2. A auga é un dos
elementos da
natureza, sen ela a
vida sería imposible.
En Galicia hai moita
auga, e o home
sempre tentou
aproveitala.
3. A auga sacábase cun caldeiro
atado a unha corda.
(Roldana)
A auga para os animais
botábase nunha pía. As pías
estaban feitas de pedra.
4. A xente ía tamén buscar auga
ás fontes para beber e para usar
na casa, e traíase nuns caldeiros
chamados Senllas.
As senllas estaban feitas de
madeira con láminas metálicas.
5. Nos ríos facíanse presas para aproveitar a auga de dúas
maneiras:
-Para regadíos -Para muíños
6. Outro dos usos habituais da
auga en Galicia é para facer
funcionar os muíños.
Un muíño sirve para moer
algo, o mais habitual son os
cereais para obter fariña e
facer o pan.
A xeografía galega favorece a
existencia dos muíños debido
á rede fluvial que hai,
permitindo a utilización da
forza da auga na
transformación de materias
primas.
7.
8. Os muiños funcionan coa forza da auga.
As pricipais partes do muiño son:
3. Moega.
4.Capa
5. Pé
6.Vara
7. Pexadoiro
8.Rodicio
9.Pau do aliviadoiro
10.Pau da porca
11.Canle
9. A auga procedente da canle,
bate contra o rodicio, que se
pon en movemento. Este
movemento transmítese a
través do eixe á peza de
moer.
rodicio
O gran, colocado na moega,
vai caendo no ollo da capa. A
capa xira e esmiúza o gran
contra o pé.
brandeiro
10. A auga tamén se
aproveitaba para regar os
chamados “herbales”.
Os “herbales” son leiras nas
que se facían regos, ou
canles, principais dende a
fonte ata as testas dos
“herbales”.
Cada herbal tiña uns sitios
no rego para poder coller
auga da canle, que se
chaman tornas ou
torneiras.
11. Despois facíanse uns regos coa sacha para
repartir auga por todo o herbal, chamadas
freitas. Así conseguíase un reparto uniforme da
auga polo herbal.
12. Nalgúns sitios turnaban a auga. Por exemplo : a un
tocáballe as 10 da mañán e a outro as 10 da noite.
Noutros sitios o primeiro que chegaba poñía a auga
para que regase a súa leira ou a finca, ata que chegase o
seguinte e así continuamente.
Noutras ocasións esperaban a que chovera.
13. Antigamente non había auga
encañada nas casas. Entonces
para lavar a roupa, había que
ir aos lavadoiros que estaban
ao lado dos ríos, dos regatos
ou das fontes que había en
cada aldea.
14. Había dous tipos de
lavadoiros :
Comunitarios: e dicir para
utilizar toda a xente do
pobo.
Particulares: os que tiñan
lavadoiros na súa leira.
15.
16. Tamén os ferreiros aproveitaban a forza da auga para
mover as súas moas de afiar é os mazos, uns grandes
martelos cos que podían traballar o ferro.
17. Son máquinas de madeira
que funcionaban coa
enerxía hidráulica. Estaban
situados cerca dos ríos.
Os batáns serven para
abatanar as teas, e dicir,
golpealas.
Cando se quería que os
panos ou mantas tiveran
maior resistencia ou
grosor, ao saír do tear
levábanse aos batáns.
18. Funcionaban da seguinte
maneira, a auga pasaba por
una canle de madeira cara una
roda que tiña una serie de
palas ou culleres, coa forza da
mesma producíase o
movemento.
A máquina estaba suxeita
por catro pés cravados na
terra, e un bastidor do que
colgaban dous mazos moi
pesados de madeira, que ao
caeren golpeaban os panos
situados na cuba
19. Eran unha especie de pías ou
lavadoiros feitos de pedra,onde
a pelica ou peles de animais
(vacas, cabalos, ovellas), se
poñían a remollo en auga pura,
é dicir, auga de río,para
quitarlles o pelo que teñen
e despois poder curtilas.
20. A auga almacenábase nun
canal no que había unha
comporta que regulaba o
volume da entrada, e no
outro lado do canal unha
reixa que filtraba a auga e
dáballe paso cara unhas
turbinas.
A forza da auga facía xirar as
turbinas .
21. A turbina de
menor tamaño
xeraba corrente
eléctrica, mentres
a segunda, de
maior
tamaño,poñía en
funcionamento
por medio dunhas
poleas os discos
da serra de corte
para a madeira.
22. O funcionamento básico
destas fábrica da luz era o
seguinte: a auga
almacenábase nun
depósito para que entrase
con gran presión na
turbina. Circulaba polo seu
interior facendo xirar
unhas pás conectadas a un
alternador.
23. Así xerábase corrente eléctrica que ia parar a un
transformador e que saía ao exterior polos cables do
tendido eléctrico.
As fábricas da luz eran de titularidade privada e os
poboados tiñan que pagar unha cota en función da
cantidade de lámpadas.
Na época dos anos trinta e corenta, algunhas casas só
tiñan unha ou dúas lámpadas para alumear e, malia
todo, era un privilexio, pois a maioría das parroquias
non dispoñían de luz eléctrica.
24. Traballo realizado polo alumnado
de 6º C no curso2011/2012.
Mª Dolores Almada
Ailén Gisel Encinas
Carlos Gómez Touriñán
Érica Iglesias Amado
Nuria Martínez Brenlla
Santiago Oreiro Landeira
Martín Pazos Pastoriza
Pablo Pazos Pazos
Roberto Pena Taibo
Leticia Pensado Otero
Manuel Pérez Romero
Nerea Rodriguez Paredes
Paula Sande Carril
Esteban Santos Ferrol
Adrián Suárez Recarey
Ana Sueiro Moura
Daniel Trigo Vieito
Andrea Vázquez Fernández
Alberto Vázquez Tomé
Información e imaxes obtidas a través de
enquisas a familiares e veciños así como en
Internet.