SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 5
ANÁLISE DA CAMPAÑA CARA O 20N PARA O PARTIDO
                 POPULAR DE PONTEVEDRA
  Trala revisión da análise de medios feita na pasada campaña electoral ás eleccións xerais do 20
de novembro, na que nos centramos na candidatura do PP pola provincia de Pontevedra ,
extraéronse algunhas conclusións interesantes:
  Esta campaña foi un tanto anómala respecto as anteriores: o Partido Popular contaba cunha ampla
vantaxe nas sondaxes, o que lle permitía ter unha actitude conservadora e non arriscar,; tiña
suficiente con resistir os embates dos socialistas e do resto dos partidos..
  Aínda así, cumpriu cos seus fieis programando unha campaña na que cubriu todo o territorio. Na
provincia, realizáronse actos en tódalas comarcas, centrándose, como é lóxico, nas principais
entidades de poboación.

Distribución xeográfica dos actos de campaña




  Pontevedra é unha provincia de tamaño medio (sobre o millón de habitantes) que se distribúe
demograficamente entorno a dous polos urbanos Vigo e Pontevedra, que concentran o 40 % da
poboación. As súas áreas metropolitanas e de influencia supoñen máis do 75% dos habitantes da
provincia.
  É lóxico, polo tanto, que a campaña se centre neses dous puntos. Como se aprecia no gráfico os
actos de Ana Pastor, Feijóo, Rajoy e compañía concentran os actos neses puntos sabéndoos
decisivos para o resultado electoral.
   Do mesmo xeito, o partido conservador tivo a necesidade de reafirmarse en concellos
recentemente conquistados nas últimas municipais (En maio deste mesmo ano). Nestas localidades,
como Cangas, O Porriño ou Salceda de Caselas o número de actos supera con moito o seu peso
demográfico. Con isto preténdese, ademais de consolidar o voto, dotar de relevancia aos alcaldes
dentro do aparato do partido e de cara á opinión pública en xeral, pola conseguinte aparición nos
medios.
   Cangas, xunto con Lalín e O Porriño, virían a ser as vilas representativas das do resto da
provincia. A parte de ser localidades dun tamaño medio (20.000 – 30.000 habitantes) son polos de
atracción dentro das súas comarcas e teñen características propias do seu entorno que lle permiten
representar ao mesmo.
   Cangas é unha vila costeiras cun sector marítimo moi desenrolado e cun sector turístico
incipiente.
   Lalín é o polo de desenvolvemento do interior pontevedrés, centrado na a agricultura e o sector
gandeiro.
   O Porriño é o concello industrial de referencia en Galicia, aproveitando a súa proximidade a Vigo
ten unha implantación de empresas secundarias e terciarias moi destacable.
   De entre os 15 primeiros concellos en canto a poboación cabe destacar a presenza de actos en
todas eles, excepto en 2: A Estrada e Nigrán. A explicación é ben distinta:
   O primeiro municipio é, segundo os resultados obtidos nas eleccións municipais, o concello máis
grande da provincia no que o Partido socialista foi a forza máis votada. Trátase por tanto dun
territorio “hostil” dentro do que, seguindo a campaña conservadora e de perfil baixo que fixo o PP,
non interesa visitar.
   Na segunda localidade a explicación pode ser un pouco máis complexa. Podería pasar polo feito
de que na anterior lexislatura (a finais de 2006), o alcalde popular de Nigrán e gran parte do seu
equipo de goberno foron imputados nun caso de corrupción urbanística. Ao Partido Popular,
seguindo o comentado anteriormente, non lle convén reavivar eses recordos. Omitir esta localidade
do seu percorrido de campaña é unha boa solución para iso.

Distribución cronolóxica dos actos de campaña
   A nosa análise dos actos de campaña (que vai do 26 de outubro ao 19 de novembro) poderíase
dividir cronoloxicamente en tres etapas ben diferenciadas:
   A primeira delas ocupa o período de pre-campaña (26 de outubro a 3 de novembro). A principal
candidata céntrase en Pontevedra (cidade que visita ata en 3 ocasións neste curto espazo de tempo),
e nas vilas-medias tipo (Cangas, Lalín e O Porriño). Ana Pastor adícase nestes actos a darse a
coñecer e a difundir as liñas mestras do que serán posteriormente as súas mensaxes de campaña.
   A segunda etapa dáse entre o 4 e o 11 de novembro, coincidindo coa primeira semana de
campaña. Nela adica un espazo crecente a Vigo sen esquecer Pontevedra nin os pequenos actos
noutras localidades. Lánzanse aí as mensaxes específicas e as súas propostas para a provincia, sen
esquecer as loas á figura de Mariano Rajoy como candidato e as críticas ao PSOE, e en concreto a
José Blanco, aproveitando a saturación informativa respecto ao caso “Campeón”.
   A terceira e ultima correspóndese coa segunda semana de campaña (11 a 18 de novembro) e PP
provincial centra tódolos seus esforzos en Vigo como gran caladoiro de votos a nivel provincial (6
actos nesa semana na cidade). As mensaxes focalízanse polo tanto para esta urbe, tentando desgastar
a figura do alcalde, Caballero e da súa concelleira (e candidata do PSOE), Carmela Silva.

Tipos de actos realizados
   Como en calquera campaña electoral, os candidatos involúcranse en distintos actos para adecuar
a súa mensaxe ao público obxectivo da mesma. Neste caso Ana Pastor e o resto de representantes do
seu partido víronse envoltos en encontros con distintos colectivos, visitas a empresas e polígonos
industriais, paseos polas localidades, comidas, ademais dos xa clásicos mitins de campaña.

Mensaxes da campaña




   Ao longo da campaña a candidata número 1 do PP para congreso pola provincia de Pontevedra
desenvolve un discurso baseado en 6 temáticas que a continuación se detallan:
   Sanidade: Como ex-ministra deste gremio co goberno de Aznar, a candidata vese con autoridade
para falar deste tema tan de actualidade. Propón actuacións para garantir a sostenibilidade do
sistema á vez que compromete recursos do futuro goberno central para infraestruturas en proxecto
para a zona (Léase novos hospitais de Pontevedra e Vigo).
   Educación: Móstrase en contra do actual sistema educativo, propoñendo alternativas para a
mellora do seu funcionamento.
   Dereitos/Servizos sociais: Respalda reclamacións históricas de colectivos como a dos mariñeiros
para o voto para embarcados. Ademais critica a falta de medios para as asociacións benéficas e pon
en valor as políticas de benestar do anterior goberno do PP.
   Emprego/Incentivos empresariais: Para a candidata, estes dous conceptos van unidos: para que
haxa máis emprego debe mellorar a situación do empresariado. Propón medidas de reforma fiscal e
impositiva á vez que aposta polos sectores clave na provincia (naval, pesqueiro, tecnolóxicas,
gandeiro, etc.)
  Corrupción/críticas ao goberno: Favorecida pola actual situación económica e pola “oportuna”
aparición nos medios da suposta implicación do ministro de Fomento (o galego José Blanco) na
operación “Campeón”, a ex-ministra non escatima críticas tanto para o goberno e as súas actuacións
como para o Blanco.
  Infraestruturas de comunicación: Relacionándoo co anterior apartado, Ana Pastor expón as súas
opinión respecto a actividade do ministro de Fomento en Galicia. Critica a parada de infraestruturas
básicas para o desenvolvemento da comunidade, como o AVE a Madrid, o proxecto de reforma do
entorno da ponte de Rande, as alternativas comunicativas a ese proxecto como a A-57, etc.

Repercusión en medios tradicionais (radio, prensa e TV)

Prensa
   En tódolos diarios aparece unha sección propia para campaña electoral. Nesta, a maior parte
adícaselle aos candidatos estatais, pero soen aparecer unha axenda de actos no entorno, e nos días
posteriores unha cobertura do acto, que pode ir dunha pequena reseña a unha ampla reportaxe.
   A prensa escrita no entorno provincial (e tamén no estado) ten unha marcada tendencia
conservadora, o que lle facilita moito a aparición á candidata popular respecto ás dos outros partidos
maioritarios (BNG e PSOE). Calquera declaración de Ana Pastor vai aparecer como titular ou
destacada na sección da campaña.
   Esta tendencia é especialmente notable no Faro de Vigo (o diario de maior difusión na provincia
e , en xeral no sur) e en La Voz (o de maior lectura en Galicia, segundo o EGM).
   O diario de Pontevedra, máis centrado na comarca pontevedresa, a campaña non ten unha
presencia tan destacada, pero os actos e a axenda están tamén presentes para a lectura do cidadán.

Radio e TV
   Nos tramos locais de tódalas cadeas infórmase de xeito cumprido da axenda diaria de campaña,
adícanselle espazos de entrevistas aos candidatos (Non só a Ana Pastor, tamén Telmo Martín en
Pontevedra, Chema Figueroa e Corina Porro en Vigo, etc.).
   Doutra banda, búscase un debate directo entre as principais candidatas provinciais , pero este non
se produce pola negativa de Ana Pastor e o seu equipo de campaña, que non o considera adecuado
para os seus intereses.

Repercusión en redes sociais e on-line
   Aínda que non chega de igual maneira á maioría da poboación, a actividade en internet da
candidata resulta bastante aceptable. Ao longo da campaña realiza un par de encontros dixitais con
preguntas “abertas” dos internautas a través da web do Faro e de La Voz de Galicia. Dispón dun
blogue (supoñemos que de campañas anteriores onde estaba máis de moda), de Facebook e de
Twitter.
   Centrándonos en Twitter e na cabeza de lista por Pontevedra para o Congreso, a ministrable Ana
Pastor, tivo un uso ben intensivo durante a campaña (seguramente indicado pola dirección do
partido) que agora reduciu de xeito rechamante. A súa utilización da rede de microblogging basease
na descrición da situación e axenda diaria, na repetición das mensaxes de campaña do partido e nas
glorias e alabanzas ao seu líder e íntimo amigo, Mariano Rajoy. Responde mensaxes de ánimo e
felicitacións, retweeteándoas incluso, pero non se complica a vida respondendo cuestións que non
estean na axenda do partido que de seguro recibiu. Segue con isto a liña branca e conservadora de
quen se sabe gañador antes de xogar.
   En xeral, foxe da confrontación e o debate que ao que lle reta continuamente a cabeza provincial
socialista, Carmela Silva, consciente de que ten moito máis que perder que que gañar nesa
contenda.

RESULTADOS
  Como consecuencia da campaña realizada (e de condicionantes externos de moita maior
importancia) o Partido Popular conseguiu ser a forza máis votada nos 62 municipios da provincia
logrando 4 deputados para o Congreso (fronte a 2 do PSOE e 1 do BNG) e 3 senadores (fronte a 1
do PSOE).




                                                                     Ricardo Bermúdez Piñeiro

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Giorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_Up
Giorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_UpGiorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_Up
Giorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_UpGiorgio Pauletto
 
Ronyelit delitos informaticos
Ronyelit delitos informaticosRonyelit delitos informaticos
Ronyelit delitos informaticosrobyelit
 
ISO9001-英文
ISO9001-英文ISO9001-英文
ISO9001-英文雅丽 张
 
MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)
MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)
MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)Adrian Mah Siew Hoe
 
Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...
Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...
Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...pichaipat
 
Bayesian Classification
Bayesian ClassificationBayesian Classification
Bayesian ClassificationGang Tao
 
Assistive technologies past present and future - 2015
Assistive technologies   past present and future - 2015Assistive technologies   past present and future - 2015
Assistive technologies past present and future - 2015David Banes
 
Corporate Presentation Arkadin
Corporate Presentation ArkadinCorporate Presentation Arkadin
Corporate Presentation ArkadinGrégoire Kiss
 
Giorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_Creativity
Giorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_CreativityGiorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_Creativity
Giorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_CreativityGiorgio Pauletto
 
Giorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_Lab
Giorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_LabGiorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_Lab
Giorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_LabGiorgio Pauletto
 

Andere mochten auch (13)

Giorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_Up
Giorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_UpGiorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_Up
Giorgio_Pauletto_Scaling_Up_Your_Venture_Without_Screwing_Up
 
Ronyelit delitos informaticos
Ronyelit delitos informaticosRonyelit delitos informaticos
Ronyelit delitos informaticos
 
Arial vs-helvetica
Arial vs-helveticaArial vs-helvetica
Arial vs-helvetica
 
ISO9001-英文
ISO9001-英文ISO9001-英文
ISO9001-英文
 
MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)
MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)
MV 600 SS SP vapaorizer (cyroquip)
 
Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...
Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...
Pichaipat Hongsongkeat the possibility of selling and distributing the best p...
 
Bayesian Classification
Bayesian ClassificationBayesian Classification
Bayesian Classification
 
Служба медиации
Служба медиацииСлужба медиации
Служба медиации
 
Assistive technologies past present and future - 2015
Assistive technologies   past present and future - 2015Assistive technologies   past present and future - 2015
Assistive technologies past present and future - 2015
 
Corporate Presentation Arkadin
Corporate Presentation ArkadinCorporate Presentation Arkadin
Corporate Presentation Arkadin
 
Giorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_Creativity
Giorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_CreativityGiorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_Creativity
Giorgio_Pauletto_A_Crash_Course_on_Creativity
 
attestation-futuribles
attestation-futuriblesattestation-futuribles
attestation-futuribles
 
Giorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_Lab
Giorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_LabGiorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_Lab
Giorgio_Pauletto_Design_Thinking_Action_Lab
 

Ähnlich wie Análise da campaña electoral do pp de pontevedra nas xerais 2011

Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019PSOE A BAÑA
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015bngaestrada
 
Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016bngaestrada
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
09 as cidades
09 as cidades09 as cidades
09 as cidadesroberto
 
Boletin Ferrol en Común | Abril 2018
Boletin Ferrol en Común | Abril 2018Boletin Ferrol en Común | Abril 2018
Boletin Ferrol en Común | Abril 2018FeCFerrolenComun
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018BNGOPorrinho
 

Ähnlich wie Análise da campaña electoral do pp de pontevedra nas xerais 2011 (13)

Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
 
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
Novas de eu marzo
Novas de eu marzoNovas de eu marzo
Novas de eu marzo
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016Tes que sabelo! febreiro 2016
Tes que sabelo! febreiro 2016
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
09 as cidades
09 as cidades09 as cidades
09 as cidades
 
Boletin Ferrol en Común | Abril 2018
Boletin Ferrol en Común | Abril 2018Boletin Ferrol en Común | Abril 2018
Boletin Ferrol en Común | Abril 2018
 
Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018Voceiro marzo 2018
Voceiro marzo 2018
 

Análise da campaña electoral do pp de pontevedra nas xerais 2011

  • 1. ANÁLISE DA CAMPAÑA CARA O 20N PARA O PARTIDO POPULAR DE PONTEVEDRA Trala revisión da análise de medios feita na pasada campaña electoral ás eleccións xerais do 20 de novembro, na que nos centramos na candidatura do PP pola provincia de Pontevedra , extraéronse algunhas conclusións interesantes: Esta campaña foi un tanto anómala respecto as anteriores: o Partido Popular contaba cunha ampla vantaxe nas sondaxes, o que lle permitía ter unha actitude conservadora e non arriscar,; tiña suficiente con resistir os embates dos socialistas e do resto dos partidos.. Aínda así, cumpriu cos seus fieis programando unha campaña na que cubriu todo o territorio. Na provincia, realizáronse actos en tódalas comarcas, centrándose, como é lóxico, nas principais entidades de poboación. Distribución xeográfica dos actos de campaña Pontevedra é unha provincia de tamaño medio (sobre o millón de habitantes) que se distribúe demograficamente entorno a dous polos urbanos Vigo e Pontevedra, que concentran o 40 % da poboación. As súas áreas metropolitanas e de influencia supoñen máis do 75% dos habitantes da provincia. É lóxico, polo tanto, que a campaña se centre neses dous puntos. Como se aprecia no gráfico os actos de Ana Pastor, Feijóo, Rajoy e compañía concentran os actos neses puntos sabéndoos
  • 2. decisivos para o resultado electoral. Do mesmo xeito, o partido conservador tivo a necesidade de reafirmarse en concellos recentemente conquistados nas últimas municipais (En maio deste mesmo ano). Nestas localidades, como Cangas, O Porriño ou Salceda de Caselas o número de actos supera con moito o seu peso demográfico. Con isto preténdese, ademais de consolidar o voto, dotar de relevancia aos alcaldes dentro do aparato do partido e de cara á opinión pública en xeral, pola conseguinte aparición nos medios. Cangas, xunto con Lalín e O Porriño, virían a ser as vilas representativas das do resto da provincia. A parte de ser localidades dun tamaño medio (20.000 – 30.000 habitantes) son polos de atracción dentro das súas comarcas e teñen características propias do seu entorno que lle permiten representar ao mesmo. Cangas é unha vila costeiras cun sector marítimo moi desenrolado e cun sector turístico incipiente. Lalín é o polo de desenvolvemento do interior pontevedrés, centrado na a agricultura e o sector gandeiro. O Porriño é o concello industrial de referencia en Galicia, aproveitando a súa proximidade a Vigo ten unha implantación de empresas secundarias e terciarias moi destacable. De entre os 15 primeiros concellos en canto a poboación cabe destacar a presenza de actos en todas eles, excepto en 2: A Estrada e Nigrán. A explicación é ben distinta: O primeiro municipio é, segundo os resultados obtidos nas eleccións municipais, o concello máis grande da provincia no que o Partido socialista foi a forza máis votada. Trátase por tanto dun territorio “hostil” dentro do que, seguindo a campaña conservadora e de perfil baixo que fixo o PP, non interesa visitar. Na segunda localidade a explicación pode ser un pouco máis complexa. Podería pasar polo feito de que na anterior lexislatura (a finais de 2006), o alcalde popular de Nigrán e gran parte do seu equipo de goberno foron imputados nun caso de corrupción urbanística. Ao Partido Popular, seguindo o comentado anteriormente, non lle convén reavivar eses recordos. Omitir esta localidade do seu percorrido de campaña é unha boa solución para iso. Distribución cronolóxica dos actos de campaña A nosa análise dos actos de campaña (que vai do 26 de outubro ao 19 de novembro) poderíase dividir cronoloxicamente en tres etapas ben diferenciadas: A primeira delas ocupa o período de pre-campaña (26 de outubro a 3 de novembro). A principal candidata céntrase en Pontevedra (cidade que visita ata en 3 ocasións neste curto espazo de tempo), e nas vilas-medias tipo (Cangas, Lalín e O Porriño). Ana Pastor adícase nestes actos a darse a coñecer e a difundir as liñas mestras do que serán posteriormente as súas mensaxes de campaña. A segunda etapa dáse entre o 4 e o 11 de novembro, coincidindo coa primeira semana de campaña. Nela adica un espazo crecente a Vigo sen esquecer Pontevedra nin os pequenos actos noutras localidades. Lánzanse aí as mensaxes específicas e as súas propostas para a provincia, sen esquecer as loas á figura de Mariano Rajoy como candidato e as críticas ao PSOE, e en concreto a José Blanco, aproveitando a saturación informativa respecto ao caso “Campeón”. A terceira e ultima correspóndese coa segunda semana de campaña (11 a 18 de novembro) e PP provincial centra tódolos seus esforzos en Vigo como gran caladoiro de votos a nivel provincial (6 actos nesa semana na cidade). As mensaxes focalízanse polo tanto para esta urbe, tentando desgastar a figura do alcalde, Caballero e da súa concelleira (e candidata do PSOE), Carmela Silva. Tipos de actos realizados Como en calquera campaña electoral, os candidatos involúcranse en distintos actos para adecuar a súa mensaxe ao público obxectivo da mesma. Neste caso Ana Pastor e o resto de representantes do
  • 3. seu partido víronse envoltos en encontros con distintos colectivos, visitas a empresas e polígonos industriais, paseos polas localidades, comidas, ademais dos xa clásicos mitins de campaña. Mensaxes da campaña Ao longo da campaña a candidata número 1 do PP para congreso pola provincia de Pontevedra desenvolve un discurso baseado en 6 temáticas que a continuación se detallan: Sanidade: Como ex-ministra deste gremio co goberno de Aznar, a candidata vese con autoridade para falar deste tema tan de actualidade. Propón actuacións para garantir a sostenibilidade do sistema á vez que compromete recursos do futuro goberno central para infraestruturas en proxecto para a zona (Léase novos hospitais de Pontevedra e Vigo). Educación: Móstrase en contra do actual sistema educativo, propoñendo alternativas para a mellora do seu funcionamento. Dereitos/Servizos sociais: Respalda reclamacións históricas de colectivos como a dos mariñeiros para o voto para embarcados. Ademais critica a falta de medios para as asociacións benéficas e pon en valor as políticas de benestar do anterior goberno do PP. Emprego/Incentivos empresariais: Para a candidata, estes dous conceptos van unidos: para que haxa máis emprego debe mellorar a situación do empresariado. Propón medidas de reforma fiscal e impositiva á vez que aposta polos sectores clave na provincia (naval, pesqueiro, tecnolóxicas,
  • 4. gandeiro, etc.) Corrupción/críticas ao goberno: Favorecida pola actual situación económica e pola “oportuna” aparición nos medios da suposta implicación do ministro de Fomento (o galego José Blanco) na operación “Campeón”, a ex-ministra non escatima críticas tanto para o goberno e as súas actuacións como para o Blanco. Infraestruturas de comunicación: Relacionándoo co anterior apartado, Ana Pastor expón as súas opinión respecto a actividade do ministro de Fomento en Galicia. Critica a parada de infraestruturas básicas para o desenvolvemento da comunidade, como o AVE a Madrid, o proxecto de reforma do entorno da ponte de Rande, as alternativas comunicativas a ese proxecto como a A-57, etc. Repercusión en medios tradicionais (radio, prensa e TV) Prensa En tódolos diarios aparece unha sección propia para campaña electoral. Nesta, a maior parte adícaselle aos candidatos estatais, pero soen aparecer unha axenda de actos no entorno, e nos días posteriores unha cobertura do acto, que pode ir dunha pequena reseña a unha ampla reportaxe. A prensa escrita no entorno provincial (e tamén no estado) ten unha marcada tendencia conservadora, o que lle facilita moito a aparición á candidata popular respecto ás dos outros partidos maioritarios (BNG e PSOE). Calquera declaración de Ana Pastor vai aparecer como titular ou destacada na sección da campaña. Esta tendencia é especialmente notable no Faro de Vigo (o diario de maior difusión na provincia e , en xeral no sur) e en La Voz (o de maior lectura en Galicia, segundo o EGM). O diario de Pontevedra, máis centrado na comarca pontevedresa, a campaña non ten unha presencia tan destacada, pero os actos e a axenda están tamén presentes para a lectura do cidadán. Radio e TV Nos tramos locais de tódalas cadeas infórmase de xeito cumprido da axenda diaria de campaña, adícanselle espazos de entrevistas aos candidatos (Non só a Ana Pastor, tamén Telmo Martín en Pontevedra, Chema Figueroa e Corina Porro en Vigo, etc.). Doutra banda, búscase un debate directo entre as principais candidatas provinciais , pero este non se produce pola negativa de Ana Pastor e o seu equipo de campaña, que non o considera adecuado para os seus intereses. Repercusión en redes sociais e on-line Aínda que non chega de igual maneira á maioría da poboación, a actividade en internet da candidata resulta bastante aceptable. Ao longo da campaña realiza un par de encontros dixitais con preguntas “abertas” dos internautas a través da web do Faro e de La Voz de Galicia. Dispón dun blogue (supoñemos que de campañas anteriores onde estaba máis de moda), de Facebook e de Twitter. Centrándonos en Twitter e na cabeza de lista por Pontevedra para o Congreso, a ministrable Ana Pastor, tivo un uso ben intensivo durante a campaña (seguramente indicado pola dirección do partido) que agora reduciu de xeito rechamante. A súa utilización da rede de microblogging basease na descrición da situación e axenda diaria, na repetición das mensaxes de campaña do partido e nas glorias e alabanzas ao seu líder e íntimo amigo, Mariano Rajoy. Responde mensaxes de ánimo e felicitacións, retweeteándoas incluso, pero non se complica a vida respondendo cuestións que non estean na axenda do partido que de seguro recibiu. Segue con isto a liña branca e conservadora de quen se sabe gañador antes de xogar. En xeral, foxe da confrontación e o debate que ao que lle reta continuamente a cabeza provincial
  • 5. socialista, Carmela Silva, consciente de que ten moito máis que perder que que gañar nesa contenda. RESULTADOS Como consecuencia da campaña realizada (e de condicionantes externos de moita maior importancia) o Partido Popular conseguiu ser a forza máis votada nos 62 municipios da provincia logrando 4 deputados para o Congreso (fronte a 2 do PSOE e 1 do BNG) e 3 senadores (fronte a 1 do PSOE). Ricardo Bermúdez Piñeiro