Candela Ferrín Sabio Tres pasos polo misterio 1ºBach A
Como suxire o título da obra, Agustí Fdez Paz preséntanos tres historias nas que seres
misteriosos toman protagonismo. Estas están ambientadas en Galicia, nas dúas
primeiras; e en Navarra, ambas tratan sobre sucesos inexplicables que cambian para
sempre a vida dos protagonistas.
Logos disto hay que comentar como Agustín Fdez Paz cultiva unha prosa amena, sin
artificios, e non perde o tempo con descricións ou reflexións extensas.
Esta foi unha obra interesante e entretida, aínda que os relatos van perdendo un pouco
a forza do comezo. O autor define de maneira extensa os sentimentos y deixa un pouco
de lado o misterio ou intriga do relato. A pesar diso, este libro é de lectura rápida e
amena, o cal lévanos por un camiño de intriga e misterio.
No primeiro relato, uns arqueólogos de “A serpe de pedra”
relatan os espantosos feitos ocorridos no Museo de Lugo,
os cales foron provocados por unha maldición escondida
durante miles de anos baixo un dos monumentos.
No segundo relato un mozo peregrino de “A vella foto das
estrelas” narra como grazas a un fantástico encontro no
Camiño de Santiago tocou o misterio dunha presenza
aterradora, terrible e marabillosa que ven coa noite de
estrelas (unha historia de amor narrada nunha parada do
Camiño de Santiago).
E por último, no terceiro relato conta a historia dun
historiador de “As sombras do faro” recorda ,trinta anos
despois, a misteriosa Torre de Pontebranca, un faro en
ruínas, un lugar cheo de experiencias espantosas.