte o ladrón chegou a unha cidade e entrou nun pazo. Nunha man levaba
unha bolsa con ouro e noutra, unha bolsa con palabras. Díxolle ao señor mostrándolle o ouro:
        - Mércoche todas as palabras que pronunciaches hoxe.
        - Non –dixo o nobre-, as plabras non se venden.
        Mais o estranxeiro ameazouno co coitelo e rouboullas unha a unha.
        Máis adiante, o ladrón de palabras asaltou a un home que viaxaba a cabalo. Era un poeta
especialista en cancións de amor. O ladrón sacou a daga e díxolle:
        -As palabras ou a vida.
        O poeta respondeu:
        -As palabras non son miñas, son do meu pobo. Eu nunca as vendería.
        Mais o ladrón de palabras foi contra el e arrincoulle as palabras do corazón.
        Axiña correu a voz por todo o país de que lles estaban roubando as palabras. E moita
xente botou man das armas para defendelas. Cóntase que, de entre toda a xente da vila, os que
mellor protexeron as palabras foron os labregos coas gadañas e as fouciñas, e os mariñeiros, cos
coitelos e os arpóns. E que as mulleres máis valentes as escondían nas faldriqueiras ou nas
camisas de liño.
        Mais o ladrón de palabras continuou roubándolles as palabras mesmo ás nenas que
aprendían a ler e aos nenos que ían mercar zapatos. E aos mestres nas escolas e aos avogados
que sabían de leis. E pouco a pouco aquel país seguiu perdendo moitas das súas palabras e
foise facendo día a día cada vez máis pobre porque era o país ao que lle roubaban as palabras.
        Dise que a xente para protexer as palabras e gardalas en segredo mesmo as deixou de
escribir. E que por medo ao ladrón de palabras moitas persoas, desconfiadas, durante séculos só
pronunciaban as súas palabras coa familia ou entre a xente amiga.
        Así pasaron os anos e cóntase que naquel país aínda hai xente que segue tendo medo do
ladrón de palabras. E hai quen di que ás veces o ladrón segue aparecendo nunha parada de bus
ou nunha floristería ou nunha escola cunha bolsa e un coitelo e un sorriso cun dente de ouro.

                                                      MADE IN GALIZA, SÉCHU SENDE. 2007

                                       As cousas que non se din ou non se nomean, non son
         (El ladrón de palabras, GRUP D’ESTUDI DE LLENGÜES AMENAÇADES (GELA), de la
    Universitat de Barcelona, dentro del proyecto: CARPETA DE LA DIVERSITAT LINGÜÍSTICA,
                                                     subvencionado por la Comunidad Europea)

          El ladrón de palabras de Antonio de la Fuente Arjona (Obra de teatro para nenos, 1992)

                                 O ladrón de palabras. Anxo Fariña (conto infantil en ANT. 2008)

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Survey results
Survey resultsSurvey results
Survey results
jayali08
 
A batalha da Fé: trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!
A batalha da Fé:  trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!A batalha da Fé:  trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!
A batalha da Fé: trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!
RAMO ESTENDIDO
 
Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!
Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!
Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!
RAMO ESTENDIDO
 
A prática das ofertas - parte 2.
A prática das ofertas - parte 2.A prática das ofertas - parte 2.
A prática das ofertas - parte 2.
RAMO ESTENDIDO
 
Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.
Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.
Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.
RAMO ESTENDIDO
 
Trabajo diapositivas
Trabajo diapositivasTrabajo diapositivas
Trabajo diapositivas
abriljennifer
 
Fisica iv aula04
Fisica iv aula04Fisica iv aula04
Fisica iv aula04
UTFPR
 

Andere mochten auch (19)

Plataforma
PlataformaPlataforma
Plataforma
 
Logo Design Café Reviews
Logo Design Café ReviewsLogo Design Café Reviews
Logo Design Café Reviews
 
Serenity
SerenitySerenity
Serenity
 
Survey results
Survey resultsSurvey results
Survey results
 
Research new1
Research new1Research new1
Research new1
 
Abhishek Yadav ppt
Abhishek Yadav pptAbhishek Yadav ppt
Abhishek Yadav ppt
 
Estructuras de Pared, Maria Sarmiento
Estructuras de Pared, Maria SarmientoEstructuras de Pared, Maria Sarmiento
Estructuras de Pared, Maria Sarmiento
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
A batalha da Fé: trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!
A batalha da Fé:  trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!A batalha da Fé:  trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!
A batalha da Fé: trabalhe a sua fé para prevalecer e avançar!
 
Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!
Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!
Guarde as suas fronteiras: um tempo para definir e proteger!
 
Dnit108 2009 es
Dnit108 2009 esDnit108 2009 es
Dnit108 2009 es
 
Historia de las leyes
Historia de las leyesHistoria de las leyes
Historia de las leyes
 
A prática das ofertas - parte 2.
A prática das ofertas - parte 2.A prática das ofertas - parte 2.
A prática das ofertas - parte 2.
 
Las cadenas alimenticias
Las cadenas alimenticiasLas cadenas alimenticias
Las cadenas alimenticias
 
Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.
Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.
Transferência de riquezas: as riquezas a serviço do Reino de Deus.
 
Treballs naturals 3r eso 2013 14
Treballs naturals 3r eso 2013 14Treballs naturals 3r eso 2013 14
Treballs naturals 3r eso 2013 14
 
Trabajo diapositivas
Trabajo diapositivasTrabajo diapositivas
Trabajo diapositivas
 
El aborto 1
El aborto 1El aborto 1
El aborto 1
 
Fisica iv aula04
Fisica iv aula04Fisica iv aula04
Fisica iv aula04
 

Ähnlich wie A palabra

Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.
Celsa
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
equipobiblio
 
Ben feito
Ben feitoBen feito
Ben feito
brais5
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
IreneSeara
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasica
nereha
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galego
Marlou
 

Ähnlich wie A palabra (20)

Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
 
Semántica.pptx
Semántica.pptxSemántica.pptx
Semántica.pptx
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.
 
Cambios no galego
Cambios no galegoCambios no galego
Cambios no galego
 
XesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro RuibalXesúS Ferro Ruibal
XesúS Ferro Ruibal
 
Lingua galega 3 4
Lingua galega 3 4Lingua galega 3 4
Lingua galega 3 4
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Escoita...é o silencio
Escoita...é o silencioEscoita...é o silencio
Escoita...é o silencio
 
Escoita é O Silencio
Escoita   é O SilencioEscoita   é O Silencio
Escoita é O Silencio
 
Toponimia da conca do mera
Toponimia da conca do meraToponimia da conca do mera
Toponimia da conca do mera
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
 
Presentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniPresentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina Jenni
 
Ben feito
Ben feitoBen feito
Ben feito
 
Síntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESOSíntese da programación 1º ESO
Síntese da programación 1º ESO
 
Sociolingüística 2
Sociolingüística 2Sociolingüística 2
Sociolingüística 2
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasica
 
As orixes do galego
As orixes do galegoAs orixes do galego
As orixes do galego
 
Guía de Poesía
Guía de PoesíaGuía de Poesía
Guía de Poesía
 
Guía 1. un mundo de linguas
Guía 1. un mundo de linguasGuía 1. un mundo de linguas
Guía 1. un mundo de linguas
 

Mehr von Marlou

Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Marlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Marlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
Marlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Marlou
 

Mehr von Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Kürzlich hochgeladen

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Kürzlich hochgeladen (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

A palabra

  • 1. Aproximacións á palabra No estudo da gramática saliéntase unha das unidades lingüísticas talvez máis complexas de delimitar e de definir, como é a palabra. Ten habido posturas diversas por parte dos lingüistas, sen que se ache, a día de hoxe, aínda unha resposta unánime a como se pode percibir esta unidade. Nesa certa polémica incide o criterio de como se debe entender: 1. En primeiro lugar, pode entenderse como unha entidade material ou palabra fonolóxica, vista preferencialmente desde o plano da expresión, analizábel en sílabas e fonemas, sen que isto loxicamente lle impida ser considerada como un signo: casa, ca-sa, /kasa/. PALABRA FONOLÓXICA 2. Por outra parte, a palabra pode verse mesmo como unha entidade pertencente ao dominio da ortografía, xa que presenta determinadas características ortográficas. Estamos a nos referir ás convencións ortográficas (A Coruña / *Ha Khoruña), ás indicacións que prescriben uso do acento gráfico (é, traizón etc.), ás situacións de homofonía e homografía (vén, verbo / ben, adverbio), á correcta separabilidade dos constituíntes frásicos (Veu devagar / *Veude vagar / *Veu de vagar / *Veudevagar) etc. 3. En terceiro lugar, é susceptíbel de se entender como unha entidade abstracta salientando principalmente o seu significado lexical. Deste xeito, a palabra sería perspectivada como un lexema, como unidade fundamental do léxico dunha lingua. PALABRA LEXICAL 4. En cuarto lugar, pode tamén entenderse como o membro dun paradigma, caracterizado polas categorías gramaticais: por exemplo, cando pensarmos na unidade miña, que pertence ao sistema dos pronomes posesivos, ou en ti, que corresponde ao inventario dos pronomes persoais, achámonos diante de unidades de contido gramatical: persoa (P1), número (singular) e xénero (feminino) en miña; persoa (P2) e número (singular) en ti. PALABRA GRAMATICAL 5. E, igualmente, unha unidade como casa na secuencia pequena casa de pedra presenta un cadro de rexencia sintáctica diferente do de pequena e de pedra, pois o seu carácter nuclear é diferente ao de pequena e ao de de pedera nesa unidade frásica. Do punto de vista da sintaxe, (i) hai palabras con capacidade para rexeren outras palabras adxacentes sintáctica ou semanticamente, (ii) hai unidades que só se poden comportar como subordinadas e (iii) existen outras que manteñen relacións de interdependencia (como as preposicións) con outros elementos (os termos). As palabras integrantes de pequena casa de pedra prensentan, por tanto, relacións diferentes entre si e é casa o elemento nuclear que resulta modificado por pequena e por de pedra. PALABRA SINTÁCTICA Por estas circunstancias, a palabra é susceptíbel de ser analizada e estudada desde varias disciplinas lingüísticas, tales como a ortografía, a fonoloxía, a morfoloxía, a sintaxe, a lexicoloxía ou a semántica. A problemática da palabra proxéctase na existencia de diversas definicións. Para uns, os que se centran nos seus trazos morfolóxicos, a palabra ten de ser entendida como a forma libre mínima con independencia fonolóxica. Mais, non lle negando a súa básica caracterización morfolóxica, tamén pode ser percibida como o elemento central do plano lexical, que é a portadora dun significado lexical; así vista, sería a parte do discurso menor e autónoma. Por iso a palabra é unha unidade de forma e de contido. Para Freixeiro Mato (2006, II: 27) trátase dunha unidade gramatical, de limites pouco precisos, situada entre o morfema e a frase, na que se combinan tanto a vertente do significado como a do significante. En conclusión, á vista destas definicións, podemos sintetizar que se trata dunha unidade do ámbito da morfoloxía, dotada de significación e intermediaria entre o morfema e a frase no marco das unidades lingüísticas gradativas, que presenta características ortográficas, fonéticas e fonolóxicas, morfolóxicas, sintácticas, semántico-lexicais ou discursivas. Por este motivo, é susceptíbel de se estudar desde diversas disciplinas e saberes lingüísticos. Autor: Xosé Manuel Sánchez Rei. Universidade da Coruña Obra: Unidade Didáctica. O léxico Fonte: Palabras con memoria. Iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
  • 2. O LADRÓN DE PALABRAS Era un país hai moito tempo no que as palabras eran valiosas como o pan ou a auga, como en todos os países do mundo. Un día chegou un estranxeiro e parou a falar cunha muller nun camiño. Aquel home levaba un coitelo ao cinto e un dente de ouro. Estiveron falando e falando e, nun momento dado, o estranxeiro fixo así coa man e rouboulle unha palabra á muller e saltou ao cabalo e marchou a galope. O ladrón de palabras seguiu galopando até que chegou a unha aldea. Alí entrou nunha pousada e púxose a falar cun médico que viña de curar a un enfermo. O ladrón sacou unha moeda de ouro e dixo: - Cámbioche esta moeda de ouro polas tres últimas palabras que acabas de dicir. O médico dixo que non, As palabras non son miñas, que son de moita outra xente. Mais o ladrón de palabras agardouno no bosque e púxelle na gorxa o coitelo e rouboulle aquelas tres palabras sen perder o sorriso dourado. Ao día seguinte o ladrón chegou a unha cidade e entrou nun pazo. Nunha man levaba unha bolsa con ouro e noutra, unha bolsa con palabras. Díxolle ao señor mostrándolle o ouro: - Mércoche todas as palabras que pronunciaches hoxe. - Non –dixo o nobre-, as plabras non se venden. Mais o estranxeiro ameazouno co coitelo e rouboullas unha a unha. Máis adiante, o ladrón de palabras asaltou a un home que viaxaba a cabalo. Era un poeta especialista en cancións de amor. O ladrón sacou a daga e díxolle: -As palabras ou a vida. O poeta respondeu: -As palabras non son miñas, son do meu pobo. Eu nunca as vendería. Mais o ladrón de palabras foi contra el e arrincoulle as palabras do corazón. Axiña correu a voz por todo o país de que lles estaban roubando as palabras. E moita xente botou man das armas para defendelas. Cóntase que, de entre toda a xente da vila, os que mellor protexeron as palabras foron os labregos coas gadañas e as fouciñas, e os mariñeiros, cos coitelos e os arpóns. E que as mulleres máis valentes as escondían nas faldriqueiras ou nas camisas de liño. Mais o ladrón de palabras continuou roubándolles as palabras mesmo ás nenas que aprendían a ler e aos nenos que ían mercar zapatos. E aos mestres nas escolas e aos avogados que sabían de leis. E pouco a pouco aquel país seguiu perdendo moitas das súas palabras e foise facendo día a día cada vez máis pobre porque era o país ao que lle roubaban as palabras. Dise que a xente para protexer as palabras e gardalas en segredo mesmo as deixou de escribir. E que por medo ao ladrón de palabras moitas persoas, desconfiadas, durante séculos só pronunciaban as súas palabras coa familia ou entre a xente amiga. Así pasaron os anos e cóntase que naquel país aínda hai xente que segue tendo medo do ladrón de palabras. E hai quen di que ás veces o ladrón segue aparecendo nunha parada de bus ou nunha floristería ou nunha escola cunha bolsa e un coitelo e un sorriso cun dente de ouro. MADE IN GALIZA, SÉCHU SENDE. 2007 As cousas que non se din ou non se nomean, non son (El ladrón de palabras, GRUP D’ESTUDI DE LLENGÜES AMENAÇADES (GELA), de la Universitat de Barcelona, dentro del proyecto: CARPETA DE LA DIVERSITAT LINGÜÍSTICA, subvencionado por la Comunidad Europea) El ladrón de palabras de Antonio de la Fuente Arjona (Obra de teatro para nenos, 1992) O ladrón de palabras. Anxo Fariña (conto infantil en ANT. 2008)